1. carvalho calero semana/5 anos.pdfhorta neste tempo son patacas, tomates, pementos, cenorias,...

Post on 09-Oct-2020

7 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Ola familias, esperamos que vos atopedes ben.

Esta semana está adicada a “GALICIA”

1. Carvalho Calero

É o escritor ó que se lle adican este ano as Letras Galegas. Escribiu un conto para

nenos ¨As pitas baixo a choiva”.

“Moito quería eu os animais.

No curro pasaba unha gran parte do meu tempo ollando para as galiñas. Víaas

escaravellar na terra, en procura de vermes e miñocas. Botáballes o millo. Recollía

os ovos que anunciaban co seu alporizado cacarexar. Cada ave tiña un nome posto

por min, e eran tan estreitas as relacións entre eu e elas, que cheguei a coidar que

nos comunicabamos co pensamento.”

2. Música:

A gaita galega,instrumento antigo e actual

Podemos escoitar a Susana Seivane e a Carlos Núñez, gaiteiros

actuáis e dicir que outros instrumentos acompañan no escenario ós

gaiteiros

- https://youtu.be/631-b07omIU

- https://youtu.be/uJ1ynTMUj0c

Podemos falar tamén doutros instrumentos musicais tradicionais galegos como a

zanfona, as cunchas, o pandeiro, a pandeireta… e escoitar como soa algún como a

zanfona:

- https://youtu.be/-gWtaMAQVSU

- https://pt.slideshare.net/mobile/iesasorey/instrumentos-tradicionais-galegos-

8296195/6?smtNoRedir=1

Podemos facer na casa unha gaita:

- https://www.facebook.com/Gaiterossinfronteras/videos/abraham-cupeiro-do-

conservatorio-de-a-coru%C3%B1a-ensinanos-a-fabricar-gaitas-cunha-

p/239760464060982/

Personaliza cos teus propios debuxos a gaita como Susana Seivane fai cas súas.

3. Hortas galegas

Antes a xente que traballaba no campo vestían o traxe de traballo, que era diferente

ao que usaban cando ían a unha festa.O mesmo sucede agora,se imos ao horto poñemos

unha roupa e se imos de festa poñemos outra. Falar da roupa que poñemos segundo o

lugar ó que imos.

O que plantaban antes e o que seguimos a plantar agora na

horta neste tempo son patacas, tomates, pementos, cenorias,

fabas, leituga, cebolas…plantas que máis tarde nos

proporcionasen alimentos para ensaladas…Conversamos dos

coidados que necesitan (auga,terra e luz do sol)

Os nenos poden axudarnos a elaborar unha ensalada rusa,unha ensalada.

ºTamén poderían plantar unha faba na terra,regala e que lle dé a luz do sol. O que

non poida ,pode poñer a faba nun vaso cun algodón empapado na auga e que lle dé

tamén a luz do sol.

4. Familia

O día 15 é o día da familia.Poden facer un debuxo da familia, poñendo o nome de

cada un .Por detrás do debuxo poden escribir 3 características de cada un (A miña

mamá é alegre, deportista e divertida...)Podedes axudarlles a facer a súa árbore

xeneaolóxica.

5. Lectoescritura

Escoitamos o conto do “rr”:

https://www.youtube.com/watch?v=oZZsEe51-Bo

6. Inglés

https://www.youtube.com/watch?v=WEuu-ZkKnPY

https://www.youtube.com/watch?v=GTQuEZNp5Ds

7. Actividades interactivas

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

top related