1.formular preguntas · 4.localizar e nombrar as partes dunha planta: raíz, talo, follas e...

Post on 22-Jul-2020

5 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Ola a todos e a todas! As actividades destas xornadas están dedicadas ás plantas. Aproveitade o tempo que poidades estar ao aire libre para observalas.

1.Formular preguntas:Onde temos plantas ao noso redor?Se temos algunha planta na casa pódense facer preguntas como: Cal é o seu nome? Ten flores? De que cor son? Que necesita para medrar?

2. Dialogar sobre a importancia da auga ,a luz e o Sol para as plantas.Chegar á conclusión de que as plantas teñen un gran valor medicinal, para a alimentación dos seres vivos, ornamental… e que as hai que respectar e coidar.

3. Elexir varias plantas e elaborar un libro (con folios grapados), escribir o nome de cada planta, facer o debuxo e colorear. Aquí tes un exemplo de portada e de ficha.

4.Localizar e nombrar as partes dunha planta: raíz, talo, follas e pétalos.

5.Facer manualidades, buscar, debuxar imaxes de plantas . Por exemplo: papoulas, margaridas, xeranios, tomateira….Facer un mural.

6. Nomear profesións relacionadas coas plantas: xardiñeiro, labrego,…,ferramentas e aparellos que empregan para o seu traballo…

7. Ver o vídeo do conto “ Las habichuelas mágicas”:https://www.grupo-sm.com/es/yoaprendoencasa-infantilColorear o xigante que aparece no conto.

8. Agrupar fabas, garavanzos, lentellas. Contar e dicir onde hai máis e onde hai menos.

Pinta o rectángulo onde hai mais

Rodea o número onde hai menos

9. Observar as series e descubrir o criterio das secuencias ( flor vermella, flor azul, flor amarela, flor vermella ). Continuar verbalmente repetindo os elementos para completar a serie.

10.Facer series de tres elementos, por exemplo:• Catro fabas, tres garavanzos, dúas lentellas, catro fabas…• Catro pipas, tres pistachos, dous cacahuetes, catro pipas…

Remata a serie

11. Escoitar a canción “ A horta de Balbina” de María Fumaça. https://www.youtube.com/watch?v=OptIu0jyiIE

12. Buscar o animal que lle come as leitugas a Balbina..

11. Nomear as hortalizas que aparecen na canción “ A horta de Balbina” de María Fumaça. Aquí van algúns exemplos Recorta os nomes e pégaos onde corresponde. Busca nos folletos do supermercado algunha hortaliza que hai na horta de Balbina.

Une coa súa forma.

Pintamos e recordamos os números

12. Actividades de inglés

https://www.youtube.com/watch?v=LeiZGYUwOYQ

https://www.youtube.com/watch?v=LeiZGYUwOYQ

https://www.youtube.com/watch?v=FJqy967xs1c.

top related