a r t a b r o s · 8 de abril de 2018 ruta do contrabando ribeira sacra ourensana (ourense)...

2
8 de ABRIL de 2018 RUTA DO CONTRABANDO RibeIra sacra ourensana (Ourense) SOCIEDADE DE MONTAÑA A R T A B R O S Descripción do percorrido. Volvemos á Ribeira Sacra ao concello de Nogueira de Ra- muín, esta vez para facer unha nova andaina, a Ruta do Contrabando”, (camiños por onde se levaba o contrabando para subilo nos trens na estación dos Peares). Esta fermo- sa ruta, igual que a do Farricoquee o Camiño da Amar- gura”, pódense facer grazas ao esforzo da Asociación Móvete por Nogueiraque, ademais de trazalas, mantéñe- nas limpas. Agardamos que algún dos seus compoñentes, dos que xa nos consideramos amigos, nos poidan acom- pañar. O percorrido comeza en Luintra, capital do concello, onde tomaremos café. Dirixímonos cara ao pobo de Valdomar, que bordearemos, para adentrarnos deseguido nun espe- so e engaiolante bosque de especies autóctonas. Iremos atopando fermosos recunchos: muíños que forman parte da propia natureza, (destacando os muíños hidráulicos en fervenza ao longo dun regato, onde tamén houbo unha central eléctrica que abastecía a contorna); rochas con fermosas formas: A Serpe”, “O carallo de Nogueirae O penedo do Pee tamén unha antiga alvariza e unha mina de auga. Seguimos en dirección a aldea de Casanova primeiro e despois ata Borraxos. De camiño ao río Miño e ao pobo de Penalba, atoparemos unha fermosa e orixinal árbore que nos pide Abraza a túa árbore”. Con vistas do río Miño, do pobo de Penalba e a súa con- torna, comezamos unha paulatina subida, por camiños cheos de musgo, entre bosques e soutos con castiñeiros centenarios. De camiño pasaremos polo Lavadeiro da Pena do Chao”. Paseniño, paseniño acadamos a aldea de Vilasuxa e pos- teriormente os pobos de Cinseiro, Sobrado e Alcouce. Chegamos a zona de Moura e ao miradoiro da Lampa con vistas do río Sil e do Mosteiro de Santo Estevo. De segui- do imos por un anaco do percorrido que fixémos xa no Co- ñece e Camiña do ano pasado. Se imos ben de tempo pa- saremos polos penedos do Trigo, do Rufino, Pedra Longa, Castro da Moura etc. Xa estamos no punto máis alto, 727 metros, xiramos a de- reita para ir en dirección ao pobo de Monteverde, cruzámo- lo, e por unha corredoira que coincide nalgún anaco co sendeiro de Maquino Largaño, que en barallete (fala dos afiadores) significa Camiño Longo,volvemos ao pobo de Valdomar, que cruzaremos; antes de abandonalo faremos unha sentadiña no banco que nos di Séntate e verás...”. Axiña estamos de novo en Luintra onde nos agarda unha cervexa. Teléfono: 981 213115 Correo: [email protected] PROXIMAS ACTIVIDADES 2018 20 -22 de abril: Val de Fornela (LE) 6 de mayo: Circular de Zobra. Sierra do Candan(PO) 16 a 20 de mayo: PP.EE. M. Occidental, Sajambre (AS) 2 y 3 de junio: Corno de Bico, Portugal 17 de junio: Siera da Vacariza. Castroverde (LU) 30 de junio a 1 julio: Polos picos de Europa 8 de julio: Illa Cortegada, Sendeirismo e Kayaks (PO) 26 julio a 5 de agosto: Insbruck-Tirol, Austria 16 de septiembre: Illa de San Simon (PO) 21-23 septiembre: A Peneda e Pena de Anamao (PO) 30 de septiembre: Ruta dos Poetas. Celanova (OR) 12-14 de octubre: A pobra de Trives (OR) 28 de octubre: Polo castro Castañoso. Fonsagrada (LU) 10 y 11 de noviembre: Outono na Ribeira Sacra 25 de noviembre: O Mandeo por Terras de Aranga (C) 16 de diciembre: As Fervenzas de Bergantiños e Xantar Teléfono Servicio asistencia 902136524 (Mapfre) No Federados: 981 260320 Monitora Marisa Perez: 646358825 A Asociaciación Móvete por Nogueiraorganiza a finais de outubro a Ruta Terrorífica+Pobo Fantasma de Valdo- mar”, totalmente recomendable. Consiste nunha andaina de noite polo monte duns 5 km onde se aparecen todo tipo de seres que esa noite despertan, e remata no pobo de Valdomar onde teñen preparado unha cea-baile.

Upload: lamthien

Post on 28-Sep-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

8 de ABRIL de 2018

RUTA DO CONTRABANDO RibeIra sacra ourensana

(Ourense)

SOCIEDADE DE MONTAÑA

A R T A B R O S

Descripción do percorrido.

Volvemos á Ribeira Sacra ao concello de Nogueira de Ra-

muín, esta vez para facer unha nova andaina, a “Ruta do

Contrabando”, (camiños por onde se levaba o contrabando

para subilo nos trens na estación dos Peares). Esta fermo-

sa ruta, igual que a do “Farricoque” e o “Camiño da Amar-

gura”, pódense facer grazas ao esforzo da “Asociación

Móvete por Nogueira” que, ademais de trazalas, mantéñe-

nas limpas. Agardamos que algún dos seus compoñentes,

dos que xa nos consideramos amigos, nos poidan acom-

pañar.

O percorrido comeza en Luintra, capital do concello, onde

tomaremos café. Dirixímonos cara ao pobo de Valdomar,

que bordearemos, para adentrarnos deseguido nun espe-

so e engaiolante bosque de especies autóctonas. Iremos

atopando fermosos recunchos: muíños que forman parte

da propia natureza, (destacando os muíños hidráulicos en

fervenza ao longo dun regato, onde tamén houbo unha

central eléctrica que abastecía a contorna); rochas con

fermosas formas: “A Serpe”, “O carallo de Nogueira” e “O

penedo do Pe” e tamén unha antiga alvariza e unha mina

de auga.

Seguimos en dirección a aldea de Casanova primeiro e

despois ata Borraxos. De camiño ao río Miño e ao pobo de

Penalba, atoparemos unha fermosa e orixinal árbore que

nos pide “Abraza a túa árbore”.

Con vistas do río Miño, do pobo de Penalba e a súa con-

torna, comezamos unha paulatina subida, por camiños

cheos de musgo, entre bosques e soutos con castiñeiros

centenarios. De camiño pasaremos polo “Lavadeiro da

Pena do Chao”.

Paseniño, paseniño acadamos a aldea de Vilasuxa e pos-

teriormente os pobos de Cinseiro, Sobrado e Alcouce.

Chegamos a zona de Moura e ao miradoiro da Lampa con

vistas do río Sil e do Mosteiro de Santo Estevo. De segui-

do imos por un anaco do percorrido que fixémos xa no Co-

ñece e Camiña do ano pasado. Se imos ben de tempo pa-

saremos polos penedos do Trigo, do Rufino, Pedra Longa,

Castro da Moura etc.

Xa estamos no punto máis alto, 727 metros, xiramos a de-

reita para ir en dirección ao pobo de Monteverde, cruzámo-

lo, e por unha corredoira que coincide nalgún anaco co

sendeiro de Maquino Largaño, que en barallete (fala dos

afiadores) significa “Camiño Longo,” volvemos ao pobo de

Valdomar, que cruzaremos; antes de abandonalo faremos

unha sentadiña no banco que nos di “Séntate e verás...”.

Axiña estamos de novo en Luintra onde nos agarda unha

cervexa.

Teléfono: 981 213115

Correo: [email protected]

PROXIMAS ACTIVIDADES 2018

√ 20 -22 de abril: Val de Fornela (LE) √ 6 de mayo: Circular de Zobra. Sierra do Candan(PO) √ 16 a 20 de mayo: PP.EE. M. Occidental, Sajambre (AS) √ 2 y 3 de junio: Corno de Bico, Portugal √ 17 de junio: Siera da Vacariza. Castroverde (LU) √ 30 de junio a 1 julio: Polos picos de Europa

√ 8 de julio: Illa Cortegada, Sendeirismo e Kayaks (PO)

√ 26 julio a 5 de agosto: Insbruck-Tirol, Austria √ 16 de septiembre: Illa de San Simon (PO) √ 21-23 septiembre: A Peneda e Pena de Anamao (PO) √ 30 de septiembre: Ruta dos Poetas. Celanova (OR) √ 12-14 de octubre: A pobra de Trives (OR)

√ 28 de octubre: Polo castro Castañoso. Fonsagrada (LU) √ 10 y 11 de noviembre: Outono na Ribeira Sacra

√ 25 de noviembre: O Mandeo por Terras de Aranga (C)

√ 16 de diciembre: As Fervenzas de Bergantiños e Xantar

Teléfono Servicio asistencia 902136524 (Mapfre)

No Federados: 981 260320

Monitora Marisa Perez: 646358825

A Asociaciación “Móvete por Nogueira” organiza a finais de outubro a “Ruta Terrorífica+Pobo Fantasma de Valdo-mar”, totalmente recomendable. Consiste nunha andaina de noite polo monte duns 5 km onde se aparecen todo tipo de seres que esa noite despertan, e remata no pobo de Valdomar onde teñen preparado unha cea-baile.

15,6 kms.