300915 nota lixo
Post on 07-Dec-2015
16 Views
Preview:
TRANSCRIPT
O PSOE denuncia a insalubridade que provoca un camión de
lixo estacionado nunha rúa do casco urbano de Vilalba
Os socialistas poñen de relevo a contaminación produto das deficiencias na
recollida do lixo, tanto no casco urbano coma no rural
Destacan tamén a falta de limpeza dos sumidoiros, advertindo do fundamental do
seu correcto estado coa chegada do inverno e das chuvias
Vilalba, 30 de setembro de 2015
O Grupo Municipal Socialista vén de denunciar as condicións de insalubridade e
contaminación que producen os verquidos dun camión de lixo estacionado na rúa
Castelao. Sinalan que malia ser unha zona frecuentemente transitada, a vertedura de
substancias e os fortes olores que desprenden afectan directamente ás veciñas e
veciños.
“As promesas e os proxectos do Partido Popular de Vilalba se escriben sempre sobre
papel mollado, posto que na anterior lexislatura puxeron en marcha un Plan de limpeza
e adecuación do casco urbano, co asombroso resultado de que cada día se atopa en
peores condicións”, reprobou a portavoz do grupo municipal, Elba Veleiro. Solicitan por
este motivo ataxar a problemática dos verquidos do camión do lixo facilitando unha nave
adecuada para o seu estacionamento, cumprindo unhas condicións mínimas de hixiene
e respecto ao medio ambiente.
Por outra banda, os socialistas traen a colación a suciedade habitual que se observa
con asiduidade nas rúas do centro de Vilalba, así como nas parroquias, denunciando
que nin as frecuencias nin os puntos de recollida dos refugallos dos contedores son
suficientes a día de hoxe. “É máis que palpable que este servizo está sendo moi
deficiente, repercutindo directamente na veciñanza que ten que soportar a acumulación
de sucidade durante varios días”, afirman desde a agrupación.
Finalmente, tamén acusan ao Concello de neglixencia no que atinxe á limpeza dos
sumidoiros, dado que o estado no que se atopan impediría a súa función de cara ás
chuvias que terán lugar neste inverno. “Non se pode consentir a pasividade do equipo
de goberno en cuestións tan fundamentais coma esta, polo que esperamos que atendan
as nosas peticións e resolvan de inmediato esta problemática que afecta a todo o
municipio”, concluíu Veleiro.
top related