acta da sesiÓn ordinaria da xunta de goberno ...sesión ordinaria da xunta de goberno local,...

33
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL REALIZADA O DÍA 3 DE OUTUBRO DE 2016 =========================================== LUGAR: Sala de Xuntas do Concello de Cangas DÍA: 3 de outubro de 2016 HORA DE COMEZO: 20:01 h. HORA DE REMATE: 20:39 h. ASISTENTES: D. Xosé Manuel Pazos Varela (alcalde-presidente), D. Mariano Abalo Costa, D. Xoan Carlos Chillón Iglesias, Dª Ángela Vizoso Marcos e D. Tomás Hermelo Álvarez. AUSENTES: D. Andrés García Bastón, Dª Mercedes Giráldez Santos e D. Heitor Mera Herbello. SUPLENTES: Dª Tania Castro Paredes e Dª Lourdes Rial Pardo. Baixo a presidencia do Sr. alcalde, asistidos por min a secretaria xeral, Dª Berta Alonso Soto e o interventor, D. Sergio Curra Moreira, coa finalidade de realizar sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum suficiente, pola Presidencia declárase aberta a sesión, coa seguinte: ORDE DO DÍA OBRAS E SERVIZOS 1º.- SOLICITUDES DE SINALIZACIÓN 1.A) INFORME DA POLICÍA LOCAL S/SOLICITUDE DE SINALIZACIÓN EN RÚA NORIA, Nº 3-CANGAS Vista a solicitude presentada o día 23.09.2016 por J.I.P., con enderezo na Avda. de Marín, nº 23-1ºesquerda-Cangas, administrador da comunidade de propietarios do edificio Noria, 3, sito en Rúa Noria nº 3-Cangas, na que demandan sinalización horizontal para o acceso aos garaxes. Dáse conta de informe emitido ao respecto pola Policía Local o día 26.09.2016, que di o seguinte: “N° REX: 1884/16

Upload: others

Post on 14-Aug-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL REALIZADA O DÍA 3 DE OUTUBRO DE 2016 =========================================== LUGAR: Sala de Xuntas do Concello de Cangas DÍA: 3 de outubro de 2016 HORA DE COMEZO: 20:01 h. HORA DE REMATE: 20:39 h. ASISTENTES: D. Xosé Manuel Pazos Varela (alcalde-presidente), D. Mariano Abalo Costa, D. Xoan Carlos Chillón Iglesias, Dª Ángela Vizoso Marcos e D. Tomás Hermelo Álvarez. AUSENTES: D. Andrés García Bastón, Dª Mercedes Giráldez Santos e D. Heitor Mera Herbello. SUPLENTES: Dª Tania Castro Paredes e Dª Lourdes Rial Pardo. Baixo a presidencia do Sr. alcalde, asistidos por min a secretaria xeral, Dª Berta Alonso Soto e o interventor, D. Sergio Curra Moreira, coa finalidade de realizar sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum suficiente, pola Presidencia declárase aberta a sesión, coa seguinte: ORDE DO DÍA OBRAS E SERVIZOS 1º.- SOLICITUDES DE SINALIZACIÓN 1.A) INFORME DA POLICÍA LOCAL S/SOLICITUDE DE SINALIZACIÓN EN RÚA NORIA, Nº 3-CANGAS Vista a solicitude presentada o día 23.09.2016 por J.I.P., con enderezo na Avda. de Marín, nº 23-1ºesquerda-Cangas, administrador da comunidade de propietarios do edificio Noria, 3, sito en Rúa Noria nº 3-Cangas, na que demandan sinalización horizontal para o acceso aos garaxes. Dáse conta de informe emitido ao respecto pola Policía Local o día 26.09.2016, que di o seguinte: “N° REX: 1884/16

Page 2: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

ASUNTO: SOLICITUDE DE PINTADO DE FRANXAS AMARELAS NA RÚA NORIA, N° 3 A Policía Local de Cangas informa: que con relación ao escrito presentado por J.I.P., en calidade de administrador da Comunidade de Propietarios do edificio ‘Noria, 3’, no que solicita o pintado de liñas amarelas en rúa Noria, n° 3-Cangas, para facilitar a saída dos vehículos do garaxe. Que por parte desta Policía, non existe inconveniente en que se acceda ao solicitado. Xa que sería conveniente o pintado dunha zona de exclusión ao tráfico no lugar, evitando así que no momento de atoparse o semáforo en vermello non se obstrúa a saída dos vehículos de dito garaxe e facilitando a súa incorporación a rúa Noria sen perigo para a circulación.” A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar a solicitude de sinalización horizontal en rúa Noria, nº 3, de conformidade co informe emitido pola Policía Local. 2.A) INFORME DA POLICÍA LOCAL S/SINALIZACIÓN EN RÚA ARRECIFE Dáse conta de informe emitido ao respecto pola Policía Local o día 03.11.2016, referente a sinalización en rúa Arrecife, que di o seguinte: “N° REX: 1921/16 ASUNTO: SINALIZACIÓN DA RÚA ARRECIFE O departamento de sinalización da Policía Local do Concello de Cangas por medio do presente informe fai constar: Vista a afluencia de tráfico e de persoas que está soportando a rúa Arrecife aconsellamos desde este departamento facer un carril peonil desde o principio da rúa ata o inicio do paseo de Salgueirón. Que tamén propoñemos a prohibición de estacionamento nas marxes da rúa que nos ocupa realizando unha isleta separando ditos carrís, achegada de sinalización vertical e horizontal. Tamén propoñemos un paso de peóns na confluencia da Avda. de Bueu coa rúa Arrecife. Aportamos plano da actuación que se vai levar a cabo.” A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, acorda, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015,

Page 3: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

acorda aprobar o informe emitido pola Policía Local, referente a sinalización en rúa Arrecife. URBANISMO E PATRIMONIO 2º.- INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DO DÍA 29 DE SETEMBRO DE 2016, DA XEFA DE URBANISMO S/OUTORGAMENTO DE LICENZAS DE OBRAS E DE APERTURAS DE ESTABLECEMENTOS 2.A) APROBACIÓN DOS SEGUINTES EXPEDIENTES DE OBRAS: 2.A.1) LICENZA DE OBRAS MAIORES.- Examinados os expedientes de obras tramitados a instancia

de parte, e tralos informes técnicos e xurídicos a eles incorporados, a Xunta de Goberno Local acordou o seguinte: outorgar as seguintes licenzas urbanísticas, deixando a salvo o dereito de

propiedade e os de terceiros. O acto de edificación ou uso do solo realizarase de conformidade coa documentación presentada, coas condicións particulares e coas seguintes condicións xerais:

1ª.- Os efectos das licenzas que se conceden, son puramente urbanísticos, a reserva e con absoluta independencia da obriga inescusable que recae nos seus titulares de obter, de ser o caso, as precep-

tivas autorizacións dos outros organismos con competencias concorrentes nesta cuestión (Xefatura Provincial de Estradas, Deputación Provincial, Autoridade Portuaria de Vigo, Xefatura de Costas de

Pontevedra, Comisión Provincial de Patrimonio Histórico-Artístico, etc.).

2ª.- Advírteselle ó/á interesado/a que esta licenza carece de validez en tanto o/a técnico/a aparellador/a municipal non efectúe a operación de "tira de cordas", polo que o/a interesado/a

deberá solicitar que esta se leve a cabo antes de comezar as obras.

3ª.- Deberá presentar no concello tres informes por escrito do estado das obras e da súa adecuación

ao proxecto e á licenza municipal na que se abeiran, nas seguintes fases da obra:

a) Cando as fábricas, tanto interiores como exteriores, estean iniciadas sobre o rasado da cimentación.

b) Cando estea rematada a estrutura do teito correspondente á altura total da edificación.

c) Cando estea finalizada a obra.

4ª.- Antes do inicio das obras deberá colocarse un valado de protección, que non poderá impedir o tránsito público para o que deberá obter, previamente, licenza municipal. O valado deberá

acomodarse ás prescricións de seguridade do persoal empregado nas obras e para as persoas que transiten pola vía pública.

5ª.- Deberá colocarse un cartel de dimensións mínimas de 1,70 x 0,84 metros, onde figure o número

e data da licenza, número de andares e nomes do promotor, arquitecto, aparellador e constructor. O

titular da licenza adoptará toda as medidas de seguridade previstas na normativa vixente.

6ª.- Deberá ter, na obra, a licenza e o proxecto selado polo concello a disposición dos funcionarios municipais.

7ª.- De conformidade co disposto no artigo 35 do R.d.l. 1/92, do 26 de xuño, os prazos de iniciación,

interrupción máxima e remate das obras, fíxanse en:

a) Iniciación: dentro dos doce meses seguintes ó outorgamento da licenza.

Page 4: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

b) Interrupción máxima: seis meses, debendo comunicárselle ó concello. Indícase que, con carácter

excepcional e por só unha vez, outorgarase prórroga cando se xustifique que a interrupción obedeceu a motivos de forza maior.

c) Remate das obras: dentro dos trinta e seis meses seguintes ó outorgamento da licenza.

8ª.- A edificación non poderá ser ocupada en ningún dos seus andares ata que as obras estean completamente rematadas, nese momento solicitaráselle ó concello a preceptiva licenza de primeira

ocupación, achegando certificado de final de obra asinado polos directores desta e visado polos colexios correspondentes. En dito certificado especificarase que as obras se axustan ás condicións da

licenza municipal e, así mesmo, achegarase documento acreditativo de que a obra foi dada de alta para os efectos do imposto sobre bens inmobles e escritura de división horizontal ou de declaración

de obra nova, segundo os casos.

9ª.- O comezo da obra e a efectividade da licenza estará condicionada, en todo caso, á presentación

no concello de un exemplar do proxecto de execución.

10ª.- Cando nas proximidades das obras que se autorizan existan instalacións de redes de servizos públicos que poidan resultar afectadas pola realización das obras, o titular da licenza daralle conta

diso ó concello e estará obrigado a repoñer, ó seu estado anterior, os desperfectos que puidesen ocasionarse, ou sufragar os gastos. Suspenderase a efectividade da licenza concedida mentres non

se cumpra a obriga citada.

11ª.- Toda variación que se produza no proxecto presentado, así como, na dirección técnica ou

empresa constructora, deberáselle comunicar ó concello para a súa conformidade. 12ª.- Antes de comezar a construcción á que fai referencia esta licenza, o/a promotor/a das

obras deberá instalar no límite da parcela contiguo ó camio ó que dá fronte, un foxo de

formigón protexido cunha reixa co único fin de limpiar as rodas dos vehículos que se empreguen na obra, especialmente en épocas de choiva, co obxecto de evitar a perda de area

nos viais de comunicación co conseguinte risco para a circulación rodada.

* Calquera dos incumprimentos do condicionado suporá a SUSPENSIÓN INMEDIATA das obras,

de conformidade co indicado no art. 209.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. EXPEDIENTE N° 25.779.- A CACHOPIDO, S.L., con enderezo a efectos de notificacións en Donón, n° 17-O Hío-Cangas, para en Donón, nº 16-O Hío, en solo rústico, regulado pola ordenanza 14, construír unha piscina, de conformidade co proxecto elaborado polo arquitecto técnico E.C.M. de data novembro de 2015, autorización do Instituto de Estudos do Territorio en data 9 de febreiro de 2016 e autorización da seción de biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de data 8 de agosto de 2016 e a formalizar perante o catastro a modificación que presenta esta licenza. EXPEDIENTE N° 26.097.- A J.B.P., con enderezo a efectos de notificacións nas Gruncheiras, n° 36-Coiro, para nas Gruncheiras, n° 36-Coiro, en solo urbano o solo de núcleo rural, regulado pola Ordenanza 9, realizar obras de acondicionamento parcial de planta baixa para ampliación de vivenda existente de conformidade co proxecto básico do arquitecto técnico A.G.P., de agosto de 2016, a que antes do comezo das obras presente o correspondente proxecto de execución, oficios de direción e estudo de seguridade, a utilizar os materiais que sinala a Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia para os núcleos

Page 5: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

rurais e a formalizar perante o Catastro a modificación que presenta esta licenza. 2.A.2) LICENZA MUNICIPAL DE PRIMEIRA OCUPACIÓN DOS SEGUINTES EXPEDIENTES DE OBRAS EXPEDIENTE N° 24.483.- LICENZA MUNICIPAL DE PRIMEIRA OCUPACIÓN PETICIONADA POR A.M.C.J. E M.A.P.P. A Xunta de Goberno Local tendo en conta o informe-comprobación, emitido ao respecto polo arquitecto municipal, con data 27 de setembro de 2016, acordou: a) Outorgar LICENZA MUNICIPAL DE PRIMEIRA OCUPACIÓN, a A.M.C.J. e M.A.P.P., con enderezo en rúa Diego Xelmírez, nº 7-Darbo, para construción de unha vivenda, sita na Serra de Poente-Darbo, construída ao abeiro da licenza municipal N° 23.379. b) Así mesmo se aproba a recepción das obras de urbanización previstas no devandito proxecto e garantidas mediante aval de conformidade co exporto polo técnico arriba citado. EXPEDIENTE N° 21.236.- LICENZA MUNICIPAL DE PRIMEIRA OCUPACIÓN PETICIONADA POR A.M.N.M. A Xunta de Goberno Local tendo en conta o informe-comprobación, emitido ao respecto polo arquitecto municipal, con data 28 de setembro de 2016, acordou: a) Outorgar LICENZA MUNICIPAL DE PRIMEIRA OCUPACIÓN, a A.M.N.M., con enderezo en Estrada Bueu-Gandón, n° 144-Aldán, para construción de unha vivenda, sita en Estrada Bueu-Gandón, n° 144-Aldán, construída ao abeiro da licenza municipal n° 20.708. b) Así mesmo se aproba a recepción das obras de urbanización previstas no devandito proxecto e garantidas mediante aval, de conformidade co exposto polo técnico arriba citado. EXPEDIENTE N° 18.717.- LICENZA MUNICIPAL DE PRIMEIRA OCUPACIÓN PETICIONADA POR S.R.G. A Xunta de Goberno Local tendo en conta o informe-comprobación, emitido ao respecto polo arquitecto municipal, con data 28 de setembro de 2016, acordou: a) Outorgar LICENZA MUNICIPAL DE PRIMEIRA OCUPACIÓN, a S.R.G., con enderezo en Subida a Couso, n° 5-Vilanova-O Hío, para construción de unha vivenda, sita en Subida a Couso, n° 5-Vilanova-O Hío, construída ao abeiro da licenza municipal n° 18.428.

Page 6: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

b) Así mesmo se aproba a recepción das obras de urbanización previstas no devandito proxecto e garantidas mediante aval, de conformidade co exposto polo técnico arriba citado.

2.B) LICENZA DE OBRAS MENORES

Examinados os expedientes de obras tramitados a instancia de parte, e vistos, así mesmo, os

informes técnicos e administrativos incorporados, a Xunta de Goberno Local acordou, outorgar as seguintes licenzas de obras, deixando a salvo o dereito da propiedade, os de terceiros e os

do común, de conformidade coa documentación presentada, sempre que esta se adapte ó condicionado que se establece en cada autorización e ás seguintes condicións xerais:

1ª.- Os efectos das licenzas que se conceden, son puramente urbanísticos, a reserva e con

absoluta independencia da obriga inexcusable que recae nos seus titulares, de obter, no seu

caso, as preceptivas autorizacións por parte dos outros organismos estatais, con competencias concorrentes nesta cuestión (Xefatura Provincial de Estradas, Deputación Provincial, Obras do

Porto de Vigo, Pontevedra, A Coruña, etc.).

2ª.- Advírtese ó interesado ou interesada que esta licenza carece de validez en tanto non se

efectúe a operación de "tira de cordas" pola comisión de obras e técnico/a aparellador/a municipal, efecto para o cal deberá solicitar o/a interesado/a que se leve a cabo esta antes de

comezar as obras.

3ª.- Deberá ter na obra a licenza e o deseño selado polo concello a disposición dos/as

funcionarios/as municipais.

4ª.- De conformidade co disposto no artigo 145.1 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, os prazos de iniciación, interrupción máxima e remate das obras, fíxanse en:

a) Iniciación dentro dos seis meses seguintes ó outorgamento da licenza.

b) Interrupción máxima de seis meses, debendo comunicar ó concello e advertíndose con carácter excepcional e por unha soa vez, outorgarase prórroga cando se xustifique que a

interrupción obedeceu a motivos de forza maior.

c) Remate das obras dentro dos trinta e seis meses seguintes ó outorgamento da licenza.

5ª.- As características constructivas dos cerramentos deben seren as que sinale a ordenanza

respectiva segundo a cualificación urbanística do solo, e que se especifican na documentación das vixentes normas que leva por título "Normas Urbanísticas I".

EXPEDIENTE N° 26.115.- A GAS GALICIA SDG SA, para en rúa Redondela, executar unha acometida de 124,82 metros, para gas natural de conformidade coa documentación presentada e coas seguintes condicións: As obras non se poderán realizar no período do verán, comprendido entre o 15 de xullo e o 15 de setembro. Non se permiten reposicións parciais. Nin durante o período das festas de nadal (21 de decembro a 7 de xaneiro) nin durante as de Semana Santa. Deberá regular o tráfico durante as obras. Non se permiten reposicións parciais.

Page 7: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

* Debe repoñer a totalidade dos servizos e infraestruturas afectadas. * Por razóns de seguridade e na medida do posible, non se permiten canalizacións sobre a calzada, debéndose emprazar nas zonas destinadas a beirarrúas. Debe computarse no aval global depositado o importe de tres mil seiscentos trinta e seis euros con noventa e nove céntimos (3.636,99 €) para responder das obras de reposición da via pública. No caso de que o concello teña que facer obras no dominio público do sistema viario e resulte afectada esta obra, será por conta de Gas Galicia o traslado, adaptación, reposición ou calquera outra actuación que resulte necesaria, sen que iso supoña dereito a ningún tipo de indemnización. Deberase axustar, así mesmo, ás seguintes condicións: *Se o vial ten 5,00 metros ou mais de ancho, procederase por parte da empresa a reasfaltar un carril. *Se o vial é inferior a 5,00 metros de ancho, deberá reasfaltar 1,00 metro a cada lado da zanxa. Para a conexión coas vivendas, advírteselle da obrigatoriedade imposta polo art. 194.3 da Lei 9/2002, do solo de Galicia e 43.1 da Lei 8/2012, de vivenda de Galicia, da esixencia aos propietarios, da correspondente licenza de primeira ocupación para poder contratar o servizo. EXPEDIENTE N° 26.122.- A GAS GALICIA SDG SA, para na Avda. de Lugo, nº 19, executar unha acometida de 8,00 metros, para gas natural de conformidade coa documentación presentada e coas seguintes condicións: As obras non se poderán realizar no período do verán, comprendido entre o 15 de xullo e o 15 de setembro. Non se permiten reposicións parciais. Nin durante o período das festas de nadal (21 de decembro a 7 de xaneiro) nin durante as de Semana Santa. Deberá regular o tráfico durante as obras. Non se permiten reposicións parciais. * Debe repoñer a totalidade dos servizos e infraestruturas afectadas. * Por razóns de seguridade e na medida do posible, non se permiten canalizacións sobre a calzada, debéndose emprazar nas zonas destinadas a beirarrúas.

Page 8: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

Debe computarse no aval global depositado o importe de trescentos euros (300,00 €) para responder das obras de reposición da via pública. No caso de que o concello teña que facer obras no dominio público do sistema viario e resulte afectada esta obra, será por conta de Gas Galicia o traslado, adaptación, reposición ou calquera outra actuación que resulte necesaria, sen que iso supoña dereito a ningún tipo de indemnización. Deberase axustar, así mesmo, ás seguintes condicións: *Se o vial ten 5,00 metros ou mais de ancho, procederase por parte da empresa a reasfaltar un carril. *Se o vial é inferior a 5,00 metros de ancho, deberá reasfaltar 1,00 metro a cada lado da zanxa. Para a conexión coas vivendas, advírteselle da obrigatoriedade imposta polo art. 194.3 da Lei 9/2002, do solo de Galicia e 43.1 da Lei 8/2012, de vivenda de Galicia, da esixencia aos propietarios, da correspondente licenza de primeira ocupación para poder contratar o servizo. EXPEDIENTE N° 24.526.- LICENZA MUNICIPAL N° 23.622.- A M.H.C., outórgaselle un novo prazo de TRINTA E SEIS MESES, para o remate das obras abeiradas na referida licenza, de conformidade co previsto no artigo 145.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro do Solo de Galicia. EXPEDIENTE N° 24.619. - LICENZA MUNICIPAL N° 23.602.- A J.N.G., outórgaselle un novo prazo de TRINTA E SEIS MESES, para o remate das obras abeiradas na referida licenza, de conformidade co previsto no artigo 145.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro do Solo de Galicia. EXPEDIENTE.- 24.645.- LICENZA MUNICIPAL Nº 23.527.- A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO EDIFICIO "AS MIMOSAS", outórgaselle un novo prazo de TRINTA E SEIS MESES, para o remate das obras amparadas na referida licenza, de conformidade co previsto no artigo 145.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro do Solo de Galicia. 3º.- DACIÓN DE CONTA DAS DECLARACIÓNS PREVIAS DE OBRAS E ACTIVIDADES A Xunta de Goberno Local, queda informada das seguintes comunicacións previas de obras e actividades: OBRAS EXPEDIENTE N° 25.797.- A M.N.F., para obras de conservación de vivenda sita nas Barreiras, nº 23-Liméns.

Page 9: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

EXPEDIENTE N° 26.043.- A V.M.P.H., para pavimentación de acceso a vivienda sita en Outeiro Agudo, nº 5-Aldán. EXPEDIENTE Nº 26.067.- A M.E.C., para construción de cerramento en Parada-Coiro. EXPEDIENTE N° 26.095. - A F.G.P., para obras de pintado de fachada de edificación existente en Insua, nº 7-Arneles-O Hío. EXPEDIENTE N° 26.098.- A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO "RESIDENCIAL PARQUE", para obras de rehabilitación de fachadas e terrazas de edificación existente en rúa Longán, nº 8-10-Cangas. EXPEDIENTE N° 26.100.- A VELAZQUEZ INMOBILIARIA, SL, A. E M.D.M., para acondicionamento de local, sen uso específico, sito na Avda. de Vigo, nº 158-Baixo A-Cangas. EXPEDIENTE N° 26.101.- A J.S.M., para cerramento de predio sito no lugar de Rosada, nº 49 B-Coiro. EXPEDIENTE N° 26.103.- A J.E.G.O., para obras de substitución puntual de elementos de cubrición de edificación dedicada a garaxe e almacén en Vilanova, nº 80-O Hío. EXPEDIENTE N° 26.106.- A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO EDIFICIO "AS XEGADAS", para obras de rehabilitación de parede medianeira traseira de edificación existente na Avda. de Moaña, n° 25-Cangas. EXPEDIENTE N° 26.107.- A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS "AS PONTES", para reparación de fachadas de edificación existente en rúa Félix Ozámiz, nº 2-Cangas. EXPEDIENTE Nº 26.108.- A J.G.C., para cerramento de predio sito en Baixada Praia Menduíña-Aldán. EXPEDIENTE N° 26.109.- A E.S.S., para pintado de fachada de edificación existente en Florida, nº 12 e Outeiro, nº 3-Balea-Cangas. EXPEDIENTE N° 26.114.- A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS EDIFICIO "ALTAMIRA", para obras de reparación de parede medianeira traseira de edificación existente en rúa San José, nº 80-Cangas. EXPEDIENTE N° 26.117.- A M.V.G., para obras de pintado de fachada, cambio de cuberta e cambio de carpintería en edificación sita en rúa Elvira Martínez, nº 6-San Roque-Cangas.

Page 10: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

EXPEDIENTE N° 26.125.- A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS EDIFICIO "SAN CIBRÁN", para obras de reparación de piso e pintado interior de paramentos de edificación existente en Estrada de Bueu, nº 11-Aldán-Cangas. EXPEDIENTE N° 26.131.- A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS "ARENAL 7", para reparación de terrazas do ático D e do 3° C en rúa Concepción Areal, nº 7-Cangas. EXPEDIENTE N° 21.145.- LICENZA MUNICIPAL N° 20.668.- Dase conta do cambio de titularidade solicitado por C.P.L. da licenza n° 20.668 concedida a Y.B.S para construción de vivenda unifamiliar sita en San Pedro-Darbo. EXPEDIENTE N° 25.891.- LICENZA MUNICIPAL N° 24.860.- Dase conta do cambio de titularidade solicitado por “ANCORADOURO, SL” da licenza n° 24.860 concedida a A.B.C. para construción de vivenda unifamiliar sita en Souto-San Pedro-Darbo. ACTIVIDADES EXPEDIENTE N° 1979/16.- A D.D.F., para inicio de actividade de tenda de productos de alimentación en Eirado do Señal, nº 14-baixo-Cangas. 4º.- EXPEDIENTES DE DISCIPLINA URBANÍSTICA 4.A) PROPOSTA DO INSTRUTOR S/EXPEDIENTE DE INFRACIÓN URBANÍSTICA Nº 59/2009-S Dase conta de proposta do instrutor do día 30.09.2016, referente ao expediente de infración urbanística nº 59/2009-S, que é como segue: "PROPOSTA PARA A XUNTA DE GOBERNO LOCAL EXPEDIENTE SANCIONADOR POR INFRACIÓN URBANÍSTICA Nº 59/2009 Visto o expediente de referencia iniciado por acordo da Xunta de Goberno Local de data 24 de marzo de 2014, resulta que: ANTECEDENTES PRIMEIRO.- Por parte de ‘France Telecom SA’, e segundo consta no expediente de restauración da legalidade urbanística tramitado, se efectuaron no lugar de Liméns-O Hío, obras consistentes en instalación dunha estación base de telecomunicacións, sendo a construción de carácter ilegalizable e a infración cometida grave, segundo o informe do arquitecto municipal que consta no expediente de data 19 de marzo de 2014.

Page 11: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

SEGUNDO.- Iniciado expediente sancionador por acordo da Xunta de Goberno Local de data 24 de marzo de 2014 polas obras referidas executadas sen licenza, ‘France Telecom, SA’, agora denominada ‘ORANGE ESPAGNE SAU’, formula alegacións ao expediente sancionador fóra do prazo outorgado, con data 13 e 17 de xuño de 2014, rexistro de entrada nº 7116 e nº 7247 respectivamente, polo que estas son inadmitidas. A solicitude de ampliación de prazo formulada en data 14 de xuño de 2014 foi desestimada na Resolución da Alcaldía de data 2 de xullo de 2014 elaborada polo instrutor do expediente de data 8 de abril de 2015, notificada á interesada en data 20 de abril concedéndolle un novo prazo de quince días para formular alegacións. TERCEIRO.- A Xunta de Goberno Local en data 7 de xullo de 2014 acordou impoñer a ‘France Telecom SA’, agora denominada ‘ORANGE ESPAGNE SAU’, unha sanción de seis mil un euros (6.001,00 €) pola instalación dunha base de telecomunicacións no lugar de Liméns-O Hío (acordo notificado en data 28.07.2014) CUARTO.- Dentro do prazo conferido para os efectos ‘France Telecom SA’, agora denominada ‘ORANGE ESPAGNE SAU’, con data 1 de outubro do 2015, rexistro de entrada nº 12.608 formula recurso de reposición fronte dito acordo. QUINTO.- O expediente remitiuse ao técnico municipal, sendo este emitido en data 31 de agosto de 2016. ‘.. Remítome ao informado en data 19 de marzo de 2014 por non cumprir a instalación co especificado na ordenanza de telecomunicación (instalacións en planta baixa).’ SEXTO.- O expediente remitiuse a informe xurídico en data 14 de setembro de 2016. CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS

PRIMEIRA.- A competencia para a resolución do recurso de reposición presentado de conformidade co establecido no artigo 116 da lei 30/1992 corresponde á Xunta de Goberno Local, por delegación de Alcaldía de data 2 de xullo de 2015: ‘Os actos administrativos que poñan fin á vía administrativa poderán ser recorridos potestativamente en reposición perante o mesmo órgano que o ditase…’

SEGUNDO.- O artigo 219.1 da LOUG sinala que nas obras que se executasen sen licenza ou con inobservancia das súas condicións serán sancionadas por infración urbanística as persoas físicas ou xurídicas responsables delas en calidade de promotor/promotora das obras, propietario/propietaria dos terreos

Page 12: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

ou empresario das obras e os técnicos redactores do proxecto e directores das obras.

Consta no expediente informe do arquitecto municipal de data 19.03.2015, que sinala: as obras realizadas están tipificadas como graves segundo o disposto no artigo 217.3.a) da LOUG e se consideran ilegalizables por seren incompatibles coas determinacións urbanísticas establecidas ao respecto nas normas subsidiarias de planeamento de Cangas e na ordenanza municipal de telecomunicación.

En data 31 de agosto de 2016, emítese novo informe do arquitecto municipal ratificándose neste.

TERCEIRO.- No recurso de reposición interposto maniféstase o seguinte:

Improcedencia do expediente sancionador xa que o expediente de restauración da legalidade urbanística tramitado ao que se fai referencia nos antecedentes do expediente sancionador tramitado non se resolveu desfavorablemente para ‘France Telecom’, senón que se estimou o recurso de reposición formulado, mediante resolución de data 10 de maio de 2011.

O recurso debe ser desestimado neste punto xa que, se ben é certo que mediante Resolución de Alcaldía de data 10 de maio de 2011 estimouse o recurso de reposición interposto fronte a Resolución de Alcaldía de data 28.02.2011 na que se ordenaba a retirada da instalación, no senso de estimar que non se respectaran os tres meses previstos na lei para legalizar a instalación, non o é que esta fose a última resolución do expediente xa que na mesma resolución se revogaba a resolución de data 28.02.2011 e se concedía un novo prazo de tres meses para a concesión da licenza (a solicitude de licenza de obra obxecto do expediente nº 22.820 foi declarada caducada por acordo da Xunta de Goberno Local de data 14.10.2009). Transcorrido ese novo prazo de tres meses por Resolución de Alcaldía de data 08.02.2012 ordenouse a retirada da estación base de telecomunicacións instalada (resolución notificada o 29.02.2012), concedendo para o efecto un novo prazo de tres meses. O incumprimento desta orde deu lugar a sendas multas coercitivas .

Incorrecta tipificación da infración imputada da que se deriva a sanción recorrida.

Visto o artigo 208 da LOUGA: ‘Os feitos constatados polo persoal funcionario da inspeción e vixilancia urbanística no exercicio das competencias propias en materia de disciplina urbanística gozan de valor probatorio e presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que en defensa dos respectivos dereitos ou intereses poidan sinalar ou achegar os administrados’.

Page 13: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

As obras obxecto deste expediente están tipificadas como graves polo arquitecto municipal no seu informe de data 19.03.2015, que sinala as obras realizadas están tipificadas como graves segundo o disposto no artigo 217.3.a) da LOUG e se consideran ilegalizables por seren incompatibles coas determinacións urbanísticas establecidas ao respecto nas normas subsidiarias de planeamento de Cangas e na ordenanza municipal de telecomunicación.

O contido deste informe ratificouse mediante informe emitido 31 de agosto de 2016.

Manifesta que non está motivada a resolución, que non ten constancia do informe do arquitecto municipal e que esto o sitúa nunha situación de indefensión, toda vez, que no expediente de restauración da legalidade se lle deu un prazo para legalizar.

Unha das alegacións que mais se repite neste tipo de expediente é a de que o procedemento administrativo tramitouse con indefensión das partes. Nembargantes, a xurisprudencia entende que para que exista tal indefensión debe ser material, non formal, consistente nun efectivo e real menoscabo do dereito de defensa constitutivo de lesión constitucional. Asi o ten establecido o TSX Galicia en múltiples ocasións, entre elas STSX Galicia 41/2007, de 13 de marzo. En toda a tramitación do expediente transcríbese o contido do informe municipal.

Solicita a aplicación de atenuantes na contía da sanción.

Infórmase que en virtude do disposto no artigo 220 da LOUG a sanción imposta é a mínima prevista na lei para unha infración grave polo que non procede a aplicación de ningún atenuante, polo que neste punto o recurso tamén debe ser desestimado. Polo exposto, PROPONSE: PRIMEIRO.- Desestimar o recurso de reposición interposto por ‘FRANCE TELECOM ESPAÑA SAU’ contra o acordo da Xunta de Goberno Local de data 7 de xullo de 2014 do expediente sancionador nº 59/2009-S, pola que se acordou impoñer a ‘FRANCE TELECOM ESPAÑA SAU’, unha sanción de seis mil un euros (6.001,00 €) polas obras realizadas no lugar de Liméns-O Hío, consistentes en instalación dunha estación base de telecomunicacións polos fundamentos xurídicos expostos no corpo desta resolución. SEGUNDO.- Confirmar o acordo da Xunta de Goberno Local de data de 7 de xullo de 2014 en todos os seus termos. TERCEIRO.- Dar traslado desta Resolución ao departamento de Disciplina para que se notifique o acordo ao interesado e á Tesourería Municipal. Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado contecioso-administrativo da circunscrición onde

Page 14: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

radique o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.º.3º da lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación , segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei”.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar integramente a proposta do instrutor transcrita anteriormente, referente ao expediente sancionador por infración urbanística nº 59/2009-S. 4.B) PROPOSTA DO INSTRUTOR S/EXPEDIENTE DE INFRACIÓN URBANÍSTICA Nº 12/2015-S Dase conta de proposta do instrutor do día 19.09.2016, referente ao expediente de infración urbanística nº 12/2015-S, que é como segue: "EXPEDIENTE SANCIONADOR POR INFRACIÓN URBANÍSTICA Nº 12/2015 PROPOSTA DE SANCIÓN PARA A XUNTA DE GOBERNO LOCAL Visto o expediente de referencia iniciado por acordo da Xunta de Goberno Local de data, resulta que: PRIMEIRO.- Por parte de B.I.G. e segundo consta no expediente anterior de restauración da legalidade urbanística, se efectuaron no lugar de Pinténs-O Hío, obras consistentes en realizar unha rampla no camiño para o acceso á propiedade que alcanza unha altura aproximada de 45 cm., con respecto á rasante actual do camiño, sendo a construción de carácter ilegalizable. SEGUNDO.- Dentro do prazo outorgado neste expediente sancionador para formular alegación ou para aportar documentos e informacións, con data 7 de setembro do 2016, B.I.G. formula alegacións ao expediente sancionador dentro do prazo conferido para o efecto manifestando que: - As obras contidas neste expediente xa estaban comtempladas na licenza urbanística para a construción da vivenda unifamiliar, debido a un mal entendido na execución destas non se axustan estrictamente á legalidade urbanística, unha vez corrixida dita deficiencia, as obras se axustan á legalidade urbanística. Esta alegación debe ser estimada segundo o informe do arquitecto municipal de data 16 de setembro do 2016, no que manifesta que: ‘á vista do especificado no escrito presentado con rexistro de entrada nº 12.133, de data 7 de setembro do 2016, se considera que deberá arquivarse o expediente, por non existir infración urbanística. Visto o Decreto da Alcaldía de data 2 de xullo de 2015, polo que se delega na Xunta de Goberno Local a tramitación dos expedientes sancionadores en

Page 15: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

materia de disciplina urbanística, propoño á Xunta de Goberno Local a adopción do seguinte ACORDO: * Proceder ao arquivo do expediente sancionador por infración urbanística nº 12/2015-S”. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar integramente a proposta do instrutor transcrita anteriormente, referente ao expediente sancionador por infración urbanística nº 12/2015-S. 4.C) PROPOSTA DO INSTRUTOR S/EXPEDIENTE DE INFRACIÓN URBANÍSTICA Nº 33/2014-S Dase conta de proposta do instrutor do día 29.09.2016, referente ao expediente de infración urbanística nº 33/2014-S, que é como segue: “EXPEDIENTE SANCIONADOR POR INFRACIÓN URBANÍSTICA Nº 33/2014 PROPOSTA DE SANCIÓN PARA A XUNTA DE GOBERNO LOCAL Visto o expediente de referencia iniciado por acordo da Xunta de Goberno Local de data, resulta que: PRIMEIRO.- Por parte de E.L.A. e segundo consta no expediente anterior de restauración da legalidade urbanística, se efectuaron no lugar de Río Esteiro-O Hío, obras consistentes en reconstrución dun muro de pedra a menos de 4,00 metros do eixo do camiño, sendo a construción de carácter ilegalizable. SEGUNDO.- Dentro do prazo outorgado neste expediente sancionador para formular alegación ou para aportar documentos e informacións, con data 5 de xuño do 2015 E.L.A., formula alegacións ao expediente sancionador dentro do prazo conferido ao efecto manifestando que: ‘Xa foi restablecida a infración urbanística, de maneira que na actualidade non existe ningunha infración ou actuación pendente de realizar’. Visto o informe da inspección municipal de data 22 de abril do 2015, procede estimar a alegación presentada. Malia isto, por realizar as obras sen licenza e visto que o informe técnico de 01.09.2016 informa no que son tipificadas como graves as obras realizadas, de acordo co establecido no art. 158.3 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro. TERCEIRO.- Que se ten que declarar probado sen necesidade de práctica de proba a existencia de obras, o que constitúe unha infración urbanística

Page 16: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

tipificada no artigo 157 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, podendo clasificarse como grave, segundo o determina o artigo 217.3 da mesma norma citada. CUARTO.- Que E.L.A. na súa calidade de promotora é responsable directa da referida infración. QUINTO.- Que de acordo co establecido nos artigos 161 da Lei 2/2016 e 55 do Regulamento de Disciplina Urbanística a entidade da infración cometida, en canto á gravidade da materia se refire, é o suficientemente importante para graduar a sanción a impoñer na súa contía seis mil euros (6000,00 €). Indicar ao interesado que por legalizar as obras realizadas antes da resolución do presente expediente reducirase a contía da sanción nun 90%. SEXTO.- Que de conformidade co sinalado no ar. 19.2 do Rd 1398/93, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, cabe prescindir do tramite de audiencia silanado no apartado 1 do artigo citado. Visto o Decreto da Alcaldía de data 2 de xullo de 2015, polo que se delega na Xunta de Gobemo Local a tramitación dos expedientes sancionadores en materia de disciplina urbanística, propoño á Xunta de Goberno Local a adopción do seguinte ACORDO: PRIMEIRO.- Desestimar a alegación formulada por E.L.A, toda vez que non desvirtúa os feitos probados, que deben seren sancionados visto o artigo 157 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia. SEGUNDO.- Impoñer a E.L.A., na súa calidade de promotora unha multa sancionadora de seiscentos euros (600,00 €), por infración ao ter cometido obras no lugar de Río Esteiro-O Hío, consistentes en realizar a reconstrución dun muro de pedra a menos de 4,00 metros do eixo do camiño. O que se lle notifica, significándolle que dispoñen do prazo de 15 días dentro do cal poderán formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes, para tales efectos, ponse de manifesto o expediente para que poidan examinalo e de ser o caso, obter as copias dos documentos que constan neste durante o expresado prazo, de conformidade co disposto no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora. Una vez concluído o devandito prazo, a proposta de resolución será elevada ao órgano competente para resolver o procedemento, xunto cos documentos, alegacións e informacións que consten neste.

Page 17: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

Advírtese á interesada que as sancións impostas ao abeiro da Lei 2/2016 reduciranse na súa contía nun 50% se son aboadas no prazo de período voluntario e, neste mesmo prazo, a infractora amosa por escrito a súa conformidade con estas e renuncia expresamente ao exercicio de toda ación de impugnación no referido prazo. A posterior ación de impugnación implicará a perda da referida redución”. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar integramente a proposta do instrutor transcrita anteriormente, referente ao expediente sancionador por infración urbanística nº 33/2014-S. 4.D) PROPOSTA DO INSTRUTOR S/EXPEDIENTE DE INFRACIÓN URBANÍSTICA Nº 40/2015-S Dase conta de proposta do instrutor do día 29.09.2016, referente ao expediente de infración urbanística nº 40/2015-S, que é como segue: “EXPEDIENTE SANCIONADOR POR INFRACIÓN URBANÍSTICA Nº 40/2015-S PROPOSTA DE SANCIÓN PARA A XUNTA DE GOBERNO LOCAL Visto o expediente de referencia iniciado por acordo da Xunta de Goberno Local de data 13 de xuño do 2016, resulta que: PRIMEIRO.- Por parte de A.M.V.V. e segundo consta no expediente restauración da legalidade urbanística nº 40/2015, se efectuaron no lugar de San Roque-Darbo, obras consistentes na realización dun muro a base de cachotería sen axustarse á aliñación establecida respecto do camiño, sendo a construción de carácter ilegalizable, visto o informe do arquitecto municipal de data 29 de setembro do 2016. Dito muro conta cunha orde de demolición acordada mediante Resolución de Alcaldía de data 12.01.2016. SEGUNDO.- Dentro do prazo outorgado neste expediente sancionador para formular alegacións ou para aportar documentos ou información que considere oportunas, M.V.V, con data 8 de setembro do 2016, rexistro de entrada nº 12187, presenta escrito de alegacións no que manisfesta que:

- ‘O muro ao que se alude non pode ser considerado obra, dado que xa existía hai máis de 15 anos e que, se se trata dun segundo muro, non existe unha orde de demolición como se indica, existindo, consecuentemente a prescrición da obra realizada.’

Page 18: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

Esta alegación debe ser desestimada, visto o informe da inspección de obras de data 26 de setembro do 2016, no que manifesta que o muro obxecto deste expediente é un muro novo, o mesmo que se denunciou no expediente de restauración da legalidade urbanística nº 40/15. Resulta probada a existencia dunha orde de demolición acordada mediante Resolución de Alcaldía de data 12.01.2016 e notificada ó interesado en data 28.01.2016. TERCEIRO.- Que se ten que declarar probado sen necesidade de práctica de proba a existencia de obras sen licenza para iso, o que constitúe unha infración urbanística tipificada no artigo 157 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, podendo clasificarse como grave, segundo o determina o artigo 217.3 da mesma norma citada. CUARTO.- Que M.V.V., na súa calidade de promotor é responsable directo da referida infración. QUINTO.- Que de acordo co establecido nos artigos 161 da Lei 2/2016, e 55 do Regulamento de Disciplina Urbanística a entidade da infración cometida, en canto á gravidade da materia se refire, é o suficientemente importante para graduar a sanción a impoñer na súa contía seis mil un euros (6001,00 €). Indicar ao interesado que por legalizar as obras realizadas antes da resolución do presente expediente reducirase a contía da sanción nun 90%. SEXTO.- Que de conformidade co sinalado no art. 19.2 do Rd 1398/93, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, cabe prescindir do tramite de audiencia silanado no apartado 1 do artigo citado. Visto o Decreto da Alcaldía de data 2 de xullo de 2015, polo que se delega na Xunta de Gobemo Local a tramitación dos expedientes sancionadores en materia de disciplina urbanística, propoño á Xunta de Goberno Local a adopción do seguinte ACORDO: PRIMEIRO.- Desestimar a alegación formulada por M.V.V., visto o informe do inspector de data 26 de setembro de 2016, toda vez que a sanción imposta é polas obras ilegalizables obxecto do expediente de restauración da legalidade nº 40/2015. SEGUNDO.- Impoñer a M.V.V., na súa calidade de promotor unha multa sancionadora de seis mil un euros (6001,00 €) por infración ao ter cometido obras no lugar de San Roque-Darbo, consistentes en realizar un muro a base de cachotería sen axustarse á aliñación con respecto do camino que conta cunha orde de demolición comunicada ó interesado o pasado 28.01.2016.

Page 19: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

Advírtese ao interesado que as sancións impostas ó abeiro da Lei 2/2016 reduciranse na súa contía nun 50% se son aboadas no prazo de periodo voluntario e, neste mesmo prazo, o infractor mostra por escrito a súa conformidade con estas e renuncia expresamente ó exercicio de toda ación de impugnación no referido prazo. A posterior ación de impugnación i,mplicará a perda da referida redución”. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar integramente a proposta do instrutor transcrita anteriormente, referente ao expediente sancionador por infración urbanística nº 40/2015-S. 4.E) PROPOSTA DO INSTRUTOR S/EXPEDIENTE DE INFRACIÓN URBANÍSTICA Nº 33/2015-S Dase conta de proposta do instrutor do día 28.09.2016, referente ao expediente de infración urbanística nº 33/2015-S, que é como segue: “EXPEDIENTE SANCIONADOR POR INFRACIÓN URBANÍSTICA Nº 33/2015/S PROPOSTA DE SANCIÓN PARA A XUNTA DE GOBERNO LOCAL Visto o expediente de referencia iniciado por acordo da Xunta de Goberno Local de data 13 de xuño do 2016, resulta que: PRIMEIRO.- Por parte de J.A.C.G. e segundo consta no expediente anterior de restauración da legalidade urbanística, se efectuaron no lugar de Nerga-O Hío, obras consistentes en realizar un cerramento sen axustarse á comunicación previa nº 24592 para a realización dun muro de cachotería de 0,70 m de alto. SEGUNDO.- Dentro do prazo outorgado neste expediente sancionador para formular alegación ou para aportar documentos e informacións, con data 20 de xullo do 2016 rexistro de entrada nº 9581, J.A.C.G. formula alegacións ao expediente sancionador dentro do prazo conferido para o efecto manifestando que: ‘Xa realizou a demolición do muro, polo que solicita a redución da sanción nun 90 por cento’. Procede estimar a alegación presentada a vista do informe da inspeción municipal de obras de data 28 de setembro do 2016, no que manifesta que: presentado no lugar, comprobo que o cerramento en cuestión foi totalmente demolido. TERCEIRO.- Que se ten que declarar probado sen necesidade de práctica de proba a existencia de obras, o que constitúe unha infración urbanística

Page 20: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

tipificada no artigo 157 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, podendo clasificarse como grave, segundo o determina o artigo 158.3 da mesma norma citada. CUARTO.- Que J.A.C.G. na súa calidade de promotor é responsable directo da referida infración. QUINTO.- Que de acordo co establecido nos artigos 161 da Lei 2/2016, e 55 do Regulamento de Disciplina Urbanística a entidade da infración cometida, en canto á gravidade da materia se refire, é o suficientemente importante para graduar a sanción a impoñer na súa contía seis mil un euros (6001,00 €). Indicar ao interesado que por legalizar as obras realizadas antes da resolución do presente expediente reducirase a contía da sanción nun 90%. SEXTO.- Que de conformidade co sinalado no art. 19.2 do Rd 1398/93, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, cabe prescindir do tramite de audiencia silanado no apartado 1 do artigo citado. Visto o Decreto da Alcaldía de data 2 de xullo de 2015, polo que se delega na Xunta de Goberno Local a tramitación dos expedientes sancionadores en materia de disciplina urbanística, propoño á Xunta de Goberno Local a adopción do seguinte ACORDO: * Impoñer a J.A.C.G., na súa calidade de promotor unha multa sancionadora de seiscentos euros (600,00 €) por infración ao ter cometido obras no lugar de Nerga-O Hío, consistentes en realizar muros de contención e cerramento de pedra, así como movementos de terra. Advírtese ao interesado que as sancións impostas ao abeiro da Lei 2/2016 reduciranse na súa contía nun 50% se son aboadas no prazo de período voluntario e neste mesmo prazo, o infractor amosa por escrito a súa conformidade con estas e renuncia expresamente ao exercicio de toda acción de impugnación no referido prazo. A posterior ación de impugnación implicará a perda da referida redución”. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar integramente a proposta do instrutor transcrita anteriormente, referente ao expediente sancionador por infración urbanística nº 33/2015-S. 5º.- PROPOSTA DE APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS TÉCNICOS PARA O FUNCIONAMENTO E MANTEMENTO DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL Dase conta de proposta de data 29.09.2016 do concelleiro de Ensino e Deporte,

Page 21: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

referente a aprobación de expediente de contratación dos servizos técnicos para o funcionamento e mantemento da piscina cuberta municipal, que é como segue: “PROPOSTA DE APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN Visto que mediante providencia de Alcaldía de data 1 de xullo de 2016 se iniciou o procedemento de adxudicación do contrato dos servizos docentes e técnicos e as actividades deportivas da piscina cuberta do Concello de Cangas suxeito a regulación harmonizada por razón do seu importe, por procedemento aberto, oferta económicamente mais vantaxosa, varios criterios de adxudicación, ascendendo o importe anual do contrato para un período de 10 meses á cantidade de douscentos sesenta mil euros (260.000,00 €) IVE incluído (orzamento base de licitación: douscentos sesenta mil euros (260.000,00 €) e cincuenta e catro mil seiscentos euros (54.600,00 € de IVE). Visto que foron redactados e achegados ao expediente o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que rexerán a adxudicación do contrato. Malia o disposto no informe conxunto de Secretaría e Intervención de data 29 de setembro de 2016.

Visto que o contrato financiarase con cargo ao orzamento municipal vixente nos anos que van do 2017 ao 2018. Despois de examinar a documentación achegada e de conformidade co establecido no artigo 110 e na disposición adicional segunda do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, RESOLVO: PRIMEIRO.- Aprobar o expediente de contratación dos servizos docentes e técnicos e as actividades deportivas da piscina cuberta do Concello de Cangas suxeito a regulación harmonizada por razón do seu importe, por procedemento aberto, oferta económicamente mais vantaxosa, varios criterios de adxudicación. SEGUNDO.- Aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que rexerán o contrato dos servizos docentes e técnicos e as actividades deportivas da piscina cuberta de Cangas e ordenar a súa publicación no Boletín Provincial de Pontevedra e no perfil do contratante. TERCEIRO.- Publicar no Diario Oficial da Unión europea, no Boletín Oficial do Estado, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no perfil do contratante o anuncio de licitación, para que durante o prazo de 29 días os interesados poidan presentar as proposicións que estimen pertinentes.

Page 22: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

CUARTO.- Publicar os pregos de contratación no perfil do contratante a partir da data de publicación do anuncio no Diario Oficial da Unión Europea”. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar integramente a proposta do concelleiro de Ensino e Deporte, referente a aprobación de expediente de contratación dos servizos técnicos para o funcionamento e mantemento da piscina cuberta municipal. FACENDA 6º.- INFORMES DE TESOURERÍA S/DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS 6.A) APROBACIÓN DE SOLICITUDES DE DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS Examinados os informes emitidos pola Tesourería Municipal, referente a diversas solicitudes de devolución de garantías por realización de obras. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, e de conformidade cos informes favorables da Tesourería Municipal, acorda aprobar as solicitudes de devolución de garantías aos seguintes solicitantes:

SOLICITANTE GARANTÍA IMPORTE OBXECTO

UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN SA

AVAL 7.807,30 € EXPEDIENTE Nº 24.848

6.B) DENEGACIÓN DE SOLICITUDES DE DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS Examinados os informes emitidos pola Tesourería Municipal, referente a diversas solicitudes de devolución de garantías por realización de obras. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, e de conformidade cos informes desfavorables da Tesourería Municipal, acorda denegar as solicitudes de devolución de garantías aos seguintes solicitantes:

SOLICITANTE GARANTÍA IMPORTE OBXECTO

SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MONTAJES

INDUSTRIALES SAAVAL 14.397,97 € LICENZA Nº 24.044

SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MONTAJES

INDUSTRIALES SA

AVAL 1.022,69 € LICENZA Nº 24.822

SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MONTAJES INDUSTRIALES SA

AVAL 4.172,68 € LICENZA Nº 24.044

SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MONTAJES

INDUSTRIALES SA

AVAL 27.958,99 € LICENZA Nº 24.330

Page 23: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MONTAJES INDUSTRIALES SA

AVAL 1.518,37 € LICENZA Nº 23.950

SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MONTAJES

INDUSTRIALES SA

AVAL 1.131,15 € LICENZA Nº 24.457

SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MONTAJES

INDUSTRIALES SA

AVAL 1.786,28 € LICENZA Nº 23.950

SOCIEDAD ESPAÑOLA DE MONTAJES INDUSTRIALES SA

AVAL 1.200,00 € LICENZA Nº 23.728

SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E SANIDADE 7º.- PROPOSTA S/APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE LICITACIÓN DO CONTRATO DE SERVIZO PARA A IMPARTICIÓN DOS CURSOS DEDICADOS A PERSOAS MAIORES, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO E VARIOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN Dase conta de proposta do día 30.09.2016 do concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, referente a aprobación de expediente de licitación do contrato de servizo para a impartición dos cursos dedicados a persoas maiores, mediante procedemento aberto e varios criterios de adxudicación, que é como segue: “PROPOSTA DE APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN

Vista a proposta elaborada por esta concellería en data 12.08.2016 pola que se inicia o expediente de contratación do servizo para a impartición dos cursos dedicados a persoas maiores. Visto que, dada a característica do servizo parece que o procedemento mais adecuado é o procedemento aberto, oferta economicamente mais vantaxosa, con varios criterios de adxudicación. Visto que o día 30 de setembro por Secretaría se emitiu un informe sobre a lexislación aplicable, o procedemento que había que seguir e o órgano competente para aprobar e adxudicar o contrato.

Visto que foron redactados e achegados ao expediente o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que rexerán a adxudicación do contrato.

Visto que consta no expediente o documento de retención de crédito e que o día 30 de setembro o interventor emitiu un informe de fiscalización do expediente.

Despois de examinar a documentación achegada e de conformidade co establecido no artigo 110 e na disposición adicional segunda do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, PROPOÑO:

Page 24: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

PRIMEIRO.- Aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, oferta economicamente mais vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, do servizo para a impartición dos cursos dedicados a persoas maiores. SEGUNDO.- Que se autorice o gasto que para este concello representa a devandita contratación, con cargo á aplicación 231.22609 do estado de gastos do orzamento municipal deste concello para o exercicio 2016. TERCEIRO.- Aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que rexerán o contrato do servizo para a impartición dos cursos dedicados a persoas maiores por procedemento aberto, oferta mais vantaxosa, varios criterios de adxudicación. CUARTO.- Que se publique no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no perfil do contratante un anuncio de licitación, para que durante o prazo de quince días naturais os/as interesados/interesadas poidan presentar as proposicións que consideren pertinentes”. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar integramente a proposta transcrita anteriormente do concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, referente a aprobación de expediente de licitación do contrato de servizo para a impartición dos cursos dedicados a persoas maiores, mediante procedemento aberto e varios criterios de adxudicación. 8º.- DACIÓN DE CONTA DE SINATURA DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E O CONCELLO DE CANGAS PARA A CONTINUIDADE DO FUNCIONAMENTO DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE CANGAS Dáse conta de sinatura o día 16 de setembro de 2016 de convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social e o Concello de Cangas para a continuidade do funcionamento do Centro Sociocomunitario de Cangas. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda o seguinte: PRIMEIRO.- Tomar coñecemento da sinatura o día 16 de setembro de 2016 de convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social e o Concello de Cangas para a continuidade do funcionamento do Centro Sociocomunitario de Cangas.

Page 25: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

SEGUNDO.- Dar traslado de copia do convenio xunto co acordo aos departamentos de Intervención e Concellería de servizos sociais. ENSINO E DEPORTE 9º.- APROBACIÓN DA ACTA DE RECEPCIÓN DA OBRA DE “MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS” Dáse conta de acta de recepción de data 22.01.2016 correspondente á obra “MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS” (PPOS/15), asinada por Carlos Paz Fernández, en representación da empresa adxudicataria “CD INDEPO SL”, e por Mª Isabel Medraño Fariña, directora da obra. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda quedar informada da acta de recepción da obra obra “MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS” (PPOS/15). ESTATÍSTICA 10º.- PROPOSTA DA ALCALDÍA S/AUTORIZACIÓN DE TRANSMISIÓN DE LICENZA DE TAXI Dáse conta de proposta da Alcaldía do día 29.09.2016, referente a solicitude de transmisión de licenza de taxi, que é como segue: “PROPOSTA ALCALDÍA Asunto.- Transmisión licenza taxi. Vista a solicitude de transmisión da titularidade de licenza de taxi, presentado por D. M.H.D.R.,con domicilio en Avda. de Pontevedra, 9-1º-San Roque-Darbo-Cangas, a favor de O.C.M., e con domicilio en Rúa Outeiro de Erbello, nº 19-Aldán-Cangas. Visto o informe favorable emitido polo Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, con data 21.09.2016, de conformidade co establecido na Lei 4/2103, de 30 de maio, de transportes público de persoas en vehículos de Galicia (DOG n9 113 do 14 de xuño). Visto o anterior propoño a aprobación do seguinte acordo: PRIMEIRO.- Autorizar, de conformidade co disposto no establecido na Lei 4/2013, de 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de

Page 26: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

turismo de Galicia, a transmisión da licenza de taxi nº 46 de M.H.D.R a favor de D. O.C.M., previo pagamento da correspondente taxa municipal. SEGUNDO.- A persoa interesada, novo titular, solicitará á dirección xeral compentente en materia de transportes da Xunta de Galicia a transmisión da autorización interurbana de taxi. Achegando ao Concello e ao Servizo de Mobilidade a documentación correspondente. Para tales efectos deberá achegar a seguinte documentación: - Impreso de solicitude. - Xustificante de pago da taxa de transmisión de autorización. - Permiso de circulación do vehículo, ficha técnica e ITV vixente; debendo este axustarse aos requirimentos técnicos esixidos pola normativa vixente, en especial no tocante á capacidade do maleteiro, que deberá contar cun mínimo de 45 litros de capacidade por cada unha das prazas de uso dos pasaxeiros que lle sexa autorizada. - Alta no imposto de actividades económicas (IAE ou alta de declaración censal). - Carné de conducir. - Alta na seguridade social ou recibo de autónomos correspondente ao derradeiro mes. - Follas/Libro de reclamacións e taxa. - Póliza de seguro (Responsabilidade civil polos danos que se poidan ocasionar na prestación do servizo, segundo o disposto na normativa vixente -50.000.000 €) e recibo de pago. - Autorización da transmisión da licenza municipal. - Orixinal da autorización VT-N do transmitente. TERCEIRO.- Dar traslado do presente acordo aos interesados, así como aos departamentos de Intervención e Estatística”. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar

Page 27: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

integramente a proposta da Alcaldía transcrita anteriormente referente a solicitude de transmisión de licenza de taxi. CULTURA E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA 11º.- DACIÓN DE CONTA DE SINATURA DE CONVENIO DE ADHESIÓN Á REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS-2016 Dáse conta de sinatura o día 12 de xullo de 2016 de convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Cangas para a colaboración mutua na programación específica denominada Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda o seguinte: PRIMEIRO.- Tomar coñecemento da sinatura o día 12 de xullo de 2016 de convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Cangas para a colaboración mutua na programación específica denominada Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). SEGUNDO.- Dar traslado de copia do convenio xunto co acordo ao departamento de Intervención e Auditorio Municipal. PERSOAL 12º.- DACIÓN DE CONTA DE SINATURA DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE E VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA E O CONCELLO DE CANGAS PARA A CONTRATACIÓN DE AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL DURANTE A TEMPADA DE VERÁN-2016 Dáse conta de sinatura o día 9 de setembro de 2016 de convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cangas para a contratación de auxiliares de Policía Local durante a tempada de verán-2016. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda o seguinte: PRIMEIRO.- Tomar coñecemento da sinatura o día 9 de setembro de 2016 de convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,

Page 28: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cangas para a contratación de auxiliares de Policía Local durante a tempada de verán-2016. SEGUNDO.- Dar traslado de copia do convenio xunto co presente acordo aos departamentos de Persoal e Intervención. URXENCIAS ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Trala declaración da urxencia, por unanimidade dos/das Sres./Sras. concelleiros/concelleiras asistentes, (art. 83 R.d. 2568/1986, do 28 de novembro), adoptáronse os seguintes acordos: A) INFORME DA DIRECTORA DA OBRA “PROXECTO DE REFORMA DO SANEAMENTO E FALSO TEITO DA CASA DA CULTURA” Dáse conta de informe emitido en data 05.08.2016 por Mª Isabel Medraño Fariña, directora da obra “PROXECTO DE REFORMA DO SANEAMENTO E FALSO TEITO DA CASA DA CULTURA”, que é como segue: “M.I.M.F., directora de la obra "PROXECTO DE REFORMA DO SANEAMENTO E FALSO TEITO DA CASA DA CULTURA", adxudicada polo Concello de CANGAS a CONSTRUCCIONES CORES MEAÑO, SL: INFORMA: Una vez iniciadas as obras e desmontado o falso teito existente, compróbase que existe desprazamento das placas de uralita da cubierta en contacto cos bordos inferiores dos lucernarios, nas dúas salas principais e na zona central do hall de entrada (achéganse fotografías). O desprazamento provoca filtracións esporádicas de auga e é debido a unha mala colocación das planchas que non dispoñen dun apoio adecuado do bordo superior, o que provocou o desprazamento, ao estar en voo e sen suxeicións, peso propio da mesma placa e da tella foronse deslizando as planchas. É por iso que considero que se teñen que adoptar as seguintes medidas: • Realización dun reforzo estrutural no bordo dos lucernarios que garantice o apoio adecuado das placas, a súa recolocación e que evite novos desprazamentos que puidesen provocar entrada de augas de choiva. • As placas de cartón xeso deberían ser placas hidrófugas, ao poderse comprobar que non se dispón de aislamento térmico na cuberta e estar simplemente colocada a uralita, isto supón que a cámara de aire resultante está

Page 29: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

exposta á entrada de aire e humidade do aire, na posición de exposto que ten o edificio ao estar ao bordo do mar e orientación sur, de onde proceden as choivas e vento predominante dos temporais, isto podería prexudicar o envellecemento, mantemento e durabilidade das placas de falso teito, co consabido prexuízo dada a dificultade de traballos en altura que supón a súa colocación, así como que é necesario pechar as salas ao uso durante estas. A cuberta tiña sido remodelada con anterioridade, con cargo ao Plan E , estas obras foron realizadas pola empresa construtora CONSTRUCTORA OUTÓN SLU (CIF: B36046126) durante as obras de ‘Rehabilitación Casa da Cultura’. Detállanse a continuación as características do reforzo estrutural, as súas dimensións e situación e das placas de falso teito. ORDE CONCEPTO UD €

ml

IPE80 en aceiro laminado A-42B LONXITUDE= 4,25ML(8 ud) Perfil de aceiro laminado tratado con pintura antioxidante (2 mans), totalmente colocado, incluso pp. de soldado do mesmo ao perfil das cerchas existentes e recolocación das pranchas de uralita desprazadas.

34 36,90 1254,60

ml

IPE80 en aceiro laminado A-42B Lonxitude=4 ML (2ud) Perfil de aceiro laminado tratado con pintura antioxidante (2 mans), totalmente colocado, incluso soldado do mismo ao perfil das cerchas existente e recolocación das pranchas de uralita desprazadas.

8 36,90 295,20

m2 TRATAMENTO HIDRÓFUGO DAS PLACAS DE

CARTÓN-XESO A UTILIZAR.

593,81 2,00 1187,62

2737,42

IVA 21% 574,86

PRESUPOSTO TOTAL 3312,28

Visto que, tal e como se sinala no informe transcrito, a empresa constructora OUTÓN SLU executou a obra de “Rehabilitación Casa da cultura”.

Visto que segundo o artigo 100 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, a garantía responderá dos seguintes conceptos:

“Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigacións, e dos danos e perdas ocasionados á mesma con motivo da

Page 30: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución.”

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda

PRIMEIRO: Quedar enterada do informe emitido pola directora da obra “PROXECTO DE REFORMA DO SANEAMENTO E FALSO TEITO DA CASA DA CULTURA”.

SEGUNDO: Solicitar á M.I.M.F. que informe sobre a correcta execución por parte de OUTÓN SLU das prestacións contempladas no contrato de “Rehabilitación Casa da Cultura” aos efectos de determinar si procede a execución da garantía constituída pola sinalada empresa en relación as medidas que é necesario adoptar polo desprazamento das placas de uralita da cuberta da Casa da Cultura.

B) PROPOSTA DO CONCELLEIRO DE URBANISMO S/INICIO DE AMPLIACIÓN DO PEPRI Dase conta de proposta do día 30.09.2016 do concelleiro de Urbanismo, referente a inicio de ampliación do PEPRI, que é como segue: “PROPOSTA DE ACORDO Á XUNTA DE GOBERNO LOCAL Concedida LICENZA DE OBRAS N° 24.655, EXPEDIENTE Nº 23.619 na Xunta de Goberno Local de 9 de febreiro de 2016 a Ancoradouro SL, para en rúa Álvaro Guitián-Cangas, en solo urbano regulado pola ordenanza Pepri, construír un edificio composto de 56,66 m2., de planta baixa, 68,18 m2., de primeiro andar, outros tantos de segundo andar e a mesma superficie de aproveitamento baixo cuberta, de conformidade co proxecto básico. Preséntanse posteriormente dous escritos cuestionando a validez da licenza e reclamando deixar sen efecto esta por non axustarse ás determinacións do Pepri por carecer da preceptiva ficha que sustentara a devandita licenza. A raíz do exposto e presentando informe técnico-xurídico propoñendo o cambio de redación da referida licenza, a Xunta de Goberno Local considera que debe procederse a emendar o erro cometido, definindo a súa clasificación para dotalo da seguridade xurídica e urbanística que lle corresponda, que ao entender do devandito órgano de goberno débense iniciar os trámites oportunos para incluír ese ámbito no Pepri formalizando e tramitando a ficha que corresponda con base nos informes oportunos e preceptivos elaborados polos servizos técnicos e xurídicos municipais. Esta proposta viría reforzada pola existencia dun erro na delimitación no ámbito do Pepri que debería desenvolver toda a delimitación da ordenanza URNA,

Page 31: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

sendo preciso proceder a unha nova redelimitación do Pepri que inclúa todo o ámbito da ORDENANZA URNA. Máximo cando este erro está constatado en colindancia co conxunto patrimonial de Síngulis, catalogado xa dende as NN.SS.PP. do 91. PROPOSTA DE ACORDO: - Que se inicien con carácter urxente todos os trámites oportunos para os efectos de incluír no ámbito PEPRI o solar afectado para dotalo de seguridade xurídica de ambos ámbitos afectados”. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar integramente a proposta transcrita anteriormente do concelleiro de Urbanismo, referente a inicio de ampliación do PEPRI. C) DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓN DA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA S/CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DE “ACONDICIONAMENTO DO PASEO PRAIA DA CONGORZA-PRAIA DE AREAMILLA” Visto o escrito remitido pola Axencia de Turismo de Galicia (R.E. nº 13.196 do 27.09.2016) no que se comunica a resolución definitiva de concesión de subvención ao Concello de Cangas por un importe de vinte e tres mil seiscentos sesenta e catro euros con sesenta e seis céntimos (23.664,66€) para a realización da obra “ACONDICIONAMENTO DO PASEO PRAIA DA CONGORZA-PRAIA DE AREAMILLA”. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda tomar coñecemento e aceptar a concesión, por parte da Axencia de Turismo de Galicia, de subvención ao Concello de Cangas por un importe de vinte e tres mil seiscentos sesenta e catro euros con sesenta e seis céntimos (23.664,66€) para a realización da obra “ACONDICIONAMENTO DO PASEO PRAIA DA CONGORZA-PRAIA DE AREAMILLA”. D) PROPOSTA DO CONCELLEIRO DE SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E SANIDADE S/CONVOCATORIA DE DESIGNACIÓN DE MEMBROS NO CONSELLO MUNICIPAL DE SAÚDE DE CANGAS (CMSC) Vista a proposta do día 03.10.2016 do concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, referente á convocatoria de designación de membros no Consello Municipal de Saúde de Cangas (CMSC), que di o seguinte:

Page 32: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

“Visto o disposto no artigo 13.1 do Regulamento do Consello municipal de saúde de Cangas (BOPPO núm. 111 de 10 de xuño de 2016), que literalmente di:

‘Artigo 13.- SISTEMA ELECTORAL A SEGUIR PARA O NOMEAMENTO DOS MEMBROS DO CMSC

1.- A Xunta de Goberno Local aprobará, a proposta do/da concelleiro/concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade a convocatoria de elecións para prover os representantes dos diferentes colectivos no CMSC.’

Visto que de conformidade co artigo 10.1 do sinalado regulamento, formarán parte do Pleno do Consello municipal de saúde, entre outros, os seguintes membros:

- Cinco representantes polas asociacións de veciños/veciñas inscritas no rexistro de Asociacións do Concello, elixidos entre estas e garantindo o nomeamento de un representante por cada unha das parroquias de Cangas.

- Dous/Dúas representantes polas asociacións ou organizacións Culturais, deportivas, xuvenís, consumidores, amas de casa e asociacións de nais e pais de alumnos/alumnas, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello, elixidos entre estas.

- Un/Unha representante de cada unha das asociacións de promoción da saúde e/ou de proteción das diferentes enfermidades do Concello de Cangas, así como outras asociacións e colectivos sociosanitarios, que deberán estar debidamente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. Así mesmo, tamén estarían incluídas aquelas asociacións que teñan un carácter supramunicipal e que desenvolvan a súa actividade en Cangas.

- Un/Unha representante do Servizo de Control de Riscos Alimentarios.

- Un/Unha representante de cada unha das tres organizacións sindicais con maior representatividade no ámbito de actuación do consello.

PROPOÑO á Xunta de Goberno Local: PRIMEIRO.- Iniciar o procedemento de convocatoria de elecións para designar aos representantes dos diferentes colectivos no Consello municipal de Saúde de Cangas, invitando ás asociacións e sindicatos a presentar por escrito no prazo de un mes, o nome das persoas que lles representarán coma membros titulares (e no seu caso suplentes) no Pleno do Consello Municipal de Saúde de Cangas. SEGUNDO.- Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, así coma na páxina web do Concello”.

Page 33: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO ...sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, convocada para o día de hoxe, en primeira convocatoria. Comprobada a existencia de quórum

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, por delegación realizada en Resolución da Alcaldía do 02.07.2015, acorda aprobar integramente a proposta transcrita do concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, referente á convocatoria de designación de membros no Consello Municipal de Saúde de Cangas (CMSC). ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. Sen máis asuntos que tratar, a presidencia remata a sesión e eu redacto esta acta como secretaria. A secretaria Visto e prace o presidente