a executiva de cofer reuniúse
Post on 26-Oct-2021
6 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Nº 116
Boletín gratuito para os socios de Cofer
SMART CITIES
Ferrol albergará un foro de debate sobre cidades inte-lixentes
PROGRAMA I+E+E Traballo e Benestar convoca as axudas do Programa de Promo-ción das Iniciativas Emprendedo-ras de Emprego
AUTÓNOMOS Aberto o prazo para solicitar as axudas destinada á promoción do emprego autónomo
1
A Executiva de Cofer reuniúse coa nova directora do Plan Ferrol
Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: comunicacion@cofernet.com
Síguenos @COFERferrol
@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste
Setembro 2013
O presidente da Confederación de Em-presarios de Ferrolterra, Isidro Silveira, acompañado de varios membros do co-mité executivo da entidade mantiveron o pasado día 22 de agosto un primeiro contacto coa nova directora do Plan Fe-rrol, Natalia Barros, nas instalacións que a Oficina do Plan ten no edificio de Usos Múltiples da Xunta de Galicia na nosa cidade. O encontro, solicitado por Cofer, servíu de toma de contacto entre ambas as dúas partes ao tempo que os represen-tantes empresariais lle fixeron chegar á nova directora do Plan as súas inquedan-zas e aspiracións respecto da última con-vocatoria de axudas do Plan de Reindus-trialización de Ferrolterra, Eume e Orte-
gal. Barros manifestou o seu interese por traballar cóbado con cóbado con tódolos axentes implicados no futuro económico das tres comarcas e trasladou aos repre-sentantes de Cofer o seu compromiso de apoiar ao máximo cantos proxectos re-dunden no desenvolvemento económico da zona. Pola súa parte, os membros da Executiva de Cofer incidiron diante da directora do Plan Ferrol na importancia que ten no proceso de selección de iniciativas em-presariais, o feito de que estas se adap-ten as especiais características do tecido productivo comarcal, o que lles garantirá un futuro a longo prazo, evitando así unha alta taxa de fracasos.
PLAN FERROL O Comité Executivo de Cofer reuniuse coa nova directora da Oficina do Plan Ferrol
AXENDA A programación das ffeiras pro-fesionais máis importantes do panorama nacional
En marcha as axudas do programa I+E+E
2
A Consellería de Traballo e Benes-tar decidíu este ano unificar os programas de apoio ás iniciativas locais de emprego (ILE) e o das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) nunha única orde e nun único programa, cuxas bases veñen de ser publicadas no DOG do 22 de agosto. Poden beneficiarse desta convoca-toria as empresas privadas, calque-ra que sexa a súa forma xurídica, que sexan de nova creación, via-bles técnica, económica e financiei-ramente, que xeren emprego esta-ble a desempregados, con domici-lio social, fiscal ou o seu centro de traballo en Galicia, que teñan un capital social máximo de 120.202 euros e que, como mínimo o 50% do seu capital social sexa de titula-ridade dos promotores e promoto-ras que sexan desempregados e creen o seu propio posto de traba-llo na empresa. Tamén se benefician as empresas privadas, incluídos autónomos, que obtivesen a cualificación de Iniciati-va Local de Emprego.
O programa I+E+I inclúe os siguien-tes tipos de subvencións: para a xera-ción de emprego, financieira, para asistencia técnica, para o inicio de actividade e para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras. As subvencións á xeración de empre-go estable indefinido oscilan entre os 4.000 e os 6.000€ e inclúen os postos
de traballo das persoas promotoras. No caso das axudas financieiras, can-do menos o 75% do importe do présta-mo deberase destinar a financiar in-vestimentos en inmobilizado material ou intanxible. Para o inicio da actividade a Orde contempla axudas por emprego sub-vencionable que oscilan entre os 2.400 e os 4.800 euros.
Subvencións para os emigrantes retornados emprendedores
A Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia pretende favore-cer o emprendemento entre os emigrantes retornados a Galicia, e para iso ten aprobado neste mes de agosto unha resolución coa que se pretende apoiar o autoemprego e a actividade emprendedora da-queles galegos, conxuxes de gale-gos ou os seus fillos, que residindo fora da Comunidade Autónoma retornen e poñan en marcha algún tipo de iniciativa empresarial. A partirda total destinada a este programa é de 50.000 euros e o prazo de presentación de solicitu-des remata o 15 de novembro.
A contía máxima da subvención será de ata 5.000 euros para o caso de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado, e de ata 3.000 se se trata de traballadores autóno-mos. Considéranse gastos subvenciona-bles os relativos a trámites de primei-ro establecemento: notario, rexistro, taxas, licenzas administrativas, mate-rial de oficina non inventariable e honorarios profesionais xerados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 e o catorce de de-cembro do mesmo ano, data límite establecida pola Xunta para a xustifi-cación das axudas.
Setembro 2013
A información completa está a súa disposición en http://www.cofernet.com/legislacion/
Iniciativa Emprendedora e de Emprego
3
Os autónomos xa poden tramitar a solicitude das subvencións para as cuotas á Seguridade Social A Consellería de Traballo e Benes-tar abríu xa o periodo de solicitude de subvencións dentro do seu pro-grama de promoción do emprego autónomo. Ao abeiro desta orde, subvenciona-ranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de Colexio Profe-sional que se formalicen dende o 11 de setembro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013, ambos inclusive. Poderán beneficiarse deste progra-ma aqueles desempregados inscri-tos como demandantes de emprego no SEPE que procedan á creación do seu propio posto de traballo me-diante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade profesional en Gali-cia. Os beneficiarios deben ser os titula-res ou cotitulares do negocio, estar dados de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de
colexio profesional. Ademáis, a Orde contempla a con-cesión de subvencións a desempre-gados, sempre que se acredite un investimento en inmovilizado mate-rial para o desenvolvemento da súa actividade por unha contía non infe-rior a 3.000 euros sen IVE. Ditas subvencións oscilarán entre os 5.000 e os 10.000 euros, según-
do se trate de desempregados en xeral, desempregados menores de 30 anos, mulleres desempregadas, emigrantes retornados, desempre-gados discapacitados, ou desem-pregadas discapacitadas ou perso-as en risco de exclusión social. A Orde contempla tamén a opción de subvención financieira para in-movilizado material ou intanxible.
Setembro 2013
Smart Cities. Deseñando a cidade do futuro Ferrol acollerá o vindeiro día 12 de setembro a I Xornada sobre Innova-ción e Smart Cities “Aplicacións e Solucións para a cidade do futuro” promovida polo Concello de Ferrol e organizada por el Grupo Austen. Expertos de primeiro nivel debatirán no Centro Sociocultural de Nova-caixagalicia sobre o novo modelo de xestión urbana cara o que camiñan municipios e urbes. Abordaranse cuestións de interese municipal como o alumeado público, recollida de refugallos, estacionamento e calidade ambiental. O encontro será inaugurado polo Alcalde de Ferrol, Xosé M. Rey Varela, que estivo presente na pre-sentación celebrada a finais de agosto no Pazo Municipal ferrolán.
Presentación da Xornada sobre Smart Cities no Concello de Ferrol
Promoción do Emprego Autónomo
Novas Tecnoloxías
Lexislación
Setembro 2013
4
ORDE do 19 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a pro-
moción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocato-
ria para o ano 2013. (DOG Nº159 de 22 de agosto de 2013)
ORDE do 19 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciati-
vas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á
súa convocatoria para o ano 2013. (DOG Nº 159 de 22 agosto de 2013)
Resolución de 19 de agosto de 2013, de la Tesorería General de la Seguridad Social, por la que se au-
torizan plazos extraordinarios para la presentación de las altas y, en su caso, las bajas y para la cotiza-
ción a la Seguridad Social de los estudiantes universitarios que realicen prácticas académicas externas
reuniendo los requisitos y condiciones previstos en el Real Decreto 1493/2011, de 24 de octubre, a con-
secuencia de la sentencia del Tribunal Supremo de 21 de mayo de 2013, por la que se anula el Real
Decreto 1707/2011, de 18 de noviembre (BOE Nº 208 de 30 de agosto de 2013).
Resolución de 19 de agosto de 2013, de la Tesorería General de la Seguridad Social, por la que se au-
torizan plazos extraordinarios para la presentación de las altas y, en su caso, las bajas y para la cotiza-
ción a la Seguridad Social de los estudiantes universitarios que realicen prácticas académicas externas
reuniendo los requisitos y condiciones previstos en el Real Decreto 1493/2011, de 24 de octubre, a con-
secuencia de la sentencia del Tribunal Supremo de 21 de mayo de 2013, por la que se anula el Real
Decreto 1707/2011, de 18 de noviembre (BOE Nº 208 de 30 de agosto de 2013).
Resolución de 1 de agosto de 2013, de la Dirección General de Empleo, por la que se registra y publica el Convenio colectivo para el sector de agencias de viajes (BOE Nº 201 de 22 de agosto de 2013).
Resolución de 1 de agosto de 2013, de la Dirección General de Empleo, por la que se registra y publica
el Convenio colectivo estatal de artes gráficas, manipulados de papel, manipulados de cartón, editoriales
e industrias auxiliares (BOE Nº 200 de 21 de agosto de 2013).
Resolución de 1 de agosto de 2013, de la Dirección General de Empleo, por la que se registra y publica
el Convenio colectivo del sector de la mediación de seguros privados (BOE Nº 198 de 19 de agosto de
2013).
Resolución de 1 de agosto de 2013, de la Dirección General de Empleo, por la que se registra y publica
el Acuerdo de modificación del Convenio colectivo estatal del sector de la madera (BOE Nº 198 de 19 de
agosto de 2013).
Setembro 2013
5
Axenda
RESTO DE ESPAÑA
FIRA DE BARCELONA
GALICIA
EXPOURENSE
PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO
MI CASA, 13ª Salón do Moble, Fogar, Decoración e Antigüidades 21 ao 24 de Novembro SALÓN INMOBILIARIO 21 ao 24 de Novembro CELEBRA, 14ª Salón de Vodas, Comunións, Bautizos e Actos Sociais 21 ao 24 de Novembro
EXPOLUGO 2013 Outubro LUGOFEIRA 1 ao 3 de Novembro LUCUSBEER, SALÓN DA CERVEXA E SPIRITS 9 ao 10 de Novembro
SOMOS PAPÁS. 1º SALÓN DE BEBÉS E MAMÁS 11, 12 e 13 de Outubro SALÓN AUTO A CORUÑA 1 a 3 de Novembro MOTOR OCASIÓN A CORUÑA—VII SALÓN DO VEHÍCULO USADO E DE OCASIÓN 7 a 11 de Novembro SINAQUA. SALÓN TÉCNICO INTERNACIONAL DA AUGA 19 a 21 de Novembro GALIEXPORT– SALÓN INTERNACIONAL DE EMPRESAS, ORGANISMOS E SERVIZOS DE APOIO Á EXPORTACIÓN 19 a 21 de Novembro
SALÓN LOOK INTERNACIONAL . FEIRA DA IMAXE E A ESTÉTICA INTEGRAL 4 ao 6 de Outubro SIMO NETWORK. FEIRA INTERNACIONAL DE SERVIZOS E SOLUCIÓNS TIC PARA EMPRESAS 15 ao 17 de Outubro MOMAD. 1001 BODAS. Produtos e Servizos para vodas e comunións
25 ao 27 de Outubro
IFEMA. Feria de Madrid
IBERZOO. Para profesionais dos animais de compañía 10 ao 12 de Outubro SEAFOOD BARCELONA 22 ao 24 de Outubro
Setembro 2013
Integran Cofer:
6
Asociación de Campings do Noroeste
Asociación de Empresarias de la Comarca de Ferrol
Asociación de Empresarios Ferrolterra
Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas
Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña
Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal
Asociación de Empresarios de As Pontes
Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas
Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil
Asociación de Comerciantes Novo Ferrol Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra
Asoc. Profesional de Ximnasios e Actividades Físicas de Ferrolterra
Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste
Asociación de Empresas de Formación
Asociación de Peluqueros y Esteticistas de Ferrolterra
Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol
Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña
Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra
Asoc. Veterinarios de Ferrol, Eume y Ortegal
Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra
Asociación Empresarial Polígono As Lagoas Sección de Empresas Independientes
Grupo de Empresarios de As Somozas
Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: comunicacion@cofernet.com
Síguenos @COFERferrol
@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste
top related