a realidade e a liÑa2).pdfantes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas...

14

Upload: others

Post on 10-Oct-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar
Page 2: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 2

A Área Educativa de Afundación proponche un reto: coñecer desde a túa casa a exposición «Con D de arte» a través dunha visita virtual. Deberás observar, ler e responder ás diferentes fichas de investigación que deseñamos para o teu entretemento. Ao final deste documento tes as respostas a todas as preguntas para que comprobes se acertaches ou procures o que non saibas.

Antes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas pasear polas salas de exposición e un enlace á nosa web para que investigues mellor as obras e os artistas. Despois iremos ficha por ficha.

Preparad@s? Lembrade, agora moito…

Page 3: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 3

A REALIDADE E A LIÑA

Durante séculos, todos aqueles que podían, encargábanlle un retrato a un pintor. Que che fixesen un retrato significaba que eras famoso e tiñas moito diñeiro. Os pintores tamén eran moi valorados, gañaban moito diñeiro facendo retratos e paisaxes para os ricos, xa que eran os únicos que tiñan ese talento. Con todo, a finais do século XIX alguén inventa algo que quita o traballo aos artistas: a cámara de fotos. De súpeto, existe unha máquina que atrapa a realidade e pégaa nun papel. Xa non se necesitan tantos retratistas, nin paisaxistas….

Que fixeron os pintores entón? Observa a sala, darache pistas, e elixe unha ou varias das seguintes opcións:

• O oficio de artista desapareceu e tiveron que facer cola no paro.

• Pasáronse á brocha gorda e pintaban paredes.

• Os artistas decidiron representar a realidade doutra maneira.

• Fixeron rapidamente un curso de fotografía.

• Por fin os artistas podían ser libres e crear outras realidades, estaban fartos das señoras estiradas dos retratos.

A liña cumpría a función de acoutar a cor, nunca era protagonista. Agora imos ver como algúns artistas contemporáneos decidiron experimentar coa liña e incluso facela protagonista das súas obras.

Page 4: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 4

Observa estas obras nas que a liña é a protagonista

• Que diferenzas observas entre unhas e outras?

• Unha delas está feita por un artista que tamén ten formación de arquitecto, cal cres que é?

• Cal delas se faría coa axuda de regla, escuadra e cartabón?

• A escultura de Diego Cabezas, é 2D ou 3D?

VinyesGrafismo IColección de Arte Afundación

Din MatamoroSen títuloColección de Arte Afundación

Diego CabezasCabezaColección de Arte Afundación

Page 5: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 5

A arte é un fiel reflexo da historia. Na primeira metade do século XX, ademais de dúas guerras mundiais, o mundo asistiu a grandes revolucións que desafiaban a orde establecida. A xente estaba cansada do de sempre e houbo grandes movementos que loitaron pola igualdade das mulleres, os dereitos dos nen@s, a igualdade de dereitos etc.

Esa loita por mudar as normas deu luz á arte contemporánea; por iso é tan rompedora, porque quere afastarse de todo o anterior.

Elixe unha ou varias opcións para terminar esta frase:

Por primeira vez, a arte…

• Quere distingurse da realidade, a arte xa non quere ser unha copia basta da natureza.

• Quere seguir sendo o único medio para representar a realidade.

• Xa non quere seguir sendo vista cos ollos, senon co corazón.

Do mesmo xeito que as revolucións sociais, nas que as persoas estaban cansas da orde que lles impoñían, a pintura comezou tamén a desordenarse e desobedecer. A cor estaba cansa de estar sempre pechada no espazo do debuxo, así que… rompeu coas liñas do debuxo e traspasou todos os límites.

COPIAS, CORES E EMOCIÓNS

Page 6: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 6

Observa as obras de Antonio Quesada e Álvaro Negro. Se che dixésemos que a cor é a expresión dunha emoción, que emocións seleccionarías para estas obras?

Antonio QuesadaRío máxico

Colección de Arte Afundación

Álvaro NegroLuz lentaColección de Arte Afundación

Antonio SauraFigura

Colección de Arte Afundación

Sabendo que a cor é a representación dunha emoción, observa os retratos de Antonio Saura e Helena Segura-Torrella. Que che sorprende destes retratos? Que che di a cor?

Helena Segura-TorrellaSopa de caracolColección de Arte Afundación

Page 7: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 7

Estamos ante unha emerxencia global. Por mor de nosa mala xestión dos recursos, o planeta e as especies perigan. As enormes cantidades de lixo non reciclable, a polución, as verteduras, a caza indiscriminada de determinadas especies, as emisións etc fixeron do planeta Terra un planeta en perigo. A arte é unha resposta aos problemas que se expoñen.

Cal ou cales das seguintes solucións crees que deu a arte ao tema da contaminación global?

• A arte, con tanta contaminación, está tamén en perigo de extinción.

• A arte busca materiais para crear obras entre os lixos e a contaminación, chámase arte povera.

• A arte non loita contra a contaminación, ao contrario: a arte é un gran contaminante.

• A arte denuncia os efectos da contaminación sobre a natureza.

Imaxinade que a arte fose capaz de atoparlle utilidade a toda cantidade de verteduras, desperdicios e fumes que emitimos, podedes imaxinalo?.

O LIXO TAMÉN TEN VALOR

Page 8: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 8

Observa agora a obra de Jorge Perianes e comenta:

Pamen PereiraVista isométrica del continente antártico desde el Mar de RossColección de Arte Afundación

Jorge BarbiSen títuloColección de Arte Afundación

Jorge PerianesSen título

Colección de Arte Afundación

Na exposición temos varias obras de arte que se fixeron con lixos, fumes ou verteduras. Observa as obras de Pamen Pereira e a de Jorge Barbi. Cal cres que é o seu significado?

• Como é a natureza de Perianes? Obsérvaa ben e escolle entre os seguintes adxectivos un que creas que lle acae ben:

- Rara / artificial

- Tranquilidade

- Inquietante

- Moi natural

• Que historia cres que quixo contar Perianes?

• Cal é a razón que o levou a contar esa historia?

Page 9: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 9

Do grande ao pequeno, iso é o que parecen estas obras de Álvaro de la Vega (fotografía na páxina seguinte) cando as vemos xuntas na mesma sala. Localízaas na exposición e fíxate tamén nestas esculturas de Francisco Leiro.

Por que estarán todas colocadas a nivel do chan?

• Porque non lles apetecía subilas a unha peaña debido ao seu peso.

• Para que o espectador o teña máis fácil á hora de apoiarse nelas.

• Queren provocar proximidade co espectador e colocarse á súa altura. Na arte clásica sempre estaban colocadas a un nivel superior.

ESCULTURAS POLO CHAN

Francisco LeiroRecolectora II

ABANCA Colección de ArteEsta obra non está na exposición

Francisco LeiroRecolectora IVABANCA Colección de ArteEsta obra non está na exposición

Page 10: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 10

Observa a obra de Álvaro de la Vega

Álvaro de la Vega5 mans dereitas ou parábola da firmeza

Colección de Arte Afundación

• Que parte do corpo está a representar?

• Que materiais usou o autor para realizalas?

• Que vos transmite ao velas?

- Enerxía

- Curiosidade

- Medo

- Forza

- Frío

• A maior parte delas son de madeira. Que ferramenta usaría para elaboralas?

- Machada

- Lapis

- Motoserra

Page 11: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 11

Os artistas clásicos querían que as súas obras fosen observadas e analizadas, o que importaba era a obra realizada. A arte contemporánea pretende todo o contrario: quen cobra importancia e participa na obra é o propio espectador. Moitas obras aparecen sen título por ese motivo, porque cada un ten unha visión particular da obra exposta, o artista non remata a obra, quen a finaliza é o propio espectador en sala.

Por que cres que os artistas contemporáneos fan isto co espectador?

• Queren que lles fagan o traballo mentres eles almorzan flocos de millo.

• Para caer ben e que non critiquen as súas obras.

• Para involucrar o espectador coa súa obra e que o espectador traballe a súa propia imaxinación.

A OBRA ESTÁ SEN REMATAR!

Xurxo Gómez-ChaoBig Bang 01 (O ceo caído)Colección de Arte Afundación

Observa a obra de Xurxo Gómez -Chao

A que xénero pertence esta obra?

- Paisaxe

- Bodegón

- Retrato

- Escena relixiosa

Page 12: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 12

Jorge BarbiSen título

Colección de Arte Afundación

• Que material empregou o autor nesta obra?

- Pintura

- Acuarela

- Excremento de ave

- Pepperoni

• Fíxate ben na figura que aparece. Que representa para ti?

Observa a obra de Jorge Barbi

Page 13: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Con D de arte. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 13

A REALIDADE E A LIÑA (pp. 3-4)

Os artistas decidiron representar a realidade doutra maneira.

Por fin os artistas podían ser libres e crear outras rea-lidades, estaban fartos das señoras estiradas dos re-tratos.

Son diferentes maneiras de crear, empregando a liña como protagonista. A obra de Vinyes parece que que-re crear unha imaxe xeométrica,. Din Matamoro, en cambio, fai unha imaxe máis natural, máis orgánica, é a esquematización dunha figura. E por último, Diego Cabezas utilízaa para crear un espazo, para crear unha imaxe en 3D.

O arquitecto é Ramón Vinyes, busca recrear espazos, espazos acoutados por unha liña grosa e negra. É pre-cisamente a súa obra a que precisa de escuadra e car-tabón.

Diego Cabezas articula a súa escultura a través das li-ñas, creando una representación en 3D desta fusión de cabeza e xaula.

COPIAS, CORES E EMOCIÓNS (pp. 5-6)

A arte quere distinguirse da realidade, xa non quere ser unha copia basta da natureza. Xa non quere seguir sendo vista cos ollos, senon co corazón.

As emocións que transmiten estas obras son subxec-tivas, aínda que as cores escuras adóitanse relacionar coa noite, a tristeza ou a desolación e o verde a cor da natureza, a luz, e a vida.

Fixádevos nos títulos e enviádenos as emocións que vos despertan estas obras a [email protected]

Son dous retratos totalmente diferentes: unha espe-cie de monstro e unha nena inocente, tomando a súa sopa. A primeira obra é unha pintura, mentres que a segunda parte dunha fotografía. Volvemos a ver cores escuras, ocres e deformación en representación do escuro, da tristeza, da dor. Por contra, as pinceladas de cor que acompañan á nena fálannnos de alegría e emocións positivas.

O LIXO TAMÉN TEN VALOR (pp. 7-8)

A arte busca materiais para crear obras entre os lixos e a contaminación, chámase arte povera.A arte denuncia os efectos da contaminación sobre a natureza.

Raro e inquietante son os adxectivos que mellor lle acaen á obra de Perianes. O autor emprega como re-curso o sorprendente, o misterioso, aspectos da reali-dad que parecen non encaixar nela.

Aínda que parece un bosque, non é unha imaxe da natureza, senon un pequeno retrato cheo de misterio. Escribe un relato relacionado con esta obra e envíano-lo a [email protected]

ESCULTURAS POLO CHAN (pp. 9-10)

Queren provocar proximidade co espectador e colo-carse á súa altura. Na arte clásica, as esculturas sempre se colocaban enriba dunha peaña para ser admiradas, para ser vistas desde abaixo. Xeralmente as esculturas eran de deuses ou grandes personaxes históricos. En cambio, aquí Leiro preséntanos a imaxe de dúas lim-padoras de praias, dúas persoas coma ti e coma nós que pasarán á historia por ter limpado as praias tras o desastre ecolóxco do Prestixe. Estas esculturas baixan da peaña, queren estar contigo, preto de todos nós. [Ver máis na web da Colección ABANCA].

Representa as mans, moitas mans. Están realizadas en madeira.

Cada persoa pode sentir emocións diferentes á hora de ver unha obra de arte, envíanos as túas a [email protected]

Seguramente foron empregadas todas esas ferramen-tas: o lapis para deseñar e tomar as medidas, a moto-serra para quitar o máis groso da madeira e a machada para rematalas. Desde logo, este tipo de obras non as pode facer calquera, só un bo artesán da madeira.

A OBRA ESTÁ SEN REMATAR! (pp. 11-12)

Os autores deixan as obras sen título para involucrar ao espectador e que este traballe coa súa propia ima-xinación.

O artista contemporáneo xoga co espectador, gústalle estar preto del, quere comunicarse con el dunha ma-neira diferente a como o facían os clásicos. A visión do que sente ou imaxina o espectador é moi importante.

Esta obra podería ser un bodegón, xa que posúe pé-talos espallados por todas partes… mais eses pétalos representan o ceo. Ambas respostas son válidas! Cón-tanos que cres que representa a obra en [email protected]

Jorge Barbi é un gran amante da natureza, a maior parte das súas obras ten coma orixe unha paisaxe na-tural. O excremento dunha ave é a orixe desta orixinal peza. Cóntanos que representa en [email protected]

Procura máis información sobre este artista nas webs das Coleccións de arte de ABANCA e Afundación.

Page 14: A REALIDADE E A LIÑA2).pdfAntes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas ... unha copia basta da natureza. • Quere seguir sendo o único medio para representar