a narrativa entre 1936 e 1975

7
A PROSA ENTRE 1936 E 1976 Os renovadores da prosa: Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas.

Upload: laurafernanlopez

Post on 13-Apr-2017

121 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: A narrativa entre 1936 e 1975

A PROSA ENTRE 1936 E 1976

Os renovadores da prosa: Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira

Vilas.

Page 2: A narrativa entre 1936 e 1975

A NARRATIVA ENTRE 1936 E 1976

Narrativa continuadora do Grupo Nós. Narrativa fantástica: Álvaro Cunqueiro. Narrativa realista:

Realismo costumista e popular: Ánxel Fole. Realismo social: E. Blanco Amor e X. Neira

Vilas. Nova Narrativa Galega.

Page 3: A narrativa entre 1936 e 1975

Narrativa continuadora do Grupo Nós

Mesmos temas cá Xeración Nós, p. ex. o mundo da fidalguía.

Ramón Otero Pedrayo: Entre a vendima e a castañeira e O señorito da Reboraina.

Ricardo Carballo Calero: A xente da Barreira (1951), primeira novela que se publicou en galego despois da Guerra Civil.

Page 4: A narrativa entre 1936 e 1975

Narrativa fantástica Mundo mítico, intemporal, soñado, idealizado.

Álvaro Cunqueiro: Mestura o real e o fantástico. Crea verosimilitude proporcionando moitas referencias ao mundo real e

coñecido polo lector: datos xeográficos, topónimos e descricións que constrúen un contexto realista e recoñecible.

Os personaxes normais conviven cos que proveñen do mundo mítico e literario. Libros narrativos clasificados como novelas, aínda que en realidade están

formados por episodios indepentes que teñen en común algúns personaxes e o espazo: Merlín e familia, As crónicas do sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas.

Libros de relatos breves protagonizados por personaxes peculiares e marabillosos do mundo popular galego : Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes.

Page 5: A narrativa entre 1936 e 1975

Narrativa realistaRealismo popular e costumista

Ánxel Fole: Narrativa centrada na dureza do mundo rural e na súa natureza

agreste. Reproduce crenzas e supersticións. Recorre á técnica do conto contado a través de abundantes

fórmulas apelativas que nos remiten a esa oralidade. Lingua: a propia dos paisanos das zonas da montaña luguesa que

describe, polo que contén dialectalismos e vulgarismos. Á lus do candil e Terra brava: libros de relatos situados nas terras

do Caurel e do Incio respectivamente. Relátanse historias de lobos, aparecidos, premonicións de morte e lendas populares.

Contos da néboa e Historias que ninguén cre: relatos ambientados no medio urbano que combinan o humor, o misterio e a fantasía.

Page 6: A narrativa entre 1936 e 1975

Narrativa realistaRealismo social

Eduardo Blanco Amor: Temas realistas, interese pola infancia e ambientación urbana na

cidade de Auria (= o seu Ourense natal de comezos do século XX). A esmorga: publicada en Bos Aires ao non permitirllo aquí a censura

franquista á editorial Galaxia. Esta novela constitúe a declaración xudicial despois de 24 tráxicas horas de troula dos tres protagonistas: o “Castizo”, o “Bocas” e o “Milhomes”. Ao principio, a obra foi interpretada como novela tremendista ou picaresca pero nunha lectura máis profunda albíscanse dous mundos enfrontados que mesmo falan dous idiomas diferentes: a Galicia de posguerra, marxinada e alienada, e os poderes públicos foráneos e opresores.

Xente ao lonxe: historia dunha familia, das loitas sindicais do proletariado urbano de comezos do século XX e da evolución persoal dos nenos que se converten en mozos.

Page 7: A narrativa entre 1936 e 1975

Narrativa realistaRealismo social

Xosé Neira Vilas Ponte entre a tendencia do realismo social e a

chamada Nova Narrativa Galega. Memorias dun neno labrego iniciou o

subxénero das memorias da infancia. Balbino, un rapaz de aldea.

Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho: ambientación rural e protagonismo infantil.

Historias de emigrantes e Camiño bretemoso: narracións centradas no mundo da emigración.

O home de pau: mundo urbano.