4eso b historia tarefas semana 9 ola, queridos amigos … · sobre 1947 a desconfianza entre os...
Post on 23-Jul-2020
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9
OLA, QUERIDOS AMIGOS DE 4º B
Envíovos un tema novo onde resumimos moitos
contidos (guerra fría, descolonización, terceiro
mundo, conflitos actuais).
Lédeos con calma, intentade entendelos e facede
as tarefas. As tarefas poden ser un pouco longas
pero creo que son sinxelas.
Xa sabedes, enviádeas a anselmopcpi@gmail.com
e calquera dúbida dádeme un toque ao whatsapp
Moito ánimo!!
TEMA 10: GUERRA FRÍA E DESCOLONIZACIÓN
1. CONCEPTO DE GUERRA FRÍA E FORMACIÓN DOS
BLOQUES
Chamámoslle guerra fría ao sistema de relacións internacionais que
abrangueu desde 1947 e 1990 . Este sistema caracterizouse polo
enfrontamento entre dúas grandes potencias , Estados Unidos e a Unión
Soviética e a división do mundo en dous bloques, cada un deles encabezado
por unha superpotencia con sistemas económicos, sociais e políticos opostos.
Estados Unidos e a Unión Soviética almacenaron gran cantidade de armamento
, incluído o nuclear, para ameazar ao contrario coa destrución total. Por iso os
enfrontamentos resolvéronse por medio de conflitos locais en diversos puntos
da Terra evitando unha guerra directa entre as potencias. Sobre 1947 a
desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que
ten como orixe no caso americano no medo a unha expansión do comunismo a
Europa occidental e no caso soviético a unha invasión por parte dos EEUU.
A. O bloque occidental ou capitalista está liderado por EEUU
e inclúe á maioría dos países situados arredor do Atlántico norte e Europa occidental.
Como elementos de cohesión dentro do bloque destacan:
a) Ideoloxía: A doutrina Truman baséase na “contención” do comunismo e
establece o dereito dos EEUU a axudar a todo país que loitase para impedir o avance
comunista. Como consecuencia desa política de contención EEUU instala bases
militares en moitos países do planeta.
b) Cooperación económica: xa que os países de Europa occidental quedaran
arrasados pola Segunda Guerra Mundial EEUU decidiu axudalos economicamente por
medio do Plan Marshall (así evitábase o contaxio comunista e, de paso, se
beneficiaban as empresas americanas).
c) Cooperación militar: A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
é unha alianza militar de varios países occidentais liderados por EEUU para protexerse
mutuamente en caso de ataque por parte dun terceiro país.
B. O bloque oriental ou comunista está liderado pola URSS e inclúe
á maioría dos países de Europa oriental. Como elementos de cohesión destacan:
a) A súa ideoloxía está baseada na doutrina Idánov que defende a unión
entre os países socialistas fronte ao imperialismo.
b) Cooperación económica que dará lugar a un espazo económico común
(CAME).
c) Cooperación militar por medio dunha alianza, o Pacto de Varsovia.
2..A GUERRA FRÍA
A Guerra Fría non foi una guerra convencional, senón un enfrontamento
político, económico, ideolóxico, tecnolóxico (ex. carreira espacial) e de potencial
militar pola hexemonía mundial.
En todo caso, nunca foi unha guerra directa (por medo á destrución militar).
Hai guerras pero estas estallan en áreas remotas do planeta onde os dous bloques
miden as súas forzas.
Hai que destacar que nesta competición EEUU parte con gran ventaxa fronte a
unha URSS arrasada pola II Guerra Mundial.
Períodos na guerra fría:
a) Inicio da Guerra Fría e de máxima tensión (1947-1953): É cando se
produce a división de Alemaña en República Federal e República Democrática, así
como Corea e Vietnam .
Os conflitos máis grandes son : O Bloqueo de Berlín polos soviéticos:En 1948
EEUU, Gran Bretaña e Francia uniron as súas administracións e crearo a República
Federal de Alamaña (RFA). A Unión soviética non o aceptou e bloqeou Berlín
occidental . O bloqueo fracasou porque os aliados abasteceron por aire á cidade.
Como resposta, na súa zona a URSS creo a República Democrática Alemaña (RDA).
A guerra de Corea : Tras a derrota de Xapón, Corea fora dividida nunha
zona norte comunista e unha zona sur capitalista. En 1950 o goberno
comunista invadiu Core ado Sur . A ONU condenou a invasión e aprobou unha
intervención encabezada polos EEUU . China apoiou militarmente a Corea do
Norte . En 1953 asinouse a paz e mantívose a fronteira entre ambos no paralelo
38.
b) Distensión (1953-1977): É un período que se caracteriza pola rebaixa
da tensión entre os dous bloques. A iso contribúe o acceso ao poder de
dirixentes máis moderados (Kruschev na URSS e Kennedy nos EEUU). Con todo
neste período tamén hai conflitos: 1) Construción do muro de Berlín en 1961
para evitar a fuxida a occidente de alemáns do este. 2) Crise dos mísiles
cubanos, debido á instalación en Cuba de bases de mísiles nucleares soviéticos.
Os EEUU bloquearon coa súa flota militar a illa mentres a flota soviética se
dirixía a Cuba para rachar o bloqueo. Realmente foi o momento no que máis
cerca se estivo de chegar á guerra directa. 3) A guerra do Vietnam que
enfrontou a Vietnam do Sur apoiado por EEUU contra unha guerrilla comunista
(Vietcong). A pesar do envío masivo de tropas americanas os EEUU tiveron que
retirarse. Foi a primeira derrota da súa historia.
c) Reactivación e fin da Guerra Fría: En 1979 a URSS invadiu Afganistán
e despregou misiles fronte a Europa (euromisiles). O presidente dos EEUU,
Ronald Reagan, reaccionou desenvolvendo a iniciativa “Guerra das Galaxias”
que suporía levar a tensión militar ao espazo. A guerra fría reactivouse pero a
URSS non foi capaz de manter a tensión xa que en Afganistán os soviéticos non
eran capaces de someter á guerrilla islamista apoiada por EEUU e tiñan que
retirarse en 1989. Ademais en 1985 a URSS iniciou a “perestroika” promovida
por Gorbachov buscando a amizade con EEUU e a firma de tratados de
redución de armamentos. Iso transmitiu aparencia de debilidade que estimulou
as demandas de cambio dos países do bloque socialista e da propia URSS. O
resultado é a caída do muro de Berlín en 1989, a unificación de Alemania en
1990 e a desaparición da propia URSS en 1991. Coa desaparición dun dos
bloques remataba a Guerra Fría.
3. O BLOQUE DO OESTE: POLÍTICA, SOCIEDADE E
ECONOMÍA
. Sistema político: A democracia liberal, baseada na defensa dos
dereitos individuais, o sufraxio universal, o multipartidismo, a separación de
poderes,… foi implantada despois da guerra nos países que sufriran os réximes
fascistas e tamén no Xapón. Con todo, tamén se apoiou a férreas ditaduras que
servisen para conter o comunismo (España, Grecia, Portugal) e non se tivo
ningún escrúpulo en promover a represión, golpes de estado,… en calquera
parte do mundo onde puidese trunfar o socialismo (Arxentina, Chile,…)
Neses sistemas políticos conviven distintas ideoloxías políticas: -
Extrema dereita: En xeral neofascistas, racistas e xenófobos
. -Democracia cristiá: Conservadora e moi influída pola Igrexa Católica.
Ex: Democracia Cristiá en Italia en PNV no País Vasco. -Liberalismo: Baseado na
defensa a ultranza do sistema capitalista e dos dereitos individuais. Ex: os dous
partidos que se alternan no poder nos EEUU (Republicano e Demócrata) aínda
que é máis radical no liberalismo o Republicano. -Socialdemocracia: Defende
reducir de forma progresiva as diferenzas de riquezas no seo das sociedades.
Tamén un Estado forte que proporcione a toda a poboación servizos sociais
básicos (sanidade, educación, salario mínimo,…) Ex: PSOE español, Partido
Laborista británico,… -Comunismo: Ao principio partidarios de implantar un
réxime socialista semellante aos do bloque do Leste. Logo evolucionaron a
defender ideas de esquerda máis extremas que as dos socialistas pero
respectando a democracia liberal. -Outros partidos: Sería o caso das forzas de
extrema esquerda antisistema ou os partidos verdes.
A sociedade: Será unha sociedade plural onde conviven moitas
perspectivas diferentes. Na maior parte deste período a participación do
Estado na economía por medio dunha economía social de mercado
(capitalismo mixto) eleva moito o nivel de vida de poboación. Nesta época a
muller incorpórase ao mundo laboral, avanzan as clases medias e a poboación
ten garantido unha gran variedade de servizos (sanidade, educación,
pensións,…) Neste momento tamén xorden movementos sociais e de protesta
como os da poboación negra nos EEUU (liderados por Martin Luther King) e en
Sudáfrica (dirixidos por Nelson Mandela), movementos da xuventude
relacionados coa música e as actitudes (hippies, punkies,…), movementos
estudantís (ex. maio do 68), feminismo, ecoloxismo,…
A economía: É unha economía capitalista que promove o consumo
masivo dos produtos elaborados por grandes empresas multinacionais. Tivo
dous grandes períodos: a) Ata 1973 houbo unha gran expansión económica e
un gran incremento do nivel de vida baseada nun sistema de acordos
económicos entre EEUU e os seus aliados polo que as moedas tiñan un cambio
fixo fronte ao dólar (sistema de Bretton Woods), na axuda dos EEUU aos seus
aliados para a reconstrución dos danos da guerra (Plan Marshall), na
intervención do estado na economía para garantir servizos a todos os cidadáns
e prezos baixos das materias primas. b) A partir de 1973 este modelo entrou en
crise por unha serie de razóns: -A suba dos prezos do petróleo a partir da Crise
do petróleo de 1973. -A caída do sistema de Bretton Woods porque a economía
dos EEUU estaba débil (gastos de armamento, da guerra do Vietnam, gastos
sociais,…) e o cambio das moedas comezou a oscilar libremente. Como
consecuencias de todo isto comeza a haber altas taxas de desemprego, de
bolsas de pobreza e marxinalidade, da economía somerxida e o modelo de
Estado de Benestar entra en crise (recórtanse os gastos sociais e o estado
intervén menos na economía co trunfo das políticas neoliberais ).
4. O BLOQUE DO LESTE: Está formado polas chamadas
“democracias populares”: URSS, países de Europa oriental (Polonia,
Checoslovaquia, Hungría, Romanía, Iugoslavia, Albania, Alemaña Oriental)
ademais de China, Cuba, Mongolia, Vietnam do Norte e Corea do Norte.
Caracterízase polos seguintes rasgos: -Predominio do Estado en todos
os ámbitos da vida política e económica. -Partido único: o Partido comunista. -
Control ideolóxico e político da URSS ao resto dos países (China, Iugoslavia e
Albania apartaranse dese control). -Economía planificada e colectivización
agraria. -Dominio da industria pesada e militar fronte á produción de bens de
consumo.
Este modelo foi acumulando unha serie de dificultades e problemas:
a)Aparición de disidentes (contrarios ao sistema) que foron duramente
reprimidosb) Sublevacións e revoltas en países de Europa oriental contra o
control da URSS. Ex. a “primavera de Praga” en 1968. Remataron coa
intervención militar da URSS. c) Pese a que durante os anos 50 e 60 o
crecemento económico foi espectacular a partir de aí estes países caeron no
estancamento económico.
En 1985 o líder soviético Mijail Gorbachov establece dúas políticas:
perestroika (reestruturación) e glasnost (transparencia) que queren rematar co
estancamento. En pouco tempo a situación fóiselle das mans. En 1991 a ala
máis dura do PCUS deu un golpe de Estado que fracasou e, en poucos días, o
propio PCUS é ilegalizado, as repúblicas bálticas proclaman a independencia e
Rusia, Ucraína e Bielorrusia forman a CEI (Comunidade de Estados
Independentes). Era a fin da URSS e do “socialismo real”. Os países de Europa
Oriental seguen o exemplo e abandonan o comunismo. Neses países cabe
destacar a unificación alemá, a separación pacífica de Chequia e Eslovaquia e,
por último, a traumática disgregación de Iugoslava en varios estados despois de
anos de guerra. China desde 1992 tamén abandonou o “socialismo real” para
dar lugar a un modelo onde se introduce progresivamente o capitalismo. Con
todo, no terreo político o control segue nas mans do Partido Comunista Chino.
Hoxe os réximes políticos comunistas ou de “socialismo real” son residuais:
Cuba, Vietnam e Corea do Norte.
5. A DESCOLONIZACIÓN
Denominamos descolonización ao proceso que leva ás colonias a
converterse en estados independentes. Este proceso se producirá sobre todo
entre 1945 e 1975 e ten estas causas:
A) Nos territorios colonizados cada vez hai máis vontade de acceder á
independencia estimulada por ideas nacionalistas.
B) A obriga das colonias a participar xunto coas metrópoles nas guerras
mundiais sen ningún tipo de compensación estimula a vontade de liberarse do
dominio europeo.
C) A Organización das Nacións Unidas promove a autodeterminación
dos pobos colonizados
. D) As potencias coloniais (Francia e Reino Unido) quedan debilitadas
despois da II Guerra Mundial e xa non son grandes potencias.
E) EEUU e a URSS (as novas superpotencias) son partidarias da
descolonización.
As colonias acadaron a independencia xeralmente por dúas vías
distintas: coa negociación pacífica (o habitual no Imperio colonial británico) ou
por guerras (o habitual nas colonias francesas e portuguesas). Vemos dous
exemplos característicos: a) A India acada a independencia do Reino Unido por
medio da negociación coa metrópole e a presión non violenta promovida por
Gandhi. Esta consistía en accións espectaculares como folgas de fame, marchas
para recoller o sal que os británicos tiñan en exclusiva,… O resultado foi o
acceso á independencia da India pero as tensións entre as distintas relixións
(hindús, musulmáns, sikhs,…) provocaron grandes matanzas, a separación da
colonia en dous Estados (a India hindú e Paquistán musulmán) e o asasinato do
propio Gandhi por un extremista hindú que o consideraba demasiado tolerante
cos musulmáns. b) Alxeria era a colonia máis importante de Francia no norte de
África. A negativa de Francia de aceptar as ansias de independencia da
poboación da colonia provocou unha durísima guerra desde 1954 a 1962 que
rematou coa independencia da colonia. En moitos casos pese á independencia
política o control dos recursos das antigas segue en mans das antigas
metrópoles ata o punto de que moitas desas colonias independizadas son
“estados títere” das antigas metrópoles ou doutras potencias que as sucederon
no control (ex. EEUU). É o que se denomina “neocolonialismo”
. 6. O TERCEIRO MUNDO
É un concepto utilizado para referirse aos pobos descolonizados que
loitaban por liberarse da dependencia económica das antigas metrópoles.
Consistía en considerar a existencia de dous mundos poderosos (capitalista e
socialista) e un terceiro mundo que equivalía ao “Terceiro estado” da
Revolución francesa. Posteriormente o termo pasou a ser sinónimo de 7
“subdesenvolvemento”. Hoxe fálase de Norte e Sur, desenvolvidos e
subdesenvolvidos, centro e periferia, primeiro mundo e terceiro mundo como
sinónimo da desigualdade no planeta. As características principais dos países
do Terceiro Mundo son: -Estados fráxiles e moitas veces artificiais xa que os
novos estados non respectaban os límites das tribos ou pobos senón os das
colonias. -Dependencia económica e subdesenvolvemento con todo o que
implica (desnutrición, predominio do sector primario e da extracción de
materias primas que se exportarán ao Primeiro Mundo;…) -Inestabilidade
política que se caracteriza pola proliferación de réximes ditatoriais, revoltas e
golpes de estado.
7. OUTROS ASPECTOS DESTACADOS NO PERÍODO
A.- A CHINA COMUNISTA: China convértese nun estado socialista
despois da guerra que enfrontou aos comunistas liderados por Mao Zedong e
os nacionalistas liderados por Chiang Kai-shek. En 1949 todo o territorio chino
excepto a illa de Formosa (Taiwan) están en mans dos comunistas. Mao
instaura un réxime socialista aplicando as teses de Marx a un contexto non
previsto no marxismo clásico: o dun estado que case carece de proletarios.
Nese período prodúcese a ruptura coa URSS, de forma que o socialismo real
pasará a ter dous modelos alternativos: o soviético e o maoísta. Tras a morte
de Mao o país comezou unha apertura económica que ao longo levou á
convivencia de prácticas capitalistas co control político do Partido Comunista.
B.- CUBA: EEUU expulsou aos españois de Cuba en 1898 e proclamou a
independencia da illa. En todo caso, o novo estado estaba baixo o seu control:
eles controlaban a economía da illa, ocupaban a área de Guantánamo para
instalar unha base militar e obrigaban a introducir un artigo na constitución
cubana (Enmenda Platt) pola que os cubanos aceptaban o dereito de EEUU a
invadir o país cando a política cubana fose contraria aos intereses
norteamericanos. Nos anos 50 a illa estaba controlada pola ditadura de
Fulgencio Batista, un goberno corrupto e completamente pregado aos
intereses dos EEUU e no país convivían a riqueza duns coa pobreza estrema
doutros. Nesa época un grupo de revolucionarios nacionalistas (Fidel e Raúl
Castro, Ernesto “Che” Guevara,…) inician unha guerra de guerrillas en Sierra
Maestra que culmina en 1959 coa toma da capital polos guerrilleiros. 8 As
medidas do novo goberno van contra os intereses dos EEUU. Ao mesmo tempo,
moitas das familias adiñeiradas da illa exílianse nos EEUU. O goberno
norteamericano decide financiar e proporcionar armas para un desembarco de
exiliados cubanos que fracasa estrepitosamente (Desembarco da baía de
Cochinos). O goberno liderado por Fidel Castro decide buscar a protección da
URSS e Cuba adopta o comunismo. Como forma de evitar outra posible
intervención estadounidense Castro acepta instalar mísiles nucleares soviéticos
na illa, o que dará lugar á crise dos mísiles cubanos (probablemente o
momento de maior tensión da guerra fría). Ao final, retiráronse os mísiles pero
EEUU comprometeuse a non invadir a illa pero mantivo un bloqueo económico
á illa que aínda continúa hoxe. Cuba recibiu unha gran axuda económica
soviética e desenvolveu espectacularmente sectores como a educación ou a
sanidade pero tras a caída do bloque socialista entrou nunha grave crise
económica que fai moi precaria a vida dos seus habitantes.
8. A NOVA ORDE INTERNACIONAL
Tras a caída do bloque comunista EEUU converteuse na única
superpotencia e o seu peso internacional aumentou . O final do enfontamento
entre bloques parecía outorgalle á ONU un papel sen precedentes na
resolución dos conflitos internacionais . Sen embarqo isto non aconteceu e as
Nacións Unidas foron en gran medida relegadas da escena política
internacional a favor de EEUU ou doutras organizacións como a OTAN . A.- Os
conflitos internacionais. Nos últimos anos sucedéronse unha serie de conflitos
en que interveu a comunidade internacional, unas veces baixo o patrocinio das
Nacións Unidas e outras dirixidas por EEUU ou pola OTAN. a) En 1991
desatouse a guerra do Golfo tras a invasión iraquí de Kuwait promovida polo
ditador irquí Sadam Husein . As Nacións Unidas esixiron a retirada iraquí e
organizaron un continxente internacional que acabou expulsando pola forza ás
tropas de Iraq. O réxime irquí quedou obrigado a desmantelar o seu
armamento baixo a supervisión da ONU. b) Un conflito que abrangueu case
toda a década de 1990 foi o de Iugoslavia. Neste país, tras a caída do réxime
comunista , xurdiron numerosos movementos nacionalistas secesionistas que
se enfrontaron entre sí e conta o nacionalismo de Serbia , que pretendía
manter o país unido. Estas guerras foron dunha gran virulencia e moi dañinas
para a 9 poboación civil , o que provocou varias intervencións armadas da
OTAN .Na década de 1990 alcanzaron a súa independencia Croacia, Eslovenia,
Bosnia-Hercegovina e Macedonia, mentras que a rexión de Kosovo obtivo un
estatuto de autonomía ( declaróu unilateralmente a súa independencia de
Serbia en 2008 co apoio de EEUU e de gran parte dos países europeos,
actualmente é recoñecida por 90 dos 193 membros das Nacións Unidas .
Serbia, Rusia China , España e moitos de Ámerica, Asia e África non a recoñecen
) c) A guerra de Afganistán : Tras os atentados terroristas do 11 de setembro
de 2001 en EEUU promovidos pola organización terrorista AlQaida , formouse
unha coalición internacional para derribar o goberno islamista dos Taliban en
Afganistán , que lle daba protección ao grupo Al-Qaida e ao seu dirixente
Osama Ben Laden . A intervención militar logrou acabar co goberno dos talibán
pero non coa ameaza terrorista. d) No ano 2003 produciuse a chamada
segunda guerra do Golfo , Os EEUU e outros países invadiron Iraq , sen a
aprobación das Nacións Unidas, e derribaron a Sadam Husein.
B.- Os conflitos locais Outros conflitos continúan ou resolvéronse sen a
intervención directa da comunidade internacional , a pesar de que algún deles
se mesturan con conflitos máis xerais ou afectan a varios países. a) África é un
continente ameazado polos desastres. Aos problemas como a fame en moitas
rexións , os desastres naturais e o subdesenvolvemento , hai que engadirlle as
guerras continuas ( na década de 1990 estouraron guerras en Ruanda, Sudán
Eritrea,Etiopia, Serra Leoa,Liberia etc ). b) En Oriente Medio prolongouse dende
1948 o conflito entre Israel e Palestina, que provocou varias guerras. c) Outro
conflito sempre latente é o que enfronta ä India con Paquistán pola soberanía
sobre Caxemira. d) No territorio da antiga Unión soviética , tamén estouraron
na década de 1990 varias guerras de carácter nacionalista das que destaca a de
Chechenia.
4 ESOB HISTORIA TAREFAS PARA A SEMANA 9
TEMA A GUERRA FRÍA – DESCOLONIZACIÓN 1
1 Truman A Rexión en disputa
2 Berlín B Líder soviético cando os misiles cubanos
3 Cachemira C Frear aos imperialistas
4 Fidel Castro D Presidente dos EEUU asasinado
5 Kruschev E Nome do que promoveu un plan de axuda económica
6 Vietnam F Dirixente soviético ao principio da guerra fría
7 Varsovia G Onde se firmou un pacto militar
8 Stalin H Derrota militar dos EEUU
9 Kennedy I Bloqueo e muro
10 Idanov J Presidente da bomba atómica e da contención
11 Gorbachov K Líder revolucionario cubano
12 Marshall L Último dirixende da URSS
2DEFINIR : GUERRA FRÍA – PLAN MARSHALL - A CRISE DE BERLÍN –MURO DE BERLÍN – GUERRA
DE VIETNAM – PACTO DE VARSOVIA- CAME (COMECON)-OTAN- VIETCONG- GLASNOST-
PERESTROIKA - GANDHI – SADAN HUSEIN – ALQAIDA - CAXEMIRA – GUERRA DO GOLFO
3FAI UN ESQUEMA DAS DISTINTAS ETAPAS DA GUERRA FRÍA
4FAI UNHA TÁBOA QUE COMPARE OS DOUS BLOQUES DA GUERRA FRÍA (Política, sociedade,
economía,…)
top related