a escola fala_2011_lois pereiro
Post on 22-Mar-2016
233 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
SUMARIOSUMARIO
Lois Pereiro, vida e poesía
Novas aulas
Ana María Fernández
Ánxela Loureiro
Visitas ilustres
Correo epistolar, Entroido, ...
Equipo de prensa, Día da Paz
Saímos na Voz
Comic
A ESCOLA FALAA ESCOLA FALAEspecial Letras GalegasEspecial Letras Galegas
20112011
O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 26 de xuño de 2010, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2011 a LOIS PEREIRO, poeta nado en Monforte de Lemos (Lugo) no ano 1958.
Nesta “Edición Especial Letras Galegas” de A Escola Fala, a número 14, incluímos, ademais dunha reportaxe sobre o autor, pezaciños da súa biografía feitos en cómic por rapaces e rapazas do sexto nivel.
Co gallo desta celebración e da do día do Libro, estamos iniciando unha peregrinaxe á Catedral das Letras: a nosa Biblioteca, da que xa vos falaremos na seguinte edición da revista.
COORDINANCOORDINAN
EDLG e Equipo de TICsEDLG e Equipo de TICs do CEP do CEP
Salustiano Rey EirasSalustiano Rey Eiras
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
2 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Foi o segundo de tres
irmáns. Xosé Manuel, Lois
e Inés.
Naceu en Monforte de Lemos
(Lugo) en 1958.
Os seus irmáns eran
tamén os seus amigos,
os seus colegas e
confidentes. Inés vai ser,
ademais, a súa
inseparable compañeira
de viaxes.
O neno
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
3 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Ao seu pai, maila
ter estudado
dereito, o traballo
de avogado non
lle gustaba e
montou o que sería
o negocio familiar,
unha cristalaría.
A súa nai, Inés, era mestra.
Ao saír do dentisa, sempre
os levaba mercar un libro.
Mesmo tiñan conta na
libraría .
Aos dous nenos lles
encantaba ler. Xa de
pequeño, Lois, desfrutaba
coa poesía.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
4 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Estudou no colexio dos
Escolapios de Monforte.
Este centro significou
moito na vida do poeta
xa que foi moi
importante na súa
formación como escritor.
Aínda que a familia vivía en
Monforte, tanto a nai como o pai de
Lois procedían do Incio. É por iso
que os nenos pasaban o verán
repartindo o tempo entre as aldeas
dos seus avós, Reádigos e Santa
Cristina. A súa foi unha infancia
chea de xogos, risas e agarimo.
Foi un neno con moita imaxinación. Sempre soñou
con percorrer o mundo.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
5 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Unha das súas películas favoritas era
“Breve encontro” do británico David Lean.
No filme a protagonista rememora unha
historia de amor entre unha muller e un
home casados A historia desenvólvese en
ambientes fríos, desolados, onde a néboa
parace formar parte do elenco.
Xa dende moi novo disfrutou do sétimo arte. O cine non só foi
unha das paixóns da súa vida senón tamén fonte de inspiración.
Sempre que podía asistía aos estreos dos domingos nos cines
Capitol e Lemos de Monforte.
O cinéfilo
Cando tiña uns doce anos
conseguiu a “Banda de
Príncipe” polo seu bo
comportamento na escola, a
mesma á que ían os seus
irmáns.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Aliméntame querido
6 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
(Breve encontro)
Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
Rozándome coa plumas levemente
E desaparecías cun rumor minguante
Como a visión dun soño fracasado.
Lois adica unha das súas poesías a esa película en 1995, no
que vai se o seu derradeiro libro.
Outra película que vai deixar fonda pegada na súa poesía é Dyn-
Amo de Steve Dwoskin. O poeta tamén lle fai una homenaxe no seu
primeiro libro.
Perfección dun xogo
na confusión coñecer é adiviñar
Dyn-Amo, a pista falsa, nin asesiña nin delira
seducida e perfecta no xogo
de vestir de talco e xesto.
Nin convirte anxos nin conserva a figura
nin sombra de nube nin marca de “diva”
fai strip-tease:
marabillosos lavres voando sobre Europa.
maestra de espectáculos e virxes.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
7 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
A música
T iña unha grande paixón pola música e, de feito, nalgún dos
seus poemas fai referencia a cantantes e grupos dos máis
modernos e transgresores da súa xeración.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
8 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Unha das cancións do
cantante dos “Sex Pistols”,
John Lydon, introduce o seu
poema “A pel dun virus”.
A bed in the corner
The suffering sufragette
Such an obvious trap imagine that
A butterball turkey spread her body naked and silly.
JOHN LYDON
Foi un poeta no que a cultura dos anos 80 tivo unha gran
influencia. O movemento punk e a música pop deixaron unha
grande pegada na súa obra.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
9 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
O grupo da Coruña “Radio
Océano” no que estaba
integrado o seu irmán Xosé
Manuel, tamén foi un
referente para el.
Un dos temas máis coñecidos do grupo foi a canción
“Narcisismo”, baseado nun poema de Lois Pereiro que leva o
mesmo título.
Sigo os pasos do sangue do meu corpo
e coa unlla do meu dedo máis firme
abro un sulco vermello en media lúa
na vea que me acolle tan azul.
O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da
contracultura do seu tempo, xunto coa súa experiencia vital,
explican a súa particular mirada interior e exterior e a súa
escrita.
Ana Acuña
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
10 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
1974-1981
Fai o bacharelato no IES de Monforte. De mozo acostumaba ir
á discoteca a pasar o tempo cos seus amigos e amigas. Foi na
discoteca Xolda o lugar no que coñeceu á que ía ser o grande
amor da súa curta vida, Piedade Cabo.
Nos anos de instituto xa adoitaba facerlle poemas aos seus
compañeiros e compañeiras de clase.
No libro de Marcos Calveiro “Lois Pereiro náufrago do
paraíso” faise referencia á pandilla á que pertencían os tres
amigos e conta algunha das anécdotas que viviron xuntos.
O estudante
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
11 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Con tan só dezasete anos marcha a Madrid a estudar
Socioloxía na universidade pero volve á casa aos poucos
meses e decide traballar co seu pai na cristalaría.
Ao ano seguinte, en 1976,
decide estudar idiomas, inglés,
francés e alemán, na Escola
Oficial de Idiomas en Madrid e
vaise á capital con Piedade, que
vai facer xornalismo.
Cuns amigos e amigas en Madrid
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
12 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Son anos de viaxes e descubrimentos. Sempre con
Piedade, pero tamén, nalgunhas ocasións con amigos,
percorre distintas cidades andaluzas e vive a aventura en
distintas cidades europeas na búsqueda dos heroes que
o marcaron. Persoieros que van deixar fonda pegada na
súa obra literaria e tamén na súa vida. Washington Irving,
Jim Morrison, Joyce e mesmo o seu admirado Xulio Verne.
Amsterdam
Granada
Nantes
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
13 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
En 1977 funda a revista Loia cos seus
amigos Manuel Rivas, Antón Patiño e o seu
irmán Xosé Manuel. Esta revista dará a luz os
seus primeiros poemas.
Loia
E ti
(crávate ben nos ollos esa imaxe)
a
solución
etérea
do suicidio.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
14 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
A enfermidade
O veleno do aceite de colza
entrou na súa casa ao igual
que o fixo noutros fogares
españois. Entrou para deixar
unha pegada profunda, unha
pegada de dor e frustración
que nin as persoas intoxicadas
nin as súas familias van
esquecer na súa vida.
Aínda que non foi o único dos que convivían no piso de Madrid
que consumiu a substancia letal, foi o que máis afectado quedou,
deixándolle secuelas para sempre.
Volve á casa, a Monforte, con
Piedade. O seu regreso é o regreso do
ferido, triste, fraco, doente.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
15 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Poeta e guionista
En 1982 gaña o premio de Poesía O Facho co poema “Atrocity
Exhibition”
Deixa un bico no espello
onde arde a miña sombra pola noite
e que podrezan xuntas
silueteada en roxo cos teus labres,
e o perfil violento do meu soño
que enxendra amor gris fume
un odio carmesín
e na lingua e nos dentes
sangue e semeno
Colabora coas revistas “Luzes de Galiza” e
“La Naval”.
Unese ao grupo poético “De amor e desamor”. Participa nas I e
II antoloxías deste colectivo...
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
16 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
En 1988 escribe o guión “Que é Galicia?”
para TVG .
En maio de 1992 publica o seu libro
“Poemas”. Preséntao en Monforte
acompañado de Manuel María.
En 1987 participa como
actor na curtametraxe de
Jorge Demetrio
Rodríguez titulada “Valle
de lágrimas”.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
17 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Viaxeiro
Entre 1983 e 1993 realiza varias viaxes por Europa. Alemania,
Francia, Austria, Suiza serán os seus destinos. Os primeiros anos
Piedade irá con el, ata que marcha a vivir a San Francisco. O último
será unha inesquecible viaxe a París na compaña da súa nai e os
seus irmáns. Un ano máis tarde, o fatídico, diagnosticaranlle a
enfermidade que lle vai roubar a vida. A sida.
En decembro de 1995 publica “Poesía
última de amor e enfermidade”
O último poema deste libro será o seu epitafio.
Cuspídeme enriba cando pasedes
por diante do lugar no que eu repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e de furia necesaria.
O 24 de maio de 1996 Lois Pereiro
morre en A Coruña.
Os seus restos descansan no
camposanto de Santa Cristina do Viso,
no Incio, cemeterio no que foi soterrado
en presenza de familiares e amigos.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
18 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
A súa obra
1992
1995
1997
2010
2011 2011 2011
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
19 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Aínda que naceu en Palma de Mallorca, no ano
1949, leva xa toda a vida en Galicia, dende 1967, na
cidade da Coruña, onde reside co seu home, Xoán
Babarro.
É mestra de profesión, ademais de escritora e
autora dos primeiros libros de texto modernos para a aprendizaxe da
lingua galega.
Moi prolífica como escritora, sempre se achegou
ao público infantil e xuvenil, con obras de narrativa,
teatro e poesía, que en moitos casos gozan de grande
aceptación e acadaron importantes galardóns.
20 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
ANA MARÍA FERNÁNDEZ
XOÁN BABARRO
Ana María Fernández acadou, en colaboración
co seu home, o Premio de Teatro O Facho no
ano 1987 con ¡Grande invento para saír do
aburrimento!
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
21 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
E recibiu, de novo xunto co seu home, o
Premio Barco de Vapor en dúas ocasións:
en 1985 con Primeiro libro con Malola e de
novo no ano 1989 co libro Barrigaverde e
o dragón Achís.
Un dos seus poemarios, Amar e outros
verbos, foi tamén premiado, recibindo no
ano 2001 o Premio Lazarillo.
Os poetas escribencon lapis namorado,con tnta de laranxa,
con folas de ouro branco,e olos de maxia,
que ven cousas miudiñas.
Fragmento de “Escribir”, poema do libro Amar e outros verbos
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
22 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
NARRATIVAContos desgrañados
Primeiro libro con Malola
Tres países encantados
O pirata da Illa de Prata
Barrigaverde e o dragón Achís
A chamada das tres raíñas
Na barriga do dragón
As gafas de Venmeler
Os xigantes de nunca acabar
O cacarabicolé
Gurgulliña sabe portarse ben
Contos Xirasol
Contos con sombreiro
Contos da chave dourada
Bastón, Bombín e Bombón
Contos da chave dourada
Historias que contan as paredes
Chrystyan Magic. Atrapado na torre
Contos da selva de Longorongón
As bruxas esbrúxulas
As vacacións máxicas de John Liberty
E un día chegou Míroslav
Marta ten a solución
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
23 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
POESÍA
Pola rúa dos versos
Oliña de azucre
Ondas de verde e azul
Amar e outros verbos
¿Quen vive aquí?
Tres voltas ó planeta
O país de amarnos
Poemas que me cantou o grilo
Páxinas de carricanta
Solde laranxa e limón.
Solpor riba dos tellados.
Solentre nubes e nubes
co seu olliño chiscado.
Fragmento extraído de
Tres voltas ó planeta
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
24 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
TEATRO
Zapatón e Libiripón
¡Grande invento para saír do aburrimento!
Tres risas e unha voda
TEXTOS ESCOLARES
Lúa Nova 3
O Noso Galego
Do A ao Z. Galicia
Letramola (sete cadernos)
Do A ao Z con… Rosalía
Do A ao Z. O Camiño de Santiago
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
25 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Na selva de Longorongónamañece o sol laranxa
e ponse coma un melón;as árbores din poemasco falar dos abellóns;
e entre escondidos camiñoshai animais a montón:
elefantes, hipopótamos, raidas cebras, leóns,
xirafiñas, rulas, pombas,papagaios e dragóns,
ras que choutanentre as flores,
crocodilos comichóns...Todo isto eu sei que existe
aló por Longorongón.
Poema do obradoiro de lectura de Contos da selva de Longorongón
Palabra de poeta,
palabra misteriosa,
e decidida,
unhas veces discreta, outras,
máis viva,
pero sempre fermosa,
creativa...
Fragmento dun poema de Tres voltas ó planeta
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
26 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Os soños son vagabundos.
Se cerras os ollos un momento,
pode chegar un
e quedar onda ti para sempre.
Reparamos decote nas historias que soñamos.
Queremos que sexan de azucre,
pero, ás veces, teiman en facerse pesadelos
para perseguirnos con rostros de sombras.
Fragmento do poema “Soñar” de Amar e outros verbos
PAÍS de Conto é unha terra de era e non
era, que existe agora e que existiu
noutrora e que pode estar dentro e fóra.
En País de Conto vivían
princesas, alcaldesas,
xeados de framboesas...,
comediantes, cantantes,
tocadores de olifantes...
E TRES XIGANTES,
SUPERTERRIBLES,
SUPERLIANTES,
SUPERXIGANTES.
Fragmento do libro Os xigantes de nunca acabar
Rir,
risa,
gargallada...
Só rir,
rir só.
Sorriamos.
Fragmento do poema “Rir” deAmar e outros verbos
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
27 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
“Nacín unha sollía mañá de primavera cando as árbores vestían o seu
mellor traxe de cores. Quizais sexa por iso polo que tanto me gusta a
Natureza.
Lembro que era moi enredadora de pequena e que me gustaba andar
polo campo xogando coas ras e cos grilos. Pero para min o máximo era
coller a froita ao dereito da árbore e facer un banquete cos amigos.
Cada día era unha aventura e eu sentía que tiña que aproveitala de
principio a fin. Á noitiña, moitas veces, bambeándome nunha cadeira,
descubría as primeiras estrelas e imaxinaba mundos ao lonxe.
Pouco a pouco decateime de que lendo libros podía vivir aventuras
aínda máis fascinantes e acabei facéndome incondicional da literatura.
Tería once anos cando quedei engaiolada por un fermoso poema
que un trovador dirixía á súa amada princesa. E sen darme conta empecei
tamén a enfiar versos.
Podo dicir que me fixen grande escribindo poemas; por esta razón é
moito o que eu lle teño que agradecer á Poesía.
Máis tarde decidín dedicarme ao ensino, bo oficio para mostrarlles ás
miñas alumnas e aos meus alumnos o divertido que pode chegar a ser ler e
tamén escribir sobre as cousas que nos pasan ou arredor do que vemos e
creamos cando somos capaces de cerrar os ollos e deixarnos levar pola
imaxinación.”
“Cando a autora fala de si” en Ondas de verde e azul
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Mestra e escritora de literatura infantil e xuvenil nada en
Ferrol no ano 1956. Cultiva diferentes xéneros literarios:
teatro, novela, poesía e guión cinematográfico.
Iniciouse como escritora en 1978
cunha obra de teatro infantil titulada Ollo!
Hai lurpios na horta que acadou o
Premio de Teatro Infantil do Ateneo
Ferrolán e que se representou por toda
Galicia en 1980.
Moito máis tarde remataría por traducir os cadernos
do Ateneo Ferrolán: “Os Ateneos ferroláns na súa historia” e
“O Ateneo. Recuperación dun patrimonio histórico-artístico”.
28 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Biblioteca do Ateneo Ferrolán
Ánxela Loureiro
Logo do Ateneo Ferrolán
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Tamén escribiu varias obras teatrais máis, que foron
becadas pola Consellería de Cultura, ¿Onde estás os Bule-
bule? e Antroidadas.
O seu primeiro libro de narrativa foi Viaxe de ida e
volta no ano 1996, que conta a historia de Fol, un caracol
que nunca pensara en viaxar pero que un día se viu
obrigado a facelo e viviu unha grande aventura.
Posteriormente publicou Laia. A nena da illa e
Camiño perigoso, sendo precisamente estas dúas obras
finalistas do Premio Merlín de Edicións Xerais nos anos
1998 e 2002.
Por Ota quere voar recibiu o Premio Lecturas Gálix
do ano 2005 e o Premio Literario Frei Martín Sarmiento
no 2004.
29 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
30 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Tamén participou en traballos colaborativos, coma E
dixo o corvo e Contos de circo, cronopios e avións. Nos que
incluíu os relatos: “A fábrica de soños” e “Andrea Chapapote”.
Foi así mesmo unha das dezaoito narradoras e
narradores de Longa lingua, libro que xurdiu dunha proposta da
Mesa pola Normalización Lingüística e que foi todo un reto
para os escritores que participaron nela, posto que debían
ofrecernos un relato que tentase reflectir e interpretar a nosa
realidade lingüística.
Sempre estivo vencellada á música. É autora de
numerosas cancións polas que acadou varios premios no
concurso Cantareliña e colaborou en diferentes publicacións e
discos.
Participou en varios grupos musicais e dirixiu coros
infantís, como “Ledicia”, do que é a súa fundadora. Formou
parte do grupo folc Saraibas, cos que gravou varios discos
incorporando a súa voz solista, instrumentos de percusión e
realizando arranxos musicais.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
31 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
A súa profesión de mestra fai que colabore con
relatorios e obradoiros en diversos foros educativos, que
escriba artigos en revistas de carácter didáctico, que
participe na elaboración de libros de texto ou que
publique libros e obras musicais para o profesorado, como
Cancións para o ano, onde convida a que se utilice a
música popular nas aulas.
Coautora dos libros de texto Nobelos de Papel, de
Edicións Xerais, e colaboradora dos libros de texto Música
3, Música 4, Música 5 e Música 6 de SM e de As nosas
cancións I e II e Música para todos I e II, de edicións
Música para todos.
No eido educativo, ademais, impulsa a recuperación
dos xogos tradicionais musicais e defende a súa
incorporación nas aulas como elementos de socialización.
Pertenceu aos colectivos educativos Xirimbao, Brétema e
Atril.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
32 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Personaxe de Meigallos, longametraxe que en
español recibe o título de Brujerías.
Estes últimos anos mergullouse no mundo do cine, para o que escribiu
varios guións cinematográficos dirixidos á infancia:
•Pica Pica Circus é o guión dunha longametraxe en plastilina para a produtora Lúa
Films.
•E por que II? son 26 guións de curtametraxes de animación que pertencen a un
proxecto educativo moi empregado nas aulas de educación infantil en Galicia e a
través do que se trata de fomentar uns hábitos saudables. Este proxecto xa foi
traducido a varias linguas.
•Meigallos, guión de longametraxe de animación para a produtora Continental
Producciones.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
33 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Os alumnos e alumnas de terceiro
nivel leron este libro e estiveron encantados
ao poder recibir no colexio á súa autora.
Ademais, a aula de 3º B leva dende
este curso o nome de Ánxela Loureiro e foi
a propia escritora a que colocou o cadro co
seu nome.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
34 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Cantounos e todo.
Colgou o cadro na aula que leva o seu nome.
Asinou as súas obras.
Ánxela Loureiro visitou o noso
colexio o día 6 de maio e os rapaces
e rapazas de terceiro e de cuarto
estiveron con ela na biblioteca.
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
DEPORTE E VALORESDEPORTE E VALORES
O venres 18 de febreiro inaugurouse no noso centro a exposición “Educación, deporte e valores”. Asistiron os secretarios xerais para o deporte Jose Ramón Lete e de Política Lingüística Anxo Manuel Lorenzo Suárez.
O alumnado do 3º ciclo tivo a oportunidade de manter unha charla e preparar un fermoso traballo en diapositivas e murais para este acto, onde coñeceron e intercambiaron ideas cos mencionados secretarios e con outras autoridades presentes.
Debateron sobre a importancia do deporte e do logro e consecución dos valores, que se tratan de fomentar como metas importantes para a formación para a vida.
Mural cos valores do deporte
35 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Secretario de Política lingüística: Anxo Manuel Lorenzo Suárez.
O equipo de prensa xunto aos xornalistas profesionais fixeron unha ampla reportaxe de fotos non perdendo ningún detalle como se pode observar no blog de dinamización da Lingua Galega.
http://www.aescolafala.blogspot.com
36 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Un ano mais seguimos coa experiencia do correo epistola, actividade iniciada o curso pasado con outros centros de Galicia
Felicitacións que recibimos no Nadal
37 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
38 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
39 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
40 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Esta carta enviáronlla os rapaces e rapazas de 3º B á única nena deste curso que hai en Seoane do Coure
41 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
42 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Cóntanos moitas cousas, ...¡Que interesante!
43 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
44 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Recibimos cartas en distintos niveis durante todo o curso
45 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Tamén nos mandaron cartas e fotografías polo Entroido
46 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Quixemos compartir cos que máis o necesitan, por iso propuxemos unha recollida de alimentos para entregar a Cáritas da Pobra. A experiencia foi todo un éxito.Todos os nenos e nenas participaron aportando algo de alimentos: cereais, pasta, latas, legumes, fariña… alimentos non perecedeiros.
Ademais dende o quipo de dinamización propúxoselle ao alumnado que escribise cartas e poesías para conmemorar o día da Paz.
Estas cartas foron publicadas na Voz de Galicia do día 29 de xaneiro.
47 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Pódese ver neste enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/01/29/0003_201101B29C7991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
48 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Así mesmo algunhas destas poesías recitaronas o día da Paz, ao mesmo tempo
que cantaban a canción, “Que veña a Paz …” elexida polo equipo de
dinamización para celebrar este día, canción que foi acompañada das
pandereteiras do noso cole.
Que veña a Paz Que veña o ben, Que veña amor,
ao noso cole … ao noso cole … ao noso cole …
Fotos recollidas polo equipo de prensa do cole.
49 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Náufrago do paraíso. Cómic elaborado polos alumnos de 6º curso, baseado na lectura da obra do mesmo título de Marcos Calveiro
50 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
51 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
52 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
53 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
54 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
55 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
56 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
57 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
58 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
59 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
60 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
61 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
Letras Galegas 2011Letras Galegas 2011
Calveiro, Marcos (2011): Lois Pereiro: náufrago do paraíso. Xerais.
Patiño, Antón (2010): Lois Pereiro; radiografía do abismo . Espiral Maior Ensaio.
Pereiro, Lois (2011): Obra poética completa . Xerais.
Lois Pereiro (2011): Conversa ultramarina . Edicións Positivas.
http://loispereiro.blogaliza.org
http://seminariogalan.org/inicio/portada
http://www.coordinadoraendl.org/letras2011/index.php
http://www.diadasletrasgalegas.com
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ana_Mar%C3%ADa_Fern%C3%A1ndez_Mart
%C3%ADnez
http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=534
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XoaBabar1&alias=&solapa=obras
http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81nxela_Loureiro
http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha_autor.plid_autor=100005362&id_sello_edit
orial_web=13
https://sites.google.com/site/encontrosconanxelaloureiro/biografia
http://www.galegos.info/anxela-loureiro-fernandez
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
62 CEP SALUSTIANO REY EIRAS
top related