activámonos valores suxestións · 2020. 4. 17. · aprendizaxe cooperativa 2. i g proponse...

4
96 Unidade 5 1 Como son o aire, a auga e o chan? Que está tocando a pel de Ismael? Explica que choca coas súas pernas. Que roza o resto do seu corpo? 1 Quen necesita auga e aire para vivir? Rodea e corrixe cos teus compañeiros. 2 I G Marca as oracións correctas. A auga é azul e o aire é verde. A auga non ten olor nin sabor. No chan hai rochas, area e herba. 3 www COMPRENDEMOS ACTIVÁMONOS 78 setenta e oito O coidado do aire e da auga Interactivo para identificar accións que contaminan o aire e a auga. Activámonos 1. Esta activación permite comprobar se os nenos, par- tindo dunha situación familiar, identifican a auga e, especialmente, o aire, como os elementos que están en contacto coa pel de Ismael. Introducir os alum- nos na reflexión sobre que todo o que rodea as súas vidas está dentro da atmosfera, que nela se encontra o aire que respiran e que á vez os protexe do espazo. Suxestións 3. Para traballar a observación de rochas e minerais, saír cos alumnos ao patio ou a algún lugar próximo onde haxa unha extensión de terra e pedirlles que se fixen en como é o solo. Despois, pedirlles que remo- van un pouco a area da superficie. Como é esa area: fina, grosa? Ten toda a mesma cor ou cada gran é diferente? A continuación, pedirlles que escarben un pouco máis ata chegar a unha zona máis dura. Que lle pasa ao solo cando está máis profundo? Chega- ron a unha rocha? Valores 1. Pódese aproveitar a ilustración desta primeira activi- dade tamén para iniciar un diálogo cos alumnos so- bre hábitos saudables, concretamente sobre a im- portancia de protexerse da exposición solar. Pódeselles pedir que identifiquen na imaxe as dife- rentes formas nas que os personaxes se protexen do sol (a camiseta do irmán de Ismael, os sombreiros, o parasol, etc.) e preguntarlles por outras formas que coñezan de protección, facendo fincapé na súa im- portancia. Un, dous e/ou catro Titorial para que esta técnica se desenvolva con éxito na aula. Hai unha versión para o alumno.

Upload: others

Post on 02-Oct-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Activámonos Valores Suxestións · 2020. 4. 17. · Aprendizaxe cooperativa 2. I G Proponse realizar esta actividade coa técnica cooperativa Un, dous e/ou catro (ver guía Aprendi-zaxe

96 Unidade 5

1 Como son o aire, a auga e o chan?

Que está tocando a pel de Ismael? Explica que choca coas súas pernas. Que roza o resto do seu corpo?

1

Quen necesita auga e aire para vivir? Rodea e corrixe cos teus compañeiros.2 I G

Marca as oracións correctas.

A auga é azul e o aire é verde.

A auga non ten olor nin sabor.

No chan hai rochas, area e herba.

3

www COMPRENDEMOS

ACTIVÁMONOS

78 setenta e oito

O coidado do aire e da augaInteractivo para identificar accións que contaminan o aire e a auga.

Activámonos1. Esta activación permite comprobar se os nenos, par-

tindo dunha situación familiar, identifican a auga e, especialmente, o aire, como os elementos que están en contacto coa pel de Ismael. Introducir os alum-nos na reflexión sobre que todo o que rodea as súas vidas está dentro da atmosfera, que nela se encontra o aire que respiran e que á vez os protexe do espazo.

Suxestións3. Para traballar a observación de rochas e minerais,

saír cos alumnos ao patio ou a algún lugar próximo onde haxa unha extensión de terra e pedirlles que se fixen en como é o solo. Despois, pedirlles que remo-van un pouco a area da superficie. Como é esa area: fina, grosa? Ten toda a mesma cor ou cada gran é

diferente? A continuación, pedirlles que escarben un pouco máis ata chegar a unha zona máis dura. Que lle pasa ao solo cando está máis profundo? Chega-ron a unha rocha?

Valores1. Pódese aproveitar a ilustración desta primeira activi-

dade tamén para iniciar un diálogo cos alumnos so-bre hábitos saudables, concretamente sobre a im-portancia de protexerse da exposición solar. Pódeselles pedir que identifiquen na imaxe as dife-rentes formas nas que os personaxes se protexen do sol (a camiseta do irmán de Ismael, os sombreiros, o parasol, etc.) e preguntarlles por outras formas que coñezan de protección, facendo fincapé na súa im-portancia.

Un, dous e/ou catroTitorial para que esta técnica se desenvolva con éxito na aula. Hai unha versión para o alumno.

Page 2: Activámonos Valores Suxestións · 2020. 4. 17. · Aprendizaxe cooperativa 2. I G Proponse realizar esta actividade coa técnica cooperativa Un, dous e/ou catro (ver guía Aprendi-zaxe

Unidade 5 97

Unidade 5

Que accións contaminan o aire? E a auga? Colorea segundo o código.

contamina o aire contamina a auga

5

Todos os seres vivos necesitamos auga e aire para vivir. A auga e o aire non teñen cor, olor, sabor nin forma. No chan hai rochas, area e herba.

Observa e completa.4

Que fas para aforrar auga? Pregunta na casa e coméntao na clase cos teus compañeiros.

6

A e o toman

a do recipiente no que están.

auga

aire

forma

APLICAMOS

79setenta e nove

auga aire

forma

5 e 6. Ao longo de toda a sesión, pero especialmente coas actividades finais, pódese traballar tamén o va-lor arredor do que xira a unidade: a sustentabilida-de, en concreto a importancia de evitar a contami-nación da auga e do aire, e de protexer e coidar o medio natural.

Aprendizaxe cooperativa2. I G Proponse realizar esta actividade coa técnica

cooperativa Un, dous e/ou catro (ver guía Aprendi-zaxe cooperativa e o tarxetón desta técnica). Pode-rán realizar a actividade individualmente, pero dáse-lles a oportunidade de contrastar e corrixir en equipo as súas respostas. Desta forma, asegúrase que non pasen por alto algún dos elementos que deben rodear e todos lle saquen así máis partido a esta actividade.

Recorda que dentro da Barra de ferramentas coope-rativas dispós de cinco vídeos con consellos e varias ferramentas (cronómetro, conta atrás, sinais de atención, etc.) que poden axudarche no traballo cooperativo.

Que forma teñen o aire e a auga?Vídeo con experimento para traballar

visualmente os coñecementos sobre a forma da auga e o aire.

A contaminaciónFicha para afondar nos coñecementos

sobre a contaminación do aire e da auga, e as accións para evitala.

Page 3: Activámonos Valores Suxestións · 2020. 4. 17. · Aprendizaxe cooperativa 2. I G Proponse realizar esta actividade coa técnica cooperativa Un, dous e/ou catro (ver guía Aprendi-zaxe

98 Unidade 5

2 A auga na natureza

Onde hai auga nesta escena?1

Como podemos ver a auga na natureza? Rodea segundo o código.

líquida en vapor sólida

2

Colorea as frechas segundo corresponda.3 G I

A auga evapórase coa calor e fórmanse as nubes.

A auga das nubes arrefría e cae en forma de neve, de sarabia ou de choiva.

www COMPRENDEMOS

ACTIVÁMONOS

80 oitenta

Como se forma a néboaVídeo con experimento sobre a formación deste fenómeno atmosférico.

Activámonos1. Con esta actividade preténdese activar os coñece-

mentos previos dos alumnos sobre a auga nas súas diferentes formas e estados. Probablemente non lles dean nome ou non sexan conscientes de que os co-ñecen, pero todos poderán recoñecer algunha for-ma de auga na ilustración. Por iso será interesante que entre todos vaian dicindo os lugares onde po-den vela, ata detectar todos os posibles. A auga lí-quida é doada de recoñecer, excepto no caso quizais das nubes, pero seguramente necesitarán máis axu-da coa neve e o xeo, e especialmente co vapor. Se ao final logran identificar todas as formas de auga desta imaxe, resultaralles moito máis doado enfrontarse ao resto de actividades da sesión e ao concepto dos estados da auga.

Aprendizaxe cooperativa3. G I Para asegurarse de que todos os alumnos

comprenden que é o que teñen que facer nesta ac-tividade, recoméndase aplicar a técnica cooperativa Lapis ao centro (ver guía Aprendizaxe cooperativa e o tarxetón desta técnica). Debido á dificultade que supón interpretar o gráfico e o ciclo da auga, é pre-ferible que pensen a resposta en equipo para que teñan máis seguridade á hora de realizar a actividade cada un no seu libro.

Lapis ao centroTitorial para que esta técnica se desenvolva con éxito na aula. Hai unha versión para o alumno.

Page 4: Activámonos Valores Suxestións · 2020. 4. 17. · Aprendizaxe cooperativa 2. I G Proponse realizar esta actividade coa técnica cooperativa Un, dous e/ou catro (ver guía Aprendi-zaxe

Unidade 5 99

Unidade 5

A auga na natureza está presente nos mares e océanos, nos ríos, nos lagos e mais nas augas subterráneas.

Onde atopamos auga na natureza? Escribe.4

Bañácheste nalgunha ocasión no mar? E nun río? Conta como é a auga en cada caso.

5

mares lagos subterráneasríos

APLICAMOS

81oitenta e un

lago∫

mare∫

subterránea∫

río∫

Onde hai auga?Interactivo con actividades para traballar

as diferentes masas de auga que se encontran na natureza.

Aprender a pensar Ao finalizar o estudo das diferentes masas de auga, pódese apli-car a estratexia Que pasaría se... (ver guía Aprender a pensar e o tarxetón desta estratexia) para que os alumnos reflexionen sobre a escaseza de auga e sobre que sucedería se faltase este recurso.

ValoresA raíz desta reflexión, pódese fomentar o diálogo e a toma de con-ciencia dos alumnos sobre o valor arredor do que xira a unidade: a sustentabilidade, en concreto sobre a importancia de valorar e protexer os recursos hídricos, de coidar os ríos e os mares como fonte imprescindible de vida e, polo tanto, a necesidade de evitar a súa contaminación e favorecer a súa conservación e limpeza.