2º eso...2º eso lingua e literatura galegas 2019/2020 departamento didÁctico : programaciÓn...
Post on 22-Jul-2020
11 Views
Preview:
TRANSCRIPT
1
2º ESO
LINGUA E LITERATURA GALEGAS
2019/2020
DEPARTAMENTO DIDÁCTICO :
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
ANO ACADÉMICO:
2
ÍNDICE
ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO
1. Datos xerais do departamento ........................................................................................... 3 2. Lexislación de referencia ................................................................................................... 3 3. Aspectos xerais da programación....................................................................................... 4
a. Contextualización b. Referencia ás directrices xerais fixada no P.Educativo c. Referencia á incorporación das propostas da Memoria do curso anterior d. Directrices para a avaliación inicial e. Lingua na que se imparten as materias do Departamento
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE LOMCE
1. Contidos secuenciados e temporalizados…….................................................................... 7 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares........ 8
a. Estándares de aprendizaxe b. Grao mínimo de consecución c. Peso na cualificación d. Instrumentos de avaliación e. Temas transversais
3. Metodoloxía didáctica........................................................................................................ 18 a. Estratexias metodolóxicas b. Outras decisións metodolóxicas: agrupamentos, tempos, espazos, materias, recursos
4. Avaliación inicial………………………………………………………………………. 20 a. Procedemento para a avaliación inicial b. Criterios para a acreditación de coñecementos previos, no seu caso.
5. Avaliación continua............................................................................................................ 21 a. Procedemento para a avaliación continua b. Instrumentos de avaliación e criterios de corrección de exames
6. Avaliación final................................................................................................................... 22 a. Quen debe ir á avaliación final? b. En que consistirá a proba? c. Como se elabora a cualificación final? d. A avaliación final en caso de perda do dereito a avaliación continua?
7. Avaliación extraordinaria................................................................................................... 24 8. Materia pendente de cursos anteriores ................................................................................ 24
a. Plan de traballo b. Procedemento e instrumentos de avaliación
9. Avaliación do proceso de ensino e da práctica docente…….......................................... 25 a. Proceso de ensino b. Práctica docente
10. Avaliación da programación didáctica............................................................................... 26 11. Atención á diversidade....................................................................................................... 27 12. Actividades complementarias e extraescolares................................................................. 27 13. Constancia de información ao alumnado............................................................................ 27
3
DATOS DO DEPARTAMENTO PROFESOR/A MATERIAS QUE
IMPARTE
CURSOS GRUPOS
LUZ DÍAZ PRIETO
LGL 2º ESO, 1º BAC. 2ºB, 1º BAC A, 1º BAC
B, 1º BAC C
APOIO LGCO. 2º ESO
A/B
ANA Mª FERNÁNDEZ SILVA
LGL-ÁMBITO
LINGÜÍSTICO
PMAR
4º ESO, 4º A, 4ºB,
PMAR 2º,
Mª CARME GARCÍA CONDE
LGL 2º ESO, 3º ESO, 2º
BAC,
2º A, 3º ESO A, 3º
ESO B, 3º ESO C, 2º
BAC A, 2º BAC B.
Mª CARMEN RODRÍGUEZ
ESPERANTE
LGL, ÁMBITO
COMUNICACIÓN
ESA
ÁMBITO
COMUNICACIÓN
ESA MÓDULO 3
ÁMBITO
COMUNICACIÓN
ESA MÓDULO 3
MANUEL ANXO FERNÁNDEZ
DALAMA
LGL, ÁMBITO
COMUNICACIÓN
ESA
LINGUA GALEGA
I, LINGUA GALEGA
II, ÁMBITO
COMUNICACIÓN
LINGUA GALEGA I,
LINGUA GALEGA II,
ÁMBITO
COMUNICACIÓN
JOSÉ RICARDO CARRETE
MONTAÑA
LGL 1º ESO 1º A, 1º B
4
1. LEXISLACIÓN DE REFERENCIA ETAPA: E.S.O.
Real Decreto, 1631/2006, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á educación secundaria obrigatoria (BOE 5 de xaneiro de 2007).
Decreto 133/2007 pola que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 13 de xullo de 2007).
Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 7 de xaneiro de 2008)
Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015-2016 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
ETAPA: BACHARELATO
Real Decreto, 1467/2007, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á bacharelato (BOE 6 novembro 2007).
Decreto 126/2008 polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade autónoma de Galicia (DOG 23 de xuño de 2008).
Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 27 de xuño de 2008).
Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación de materias optativas no bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta (DOG 27 de xuño de 2008).
Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo (DOG 29 de setembro de 2008)
Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015-2016 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
5
3. ASPECTOS XERAIS DA PROGRAMACIÓN
a. CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN
A presente programación elaborouse para ser impartida no IES “Río Cabe” na localidade de Monforte
de Lemos. Trátase dun centro público pertencente á Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria.
Foi construído nesta cidade no ano 1965, sendo o curso 1965-66 o primeiro ano do seu
funcionamento, cunha capacidade de 400 alumnos. Estivo dependendo do Instituto masculino de
Lugo durante os dous primeiros anos do seu funcionamento. Entrou en funcionamento o edificio
actual no curso 1972.
O IES RÍO CABE sitúase en Monforte de Lemos, capital de comarca, que ten unha extensión de 943
km. A extensión do concello é de 202 km2 .
O municipio de Monforte sitúase nas chairas e depresións da Galicia centro-oriental. O seu marco
físico aparece definido por unha unidade fundamental: a depresión de Lemos que se prolonga por
Bóveda, O Saviñao, Pantón, Sober, Pobra do Brollón e Ribas de Sil, terras que conforman a
denominada comarca do Val de Lemos. A súa altitude é de 363 metros sobre o nivel do mar e está
regado pola conca do río Cabe. O seu clima encádrase dentro do dominio oceánico-continental,
caracterizado por unha temperatura media anual moderada, baixas precipitacións e unha
considerable oscilación térmica. A estación máis chuviosa é o outono e os veráns son secos e
calorosos. As xeadas e as néboas son moi frecuentes no inverno no val.
Seguindo os datos do INE, actualizados a 1 de xaneiro de 2018, Monforte de Lemos contaba cun total
e 18.599 habitantes, e cunha densidade de poboación de 94,14 habitantes por quilómetro cadrado. É
a segunda vila en número de habitantes da provincia de Lugo por detrás da capital.
Os principais sectores económicos son os servizos, agricultura e gandaría.
As ensinanzas que na actualidade se poden cursar no centro son:
6
En canto ás instalación do centro, debemos destacar que case todas as aulas dispoñen dun
ordenador, coa súa pantalla e proxector correspondente, así como con conexión a internet, o que nos
permite a utilización das TIC na práctica docente. Ademais, nalgunha aula existe taboleiro interactivo.
b. REFERENCIA ÁS DIRECTRICES XERAIS FIXADAS NO PROXECTO EDUCATIVO
Para a elaboración da Programación Didáctica séguense as liñas indicadas pola Inspección
Educativa, as directrices xerais están recollidas no PE.
Teranse como referencia os obxectivos xerais do centro e os obxectivos xerais da ESO. Así mesmo,
seguiranse os principios metodolóxicos xerais recollidos no PE.
c. REFERENCIA Á INCORPORACIÓN DAS PROPOSTAS DA MEMORIA DO CURSO ANTERIOR
A programación non presenta diferenzas salientables con respecto á do curso anterior, pero as
distribucións por sesións son sempre orientativas, dado que son moitos os factores que obrigan a
variar os tempos: diversidade dentro do propio grupo, elevado número de alumnos, problemas de
disciplina, actividades extraescolares etc.
d. DIRECTRICES PARA A AVALIACIÓN INICIAL
A programación de aula contempla a avaliación inicial e o seguimento mediante a avaliación continua.
A programación inicial realizarase durante as primeiras semanas do curso e servirá para detectar
alumnado con dificultades de aprendizaxe ou altas capacidades. En función dos resultados
programaranse actividades de reforzo ou de ampliación, se así se considera necesario.
A avaliación realizarase mediante a observación directa do alumnado, exercicios orais e escritos.
7
e. LINGUA NA QUE SE IMPARTEN AS MATERIAS NO DEPARTAMENTO (D. 79/2010)
Como é lóxico, a materia de Lingua e Literatura Galegas é impartida en galego.
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA
1. Contidos secuenciados e temporalizados
Como xa sinalamos anteriormente, a temporalización ten un carácter orientativo, define a
grandes trazos a distribución dos contidos para un ano académico da materia de Lingua e Literatura
Galegas. Esta temporalización estará suxeita a revisións obviamente, segundo o curso avance, e os
posibles cambios deberán ser reflectidos nas actas das diferentes reunións do Departamento de
Lingua e Literatura Galegas.
Pártese do suposto de aproximadamente 110 sesións lectivas, tendo en conta que o curso
escolar comeza sobre o 17 de setembro e remata o 21 de xuño. As sesións asignadas a cada unha
das unidades didácticas serían as seguintes:
1ª avaliación
UNIDADES DIDÁCTICAS Referenc
ia Libro
texto
Temporalizaci
ón Probas
avaliació
n Tema
/ U.D. Bloque Contido Mes
Se
sió
ns
1 B3.2 Fonética e fonoloxía 1 Setem/
Outubr
o.
7
2
B4.1 As linguas da Península Ibérica
2 Out 7 X
B5.5 Os xéneros literarios
3
B.3.7 O substantivo
3 Novem
bro 7 B4.4 A situación legal das linguas
B5.5 Os xéneros literarios
4
B3.7 O adxectivo
4
Novem
bro/De
cembro
7 X
B4.1 A lusofonía
B5.6 A novela
8
2ª
avaliación
UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia
Libro texto /
Unid. Did.
Temporalización Probas
avaliación
Tema /
U.D. Bloque Contido Mes Sesións
5
B3.6 Os signos de puntuación
5 Xan. 7
B3.7 O pronome persoal
B4.1 As linguas faladas en Galicia
B4.2 A situación sociolingüistica de Galicia
6 B3.6 A cohesión textual
6 Xan/Fe
br 6 X
B4.1 A valoración social da lingua
7 B3.7 O verbo
7 Febr 7
B4.2 Topónimos
8
B3.12 A construción e comprensión textual 8
Febr/
Marzo 8 X
5.2 O xénero poético
3ª
avaliación
UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia
Libro texto
Temporalización Probas
avaliaci
ón
Tema /
U.D. Bloque Contido Mes Sesións
9 B3.9 A estrutura oracional
9 Abril 8
B5.2 A práctica poética
10 B3.9 Os complementos oracionais
10 Abril/
Maio 7 X
B5.4 O xénero teatral
11 B3.9 Os complementos oracionais (2)
11 Maio 7
B4.6 As variedades lingüísticas do galego
12
B3.8 As modalidades oracionais. Os conectores.
12 xuño 7 X
B5.5 Xéneros e subxéneros.
B5.8 Literatura, cine e música
2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares
9
1ª Aval
Estándares de aprendizaxe avaliables
/Indicadores de logro (1)
Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación
Temas transversais
Tem
a/U
D
Identif.
contido
s
Identific.
Estándar
Comp.
clave
Estándares de
aprendizaxe Grao mínimo consec.
Peso
Cualifi
c.
Instrumentos Temas transversais
Prob.
.esc.
Prob
oral
Trab
ind.
Trab
grup
Cad
Cla
Rúb. Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV
1
B1.6.
LGB1.6.1. CCL,
CSC
LGB1.6.1. Produce textos orais, en
intervencións espontáneas, adecuadas á situación e á intención
comunicativa desexada, con coherencia, cohesión
e corrección.
100% 20% 50% 50% X
X
LGB1.6.2 CCL
LGB1.6.2. Participa con fluidez nas intervencións
orais espontáneas respectando as regras morfosintácticas desta
lingua, en especial a colocación do pronome átono, así como a
fonética galega (pronuncia das sete vogais, n velar e fonema
fricativo palatal xordo).
80% 20% 100% X
X
10
LGB1.6.3. CCL
LGB1.6.3. Emprega nas intervencións orais
espontáneas expresións propias do galego
(fraseoloxía adecuada).
80% 20% 50% 50% X
X
B3.2. LGB3.2.1. CCL,
CAA
LGB3.2.1. Recoñece e pronuncia correctamente os fonemas propios da
lingua galega.
100% 40% 100
% X
X
2
B4.1. LGB4.1.3.
CCL,
CSC LGB4.1.3. Coñece as
linguas que se falan en España e valora a súa
existencia como un elemento de riqueza
cultural.
100% 20% 100% X
B5.1
LGLB5.1.2
CCL LGLB5.1.2. Describe o uso dos elementos propios de cada xénero
literario, o punto de vista empregado e o uso estético da linguaxe nos
textos literarios.
80% 40% 80% 20% X X X
LGLB5.5.1
CCL LGLB5.5.1. Compara textos pertencentes aos
diferentes xéneros, sinalando as coincidencias e
diferenzas, tanto
estruturais coma formais.
80% 40% 80% 20% X X X
3
LGB3.7. LGB3.7.1
CCL,
CAA LGB3.7.1. Coñece e
utiliza adecuadamente substantivos e formas verbais na comprensión
e produción de textos
orais e escritos.
100% 40% 80% 20% X
B4.4. LGB4.4.1
CCL,
CSC LGB4.4.1. Coñece a
lexislación que regula a utilización do galego e a súa promoción no ámbito
educativo e local.
80% 20% 80% 20% X X
11
B5.5. LGLB5.5.1
CCL LGLB5.5.1. Compara textos pertencentes aos
diferentes xéneros, sinalando as coincidencias e
diferenzas, tanto
estruturais coma formais.
80% 40% 50% 50% X X
4
B2.12 LGB2.12.2
CCL LGB2.12.2. Sintetiza e resume narracións e descricións sen parafrasear o texto
resumido.
100% 20% 50% 50% X X
B3.7. LGB3.7.1
CCL,
CAA LGB3.7.1. Coñece e
utiliza adecuadamente
substantivos e formas verbais na comprensión e produción de textos
orais e escritos.
100% 20% 80% 20% X X
B3.8. LG3.8.2 CCL LG3.8.2. Utiliza os
elementos lingüísticos
para a cohesión interna.
80% 20% 80% 20% X X
B4.1. LGB4.1.6
LGB4.1.6. Coñece recursos en rede de lecer
(literatura de tradición oral, música e xogos) e educativos en lingua
galega adaptados á súa idade e compáraos con outros similares da
lusofonía.
80% 20% 50% 50% X
B5.6. LGB.5.6.1.
LGB.5.6.1. Analiza textos literarios, de maneira
guiada, identifica os trazos dos subxéneros e a funcionalidade dos
recursos retóricos.
80% 20% 50% 20% 30% X X X
X
12
13
B3.6.
LGB3.6.1.
CCL LGB3.6.1. Analiza e usa correctamente a puntuación para a
cohesión textual. 100% 25% 80% 20% X X
5
B3.7.
LGB3.7.1
CCL,
CAA LGB3.7.1. Coñece e utiliza
adecuadamente substantivos e formas verbais na comprensión e produción de textos orais e
escritos.
100% 25% 80% 20% X X X
B4.1.
LGB4.1.4
CCL, LGB4.1.4. Coñece as linguas que se falan na actualidade en Galicia
por mor da emigración. 80% 25% 80% 20% X X
B4.2.
LGB4.2.1
CCL LGB4.2.1. Describe a situación sociolingüística de Galicia a partir do estudo do seu contorno (concello e
comarca), compáraa coa situación doutros contextos e analiza as
diferenzas.
80% 25% 80% 20% X X
X
5
B4.1. LGB4.1.1
CCL LGB4.1.1. Valora a lingua como instrumento co cal se constrúen todos os saberes e como medio de
relación interpersoal e de sinal de identidade dun pobo a través da identificación de elementos
lingüísticos de noso en diferentes
contextos.
100% 20% 50% 50%
LGB4.1.2
.
CCL,
CSC LGB4.1.2. Distingue entre linguas
maioritarias, minoritarias e minorizadas e aplica estes
conceptos ao caso galego.
80% 20% 80% 20% X X
2ª Aval
Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de
logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais
Tem
a/U
D
Identif.
contido
s
Identific.
Estándar
Comp.
clave
Estándares de aprendizaxe Grao mínimo
consec.
Peso
Cualifi
c.
Instrumentos Temas transversais
Prob.
.esc.
Prob
oral
Trab
ind.
Trab
grup
Cad
Cla
Rúb. Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV
14
5
B4.5. LGB4.5.1
.
CCL,
CSC LGB4.5.1. Coñece o que é un
prexuízo. Detecta e analiza a
presenza de prexuízos de carácter estético e socioeconómico cara ao galego na súa práctica lingüística e
na do seu contorno.
80% 20% 50% 50% X X
7
B3.7
LGB3.7.1
CCL LGB3.7.1. Coñece e utiliza adecuadamente substantivos e
formas verbais na comprensión e
produción de textos orais e escritos.
100% 25% 80% 20% X X
B4.2 LGB4.2.2
.
CCL LGB4.2.2. Coñece e valora os
topónimos galegos. 80% 25% 80% 20% X X X
B4.3.
LGB4.3.1
.
CCL,
CSC LGB4.3.1. Coñece as principais
iniciativas normalizadoras no ámbito
educativo. 80% 25% 80% 20% X X X
LGB4.3.2
.
CCL LGB4.3.2. Analiza a súa propia práctica lingüística e valora a importancia de contribuír individual e
socialmente á normalización da
lingua galega. 100% 25% 50% 50% X
8
B3.12.
LGB3.12.
1
CCL,
CAA LGB3.12.1. Utiliza os coñecementos
lingüísticos de ámbito contextual,
textual, oracional e da palabra, desenvolvidos no curso nunha das linguas, para mellorar a comprensión
e produción dos textos traballados en
calquera das outras.
80% 50% 100% X X X
B5.2
LGLB5.2.
1
CCL LGLB5.2.1. Le expresiva e comprensivamente e fai audicións de poemas recitados ou cantados, determina o tema principal, a
estrutura xeral e pon de relevo os
principais recursos estilísticos.
80% 50% 50% 50% X X
15
9
B3.9. LGL3.9.1. CCL LG3.9.1. Completa, transforma e
elabora enunciados de maneira
axeitada e correcta atendendo aos
compoñentes sintácticos.
100% 40% 80% 20% X X
B5.2. LGLB5.2.1
CCL
LGLB5.2.1. Le expresiva e comprensivamente e fai audicións de poemas recitados ou cantados, determina o tema principal, a
estrutura xeral e pon de relevo os
principais recursos estilísticos.
100% 30% 50% 50% X X
B5.4. LGLB5.4.1
.
CCL,
CSC
LGLB5.4.1. Le dramatizada e comprensivamente, visiona pezas teatrais e recoñece os compoñentes e procedementos que
caracterizan os subxéneros.
80% 30% 50% 50% X X X X
10
B3.9. LG3.9.1 CCL LG3.9.1. Completa, transforma e
elabora enunciados de maneira
axeitada e correcta atendendo aos
compoñentes sintácticos.
100% 25% 80% 20% X X
B4.6.
LGB4.6.1 CCL LGB4.6.1. Identifica e clasifica as
variantes diafásicas do galego.
100% 25% 80% 20% X X
LGB4.6.2. CCL LGB4.6.2. Analiza a súa práctica lingüística e identifica nela os trazos
propios da xerga estudantil.
100% 25% 50% 50% X
LGB4.6.3. CCL,
CSC
LGB4.6.3. Recoñece os trazos da variedade estándar da lingua
galega e valóraa como variante
unificadora.
100% 25% 100% X X X
11 B3.8 LGB3.8.1
CCL,
CAA
LGB3.8.1. Identifica e usa distintos tipos de conectores de espazo, oposición, contraste, así como os mecanismos gramaticais e léxicos
de referencia interna que lle
proporcionan cohesión a un texto.
100% 30% 80% 20% X X
3ª Aval
Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de
logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais
Tem
a/U
D
Identif.
contido
s
Identific.
Estándar
Comp.
clave
Estándares de aprendizaxe Grao mínimo
consec.
Peso
Cualifi
c.
Instrumentos Temas transversais
Prob.
.esc.
Prob
oral
Trab
ind.
Trab
grup
Cad
Cla
Rúb. Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV
16
B5.5. LGLB5.5.2
CCL
LGLB5.5.2. Compara textos pertencentes ao mesmo xénero
pero a diferentes subxéneros, sinalando as coincidencias e diferenzas, tanto estruturais coma
formais.
80% 30% 80% 20% X X
B5.8 LGLB5.8.1 CCL,
CCEC LGLB5.8.1. Describe e caracteriza
os trazos definitorios básicos da
linguaxe cinematográfica.
80% 30% 50% 20% X X X X
LENDA COMPETENCIAS LENDA TRANSVERSAIS
CCL Comunicación lingüística CL Comprensión lectora
CMCCT Competencia matemática e competencias básicas en ciencia a tecnoloxía EOE Expresión oral e escrita
CD Competencia dixital CA Comunicación audiovisual
CAA Competencia aprender a aprender TIC Tecnoloxías da información e comunicación
CSC Competencias sociais e cívicas
EMP Emprendemento
CSIEE Sentido de iniciativa e espírito emprendedor EC Educación cívica
CCEC Conciencia e expresións culturais PV Prevención da violencia
(1) A partir de cada estándar pódese determinar “indicadores de logro” máis precisos que indiquen o nivel de adquisición do mesmo. (O instrumento máis idóneo é a rúbrica)
(2) As rúbricas soen utilizarse para avaliar as producións do alumnado: traballos de aplicación, sínteses e textos escritos,..
17
Os demais estándares non aparecen citados nin asociados a ningún tema pois son tratados de maneira continua durante todo o curso. Dado que na aula se
fomenta constantemente a práctica lingüística, o alumnado traballa os distintos estándares. Tendo en conta, ademais, que realizamos un proceso de avaliación
continua, non vemos posible nin apropiado dividir a valoración do traballo do alumnado en multitude de estándares, o que nos obrigaría a fomentar actividades
fragmentarias e non integradoras da aprendizaxe. Polo tanto, nas táboas anteriores reflectimos os estándares nos que insistiremos en cada unidade sen esquecer
todos os demais que poñeremos en práctica directa ou indirectamente.
18
3.Metodoloxía didáctica
a) Estratexias metodolóxicas
1. Aspectos xerais
- Partir da competencia inicial do alumnado. - Potenciar as metodoloxía activas. - Enfoque orientado á realización de tarefas. - Uso habitual das TIC. - Papel facilitador do profesor/a. - Aprendizaxe a nivel de competencias perseguindo o desenvolvemento do potencial de cada
alumno. - Valorar o esforzo persoal no rendemento académico. O erro é parte natural no proceso. - Buscar a motivación do alumnado, desenvolvendo estratexias para facelos protagonistas do
proceso de ensino. - Potenciar o traballo individual e en grupo. - Aprendizaxe globalizada (interrelación con outras áreas curriculares) e permanente (ao longo da
vida).
2. Estratexias metodolóxicas
- Análise de textos: resumo, esquema, comentario. - Produción de textos para desenvolver a capacidade expresiva. - Establecemento de relacións interdisciplinares con outras materias, especialmente historia, lingua
española, francés, inglés, filosofía... - Indagación e investigación sobre documentos, textos, prensa… - Exposicións orais - Realización de numerosos exercicios prácticos. - Busca da asimilación de conceptos teóricos e da súa posta en práctica.
19
3. Secuenciación habitual de traballo na aula
Ó comezo de cada unidade o profesor intentará coñecer os coñecementos previos do alumnado
para, a partir destes, presentar o tema: contidos conceptuais.
As exposicións serán breves. Procurarase que o alumnado participe nelas achegando
coñecementos, formulando hipóteses, aventurando solucións…
A continuación o alumnado poñerá en práctica os coñecementos adquiridos mediante a
realización de actividades variadas.
Se a unidade é longa ou complexa, alternaranse as explicacións coa realización de actividades
prácticas que permitan asimilar os contidos. Os exercicios versarán sobre a unidade en cuestión pero
procurarase establecer relacións con contidos das unidades anteriores, anticipando contidos novos e
establecendo conexións con outras materias.
Consideramos fundamental non favorecer unha aprendizaxe compartimentada senón integral de
modo que o alumnado revise regularmente o aprendido á vez que adquire novos coñecementos e
destrezas.
b) Outras decisións metodolóxicas: agrupamentos, tempos, espazos, materias, recursos
Como material básico utilizaremos o libro de texto da editorial Anaya fundamentalmente, xa que
presenta os contidos de maneira ampla e clara e porque inclúe numerosas actividades, a gran maioría
adecuadas para os obxectivos da materia e adaptadas ó curso.
Ademais, entregamos ó alumnado abundante material de elaboración propia para traballar
aspectos léxicos, gramaticais, fonéticos…
Poderá establecerse a lectura obrigatoria dun máximo de tres libros de lectura e fomentarase a
lectura voluntaria.
Recorreremos á prensa na procura de temas e textos de actualidade cos que traballar aspectos
de lingua, realizar comentarios de texto, realizar debates…
Na biblioteca atoparemos material de lectura e de consulta.
As TIC serán un recurso complementario utilizado na aula e na casa.
20
4.Avaliación inicial
a) Procedemento para a avaliación inicial
A avaliación inicial desenvolverase nas primeiras semanas do curso académico. O seu obxectivo
é facilitar información sobre diversos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento relativo ás
destrezas propias da materia e á detección de alumnado con posibles dificultades de aprendizaxe ou con
capacidades superiores á media do grupo. Dita información servirá ó profesorado para programar as
adaptacións necesarias, así coma as actividades de reforzo ou ampliación se fose necesario.
O método para obter a devandita información será mediante a observación do alumnado na aula.
b) Criterios para a acreditación de coñecementos previos, no seu caso.
Fixaranse a principios de curso e servirán de base para determinar a necesidade de modificar
algúns aspectos da programación.
5. Avaliación continua
a) Procedemento para a avaliación continua
En cada avaliación faranse dúas probas escritas nas que se medirán os contidos conceptuais e
procedementais. Ademais tamén se terán en conta o traballo na clase e na casa.
O Baremo da nota de avaliación será o seguinte:
Probas escritas (exames)…………………………………...... 80% da nota
o Farase a media ponderada das probas escritas.
o As probas escritas poden constar de preguntas conceptuais sobre o temario e de
cuestións prácticas. Xeralmente, estarán puntuadas de 0 a 10.
o O feito de que un alumno sexa sorprendido copiando nun exame, poderá levar consigo
que a avaliación á cal pertenza o exame, lle sexa cualificada como non superada coa nota
21
mínima. Se é sorprendido copiando na proba final de xuño a materia quedará suspensa ata
setembro.
Actividades........................................................................... 20% da nota
o Realización das tarefas indicadas polo profesor: exercicios, lectura de obras literarias,
comentarios de texto, produción de textos, traballos etc
O sistema de baremación aquí indicado non exclúe que o profesor o poida modificar lixeiramente
se se aprecian circunstancias que así o aconsellen, tales como poden ser o nivel inicial do/a alumno/a,
as súas capacidades de aprendizaxe, etc.
En canto á puntuación, só se considerará un exame aprobado se a nota chega a 5.
b) Instrumentos de avaliación e criterios de corrección de exames
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS
Probas escritas 2 exames por avaliación, ao que hai que engadir un número
indeterminado de controis sobre aspectos concretos: verbos, sintaxe.... Ó
ser avaliación continua, a materia avaliada é obxecto de avaliación nas
probas seguintes.
As probas escritas incluirán preguntas conceptuais sobre o temario e
actividades prácticas. Xeralmente estarán puntuadas de 0 a 10 aínda que
en controis específicos poden establecerse valoracións non numéricas.
Traballos individuais Creación de textos, comentarios de textos, actividades varias.
Traballos en grupo Debates
Probas orais Realizarase unha proba oral en cada avaliación relacionada cunha obra
lida para o Plan Lector do centro. Tamén se avaliarán as intervencións
diarias na aula.
Traballo na aula Realizaranse actividades prácticas relacionadas coa materia. Será
obrigatorio o uso do libro de texto, caderno, fotocopias subministradas
polo profesor...
Observación e rexistro De non acudir a unha proba escrita, só se lle repetirá a mesma, a aqueles alumnos que presenten o mesmo día que se incorporan ao centro, xustificación médica ou de deber inescusable, de carácter público ou privado para a non asistencia a dita proba. A data da proba será fixada polo profesor da materia.
22
Anotarase a asistencia e puntualidade do alumno.
Anotarase a actitude negativa do alumno en forma de apercibimentos e o número de interrupcións , que non veñen ao caso, perante as explicacións da materia. Comunicarase ao alumno na aula, quedando constancia no libro do profesor.
Anotarase a actitude positiva cando, requirida a súa participación explícita ou voluntaria, nas actividades da aula a súa colaboración é absolutamente correcta. Comunicarase ao alumno na aula, quedando constancia no libro do profesor.
Terase moi en conta na nota de cada avaliación o esforzo e o nivel dos materiais recollidos polo profesor para a súa corrección
Probas non superadas Se unha proba escrita está puntuada con 3 puntos ou máis sobre 10, pode ser compensada pola outra proba escrita, sempre e cando a nota media sexa de 5 sobre 10 puntos.
Se a proba escrita está puntuada con menos de 3 puntos sobre 10, non poderá ser compensada e o alumno/a suspenderá a avaliación.
Avaliación non superada Se dúas avaliacións ou máis quedasen suspensas ou a nota final non chegase a 5, o alumno deberá acudir á avaliación final.
CRITERIOS XERAIS DE CORRECCIÓN DE EXAMES:
Na corrección de exames, teranse en conta e valoraranse os seguintes criterios, tanto nos exercicios
teóricos como nos prácticos:
Claridade e coherencia nos razoamentos.
Orde, presentación e limpeza. Os exames serán realizados con bolígrafo azul ou negro. Non se permite a utilización do lapis.
Faltas de ortografía e erros gramaticais: En todas as probas escritas e traballos as faltas de ortografía serán motivo de penalización, de modo que os erros de acentuación descontarán 0,1 cada catro acentos, uso de b/v, h... e acentuación diacrítica descontarán 0,1 , mentres que as confusións na colocación dos pronomes, o uso dos tempos compostos... diminuirán 0,2 a nota das tarefas ata un máximo de 2 puntos. Da mesma forma, nas exposicións orais tamén se terá en consideración o respecto da prosodia e respecto da gramática da lingua galega, restando polos erros.
O feito de que un alumno/a sexa collido/a copiando nun exame, poderá levar consigo que a proba á cal pertenza o exame lle sexa cualificada con un cero e expulsado do mesmo.
6. Avaliación final
a) Quen debe ir á avaliación final
Ó final do curso realizarase un Exame Final da materia, ó que terán que presentarse aqueles
alumnos que teñan menos de 5 na nota final ou dúas ou máis avaliacións non superadas.
23
b) En que consistirá a proba?
O exame correspondente versará sobre os contidos impartidos durante todo o curso.
c) Como se elabora a cualificación final?
O alumnado que ten aprobadas as 3 avaliacións, calcularáselle a nota da avaliación ordinaria
facendo a media ponderada das 3 avaliacións e redondeando o resultado ó número enteiro máis
próximo.
d) A avaliación final en caso de perda do dereito a avaliación continua?
Os alumnos/as perden o dereito a avaliación continua no caso de abandonar a materia e neste
caso aplicarase o PROTOCOLO DE ABANDONO aprobado no centro e que figura no Proxecto
Educativo. Segundo este protocolo considérase abandono se:
- O alumno/a non realiza as actividades ou traballos na clase, a pesar de ter
actividades axeitadas ó seu nivel de competencia curricular.
- Non trae o material necesario para o normal desenvolvemento das actividades.
- Entrega os exames en branco de forma reiterada.
- Manifesta verbal e explicitamente o abandono da materia.
- Houber absentismo escolar sen xustificación.
Actuación por parte do profesor:
1.- O profesor informará o titor da actitude do/a alumno/a na materia e tratará de falar cos pais
deste feito, explicándolles as consecuencias que dita actitude pode ter. Tamén se informará a Xefatura
de Estudos de tal circunstancia.
2.- O terceiro aviso do profesor considerase que xa hai abandono.
Ó final do curso realizarase un Exame Final da materia, que será fixado pola Xefatura de
Estudos. A esta proba deberá presentarse o alumno/a que perda o dereito á avaliación continua.
24
7.Avaliación extraordinaria
Aqueles alumnos/as que non aproben a materia na convocatoria de xuño, terán que presentarse
ó exame de setembro. A cualificación da avaliación extraordinaria será a nota do exame redondeada por
defecto.
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS
Proba escrita 1 proba escrita na que se avalía toda a materia. A data da mesma será
fixada pola Xefatura de Estudos.
8.Materia pendente de cursos anteriores
a) Plan de traballo
1. Para o alumnado que teña pendente esta materia de anos anteriores, o Departamento elaborará varias probas a desenvolver ao longo do curso co obxecto de que podan superar dita materia..
2. Ó comezo do curso informarase aos alumnos acerca das probas e os contidos dos que se deberán examinar, así como das datas das mesmas.
3. Os exames de pendentes serán elaborados e corrixidos en conxunto por tódolos membros do Departamento.
b) Procedementos e instrumentos de avaliación
A recuperación destas materias realizarase mediante dous exames independentes, un deles a finais da segunda avaliación e outro aproximadamente no mes de maio, comprendendo cada un deles a totalidade da materia. En caso de superar a primeira das probas a materia quedaría aprobada. No caso contrario, o alumno presentarase á segunda proba.
25
9.Avaliación do proceso de ensino e da práctica docente
É necesario que o profesor leve a cabo un control do seu traballo para comprobar a eficacia
do mesmo, valorando a súa relación co labor docente, co alumno/a e coa materia. Os indicadores de
logro recóllense nos dous seguintes cuestionarios, que se cubrirán ó final do curso e se incorporarán na
memoria do Departamento.
a) Proceso de ensino
Proceso de ensino: 1 2 3 4
1.- O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado?
2.- Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreza a aprendizaxe?
3.- Conseguiuse motivar para conseguir a súa actividade intelectual e física?
4.- Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado?
5.- Contouse co apoio e implicación das familias no traballo do alumnado?
6.- Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado?
7.- Tomouse algunha medida curricular para atender o alumnado con NEAE?
8- Tomouse algunha medida organizativa para atender o alumnado con NEAE?
9.- Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado?
10.- Usáronse distintos instrumentos de avaliación?
11.- Dáse un peso real á observación do traballo na aula?
12.- Valorouse adecuadamente o traballo corroborativo do alumnado dentro do grupo?
26
b) Práctica docente
Práctica docente: 1 2 3 4
1.- Como norma xeral fanase explicacións xerais para todo o alumnado
2.- Ofrécese a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa?
3.- Elabóranse actividades de distinta dificultade atendendo á diversidade
4.- Elabóranse probas de avaliación de distinta dificultade para os alumnos con NESE?
5.- Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar?
6.- Intercálase o traballo individual e en equipo?
5.- Poténcianse estratexias de animación á lectura e de comprensión e expresión oral?
6.- Incorpóranse ás TIC aos procesos de ensino - aprendizaxe
7.- Préstase atención aos temas transversais vinculados a cada estándar?
8.- Ofrécese ao alumnado de forma inmediata os resultados das probas/exames,et?
9.- Coméntase co alumnado os fallos máis significativos das probas /exames, et?
10.- Dáselle ao alumnado a posibilidade de visualizar e comentar os seus fallos?
11.- Cal é o grao de implicación nas funcións de titoría e orientación do profesorado?
12.- Realizáronse as CAS propostas e aprobadas?
13.- As medidas de apoio, reforzo, et establécense vinculadas aos estándares
14.- Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación,.. ?
10.Avaliación da programación didáctica
Reunións de departamento, nas que se analizará o grao de avance na materia en relación á
programación, así como diversos cambios propostos para adaptarse ás necesidades educativos
do alumnado.
Memoria de final de curso, onde se reflectirán os contidos impartidos da programación anual,
cambios propostos na mesma para sucesivos cursos ou problemas á hora de poñer en práctica o
acordado na mesma.
Ademais, darémoslle resposta ó seguinte cuestionario ó final de curso e incorporarémolo á
memoria do Departamento:
27
Mecanismo de avaliación e modificación de programación didáctica Escala
(Indicadores de logro) 1 2 3 4
1.- Deseñáronse unidades didácticas ou temas a partir dos elementos do currículo?
2.- Secuenciáronse e temporalizáronse as unidades didácticas/temas/proxectos?
3.- O desenvolvemento da programación respondeu á secuenciación e temporalización?
4.- Engadiuse algún contido non previsto á programación?
5.- Foi necesario eliminar algún aspecto da programación prevista?
6.- Secuenciáronse os estándares para cada unha das unidades/temas
7.- Fixouse un grao mínimo de consecución de cada estándar para superar a materia?
8.- Asignouse a cada estándar o peso correspondente na cualificación ?
9.- Vinculouse cada estándar a un/varios instrumentos para a súa avaliación?
10.- Asociouse con cada estándar os temas transversais a desenvolver?
11.- Fixouse a estratexia metodolóxica común para todo o departamento?
12.- Estableceuse a secuencia habitual de traballo na aula?
13.- Son adecuados os materiais didácticos utilizados?
14.- O libro de texto é adecuado, atractivo e de fácil manipulación para o alumnado?
15.- Deseñouse un plan de avaliación inicial fixando as consecuencias da mesma?
16.- Elaborouse unha proba de avaliación inicial a partir dos estándares?
17.- Fixouse para o bacharelato un procedementos de acreditación de coñecementos previos?
18.- Establecéronse pautas xerais para a avaliación continua: probas, exames, etc.
19.- Establecéronse criterios para a recuperación dun exame e dunha avaliación
20.- Fixáronse criterios para a avaliación final?
21.- Establecéronse criterios para a avaliación extraordinaria?
22- Establecéronse criterios para o seguimento de materias pendentes?
23.- Fixáronse criterios para a avaliación desas materias pendentes?
24.- Elaboráronse os exames tendo en conta o valor de cada estándar?
25.- Definíronse programas de apoio, recuperación, etc. vinculados aos estándares?
26.- Leváronse a cabo as medidas específicas de atención ao alumnado con NEE?
27.- Leváronse a cabo as actividades complementarias e extraescolares previstas?
28.- Informouse ás familias sobre criterios de avaliación, estándares e instrumentos?
29.- Informouse ás familias sobre os criterios de promoción? (Artº 21º, 5 do D.86/15)
30.- Seguiuse e revisouse a programación ao longo do curso
28
31.- Contribuíuse desde a materia ao plan de lectura do centro?
32.- Usáronse as TIC no desenvolvemento da materia?
11.Atención á diversidade
O ensino ten que ter presente que as diferenzas que hai entre o alumnado impiden conseguir
obxectivos idénticos. Polo tanto, sen renunciar á existencia de obxectivos xerais e comúns, hai que
considerar a necesidade de dispor de métodos de ensino alternativos segundo a diversidade do
alumnado e segundo o ritmo de aprendizaxe.
Partindo do proxecto curricular, haberá que realizar as adaptacións necesarias para atender a
diversidade do alumnado. Para iso hai que delimitar os obxectivos mínimos que se queren lograr co
alumnado e os medios que lles permitan continuar a aprendizaxe. A realización de probas iniciais para
obter unha información básica de partida pode axudar a marcar estes obxectivos. A partir dos resultados
obtidos nestes as actividades a metodoloxía que seguiremos concrétase en:
-Propoñer actividades de aprendizaxe diferenciadas.
-Propoñer as mesmas actividades, pero con diferente nivel de esixencia ou enfoque.
-Exercicios comúns (redaccións, exposicións... ) de resposta aberta aptos para distintos niveis.
-Organizar grupos de traballo flexibles.
-Ampliar ou reducir bloques de contidos segundo o interese e a capacidade do alumnado.
-Proporcionar ó alumnado con necesidades especiais material complementario en diversos
soportes para atraer a súa atención sobre a materia.
-Intentar minimizar neste alumnado a sensación de ser “diferente” dos demais procurando que se
integre no grupo e que achegue as súas fortalezas no traballo en equipo.
12.Actividades complementarias e extraescolares
Remitimos á programación do EDNL, pois realizamos as actividades extraescolares
conxuntamente.
29
13.Constancia de información ao alumnado
O profesor destinará unha sesión ó principio do curso para informar ao alumnado da programación da
materia. Informará da secuenciación temporal, do material didáctico que se utilizará, explicará o sistema
de avaliación, etc.
O alumnado ten a posibilidade de consultar a programación didáctica en calquera momento. Esta
dispoñibilidade pode ser de dúas formas:
- Previa petición ó profesor da materia ou o Xefe do Departamento. Para isto, o seminario
posuirá unha copia por escrito da programación didáctica.
- Por arquivo electrónico. Para isto, o centro dispón dunha páxina web dende a que se pode
descargar a programación didáctica, achegada polo departamento, para a súa consulta.
_________________________________________________
top related