a pesca en sada

Post on 30-Jul-2015

272 Views

Category:

Education

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

• A pesca foi e segue sendo unha actividade moi importante no municipio de Sada, segundo información que nos ofrece Xosé Cornide, membro destacado do movemento ilustrado do século XVIII.

• Naquela época habia dúas localidades: unha chamada Fontán e outra Sada de Area.

A PESCA EN SADA (HISTORIA)

• A poboación adicábase á pesca e á agricultura: no inverno capturaban peixe branco e no verán e outono a sardiña, que se vendian na Coruña e tamén en Betanzos.

• En 1750 o gremio de mariñeiros tiña 108 membros e 31 barcos de pesca.

• Coa chegada dos empresarios cataláns, floreceu a industria pesqueira. Produciuse un cambio nas artes de pesca sustituíndo o cerco polo arrastre.

• Melloráronse as técnicas de salazón e construíronse varias fábricas que exportan ás provincias do mediterráneo.

• A ultima fábrica de conservas pechou en 1990.• En 1993 a flota pesqueira está formada por 34

barcos, 40% ten menos de 10 toneladas.• En 1996 había 17 barcos de conservas de 50

toneladas, todos se adicaban á pesca de baixura (sardiña e xurelo) nestes barcos traballan 170 mariñeiros, 75 persoas na descarga de peixe, 10 no envasado.

• Habia 10 pequenas embarcacións, cun só tripulante que se adica ás xibias, linguados, centolos, salmonetes e fanecas.

A pesca de cercoA arte do cerco consiste nun gran pano de

rede de forma rectangular cuxas dimensións varían . Na parte inferior leva unha serie de

chumbos que axudan ao mantemento vertical da rede , contando ademais cun

conxunto de aneis polos que pasa un cabo resistente chamado xareta que se encarga

de pechar a rede . Cando os pescadores tiran dos extremos péchase a parte inferior da

rede .

A PESCA DE ARRASTRE

Consiste nunha rede en forma de calcetín que se remolca dende a embarcación ,mantendoa aberta. Desta forma todo o que atopa queda atrapado no seu interior.Non pesca ningunha clase de peixe en particular.A pesca de arrastre é a máis prexudicial para os fondos mariños. Destrue os fondos, lugar onde crecen algas, plantas e outros organismos, ainda que en pequenas doses é bo para remover a materia orgánica.

• En 1907 as embarcacións que se utilizaban eran: Traiñas, Xábegas, Chicas ou Boliches. A maioria destas embarcacións construíronse en pequenos estaleiros instalados na praia e no porto.

• Nese mesmo ano habia 136 embarcacións, e sete fabricas de salazón, 3 de conservas e 3 de escabeche.

Dorna

Gamela

Construcción dunha embarcación

ESPECIES CAPTURADAS

Sardiñas

Xurelo

Chipiróns Polbo

Robaliza Faneca

I.E.S ISAAC DIAZ PARDO , SADA.

TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 3º C

HOUSSAM AKEBAIDA BAENACHRISTIAN CARIDADROBERTO GONZÁLEZPEDRO LEMOSJUAN SEIJASMIGUEL VILLAVERDE

Curso 2010-2011

top related