a feira do cocido festexa o seu 50 aniversario con moitos ... · micos dirixidos aos milleiros de...

4
especial 36 El Correo Gallego. VIERNES 2 de FEBRERO de 2018 A vila de Lalín xa está inmersa na 50 Feira do Cocido de Lalín. Esta edición histórica contará cunha programación cargada de actos culturais e gastronó- micos dirixidos aos milleiros de visitantes que acoden á capital do Deza estes días. A Feira do Cocido festexa o seu 50 aniversario con moitos actos VÍCTOR FREIXANES SERÁ O PREGOEIRO DUNHA EDICIÓN QUE PECHARÁ TREIXADURA CUN GRAN CONCERTO Dende o comezo do ano, o Concello organizou todo tipo de eventos, enmarcados no Mes do Cocido. Por exemplo, realizouse o Cocido en Ruta, a VIII Carreira do Cocido’ o IV Torneo de Tenis do Cocido ou a II Mostra da Camelia de Lalín. Os postos que están colocados na carpa, no campo da feira, serven de promoción, exposición e venda de gastrono- mía. Foto: Sangiao Con todo, os días fortes che- gan coa fin de semana da feira. Como arrinque, hoxe emitirase na TVG o programa ‘Luar Espe- cial Cocido’, onde se entregarán os Premios de Gastronomía de Galicia e o XXIV Premio Nacio- nal de Xornalismo Gastronómi- co Álvaro Cunqueiro que será outorgado á escritora galega Matilde Felpeto Lagoa. Para o sábado xa comeza- rá a funcionar a Carpa Mahou, onde haberá postos de expo- sición, promoción e venda de gastronomía e produtos galegos. Ademais, a partir das 12.00 horas terá lugar un ‘showcooking’ con Juan Cru- jeiras de ‘Bido’ e Luis Veira de ‘Árbore da Veira’, acompaña- dos pola actuación en directo de Los Vagos. Pola tarde, ás 18.30 horas, no Lalín Arena organizarase a Gala Os Tonechos, O reencon- tro. A maiores, de 19.00 a 23.00 horas, haberá cantos de taber- na, en homenaxe a Plácido Rozas e á medianoite o tradi- cional espectáculo pirotécnico na Praza da Igrexa. O domingo, día principal da 50 Feira do Cocido os actos arrincarán ás 11.00 horas coa recepción ao pregoeiro na casa consistorial. Nesta edición especial será o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes. A conti- nuación, entregarase a distin- ción de Aldea Singular 2018 á parroquia da Xesta, acompa- ñado pola actuación musical da Asociación Cultural Carba- llo da Manteiga. Ás 12.00 horas, abriranse os postos na carpa e, ás 12.45 h, no palco da Rúa Principal, Víc- tor Fernández Freixanes dará o pregón oficial desta edición da Feira, o cal servirá para dar arrinque ao popular desfile de carrozas, charangas, compar- sas e agrupacións musicais. A nota musical poñerana a Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas, a Asociación Cul- tural Carballo de Manteiga, a Asociación Socio-Cultural +QdaNzA de Lalín, o Folión da Veiga e as charangas locais Os Verbeneros, KMO e Os Ardores. Por outra banda, as comparsas serán Amoriños de Bora, Os Miúdos e As Mar- chosas de Arcade, Cor Café de Pontevedra, Os Canecos de Poio e haberá oito carrozas de diferentes agrupacións. O fin de festa desta gran xor- nada correrá a cargo de Treixa- dura, cun concerto ás 20.00 horas na Praza da Igrexa. BRAIS SILVER/LALÍN COCIDO LALÍN 4 DE FEBREIRO

Upload: hoangtuong

Post on 12-Jan-2019

213 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

especial36El Correo Gallego. VIERNES 2 de FEBRERO de 2018

A vila de Lalín xa está inmersa na 50 Feira do Cocido de Lalín. Esta edición histórica contará cunha programación cargada de actos culturais e gastronó-micos dirixidos aos milleiros de visitantes que acoden á capital do Deza estes días.

A Feira do Cocido festexa o seu 50 aniversario con moitos actos

víCtor FreixAnes será o pregoeiro dunhA ediCión que peChArá treixAdurA Cun grAn ConCerto

Dende o comezo do ano, o Concello organizou todo tipo de eventos, enmarcados no Mes do Cocido. Por exemplo, realizouse o Cocido en Ruta, a VIII Carreira do Cocido’ o IV Torneo de Tenis do Cocido ou a II Mostra da Camelia de Lalín.

Os postos que están colocados na carpa, no campo da feira, serven de promoción, exposición e venda de gastrono-mía. Foto: Sangiao

Con todo, os días fortes che-gan coa fin de semana da feira. Como arrinque, hoxe emitirase na TVG o programa ‘Luar Espe-cial Cocido’, onde se entregarán os Premios de Gastronomía de Galicia e o XXIV Premio Nacio-nal de Xornalismo Gastronómi-co Álvaro Cunqueiro que será outorgado á escritora galega Matilde Felpeto Lagoa.

Para o sábado xa comeza-rá a funcionar a Carpa Mahou, onde haberá postos de expo-sición, promoción e venda de gastronomía e produtos galegos. Ademais, a partir das 12.00 horas terá lugar un ‘showcooking’ con Juan Cru-jeiras de ‘Bido’ e Luis Veira de ‘Árbore da Veira’, acompaña-dos pola actuación en directo de Los Vagos.

Pola tarde, ás 18.30 horas, no Lalín Arena organizarase a Gala Os Tonechos, O reencon-tro. A maiores, de 19.00 a 23.00 horas, haberá cantos de taber-na, en homenaxe a Plácido Rozas e á medianoite o tradi-cional espectáculo pirotécnico na Praza da Igrexa.

O domingo, día principal da 50 Feira do Cocido os actos arrincarán ás 11.00 horas coa recepción ao pregoeiro na casa consistorial. Nesta edición especial será o presidente da

Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes. A conti-nuación, entregarase a distin-ción de Aldea Singular 2018 á parroquia da Xesta, acompa-ñado pola actuación musical da Asociación Cultural Carba-llo da Manteiga.

Ás 12.00 horas, abriranse os postos na carpa e, ás 12.45 h, no palco da Rúa Principal, Víc-tor Fernández Freixanes dará o pregón oficial desta edición da Feira, o cal servirá para dar arrinque ao popular desfile de carrozas, charangas, compar-sas e agrupacións musicais.

A nota musical poñerana a Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas, a Asociación Cul-tural Carballo de Manteiga, a Asociación Socio-Cultural +QdaNzA de Lalín, o Folión da Veiga e as charangas locais Os Verbeneros, KMO e Os Ardores. Por outra banda, as comparsas serán Amoriños de Bora, Os Miúdos e As Mar-chosas de Arcade, Cor Café de Pontevedra, Os Canecos de Poio e haberá oito carrozas de diferentes agrupacións.

O fin de festa desta gran xor-nada correrá a cargo de Treixa-dura, cun concerto ás 20.00 horas na Praza da Igrexa.

brais silver/lalín

Co

Cid

o l

Alí

n 4

de

Feb

rei

ro

El Correo Gallego. VIERNES 2 de FEBRERO de 2018 especial 37

A celebración da Feira do Cocido ten tamén un

carácter solidario. Por terceiro ano consecutivo o domingo organizarase o Cocido Solida-rio, un banquete que substitúe a anterior comida oficial. Esta edición, o diñeiro recadado será destinado a Asociación de Pais de Discapacitados Psí-quicos (Aspadeza).

Con este xantar, que se cele-brará no Pazo de Bendoiro e que estaba aberto ao público en xeral, previa inscrición, o Concello pretende aproveitar o festexo gastronómico para conseguir fondos con fins soli-darios aos efectos de destina-los a distintas asociacións sen

O terceiro xantar solidario no Pazo de Bendoiro recadará fondos para Aspadeza

rOsiñA, de mAríA Pichel, AlumnA de quintO de PrimAriA, é A PrOtAgOnistA dOs Pins deste AnO

Co Cocido Solidario, o Concello pretende aproveitar o festexo gas-tronómico para conse-guir fondos con fins so-lidarios. Foto: Sangiao

ánimo de lucro do municipio e así colaborar no cumprimento de accións sociais, unha das prioridades do Goberno local.

Na primeira edición desta iniciativa os fondos doados solidariamente polos cida-dáns foron destinados ao colectivo Aranes, e no seguin-

te ano destinados a MOREA, pasando a ser, nesta ocasión, Aspadeza a entidade benefi-ciada. Esta asociación sen áni-mo de lucro é recoñecida pola súa gran labor a prol das per-soas con discapacidade psí-quica. Está formada por máis de 50 pais e nais e ten como

obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual a través da súa integración social e laboral.

ROSIÑA. Dentro do marcado carácter social da Feira, este ano o goberno local decidiu

que o pin conmemorativo da edición que marca os cincuen-ta anos de vida da mesma fose realizado por unha alumna ou alumno dalgún dos colexios da vila. Con esta iniciativa, o Concello quixo involucrar ao colectivo escolar para que se poidan sentir unha parte acti-va e importante desta cita.

A proposta que leva o nome de “Rosiña” de María Pichel, alumna de quinto de primaria do CEIP Xesús Golmar, foi a elixida polo xurado para servir de base para o deseño do pin.

En palabras da propia crea-dora, “o pin consiste nun por-co que se chama Rosiña e que vive nunha gran pota de coci-do onde pasa o día durmindo e, como lle gusta tanto este manxar, nunca sae da pota e por iso está tan gorda”.

Con este peculiar deseño elaboráronse miles de pins que foron distribuídos na súa inmensa maioría entre os res-taurantes que participaron e participan no XX Mes do Coci-do. Destaca o alcalde que é “un produto moi demanda-do polas persoas que visitan Lalín durante esta época, polo que non se trata dun tema de promoción menor”.

brais silver/lalín

cO

cid

O l

Alí

n 4

de

feB

rei

rO

especial38El Correo Gallego. VIERNES 2 de FEBRERO de 2018

O presidente da Real Academia Galega será o pregoeiro da festa nunha edición histórica

Víctor Fernández Freixanes entrará no selecto club de grandes intelectuais, escritores e xornalistas que pres-taron a súa voz para a festa. Foto:

ro da Feira do Cocido. Para o rexedor local, Rafael Cuíña, supón “unha verdadeira honra e un orgullo que o presidente da máis recoñecida institución académica galega vaia ser un dos protagonistas da Feira, nun-ha edición na que os nomes da RAG e a Feira do Cocido queda-rán intimamente ligados”.

CARTEL. O pintor José Ote-ro Abeledo (Lalín, 1908 – Vigo, 1996), coñecido como Laxeiro, é de novo o autor do cartel do Cocido. O Concello recorreu a un cadro do pintor máis reco-ñecido de Lalín como un dos grandes elementos identifica-dores deste ano histórico.

En concreto, trátase dun óleo sobre tea, sen título, de 1969, que Laxeiro pintou en directo durante a inauguración da Escola de Turismo de Vigo.

COCIDO EN RUTA. Para difundir os atractivos turísticos de Lalín, o Camiño de Inverno e a 50 edición da Feira, o bus do Cocido percorreu diferen-tes vilas de Galicia e Castela e León. A primeira parada foi en Tui, e despois estivo en Monfor-te de Lemos, Ponferrada, o Bar-co de Valdeorras e Santiago.

brais silver/lalín

Unha edición tan especial da Feira do Cocido como

a quincuaxésima terá un gran pregoeiro como é o presidente da Real Academia Galega, Víc-tor Fernández Freixanes.

O dirixente da RAG será o encargado de lanzar a men-saxe que dea inicio ao día grande dos festexos. O acto terá lugar ás 12.45 horas deste domingo, 4 de febreiro, no pal-co da rúa Principal.

Segundo apuntan dende o Concello, nun día tan especial no que se cumpre medio sécu-lo de vida, quixeron apostar por un intelectual de recoñecido prestixio e dunha traxectoria literaria, cultural e xornalística que o sitúa á altura de Álvaro Cunqueiro, primeiro pregoei-

O cARtel está cOmpOstO pOR UnhA ObRA de 1969 dO RecOñecidO pintOR lAlinense lAxeiRO

cO

cid

O l

Alí

n 4

de

feb

Rei

RO

El Correo Gallego. VIERNES 2 de FEBRERO de 2018 especial 39

comandada por Inara Vesvas-tika. Ese domingo haberá outro obradoiro, A Poción Máxica do Deza, dirixido a nenos de 7 a 14 anos. Na xornada celebrarase tamén o Campionato do Coci-do de Airsoft nas instalacións de Lalingrado.

O Entroido e outras festividades prolongan a actividade ata maio

No apartado musical, actua-rán a Agrupación Folclórica A Carballeira de Cercio, o sába-do, 24 de febreiro, no salón tea-tro, Débora Pichel e Matthew Schriek no Museo Ramón Mª Aller, o sábado 3 de marzo, mesmo lugar que o concerto

O desfile de carrozas, charangas, comparsas e agrupa-cións inician o Entroido que segue a semana se-guinte, coa procesión polas rúas. Foto: Sangiao

de Hadhietxekos, o 17 de mar-zo, e o concerto Nós con Diego Sieiro, Benxamín Otero e San-dra Fondevila, o sábado 24.

O mundo do motor tamén ten o seu protagonismo nesta programación coa celebración da Ruta de Clásicos do Cocido, organizado pola Escudaría O Toxo o domingo 25 de febreiro, e co XXIV Rali do Cocido, o ven-res 16 e sábado 17 de marzo. Esta proba e a primeira do ano puntuable para o Campionato Nacional de Rallies de Asfalto 2018 e contará coa presencia de multitude de aficionados a este deporte.

Para abril, os actos terán continuidade co VI Festival de Corais, o 14, coa obra teatral Calígula de Xoel Fernández, o 20, a actuación de +Qdanza, ao día seguinte, e coa actua-ción no salón teatro de Scene Ballet, o sábado 28.

Xa en maio, organizaranse tres eventos destacados. O III Orgullo de Lalín, o 4 e 5, o con-certe de A Lavandeira, o 17, e por último o serán das Letras Galegas, o sábado 19 de maio.

Deste modo pecharase a enorme programación que xira en torno a festa por antonoma-sia da capital do Deza.

brais silver/lalín

A experiencia da L Feira do Cocido de Lalín non rema-

ta o domingo, senón que ata o día das Letras Galega haberá diferentes eventos enmarca-dos dentro desta festividade.

Un dos actos principais da Feira, celebrado durante o propio domingo, é o desfile de carrozas, charangas, compar-sas e agrupacións musicais. Esta comitiva serve para dar comezo a semana do entroido na capital do Deza. Comple-méntase co Titerentroido, un festival de títeres e marionetas, que se celebra do sábado 10 ao martes 13 no Museo Municipal Ramón Manuel Aller. Ademais, o luns 12 as rúas da vila e a car-pa Mahou acollerán o desfi-le, concurso, inchables para nenos, música e animación con motivo da festividade.

O museo municipal será tamén o lugar escollido para a exposición ‘VIII EmporcARTE’, que se inaugurará o sábado 10 ás 13.00 horas. Despois da estrea, terá lugar a ofrenda de grelos ao Porco, na rúa Colón, e o XIX Cocido das Artes.

As actividades seguirán o sábado seguinte co obra-doiro Cheira que Alimenta!, para nenos de 3 a 7 anos, e co concerto no museo da Orquestra de Corda local,

cElébrAnsE O viii EmpÓrcArtE, O titErEntrOidO, O vi fEstivAl dE cOrAis Ou O iii OrgullO

cO

cid

O l

Alí

n 4

dE

fEb

rEi

rO