actualización de la guia de creación de rss para pinterest
DESCRIPTION
Los cambios en las redes sociales Pinterest y Diigo nos obligan a modificar nuestro modo de trabajar para poder seguir ofreciendo suscripciones a cada una de las materias a traves de rssTRANSCRIPT
Actualización da guía para crear
canles RSS cos taboleiros de Pinterest
(v2. Decembro 2014)
Jesús Torres Junquera
Grupo 2.0 Biblioteca Universitaria
Como xa teredes advertido, as novas políticas de Pinterest e Diigo trocaron, e imposibilitan a
finalidade do traballo que estábamos a realizar, polo que imos ter que realizar unhas pequenas
modificacións para seguir axústandonos ao plan que tiñamos previsto.
1. PINTEREST
Dende fai un par de meses, Pinterest non deixa que os usuarios que non estén rexistrados
accedan á totalidade do contido dos taboleiros, nin aos vínculos ao catálogo que xerabamos.
Somos moitos xa os bibliotecarios “pinteresantes” que nos puxemos dacordo pola rede para
facerlle ver a Pinterest a nosa postura, moi ben resumida por Natalia Arroyo nesta entrada e
que vos convido a asignar:
http://biblioblog.org/2014/11/06/quiero-que-mis-contenidos-en-pinterest-sean-publicos-otra-
vez/
Así é como ven os usuarios non rexistrados os taboleiros.
Nós imos a seguir traballando con Pinterest, facéndoo do mismo xeito que ata agora. Cada
dous meses aproximadamente, esta rede social sufre actualizacións con cambios notables, así
que seguiremos traballando con ela confiando en que as nosas protestas sexan escoitadas.
O que vai a cambiar no noso xeito de proceder vai a ser con Diigo, unha vez que xa teñamos o
traballo en Pinterest rematado. Verémolo no seguinte apartado.
2. DiiGO
Esta ferramenta tamén sufríu alguna modificación que altera non moi significativamente o
noso traballo. Como veíamos no apartado anterior, os usuarios non rexistrados en Pinterest
non van a poder acceder aos vínculos que xeramos ao noso catálogo, co cal (E MENTRES
PINTEREST NON TROQUE A SÚA POLÍTICA – Teredes novas cando voltemos ao procedemento
anterior), en lugar de “diigolear” as capturas de pantalla dende Pinterest, farémolo dende o
catálogo directamente. Imos cun exemplo:
- Tras subir o libro a Pinterest e enlázalo a Iacobus como sempre
- Accedemos ao seu rexistro en Iacobus
- E procedemos a “diigolear” esta pantalla
- Agora ven un cambio co que viñamos facendo: En Diigo non se poden ver xa as listas
que tiñamos feitas, ás que engadíamos as pantallas que capturábamos, recordades?
- Co cal imos a ter que crear unha etiqueta (tag) para cada unha das listas (ou o que é o
mesmo, para cada un dos taboleiros do Pinterest), é decir, si eu teño un taboleiro en
Pinterest e unha lista en Diigo que se chama “PE1 – Psiquiatría e Psicopatoloxía”
crearei unha etiqueta co mesmo nome, e o mesmo para o resto dos taboleiros/listas
de Diigo.
- Para facelo, cando imos a capturar a pantalla con Diigo, tal e como se facíamos na
imaxe anterior, en lugar de “Engadir a unha lista/Add to a list”, imos a crear unha
etiqueta (tag) co nome do taboleiro de Pinterest correspondente, no meu exemplo
“Biblioteca Herminio Barreiro”. É moi importante que as etiquetas vaian
entrecomiñadas para que soamente se xere unha etiqueta: se quero facer unha
etiqueta que se chame “Química básica” e non lle poño comiñas, o que faría sería
dous etiquetas distintas (“Química” e “básica”).
E canto vos acostumedes veredes que é un cambio mínimo, pero básico para o obxectivo que
lle queremos dar ó uso de Diigo: que é que os nosos usuarios poidan suscribirse mediante rss
soamente ás materias que lle interesan. Actualmente Diigo soamente permite xerar esos fíos a
partires das etiquetas, non das listas, como sucedía ata agora, esa é a razón de ser desta nova
guía.