a granxa experimental de monelos
Post on 20-Jul-2015
45 Views
Preview:
TRANSCRIPT
A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL de Monelos
A Coruña, metrópole agropecuaria
Hoxe costará imaxinar que a área na que está situada gran parte da 2ª fase do polígono de Elviña, a zona da Milagrosa e Monelos acolleu no seu día unha enorme granxa de 16 hectáreas de extensión.
Entre 1888 e 1964, a cidade portuaria, comercial, administrativa... converteuse na capital moderna da agricultura galega.
A Coruña, a través desta granxa, converteuse na vía de entrada de tódalas innovacións no mundo do campo, tanto agrícola como gandeiro.
Granxa
Granxa
Monelos
Situación do polígono de Elviña
Localización aproximada da Granxa
Localización aproximada da Granxacomparativa co plano
Localización aproximada da Granxa
Localización aproximada da GranxaImaxe actual
A orixe A Granxa Escola-Experimental de Coruña fúndase en 1888.
É o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado polo Estado para Galicia e Asturias.
A Deputación coruñesa cedeu ao Ministerio de Fomento os terreos onde se vai ubicar A Granxa. Será na Horta do Xeneral.
A entrega farase en 1899 e a finca contará con 16 hectáreas.
Problemas orzamentarios e políticos condicionarán o seu inicio.
Innovación agropecuaria en Galicia
Ao contrario do que ocurría en países como os Países Baixos e Gran Bretaña, que entre mediados do século XVIII e XIX emprenderan a súa particular revolución agraria, España en xeral, e Galiza en particular presentaban un notable atraso.
A agricultura galega estaba levada por unha serie de prácticas rotinarias nas que faltaba a incorporación da ciencia e tecnoloxía. A Granxa significou isto.
A casa do directorO director da granxa, residía neste chalémodernista ubicado Aproximadamente na intersección entre a praza de Casares Quirogae avenida de Salgado Torres.Contaba cunhas escaleiras de forxa na súa entrada.Perto del situábase o edificio de fitopatoloxía (a altura da fonte das Paxariñas. Este centro foi un dos máis importantes de do Estado.Os dous edificios desapareceron.
A Granxa no seu contorno social e territorial
A Granxa asentábase nunha zona rural, entre os concellos de A Coruña e Oza e pegada ao núcleo urbano.
Monelos apenas tiña 1000 habitantes e un núcleo de casas rurais organizado ao redor da igrexa de Santa María de Oza.
O rural e o urbano misturábanse nun contorno máis próximo.
Poboación e núcleourbano de Monelos.
Principios do século XX
Lavadeiro de Monelos Principios do século XX
Igrexa de Sta. Mª. de OzaCentro da vida do núcleo de Monelos
Mediados do século XX
Lavando no río Monelos Principios do século XX
Mercado de MonelosAbandonado nos anos cincuenta
Desbordamento do río Monelos anos cincuenta
Lavadeiro do río Monelos principios do século XX
Avenida de árboresnas instalacións de Monelos
Nena con pombas na sección avícola da Granxa
A granxa pretendeu superara agricultura rutineira
Vista das instalacións da Granxa
anos vinte
Labregos e cidadáns
O interese polo destino do rural ten, na Galicia de entón, unha pegada claramente urbana.
Os anos do inicio da Granxa, dirixida por Hernández Reboredo, coinciden coa maior intensidade do movemento agrarista, e coa celebración das concorridas Asembleas Agrarias iniciadas en Monforte.
Labradores cultivados e elites locais
coinciden en sesións de divulgación
organizadasna Granxa
Exposicións de produtos hortícolas
Labregos e cidadáns
A mellora e reforma do agro galego condúcese por varios camiños: a loita contra o foro, defendendo a propiedade da terra para os que a traballan, denunciando o sistema caciquil.
Por outro lado foméntase a innovación técnica e a mecanización.
A Granxa Experimental encádrase estreitamente nesta última corrente.
Presentación demaquinaria nova
na Granxa Agrícola
Exposición avícola
Rof Cordina (no centro)Influiu na mellora gadeira
acometida na Granxa
Probas de plantadonas hortas de Santiago
Obxectivos da acción innovadora
Dúas liñas de actuación foron fundamentais:
A primeira orientada cara a reeducación fronte a rotina, pasividade e desconfianza labregas.
A segunda apostar pola innovación técnica: mecanización, uso de adubos, combate de andazos e mellora xenética do gando. Serán os obxectivos fundamentais.
Vista dun dos edificiosdedicados á plantación
Parte das clases cultascompartían as inquedanzas
innovadoras
Comprobando o crecementodo millo co uso de adubos
Maquinaria moderna.Exposta nas instalacións da Granxa
Os logros da GranxaA creación da rubia galega
Tratábase de atopar un modelo de vaca que se axustase as necesidades da nosa gandería naquel momento. Estas necesidades pasaban por darlle unha orientación leiteira ao animal, fronte ao que se priorizaba entón que era a a carne.
Fíxose, baixo a dirección de Hernández Reboredo, unha selección do mellor gando existente en Galicia e cruzouse coa raza suiza “simmenthal”
Na Granxa creouse a Coñecida “raza rubia galega”
Os logros da GranxaMellora dos cultivos forraxeiros
O avanzo nos cultivos forraxeiro-pratense sobre a idea de que “as razas fanse pola boca”.
De maneira máis tímida, a Granxa tamén ensaia curzamentos e melloras de gado ovino, porcino na década dos 20 e inicia tamén a promoción das razas leiteiras.
Traballadores da Granxacon novos enxeños
Entrega de premiosnun concurso de gado 1907.
Gañado polo gandeiro da zona de Pontedeume,
Antonio Borrás. Presentouun toro de 785 quilos
chamado “Xitano”.Pouco despois este touro
produciulle a morteao embestilo a traizón.
Edificio principal da Granxa
Os logros da GranxaO combate de andazos. A Estación de
Fitopatoloxía Agraria Andazos como o “oído”, o mildew, ou a tinta do castaño danan seriamente Europa occidentais dende mediados do século XIX.
A Estación de Fitopatoloxía créase en 1928 anexa á Granxa, para facer fronte a este desafío.
Terá unha atención diversificada a todo tipo de pragas, para rematar na posguerra, naquelas que precisaban unha atención máis importante como foi a tinta nos castaños e o escaravello Colorado nas patacas.
A EFA desapareceu no ano 1951.
Probas con castiñeirosresistentes ás pragas
Fixéronse grandes esforzospara salvar as colleitas
de patacas
Os logros da GranxaO lúpulo nas Mariñas
Instaurouse o cultivo de lúpulo. Importado de Gran Bretaña en 1913 por Hernández Robledo.
Esta planta industrial empezou a darse en Galiza coa axuda da familia Rivera de “Estrella Galicia” e fixo que se tivese que importar a materia prima para a elaboración da cervexa.
En 1935 o seguinte director, Ricardo Escauriaza, escribiu un tratado sobre o cultivo.
Recollendo o lúpulo
nunha plantación de Betanzos
Seleccionando lúpuloAntes de polo a enxogar
Os logros da Granxaformación e divulgación das innovacións
En 1907 comeza a funcionar como escola de “obreiros agrícolas”. Trabállase nos labores de cultivo, manexo de maquinaria, emprego de adubos e selección de sementes.
En 1919 establécense as Escolas de Peritos en tódalas Granxas do Estado. Supondo unha novedosa descentralización do ensino superior agrícola, ata daquela restrinxido en Madrid. O proxecto fracasa e en 1924 é substituída por unha escola de capacitación agraria que inicialmente estará localizada en Betanzos e posteriormente en Bastiagueiro (actual INEF).
Primeiro tractor da Granxa
anos cincuenta
Os logros da Granxaimportancia da divulgación
O labor formativo alcanza, sobre todo, directamente aos labregos, a través dos campos de experiencias e domostración da Cátedra Ambulante, das conferencias e publicacións gratuítas.
Creáronse campos de experimentación dirixidos pola Granxa nas comarcas, inicialmente na provincia da Coruña e posteriormente en toda Galicia (once na provincia e dezaseis en Galicia)
Establecéronse consultas técnicas a través dos boletíns da Granxa e o carteo. As cartas recibidas por consultas dos labregos ascenden a máis de 5000 en 1928, cun promedio anual de 200 cartas.
A Cátedra Ambulante en acción
Cursos de poda
Memoria da Granxa, 1911.Describe a historia, organización
e resultados do Centro
Lección práctica en Buño
Os logros da Granxacontactos internacionais
O interese polo mundo agrario foi unha constante nas clases cultas europeas.
Nun mercado máis amplo de comercialización de maquinaria, adubos... Foméntanse estas relacións.
Houbo contactos regulares con empresas francesas adicadas a cultivos forraxeiros e de maquinaria alemás, británicas ou norteamericanas.
No intercambio intelectual, mantense diálogo regular con centros de investigación agronómica de Chile, Portugal e Gran Bretaña.
Visita ás instalacións da Granxanun Congreso Internacional.
Anos sesenta
Guerra civil e ditaduraAs últimas décadas de vida da Granxa
Os proxectos de innovación agropecuaria quedaron paralizados coa guerra.
Baixo as novas autoridades o desenvolvemento rural do país quedará establecido polo Congreso Agrícola de Galicia de 1944.
O conxunto da actividade formativa está condicionada polos trazos que caracterizan o período máis Autárquico da ditadura.
Haberá un forte “apagón tecnolóxico”, ineficacia das medias políticas, debilidade orzamentaria e destrución do entramado asociativo.
Instalacións da Granxa
Guerra civil e ditaduraA súa desaparición
Imposto polo Banco Mundial e o FMI o franquismo terá que mudar, a partir de 1959, a súa política autárquica por outra de corte liberal no aspecto económico.
Comeza a fase desenrolista do Réxime na que a construción vinculada á expansión urbana ocupará un papel importantísimo. É un momento cando o espazo rururbano de Monelos sofre unha radical transformacións.
As instalacións da Granxa desaparecerán en 1964 e os edificios modernistas que acolleran a innovación pasan a mellor vida.
As instalacións pasarán inicialmente a Guísamo e posteriormente, en 1967, a Mabegondo (Abegondo) onde se construíra o Centro de Investigacións Agrarias, cunha extensión de 300 hectáreas. No ano 1983 será transferido á Xunta de Galiza.
Centro de Investigacións Agrariasde Mabegondo
Leopoldo Hernández Robredo(Fotografía da esquerda)
Director da Granxa entre 1904 e 1928. Introduce en Galicia a
festa da árbore. Foi iniciador das estancias de formación no
estranxeiro. Comprendeu a lóxica produtiva labrega para promover a adopción de innovacións na medida das súas necesidades. Establece
con autoridade o modelo de mellora do gado vacún galego.experimenta con trebellos e máquinas e deseña o primeiro
modelo de loita anticriptogámica aplicada ás condicións galegas.
Persoeiros importantes
Maceliano Álvarez MuñizPrimeiro director da Granxa.
Dedica a atención á mellora dos Prados, e á maquinaria. Canaliza o labor divulgativo a través do
Boletín.
Juan Rodríguez SardiñaUn dos mellores especialistaseuropeos en bacterioloxía
agrícola. Estivo pensionado pola Fundación Rockefeller no Berlín
dos anos vinte. Traballou no I.I.A. de Madrid, xulgado por un tribunal franquista, é desterrado
a Galiza. Na Coruña, especializase en Viroloxía vexetal e estuda a virose da pataca. Asesora a sociedade
Española de Fomento do Lúpulo, e introduce na Galiza o secadoiro
vertical
Pedro Urquijo LandaluceChega a Galiza no ano 1925, como
enxeñeiro de fitopatoloxía. Desenvolve a dirección da EFA entre 1933 e 1940. Ocúpase de garantir unha dotación de
infraestuturas instalando os laboratorios e a biblioteca.
Antes da guerra elaborou un mapa de pragas de Galicia.
A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL, 1888-1964
Presentación elaborada poloENDL do IES Elviña
O material fotográfico e documentación
está tomado da ExposiciónSobre A Granxa Agrícola
Experimental (1888-1964) das que son comisarios:
Lourenzo Fernández PrietoXosé A. Fraga Vázqueze documentalista:Antón Santos Pérez
top related