a pintura no s. xix: o impresionismo

Post on 30-Jun-2015

2.927 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega as características principais desta corrente pictórica do s. XIX

TRANSCRIPT

A pintura impresionista

MANET, MONET, RENOIR, DEGAS,

PISARRO, MORRISOT

O Impresionismo é un movemento pictórico que xorde en Francia a fins do s. XIX contra as fórmulas artísticas impostas pola Academia Francesa de Belas Artes, que fixaba os modelos a seguir e patrocinaba as exposicións oficiais no Salón parisinoO obxectivo dos impresionistas era conseguir unha representación do mundo espontánea e directa

O Impresionismo parte da análise da realidade. Até este momento a pintura reproducía un escenario no que acontecía un acontecemento, que conformaba a mensaxe para o espectadorNo Impresionismo preténdese que a obra reproduza a percepción visual do autor nun momento determinado, a luz e a cor real que emana da natureza no instante en que o artista a contempla

Centraranse nos efectos que produce a luz natural sobre os obxectos (non na representación exacta das súas formas), xa que a luz tende a difuminar as contornasVen cores que conforman cousas, e isto é o que plasmn, formas compostas por cores que varían en función das condicións atmosféricas e da intensidade da luzTodo isto fai que elaboren unha serie dun mesmo obxecto en diferentes circunstancias atmosféricas e temporais: non importa o obxecto, senón as variacións cromáticas que sofre este ao longo do día

Eliminan os detalles minuciosos: só suxiren as formas Empregan as cores primarias (azul, vermello e amarelo) e as complementarias (laranxa, verde e violeta) Consiguen ofrecer unha ilusión da realidade aplicando directamente sobre o lenzo pinceladas de cor curtas e xustapostas

Aínda que os achados do Impresionismo francés resultaron decisivos para a pintura do s. XX, conceptos como os da luz e cor atopábanse xa na pintura veneciana de mediados do s. XVI. Efectos que tamen están presentes en obras realizadas por Hals, Velázquez e Goya Os antecedentes inmediatos atopámolos en pintores como John Constable, Turner, Corot e na escola de Barbizón, coa súa aportación á pintura ao aire libre

Antecedentes

Características

O termo impresionistas foilles imposto de modo pexorativo polo crítico Louis Leroy ao ver a obra de Monet Impresión atardecer ou Impresión sol nacente na exposición de 1874O habitual era expor no Salón Oficial, pero os novos artistas, coñecidos coma "Os Rexeitados", tiñan que buscar lugares alternativos onde lles permitisen exhibir as súas obras

Así, a primeira exposición impresionista tivo lugar o 15 de abril de 1874 no Salón do fotógrafo Nadar. As figuras principais do movemento foron Eduard Manet, Degas, Claude Monet, Auguste Renoir, Morisot, Pisarro e Sisley

EDOUARD  MANET (1832-1883)

Sitúase a cabalo entre o realismo e o impresionismo Moitos cualifican o seu estilo coma naturalista porque se basea na observación da realidade e a súa plasmación sen alteracin algunha Representa a vida tal cal é, sen adobíos nin metáforas. Por isto as súas obras suscitaron escándalos e polémicas, como no seu Almorzo sobre a herba, que provocou a hostilidade dos críticos conservadores. O tema contaba con antecedentes no Renacemento, pero Manet interprétao adecuándoo á modernidade

Almorzo na Herba (1863)

Preséntase no Salón oficial en Paris. Naquela época para poder ter renome había que ter obras no Salón oficial. A obra foi rexeitada. Como había moitas obras rexeitadas, Napoleón III obriga a que se faga un salón coas obras rexeitadas coñecido como “O salón dos rexeitados”Nesta obra inspírase no Concerto campestre de GIORGONE. Non gusta porque non entenden que fai unha muller núa entre dous homes vestidos, ademais da forma descarada coa que a muller mira ao espectador. Aparece Victoria (unha dos seus modelos preferida), o seu irmán Euxenio Manet, unha Venus e o seu futuro cuñado (Ferdinand). Chama a atención o suave modelado de aparencia plana e os contrastes entre luces e sombras (man branca e chaqueta negra)Domina a forma triangular na composición, a posición da modelo forma un triangulo, tamén forma un triangulo a posición das tres figurasHai un erotismo na obra por como o pintor interrelaciona os membros (nús e vestidos)A muller do fondo debería ser mais pequena, pero Manet non respecta a perspectivaNótase a pincelada, solta sobre todo no regato e a natureza morta

Olympia (1863)

Tampouco gusta a súa OlympiaPara para o seu nú non necesitou deusas nin musas coma no Renacemento ou no Barroco, senón que representou o nú dunha prostituta, unha muller coetánea

Para captar a realidade e a fugacidade utilizou a pincelada rápida e empastada, trazo que indentificará ao Impresionismo. Por isto podería dicirse que Manet foi o seu precursor

O pífano (1866)

O fusilamento do Emperador Maximiliano (1867)

Retrato de Emilio Zola

(1868)

Almorzo no obradoiro(1868)

O balcón(1868-1869)

Berthe Morisot(1872)

Claude Monet pintando no seu barco-estudo(1874)

O bar do Folies-Bergere(1881-1882)

Claude Monet (1840-1926)

É un dos pintores que máis contribuiu ao movemento impresionistaNunca derivou cara a outras correntes artísticas, senón que se mantivo fiel ao Impresionismo até a súa morteA súa máxima preocupación era plasmar a vibración cromático-lumínica nos seus lenzos. A luz crea a cor e a forma

Os seus temas preferidos son as mariñas, as escenas fluviais e as paisaxesExemplos:: Impresión atardecer, Regatas en Argentuil, As paupoulas, Paseo con antuca, A estación de San Lázaro, A Catedral de Rouen

Autorretrato( 1886)

Granxa en Normandía

(1863)

Almorzo campestre(1865)

A Grenouillère(1869)

Baño na Grenouillère

(1869)

Impresión, saída do sol(1872)

Regatas en Argenteuil (1872)

As papoulas(1873)

Boulevard des Capucines

1873

O barco-estudo(1874)

Camille Monet e seu fillo

Jean(1875)

Estación de Saint-Lazare ou Chegada dun tren(1877)

A festa do 30 de xuño de 1878 na rue

Saint Denis(1878)

O Sena en Giverny(1897)

O xardín dos artistas en Giverny(1900)

Venecia, crepúsculo

(1908)

AUGUSTE RENOIR (1841-1919)

Ofrece unha interpretación máis sensual do Impresionismo. Ponse en relación cos pintores do s. XVIII que pintaban a sociedade galante do RococóNas súas creacións mostra a ledicia de vivir, mesmo cando os protagonistas son traballadores. Sempre son personaxes que se divirten, nunha natureza agradable. Tratou temas de flores, escenas de cativos e mulleres, e sobre todo o nú feminino, que lembra a Rubens polas formas grosasRenoir posúe unha vibrante e luminosa paleta que fai del un impresionista moi especialO palco, A randeeira, O Moulin de la Galette, Le dèjeuner des canotiers, Bañistas, son as súas obras máis representativas

Autorretrato (1897)

O palco(1874)

Madame Monet lendo(1874)

A lectora(1875)

Baile no Moulin de la Galette(1876)

Le moulin de La Galette

A randeeira

(1876)

Cativa con regadeira(1876)

Madame Charpentier e súas fillas(1878)

O almorzo dos remeiros(1881)

La Grenouillère

Baile no campo (1883) Baile na cidade (1883)

O baile en Bougival(1883)

Maternidade(1886)

As grandes bañistas(1884-1887)

As bañistas(1918-1919)

EDGAR DEGAS(1834-1917)

É un impresionista máis da forma que da cor É un hábil debuxante, preocupouse por captar o movemento con fidelidade, de aí que desenvolvese temas como as bailarinas e as carreiras de cabalos É un gran observador da muller, capta as posturas máis insólitas, as poses naturais e instantáneas Cultivou o debuxo en detrimento da cor, polo que non harmonizou ben co Impresionismo, e tampouco coas tendencias conservadoras polos seus temas contemporáneos

Algunhas das súas obras son: Clase de danza, A bebedora de ajenjo, Bailarina na escena, Pasadoras de ferro, Carreiras

A familia Bellelli 1858-1867)

Retrato demuller nova

(1867)

O mercado de algodón en Nova Orléans (Retratos nunha oficina)(1873)

Retrato deMary Cassatt

(c. 1884)

A orquestra da ópera

(c. 1870)

A pasadorade ferro(c. 1869)

Pasadoras de ferro(c. 1884-1886)

O ajenjo/A absenta (1875-1876)

O café-concerto Les Ambassadeurs

(1877)

Cantante de café-concerto

con luva(1878)

Mademoiselle Lala no circo Fernando

(1879)

A INTIMIDADE FEMININA(obras realizadas por medio da técnica de pastel)

Mujer que se fai peitear(1885) Muller secando o pé

(1886)

O barreño(1886)

A bañeira(1886)

O MUNDO DAS BAILARINAS

Clase de danza

O desfile

(c. 1866-1868)

O MUNDO DAS CARREIRAS DE CABALOS

Coche nas carreiras(1872)

As carreiras, jockeys afeccionados(1876-1887)

Outros pintores do Impresionismo: Sisley,

Pisarro

Sisley (1839-1899) mantívose fiel á técnica impresionista coma Monet. Foi exclusivamente un pintor paisaxista e será Pisarro (1830- 1903) quen leve até as últimas consecuencias o estudo da luz e da cor, chegando ao post-impresionismo e ao puntillismo

• Os autores impresionistas non tiñan conciencia de grupo, aínda que todos reivindican a liberdade á hora de selección o motivo pictórico, cada un plasmará o que ve. É unha arte íntima arraigada no sentimento da orixinalidade individual, que se inicia coas vivencias persoais e coas experiencias en soidade

• A principios de 1880 estas diferenzas estilísticas e as cuestións persoais comezaron a agudizarse e o Impresionismo como movemento de vangarda acabou por diluírse. Das súas cinzas comezaron a xestarse as propostas doutros artistas que deron lugar ao post-impresionismo e ao neoimpresionismo

Autorretrato(1873)

Camille Pisarro (1830- 1903)

Camille Pisarro foi o menos espectacular dos impresionistas, ao ser un pintor máis tonal ca coloristaPero como decano do Impresionismo tivo un importante papel de conciencia moral e guía artístico

L'Hermitage à Pontoise(1867)

Praza na Roche-Guyon(1867)

L'Hermitage à Pontoise (1868)

Colleita en Montfoucault(1876)

Xardín en Pontoise

(1877)

Os tellados vermellos, recuncho dun pobo en inverno(1877)

Paisaxe en Chaponval(1880)

Boulevard Montmartre á tardiña(1897)

A rúa Saint-Honoré despois

do mediodía. Efecto de choiva

(1897)

A Praza do Teatro Francés

(1898)

O vello mercado de Rouen

(1898)

O Louvre, mañá neboenta(1901)

A feira en Dieppe, mañá, sol(1901)

ALFRED SISLEY

BERTHE  MORISOT (1841-1895)

Dotouse dun estilo impresionista moi persoal, caracterizado sobre todo pola delicadeza e a sutileza que imprimiu aos seus cadrosA súa técnica, baseada en grandes pinceladas aplicadas libremente en todas as direccións, deu ás súas obras unhas calidades transparentes, iridiscentes, tornasoladasTraballou tanto a pintura ao óleo como a acuarela, realizando principalmente paisaxes e escenas de mulleres con cativos, como é o caso de Madame Pontillon sentada na herba (1873, Museo de Arte de Cleveland) e escenas de interior nas que predominan os brancos, como en O espello de vestir (1876, Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid)A partir de 1880 a súa obra reflicte a influencia de Renoir. Morreu o 2 de marzo de 1896, deixando unhas setecentas pinturas á idade de 54 anos

B. MORRISOT

Mariña(1869)

A nai e a irmá da artista

(1869-1870)

O berce(1872)

Eugène Manet na illa de Wight

(1875)

O espello de vestir(1876)

Autorretrato(1885)

No comedor(1886)

Nena pequena lendo(1888)

En España, o Impresionismo tivo varios seguidores que manifestaron a súa preocupación pola luzEntre eles destacan Regoyos, Sorolla, Rusiñol e Casas

top related