actividades aparello circulatorio excretor solucions 2015

9
NOME : ......................................................................................................... ACTIVIDADES UNIDADE 5 APARELLO CIRCULATORO E EXCRETOR 1 Completa as seguintes frases : 1. O conxunto de líquidos extracelulares que se encontran no interior dun organismo denomínase ...medio... ....interno.. 2. O medio líquido que se atopa entre os espazos das células é o ...plasma intersticial.. , a súa renovación realízase grazas a circulación continua do ..sangue................... 3. O medio interno está formado principalmente por ..... plasma intersticial.., ...sangue.. e .....linfa..... 4. O mantemento das propiedades do medio interno chámase .......homeostase..... 5. O sangue está constituído por unha parte líquida chamada ..... plasma...... na que se atopan 3 tipos de células; ...eritrocitos. , .leucocitos..... e .....plaquetas....... 6. No ...plasma.......do sangue atopamos disolutos varios tipos de moléculas: sales minerais, nutrientes, ....gases...., proteínas e hormonas 7. O plasma sen as proteínas responsables da coagulación do sangue denomínase ...soro sanguíneo..... 8. Os ..eritrocitos...conteñen .....hemoglobina..., pigmento vermello responsable da cor do sangue, en cuxa composición hai ..ferro... 9. Os fragmentos de células que conteñen substancias que permiten a coagulación do sangue son ..plaquetas.... 10. As células sanguíneas fórmanse na ..medula ósea... (busca a información) 11. A parede de tecido muscular do corazón chámase ......miocardio. 12. o corazón está recuberto no exterior por unha dobre membrana chamada .........pericardio...... (busca a información) 13. O corazón esta dividido en 2 cámaras superiores de pequeno tamaño:. aurículas...... , e 2 inferiores de maior tamaño: .....ventrículos........... 14. Ás aurículas chegan as ........veas............. e dos ventrículos parten as .........arterias......... (nome dos vasos sanguíneos) 15. A contracción cardíaca chámase sístole e a dilatación .....diástole....... 16. A principal arteria do noso corpo é ...........a aorta............... 17. A metade do corazón mais desenvolvida é ..... esquerda......... debido a que ten que bombear o sangue a ......todo o corpo........ 18. O corazón para nutrir as súas células posúe un sistema propio de arterias chamadas.....coronarias....... 19. Cando unha válvula non cerra ben o sangue pode retornar de novo ao corazón producindo un ruído coñecido como .......sopro....... 20. Para escoitar o latexo do corazón úsase un instrumento chamado ..... fonendoscopio/ estetoscopio.. 21. Dicimos que a circulación sanguínea humana é ......dobre........ e ...completa....... 2 – Nomea 5 funcións do sangue: Nutrición Respiración Excreción Defensa Regulador da Tª Transmitir información mediante hormonas

Upload: david-casado-bravo

Post on 14-Apr-2017

896 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Actividades aparello circulatorio excretor solucions 2015

NOME : .........................................................................................................

ACTIVIDADES UNIDADE 5 APARELLO CIRCULATORO E EXCRETOR

1 Completa as seguintes frases :1. O conxunto de líquidos extracelulares que se encontran no interior dun organismo

denomínase ...medio... ....interno..2. O medio líquido que se atopa entre os espazos das células é o ...plasma intersticial.. ,

a súa renovación realízase grazas a circulación continua do ..sangue...................3. O medio interno está formado principalmente por .....plasma intersticial.., ...sangue.. e

.....linfa.....4. O mantemento das propiedades do medio interno chámase .......homeostase.....5. O sangue está constituído por unha parte líquida chamada .....plasma...... na que se

atopan 3 tipos de células; ...eritrocitos. , .leucocitos..... e .....plaquetas.......6. No ...plasma.......do sangue atopamos disolutos varios tipos de moléculas: sales

minerais, nutrientes, ....gases...., proteínas e hormonas7. O plasma sen as proteínas responsables da coagulación do sangue

denomínase ...soro sanguíneo.....8. Os ..eritrocitos...conteñen .....hemoglobina..., pigmento vermello responsable da cor

do sangue, en cuxa composición hai ..ferro...9. Os fragmentos de células que conteñen substancias que permiten a coagulación do

sangue son ..plaquetas....10. As células sanguíneas fórmanse na ..medula ósea... (busca a información)11. A parede de tecido muscular do corazón chámase ......miocardio.12. o corazón está recuberto no exterior por unha dobre membrana

chamada .........pericardio...... (busca a información)13. O corazón esta dividido en 2 cámaras superiores de pequeno tamaño:.aurículas...... ,

e 2 inferiores de maior tamaño: .....ventrículos...........14. Ás aurículas chegan as ........veas............. e dos ventrículos parten

as .........arterias......... (nome dos vasos sanguíneos)15. A contracción cardíaca chámase sístole e a dilatación .....diástole.......16. A principal arteria do noso corpo é ...........a aorta...............17. A metade do corazón mais desenvolvida é .....esquerda......... debido a que ten que

bombear o sangue a ......todo o corpo........18. O corazón para nutrir as súas células posúe un sistema propio de arterias

chamadas.....coronarias.......19. Cando unha válvula non cerra ben o sangue pode retornar de novo ao corazón

producindo un ruído coñecido como .......sopro.......20. Para escoitar o latexo do corazón úsase un instrumento chamado .....fonendoscopio/

estetoscopio..21. Dicimos que a circulación sanguínea humana é ......dobre........ e ...completa.......

2 – Nomea 5 funcións do sangue:

NutriciónRespiraciónExcreciónDefensaRegulador da TªTransmitir información mediante hormonas

Page 2: Actividades aparello circulatorio excretor solucions 2015

3 - Investiga: Tras pasar o sangue polos capilares perde moita da forza do bombeo do corazón, que outras 2 causas principais posibilitan a circulación de retorno polas veas.?- A contracción muscular comprime as veas e axuda a mover o sangue polo seu interior (pasa o mesmo cos vasos linfáticos)

- A presenza das válvulas no interior das veas que impiden o retroceso do sangue

4 - As 3 funcións principais do sistema linfático son:

-Recoller o exceso de líquido dos tecidos e devolve o á circulación sanguínea-Transportar os lípidos(graxas) absorbidos no intestinoDefensiva xa que posúe ganglios linfáticos onde se forman linfocitos-.

5 Por que as veas posúen válvulas no seu interior?

Debido a que o sangue xa circula no seu interior con pouca forza, podería retroceder,as válvulas impide este retroceso, deixando so avanzar o sangue cara o corazón

6 - Responde as seguintes preguntas de verdadeiro ou falso : Corrixe os erros:

v f

1 O ser humano ten aproximadamente 5 l de sangue x

2 O plasma sanguíneo está formado nun 50% por auga x

3 A maioría das propiedades do sangue débense as súas proteínas x

4 Os leucocitos son as células sanguíneas máis numerosas x

5 A metade dereita do corazón está máis desenvolvida x

6 Do ventrículo esquerdo parte a arteria pulmonar x

7 A válvula que separa a aurícula dereita do ventrículo é a tricúspide x

8 Os vasos linfáticos desembocan no fígado x

9 As arterias levan sangue rica en osíxeno e as veas pobre en osíxeno x

10 A presión sanguínea será máxima á entrada do corazón x

2 – 90%4 -Os eritrocitos5 – o esquerdo6- Falso,parte a arteria aorta8 Desembocan nos vasos sanguíneos9 é certo na circulación maior,pero non na pulmonar10'- Será máxima á saída do corazón

7 Cando facemos unha ferida, como podemos saber se nos rompeu unha arteria ou unha vea?Nas arterias o sangue sae a borbotóns e a maior presión segundo as contraccións do corazón,mentres que polas veas o sangue sae de forma máis continua e con menos presión xa que perdeu o empuxe do corazón

Page 3: Actividades aparello circulatorio excretor solucions 2015

8 - Indica cal é unha arteria, capilar e vea e por que:a)

Vea, as paredes son mais finas (soportan menor presión) e posúe válvulas no interior (para evitar o retroceso do sangue)b)

Capilar , está formado so por unha capa de células que permite o paso de substancias entre o sangue e os tecidosc)

Arteria, as súas paredes son mais grosas para soportar a maior presión sanguínea

9 - Completa o seguinte cadro (veas, arterias, capilares, aurículas e ventrículos)segundo o percorrido do sangue:

aurículas capilaresarteriasventrículos

veas

Page 4: Actividades aparello circulatorio excretor solucions 2015

10 - Completa o seguinte esquema, indica nos círculos se os vasos levan O2 ou CO2:

11 sería correcto dicir que as arterias levan sangue rico en osixeno , e as veas, sanguepobre en osíxeno?Non ,xa que isto é certo na circulación maior,pero non na menor na que ocorre o contrario. Adiferenza entre arterias e veas e segundo saian (arterias) ou cheguen ao corazón (veas)

12 - A anemia caracterízase pola diminución da cantidade de hemoglobina en sangue pordebaixo do normal. Por que as persoas que sofren anemia teñen dificultade para realizarexercicios físicos?Na anemia ao ter pouca hemoglobina temos baixo o nº de glóbulos vermellos. Ahemoglobina é a encargada de transportar o O2 no interior dos glóbulos vermellos. Se temosbaixo o nivel de hemoglobina o noso sangue poderá transportar menos O2 e en situación demaior demandade O2 como no exercicio físico , teremos déficit de O2, e o noso rendimentofísico será menor.

13 Por que ao realizar un exercicio físico intenso aumenta o noso ritmo cardíaco erespiratorio?Durante o exercicio físico as células necesitan máis enerxía, e para producir esta enerxíanecesitan enviar O2 ás mitocondrias. Estas maiores necesidades de O2 se conseguenaumentando o ritmo respiratorio para introducir máis osíxeno e aumentando o ritmo cardiacopara que chegue máis sangue cargada de osíxeno ás células.

14 - Investiga: Que é a presión arterial? A que denominamos presión máxima e mínima.Cales son os seus valores normais?A presión que exerce o sangue sobre as paredes das arterias. A máxima corresponde aexistente durante a sístole cardiaca (contracción) e a mínima durante a diástole (dilatación) .Os seus valores normais son 120 - 80

A

CIRCULACIÓN MENOR

CIRCULACIÓN MAIOR

ARTERIA PULMONAR

AURÍCULA DEREITA

VEA CAVA

VENTRÍCULO DEREITO

VEA PULMONAR

AURÍCULA ESQUERDA

ARTERIA AORTA

VENTRÍCULO ESQUERDO

O2

O2

CO2

CO2

Page 5: Actividades aparello circulatorio excretor solucions 2015

15 Se pos o dedo índice e anular sobre a cara interna do antebrazo podes tomar aspulsacións. Mide as túas pulsacións en repouso antes de levantarte da cama e despois defacer un exercicio. Mídeas durante 10 segundos e obtén o valor por minuto. fai o mesmodespois de realizar un exercicio físico intenso. Anota as túas pulsacións.

170 tras o exercicio e 40 en repouso.

a) Con que proceso corresponde as pulsacións e por que se produce o pulso?

Corresponde co sístole ventricular. O pulso prodúcese polo choque do sangue bombeadopolo ventrículo esquerdo contra as paredes das arterias

b) Por que son distintas as pulsacións en repouso e tras unha actividade física?A actividade física require unha maior demanda de osíxeno polas células para producirenerxía mediante a respiración mitocondrial, polo que o corazón debe aumentar o númerode contraccións por minuto para enviar máis sangue os tecidos.

c) Os valores serán os mesmos para todas as persoas? Por que?Non variarán dependendo da xenética, estado físico, estado anímico.... Normalmente aspersoas que realizan exercicio físico posúen un corazón máis desenvolvido, e con menoscontraccións poden enviar a cantidade de sangue necesaria. (Polo tanto teñen un número depulsacións máis baixas)

16 - Indica o nome de 7 órganos linfoides. Cal é en xeral a súa función? Investiga: queoutras funcións teñen ademais o bazo e a medula ósea?

1. Ganglios linfáticos2. Timo3. Bazo4. Medula ósea5. Amígdalas (farinxe)6. Placas de Peyer (intestino)7. Apéndice A súa función e producir linfocitos que axudan adefender ao organismo contra as infeccións

O bazo ademais actúa como reservorio de sangue (encaso de hemorraxias intensas axuda a repoñer osangue perdido de forma rápida), e destrúe osglóbulos vermellos vellos recuperando o ferro.

Na medula ósea prodúcense ademais os glóbulosvermellos.

Page 6: Actividades aparello circulatorio excretor solucions 2015

17 A continuación tes o sangue de 4 pacientes dun hospital A partir destes datos determinaque paciente presenta: anemia, hemorraxias internas e infección. Xustifica atúa resposta

Paciente 1 Paciente 2 Paciente 3 Paciente 4 Valoresreferencia

Glóbulosvermellosx 106 /mm3

5.33 5.9 5.4 2.1 4.5 – 5.5

Leucocitosx 103 /mm3

8.5 9.35 18.35 7.45 5.0 – 9.0

Plaquetasx 103 /mm3

7.01 2.06 3.05 2.01 1.5 – 3.0

Hemoglobinag/dL

15.9 15.7 13.2 6.2 12 - 18

Anemia paciente 4 ten baixo os glóbulos vermellos e a hemoglobina

Infección paciente 3 ten altos os leucocitos

Hemorraxias internas paciente 1, a medula ósea produce maior cantidade de plaquetas en resposta a unha perda de sangue contínua. Non obstante a perda de sangue non é moi importante, xa que está compensada e non posúe anemia

18 Completa as seguintes frases:1. Nun corte transversal dun ril podemos diferenciar 3 zonas: ....cortex...., .. medula......................

e .........pelve renal...........................................2. As vías urinarias están constituídas por: ..........uréteres....................................., .....vexiga

urinaria....................... ........................................ e ......... uretra.....................................3. O fígado ten función excretora ao excretar coa .......bile............................ substancias tóxicas

que son eliminadas coas feces4. Os encargados de filtrar o sangue nos riles, que forman as unidades básicas destes son

os ......nefróns..........................5. Ademais da función excretora a suor axuda a ......regular a temperatura............................6. A falta de filtración do sangue nos riles que se traduce na produción dunha cantidade menor

de urina denomínase ...insuficiencia renal...................................7. A eliminación das substancias tóxicas do sangue mediante un aparello de forma artificial

denomínase ...dialise....................................8. Cando os órganos excretores funcionan mal , almacénanse dentro do corpo .....substancias

tóxicas como urea, ácido úrico..........................9. O cólico nefrítico prodúcese por ...depósito de cálculos na pelve renal..... As principais causas

da súa produción son ......dieta................., ............ e ......beber pouca auga......................10. A inflamación da parede da vexiga ou das vías urinarias por acción de microorganismos

chámase ........cistite...................................

Page 7: Actividades aparello circulatorio excretor solucions 2015

19 Indica se é verdadeiro ou falso. Corrixe as frases falsas.

V F1 A uretra masculina é mais longa ca feminina o que dificulta nos varóns as

infeccións das vías urinariasx

2 A uretra masculina é un conduto exclusivamente urinario x3 A composición da suor é moi similar á da urina aínda que máis diluída. x4 En condicións normais os riles só eliminan o 1% do plasma filtrado. x5 O proceso de diálise normalmente dura unhas 4 horas e faise 3 veces por semana. x6 A mellor solución para a insuficiencia renal crónica é a diálise x7 O consumo de froitas ácidas axuda a previr as cistites x

2- Tamén é común o aparato reprodutor6 - O mellor é o transplante xa que a diálese é un proceso que leva moito tempo e non tan efectivo como o funcionamento dun ril. O problema é que non existes suficientes doazóns e moita xente ten que esperar a recibir unha ril compatible.

20 Indica 3 hábitos saudables para evitar as enfermidades do aparello excretor. Xustifica o por que das túas respostas.

o Hábitos hixiénicos que eviten a proliferación de microorganismos que poidan causar infeccións. Na pel evita a obstrución dos poros polos que sae a suor. (Ollo coa limpeza con produtos moi agresivos que poden alterar a barreira protectora normal do pel.)

o Beber auga en abundancia (1 - 2 litros de auga diarios, incluída a aportada por outros líquidos, froita):

o Facilita o funcionamento dos riles e polo tanto a eliminación de refugos potencialmente tóxicos

o A deshidratación fai que os tecidos (cerebro especialmente) non funcione de forma correcta

o O ril para conservar a auga excreta unha urina moi concentrada que favorece a formación de cálculos renais.

o Alimentación adecuada: o - Consumir con moderación alimentos ricos en ácido úrico (mariscos, carne) evita a

aparición de cálculos e cólicos nefríticoso O consumo de froitas ácidas (amorodos, cítricos...) Fai que a urina sexa máis ácida o

cal impide o desenvolvemento de microorganismos

21 - Indica o nome e función de 4 órganos ou aparatos que interveñen na excreción:o Fígado: elimina moitos tóxicos (medicamentos...) do corpo a través da bile

o Riles:elimina substancias tóxicas do sangue como urea, ac. úrico

o Glándulas sudoríparas: eliminan tóxicos a través da suor (ten unha composición moi similar a urina pero máis diluída)

o Pulmóns: eliminan co aire expirado tóxicos gasosos (CO2, alcohol)

Page 8: Actividades aparello circulatorio excretor solucions 2015

22 - Completa o seguinte debuxo:

23 - Explica en que consiste a filtración glomerular e a reabsorción tubular:

o Filtración glomerular: proceso polo cal no glomérulo renal fíltrase por presión parte do plasma sanguíneo, incluíndo substancias útiles como glicosa, sales minerais, auga ….

o Reabsorción tubular: a maior parte da auga, sales minerais e outras moléculas como a glicosa volven a reabsorberse nos túbulos dos riles reincorporándose de novo o sangue, e evitando así a súa perda coa urina.

24 - Cal das mostras é de sangue e de urina? Por que?

A mostra 1 é de urina xa que posúe altas cantidades de urea, produto de refugallo tóxico en grandescantidades que debe eliminarse do organismo. Tamén posúe outros refugos como a creatinina e ácidoúrico.

A mostra 2 é de sangue, posúe baixas concentracións de refugos e maior de glicosa que é unha molécula fonte de enerxía para as células. So aparece na urina a glicosa nos diabéticos xa que posúen altas concentracións de glicosa no sangue.

riles

uréteres

vexiga

uretra

Page 9: Actividades aparello circulatorio excretor solucions 2015

25 Completa: (*Marcados con asterisco deberás buscar a información)1. *A irregularidade no ritmo do latexo do corazón chámase ...arritmia........................................2. Un sopro cardíaco é unha alteración ........das válvulas cardiacas.......................... 3. *A aceleración da frecuencia cardíaca chámase .....taquicardia........................... e a

diminución .....bradicardia..........................4. A presión arterial máxima débese o impulso do .....corazón......... e a mínima cando o impulso

provén de ....elasticidade das arterias..............................................................................5. A ateroesclerose consiste no depósito nos vasos sanguíneos de ...placas de

colesterol............................ que pode .....diminuír.................... o diámetro interior da arteria e favorecer a aparición de ....trombos / émbolos...................

6. *As ......varices......................... son dilatacións anormais das veas.7. O taponamento das arterias ...coronarias.. poden causar un infarto de miocardio8. *A falta de osíxeno no miocardio denomínase ......anxina de peito...........................................9. *A incapacidade do corazón para producir un fluxo suficiente de sangue é a ....insuficiencia

cardíaca................................................10. *Unha ...anemia...................é unha diminución do número de glóbulos vermellos.11. *Unha causa de anemia pode ser .....hemorraxias/ falta de ferro na dieta...12. *Un aumento dos glóbulos brancos anormais e unha diminución dos normais

chámase .........leucemia.........................13. Unha ........trombose.................................... é a formación dun coágulo no interior dunha

arteria14. *A función do bazo é .....producir linfocitos, eliminar os glóbulos sanguíneos

vellos e almacenar sangue para regular o volume sanguíneo.....................

26 - Indica 3 hábitos saudables para a saúde cardiovascular, xustificando as túas respostas

o Facer exercicio, axuda a manter o corazón forte e san

o Dieta adecuada controlando o exceso de sal e graxas saturadas e colesterol para evitar a hipertensión e a arteriosclerose

o Non fumar nin tomar alcohol que favorecen a hipertensión e a arteriosclerose