actividades anuais omix -...

4
Concello do Rosal 25 25 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Durante o mes de novembro serán moitas as actividades educativas, culturais e de concienciación social programadas polo Concello do Rosal. EXPOSICIÓN: “Achega das mulleres á sustentabilidade do mar”, no Salón de Exposicións do Concello do Rosal entre o 20 de novembro e o 6 de decembro II CONCURSO DE HAIKUS: Poemas de 3 versos con temática contra a violencia de xénero. Consultar as bases no boletín informativo ou na web do concello EU TOMO PARTIDO E TI?: Este ano parte do equipo de Acanor Novás colaboran neste proxecto que pretende visibilizar e posicionarse en contra da violencia de xénero. ACTIVIDADES NOS CENTROS EDUCATIVOS: dos que se beneficiarán 289 nenos e nenas do concello IGUALDADE CON PRIMARIA: 71 nenos e nenas con idades entre os 6 e os 8 anos do CRA e CPI PROXECTO BAMBÚ CON SECUNDARIA: 111 mozos e mozas de 1º e 4º ESO OBRADOIROS DE AFECTIVIDADE E SEXUALIDADE: 107 mozos e mozas de e 3º ESO EXPOSICIÓN “Á VIOLENCIA DILLE NON”: exposta durante o mes de novembro no CPI EXPOSICIÓN MAR CALDAS 100% CONTIGO: o 5 de novembro haberá un adianto da proxección para o alumnado de educación secundaria no Auditorio Municipal, e a partir dese mesmo día será a proxección do proxecto “100% contigo” para todo o público no Salón de Exposicións LUCES MORADAS EN EDIFICIOS PÚBLICOS: como en anos anteriores varios edificios estarán iluminados de morado durante a semana de conmemoración do 25 de novembro. COMERCIO LOCAL CONTRA A VIOLENCIA: a colaboración entre o comercio local e o concello continúa. Durante o mes de novembro permanecerán nos seus establecementos os carteis de Eu tomo partido e ti? novembro e decembro 2018 Boletín Boletín Informativo Informativo 1 e 2 decembro Auditorio do Rosal

Upload: others

Post on 19-Oct-2019

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTIVIDADES ANUAIS OMIX - link.concellodorosal.eslink.concellodorosal.es/2018/06_BOLETIN_NOVEMBRO_DECEMBRO_2018.pdf · Este nadal o Concello do Rosal organiza un campamento para nenos

Concello

do Rosal

25 25 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERODE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERODE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante o mes de novembro serán moitas as actividades educativas, culturais e de concienciación social

programadas polo Concello do Rosal.

EXPOSICIÓN: “Achega das mulleres á sustentabilidade do mar”, no Salón de Exposicións do Concello do

Rosal entre o 20 de novembro e o 6 de decembro

II CONCURSO DE HAIKUS: Poemas de 3 versos con temática contra a violencia de xénero.

Consultar as bases no boletín informativo ou na web do concello

EU TOMO PARTIDO E TI?: Este ano parte do equipo de Acanor Novás colaboran neste proxecto que

pretende visibilizar e posicionarse en contra da violencia de xénero.

ACTIVIDADES NOS CENTROS EDUCATIVOS: dos que se beneficiarán 289 nenos e nenas do concello

IGUALDADE CON PRIMARIA: 71 nenos e nenas con idades entre os 6 e os 8 anos do CRA e CPI

PROXECTO BAMBÚ CON SECUNDARIA: 111 mozos e mozas de 1º e 4º ESO

OBRADOIROS DE AFECTIVIDADE E SEXUALIDADE: 107 mozos e mozas de 2º e 3º ESO

EXPOSICIÓN “Á VIOLENCIA DILLE NON”: exposta durante o mes de novembro no CPI

EXPOSICIÓN MAR CALDAS 100% CONTIGO: o 5 de novembro haberá un adianto da proxección para o

alumnado de educación secundaria no Auditorio Municipal, e a partir dese mesmo día será a proxección do

proxecto “100% contigo” para todo o público no Salón de Exposicións

LUCES MORADAS EN EDIFICIOS PÚBLICOS: como en anos anteriores varios edificios estarán

iluminados de morado durante a semana de conmemoración do 25 de novembro.

COMERCIO LOCAL CONTRA A VIOLENCIA: a colaboración entre o comercio local e o concello

continúa. Durante o mes de novembro permanecerán nos seus establecementos os carteis de Eu tomo

partido e ti?

novembro e decembro 2018

BoletínBoletín InformativoInformativo

1 e 2 decembro

Auditorio do Rosal

Page 2: ACTIVIDADES ANUAIS OMIX - link.concellodorosal.eslink.concellodorosal.es/2018/06_BOLETIN_NOVEMBRO_DECEMBRO_2018.pdf · Este nadal o Concello do Rosal organiza un campamento para nenos

BASES PARA O CONCURSO DE HAIKUS

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

(POEMAS DE 3 VERSOS)

Toda a información ao completo na páxina web e no propio concello. Extracto das bases: 1º Os haikus presentados a concurso deben mostrar un espírito crítico e comprometido contra o maltrato á muller 2º Poderán participar todas as persoas do Concello do Rosal que o desexen 3º Poderán entregarse un máximo de tres obras a concurso por persoa. 4º O haiku deberá ser entregado nunha cartulina A4 en vertical. Valorarase na presentación do poema: inclusión de imaxes, debuxos e outros elementos gráficos. 5º A autoría do haiku será con pseudónimo escrito na parte posterior da cartolina O prazo de admisión terminará o venres 16 de novembro de 2018 ás 12.00 h. 6º Haberá dous categorías de premios, unha infantil-xuvenil, e outra de adultos 7º O persoal técnico do Concello designará a composición do xurado do concurso. 8º As obras gañadoras e as presentadas serán expostas nos taboleiros e paredes do Salón de Exposicións do Concello 9º A participación neste concurso supón a aceptación destas bases

1 DE DECEMBRO NO ROSAL1 DE DECEMBRO NO ROSAL1 DE DECEMBRO NO ROSAL O Concello do Rosal en colaboración coa UD Ribera, a

Federación de Deporte Adaptado, e o RC Celta de Vigo realizará

un evento integrador co fin de normalizar a práctica de fútbol e

outros deportes no colectivo de persoas con discapacidade

intelectual.

Espectáculo infantil e familiar, a

cargo da banda da Agrupación

Musical do Rosal e da compañía

teatral A cova das letras.

O día 16 de decembro, ás 17.00h no

Auditorio Municipal. Prezo de

entradas 3 euros.

Page 3: ACTIVIDADES ANUAIS OMIX - link.concellodorosal.eslink.concellodorosal.es/2018/06_BOLETIN_NOVEMBRO_DECEMBRO_2018.pdf · Este nadal o Concello do Rosal organiza un campamento para nenos

ACTIVIDADES ANUAIS OMIX

Temos vacantes en diferentes actividades anuais de zumba, zumba para maiores, pilates de

mañán e tarde, pintura, restauración e manualidades, memoria e tenis. Ademáis estade

atentos do Facebook da Omix do Rosal porque nel iremos actualizando os cursos e

informando dos novos.

CURSO GRATUITO DE XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS

O Concello do Rosal, en colaboración coa Deputación de

Pontevedra a través do programa Tecendo Lazos, organiza o curso

gratuito de XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN

FAMILIA no que poden participar toda a familia na elaboración e

funcionamento dos mesmos. A duración será de 16 horas. O

obxectivo fundamental deste curso é organizar unha actividade na que se favorezan as relación

interxeneracionais de forma que fillos, país e avós participen conxuntamente nunha actividade.

Inscricións abertas para poder encher o curso e comezar o antes posible.

V CARREIRA POPULAR DE SAN SILVESTRE A V Carreira Popular San Silvestre terá lugar o luns día 31 de decembro, con participantes de

todas as idades. Haberá dúas modalidades, unha carreira e unha andaina familiar, para as

persoas que prefiran realizala camiñando xunto con pais, nais,

avós, avoas, nenos e nenas.

As inscricións da San Silvestre de O Rosal realizaranse no

Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do

Concello de O Rosal ata o 26 de decembro. É necesario facilitar

o número de DNI e as datas de nacemento no caso dos menores

de 12 anos. Haberá premios á participación, xa que non se

trata dunha competición.

Este ano haberá unha modificación no percorrido, de xeito que

transcurra por zonas menos urbanas e cun atractivo paisaxístico

maior. Toda a información, as bases e os itinerarios, estarán

colgados na web do concello.

Este nadal o Concello do Rosal organiza un campamento

para nenos e nenas matriculados este curso en

educación infantil e primaria. As familias que o desexen

terán a posibilidade de conciliar as súas xornadas

laborais co lecer dos máis pequenos.

CANDO: 26, 27 e 28 de decembro 2018 e 2, 3 e 4 de

xaneiro 2019

HORARIO: de 9.00 a 14.00 h.

ONDE: Salón de Exposicións e Biblioteca Municipal

INSCRICIÓN PREVIA

Máis información no Servizo de Información Xuvenil

Campamento de nadal

26, 27 e 28 de decembro 2, 3 e 4 de xaneiro

Page 4: ACTIVIDADES ANUAIS OMIX - link.concellodorosal.eslink.concellodorosal.es/2018/06_BOLETIN_NOVEMBRO_DECEMBRO_2018.pdf · Este nadal o Concello do Rosal organiza un campamento para nenos

PROGRAMACIOÓN CULTURAL PROGRAMACIOÓN CULTURAL PROGRAMACIOÓN CULTURAL

`

NOVEMBRONOVEMBRONOVEMBRO DÍA 11 ROMARÍA DE SAN MARTIÑO. Saída da Igrexa parroquial ás 10.00 h.

Tradicional subida á ermida e misa solemne con procesión

DÍA 18 CONCERTO DE ACORDEÓNS MASCARENHAS en honor a Santa Icía

Organizado polo Grupo Mascarenhas da Guarda

Auditorio Municipal ás 18.00 h.

DÍA 20 EDUCAR EN FAMILIA. Charla de Esteban Figueirido “Familias centradas en solucións”

Salón de Exposicións ás 19.30, con servizo de canguro para nenos de 3 a 12 anos

DÍA 24 CONCERTO DA AGRUPACIÓN MUSICAL en honor a Santa Icía

Auditorio Municipal ás 20.30 h.

Anteriormente, ás 18.30 na Igrexa Parroquial de Santa Mariña terá lugar unha misa na honra de Santa Icía patroa dos músicos cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal

DÍA 25 ANDAINA: OS PICOS DA GROBA. Hora de saída 9.00 h desde a Praza do Calvario.

Duración aprox. 3 horas de ruta. Dificultade media-alta. Actividade gratuíta

DECEMBRODECEMBRODECEMBRO DÍA 1 EVENTO SOLIDARIO DE FÚTBOL

Estadio Municipal da Mata. Partido integrador coa colaboración do RC Celta, UD Ribera e FDA

DÍA 1 e 2 I FESTIVAL DE MAXIA DO BAIXO MIÑO

Galas no Auditorio Municipal do Rosal. Consultar horarios e prezos nos días previos

Tamén haberá maxia en diferentes establecementos do Rosal

DÍA 8-9 MERCADO DE NADAL

Salón de Exposicións desde ás 11.00 ata as 20.00 h.

DÍA 9 TEATRO FAMILIAR: MAR ADIANTE, de Odaiko Teatro

Auditorio Municipal ás 18.00 h.

DÍA 16 COMEDIA MUSICAL: A GATA CON ZOCOS Comedia Musical familiar a cargo da banda da Agrupación Musical e da Compañía teatral A Cova das Letras

Auditorio Municipal ás 17.00 h. Entrada 3 euros venda anticipada

DÍA 18 EDUCAR EN FAMILIA. Charla de Esteban Figueirido “Límites, castigos e reforzo positivo”

Salón de Exposicións ás 19.30, con servizo de canguro para nenos de 3 a 12 anos

DÍA 21 AUDICIÓN DE ALUMNOS/AS DA ESCOLA DE MÚSICA

Auditorio Municipal ás 20.00 h.

DÍA 23 IX CONCERTO CORAL ECOS DO NADAL

Organizado pola Coral Ecos do Folón

Auditorio Municipal ás 18.00 h.

DÍA 27 CINE INFANTIL: WONDER

Auditorio Municipal ás 17.00 h.

DÍA 30 FESTIVAL DE NADAL da Agrupación Musical do Rosal

Auditorio Municipal ás 18.00 h.

DÍA 31 CARREIRA POPULAR DE SAN SILVESTRE

Saída da Praza do Calvario, tanto para @s corredores, como para a andaina familiar