2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol

Post on 13-Jun-2015

2.307 Views

Category:

Documents

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

1

Unidade 7

A enerxía que nos chega do Sol

Belén L. Arenal

2

Algúns datos do Sol• Ten 4600 millóns de anos, e lle quedan outros

tantos, despois, inevitablemente, “morrerᔕ Á súa superficie (fotosfera) está a uns 5.200 º

C, pero dentro chega a máis de 15 millóns de gardos C

• A súa masa supón o 99,8 % do Sistema Solar• Distancia á Terra: 149.600.000 de kilómetros• Tempo en que a luz percorre esa distancia: 8

minutos e 19 segundos• Composición:Hidróxeno: 92, 1 %Helio: 7,8 %Outros elementos: 0.1 %

3

Por que ten tanto calor e enerxía o Sol?

No interior do Sol prodúcense reaccións de fusión atómicas nas que os átomos de hidróxeno se tranforman en helio producindo moita enerxía

4

Pero gracias a atmosfera so unha pequena parte da enerxía solar chega á Terra, e esa enerxía é responsable de:• Manter a vida• Poñer en movemento a auga e o

aire

Esto último, é o que da lugar a:• O clima• O ciclo da auga• A acción dos axentes xeolóxicos

externos que modelan a paisaxe

5

A enerxía do Sol fai posible a vida na Terra

6

Mantén a vida a través da fotosíntese, proceso biolóxico realizado polos produtores (plantas, algas e algunhas bacterias), que transforma a enerxía do Sol en enerxía química, contida en materia orgánica da que os consumidores podemos extraer enerxía para vivir.

7

Pero..existe algún ecosistema independente da luz?

Ou o que é o mesmo, existe vida sen Sol?Na primavera de 1977 un grupo de xeólogos, a

bordo do submarino Alvin, somerxeuse a unha profundidade de 2 500 m, nas proximidades das illas Galápagos. A súa misión era investigar a actividade volcánica submarina.

8

A esa profundidade, cunha temperatura da auga próxima ao seu punto de conxelación, e na máis absoluta escuridade, non pensaban encontrar ningún ser vivo. Por iso a súa sorpresa foi grande cando, nas proximidades de chemineas que expulsaban auga quente e negra, encontraron que se amontoaban tubos de vermes xigantes de máis de dous metros de lonxitude, enormes cunchas de bivalvos, cangrexos, peixes con forma de anguía, numerosos crustáceos e outros animais.

Os tripulantes do submarino non saían do seu asombro: «É un forno de cunchas, un volcán de vida; é coma o xardín do

paraíso, pero sumido na máis tenebrosa escuridade».Esta foi a primera vez que se encontrou un ecosistema

independente da luz.

9

10

SOL

Raios X

Raios gamma

Moi perigosos, son retidos na parte máis externa da atmosfera

Raios UV

Perigosos, a maioría son absorbidos na ozonosfera

Luz visible

Raios infravermellos

A atmosfera actúa de filtro

Atmosfera

Ao chan chegan so raios UV (9%), luz visible (41%) e raios infravermellos (50%).

11

12

Por que pensas que os astronautas deben levar un traxe

especial?

13

Esta filtraxe é máis eficaz, canto maior é o grosor de aire que atravesa a

radiación solar

• Onde “quentará” máis o Sol?

• E aquí, “quenta” igual ao atardecer que ao mediodía? Por que?

14

A enerxía do Sol pon en movemento o aire e a auga da

TerraO movemento débese as diferencias de temperaturas entre dúas masas de aire ou auga

O quencemento da terra e da auga varía según o lugar, preto do ecuador os raios chegan moi perpendiculares e atravesan un grosor de aire máis pequeno que nos polos, onde os raios chegan máis oblicuos

Por tanto, xa temos as terras e augas do planeta con diferente temperatura, algo necesario para que se movan e den lugar a correntes de aire e auga

15

Polo tanto a circulación sería así:• auga e aire quente: do ecuador aos

polos• auga e aire fío: dos polos ao ecuador

16

Pero a realidade é outra…As correntes atmosféricas e oceánicas

cúrvanse debido ao movemento de rotación terrestre, como se ilustra coa seguinte corrente oceánica

Corrente do golfo

17

Podedes velo na imaxe do satélite artificial que tedes abaixo, o aire é transparente, pero cando se enche de vapor formando unha nube, podemos ver as correntes

Canto maior é a masa e a velocidade da corrente, máis se curva, chegando a formar espirais

18

DINÁMICA ATMOSFÉRICA

A meteoroloxía estuda e trata de predecir o comportamento da atmosfera. Para isto obteñen información de:

• Satélites meteorolóxicoshttp://www.aemet.es/es/eltiempo/observacion/satelite/global(enlace de fotos de satélite)• Observatorios

metereolóxicos

19

Cos datos obtidos elabóranse os mapas de isobaras

As isobaras son liñas que unen puntos coa mesma presión atmosférica, co cal pódense predecir ventos, nubes e precipitacións

20

Imos analizar a dinámica atmosférica en dúas partes

• A ESCALA LOCAL• A GRAN ESCALA

21

Dinámica atmosférica a escala local

Teñen lugar a unha escala duns poucos Kilómetros.

• Ascendencia térmica• Tormenta

• Brisa mariña• Brisa de val

• Inversión térmica

22

Ascendencia térmica

O aire quente , máis lixeiro que o frío, tende a subir. O frío, máis denso, tende a baixar. Dando lugar a auténticos chorros de aire que ascenden dende o chan como columnas invisibles. Ao subir o aire arrefría e o vapor de auga condénsase formando pingas que dan lugar a unha pequena nube, chamada cúmulo de térmica

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/1ESO/atmosfera/contenidos6.htm

23

Que otros seres vivos utilizan estas correntes?

24

Tormentas

Cando a diferencia entre o aire quente que está sobre o chan e o frío de capas altas é moi grande, a ascendencia térmica sube moi rápido, ate 40 Km / hora.En poucas horas a nube pode acadar un diámetro de 10 km. Estas nubes de tormenta chámanse cumulonimbos

25

Brisa mariña

O Sol quenta máis rápido a terra que a auga, pero tamén tarda moito máis tempo en perder a calor a auga que a terra.

Sabendo isto, como explicas a brisa fresca cara o continente de día e ao revés pola noite?

26

Brisa de valÉ unha brisa de interior, prodúcese, pola tendencia do

aire quente a ascender.Os vales dos ríos actúan como condutos polos que

ascende o aire quente que se acumula neles. Ao caer a noite o proceso soe invertirse cunha brisa suave e fresca val abaixo, chámase brisa catabática

27

Inversións térmicas

Ten lugar cando o aire situado máis arriba está máis quente ca o próximo ao chan, polo que non se forman correntes ascendentes.

Cando esto sucede nas cidades, o fume non ascende, quedando preto do chan, o cal eleva o nivel de contaminación

28

Dinámica atmosférica a grande escala

Teñen lugar a unha escala duns centos de Kilómetros.

• Ventos• Nubes

• Precipitacións

29

Ventos

Son, a diferenza das brisas, movementos de grandes masas de aire que se desprazan centos ou miles de Km

30

Seguimos co vento

Fórmase pola tendencia do aire a moverse nesta dirección:

Zonas de alta presión (A) Zonas de baixa presión (B)

A súa velocidade podemos predecila nos mapas de isobaras fixándonos na distancia a que se atopan estas liñas de presión:

• Moi xuntas: ventos fortes• Moi separadas: ventos frouxos

31

Lembra

• Anticiclónhttp://es.wikipedia.org/wiki/Anticicl%C3%B3n

• Borrascahttp://es.wikipedia.org/wiki/Borrasca

32

33

ExercicioIndica en cada punto se se trata dun anticiclón ou dunha borrasca razoando a resposta

1

2

3

34

Nubes

Cando a diferencia entre o aire quente que está sobre o chan e o frío de capas altas é moi grande, a ascendencia térmica sube moi rápido, ate 40 Km / hora.En poucas horas a nube pode acadar un diámetro de 10 km. Estas nubes de tormenta chámanse cumulonimbos

35

36

Formación de nubes

Formación de espirais

B

O aire ascende e arrefría

37

La convección del calor y el clima: La formación de las nubes.

Al enfriarse el aire en las capas altas de la atmósfera el vapor de agua que transporta se condensa y forma las nubes.

38

Chuvia Neve Sarabia

Precipitacións

39

ALBEDO

É a enerxía reflectida por unha superficie.

Así, o albedo planetario sería a enerxía reflectida pola atmosfera e a superficie terrestre

O albedo planetario pode observarse ao anoitecer, sobre o horizonte, despois de poñerse o Sol, como unha liña máis clara que o resto do ceo

40

Aquí tedes unha animación na que podedes comprender mellor tres conceptos deste tema:

• Albedo• Ascendencia térmica• Formación de nubes

http://media.educ.ar/juegos/corrientes/index.html

41

Os axentes xeolóxicos

Erosión

Transporte

Sedimentación

Glaciares Vento

Ríos e regatos Mar

42

Orixe dos axentes xeolóxicos

Evaporación e formación

de nubes e ventos

As precipitacións alimentan glaciares

e ríos

O vento causa ondada e forma

dunas Ríos, glaciares e ondada modelan

a superficie

Diferenzas de temperatura na

superficie orixinan os ventos

Sol

43

A deterioración da ozonosfera

Ozonosfera

Fórmase a partir do osíxeno (O2)

da atmosfera

Ozono (O3)

Filtra a luz ultravioleta Diminúe a súa eficacia

pola presenza de gases CFC

44

Ozono e CFC

45

Materiais empregados

• Libro de texto e recursos de Santillana: Ciencias da natureza 2º ESO. Obradoiro Santillana. 2008

• Imaxes de: Belén L. ArenalCnice. Mec – proyecto biosfera JlmaralKalipediaWikipedia

top related