a torre dos ollos máxicos

9
A TORRE DOS OLLOS MÁXICOS

Upload: ratibron

Post on 24-May-2015

437 views

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

Cuento gallego

TRANSCRIPT

Page 1: A torre dos ollos máxicos

A TORRE DOS OLLOS MÁXICOS

Page 2: A torre dos ollos máxicos

Na cidade da Coruña érguese, maxestoso, o faro máis antigo do mundo que aínda está en funcionamento: A TORRE DE HÉRCULES.

Page 3: A torre dos ollos máxicos

Conta unha antiga lenda que Gerión (un xigante de tres cabezas que tiña atemorizada a xente) fuxindo de HÉRCULES, un heroe grego, chegou a terras galegas. Aquí enfrentouse con Hércules durante tres días coas súas noites e foi derrotado por él.

Page 4: A torre dos ollos máxicos

No lugar da derrota Hércules amontonou pedra sobre pedra ata construir unha torre, que leva o seu nome, e castigou a Gerión a vivir no lume perpetuo da súa cima.

“VIXIARÁS O MAR CANTÁBRICO E O OCÉANO ATLÁNTICO. Eres o garda de todos os peixes. Debes perseguir ao malvado e ao que veña a perturbar a paz destas terras galegas”

Deste xeito Gerión converteuse nos ollos máxicos da cidade que se construíu arredor da torre de Hércules.

Page 5: A torre dos ollos máxicos

Asi cumpriu co seu deber. Daba a voz de alarma cando se achegaban os piratas á costa. Facíao cun galo que lle regalou Mercurio, o deus dos ladróns.

- KIKIRIKÓ, PIRATAS POR ALÍ!, KIKIRIKÓ, PIRATAS VEXO EU!

Entón as xentes de quel lugar se preparaban para defenderse dos bucaneros.

Ao xigante axudábanlle, ademais, as meigas e meigos, bruxos e bruxas, que, coas súas escobas, golpeában as naves, furando as velas.

- FÓRA DE AQUÍ, KIKIRIKÍ!, FÓRA DE ACÁ, KAKARAKÁ!

Page 6: A torre dos ollos máxicos

Unha noite en que o mar estaba moi alborotado un cargueiro ía espallando gasóleo dos seus tanques. Ensuciando as augas, provocando o estornudo das sirenitas e a morte de miles de peixes.

Así foi como o xigante recordou a existencia terra dentro dunha nena especial, a única que podía tocar a frauta máxica que lles axudaría.

Por orde de Gerión as meigas foron a buscar a Laura, que vivía en Santa Comba, e era coñecida como a Fada.

- Necesitámoste Laura, ven connosco!

Page 7: A torre dos ollos máxicos

E Laura, ao chegar ao mar, tocou. Unha suave melodía saía da súa frauta e... o petroleiro converteuse nun anaco de papel!

Page 8: A torre dos ollos máxicos

A nena tirou á auga unha rosa que levaba e os peixes reviviron e as augas limpáronse.

Din que, desde entón, os petroleiros levan todos rosas nas súas barrigas e van sementando de rosales o corazón do mar.

Page 9: A torre dos ollos máxicos

Gerión e as meigas non deixan de sorrir. Laura, máis.