a serea dos mouriños

13
OS NEN@S CONTAN UN CONTO… ”A SEREA DOS MOURIÑOS”

Upload: ratibron

Post on 31-Jul-2015

302 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A Serea Dos MouriñOs

OS NEN@S CONTAN UN CONTO…”A SEREA DOS MOURIÑOS”

Page 2: A Serea Dos MouriñOs

Din que pasou nunha noite fría de inverno. Os barcos polo día faenaban ao abrigo da costa pero ao atardecer levantouse o vento do sudoeste e unha gran tormenta ameazaba a todos.

Page 3: A Serea Dos MouriñOs

A flota arribou rápidamente ao muelle. Pero non todos poideron regresar. Houbo un barco que nunca o fixo. Sufriu un tráxico naufraxio no que perderon a vida seis homes da aldea da mesma familia.

Page 4: A Serea Dos MouriñOs

A familia dos Mouriños quedou sen ningún home para perpetuar o seu apelido. O mar tragounos a todos e nunca se recuperaron os corpos.

Page 5: A Serea Dos MouriñOs

As mulleres da familia choraron a súa morte pero a que chorou con maior pesar era Aurora, unha xoven que mantiña unha relación con Raúl, o máis novo dos Mouriños.

Aurora estaba embarazada de dóus meses e choraba por ese fillo que nunca coñecería ao pai.

Page 6: A Serea Dos MouriñOs

Ao saber que Aurora estaba embarazada, as mulleres dos Mouriños mudaron a desgracia en esperanza. Se nacía un neno o apelido nunca se perdería.

Deste xeito levaron a Aurora a parteira para que lle pronosticara o sexo da criatura que esperaba.

Ésta díxolles que sería unha nena pero que viviría moi pouco xa que as abandonaría para unirse cos seus homes no fondo do océano.

Page 7: A Serea Dos MouriñOs

A mediados do verano Aurora deu a luz unha nena de tez blanca, grandes ollos escuros e pelo negro como os Mouriños.

Page 8: A Serea Dos MouriñOs

Aos poucos días, unha mañán na que, xunto as súas cuñadas, Aurora recollía algas aproveitando a marea baixa, para fertilizar o horto, a canastilla da pequena quedou entre unhas rochas.

Dedicadas a faena como estaban non se percataron de que a marea subía pouco a pouco…

Page 9: A Serea Dos MouriñOs

Ao rematar o traballo, cando foron a recoller a nena, descubriron que o canasto de mimbre estaba a merced das olas que o mecían con agarimo.

Page 10: A Serea Dos MouriñOs

A rapaza non choraba, parecía feliz e desde a orilla observaron que xunto a ela había dúas focas.

Recordaron entonces a profecía da parteira e deixarona marchar.

Page 11: A Serea Dos MouriñOs

Nunca máis se soupo dela.

Na aldea rumoréabase que foi amamantada polas focas, convertíndose nunha fermosa serea.

Aqueles que a viron dinque era unha serea moi bonita, con cara de nena, de tez clara, grandes ollos oscuros e longo cabelo de cor azabache.

Page 12: A Serea Dos MouriñOs

Dende entón, todos os anos, na mesma data na que naufragou o barco dos Mouriños, ao amencer escoitase no cabo o canto dunha fermosa melodía que xurde dunha fina voz femenina, acompañada pola música dunha caracola.

Entonces, as mulleres corren a esperar a chegada da xoven serea, a filla de Aurora, que ven a traerlles novas dos homes da aldea afogados no mar.

Page 13: A Serea Dos MouriñOs

Sempre acompañada das súas amigas, as maravillosas focas grises que lle salvaron a vida e a levaron con elas

ao mar…