a música e o cine galegos (patricia mañá, iván viaño, natalia gómez, diego quintela)
Post on 24-Jun-2015
843 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
A MÚSICA E O CINE
GALEGO
A historia de Galicia non pode ser entendida sen música. Ao longo dos séculos, as migracións e as invasións sucesivas, trouxo influencias musicais de toda Europa, a gaita, probablemente chegou no século V coa emigración sueva. O Camiño de Santiago, o que leva á Catedral de Santiago de Compostela a partir de calquera punto de Europa, aínda é un excelente medio de intercambio cultural desde a Idade Media. O propio símbolo dos peregrinos, unha cuncha, é o máis básico dos instrumentos de música tradicional galega.
A MÚSICA
Ao longo dos séculos, a música tradicional de Galiza, foi un elemento clave na construcción da identidade do pobo. Instrumentos e cancións foron pasados de pais a fillos para manter intacto o legado. Hoxe, a música de Galiza, ao abeiro dunha industria crecente indíxena que está en constante evolución. A cada paso, hai bandas novas que teñen o seu lugar no mercado.
Moitas veces, a música galega ten varias funcións: acompañar o traballo da terra, fomentar as festas da aldea ou grandes eventos, a honra dos patróns de diferentes guildas e artesáns, ...
O número de grupos e músicos que están buscando novas formas de mellorar as súas raíces culturais, aumentan cada ano. Entre os grandes nomes son Carlos Núñez, que traballa duro baixo influencias irlandesas e a cantante Uxía e música que chama de influencias brasileiras e Portugués (fado)
A música Galega, hoxe en día, anos despois do boom do rock Brabú, todo un movemento musical que se deu a coñecer grazas ao Xabarín Club, cada vez vai collendo máis importancia. E podemos contar cunha gran variedade de grupos, aquí vos mostramos algúns:
A COMPAÑIA DO RUIDO
A MATRACA PERVERSA : É a Matraca un enxendro consciente de que naceu para incordiar, molestar aos poderosos, denunciar as inxustizas sociais, o caciquismo, para chuspirlle na cara ao fascismo…é a Matraca unha parte mais dun colectivo social nacido entre A Estrada e os barrios populares de Vite, Vista Alegre, Caranza e que ante todo fai unha música para festexar, para pasalo ben, para reivindicar unha culturaATAQUE ESCAMPE BALAKANDRA BANDA POTEMKIN CAPITÁN FURILO CUCHUFELLOS DIOS KE TE CREW DUPLO SON ESQUIOS
• SOM DO GALPOM• AID• ZËNZAR
E…. moitos outros, que a falta doutra canle, podemos escoitar en Komunicando
Como non! Destacar o éxito de A polo Ghit, buscando a canción galega do verán ano tras ano, onde atopamos cancións coma esta do En-riquinho, irmán do Leo i Arremecaghona.
Somos un povo de artistas! é o nome da iniciativa musical em defensa da Língua que, desde GALIZAMÚSICA , C.S. REVOLTA e a RÁDIO PIRATONA de Vigo.
Dado que nas primeiras décadas do século XX a producción fílmica en Galicia era moi escasa, a labor de recuperación baseouse prioritariamente en recuperar filmes que ou ben foron ambientados en terras galegas ou ben relacionados con personalidades galegas.
O cine galego que tardou moitos anos en ser o que é, ben podería estar anticipado por un documental como Galicia (Carlos Velo). Contando co apoio de Castelao o Dieste.
O CINE GALEGO
Desde os comezos ata a Guerra CivilChega a Galicia o cinematógrafo e hai algúns pioneiros que realizan filmacións. Ródanse tamén filmes españois ambientados en Galicia como “La casa de la Troya” e aparecen tamén obras de directores estranxeiros como “Carmiña, flor de Galicia”.
Outras películas son: “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro, ano 1989“Arde amor” de Raúl Veiga, ano 2000“Pradolongo”de Ignacio Vilar, ano 2007“Rafael “de Xavier Bermúdez, ano 2008
E documentais como:“Liste, pronunciado Líster” , ano 2007
Dende a Guerra Civil a 1975Temos documentais da emigración e do exilio. A figura máis destacada é Carlos Velo. Antes de exiliarse coa Guerra Civil fixo curtametraxes documentais para logo pasar a México onde o consideran un director de cine mexicano.
Desde 1975 ata hoxeXorde o vídeo e comezan a realizarse as primeiras experiencias.
1983: Luis Álvarez Pousa é nomeado Director Xeral de Cultura
1984: nace o Arquivo da Imaxe e tamén as I Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia do Carballiño dirixidas por Miguel Anxo Fernández.
Daquela época tamén é Manolo Abad na actualidade realizador de Luar pero daquela situado na ámbito da creación en vídeo.
Entre os filmes feitos en Galicia é salientablePola cantidade de persoas que a viron O bosque animado (2001).
Nos oitenta: hai grande efervescencia creadora no campo do vídeo, gran parte dela ligada á Coruña.
Neste período tamén naceron o Centro Galego das Artes da Imaxe dirixido por Pepe Coira.
25 de xullo de 1985: comezan as emisións da canle galega. A Televisión de Galicia abre unha vía de expansión empresarial e laboral para o sector audiovisual en Galicia.
O cinema dixital e os debuxos animados son os que traerían o recoñecemento do exterior para o cinema galego.
1991: nace tamén a Escola de Imaxe e Son da Coruña dirixida por Manuel González, un dos defensores do cine e vídeo galego.
O Cine Galego na Rede nace como una iniciativa para promocionar o audiovisual galego a través de Internet.
Os obxectivos fundamentais deste proxecto son:
-Facilitar o acceso aos contidos audiovisuais dos canais de televisión local e da TDT.
-A dixitalización das obras audiovisuais galegas.
-Clasificar as produccións galegas seguindo estándares internacionais.
-Promocionar o noso audiovisual e servir de apoio ás accións de marketing desenroladas por productoras e distribuidores.
EXEMPLOS DO CINE GALEGO
O COIDADOR DE GATOSA aburrida vida de Mariano transcorre en Pontevedra, entre o seu traballo rutinario nunha cociña económica e a súa casa baleira. O único que ilusiona cada día a Mariano é darlle de comer aos gatos que viven nunha calexa próxima. Un día unha misteriosa personaxe aparecerá para levar os seus gatos atraéndoos con latas dunha nova marca.
Director: Fernando CortizoIntérpretes: Antonio Durán "Morris“Víctor MosqueiraAno: 2008
LUZA luz do sol esperta a un home que está deitado na súa cama. Este érguese e, decide abrir todas as persianas da casa, que está practicamente valeira, coa intención de que o seu fogar se inunde de luz. Cando chega ao último cuarto, abre a persiana e a densa luz da mañá ilumina a habitación, a cal, o contrario que o resto da casa, está completamente amoblada coma se fose a habitación dun bebé. Sen embargo, só hai unha muller sentada nunha cadeira. O home mantense de pé fronte a ela pero ningún dos dous se mira, ambos observan un berce de madeira que os separa. O home pregunta: Canto tempo vai durar isto?. O resto só é a procura dunha resposta que non sabe sequera se existe.
Director: Antonio Paz PérezIntérpretes: Marta Larralde, Mighello Blanco Ano: 2007
EXILIOVíctimas de diversas crises, sobreviven nas rúas da cidade. O maior deles, Suso, sofre a perda de contacto coa súa familia. Nesta situación, para poder seguir adiante, buscará apoio no seu outro núcleo familiar.A realidade de Suso é unha máis coa que convivimos inconscientemente tódolos días.
Director: Juan GalvaIntérpretes:Álex Neira, Fran Grela, Fernando MoránAno: 2008
CONCLUSIÓNNa nosa opinión o cine galego tivo un logrado desenvolvemento a pesar de que non ten tanto prestixio como o castelán. Pero creo é debido a sociedade, que lle da máis importancia a unha lingua que a outra e cre que por non ser en castelán non terá tanta fama. Xa en todos os medios de comunicación resaltan máis o castelán, dando así unha menor importancia ás outras linguas e facéndonos sentir que se non fose nese idioma non tería o mesmo sentido nin éxito.
BIBLIOGRAFÍAhttp://flocos.tv/curta/luz/ www.komunikando.nethttp://gl.wikipedia.org/wiki/Cine_galego www.google.eshttp://www.cinegalego.es/dspace/ www.gl.wikipedia.org
top related