almudena fernández fariñaculturagalega.gal/album/docs/09 fernandez.pdf · É un xogo de...

5
nicativa da escritura, coma hoxe a entendemos, era dominio da pintura. En diferentes épocas e lugares utilizáronse pic- tografías que non representaban sons, que non estaban sometidas ao dominio da voz. Na súa prehistoria as letras foron debuxos, tal- vez inspirados por formas e movementos da natureza, talvez impulsados polo pensamento e o sentimento; podían comunicar, non a través da palabra senón a través do impacto visual. Esta independencia dáballe á escritura liberda- de e certa universalidade. Despois (en Occidente), eses sistemas iconográficos evolucionaron cara a escrituras fonéticas cada vez máis dependentes da lingua falada, máis exactas e precisas, algo demasiado atafegante para a expresión plástica. Aí empezou o distanciamento entre pintura e escritura. Tratando de recuperar a vella amizade entre palabras e imaxes, busco a reconciliación nunha configuración da pintura partindo da escritura; así empeza a batalla: A escritura é arrastrada ao puramente pictórico e tratada de forma máis plástica ca lingüística; a cor, as posibilidades gráficas, o espesor do trazo, a superposición… fan irrecoñecíbel a súa mensa- xe, non importa que a lingua sexa a súa materia obrigada e limitada, a pintura lévaa a un espazo onde non é medida polo seu significado. Pero a escritura non é inimigo fácil, xa que per- cibir unha das súas formas, a máis mínima, xa presupón un sentido. Existe un coñecemento mínimo, polo menos do alfabeto, e iso inscribe inevitabelmente nunha sistematicidade. A pintura que se reivindica é, así, presa do sistema que pre- tende eliminar. É un xogo de devolverse continuamente a pelota, unha relación de oposición e exclusión. A escritura non vehicula un discurso, unha idea subxacente que a complete de forma esencial, por iso deixa de ser escritura. Esta invalidez pon en marcha a pintura que se desliza, se reprega sedimentando o sentido. A escritura presa na maleza desvela, ás veces, unha letra illada, un anaco de palabra á que o espectador-lector recorre intentando descifrar se a pintura fala de algo máis que de si mesma. 1998 Da profundidade dos corpos nacen as tensións, as paixóns… todo sobe á superficie, coma burbullas que se transforman en imaxes acústicas e gráficas cando perforan e atravesan a pel da linguaxe. Un texto se superpón a outro, dende a orixe dos tempos, dende a profundidade dos corpos, transparéntanse, confúndense, ocúltanse, des- prázanse, creando superficies onde aparecen e desaparecen, onde todos son visíbeis e ningún descifrábel. Palabras que emerxen á superficie e escapan polos buracos dun tecido formado polo entrela- zado perpetuo de textos. Textos que se deslizan pola superficie sedimentándose, creando un estrato mais unha nova textura. Unha capa tras doutra, un estrato tras doutro, a pel da pintura crece mentres os textos son ente- rrados. 1996 O corpo que escribe A linguaxe disolvida en pin- tura, convertida nun acto de escribir que despra- za todo o sentido da escritura. É o abandono da linguaxe como código regular de comunicación, é a recuperación da exteriorización corporal do dis- curso que non busca a claridade das mensaxes, senón a presenza do corpo do que fala. Unha escritura sometida a leis de fantasía, non a códigos reducionistas de ortografía, sintaxe, caligrafía… buscar así a liberdade de trazar, de soñar, de recordar. Un discurso imaxinario, a utopía da linguaxe; a linguaxe orixinal, exenta de deformación, que non é comprendida pola razón senón polo corpo, polos sentidos. Experimentar unha caligrafía de emocións, unha práctica de expresión que permita pór en cada letra algo máis que a intención de describir, explicar, clarificar. Facer da escritura un acto sen nome, o acto dun corpo entregándose, despregando a súa pro- pia escritura. 1995 Imaxinaría do anAlfabeto É un xogo que parte da letra para descomprimila da palabra, para rexeitar a frase, para non obrigala a representar sons, para desposuíla da pesada roupaxe lingüís- tica, en definitiva, para afastala desa contorna reducida. No espazo pictórico as letras atopan a plastici- dade prohibida ao alfabeto occidental, fanse maleábeis, adquiren vitalidade na súa propia materia gráfica. textos tecidos A dimensión actual do home é o resultado da acumulación de palabras sobre palabras, de textos sobre textos que escriben a historia, e que se sedimentan constituíndo a superficie da linguaxe que envolve a vida e o mundo. Almudena Fernández Fariña Así xira o mundo. Técnica mixta sobre tea. 195 x 195 cm. 2000. Colección privada, Vigo almudena fernández fariña A pintura é un punto de partida para o que pode ser a súa imaxinaría infinita, o desenvolve- mento de formas sen fin. Letras sen compromisos, sen asociacións. Válense por si mesmas, non necesitan alienarse na palabra, nun discurso; acumúlanse, amontó- anse, combínanse para afirmar que poden signifi- car outra cousa, ou non significar nada. 1997 Batalla Houbo un tempo no que non existían diferenzas entre escribir e pintar. A función comu-

Upload: others

Post on 07-Oct-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: almudena fernández fariñaculturagalega.gal/album/docs/09 fernandez.pdf · É un xogo de devolverse continuamente a pelota, unha relación de oposición e exclusión. A escritura

nicativa da escritura, coma hoxe a entendemos,era dominio da pintura.

En diferentes épocas e lugares utilizáronse pic-tografías que non representaban sons, que nonestaban sometidas ao dominio da voz.

Na súa prehistoria as letras foron debuxos, tal-vez inspirados por formas e movementos danatureza, talvez impulsados polo pensamento e osentimento; podían comunicar, non a través dapalabra senón a través do impacto visual.

Esta independencia dáballe á escritura liberda-de e certa universalidade. Despois (en Occidente),eses sistemas iconográficos evolucionaron cara aescrituras fonéticas cada vez máis dependentesda lingua falada, máis exactas e precisas, algodemasiado atafegante para a expresión plástica.

Aí empezou o distanciamento entre pintura eescritura.

Tratando de recuperar a vella amizade entrepalabras e imaxes, busco a reconciliación nunhaconfiguración da pintura partindo da escritura;así empeza a batalla:

A escritura é arrastrada ao puramente pictóricoe tratada de forma máis plástica ca lingüística; acor, as posibilidades gráficas, o espesor do trazo,a superposición… fan irrecoñecíbel a súa mensa-xe, non importa que a lingua sexa a súa materiaobrigada e limitada, a pintura lévaa a un espazoonde non é medida polo seu significado.

Pero a escritura non é inimigo fácil, xa que per-cibir unha das súas formas, a máis mínima, xapresupón un sentido. Existe un coñecementomínimo, polo menos do alfabeto, e iso inscribeinevitabelmente nunha sistematicidade. A pinturaque se reivindica é, así, presa do sistema que pre-tende eliminar.

É un xogo de devolverse continuamente apelota, unha relación de oposición e exclusión.

A escritura non vehicula un discurso, unha ideasubxacente que a complete de forma esencial,por iso deixa de ser escritura. Esta invalidez ponen marcha a pintura que se desliza, se repregasedimentando o sentido.

A escritura presa na maleza desvela, ás veces,unha letra illada, un anaco de palabra á que oespectador-lector recorre intentando descifrar sea pintura fala de algo máis que de si mesma.❚ 1998

Da profundidade dos corpos nacen as tensións, aspaixóns… todo sobe á superficie, coma burbullasque se transforman en imaxes acústicas e gráficascando perforan e atravesan a pel da linguaxe.

Un texto se superpón a outro, dende a orixedos tempos, dende a profundidade dos corpos,transparéntanse, confúndense, ocúltanse, des-prázanse, creando superficies onde aparecen edesaparecen, onde todos son visíbeis e ningúndescifrábel.

Palabras que emerxen á superficie e escapanpolos buracos dun tecido formado polo entrela-zado perpetuo de textos. Textos que se deslizanpola superficie sedimentándose, creando unestrato mais unha nova textura.

Unha capa tras doutra, un estrato tras doutro,a pel da pintura crece mentres os textos son ente-rrados. ❚ 1996

O corpo que escribe A linguaxe disolvida en pin-tura, convertida nun acto de escribir que despra-za todo o sentido da escritura. É o abandono dalinguaxe como código regular de comunicación, éa recuperación da exteriorización corporal do dis-curso que non busca a claridade das mensaxes,senón a presenza do corpo do que fala.

Unha escritura sometida a leis de fantasía, nona códigos reducionistas de ortografía, sintaxe,caligrafía… buscar así a liberdade de trazar, desoñar, de recordar.

Un discurso imaxinario, a utopía da linguaxe; alinguaxe orixinal, exenta de deformación, quenon é comprendida pola razón senón polo corpo,polos sentidos.

Experimentar unha caligrafía de emocións,unha práctica de expresión que permita pór encada letra algo máis que a intención de describir,explicar, clarificar.

Facer da escritura un acto sen nome, o actodun corpo entregándose, despregando a súa pro-pia escritura. ❚ 1995

Imaxinaría do anAlfabeto É un xogo que parteda letra para descomprimila da palabra, pararexeitar a frase, para non obrigala a representarsons, para desposuíla da pesada roupaxe lingüís-tica, en definitiva, para afastala desa contornareducida.

No espazo pictórico as letras atopan a plastici-dade prohibida ao alfabeto occidental, fansemaleábeis, adquiren vitalidade na súa propiamateria gráfica.

textos tecidosA dimensión actual do homeé o resultado da acumulación

de palabras sobre palabras,de textos sobre textos que

escriben a historia, e que sesedimentan constituíndo

a superficie da linguaxe queenvolve a vida e o mundo.

Almudena Fernández Fariña

Así xira o mundo.

Técnica mixta

sobre tea.

195 x 195 cm.

2000.

Colección privada,

Vigo

aallmmuuddeennaa ffeerrnnáánnddeezz ffaarriiññaa

A pintura é un punto de partida para o quepode ser a súa imaxinaría infinita, o desenvolve-mento de formas sen fin.

Letras sen compromisos, sen asociacións.Válense por si mesmas, non necesitan alienarsena palabra, nun discurso; acumúlanse, amontó-anse, combínanse para afirmar que poden signifi-car outra cousa, ou non significar nada. ❚ 1997

Batalla Houbo un tempo no que non existíandiferenzas entre escribir e pintar. A función comu-

Page 2: almudena fernández fariñaculturagalega.gal/album/docs/09 fernandez.pdf · É un xogo de devolverse continuamente a pelota, unha relación de oposición e exclusión. A escritura
Page 3: almudena fernández fariñaculturagalega.gal/album/docs/09 fernandez.pdf · É un xogo de devolverse continuamente a pelota, unha relación de oposición e exclusión. A escritura

As palabras teñen dedos Esta obra é unha pelque non se compón de estratos de células, senónde capas de pintura.

Cada capa despraza á que foi constituída antesque ela, pero non a destrúe, porque cores, sucos,texturas… da capa anterior están presentes nasuperposición cutánea; transparéntanse, coma asveas a través da pel.

Do interno ao máis superficial, cada estrato vaiabrindo paso ao seguinte.

Todas as capas están presentes, todas son fun-damentais para a formación da imaxe externa.

Pintar é formar unha pel cargada de sensaciónsque fagan sentir, unha pel que toque os ollos doespectador: un tacto visual.

As palabras teñen dedos que poden envolver,acariñar, tocar o polo receptor.

Apoian a comunicación, a sublimación táctil coespectador.

As palabras funcionan coma as terminaciónsnerviosas na pel: transmiten rapidamente ao cere-bro as sensacións captadas polo tacto visual.

Palabras na pel dos meus cadros; entre ascapas de pintura, letras que se perden, que recu-pero, aparecen, desaparecen, entre o descifrábel-indescifrábel, que se confunden coa pintura, pro-vocan un esforzo de lectura.

As palabras son un pretexto para atraer a mira-da, a lectura fai que por un instante a pintura (apel) acariñe, envolva, toque os ollos do especta-dor.

Unha lectura de palabras que engancha e levaa outra lectura, a da imaxe, a pintura.

A pintura é un espazo de acción, de gozo, dedesexo, de descarga de emocións, de comunica-ción. É o dialogo entre un corpo e unha tea.

A escritura é razón, reflexión, permite superara individualidade e subxectividade da linguaxepictórica. É un recurso para buscar o diálogocunha mirada. ❚ 1994

Peón branco

xoga e gaña en

11 movementos.

206 x 206 cm.

Mixta sobre tea.

1999

Páxina anterior:

Punto de cangrexo I

Técnica mixta sobre tea. 100 x 100 cm. 2002.

Colección privada, Vigo

Punto de cangrexo II

Técnica mixta sobre tea. 100 x 100 cm. 2002.

Colección privada

intervencións site specificCon estas intervencións, os meus traballos

empezan a tomar unha direccióncontaminada, empezan a esvaecerse oslímites con outras disciplinas; a pintura

busca novas relacións ao introducirse noterreo do deseño, das artes aplicadas e dorepertorio —infinito— da ornamentación.

Almudena Fernández Fariña

É unha pintura que cuestiona as convencións dosoporte, os límites físicos do marco-fiestra (candofalamos de pintura, comunmente imaxinamosese límite físico que nos asoma, ben ao ilusionis-mo renacentista ben ao obxecto autorreferencialdo expresionismo abstracto). A pintura apóiaseno ámbito mural da arquitectura, precisa dacomplicidade co espazo e co contexto onde vaiser proxectada. É unha pintura que trata de rede-finir a súa especificidade reivindicando a posibili-dade de existir e reafirmarse no mesmo lugaronde conflúen outras disciplinas.

A pintura, ademais de cuestionar os límites domarco e apoiarse no ámbito mural da arquitectu-ra, incide na referencia apropiacionista, no recur-so de adquirir un motivo para dialogar coa súamemoria ou para vinculalo ao contexto onde seinscribe.

A apropiación de elementos culturais, de refe-rencias á historia da arte, á ornamentación, áarquitectura, dan paso a lecturas máis ambiguas.

A memoria cultural debátese cunha pinturaque explora, e excede, os límites desa condiciónpotencialmente decorativa á que tivo que enfron-tarse a abstracción dende as súas orixes.

KNOTEN. Galería VGO Vigo, abril/maio 2004Knoten (nó en alemán) é o título duns gravadosde Durero, Sechs Knoten. Son complicadosdeseños de nós pechados que se forman nunhacorda sen fin; a corda podía seguirse dunhapunta á outra, e a súa totalidade xeraba unhafigura redonda.

Os Knoten de Durero eran patróns de encaixe,e suxiren unha aplicación téxtil.

A iconografía de nós e formas entrelazadasaparece tamén en obras de artistas coma Leonar-do e as súas concatenacións.

O propósito das concatenacións era o de servircomo patróns decorativos para artistas doutrosoficios.

Na exposición Knoten aprópiome de patrónsde nós: estes elementos simples convértese nunmódulo que, ao repetirse e virar seguindo princi-pios utilizados en ornamentación e estampaxe(principios de simetría, rotación e repetición siste-matizada), dan lugar a un tecido de nós entrela-zados e continuos.

Page 4: almudena fernández fariñaculturagalega.gal/album/docs/09 fernandez.pdf · É un xogo de devolverse continuamente a pelota, unha relación de oposición e exclusión. A escritura

Con estes principios realizo, no estudio, unhaserie de cadros concibidos para que, unha vezsituados na galería, pareza que os motivos conti-núan repetíndose fóra das marxes do bastidor,multiplicándose, rotando, encadeándose uns cosoutros, seguindo a lóxica repetitiva e seriada.

Os motivos e as cores dos cadros crecen inva-dindo os muros, tapizando e atando o espazo dagalería.

A pintura expándese fóra das marxes do basti-dor, do marco do cadro; o marco pasa a ser o daarquitectura.

Os cadros funcionan coma un módulo máisintegrado en todo o conxunto, funcionan comaelementos extraíbeis do muro. Poderían ser arti-culados noutras composicións, con outros esque-mas de repetición e movemento.

Os cadros están pintados sobre PVC enteado.Interésame conxugar o uso de materiais de aspec-to industrial cun proceso manual e laborioso.Cheguei a este soporte buscando cadros coaspecto dunha superficie lisa, aceirada e brillantecoma a dun pavimento de azulexos.

A pintura crea un tecido envolvente, unha pelde pintura que, ao ser percorrida, se ve interrom-pida, contaminada pola materialidade dos cadrospintados en PVC.

A pintura fóra do marco, a materialidade doscadros, o colorido, unido ao enfoque xeométricobaseado en patróns que se repiten, son aspectosque disipan os límites da pintura para fundirse conoutras disciplinas, coa instalación, co deseño…mesmo con aquelas que desafían o que constitúeo concepto de obra de arte, ornamentación,decoración ou téxtiles.

LATITUDES II: Mural Decó e Pavimento Pintu-ra. Café Moderno, Pontevedra, 2004 As inter-vencións MURAL DECÓ e PAVIMENTO PINTURA presén-tanse na exposición Latitudes II: Pintura-expan-sión, dentro do ciclo Latitudes, comisariado porXose Manuel Lens e programado pola FundaciónCaixa Galicia.

MURAL DECÓ e PAVIMENTO PINTURA foron dúasintervencións proxectadas especificamente paraos espazos da sede que a Fundación Caixa Galiciaten en Pontevedra, o Café Moderno.

Mural Decó O pretexto do mural nace da obser-vación das peculiaridades do edificio que alberga aexposición, unha construción de estilo modernista.

O Café Moderno presenta un amplo repertorioornamental: os estucados dos teitos, a marqueta-

ría, a forxa dos balcóns, os cris-tais decorados, os motivos pin-tados nas paredes...

Un motivo ornamental decó,que decora unha das estanciasprivadas, convértese no ele-mento patrón que, multiplica-do, virado e seriado, invadirátodas as paredes dunha dassalas.

A apropiación, neste caso, éun exercicio de relación colugar, un vínculo coa memoriado edificio.

A pintura mural combínasecon soportes de PVC, nos quese reproduce en impresión dixi-tal a forma e a cor do mesmomotivo, unha mestizaxe daimaxe industrial (impresa) coamanufacturada (pintada).

Os cadros de PVC interrom-pen a pintura mural e, aomesmo tempo, camúflanse,obrigan ao espectador a perco-rrer a pintura buscando eseselementos alleos ao muro.

Pavimento Pintura Esta inter-vención foi pensada para oespazo onde a Fundación CaixaGalicia exhibe, de forma per-manente, a obra de Laxeiro Afonte da vida, que forma parteda colección.

Do cadro do mestre galegoextraio o módulo/patrón, unretallo de cadro que, sometidoás mesmas claves de multiplica-ción e rotación que as definidasno mural decó, emprego pararealizar un pavimento: un viniloimpreso cun fragmento do

Telar de Aracne.

Centro Torrente

Ballester. Ferrol.

Instalación. 2002

Knoten.

Galería VGO.

Vigo. Instalación.

2004

Mural decó.

Latitudes II.

Café Moderno.

Pontevedra.

Instalación.

2004

Page 5: almudena fernández fariñaculturagalega.gal/album/docs/09 fernandez.pdf · É un xogo de devolverse continuamente a pelota, unha relación de oposición e exclusión. A escritura

cadro tapiza todo o chan doespazo.

Ademais da apropiacióncomo exercicio de diálogo coamemoria do lugar, trato defacer do pictórico un elementodeseñado, funcional, que inter-acciona coa arquitectura edepende dela.

A pintura atopa un novoemprazamento; fóra do muroconvértese en algo funcional,nun elemento deseñado, queesixe do espectador o seu uso:ser pisada, percorrida, e nonunha mirada frontal.

HOLAMBRILLA. Bienal dePontevedra 2004. Pazo daCultura, Pontevedra Para aintervención que presento nabienal aprópiome dun elementodecorativo: o motivo dun azule-xo do século XV que pertence ácolección do Museo de Ponteve-dra. Tomando ese motivo comopatrón e seguindo un esquema compositivo demultiplicación, repetición sistematizada e simetría,xérase un campo de entrelazados continuos, liñasque volven sobre si mesmas. Unha trama quecobre a superficie do muro e que podería crecerinfinitamente de non estar contida nas liñas daarquitectura.

A continuidade dos trazos entrelazados des-centraliza a mirada; invita, como un cadro allover, a seguir diferentes camiños sen centrarsenun único punto de vista. A pintura tapiza oespazo, envolve o espectador, faille tomar con-ciencia da súa relación co espazo.

O motivo e a composición —baseada na clona-ción e a simetría— remítennos á arte árabe, e acor suxestiva, á decoración.

A pintura móvese entre dous polos, entre onarrativo e o ornamental.

PINTURA HABITAT. Galería Astarté, Madrid,2005 A iconografía desta exposición parte depatróns de nós; elementos simples convertidos

nun módulo que, ao repetirse e virar seguindoprincipios de simetría, rotación, e repetición siste-matizada (principios utilizados en ornamentacióne estampaxe), dan lugar a tecidos de nós entrela-zados.

Nós que se encadean seguindo unha lóxicarepetitiva e seriada multiplícanse fóra das marxesdo bastidor, medran invadindo os muros, e, agoratamén, tapizando obxectos.

A disposición espacial da galería, coma unhavivenda, é aproveitada para crear diferentesambientes en cada estancia. Os obxectos e oscadros, a pintura, distribúense en cada espazosuxerindo ao espectador un uso.

A pintura, ademais de cuestionar os límites domarco e de dialogar co espazo, agora esixe serhabitada: un valor funcional que desafía o con-cepto tradicional da pintura como obxecto con-templativo.

A pintura levada a un soporte de PVC combí-nase coa reprodución en impresión dixital dosmesmos motivos, o que crea unha mestizaxe daimaxe industrial coa manufacturada.

A pintura expandida, os obxectos, a materiali-dade dos cadros, as compo-sicións baseadas en patrónsque se repiten, son aspec-tos que se introducen noterreo doutras disciplinas:instalación, deseño, artesaplicadas, ornamenta-ción… Unha experienciaque explora e desafía oslímites desa condiciónpotencialmente decorativaá que tradicionalmente tivoque enfrontarse a pintura. ❚

Texto expandido.

Medidas

variábeis.

Sky Shout.

Auditorio de

Galicia.

1995-2005

Textos pracer e

goce. Medidas

variábeis. Entre a

palabra e a

imaxe. Fundación

Luís Seoane.

2006

Almudena Fernández Fariña

(Vigo, 1970)

Licenciada en Belas Artes en 1995. Facul-

tade de Pontevedra. Universidade de Vigo.

Profesora na Facultade de Belas Artes de

Pontevedra, Universidade de Vigo. Pre-

mios e bolsas: 2001/2002: Bolsa

POLLOCK-KRASNER Foundation, Nova

York. 2000: Premio L’OREAL, Madrid. 1996:

Premio Francisco de Goya, Villa de Madrid.

1994-95: Bolsa Novos Valores, Deputación

Provincial de Pontevedra. Exposicións

individuais: 2005: Galería Astarté,

Madrid. 2004-05: Latitudes II. Pintura-

expansión (exposición itinerante, xunto a

Álvaro Negro), Fundación Caixa Galicia.

2004: Galería VGO. 2002: Miradas Virxes,

Centro Torrente Ballester, Ferrol. 2001:

Galería Arte Periférica, Lisboa. 1998: Gale-

ría SCQ. 2000: Caja Madrid, Espacio para

Arte. 1996: Galería Sargadelos. Exposi-

cións colectivas (selección): 2006-07:

Entre a palabra e a imaxe, Fundación Luís

Seoane, Museo da Cidade en Lisboa e

Centro Cultural Vila Flor en Guimarães.

2006: Accións Estratéxicas, Colexio Fonse-

ca, Compostela. 2005: Sky Shout, Audito-

rio de Galicia, Compostela. 2006, 2005,

2004, 2002 e 2000: ARCO Feria Internacio-

nal de Arte Contemporáneo; Desvelos e

Vixilias, Pazo da Cultura, Pontevedra.

2001, 1999, 1997, 1994 e 1993: I, II, III, IV

e V Bienal de Lalín. 2000: Generación

2000, Caja Madrid. 1999: Bolseiros da

Fundación Caixa Galicia, A Coruña, Vigo e

Lugo; Novos Camiñantes, Pazo da Cultura,

Pontevedra. 1991: Casa das Artes, Vigo.

1999, 1997 e 1995: IV, V, VI Mostra Unión

Fenosa. 1998: VIII Bienal de Oviedo,

Museo Municipal, Oviedo. 1998: Galicia

Hoxe - Galicia Terra Única, A Coruña.

1997: Bienal de Mulleres Alecrín, Vigo.

1994: Novos Valores, Pontevedra; 30 Anos

no 2000. Artistas Galegos para un Cambio

de Milenio, Auditorio de Galicia. 1993:

Insinuacións, Facultade de Belas Artes de

Pontevedra.