alberto núñez feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega
DESCRIPTION
A lexislatura do goberno do PP na Xunta de Galiza con Feijóo como presidente caracterizouse polo desprezo e contínuos ataques á lingua galega, levados a cabo desde o propio goberno galego contra a lingua que ten a obriga legal de protexer e promocionar.TRANSCRIPT
![Page 1: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/1.jpg)
A lexislatura do goberno do PP na Xunta de Galiza con Feijoo como presidente caracterizouse polo desprezo e contínuos ataques á lingua galega levados a cabo desde o propio goberno galego contra a lingua que ten a obriga legal de protexer e promocionar.
Feijoo pasará á historia como o primeiro presidente da Xunta de Galiza que lexislou contra o uso e dereitos do galego.
![Page 2: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/2.jpg)
Feijoo traballou arreo na desgaleguización do noso país artellando un plan de exterminio da lingua galega para acelerar aínda máis o proceso de substitución do galego polo español, aldraxando continuamente ao pobo galego e a súa lingua.
![Page 3: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/3.jpg)
Durante os 3 anos e medio de goberno do PP na Xunta de Galiza, non se conseguiu nin un só adianto para o galego. Pola contra, Feijoo, servo da caverna españolista, empregouse a fondo para atacar ao galego e destruír a súa oficialidade.
![Page 4: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/4.jpg)
Eliminou as Galescolas, desposuíndo así a Galiza dunha rede de ensino infantil na lingua propia do país.
![Page 5: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/5.jpg)
Aprobou un decretazo contra o galego reducindo, aínda máis, a presenza do galego na escola. O galego é o único idioma que ten prohibido o seu uso en determinadas materias de ensino.
![Page 6: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/6.jpg)
Prohibiu que física, matemáticas, química, tecnoloxía, informática poidan ser impartidas en lingua galega. Traslada a mensaxe ao pobo de que a nosa lingua “non vale” para as ciencias e tecnoloxías.
![Page 7: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/7.jpg)
O PP na Xunta adquiriu unha aplicación informática, para un organismo totalmente desgaleguizado como é a administración de xustiza, que impide usar o galego.
O galego tampouco lles vale para a xustiza!
![Page 8: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/8.jpg)
Modificou a Lei da Función Pública Galega para que as/os empregadas/os públicos non teñan a obriga de demostrar o coñecemento do galego.
Como se garante o noso dereito a sermos atendidos en galego se non é obrigatorio o seu coñecemento?
![Page 9: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/9.jpg)
Feijoo axfisiou aos medios de comunicación impresos que usaban o galego (Xornal.com, Galicia Hoxe, A Nosa Terra...) até facelos desaparecer por falta de axudas públicas...agás ao xornal conservador “La Voz de Galicia”, a quen inxecta suculentas cantidades de cartos públicos sen facer uso do galego.
![Page 10: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/10.jpg)
Tirou ao lixo milleiros de libros de texto valorados en 3,8 millóns € polo “gran delito” de estaren escritos en lingua galega!
![Page 11: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/11.jpg)
Feijoo ameaza con derrogar a Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade no Parlamento Galego hai 30 anos. Quere que os nosos nomes de lugar deixen de ter como única forma oficial a galega e volver á toponímia franquista (Arteijo, Puentearenas, Rianjo, Puertosín, Chandreja de Queija...)
![Page 12: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/12.jpg)
Deturpan barbaramente a nosa toponímia. O Conselleiro de Cultura Roberto Varela, pronunciou publicamente en FITUR (Madrid) “Desván de los Monjes” e “Toro” para se referir ás nosas vilas de “Sobrado dos Monxes” e “Touro”.
Tampoco os nomes das nosas vilas lles valen!
![Page 13: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/13.jpg)
En febreiro de 2009, representantes do PP (Carlos Negreira, Alfonso Rueda, Corina Porro...) percorreron as rúas compostelás xunto a Galicia Bilingüe, Falange Auténtica, Víctimas del Terrorismo...nunha penosa e
vergoñenta manifestación de odio e racismo lingüístico onde se corearon frases contra a lingua galega.
![Page 14: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/14.jpg)
De maior gravidade, se cabe, foi cuestionar mediante a censura de textos escolares, que o galego é a lingua propia de Galiza!
![Page 15: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/15.jpg)
O desprezo do PP pola nosa lingua é tal que Feijoo non tivo ningún tipo de reparos en burlarse dun dos grandes símbolos da nosa identidade nacional, Castelao, traducindo ao español no Parlamento Galego o famoso discurso “Alba de Groria” que Castelao pronunciou no exilio.
![Page 16: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/16.jpg)
O PP continúa reproducindo o esquema de autoodio que ao pobo galego lle foron inculcando historicamente os seus antecesores ideolóxicos e que Castelao denunciaba en
“Sempre en Galiza”:
“Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e falar castelán era falar ben”.
![Page 17: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/17.jpg)
Mais a galegofobia non poderá con nós. A Mesa pola Normalización Lingüística, símbolo e orgullo dun pobo que non se resigna a que a nosa lingua sexa ninguneada, é a maior asociación cultural do país e desenvolve un traballo firme, inquebrantábel e continuado na defensa da lingua desde hai máis de 25 anos.
![Page 18: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/18.jpg)
Como resposta ás medidas regresivas que no ámbito da lingua e da cultura estaba a aplicar o goberno de Feijoo, A Mesa impulsou a plataforma unitaria Queremos Galego, formada por máis de 700 entidades de todo tipo coa vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego.
![Page 19: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/19.jpg)
A convocatoria de Queremos Galego o 18 outubro de 2009 supuxo a maior manifestación na defensa do galego e unha das maiores mobilizacións de toda a historia de Galiza reunindo a máis de
100.000 persoas.
![Page 20: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/20.jpg)
Movámonos a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa ás galegas e aos galegos no mundo no mesmo nivel que ás outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua.
Non permitiremos que o PP continúe lexislando contra a lingua galega, desprotexendo os nosos dereitos lingüísticos ou cuestionando consensos básicos arredor do idioma, que tanto traballo custou construír.
![Page 21: Alberto Núñez Feijóo converteuse no maior inimigo da lingua galega](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022081508/5560b86ed8b42afe3b8b4c1d/html5/thumbnails/21.jpg)
Continuemos loitando polos nosos dereitos lingüísticos que como pobo nos corresponden, polo dereito básico de podermos vivir en galego na nosa propia terra. E ese día non ha tardar en chegar, pois como ben dixo o noso gran poeta nacional, Uxío Novoneyra:
A FORZA DO NOSO AMOR NON PODE SER INÚTIL.