a n i m a i s i n v e n t a d o s · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos...

32
A N I M A I S I N V E N T A D O S DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA IES ALEXANDRE BÓVEDA VIGO XUÑO 2020

Upload: others

Post on 08-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

A N I M A I S

I N V E N T A D O S

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

IES ALEXANDRE BÓVEDA

VIGO

XUÑO 2020

Page 2: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións
Page 3: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

Transformamos o mundo

cando pensamos cousas imposíbeis

Page 4: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións
Page 5: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

TÁBOA

O POLESCOFIÑO de Silvia Martínez Novoa 7

O PARDACOELLO de Elsa Lupicki Rodríguez 8

O GATICÁN de Álex Tierra Rodríguez 9

O PINCHÓN de Claudia Meléndez Santamarina 10

XOANIBOLBOÑARETA de Mesayé Gómez Marchante 11

O MORGARTO de Sergio Eireos Varela 13

O AXOLEÓN de Natalia Mosquera Otero 14

A OURAÑA de Erea Bea Iglesias 15

RAFICORNIS de Jimena López Blanco 16

LEOFANTE de Zaira González Pérez 17

O TARTAGANTE de Patricia Morales Rodríguez 18

XIRACÁN de Helena Blanco Pumar 19

LORMONO de Elena Guisande Basalo 20

O PAPAGATO de Pedro Conde Escudero 21

O OSOSERPE de Samuel Rodríguez Pastrana 22

LOBÓN de Lara Alonso Comesaña 23

CURELLO de Nerea Boullosa Gregorio 24

CANCODRILO de Yeray Lago González 26

PAVOGALIÑA de Aitana Álvarez Oliveira 27

CABRACOELLO de Lucía Alonso Moure 28

GUEPAOBO de Xavier Oubel Duarte 29

PORQUEÓN VOADOR de Noa Álvarez Vasconcellos 30

Page 6: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións
Page 7: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

O POLESCOFIÑO

Silvia Martínez Novoa (2º ESO E)

O polescofiño é un animal acuático e terrestre, aínda que adoita

vivir no mar. Este animal non é común xa que está en perigo de

extinción.

O polescofiño naceu hai uns 1555 anos nunha rocha que só hai

nas profundidades do mar Mediterráneo. O polescofiño vive uns mil

anos e só pode reproducirse unha vez en toda a súa vida, mais

pode ter até 15 fillos á vez. É unha mestura de golfiño, polbo e

escorpión, por iso ten unha aparencia tan estraña. Ten abdome,

patas e pinzas do escorpión e, cando está na superficie, a súa

capacidade de ter veleno. Posúe os tentáculos e a capacidade de

botar tinta do polbo e ten a cabeza e a aleta dorsal de golfiño.

A súa vida na auga é máis sinxela ca na terra, xa que pode

comunicarse cos golfiños e polbos e é aceptado polos demais da

especie con calquera das dúas formas. Cando vive fóra da auga

cústalle máis, xa que os tentáculos (nun principio) tiña que

enroscalos e a aleta non lle servía de moito. Porén, co tempo foi

desenvolvendo unha capacidade de camuflaxe a partir dos

tentáculos e a aleta, por iso na superficie terrestre non o vemos.

Page 8: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

O PARDACOELLO

Elsa Lupicki Rodríguez (2º ESO E)

O pardacoello é un animal do bosque, metade pardal e metade

coello. Ten plumas no corpo e nas ás. Ten pelaxe na cabeza e

bigotes no fuciño. Tamén ten unhas patas de pardal e unhas orellas

longas e peludas de coello.

O pardacoello pode voar até máis arriba das árbores e aliméntase

de herba fresca e froitos do bosque.

Page 9: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

O GATICÁN

Álex Tierra Rodríguez (2º ESO E)

O gaticán é unha criatura un pouco peculiar xa que conta con dúas

cabezas, unha de gato e outra de can. O can é un grande amigo do

home mais o gato é un animal un pouco máis arisco.

O gaticán coida dos nenos coma se fose un anxo da garda e

nalgunhas ocasións fica abraiado. Esta criatura tan misteriosa ten

unhas cores moi vivas para chamar a atención dos rapaces. Alén

disto, é un animal moi veloz xa que coas súas patas pode voar

para axilizar o seu traballo.

Esta criatura ten a faciana doce do can e a ollada desconfiada e

pícara do gato. No seu corpo hai unha loita continua gato - can,

mais sempre remata gañando unha das dúas.

Page 10: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

O PINCHÓN

Claudia Meléndez Santamarina (2 ESO E)

O Pinchón é como un lagarto con máis de 30 cornos de ourizo ao

redor da cabeza, lombo e cola. Ten ollos de serpe e 3 plumas na

punta da cola. As persoas non poden velo, xa que é moi rápido nas

súas accións. O que fai é que te pinches cando estás cosendo. El

arríncase un dos seus cornos e pínchate nun dedo para que

aprendas a coser mellor, porque só pincha os maos costureiros. É

moi exixente.

Page 11: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

XOANIBOLBOÑARETA

Mesayé Gómez Marchante (2º ESO C)

Onte o meu pai contoume unha das súas pequenas exploracións

que facía cando era máis novo.

Contoume que nos seus tempos de aburrimento ía explorar un

bosque cuns amigos. Gústanlle moito os insectos… e os animais

en xeral.

Ía camiñando cunha moza por un bosque.

Decatouse nun instante que vira unhas pegadas moi estrañas. Fixo

unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que

non pertencían a ningún animal coñecido.

Foi de novo buscar novas informacións sobre o estraño animal,

atopou de novo as pegadas e, para dar con el, seguiunas. Deu co

animal e, ás agachadas, tomou datos.

-Tiña unha cabeza de xoaniña e puntos vermellos no corpo.

-Tiña unhas ás que saían do lombo, moi fermosas. Iso indicoulle

que podía voar.

-Tiña unha espirotrompa que lle saía da boca para absorber o

néctar das flores.

É unha mestura entre xoaniña e bolboreta.

Cando o meu pai se achegou para observalo mellor, este

camuflouse no tronco dunha árbore, como os camaleóns.

Dende ese día o meu pai xa non volveu atoparse con este animal

tan estraño.

Curiosidades

Page 12: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

Gustalle vivir en lugares moi afastados dos depredadores

Gustalle ter o seu niño en lugares moi altos e afastados dos

ovíparos.

Garda o alimento para as súas crías nos puntos vermellos.

Cando se achega ás súas crías, estas están coas súas

espirotrompas xa esticadas para se alimentar.

Page 13: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

O M ORGARTO

Sergio Eireos Varela (2º ESO C)

O morgarto é unha mestura entre un lagarto e un morcego. As súas

ás están cheas de escamas que varían de cor dependendo da

situación. O seu tronco está cuberto de pelo negro como os

morcegos e a súa cola tamén cuberta de escamas coas mesmas

cores que as ás. Ten uns cairos típicos dos morcegos, moi grandes.

Na actualidade hai moi poucos morgartos no mundo, mais na Idade

Media había bastantes e confundíanse con dragóns.

É moi tímido e vive nas covas máis profundas e escuras. Cando

sae polo día, enfádase moito e bota lume pola boca provocando

incendios nas cidades.

Page 14: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

O AXOLEÓN

Natalia Mosquera Otero (2º ESO A)

O Axoleón é unha mestura de axolote e camaleón. A súa cabeza é

coma a dun axolote; ancha, cuns ollos pequenos, redondos e sen

pálpebras. Ten tres pares de branquias a cada lado da cabeza, que

saen da base da cabeza e van cara a atrás. Pola contra, o tronco,

as extremidades e a cola son coma as dun camaleón.Ten

escamas, catro patas con dúas dedas en forma de pinza e unha

cola moi longa que lle serve para se pendurar das árbores.

O Axoleón é áxil e moi intelixente. Gústalle moito xantar grilos,

aínda que tamén lle gustan todo tipo de insectos. Porén, sobre

todo, é moi curioso e por iso só sae as noites de lúa chea e, se tes

sorte e o atopas, guiarache até un cofre cheo de riquezas

somerxido nunha lagoa.

Page 15: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

A OURAÑA

Erea Bea Iglesias (2º ESO A)

A ouraña é unha araña negra con espiñas como as do ourizo. Mide

uns 10 cm aínda que pode acadar o tamaño dunha persoa normal.

Isto ocorre cando a persoa deixa libre ou non mata as arañas que

andan pola casa. Ela vólvese máis grande e fai as tarefas

domésticas da persoa. Para ela é fácil grazas ás súas oito patas.

Se a persoa a que axuda ten un fillo ou filla, faille os deberes e, se

ten algún exame ao día seguinte, tece unha tea sobre a súa

cabeza e sábese todas as preguntas. Aínda que isto último só

ocorre unha vez, non funciona en máis dun exame. Cando a

ouraña remata, volve encollerse e vaise sen que lembres nada. Se

polo contrario matas unha araña, a ouraña crávache algunha das

súas espiñas mentres dormes e, cando espertas tes a pel verde

durante un mes. Estas persoas sí recordan a ouraña e non volven

matar unha araña nunca máis.

Page 16: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

RAFICORNIS

Jimena López Blanco (2º ESO C)

O raficornis é unha mestura entre un raficeiro común e un

agapornis.

Físico. O raficornis é un herbívoro con dous cornos na cabeza,

dúas orellas grandes e ollos negros como a noite. Ten dúas ás

verdes de 13 cm xa que mide 11 cm. É de cor marrón, negra,

laranxa e branca. Ten catro patas coas que pode correr até a 100

km/h.

Comportamento. Este animal é un gran fanático de correr libre pola

sabana, mais tamén é un festeiro. Nas festas galegas como o

Samaín ou o Entroido, este animal viaxa a Galiza e mestúrase

entre a xente sen ser visto. Cando o raficornis murmúrache

“brisingr” ao ouvido danche unhas ganas terríbeis de beber e

acabas embebedándote . Este fedello ser pásao moi ben

observando a xente caer ou dicir cousas graciosas mentres están

ebrios.

Page 17: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

LEOFANTE

Zaira González Pérez (2ºESO A)

Este curioso animal habita baixo a túa cama, xa que o seu tamaño

é de 3 cm. A súa alimentación está baseada en calquera cousa que

agoches debaixo da cama para que a túa nai non o atope, dende

rotuladores e calcetíns até exames suspensos. Coa súa trompa

absórbeo todo e trágao.

Odia cando a xente fai a cama ou cando vai durmir, xa que co

movemento se pon nervioso.

Cando cheges á casa non te poñas a buscar xa que o leofante ten

moi mal humor e non dubidará en botarche ao segundo un líquido

rosa que bota pola sua trompa. O líquido ten un sabor moi noxento

para o ser humano. Porén, para os animais está boísimo, por iso

teu can sempre ten o fuciño metido baixo a cama.

O leofante non manten relacións amorosas con ninguén e

reprodúcese dunha maneira moi peculiar, cando move o seu corpo

é quen de dividirse en catro e de aí saen novos leofantes.

Page 18: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

O TARTAGANTE

Patricia Morales Rodríguez (2º ESO E)

O tartagante é así como unha tartaruga, aínda que ten un corno

diante da face. Enriba do corpo ten unha cuncha que o protexe de

todo tipo de ameazas. Ten un fuciño exaxerado que é de onde lle

sae o corno. O seu corpo é verde e gris e, deste xeito, pode

camuflarse no bosque.

Por outra banda, no que se refire á súa alimentación, o tartagante é

herbívoro.

O que máis me gusta del é a súa bondade, xa que só utiliza o seu

corno se se sente atacado. Porén, todos os nenos cando o ven,

tremen co medo. O pobre amólase moitísimo.

Page 19: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

XIRACÁN

Helena Blanco Pumar (2ºESO B)

O xiracán é unha mestura entre can e xirafa. Ten cabeza de cane

un pescozo e corpo de xirafa; o seu corpo é amarelo con pintas

marróns.

Aliméntase a base de patacas e cebolas xa que os demais

alimentos danlle unha especie de alerxia que fai que desaparezan

as súas manchas marróns e fiquen cegos.

O xiracán só pode ter unha cría en toda a súa vida. Críana até que

se desenvolve por completo (ao redor dos 10 anos). Hai que ter en

conta que o xiaracán vive unha media de 50 anos.

Pertence a unha especie salvaxe que

se atopa maioritariamente na sabana

e aguanta moi ben as altas

temperaturas.

Unha das cousas máis curiosas do

xiracán é a maneira na que se

comportan na véspera do seu

falecemento. Dedícana a facer unha

intensiva busca por toda a sabana

africana para se rencontrar coas que

un día foron as súas crías, para así

poder despedirse delas.

Page 20: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

LORMONO

Elena Guisande Basalo (2º ESO B)

O se nome é lormono (híbrido de loro e mono). Ten uns ollos

brillantes, un gran peteiro e ás con plumas de fermosas cores.

Debaixo delas emerxen

unhas manciñas de finos

dedos, uns brazos peludos,

igual que as dúas patas

traseiras, e unha longa e forte

cola. É forte e gústalle moito

facer exercicio. Para iso usa

a súa cola e pasa horas

pendurado das árbores.

Come sementes variadas e

algunhas froitas que atopa.

É moi sociábel, xa que grazas

á súa cualidade de imitar todo

tipo de sons, pode

comunicarse con outras

especies, aínda que lle é

máis fácil cos macacos e os

loros, aos que chama para

formar un grupo pronto e axudar a quen o precise. O lormono é

precavido mais non é medoñento. É ledo e bondadoso.

Page 21: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

O PAPAGATO

Pedro Conde Escudero (2º ESO D)

O papagato é un animal con cabeza de gato e corpo de papagaio.

A cabeza pode ser de diversas cores: marrón, gris, negra ou

branca. O corpo normalmente é vermello, azul e amarelo. Mide

aproximadamente uns 90 cm de alto e 1,30 m de ancho, contando

as ás. Pon ovos. Miaña e é capaz de voar. A súa media de vida son

uns dez anos.

O papagato é un animal salvaxe e só se pode atopar en Europa.

Vive nas cordilleiras, coma nos Pirineos. Non é moi bo amigo do

ser humano e xa houbo veces nas que o papagato atacou alguén.

Ao papagato non lle gusta nada a luz do día, polo que sae pola

noite e dorme polo día. É carnívoro, polo que ten que saír cazar.

Come desde pequenos roedores até grandes mamíferos. Algúns

viven en bandadas e outros prefiren a vida senlleira.

Disque se atopas un, ese día vai ser o mellor día da túa vida.

Page 22: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

O OSOSERPE

Samuel Rodríguez Pastrana (2º ESO D)

O ososerpe consiste nunha mestura entre un oso e unha serpe.

Este ser consta de dúas partes: cabeza e tronco de oso, por unha

banda, e cola de serpe, por outra. Comezando pola cabeza, esta

besta ten orellas e nariz de oso e ollos e dentes de serpe,.estes

afiados como coitelos. Se baixamos até o tronco, cuberto por

completo dunha pelame marrón e suave coma o algodón,

atopamos unhas extremidades fortes e grandes que rematan

nunhas poutiñas con afiadas gadoupas e que deixan fráxiles

pegadas no chan. Non se adoita ver moito esas pegadas xa que o

ososerpe se despraza arrastrándose polo chan coa súa cola de

serpe, con duras e brillantes escamas dunha cor verde escura moi

impactante.

O ososerpe é un animal salvaxe, feroz, robusto, forte e veloz. Este

ser habita en bosques áridos con moita vexetación mais moi secos.

O ososerpe é carnívoro polo que hai que ter moito coidado se te

atopas con un ou se invades o seu territorio porque iso non lle

gusta nadiña.

Page 23: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

LOBÓN

Lara Alonso Comesaña (2º ESO B)

É a mestura dun lobo e un león.

O aspecto físico caracterízase por ter a cabeza dun lobo mais

conta coa melena dun león. Tamén ten o rabo do lobo e o corpo é

do león. É un animal mitolóxico que ten a coraxe dun león e a gran

visión do lobo. E carnívoro e moi rápido. Pola súa forma física,

están moi musculados e conta cunha grande estratexia de caza.

Antigamente dicían que se vías un lobón terías sete anos de boa

sorte e te converterías nun deles coa misión de encontrar outro

afortunado.

Page 24: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

CURELLO

Nerea Boullosa Gregorio (2º ESO D)

Un curello ten as ás brancas con pintas negras. O seu corpo tamén

é branco e as súas pintas tan carismáticas fanlle un debuxo por

todo o corpo. A súa cabeza é branca sen pintas. Ten unhas orellas

moi longas coas que pode escoitar calquera cousa. O seu nariz é

dunha cor rosada e, nos seus lados, ten uns curtos bigotiños.

Conta a lenda que nun día de tormenta un coello e unha curuxa

estiveron camiñando polo interior dun bosque moi escuro, xa que

as árbores tapaban a pouca luz que había ese día.

Chegaron até o corazón do bosque, onde atoparon unha apócema

de multizumes. Na tampa poñía que debían pór unha pluma, pelo,

uñas... Decidiron facer o que poñía, o coello botou un pelo e a

curuxa unha pluma. Pasaron trinta segundos e a apócema púxose

dunha cor verde. De súpeto apareceu unha luz branca que

iluminou todo o bosque. Cando a luz deixou de iluminar apareceu

unha mestura dunha curuxa e un coello, que máis tarde nomearon

"Curello".

Din que vai ás casas dos nenos que teñen pesadelos e os

transforma en soños divertidos. Cada un dos puntiños ou pintas

que ten o corpo son os pesadelos dos nenos.

Page 25: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións
Page 26: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

CANCODRILO

Yeray Lago González (2º ESO A)

O Cancodrilo é metado crocodilo e metade can. Ten a cola de

crocodilo chea de escamas para protexerse das ameazas. As patas

dun can para correr moito, as orellas dun can para oír mellor, o

fuciño dun crocodilo, os dentes moi afiados para poder desgarrar

mellor as súas presas, os ollos dun crocodilo para poder ver moito

mellor e por último as costas cubertas de escamas para se

protexer.

Este ser ten a capacidade de aturdir as súas presas mediante un

rocoladrido fortísimo e cando a presa está aturdida sae do seu

escondite e atrápaa sen dilacións.

Page 27: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

PAVOGALIÑA

Aitana Álvarez Oliveira (2º ESO E)

O pavogaliña é un pavo cun cabelo loiro coma o ouro e cos ollos

medorentos dunha galiña. Apenas tres rapazas puideron velo e

seguir con vida: Aitana e Inés, de trece anos, e Paula de doce.

Este animal é unha besta á que só lle gusta ficar pechado na súa

cova xogando ao fornite, un videoxogo de éxito entre os nenos,

mais hoxe en día xa case ninguén o xoga.

Só sae da súa cova unha vez ao ano para se alimentar.

Realmente é un ser desprezábel.

Se o amolas nunha partida, podería botarche un meigallo que faría

que non parases de xogar aos videoxogos. Por sorte ten unha

debilidade: os picos e os cadrados. Se llos pos na porta do teu

cuarto poderás salvarte do seu feitizo.

Page 28: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

CABRACOELLO

Lucía Alonso Moure (2º ESO D)

A cabracoello é unha especie moi rara que só se pode atopar en

Galiza.

É unha mestura entre unha

cabra e un coello e mide

uns 78 cm de alto. O seu

corpo é de cabra e o seu

rabo é de coello. Ten nariz

de coello e cornos de

cabra. Na cabeza sáenlle

unha orellas longas e

bicudas de cor branca

coma a neve.

A cabracoello reprodúcese

mediante ovos, e pon un

cada mes. Son herbívoras,

mais encántanlles os

chococrispis. Viven uns dez meses.

As cabracoellos sempre se ven pola mañá, cando a rapazada está

a almorzar, porque cando ven que algún non quere espertar,

substitúenlle os cereais de chococrispis por unha caquiñas de

coello para que acorden ben espelidos.

Page 29: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

GUEPAOBO

Xavier Oubel Duarte (2º ESO D)

O guepaobo dise que ten o tronco e a cabeza dun lobo e as demais

partes do corpo dun guepardo. En todas as historias do guepaobo

falan de que corre tan rápido coma un guepardo e é tan feroz e

forte coma un lobo.

O guepaobo ten un comportamento agresivo mais se se é moi

teimudo é posíbel domesticalo coma os cans. Principalmente

usábase este animal nas guerras para tres tipos de traballos. O

principal, cando estaban ben adestrados, era levar documentos ou

cartas importantes. Outro traballo era asasinar obxectivos, por

seren veloces e silandeiros. Por último, tamén se utilizaban para

cazar cervos ou animais semellantes. O guepaobo nos lugares

pequenos, de pouca poboación, servía bastante.

Page 30: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

PORQUEÓN VOADOR

Noa Álvarez Vasconcellos (2º ESO C)

O porqueón voador é un animal semellante a un porco coas ás

dunha msca e con unllas afiadas nas catro patas. A súa pel é

normalmente de cor rosa clara. Aparenta estar amolado e ten dúas

pequenas orelliñas. Ten taménunhas raias curvas de cor verde

clara no corpo e non na cabeza.

O porqueón voador gusta e precisa dun clima frío. Por esta razón

hiberna todo o verán. Vive perto das xanelas para percibir o frío e,

cando a xente esperta, achégase ás persoas e crávalles as súas

afiadas unllas no pé esquerdo, o que fai que estean de mal humor.

Ver un porqueón voador é case imposíbel, xa que pola súa pel

camaleónica camúflase tan ben que se volve invisíbel. Se queres

ver un só tes que deixar aberta a fiestra e deixar debaixo unha

cunca con pedras de xeo, que é o que precisa para se alimentar.

Mentres come non pode usar a súa incríbel pel, xa que pon toda a

súa atención na comida.

Porén, se non queres recibir a súa visita e estar de mal humor,

deberás ter na túa casa unha temperatura superior a 17ºC, porque

o porqueón voador non atura esa calor, polo que, ao achegarse á

túa casa, daría volta para procurar descansar noutro lugar.

Page 31: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións
Page 32: A N I M A I S I N V E N T A D O S · unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que non pertencían a ningún animal coñecido. Foi de novo buscar novas informacións

IES ALEXANDRE BÓVEDAVIGO