a descrición dun lugar

8
3º CICLO DE EP Curso 2013/2014

Upload: mttq

Post on 24-Jun-2015

2.136 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: A descrición  dun lugar

3º CICLO DE EPCurso 2013/2014

Page 2: A descrición  dun lugar

Describir un lugar é facer unha fotografía coas palabras.

Para facer unha boa descrición debes:

Fixarte moi ben no que hai: obxectos, luces, cores, sons,…

Dicir como é cada elemento e onde se atopa situado seguindo unha orde.

Page 3: A descrición  dun lugar

FASE I: PLANIFICACIÓN

Debes observar todos os detalles .

Elaborar unha táboa de tres columnas onde poder escribir as palabras que che axudarán a ser claro e preciso.

Conectores Sustantivos Adxectivos

Primeiro planoSegundo planoAo fondo…

CampoPoboMontañas

DespexadoAzulPoboado

Page 4: A descrición  dun lugar

FASE I: PLANIFICACIÓN

Organizar os datos seguindo unha orde que pode ser:

Do primeiro plano ao fondo ou do fondo ao primeiro plano.

De esquerda a dereita ou de dereita a esquerda. Do xeral ao particular.

Expresar a impresión que nos produce a paisaxe( de paz, misterio, medo…)

Page 5: A descrición  dun lugar

FASE II: REDACCIÓN DO TEXTO

Borrador Debes iniciar a descrición facendo unha presentación

xeral do lugar.

Describir o lugar seguindo a orde que escolliches ao crear a táboa.

Utilizar correctamente as palabras que indican situación no espazo para indicar onde se atopa cada un dos elementos.

Page 6: A descrición  dun lugar

FASE III: CORRECCIÓN E EDICIÓN

Revisa o texto fixándote especialmente nos conectores e na ortografía.

Pásao a limpo. Podes incluír algún debuxo ou fotografía do lugar descrito.

 

Page 7: A descrición  dun lugar

OBSERVA A IMAXE

http://gabrielacastellanoslengua.blogspot.com.es/2009/11/descripcion.html

Nesta imaxe podemos ver unha paisaxe de interior, situado ao pé dun gran sistema montañoso.

O ceo ,cun tono azul claro, fúndese coa brancura das nubes que asoman timidamente no horizonte e coa neve que cubre, como un manto de armiño, as montañas azuladas do fondo.

Aos pés da montaña, no centro, observamos unha pequena lagoa de auga clara e azulada que reflicte os piñeiros que, como unha muralla, a protexen do frío vento da montaña. A súa esquerda esténdese unha pradaría, cercada por piñeiros dunha intensa cor verde. A dereita, un valado de piñeiros, de forma circular, pecha un prado no que asoman algunhas penas branquecinas que se unen armoniosamente co verdor da herba .

Nun primeiro plano , podemos apreciar as altas copas dos piñeiros que circundan a lagoa e o seu entorno. Este lugar transmite paz e sosego . Produce unha sensación de calma e tranquilidade onde poder disfrutar

da natureza .

Page 8: A descrición  dun lugar

A imaxe foi baixada de Google, con fins educativos, nesta dirección :

http://gabrielacastellanoslengua.blogspot.com.es/2009/11/descripcion.html

Se lle pertenece e quere que se retire póñase en contacto conmigo e fareino inmediatamente.

[email protected]

Mª Teresa Trigo Quiroga