13. transportes e comunicacións

Post on 01-Jul-2015

424 Views

Category:

Education

8 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Selección de diapositivas introductorias ao tema dos transportes e comunicacións para 2º curso de bacharelato.

TRANSCRIPT

Ismael Vide GonzálezIES María SoliñoCangas (Pontevedra)

Concepto eutilidade dotransporte

Definición

Permite trasladar algo dun lugar aoutro

Persoas Mercadurías

Sistemas de transporte. Son as formas ou modos nos que se poden realizar os desprazamentos

Articulan o territorio.Canalizando os fluxos de materiais epersoas por uns puntos ou por outros.

Organización

Terrestre Tubaxe Marítimo Aéreo

Tipos

O transporte terrestre

1. O transporte por estrada É o máis importante medio de transporte en España: 90% do tráfico de persoas e 85% de merca- durías.

A rede ten unha estrutura básica radial que conecta Madrid coas principais cidades da periferia.

Ten dous tipos de vías:

1. Rede do Estado (REE). Son Competencia do Mº. de Fo- mento.2. Rede secundaria. Son com- petencia das CC.AA.,Dipu- tacións ou Concellos.

A rede de autoestradas. Na que se realizan fortes investimentos para mellorar os transportes.

O parque de automóbiles está me- drando continuamente. Na actuali- dade hai arredor de 700 vehículos por cada 1000 hab.

O transporte terrestre

2. A rede de ferrocarrís

España ten unha densidade de rede ferroviaria inferior á media europea: 15.000 qm. de rede.

Ten tres anchos de vía: a) vía estreita; b) ancho español; c) ancho europeo.

Dende 1975 realizaronse grandes melloras: renovación do material rodante, modernización de vías, electrificación e desdobramentos.

Dende 1975 realizaronse grandes melloras: renovación do material rodante, modernización de vías, electrificación e desdobramentos.

A maior innovación produciuse en 1991 coa inauguración do AVE Ma- did-Sevilla

Na actualidade estanse facendo grandes inversións en alta veloci- dade, aumentando o nº de liñas.

O AVE chegará a Galicia no 2015 según as previsións gubernamen- tais.

ADIF é o órgano xestor da cons- trucción e mantemento das infra- estruturas.

A modernización actual afecta ta- mén a servizos e material rodante.

O transporte terrestre

3. O transporte por tubaxes

Os produtos transportados son a auga e os hidrocarburos. É o transporte máis barato e rápido.

As redes de transporte de auga, tanto potable como residual son as máis densas de todas.

Os oleodutos transportan petróleo e os gasodutos gás natural. A rede especializase en:

1. Oleodutos para transporte de crús: abastece as refinerías.2. Oleodutos para refinados: dis- tribúe gasolinas, gasóleos e queroxenos de aviación.3. Gasodutos: conéctanse a rede europea e norteafricana distri- buíndo o gas por toda España.

O transporte terrestre

4. A rede eléctrica

É un entramado de cables de 33500 qm. que atravesan o territorio para o transporte da electricidade

Existen diversas empresas de ámbito rexional que xestionan as redes de alta tensión nas diferentes Comunidade Autónomas

Organízase en dous tipos de redes:

1. Rede de alta tension. Conduce a electricida- de desde as centrais productoras ata as sub- estacións transforma- doras e leva unha ten- sión de 110 a 400 kV.

2. Rede de distribución local. Leva a electrici- dade desde as subes- tacións ata os transfor- madores locais, onde é reducida para as viven- das e as industrias.

O transporte marítimo

É o principal medio para transportar mercadorías de gran volume e pesadas a longa distancia: o 70% do co- mercio español.

A rede de portos está formada por arredor de 200,moitos deles son pequenos e adícanse á pesca. Peroexisten 28 que están capacitados para cargar e des-cargar mercadorías ou pasaxeiros, entre eles: Alxe-

ciras, Barcelona, Valencia ou Bilbao.

Ferry Hidroesvarador

Catamarán Trasatlántico

O transporte de viaxeiros a curta distancia realízasepor medio de ferrys, catamaráns ou hidroescorrega-dores. A pasaxe de cruceiros faise en trasatlánticos,que viaxan a longas distancias dende portos comoBarcelona, Vigo, Palma de Mallorca ou Málaga.

O transporte aéreo

Transporte ideal para viaxeiros e mercadorías lixeiras e perecedeiras a media e longa distancia.

A rede de Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA) xestiona 47 aeroportos. Moitos con pouca actividade. Os máis importantes son: Madrid, Barcelona, P. de Mallorca, Málaga, Tenerife...

Nos aeroportos de Madrid e Barcelona predominan os voos regulares, nos demais os charter.

As principais compañías aéreas españolas son:

O cambio máis importate nos últimos anos foia aparición do low cost.

A primacía do avión estase vendo ameazadapola construción das liñas de alta velocida-de ferroviaria.

A rede de transportes no futuro

Integración da rede española coa europea a través dos Pireneos, que presenta dificultades orográficas.

Os pasos de montaña son escasos e estreitos. Só son doados nos extremos: Irún e Portbou

O sistema español está influenciado pola politica común de transportes da Unión Europea

O plano europeo prevé tres conexións internacionais:

1. Eixo Mediterráneo. Por Portbou, ata Alxeciras.2. Eixo Central. Por Candanchú, ata Madrid e Lisboa.3. Eixo Atlántico. Por Irún, ata Valla- dolid e O Porto

Proposta de túnel de 40 qm. para atravesar os Pireneospolo Eixo Central.

As comunicacións

1. Os servizos postais

En España están configurados por dous servizos clave: correos e telégrafos, que son competencia do Estado.

Correos perdeu parte da súa importanciadebido á competencia das empresas pri-vadas de mensaxería e paquetería e ta-men pola aparición das novas tecnolo-xías, que sustituírón servizos que anteseran básicos: transferencias de fondos,

xiros postais...

Telégrafos foi moi importante ata a décadade 1980, pero a partir de aquí as súas fun-

cións foron asumidas polo teléfono, otelex, o telefáx e finalmente polas comu-nicacións por internet, principalmente o

correo electrónico.

As comunicacións

2. As redes telefónicas

O servizo telefónico foi monopolio do Estado ata 1944. A Compañía Telefónica Nacional de España crea- rase en 1924 e hoxe varias compañías se reparten o servizo fixo e móbil.

A telefonía fixa sufriu un leve retroceso coacompetencia da telefonía móbil, pero na ac-tualidade mantense estable, aínda que conbastantes disparidades entre unhas CC.AA

e outras.

A marca Movistar engloba hoxe a telefonía fi-xa e a móbil, aínda que nos inicios era esclu-siva da telefonía móbil, que experimentou ful-gurantes avances tecnolóxicos entre 1983 e aactualidade e estendeuse o seu uso de xeitoincomparable ata acadar a ratio de máis liñas

que habitantes.

As comunicacións

3. Os medios de comunicación de masas

En España os máis importantes son: a prensa, a televisión e a radio.

1. A prensa 2. A televisión 3. A radio

España é un dos últimos paísesde Europa na lectura de prensa,aínda que hai que pensar que operiodismo dixital podería au-

mentar estes datos.

Foi monopolio estatal ata 1990. Naactualidade operan varias cadeas.Con todo, o cambio máis importan-

te produciuse en 2010 coa TDT, que permite a interactividade.

Sufriu unha forte competencia daTV, pero na actualidade ten unhaaudiencia consolidada, xa que as novas tecnoloxías permiten a che-

gada do sinal a todas partes.

As comunicacións

4. Os novos sistemas de comunicación

Internet produciu un cambio extraordinario en todos os sistemas de comunicación.

Permite a transmisión de datos, texto, son imaxe e aplicacións como o teletraballo, ensino a distan- cia e a conexión a redes de investigación.

Ano 2007

O uso de internet non fixo máis que aumentar nosúltimos tempos. Pero existe unha gran diferenciade implantación entre unhas Comunidades Autó-

nomas e outras.

Os servizos de internet máis utilizados son: correo elec-trónico, busca de información, dercarga de arquivos, chat,

compras on-line...

top related