acoso escolar e ciberacoso

4
O noso colexio ante o acoso escolar CEIP Coutada Beade Departamento de orientación Observatorio da convivencia

Upload: stf

Post on 16-Apr-2017

1.230 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Acoso escolar e ciberacoso

Tolerancia cero

con calquera tipo de maltrato

Departamento de orientación Comisión de convivencia

Tolerancia cero

con calquera tipo de maltrato

Departamento de orientación Comisión de convivencia

O noso colexio ante

o acoso escolar

CEIP Coutada Beade

Departamento de orientación Observatorio da convivencia

Page 2: Acoso escolar e ciberacoso

COMO ACTUAMOS CONTRA O ACOSO?

•Profesores, alumnos ou familias informan a dirección

•Aténdese á victima, infórmase ás familias e desígnase ao responsable da investigación

1º: ENTERÁMONOS DUN CASO

• Falamos coa vítima, co acosador, cos expectadores e coas familias

•Pedimos asesoramento a algún especialista

2º: RECOLLEMOS INFORMACIÓN

•Adoptamos correccións e medidas reeducadoras para os agresores

•Protexemos e apoiamos á vítima

•Tomamos medidas co resto do alumnado, familias e profesorado

3º: ACTUAMOS

•Vemos se as medidas foron efectivas

•Vixiamos a posible reaparición

4º: AVALIAMOS E VIXIAMOS

Page 3: Acoso escolar e ciberacoso

AS FORMAS DO ACOSO

Aínda que todos temos unha idea do que pode ser o acoso,

debedes saber que na escola consideramos os seguintes

tipos:

Acoso verbal Agresións repetidas como insultar, poñer motes, falar mal de alguén ás súas costas, ameazar, …

Acoso físico Agresións repetidas de tipo : pegar, romperlle cousas, roubarlle, agacharlle obxectos persoais, obrigarlle a facer algo,...

Acoso social Accións repetidas consistentes en excluír a alguén do grupo, marxinalo, non deixarlle participar…

Ciberacoso Accións de acoso empregando medios como o móbil, ordenador, ou tablet, a través de internet. As accións consisten en ameazas, insultos, rumores difamatorios, difusión de imaxes denigrantes, etc.

Page 4: Acoso escolar e ciberacoso

¿SABÍAS QUE…?

O colexio debe intervir aínda que as

agresións sexan fóra do centro, ou

incluso fóra do horario escolar.

Existe un protocolo de convivencia

onde se establecen as normas de

actuación en caso de abusos e acoso.

Os insultos a través de móbil, ou

ordenador, tamén son considerados

agresións (ou acoso cando se repiten)

No colexio Coutada funciona dende hai

mais de 15 anos un plan contra o acoso

escolar, coordinado polo Observatorio da

Convivencia, e organizamos

periódicamente actividades de

prevención.

Nestes casos o ideal é acudir ao centro e

informar, pero tamén existe o teléfono

gratuíto 900 018 018.