a diabetes
DESCRIPTION
Pequeno traballo investigación nenos de EPTRANSCRIPT
A DIABETESA diabetes é un desorde do metabolismo, o proceso que convirte o alimento que inxerimos en enerxía. A insulina é o factor máis importante neste proceso. Durante a dixestión descompóñense os alimentos para crear glucosa, a maior fonte de combustible para o corpo. Esta glucosa pasa ao sangue, onde a insulina permítelle entrar nas células.
Unha persoa afectada de Diabetes significa que ou ben o páncreas non produce insulina ou produce moi pouca (Tipo I), ou que as células do corpo non responden á insulina que se produce (Tipo II), é dicir, que non a reciben.
Insulina: Hormona situada no páncreas que regula a cantidade de glucosa existente no sangue.
Glucosa: Sólido branco, moi soluble na auga, de sabor moi doce, que se atopa en moitos froitos maduros.
Tipos de Diabetes
Hai dous tipos principais de diabetes. O tipo I, dependente da insulina, a veces chámaselle diabetes xuvenil, porque normalmente comeza durante a infancia (aínda que tamén pode ocurrir en adultos). Como o corpo non produce insulina, as persoas con diabetes do tipo I deben inxectarse insulina para poder vivir. Menos do 10% dos afectados pola diabetes padecen o tipo I.
E o tipo II, que xurde en adultos. O corpo sí produce insulina, pero, ou ben, non produce suficiente, ou non pode aproveitar a que produce. A insulina non pode acompañar á glucosa ao interior das células. O tipo II soe ocorrer principalmente en persoas a partires dos corenta anos de idade.
A importancia dun bo control da diabetes
Este defecto da insulina provoca que a glucosa se acumule no sangue, de xeito tal que o corpo vese privado da súa principal fonte de enerxía. Ademáis os altos niveis de glucosa no sangue poden danar os vasos sanguíneos, os riles e os nervios.
Non existe unha cura para a diabetes. Polo tanto, o método de coidar a súa saúde para persoas afectadas por este desorde, é controlalo: manter os niveis de glucosa no sangue o máis perto posibles dos normais. Un bó control pode axudar enormemente á prevención de complicacións de diabetes relacionadas co corazón e o sistema circulatorio, os ollos, riles e nervios.
Vasos sanguíneos: Cada un dos vasos ou condutos por onde retorna o sangue ao corazón.
Riles: Glándulas segregadoras da urina, que xeralmente existen en número de dous, e están situadas a un e outro lado da columna vertebral, ao nivel das vértebras lumbares.
Nervios: Estrutura en forma de cordón que conduce os impulsos e sensacións entre a medula espiñal ou o cerebro e as diferentes estruturas do corpo
Marieta 6ºB