abril, mes dos libros 2015
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
O Equipo de Biblioteca en colaboración co ENDL fixemos unha
adaptación e tradución ao galego de: “Si yo fuera un libro”
Texto orixinal de José Jorge Letria.
Ilustracións de André Letría.
Ed. Juventud
O día do libro a cada curso corresponderalle ler e ilustrar catro
frases deste libro. Tamén faremos unha lectura colectiva.
O alumnado e mestres do Centro, recibiremos un díptico no que
poderemos escribir o título e autor do libro que nos gustaría ser
“Se fósemos un libro” e dar unha breve explicación. Con todos
eles faremos unha exposición.
O xoves 23, teremos na Biblioteca un obradoiro no que os nenos
e nenas crean o seu animal, a partir de fotos de obxectos, para
logo escribir sobre el.
Está baseado no libro: “Imaxina animais” da Ed. Kalandraka
O 24 de abril, un grupo de
alumnos e alumnas
representarán unha adaptación
teatral de “Papirus” , un conto
que atopamos no libro “Tambo”
de Edicións do Cumio.
O alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte
lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e
3º curso de Primaria.
Os padriños e madriñas preparan o conto que lle
van ler aos seus afillad@s e ao día seguinte,
na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos.
Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar
onde queren estar. Pode ser en calquera sitio
do colexio.
Os libros e as películas proceden de doazóns das familias
do alumnado do colexio e do expurgo da nosa Biblioteca.
Pódense adquirir ao prezo simbólico dun euro.
Os cartos recadados serán para axuda da excursión do
alumnado de 6º curso.
Consultando a base de datos do programa de xestión da nosa
Biblioteca, Proxecto Meiga, confeccionaremos unha lista cos
libros máis emprestados durante este curso 2014/2015.
Cos dez primeiros libros facemos unha exposición á entrada da
Biblioteca titulada: “OS NOSOS LIBROS FAVORITOS”
Consultando a base de datos do programa
de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga,
confeccionaremos a lista dos mellores
lectores 2014/2015; un representante
de cada curso..
Raioteca, a mascota da nosa Biblioteca,
seguro que terá algunha sorpresa para estes
fantásticos lectores e por suposto tamén para
Os/as colaboradores/as de Biblioteca.