a terra do medio - aelg.gal · a terra do medio se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de...

67
Xosé Vázquez Pintor A TERRA DO MEDIO

Upload: votu

Post on 12-Jan-2019

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Xosé Vázquez Pintor

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:20 Página 3

Page 2: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Unha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua GalegaPolas características técnicas de esta edición:© Polo texto: Xosé Vázquez Pintor© Polas fotografías: Paco Vilabarros, Xosé Vázquez Pintor e VanessaMartínez© Promocións Culturais Galegas, S.A. Impresión e acabamento: Norprint Artes Gráficas, S. A. 4780-583 Santo TirsoI.S.B.N.: 978-84-8341-329-6Depósito legal: VG 330-2009

terradomedio 6/7/09 10:20 Página 2

Page 3: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Índice

Limiar: A Terra do Medio 7

Melide 15

Toques 25

Santiso 31

Lalín 35

Rodeiro 45

Agolada 53

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 6

Page 4: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

A TERRA DO MEDIO

Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla,o cerne equidistante da Gallaecia 2007, xa sepode facer o reparto das veigas e dos ventospara as bitácoras do orgullo que navega ensingraduras de pasada rutina. Os devanceirostrazaran as liñas do ceo e os camiños segun-do as desmedidas da alma, que sempre aso-pra vento en popa e vai a valmontes dosprognósticos, a ollo de xastre ou carpinteiro,a paso de can ou de lebre, tirando a fino nosapuntamentos que rexistran os papeis. Car-tafoles hai que din Pambre, Amarante, Ago-lada, Antas, Lalín, Melide, Monterroso... Etodo cadra en harmonía de Historia e de con-senso. Que máis dá! A Ulloa, Terra de Meli-de, Tabeirós, O Deza... Eran ferrados de

7

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 7

Page 5: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

labradío e monte manso; arcas de centeo, ca-baceiros de millo, parroquias de subminis-tración, casas paridoras con nome e apelidosque se daban á fuxida cando a fame era moitae a noite longa, sine die nas portelas da espe-ranza. Somos da Terra do Medio. E Aquí

...“aínda hai homes que desvisten as sobreirase esfolan as maus no corredor de moitas noitesque non cesan de cadrar a mentira e a espera

Aquí aínda hai mulleres que zurcen todo o ríoantigo da consolación e aman a esperanzacos andares fermosos da mañá de xaneiro

toda friaxe e nova luz que conta as horas antessen despois posible á reflexión por tanta perda”

...aínda están os chapeus que penduran naparede do cuarto comunal, onde era o nace-mento, a festa e a derradeira despedida; para-soles de feltro e cinta ancha que agochan amemoria dos seus porteadores, coma niños

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 8

Page 6: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

de paxaro na esculca dunha mau que os reco-lla e leve ao aire da vida de arestora:

-Velaí vai o señor Constante.-Descantá que finou, antes da guerra foi.-Pois é o seu sombreiro, non hai dúbida.E os dengues da muller que acendía o para-

íso. O corpiño e os andares da revolta, esa lu-cerna, aquela fantasía.

-A danza de María de Mazaira, benvestidade corpo e alma; vai no San Roque deste anocoas orquestras.

-Hoxe tería por acaso máis dos 120; non éela; ti soñas ou xa tarabeleas.

-Son os seus pasos; e todo arrecende a her-ba...

O mar é lonxe e as mareas son por de sem-pre auga nas cestas, coma un xogo de impru-dencia que molla o cu ao pé dos ríos denación ou primeira xuventude (na Serra doFaro, no Farelo, no Bocelo, na Vacaloura, noCandán e Pena de Francia...) onde a tina delavar é de cinc e laza sempre sobre o soño desaber océanos en terra labradía das alturasque rebordan os cinco centos metros de alti-tude e son da gándara, das valigotas, das esti-vadas que foran feitas a leghón e borreas nas

9

Xosé Vázquez Pintor

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 9

Page 7: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

rogas de máis dureza. Eran tempos. Taménaquí cómpre a memoria para non desmere-cer. Un leghón está na Ponte de Primo CastroVila, primeiro e último alcalde d´Agolada naII República, sobre o Arnego ao seu paso porCarmoega, e o sorriso cara ao solpor de cadadía anuncia as novas horas de mañá cediña,por onde nace o río, aló en Caxide, na pa-rroquia de Asperelo, nun queipo do Faro en

A Ponte de Primo Castro, co leghón simbólico da homenaxe sobre o piar. Río Arnego

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 10

Page 8: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

terras de Rodeiro: sempre nacemento e sem-pre fonte. Baixen as augas da montaña comaen antes; e o seu caudal espese as fertilidadesde arestora que somos case máquina e des-eño no buró que vén de lonxe lonxe, comoaínda sempre. Hai un incerto paraíso nestaTerra cernal que está ao recacho, dando contae creto de quen era aquí a sendistancia, a des-medida dos ollares, o farol da noite e a lucen-cia do mencer. E o océano escaso e altivoacolaló: só palabra de respecto. Abonda. NaTerra do Medio pácese o mellor polbo domundo: o mar en terra. De antiga herdanza, aFeira é a comuñón dos tantos pecadores deoficio e beneficio. Medran as palabras na con-versa, fomegan as tellas dos pendellos come-dor e por primeira vez sentan ao carón enchan de táboa señor e ninguén, as dinastíasdos tratantes e dos porteadores que se manu-miten da terra en diferentes graos de orgulloe compromiso: o labrego é a subsistencia e a“filosofía do arado” medra nel coma os xer-molos.

-Hai alguén neste mundo que non teña asraíces en Carme e Manuel do monte longo eaberto?

11

Xosé Vázquez Pintor

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 11

Page 9: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Os tempos de arestora son mentira e máisninguén para dar a resposta: non hai vocesnin o aquel da Casa que era sempre lume demornura e alimento, fiestras, xanelas, bufar-das abertas ao claror das luces e benvidas. Adeserción é incontinente e a espera está nasoutras civilizacións que acheguen compro-miso, anovación e cariño por tanto eido endesmemoria. Velaí que o tempo voa e osguindastres alleos e voraces desmontan os

A TERRA DO MEDIO

Praza do Convento, onde remata a rúa do mesmo nome e máis a Rúa de Quedo. Melide

eT rra

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 12

Page 10: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

niños daquel amor que daba entregas sucesi-vas; e cando a fame eran soñadores da salva-ción e de aventura nas sendistancias,bebendo o corgo inmenso en días de barcopara xente ou para carga: travesía de ida epouca volta. “Facer as Américas” e regresaren vivo, en fillas/os, en netas/os, en cartacon retrato, en anaquiño de algo coma pan eviño para a Festa; en sorriso permanentedentro daquel marco de carballo que pintauns ollos coma soles e recachan á luz do cuar-to con/sentido das esperas.

Poderían ser outras tres terras de concello,outras catro por casual, ou cinco. Porén nonquero facer que a miña ousadía manque ou-tros espazos lindeiros destas seis cámarasque aniñan descantá de tempo comigo encada noite, en cada fantasía, en cada espreita.Metade do Deza, Tabeirós, Montes mailaUlloa teñen xa o seu lagar ben farto por quencoida e vendima máis e mellor ca min o viñonovo das palabras, de quen aprendo e agrade-zo, de quen bebo en grolos de fartura. Así osei e digo.

13

Xosé Vázquez Pintor

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 13

Page 11: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

A TERRA DO MEDIO

edimPortada románica da Igrexa de San Pedro, hoxe na Capela de San Roque

o

do

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 14

Page 12: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

MELIDE

“Poidera dicir que eu son ese aire da gándarafeito paxaro nun ramallo de salgueiro.Poidera soñar fermosas corredoiras de obeliscosonde cantara o xílgaro o alalá máis doce.Poidera ser a frol do toxo en arrecendo a primaverano valelongo do Bocelocoma peito sobado polas bestas...................................................................

........en deseñodo pedrón, ese Melide

artesanal que un día fixo en min a luz coma zapatoou pan de festa, ou tecedeira de cantigascara ao mar por San Martiño, cara ao mar”.

Na viaxata para a nutrición de máis cá an-dorga, o asinante comeza nos espazos danacencia dos seus días: Rúa de Convento, naescasa distancia da casa encantada da señora

15

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 15

Page 13: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Anuncia, que me arrendaba en horas as al-bardas e aparellos noviños da súa tenda paraeu soñar cabaleiro aos catros anos; e a unhacarreiriña de neno da igrexa parroquial doSancti Spíritus (s.XIV, non esquencer a vi-sita das pedras interiores, o seu silencio decámara para a acústica dos rezos e cantares, ossartegos, as policromías...) que emerxera no

A TERRA DO MEDIO

Vista parcial do “cruzamento de Melide”, na estrada Lugo-Santiago

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 16

Page 14: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

remate da Revolta Irmandiña, un tanto acódaquel ano do 1467 cando os rebelados acor-dan nesta terra cernal a xuntanza para face-ren fronte ao arcebispo Alonso de Fonseca eao nobre Sánchez de Ulloa. Porén Melide xaera na Historia dende antes do s. X. Do s.XIII data a portada románica da desaparecidaIgrexa de San Pedro e que hoxe loce na Cape-la de San Roque, ao carón do Cruceiro máisantigo da Gallaecia, segundo Castelao. E ve-laí que dende xa esta encrucillada de camiñosalcanza un alto grao de interese cando o arce-bispo Berenguel de Landoira ergue o Castelopara fortificar a vila no ano de 1320. E se-guen as páxinas dando conta da importanciada capital da Gándara. Ano 1520: agora xun-tanza de nobres e eclesiásticos para acordarenaxuda ao rei Carlos I contra os Comuneirosde Castela (cor da tinta en gris que levantasospeitas de acubillo ao rei non querido e crebatamén as expectativas libertarias daquel tempo)Son as “luces e as sombras” que acompañan odevir dos pobos, o devanar das idades e dosfeitos, as dúbidas e as aprehendizaxes. Hoxe,na andaina do Camiño de Sant-Iago, Melide éunha múltipla referencia onde pousan corpo

Xosé Vázquez Pintor

17

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 17

Page 15: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

A TERRA DO MEDIO

Cruceiro máis antigo de Galicia

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 18

Page 16: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

e alma nun re-lanzo os searei-ros da galaxiados andares:aquí xúntanse oCamiño Francésco Camiño Pri-mitivo que viñapor Ovedo(aquel que fixerao rei Afonso II, “O Casto”, para dar creto econfianzas coa súa presenza á certeza da apa-rición do sartego do Apóstolo Boíño, o deca-pitado de Jaffa, atopado no bosco deLibredón polo eremita Pelayo). Lenda ou in-trahistoria dignas de novelar nun corpus va-garoso, con Prisciliano ao lonxe en chiscadelapermanente do “sinón” que aínda debate naangueira de nós. Dicir, para case remate des-te meu resumo do fulgor melidao, que a vilaconserva o arrecendo da foresta en pedra queaínda é: as pontes románicas do Leboreiro(un xoguete que despide en miniatura os pa-sos da aldea que lle concede o topónimo) e amáis rechamante de Furelos, sobre o Río doseu nome, Señor do Bocelo, que xa rompe a

19

Ponte de Furelos

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 19

Page 17: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

cara contra o grani-to do leito sen sersiquera un rilloteou pícaro da infan-cia na fervenza deBrañas, aínda enToques. E SantaMaría de Melide: aourivería caladiñaen pé de obra feita

e “ben talhada”, románica, abraiante dentro efóra. No seu cemiterio están soterrados osalicerces da miña tribo porparte de Antonia.E atende para as visitas ao interior da igrexaunha muller que entrega as chaves e a súapouca voz mancada, para a compaña:

-Non deixen de reparar nas pinturas, fí-xense, fíxense ben; eu non entendo moito,pero seica son de mérito.

O Camiño vai agora cara á Ponte de Penasonde os pasares dormen ou levitan sobre orío Catasol ou do Rañado; a mau dos pedrei-ros deixounos tal cal eran nas orixes e o pa-sante agradece a fermosura natural para osretratos. Na encosta medran en desmesura oscarballos pais e fillos, que foran decotados

A ponte do Leboreiro, no Camiño de Santiago,sobre o Río Seco

20

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 20

Page 18: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

cando a labranza era unha totalidade, ese xei-to de vida e de saberes. Aire e vento veñen domar de lonxe. Emparda ou clarexa a nube queestá no corredor de Boente, da Castañeda eRibadiso, cara á Arzúa do queixo, das cazatase o Rendal, en chegando as primaveras e osoutonos da viaxe.

Porén hai outro Melide que soborda as ur-xencias. A gándara é un manantío artesanal,sempre memoria. Coido que debe ser a vilagrande da Gallaecia que máis e mellor sonaalcanza como corredores de feira. Nos velloscoches dos anos cincuenta, que eu soñaba encomandar polas estradas do meu mundo, íana bordo xentes, fardos e animais nun convi-vio de trouqueleos e palabras de cedo candoeran os días d´Agolada, Monterroso, Arzúa,Palas, Lalín, Bandeira, As Cruces de Besexose As Cruces de Sobrado, Curtis... La Unión,Alonso e Autos Puntero enchían as adegas,os ventres e a ponte destes barcos en terraque navegaban estradas de croio remexido,seixos bravos que de cando en vez amansa-ban polo miúdo as maus das mulleres pica-pedreiras da beiramar atlántica. Tempos.Un lembra, dende a súa infancia en medras,

Xosé Vázquez Pintor

21

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 21

Page 19: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

agora xa na feira do doce n´Agolada, os cor-pos rudes do señor Basilio e de Xaime doBabé baixando e subindo pola esqueirados coches os vultos de tarecos nos seuslombos, o carrexo da industria de Broz,de Romero, da Melchora..., zapateiros, pa-nadeiras, cacharreiros, xastres, albardeiros...nun equilibrio merecente do mellor funam-bulismo en lastre de quilos sen couto. Eaquela voz en grito das panadeiras do pan tri-go, en posición perfecta fronte ás caldeiras eas talladas das polbeiras de Santa Mariña deArcos, convocando as labregas e labregospara o xantar da fartura nos Pendellos aqua-latenses:

-Léveme o meu, léveme o meu! Apálpallee apálpalle e vólvelle ao seu!

Os melidaos de arestora deberían referen-ciar nos espazos que aínda hai estas crónicassenlleiras da súa biografía viaxante (non con-fundir con viaxeira) de case todos os días doano. Fornos de antigo; aparellos de obra eventura para que os melindres, os “ricos” e

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 22

Page 20: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

os amendoados sexan os máis sabedeiros darestauración galega e do mundo. Hai nistodas lambetadas, como tamén no labor artesa-nal, moitas semellanzas coa vila de Allariz,cadrantes dende xa na súa historia antiga. Vaiunha poxa para que, neste tempo irmandiñoque nos conforma a prol do orgullo e dasidentidades que nos corresponden, haxa en-tre as dúas unha relación de afectos institu-cionais, conformando espazos e datas parasucesivos convivios. E tamén, en paralelismocoa vila alaricana, toda a atención para o labordesaparecido dos telleiros e curtidoiros deFurelos. Se a ponte medieval é unha das refe-rencias do Camiño, sería tamén de proveito ehonra emerxer os espazos e as crónicas au-diovisuais, con medios progresistas de ares-tora, destes oficiantes do barro: tellas feitas ámau para a cubrición das casas; píos e ilustra-ción gráfica dos curtidos. Valores de seu enga-didos para a proxección internacional dunhavila que eu me honro, todos nos honramos,do seu recibimento para a primeira luz e vidaneste mundo, cando era un día trinta frieiro esábado, aló polo mes de Santos, San Martiño eSanto André. Fartura tamén.

Xosé Vázquez Pintor

23

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 23

Page 21: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 24

Page 22: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

TOQUES

O mosteiro do Santo Antoniño, de orixe des-coñecida, referencia as abas do Bocelo, enToques. Monte, Río e Santo están nas bocasda memoria. En Castro de Lobos a toponimiaavisa da paisaxe e un presinte ouveos se hainubeiro ou os avistamentos das aves nas al-turas cando o claror. No cimo está a mámoaou dolmen ou pegada megalítica do Fornodos Mouros (sempre a toponimia que marcaas orixes populares dos descubridores quehabitaban as aldeas: mouros eran os desco-ñecidos, a cor do enigma e do profundo). Omonumento, tentado hai anos nunha restau-ración imperfecta que cómpre retomar paramaior agradecemento e mérito, ten pinturasde cores nos ortostatos que lle dan un valorengadido á mámoa. Dende alí o mundo da

25

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 25

Page 23: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

contorna é máis pequeno e o tempo pairacoma un pucho de pallaso para a risa dos mi-lenios. Paisaxe de frondes, tamén na toponi-mia, onde rexistro para o singular: Mangoeiro,A Mouruxosa e Atá. Quen fose de aí!

O Furelos é o río grande do Bocelo, naceun tanto alá da fervenza de Brañas, entre re-gatos parentes que o fornecen de bravo erompedor que baixa a trompicallos aínda ra-parigo, incha e medra, faise adolescente, vaimociño cara a Melide e espéllase na pontemedieval de tres ollos que leva o seu nomeen parroquia que está nos libros do Camiño aCompostela. Río de troitas que se entrega aoUlla coma un beixo na Ponte; e son os dousaquí xuntoiro e adulterio entre as terras d´ACornella, n´Agolada, e as de Arcediago, enSantiso. A afouteza de ámbolos dálles nom-bradía de fronteira de provincias: A Coruña ePontevedra. Que dirán de camiño sobre a súanación, aquelas fontelas, o embude perma-nente, o chuchamel que cae de enriba candoas nubes, e eles a mamar da Vacaloura e Bra-ñas?

Santo Antoniño foi de sona merecenteco rei Don García, quen concedera ao abade

A TERRA DO MEDIO

26

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 26

Page 24: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

herdanzas que son o xermolo de coto e xuris-dición. O coto seica fora patrimonio dos frei-res bieitos e obtivo grazas do rei galegoAfonso VII, no s. XII. Na andaina do tempofoi anexionado ao mosteiro de San MartiñoPinario, s. XVI, que dende aquela exercía de-reitos e nomear xuíz. O paraíso da paisaxe,coas augas do Toca en cantareira de frescura euso permanente, eran animación a maiorpara os romeiros do santuario d’As Pías,

Xosé Vázquez Pintor

Capela prerrománica do Santo Antoniño, en Toques

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 27

Page 25: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

onde a miña nai ía de nena, e dicía “ aló” sina-lando a distancia do cotarelo dende a gándarade Melide. Igrexa prerrománica, outra alfaiada Gallaecia, outro valemento para que onoso orgullo a prol da dignidade patrimoniale de todo tipo medre, multiplique, sexa defi-nitivamente en pé de honra. Alí o Calvario daCapela, que se negou “a musear” en Com-postela, cando o arcebispo, na metade do s.XX, quixo, para o conforto e renda de máisvalores na sé episcopal, a súa compostura ro-mánica, en arte do rural galego, tan de noso,tan dos universos da Cultura, tan de tanto. Opobo fíxose grande na defensa e houbo quedeixalo estar onde sempre foi, pendurado egornecido de pinturas nas paredes do silen-cio; lembrando aqueles outros tempos de ro-maría e oración de fe ou comenencias, comocando os veciños tiñan por obriga plantarcada ano dous carballos por familia na Car-balleira da Capela, obriga que non eximía dopagamento dos tributos. Conta e non paradon Cleto, o cura, que hai un carballo de máisde cincocentos anos sobor da peneda, ao ca-rón do que fora mosteiro, que é recoñecidocomo ben natural de patrimonio, en descantá.

A TERRA DO MEDIO

28

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 28

Page 26: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

-Raparaches nel?-Si.Na desamortización instalouse no con-

vento unha fábrica de cravos, aproveitando aforza do río. Contan os devotos que o empre-sario non respectaba o silencio nas horas damisa e un día saltou polo aire todo o aparello.Remataba así a fantasía pragmática das pun-tas. Arestora a paisaxe acubilla en tanto adeserción empresarial daquela maxia comomedra dende a espadana solitaria no monteque acaroa a Capela a voz da campá, na labrados sineiros, chamando ás fertilidades decorpo e alma que denantes eran tralos rezos.

Na solporecida os Castros da Graña e oCastro Pedro, carrapuchosos de terra que seofrece á visitación: son libros abertos coas fo-llas nutricias dando conta doutras xeiras, ou-tras densidades de habitación, antigos xeitosde nos ir cadrando en círculo e rectángulocara ao progreso que aínda espera nas idadestodas. A familia de Pita, que vive en Melide,fixo doazón de tempo e terras na Graña paraque os sabidos de aquí e de alén dos Pirineosfixesen investigación en obra; así renaceronas formas do poboado, coma gromos e así

29

Xosé Vázquez Pintor

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 29

Page 27: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

fomos tendo consciencia dos valores destesasentamentos. No Museo Terra de Melide es-tán achádegos das idades do barro, do ferro eda pedra, dos habitáculos; rexistros de inte-rese que son as primeiras achegas dun soñocara adiante que non cesa.

A TERRA DO MEDIO

Museo Terra de Melide

SantiSo

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 30

Page 28: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

SANTISO

Lindeiro con Melide, seguindo o río Furelos,entramos coma un coitelo no pan branco enterras de Santiso, por Vimianzo, Niñodaguiae Barazón, ata Arcediago, onde o Ulla larpa-ra, coa sinatura do seu nome, todas as augasdo Bocelo e de Abeancos, todas. Santiso é aribeira da Gandara do Medio: descen os cen-tímetros da cota das alturas e xorden os an-chos da auga que encora en Portodemouros,onde a néboa é unha veciña dende o ano1967, aquela inundación das veigas fermosí-simas de Beigondo, Ribadulla, Visantoña...Terra de músicos. Vilar de Ferreiros rexistrano seu nome a herdanza antiga dos obradoresdo ferro, artesáns e artistas nos días-noitesna forxa, tamborilando co martelo na ingrepara a nacencia dos postigos, chamadoiros,

31

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 31

Page 29: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

trinquetes, fouces e fouci-ños, coitelos, rellas, grades,llergas, lamias, chaves emandados de antollo seño-rito ou gran fidalgo paraque espellen no solar dacasa, do casal e do pazo. OVilar, onde o Pazo dos Pi-mentel e Sotomayor sor-

prende coas columnas exentas, o frontónpartido do seu portalón e volutas do barrococompostelán, con sete bólas de pedra, mu-dou hai tempo en músicos que levan de ca-miño légoas adiante o nome do lugar e daparroquia, Visantoña, alén dos castros, queson circulares en Novela e San Román, e ova-lados no Vilar e Beigondo. O s. XIII forneceudo románico as dúas igrexas, a de Santo Este-vo de Pezobrés e a de San Pedro de San Ro-mán. Xeografía de acougo para os xograres desempre e de arestoras. O asinante escoita elembra de cando era rapaz a nombradía daFesta da Ponte, en Arcediago, catorce de se-tembro de todos os anos: xantares, xentío,música na carballeira; unha citación de bene-ficios, que o Ulla cala, pero aínda sabe.

32

Pazo Vilar Ferreiros

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 32

Page 30: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

LALÍN

Das terras de Lalín acorda e lembra o cronis-ta dous fitos terapéuticos naquela súa infan-cia. A vez cando o lombrigol e as enxurradasde allo non foran quen da derrota das lombri-gas e o neno do xastre de Quian esmorecía eera levado de urxencia ata a morada d´A Ve-lla de Goiás, de case sempre meiga boíña esandadora:

-Que me trae aquí? Son as lombrigas.-Non son, señora, xa lles demos co lom-

brigol e allos.-Baaah. Colla comigo.E carrexáronme do revés, en vertical, cabe-

za abaixo, polo corredor tarreo, de ida e volta,en sacudidas intermitentes.

-Olle como lanza as condanadas. Eran elasou non son elas?

33

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 33

Page 31: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

-Si, señora, son elas.-Ai logho ben!E obrouse a resurrección na noite máxica.

A segunda vez foi en Soutolongo, no pende-llo da eira da casa do “compoñedor”:

-¿E logho que foi ho?-Caeu da bicicleta, anda aprendendo; e de-

rramou este brazo...-Deixa ver aquí.

A TERRA DO MEDIO

Santuario de Nosa Señora do Corpiño

líNLa

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 34

Page 32: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

A artesa do pan era grande, de carballo;sentei con el en confianza e zas, un lóstrego apercorrer e un ai sen tempo. E velaí comoaínda xorde e axuda o brazo dereito nesta es-crita, cincuenta anos hai.

Lalín: corenta e oito parroquias que van enringleira de parafitas polo alfabeto adiante,do A ao Z, enchendo regos de alma: Albare-llos-Zobra. Case todas elas ao acougo doCandán e do Testeiro, as serras onde se cre-ban as nubes e hai xiadas, neve, sol primeirode marzo, primaveras, vistas panorámicas.Os ríos nacen. No Candán, en Pena de Fran-cia... E levan nomes de antigo: Deza, Asneiro(o cronista gostaría dicir Arneiro, coa raíz lé-xica de ARN, coma en Arnego, Arno, Ar-noia; que alguén saiba e diga con certezas).Paraíso é cando se engolen e marchan de ca-miño consentido en Carboeiro, onde os ere-mitas soñan permanencias. Atrás A Brea, ovolframio e as guerras, a minería dos cartos.Porén estou xa en desvarío no territorio dou-tros concellos, que tamén amo. Acougo e re-greso ás xeografías lindeiras que mecorresponden. A vila (de Lalinde ou La-liño,ou das últimas pescudas de Gonzalo Navaza,

Xosé Vázquez Pintor

35

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 35

Page 33: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

filólogo e poeta ben-nado nesta terra) vénde lonxe nas idades;as crónicas contan enon paran dunhaTorre que fora pro-piedade do señorío

dos Suárez de Deza, xurdidos do casorio dacondesa de Camba Churruchao con Alonso deDeza. Abatida a torre nace no solar a vila de La-lín, xusto onde arestora se ergue a memoria doaviador de Prado, Xoaquín Loriga, en monu-mento emblemático (ano 1933) do escultormáis sobranceiro para os espazos urbanitas deGaliza: Francisco Asorey; del é tamén o mo-numento (ano 1960), no cerne da vila, a Ra-món María Aller Ulloa, o astrónomoprimixenio de noso. Retomando as crónicasantigas, aquí é terra de castros, algúns coma ode Bermés, con estelas funerarias; os outrosespállanse na contorna dunha superficie contopónimos que cantan: Camposancos, Gre-sande Goiás, Palmou, Donramiro... Porénmoito denantes xorde o megalítico en Paradade Alperiz; a minería romana en Cercio, Sello,Zobra, Losón e Vilatuxe. E con Roma entran

36

Ponte dos Cabalos, sobre o río Arnego (ano 970).Agolada

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 36

Page 34: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

as vías de comunicación que abren brazos caraa Lucus-Brácara; e pasa o medievo pola Pontedos Cabalos (970) que compartilla Agolada,con postigos e ínsua sobre o Arnego. A tradi-ción e unhas actas nun concilio de Lugo (ano569) falan de Xan Deza, e di que o tal fora o reisuevo Andeca, que asentara aquí a súa corte,onde se creou o condado de Deza. Trala inva-sión árabe o bispo de Lugo, Odoario, deu axu-das para a repoboación de Botos, Palmou eBermés. Tralo casamento da condesa deCamba Churruchao con Alonso de Deza apa-rece a familia dos Suárez de Deza, en señoríoque ergue fortalezas diversas, como a antedi-ta Torre que deu lugar ao asentamento da vilade Lalín. Sucédense as liortas nobiliarias e coenfrontamento de Alonso Suárez de Deza aBerenguel de Landoira e a chegada ao tronode Castela de Henrique de Trastámara, as te-rras do condado dezán pasan a ser propieda-de do Conde de Lemos, e despois á Casa deAltamira. Nesta lideira coas efémeras virtu-des dos ricachos dominantes un pérdese eentra no lugar do abouxamento. Finiquita-dos sexan para sempre os tales eidos, tales tí-tulos, tales persoeiros.

37

Xosé Vázquez Pintor

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 37

Page 35: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

A TERRA DO MEDIO

San Martiño

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 38

Page 36: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Nun chouto de ledicia cara ao territoriodas artes que son de antigo, os sabidos subli-ñan a igrexa de Palio como prerrománica; ade Goiás como románico rural; renacentistasen San Miguel de Bendoiro; barrocas en San-ta Baia de Losón e Santa María de Soutolon-go. De orixe medieval afirman que é osantuario de Nosa Señora do Corpiño, en Lo-són, gornecido hoxe en pedra labrada no s.XVIII. Na arquitectura civil salientan os pa-zos de Anzunxao (Madriñán), Des (Souto-longo), Donfreán (Catasós), Donramiro,Liñares, berce do aviador Loriga (Prado) ePardiñas (Noceda).

Con esta carta sobre a mesa de medir a his-toria álzase un obradoiro de formas, un ron-sel que corresponda e dignifique aínda máisesta paisaxe que se multiplica en frondosas:

-Repara cando baixas o Candán: hai centosde carballos, castiñeiros a madas... é sinal deriqueza e sabedoría labrega. Os vellos sacá-banlles proveito sen maltrato -díxome unhavez Ramiro Barrio, antes de se despedir.

Lalín de San Martiño, ou viceversa, seicaera o nome primixenio, que está de pedrarománica no porte da igrexa de Lalín da

Xosé Vázquez Pintor

39

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 39

Page 37: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Cima, ou de Riba, que todo é conformábel etodo campa nesta valigota por onde hoxe vaio que chaman Regueiriño dando formas derecreo e de compaña.

-Viva Lalín con razón ou sen ela!-Pois viva.-E quen me dea un pau doulle un peso, e se

é de carballo trinta reás!-E tantas outras veces xurdía o retrouso dos

veciños de poucas légoas, aloitadores novosque facían galano da súa voz e orgullo de dia-mante en bruto a proclamaren o magníficatdas tribos:

-Viva Carbia!-Era axiña o rebollicio naquela metade do s.

XX, nos rueiros e no monte ancho das arri-badas. Tempos. Terra de Ciencia e Arte, mul-tiplicación dos universos desde a garita dedon Ramón María Aller Ulloa ao pousadoirodo matemático Rodríguez, da parroquia deBermés; e os cartógrafos, e os historiadores,e os profetas do labradío que barallaban otempo das atmosferas coma un naipe; e osmúsicos -sempre a Música nesta Terra do

A TERRA DO MEDIO

40

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 40

Page 38: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Medio- que aínda respiran pentagramas nosconcertos populares e nos certames de alturainterpretativa. Se digo a Banda de Muimenta

41

Xosé Vázquez Pintor

Peza figurativa na rúa. Oliveira

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 41

Page 39: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

digo a miña Banda da infancia, os músicos daaldea, tan de noso, tan de sorpresa, tan dacasa que lles sabemos os nomes ou dicimos:o Baixo, o Requinto, o Tenor, o Bombardino,o Caixa... e abonda, coma se un título. Honraque compartillan Merza, Vilatuxe, Brántega,Lalín, Silleda, Bandeira... Son a outra dimen-sión do cada día, o espazo preferente para anacencia dos colores e das formas sobre a peldo lenzo ou a macieza da pedra ou da madei-ra e ferro. Labregos/as da fantasía creativa. Sedigo Colmeiro-Laxeiro escoito un canto nas

42

Peza figurativa na rúa.

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 42

Page 40: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

voces de lonxe, un cacarexo de auga de ríobravo, indómito, libertario. E veñen ou-tras/os: o colectivo de hoxendía cos seusmarcos abertos para a recreación do mundoLalín-Deza-Gallaecia. Son aves de retorno ásorixes, pombas mensaxeiras, araos de maresde centeo outrora, facedores do meu tempo,neste. Unha ledicia. Non digo os nomes, porse alguén se agocha no meu peto de selva desobreiras aquí en Quian, onde escribo estacrónica sentida de vós. Estades na Solaina dePiloño como lagar de vendima e de farturas ebebémosvos a grolos en cada peza aquí e aló,aquén e alemparte. Deixádeme que digaWily, por todas/os, por el, por min. Abonda.E un nome de acougo necesario para unqueipo de noces, para a lembranza do ruralque medra en alma e non deserta nunca: Ma-nuel Daniel Varela Buxán, autodidacta, tea-treiro, Amigo. No aire do souto está outropaseante dos insomnios: O Naranxo. Voucon todos de festa cara ao mar da Vida. Noscorredores dunha modernidade que estánas boas intencións, os espazos vilegos er-guen esa chiscadela de oficio e arte, de tradi-ción aprehendida: son as pezas simbólicas e

Xosé Vázquez Pintor

43

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 43

Page 41: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

figurativas, bronce e granito, que tentan hu-manizar as rúas e as encrucilladas: Acuña,Acisclo Manzano, Oliveira, Wily, o nomea-do Asorey, Vidal Payo, Buciños... Son pasos,andaina, expectativas.

Outrosí pola carballeira de Barcia, coma nafraga de Catasós, as árbores xigantes e as no-viñas, que dicía Ramiro Barrio no Café daAurora, agradecen a compaña e señorío daslabregas e labregos que nunca habitaron noxardín dos Pazos desta Terra do Medio; poreles, xente humilde e labradora, e polos tan-tos fillos das aldeas que crebaron a corda e oadival da escravitude e non renuncian ao ga-lego: lingua e obra, fantasía diversa. Vai estatarde de outubro 2007, sollosa e nunca des-memoria, meritísima; tamén no niño antro-polóxico-etnográfico de Zobra, en pasandoos amarelos da paisaxe que visten Vilatuxe.

-Vai.

A TERRA DO MEDIO

44

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 44

Page 42: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

RODEIRO

“As mozas de Cambacando van co gando,

espetan a varae bailan o tango”.

É a primeira letra da cantiga popular, senretrouso, que honra as mociñas do val dasvinte parroquias e os tantos reghatos quebaixan a valmontes ou mansiños da Costa doFaro. Porque o Arnego, o meu río da infanciatrasladada, nace en Caxide, parroquia de As-perelo, onde a estrada procedente da vila deRodeiro vira e vai pola encosta cara ao san-tuario das alturas. Hai un tempo que funmandado aló onde o río baixa en fío de sacho,tan sen nada, tan cativo, para me lavar dascoitas de noso, os mixiricas da terra, dos que

45

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 45

Page 43: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

devecemos polas apalpadelas da materia e es-coitamos a voz dos universos onde hai mio-cas e besbellos a nacer e convivir. Velaí osinicios da tolemia, que perdura unha vida.Pois aló estaba en dúbidas, se era o Río Gran-de, o Río de Quian e de Carmoega, ou seríanpor acaso os seus tetos de mantenza -afluen-tes lle din nas enciclopedias: Ourín, Fontao,Devesas, Turubelo, Rodeiro, Toca, ¡coma orío da Capela do Santo Antoniño de Toques!Que fermosura de nomes. Velaí a riquezadesta “Lingua de ouro”, que dixera Pondal,en substitutivo do ferro das batallas.

E nesta ventura andei na mañá das onceen marzo cando dei outra volta nos versos

46

Sobreiral do Arnego, en Carmoego, desde as rochas Peniceiras

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 46

Page 44: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

hexasílabos da cantiga popular que honrabaas mulleres emerxentes desta terra. Porén,seguindo a música interior, atravesara os pra-dairos canda o Arnego infante e soñado:

Xosé Vázquez Pintor

Rio ArnegoArNeGo

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 47

Page 45: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

“E bailan o tangoe maila muiñeira,

as mozas de Cambanon hai quen as queira”.

Non era a miña intención, nin sequera amiña voz para o retrouso coas envexa ou ciu-mes. Reparei no dato e lembraba as festas eromarías daquela xuventude por Adelán, Pe-droso, Cristimil... onde as raparigas visten decariña reineta, coma as mazás fermosas, ecorpiño lanzal. O retrouso era de certo aque-la voz dun non correspondido. Porque aquí,meu amigo regueifeiro da outra incómodamontaña, a paisaxe é fermosura no seunome. Escoita: Carboentes, Riobó, Pescoso,

A TERRA DO MEDIO

Rodeiro. VIsta Xeral

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 48

Page 46: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Salto, Fafián, Az, Vilela..., tamén Melide. Enon pares ata chegar á ponte de Pedroso, bai-xo arco medieval, para que o Arnego recolla edance coa vara do tango das cambotas comaflores. E se non contentas, álzate en Álcemepara ollar os castros de Casasoá e da Devesa;ou vai de pé lixeiro ata Fafián para verdes, ti emáis quen sexa a túa sombra, a Vila, en Portade Arcos. É mágoa que non poidas chegar atempo para ollardes en pé a torre dos Chu-rruchaos, señores de Rodeiro, derrubada po-los Irmandiños, aqueles revoltados, queeramos case todos nós en illo tempore.

Non desesperes que aínda fican rezos nasigrexas románicas de Santo Estevo de Car-boentes e de San Vicente de Rodeiro; oucantos do mencer e do solpor no barroco deSan Cristovo de Az e Santa María de Guillar(onde o meu pai ía de festa á casa do seu ami-go xastre Daviz, así con zeta de pronunzia).E se desces da montaña en mala hora, poisque as tarabelas que deshonran a contornada ermida das alturas, Nosa Señora do Faro,en feo permanente, cabrean os bennados,recolle as fames de pelexa e vai pousar á To-rre de Santa María de Guillar ou aos pazos

49

Xosé Vázquez Pintor

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 49

Page 47: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

de Trasulfe e Camba: son arquitectura civil,nutricia aínda hoxe, desaparecidos dende xaaquelas outras bocas por acaso voraces dosseus amos. Pero a pedra dura, tempera, agra-dece as maus dos obradores dos encantos,maceta e cicel, punteiro e arte, máis que pala-bra. Pois por eles.

Garda este concello a memoria da Feira deRío, con pendellos, tal era nos lugares das ca-tro augas da Gallaecia: arquitectura ao xeitode se gardar das inclemencias: frío, calor,nevaradas, nubeiros, refachos. Xa non hai,agás unha cativa mostra, que é abondo para

50

Roda do Carro Labrego

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 50

Page 48: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

sabermos que alguén desobedeceu as orde-nanzas dos armadores dos convivios: a feiraun encontro de palabras, corpos, almas. Nonfoi posíbel manter viva e aínda en pé os edifi-cios singulares dos pendellos onde habíanombradía de tratantes, gando en tránsito, in-dustria paralela ao agro dos amos e dos casei-ros, comercio do rural que viaxaba cada día.

De agradecer é a sensibilidade de quen ar-gallou erguer, no cativo outeiro que vai caraChantada, na dirección do Alto do Faro, gor-necido por rotonda, a Roda do Carro Labregoen granito ou branco paspallás que loce aolonxe. Benqueridos e mantidos sexan os au-tores/autoras desta idea simbólica e louban-za e parabéns ao obrador da peza.

“Non hai quen as queiraquen as ha querer,

as mozas de Camba non se poden ver”.

O ciumento segue cos versos das aldraxes.Era co-medido na métrica este rapazolo dasdescargas maldicentes. Onde haxa que andesde trobador cativo, recoñece a túa derrota en

Xosé Vázquez Pintor

51

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 51

Page 49: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

maldizer. As cambotas eran, son, serán, naoutra escasa distancia deste Val, aló en Palasde Rei, as “Donas do Vilar”, que namorabana Cunqueiro e por elas quixo para a súa Lin-gua e Fala a permanencia en “mil primaverasmáis” do seu sorriso.

“Vindo do Farovin unha nena,viña do monte,

de calcetar,ela gustoume

pedinlle un bicopero ela non

mo quixo dar”.

Aaah! Agora sei.

52

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 52

Page 50: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

AGOLADA

En páxina manuscrita con letra gótica nascrónicas antigas dise que está, por primeiravez, o nome da Pousa de Augalevada. Crebanasí os medos e as indiferenzas sobre o topó-nimo desta vila pequeniña coma un cesto (oghainete pías, chaman os boghardeiros deMondariz á súa peza máis humilde e afeita).De Aquam Latam, non hai dúbida. Se reme-xes nos espazos atopas os testemuños deauga conducida. E hai que confiar na Terra oununca seremos nós, porén seremos cómpli-ces. Aquí chegaban os meus pais, nos come-zos dos anos cincuenta do s.XX, cos tarecosda xastrería de Melide e un rolo de berce parao seu neno bonito e palabreiro. Dende os ca-tro anos, e ata os vinte máis en medras, estasería a miña mantenza de palabras, mutación

53

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 53

Page 51: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

sucesiva do castelán ao galego dos xogos edas aprendizaxes. O meu pai sorría e a miñanai ía entrando paseniño nas xeiras integra-doras do querubín onde hai pendellos de fei-ra antiga,

“Meus xoguetes interiores da infanciapequeniña, de amor e feira grandes

Un colo en memoria fordes, canto máis amigosdo silencio na noite para que a pedra fale

Sexades para sempre a nosa vozna casa das palabras, coma en antes”.

corredoiras e aldeas, o verbo dos labregosna compaña das vacas e dos carros que atra-vesan as estradas N-640 e a de Lalín-Betan-zos, sen medos nin preferencias para untráfico nugallau que retardaba en horas. Aquí

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 54

Page 52: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

conformei de vez e da voz que sempre vai co-migo.

Agolada, que soñara e fixo realidade de fei-ra próspera no seu tempo de traslado dendeOs Chaos de Aián, acaroada ao Farelo, ata aencrucillada das Cerviñas, don Manuel Ra-món Varrio (así co uve) y Losada, que herda-ba do seu pai a Escribanía das Xurisdiciónsde Ventosa e Borraxeiros, nesta gándara cer-nal, corredor de ventos, limpeiro das atmos-feras, Pousa de paso, comezaba o seu seridentitario de vila para a feira e feira paraunha vila. As vías de denantes do 1774-1788 eran abondosas en tráfico de recuas dearrieiros e feirantes, xente e xentalla, cami-ños fondos, necesidade de progreso e comu-nicación, pícaros da vida e a vida en picarescae permanencia. Así as pontes, os portelos, ospasares, o pontillón, a pontella... ida e volta,militancia nas congostras que gastaban as fe-rraduras dos cabalos, a andadura e a belezadas égoas paridoras que había en cada casadistinta das aldeas da contorna e máis de lon-xe, os aparellos de campar en cabaleiro de far-turas ou a mulemia e a burremia dosnecesitados para ir tirando a ver se un

Xosé Vázquez Pintor

55

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 55

Page 53: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

día...Velaí a Ponte dos Cabalos (970 é a dataque figura na pedra compañeira doutras tan-tas que caeron ou foron empurradas para ofondo do Río Grande, o Arnego do Faro, xalles dixen, aló de Caxide ou de Couso, veciñoou amo do Ourín, Fontao, Turubelo...) Haimáis de trinta anos que fora levado polo meuamigo manco, Claudio Barreiro, “Richard”,para saber daquel paso das alertas cando asnoites do regreso á casa despois da feira, des-pois da romaría, despois do amor, despoisdas tantas avenidas do diario.

-Pasar a Ponte dos Cabalos era unha ousa-día de valentes.

--Si, carteiristas, violadores, túzaros, mala-

xente coa cara tapada... Meu pai sabe: dában-che o alto e esfurricabas.

Era un servizo de antes de antes, cando osromanos armaron as vías para as distancias epor aquí era Auria-Brigantium; Brácara nuncabo, ao lonxe; e Astúrica noutro; e Lucus,case no eixo; e máis ao pé da casa e das mo-dernidades: O Reino, Melide, Lalín, Rodeiro,Antas, Monterroso... as lombas das monta-ñas, a transhumancia dos paxaros. Arestora a

56

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 56

Page 54: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

ponte é un aviso urxente de ruína no incertoe vagaroso proceder das administracións,que endexamais ollaron polos dous ollosdeste monumento senlleiro e cangado das fa-ladurías e deshoras. Porén, canto máis indi-ferenza, canto máis agredido, canto menosrespectado, os quixotes da vida máis entranno seu ventre de pedra informe, agás nas bó-vedas dos arcos, para berrar en ecos, paraaxustar as comencias e as aldraxes e seguirdescubrindo, a contrarrío, que hai tamén unaÍnsua dos Cabalos, paraíso miniatura, arqui-tectura de auga, por acaso das poucas (na Ga-llaecia), que é capaz de soster o río en tresniveis, dar mantenza a un muíño de douspés, acaroar as muradellas á terra de laborpara que os invernos non leven nin nuncamanquen as ribeiras; unha Ínsua de seu na-turría dos habitantes do lecer: árbores, paxa-ros; flora e fauna de tamaños e coloresdiversos e distintos nas múltiples terapias.

-Un santuario da paisaxe.-E o Arnego vai paseniño cara ás outras

pontes de antigo, só piares; avanca en Vilari-ño, fai xogo e aloumiño no Bico da Balouta,

Xosé Vázquez Pintor

57

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 57

Page 55: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

entra no funil das sombras, coma en selva, eaparez no Sobreiral do Arnego, Carmoega ávista (esta parroquia é a primixenia no no-menclátor das cartografías, onde aparezcomo Carmorga e Carmoga, co P. indicativoda súa ponte), para que Europa saiba e procla-me en poderío de megáfono: “Espazo Natu-ral a Protexer”. Rede Natura. E páranse desúpeto as minicentrais reprogramadas. E nonse move un fento daquela Xunta cómplicecos solagos. E sobe un foguete de ledicia po-las gorxas dos Amadores da Terra Universal,que somos tantos, tantas. E... hai unha certaesperanza de que os novos ventos destasanadas limpen os camiños e os carreiros queacaroan o río para facer posíbel o Paseo doSobreiral de Arnego: vagaroso, de lecer e le-dicia, de vida; dende a Ponte Vilariño (poronde vai a estrada N-640) ata a Ponte de Pri-mo en Carmoega. Encantenón, as sobreirasmedran cara a xigantes, espesan os toros coacortiza, e veñen as SMS de parabéns a esgalla.Planeta en obra. Porque o río é, tamén en de-porte, un manantío que non cesa. “Miraioaló vai”, cobregando os nomes do seu paso,fonética ilustre para un libro-disco nas Feiras

58

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 58

Page 56: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Internacionais, ata o bico da entrega ao Ulla, enPortodemouros: couto de augas, abundanciade terras varridas outrora e hoxe megavatios,voltios, amperes, enchufes, lámpadas... queaínda hai nas aldeas da ribeira quen gasta can-dil necesario para as tantas faltas.

Regresando á Prehistoria e á Historiaaqualatense só dicir Campo da Mámoa(Brántega), Monte das Mámoas e o Pico Lon-go (Borraxeiros), Monte Laxido, Agro daGandarela en Lamas das Trabancas, Axiaz(Ventosa), Coteimil... resposta en acordanzaso Megalítico Galego. E os petróglifos, queson diversos, sobrancean na Pedra das ala-bardas de Axiaz e na Ermida de Couso. Unnubarro varreu o noso optimismo fronte aoachádego do Dolmen dos Muíños, no Agrode Voda, en Bidueiros, polo seu enterramen-to: ortostatos con pinturas a tres cores e unvolume e superficie dos máis relevantes (daGallaecia). Tempos novos? Das Idades dobronce fica a mostra da marabilla do “tesouro

Xosé Vázquez Pintor

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 59

Page 57: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

d´Agolada”(colar e pulseira de ouro macizo,atopado no 1920 en Campo do Xastre, Fe-rreiroa, que está en lugar preferente do Mu-seo de Pontevedra) e varios sartegos enMerlín, onde dorme en abandono unha igre-xiña singular, rexeitada de Deus e dos seuscorrespondentes dende hai uns anos. Exis-ten, felizmente aínda no seu contexto, sarcó-fagos simples e duplos espallados polosmontes das parroquias, que cómpre de ur-xencia documentar e protexer. O CastroMarcelín, onde seica aniñan, coa Raíña Mar-cela no trasacordo da coroa, os moitos gho-zofellos de alma, trasnos vagantíos, que oseñor Juanito nos animaba a ir para saber epillar de mañá cedeira, coas axudas dun sacoe aquela voz mansiña de “ghozofello vente aoregho, ven”, que nunca viña; e si a friaxe noscarrapuchos das alturas.

“Faro, Farelo,Pico Sagroe o Bocelo,

mailo Castro Marcelíntiritando no medio”.

A TERRA DO MEDIO

60

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 60

Page 58: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Estas terras foron dependentes dos resul-tados das liortas habidas noutros lugares lin-deiros: do Condado de Deza dende o s. VII.No 1366 por quí foi o lugar do confronta-mento da rebeldía dos Churruchaos e do ar-cebispo Suero Gómez de Toledo, pasandoaxiña ao servizo dos Condes de Lemos. No1467 fora derrubada a fortaleza dos Condesde Borraxeiros polos Irmandiños; e reedifi-cada no reinado de Felipe II. Hoxe é un Pazoque preside todas as distancias e olla ao lon-xe como vai en medras a súa propia vellice edecadencia. No s. XIX, decembro do 1835,os apuntamentos falan da “batalla en Eidián”entre as tropas gobernamentais e os carlistas;no sucedido fíxose espectáculo de escarnioen crueldade co presunto espía, infiltrado nobando resistente, en execución pública con-celebrada o día doce, no Campo da Feirad´Agolada. Era entón a Casa do Cego, a queservira de cuartel, e que arestora conformaun espazo para o turismo rural baixo a deno-minación de Pazo de Eidián.

Porén a meirande riqueza histórica e pa-trimonial, xunto co megalítico, está nas igre-xas románicas: de Órrea, do fins do s. XII e

Xosé Vázquez Pintor

61

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 61

Page 59: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

comezos do XIII, de achego ao Mosteiro defreiras, de quen a primeira referencia apareznunha escrita notarial copiada no “Tombo deSobrado” do 1 de maio do 1171, no que aabadesa Toda Rodríguez e a priora Onega Il-defonsi venden ao Mosteiro de Sobrado “delayo del Rey de León, Fernando II, de NunoPérez, en “Villa Ínsula” por corenta “sueldosde Angers”. As datas das orixes do mosteiropoderían ser anteriores ao primeiro testa-mento do bispo de Lugo, Odoario (747); eduraría en prestixio e rendas, ata a súa des-aparición (1504-1515), por anexión a SanPaio de Antealtares de Santiago. Consérvaseen moi bo estado a Igrexa románica, unhaobra digna de visitación, que acouga no valque hai entre o Pico Maior do Candeiro e aSerra de Órrea, con Pena Guntín ao lombo,

62

Val de Carmoega con Pena Gundín ao fondo

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 62

Page 60: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

baleando (na distancia semella unha balea)sobre o encoro de Portodemouros, a contra-mar. A igrexa de Ventosa, do mesmo tempoaproximado cá de Órrea, ao abeiro do Farelo,gorécese no seu interior con fermoso balda-quino, que os sabidos non acordan en datar,entre os séculos XIV e XVI: o conxunto in-terior do recinto é unha marabilla digna demellor sorte na súa promoción. O románicorural galego paira tamén nas pinturas mu-rais: en figuración e alusivas á vida-morte deXesús-Christo, coas mellores pegadas dosnosos artistas anónimos (reparar na kipá domaltratador de Christo e nos decorativos da

Xosé Vázquez Pintor

Pazo de Eidián

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 63

Page 61: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

paisaxe da “flaxelación”). A Igrexa de Ferrei-roa (convén remexer no topónimo, por se haicomparanza e podería ser Ferreiroá, en agu-do, a súa pronuncia; aínda arestoras -valorengadido- o visitante pode atopar e recollerabundancia de restos de escouras da antigafundición do ferro) é do románico serodio:conxunto humilde e moi sabedeiro aos ollosdos que amamos a sinxeleza nos elementosornamentais, esa compostura que cadra concertos espíritos ou estados de ánimo: é amiña alfaia preferente, en conxunto memo-rístico dos afectos coa Capela das Virtudes,que aínda hoxe, na súa máis que ruína, loce ehonra o recinto d´Os Pendellos. Borraxeiros,Merlín, Basadre, Vilariño, Carmoega (con re-loxio de sol), Brántega, As Trabancas, SantaComba... teñen tamén a súa importante cotaparticipativa nos andares das modas e dos sé-culos: románico serodio, barroco, neoclási-co... e os cruceiros, espidos ou figurativos enlabra singular de cada mau, de cada espazo:encrucilladas, adros, votivos, memorísticos.

Agolada é, en comparanzas, a máis des-atendida das vilas que aquí se compilan.Non se entende este desleixo que vén de

64

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 64

Page 62: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

hai tempo. Semella que todo vai á forza, acontravante das urxencias, cando tododeuscorre se non voa, cando activan os orgullospolo de cadanseu. En ningún outro sitio dacontorna hai o referente identitario que aquícomporta dende sempre: o patrimonio, xaúnico en número e en integración coa vila, daArquitectura Popular de feira Antiga, acaroa-do á Praza do Concello, outra singularidadeque preside a fonte labrada polos canteiros deVentosa. Son os visitantes, que van de paso ea quen lles cadra, os que máis e mellor esti-man os Pendellos (do s. XVIII) que penduran

Xosé Vázquez Pintor

Pendello-almacén. A Golada

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 65

Page 63: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

(penden) coma do aire ou sombra doutrosesteos que os amparan: arquitectura minús-cula, maquetación de efectos secundarios aun só día de rebollicio (días doce de cada mesdo ano): eran os amigos da vila de todos, osxoguetes a maiores para a interpretación da-queles soños na noite do franquismo, as rue-las, os acubillos, os accesos ás pequenasalturas dos tellados sen nada romper senón acrisma, e aprendías a navegación do risco. E aFeira, día grande das palabras, dos mares dopulpo, dos ferrados de panbranco, da posibi-lidade de nos achegar ás vacas de toda caste econdición, saber dos bacoriños, das galiñas edos coellos, que un tocaba de certo a súa res-piración en vida, a súa pel, as súas voces e asrespostas da animalia, en manso ou bravo,sorprendida.

“O día é Doce,O día é Feira:Ergue, Manuel,Lava, viste e vaite a Ela!

Aquí no cerne AgoladaGarda a memoria das feiras

66

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 66

Page 64: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Onde tantísima xenteViña de lonxe á súa beira

E nos Pendellos da vila,Que son historia de pedra,Vive a infancia e xuventudeDas nosas vidas daquela

Así naceron as falasDos ovos, queixo e manteiga,Dos repolos, pan e viño,Do lenzo e traxes de festa

E o mellor polbo do mundoEra cocido en caldeirasDe cobre co lume de achasAta que os raxos ourean

No prato van as talladas,Arrecenden na madeira,Buscan o pendello grandeDos xantares e as conversas

O mar en terra é bocadoQue sabe en boca labregaFalar das mil marabillas

Xosé Vázquez Pintor

67

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 67

Page 65: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

Que hai nas Cíes, Ons, Fisterra...

Aquí nos Pendellos eranOs días sempre unha cheaDe palabras e de tratosQue se pechan nas releas

O paxariño é unha sorteE o cego vai na miseriaDun corpo que sempre cantaAs desventuras alleas

E volve o labrego á casa,Onde a muller sempre espera:Trae consigo a compañaDa vaca, nai da becerra

Xa no silencio do cuarto,Cando outra noite se achega,Bícanse os dous namorados:Que non hai Feira sen Festa!”

Eramos nenos/nenas ricos sendo probes.Por iso ofende que alguén en algures manquetal estilo de supervivencia.

68

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 68

Page 66: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

-Que veña unha pa e os leve todos dunhaputa vez!

-Son os tempos na contramarcha da digni-

dade e do progreso; lardeiramente a prol daignorancia, do autoodio e das usuras.

“Recuperación xa!” É a voz, refrán permanente, berro solida-

rio da Asociación de Amigos dos Pendelloscontra o silencio. Encantenón, quen se ache-ga deixa nos ecos dos manuscritos que soña-mos:

- Que sorpresa! Canta fermosura! Quemágoa que os teñan aínda así!

-E todo canta nas orixes destes chantos, re-

bos, trabes, tellas, encastres, lousado, mura-dellas, portas, fiestras, xanelas, bufardas:arquitectura primaria, de seu agradecida, deseu casiñas abertas dos ninguén de ninguresque dormen e descansan nelas en días e ho-ras de cavilacións; de noso sempre pedras e

Xosé Vázquez Pintor

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 69

Page 67: A TERRA DO MEDIO - aelg.gal · A TERRA DO MEDIO Se dende hai uns poucos anos é a aldea labre-ga de Nugallás, no concello de Antas de Ulla, o cerne equidistante da Gallaecia 2007,

madeiras e cerámica de antigo, necesariasformas de gardar e ser, sempreagradecidas/agradecidos. Pendellos come-dor, expositores, almacéns... parque nu e an-tropolóxico dunha xeira antiga de convivios,onde a Palabra loce e agradece, oferta e cum-pre, molla en tinto ou branco as bocas e pe-cha en lealdade os tantos tratos. Porén otempo corre, voa, e non...

-Non desesperen-palabrean desde anos ahipocresía e os con/sortes nos despachos.

-Desesperar é pouco na Terra do Medio!Vai ou non vai?

70

A TERRA DO MEDIO

terradomedio 6/7/09 10:21 Página 70