a coruña - golpear contra o que se movahome.iscte-iul.pt/~apad/justica01/textos/corunha.pdf ·...

8

Upload: others

Post on 20-Jan-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A Coruña - golpear contra o que se movahome.iscte-iul.pt/~apad/justica01/textos/Corunha.pdf · 2016. 1. 15. · Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira. Os feitos producíronse a pri-meira
Page 2: A Coruña - golpear contra o que se movahome.iscte-iul.pt/~apad/justica01/textos/Corunha.pdf · 2016. 1. 15. · Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira. Os feitos producíronse a pri-meira

1. Un cambio de tendenciaNos últimos anos estamos a asistir a múltiplas cargas inxus-tificadas na cidade da Coruña, que foron a resposta comúnperante todo tipo de mobilizacións cidadás e que sempreforon abertamente apoiadas e respaldadas pola Delegacióndo Goberno e polo Concello da Coruña, ambas responsabili-dade do Partido Socialista. Esta tendencia na cidade da Co-ruña supera amplamente a rexistrada na época do aznarismo,en teoría un terreo en principio máis propicio para o recurte deliberdades. Visto con perspectiva, cabe interpretar que unhadas notas fundamentais do modelo de goberno da longaetapa do vazquismo foi a construción dunha imaxe de cidademodelo, non-conflitiva. En consecuencia, o concello do vaz-quismo, non sen intelixencia, preferiu empregar sempre frenteás mobilizacións sociais o silenciamento, frente a unha utili-zación da forza policial que, á marxe doutras consideracións,outorga visibilidade aos conflitos. Sexa como for, os actuaisresponsábeis de Subdelegación e Concello carecen non só daexixíbel sensibilidade democrática, senón tamén da intelixen-cia táctica da etapa vazquista.

0 14 de maio de 2004, o delegado do Goberno en Galicia, Ma-nuel Ameijeiras, entregaba na Coruña aos novos subdelega-dos do Goberno nas catro provincias galegas os seusrespectivos nomeamentos provisionais para o cargo, que des-pois se converterían en definitivos. O nomeamento, depen-dente da libre designación de Ameijeiras, recaía no caso daCoruña en Obdulia Taboadela Alvarez, licenciada en CienciasPolíticas e Socioloxía e profesora desta titulación carreira nauniversidade da Coruña.

O feito de minis-trar Socioloxía naUniversidade nonimpediu que as u b d e l e g a d aaplicase as car-gas policiais con-tra todo tipo demovementos so-ciais -que moiben poderían ter sido estudados nas súas aulas- desde quetomou posesión do cargo; por outra banda, ser representantepúblico do Estado non lle impediu por exemplo ironizar sobrea lexislación lingüística, xa que nunha entrevista co gallo dasúa inclusión na candidatura socialista na cidade herculina,afirmou entre risos que “cada uno debe decir el topónimocomo quiera”.

En reiteradas ocasións distintos organismos e entidadesteñen pedido explicacións e demisións á Delegación do Go-berno, ou mesmo investigacións sobre os procedementos e aproporcionalidade das actuacións, sen que haxa nengunharesposta. Especialmente preocupante é a actitude do presi-dente da Deputación da Coruña, que se ten manifestado rei-teradamente favorábel a este tipo de resposta violentaperante os conflictos sociais.

Manifestantes nacionalistas, antimilitaristas, traballadores in-migrantes, bombeiros, siareiros de fútbol, funcionarios muni-cipais ou traballadores do telemarketing sufriron unhasactuacións violentas da Policía Nacional ao mobilizarse na rúade distintas formas, sen que as administracións intercedesenpara solucionar os conflitos laborais, políticos ou sociais, que

son o trasfondo real que explica a mobilización, e optaron polacriminalización e a utilización da forza policial de forma inxus-

tificada e para casos nos que non estaba previsto.

1.1 Breve historia do pasado máis recente

99 ddee aabbrriill ddee 22000055:: ccoonnttrraa ooss aannttiimmiilliittaarriissttaass

Dúas furgonetas de antidisturbios reprimiron unha concentra-ción antimilitarista, convocada pola Assembleia Aberta contrao Desfile Militar, como unha das primeiras iniciativas de rexei-tamento á presenza dos exércitos españois en Coruña conmotivo do Día das Forzas Armadas no 28 de Maio. Dez per-soas foron contusionadas e unha detida con cargos de resis-tencia á autoridade, que vén de ser absolta, sen que seapreciase indício de delito algún, por un xulgado de instruciónda Coruña.

A Policía Nacional impediu que a marcha, na que participabanarredor de 100 persoas, discorrese pola calzada, forzando ase os participantes a discorrer por rúas peonís en boa parte dotraxecto. Xa en María Pita, onde remataba a mobilización, ungrupo de manifestantes tentou colgar dúas faixas, momentoen que os antidisturbios tentaron identificar e deter as per-soas que pendurasen as faixas. Ante a fuxida das mesmas,os efectivos decidiron cargar contra os concentrados, tirandovarias persoas ao chan e provocando contusións en dez dosasistentes á protesta. Un manifestante era detido por unaxente de paisano de entre os que se atopaban nos arredoresdo acto, introducíndoo nun furgón policial durante dúas horas.Rexistrouse unha desputa sobre a “propiedade” do detidoentre axentes antidisturbios e polícias españois que se ato-paban nun vehículo zeta próximo. Dúas horas despois, que-dou en liberdade cos cargos dos que acaba de ser absolto.

1122 ddee oouuttuubbrroo ddee 22000055:: ccoonnttrraa ooss mmaanniiffeessttaanntteess nnaacciioonnaalliiss--ttaass

O 12 de outubro do 2005, “Día de la Raza”, o Concello Coru-ñés colocou unha bandeira española de grandes dimensiónsno Paseo Marítimo. Organizouse unha concentración de pro-

2

"Nacionalistas, antimilitaristas,inmigrantes, bombeiros, siarei-ros de fútbol, funcionarios muni-cipais ou traballadores dotelemarketing, sufriron a violen-cia da Policía Nacional sen quea administración intercedesenos conflitos de fondo"

Page 3: A Coruña - golpear contra o que se movahome.iscte-iul.pt/~apad/justica01/textos/Corunha.pdf · 2016. 1. 15. · Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira. Os feitos producíronse a pri-meira

testo cidadá que foi acordoada pola Policía Nacional, dentrodun gran desplegamento policial. A Policía española cargouen dúas veces, primeiro nas proximidades do Hotel Riazor, dei-xando varias persoas feridas, e a continuación na Praza dePontevedra.. Rexistrouse un enfrontamento, inicialmente ver-bal, entre os asistentes ao acto municipal e os participantesna manifestación, e interveu a polícia, cunha nova carga con-tra os manifestantes na que varias persoas resultaron contu-

sionadas e se procedeu a detención dunha persoa, militanteindependentista.

Entre os asistentes ao acto municipal atopabanse os fascistasde Democracia Nacional, que no seu web orgullaronse deasistir á homenaxe á sua enseña, e afirmaron que “el actotranscurrió con normalidad,excepto los descerebrados intole-rantes independentistas de extrema izquierda demagógica;en esa comparsa también estaban los homosexuales”, queaplaudiron a intervención de forma elocuente: “Fue precisauna carga policial contra los cachorros del terror que intentanimponer el pensamiento único oficial de la progresía”.

Posteriormente, o fiscal exixirá 18 meses de cadea para o im-putado e unha multa de 560 euros. Distintos colectivos inde-pendentistas denunciaron unha campaña de criminalizacióne o MpDC denunciou a absoluta desproporción da pena enfunción do suposto delito cometido.

11ºº ddee mmaaiioo ddee 22000066:: ccoonnttrraa ooss mmaanniiffeessttaanntteess ddaa FFAAGG

O 1º de maio de 2006 transcurría, no medio do silencio infor-mativo, unha manifestación convocada pola Federación Anar-quista Galega, xa con Javier Losada como alcalde da cidade.A carga acontecía no medio dunha Rúa Real ateigada dexente, no centro da coruña e nun día non-laborábel. Unhacarga que tivo moito de improvisación e concluíu coa repri-menda dos mandos policiais aos axentes que empregaron aforza, no medio da protesta dos manifestantes e de boa parteda cidadania circundante, molesta polo emprego da violencia.

2299 ddee aaggoossttoo ddee 22000066:: ccoonnttrraa ooss ttrraabbaallllaaddoorreess iinnmmiiggrraanntteess

O 29 de agosto do 2006 a Policía Nacional, coa colaboraciónda Policía Local, organizou un dispositivo coa presenza deaxentes de paisano, furgóns, motocicletas e automóbiles para

pechar por completo a Rúa Rual, nunha hora na que estabaateigada de xente, e detivo 16 persoas, todas elas inmigran-tes, que cada noite despregaban diversas mercadorías na rúa,coa excusa de por fin á presunta venda de música pirateada;porén, a operación tamén incluíu os que vendían pezas de ar-tesanía elaboradas por eles proprios, e mesmo amigos quese atopaban nese lugar non momento das detencións. Pararematar, foi precisa a presenza de varias ambulancias paraatender os feridos e varias persoas que simplesmente pase-aban polo lugar testemuñaron que chegaron a temer pola súapropia seguridade, e que mesmo recriminaron á policia a súaacción, con frases recollidas por diversos medios de comuni-cación como “só lles faltou entrar con tanques”.

O Movemento polos Dereitos Civís dirixiuse o ano pasado áDelegación do Goberno en Galiza para solicitar o esclarece-mento desta actuación claramente desproporcionada. Na res-posta achegada pola Delegación do Goberno afirmabase queo modus operandi fora “axeitado”, pero en canto o MpDC so-licitou unha copia dos informes solicitados ou das investiga-cións realizadas para comprobar se a actuación foi correcta,a nova petición foi remitida á subdelegación do Goberno en ACoruña sen que se remitise ningún informe escrito, polo que

existen serias dúbidas sobre o feito de que se chegase a ini-ciar unha investigación interna.

1133 ddee ddeecceemmbbrroo ddee 22000066:: bboommbbeeiirrooss ddaa CCoorruuññaa

O 13 de decembro do 2006, cinco bombeiros resultaron feri-dos e outros dous detidos tras unha carga policial durante unacto para exixir a sinatura dun novo convenio laboral no Con-sorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña,despois de seis meses de conflito e protestas continuas daplantilla dos parques comarcais de Arteixo, Arzúa, Betanzos,Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira. Os feitos producíronse a pri-meira hora da mañá, cando medio cento de bombeiros acudi-ron á sé da Diputación da Coruña, onde se reunía a direccióndo Consorcio para debater unha proposta laboral. Os feitosprecipitáronse cando todos os bombeiros intentaron accederao rexistro, tras esperar sen éxito durante máis dunha horaque se lles permitise entregar un escrito de protesto poloatraso na aprobación do convenio colectivo.

A policía impediulles a entrada e cargou sobre eles utilizandoa forza, resultando feridos cinco bombeiros e dous detidos.

O presidente do organismo público, Salvador Fernández Mo-reda, expresou ao término da reunión a súa «agradecimiento»

3

Page 4: A Coruña - golpear contra o que se movahome.iscte-iul.pt/~apad/justica01/textos/Corunha.pdf · 2016. 1. 15. · Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira. Os feitos producíronse a pri-meira

á Policía Nacional. Moreda non só defendeu a actuación poli-cial senón que condenou os agredidos, denunciando o «usoda violencia e da forza» por parte dos bombeiros, a quen acu-sou de «intentar entrar violentamente» na sé provincial, emesmo formulou acusacións tan ridículas como que «algúnssabían que si se ía aprobar o convenio”.

De novo houbo diversas reaccións sociais e políticas que noninfluiron na Delegación do Goberno: os tres sindicatos repre-sentados no comité de empresa denunciaron a carga policial«ilegal, desorbitada e abusiva» e exixiron dimisións; o BNG pre-guntou no Congreso se o Goberno coñecía a “desmesuradaactuación da policía”; o MpDC exixiu explicacións á Delegacióndo Goberno na Coruña.

2288 ddee ddeecceemmbbrroo ddee 22000066:: ssiiaarreeiirrooss ddee GGaalliizzaa

O 28 de decembro de 2006 celebrábase na Coruña unha ma-nifestación nacional da plataforma Siareir@s Galeg@s, parareclamar unhas seleccións deportivas proprias, oficiais e es-tábeis, para Galiza, o mesmo día que se xogaba no Estadiode Riazor o Galiza-Ecuador.

O itinerario da manifestación, que partía desde o Campo daLeña até o estadio, foi modificado pola propia Delegación doGoberno, nunha proba de escaso raciocinio, de xeito que pa-sase ao carón da xigantesca bandeira española que fora co-locada de novo no Orzán tan só hai uns días, despois de queun temporal a derrubase. Así as cousas, a marcha decorreucon total normalidade até que a Polícia Municipal desviou osmanifestantes desde a Praza de Pontevedra até o Paseo Ma-rítimo, apesar de terse solicitado outro percorrido, e a marchacoincidiu coa bandeira, onde comezou a agresión policial.

Un grupo reducido de persoas intentou rubir polo mastil dabandeira española instalada na Coraza do Orzán para arriala,momento no cal varios axentes baixaron das furgonetas e ba-teron contra o conxunto de siareiros manifestantes e taméncontra toda a cidadanía que paseaba tranquilamente poloPaseo Marítimo a esa hora. Os axentes subiron as furgonetasá Coraza, e despois continuaron nestes vehículos por partedo paseo a unha grande velocidade, poñendo en risco a inte-gridade das persoas que alí se encontraban. Coa intención deseguir dispersando os siareiros continuaron coas furgonetasaté o edificio do Playa Club, e houbo xente que se tivo que arri-mar ás paredes do edificio, nas proximidades da entrada ácafetaría, para evitar seren alcanzados pola policía, que

tamén disparou pelotas de goma. Un fotógrafo resultou alcan-zado por unha porra da Policía Nacional, ademáis dos feridosentre os protestantes. Como consecuencia da carga policial,non se puido pechar a manifestación coa leitura dun comuni-cado, e a mesma quedou disolta e dispersa.

1133 ddee mmaarrzzoo ddee 22000077:: ffuunncciioonnaarriiooss mmuunniicciippaaiiss

Na madrugada do 13 de marzo de 2007 a Policía Nacional, denovo coa colaboración da Policía Local, desaloxaba uns fun-cionarios que levaban un día acampados despois dun ano deconflito para exixir unha valoración digna dos seus postos detraballo. No conflito, trinta funcionarios foran expedientados eacusados de “extorsión” e “sabotaxe” polo alcalde e a porta-voz municipal do PSOE.

Os traballadores municipais decidiran acampar no Obeliscoás sete da tarde do 12 de marzo. Pouco antes, xa estabancustodiados por unha desmedida presenza policial. Pese aesta coacción, os funcionarios/as optaron por seguir adiantecon esta medida de protesta e indicaban que permaneceríanno lugar até o 27 de maio. Os funcionarios, a propria xentepresente na zona e familiares dos traballadores organizaranun cordón humano para evitar que a policía impedise a insta-lación do campamento.

O desenlace produciuse pouco antes da unha da madrugadado 13 de marzo, cando unha morea de antidisturbios desalo-xaron pola forza o campamento, rachando as tendas de cam-

paña e abalanzándose sobre os presentes, ignorando,mesmo, o risco de esmagar as persoas que se atopaban no in-terior das tendas.

O presidente da Deputación da Coruña, quen debera interce-der por unha solución ao conflicto, pasou ao longo do día endúas ocasións pola acampada para soster miradas desafian-tes cos traballadores.

1155 ddee mmaarrzzoo ddee 22000077:: CCoonnttrraa ooss ttrraabbaallllaaddoorreess ddoo TTeelleemmaarrkkee--ttiinngg

O 15 de marzo de 2007, a protesta dos empregados de Atentotras o despedimento de 179 traballadores rematou nunha

4

Page 5: A Coruña - golpear contra o que se movahome.iscte-iul.pt/~apad/justica01/textos/Corunha.pdf · 2016. 1. 15. · Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira. Os feitos producíronse a pri-meira

nova carga policial. Cinco persoas foron atendidas en centrossanitarios, entre elas unha delegada da Coordinadora Unitariade Traballadores do Telemarketing; a un manifestante foillediagnosticada unha fisura nas costelas como consecuenciados porrazos. Os axentes da lei ensañaronse especialmentecontra os delegados da Coordinadora Unitaria de Traballado-res de Telemarketing e o comité de empresa de Atento Co-ruña, e varios axentes de antidisturbios atacaron con porrasa delegada da Coordinadora ao ver que esta portaba un me-gáfono. Ademáis das persoas que acudiron a centros médi-cos, outras tantas resultaban contusionadas tras a carga.

O deputado do BNG no Congreso Francisco Rodríguez presen-tou varias preguntas dirixidas ao Goberno español en relacióncon esta actuación policial. En concreto, preguntoulle ao Go-berno de Zapatero “se tiña coñecemento da desmesuradacarga policial que efectuaron os antidisturbios contra os tra-balladores/as de Atento”, ou se ía abrir unha investigación porestes feitos ou se vai pedir responsabilidades ao respecto. Odeputado nacionalista lembrou ao Executivo español nas súasinterpelacións que “non é a primeira vez que axentes da poli-cía na Coruña se extralimitan na súa actuación contra traba-lladores/as que exercen os seus lexítimos dereitos amanifestarse en protesta polas súas situacións laborais”.

A CIG exixiu a demisión inmediata da subdelegada do Go-berno español, Obdulia Taboadela, incluída nos postos desaída da candidatura socialista ao Concello da Coruña. O al-calde da Coruña reuniuse cos traballadores e apoiou as súasdemandas laborais, mais non valorou a carga policial.

1.2 Unha actuación con respaldo institucional

Dentro deste cúmulo de actuacións policiais desorbitadas, po-demos advertir un énfase do Goberno en reprimir a mobiliza-ción social na cidade da Coruña. Non se pode escapar á nosaanálise que este tipo de protestos populares son frecuentestamén noutros lugares da provincia da Coruña –nomeada-mente no caso de Santiago de Compostela, polo feito de sera capital da Comunidade Autónoma-, baixo o mando damesma subdelegación, sen que se constate un modus ope-randi tan intenso e restritivo contra os dereitos fundamentais.

Por parte da Delegación do Goberno dáse un absoluto res-paldo a estas actuacións, sen que se inicien nen sequer in-vestigacións ou se recaben informes internos para examinar

a proporcionalidade. O Concello da Coruña tamén colaboraactivamente, por medio da utilización da Policía Local comocomplemento ás forzas da Policía Nacional, sen que respon-sábeis policiais ou políticos cuestionarsen en nengún doscasos mencionados o proceder.

2. Valoración xurídica do emprego da forza por parte deaxentes policiais

Seguramente un dos avances civilizatorios fundamentais daModernidade ten sido a suxeición do emprego da violencia aregras xurídicas. Se ben un dos elementos básicos da forma-ción do Estado moderno ten sido a radical distinción da violen-cia lexítima (a utilizada polo Estado, de acordo coasfacultades coactivas que detenta, foren policiais ou bélicas) eda violencia ilexítima (en liña de principio, a empregada porcalquer suxeito e axente social distinto do Estado, coa excep-ción dos diversos supostos normativamente previstos), istonon significa que o primeiro deses fenómenos non estexa dis-ciplinado por regras xurídicas. Máis aínda, un dos desenvolve-mentos capitais da orde xurídica durante a segunda metadedo s. XX foi o inci-piente –e, ditosexa de paso,con t rad i to r io -d e s e n v o l v e -mento dun De-reito de Guerra,que tenta suxei-tar a regras xurí-dicas a violenciabélica. En conse-cuencia, tanto noordenamento xurídico español como no dos outros estados, ouso da forza por parte de axentes estatais está suxeito a unhadisciplina normativa e, xa que logo, pode xerar responsabilida-des.

2.1.- A deficiencia conxénita das prácticas policiais no casoespañol

Un dos postulados fundamentais á hora de avaliarxuridicamente o emprego da forza é que tal utilización só podeser xustificada, isto é, admisible en Dereito, na medida en quefor proporcionada, entendéndose por tal exixencia que se tratedo uso da menor lesividade posible. Dito postulado da menorlesividade aparece expresamente previsto no art. 16.2 L.O.1/1992, sobre Protección de la Seguridad Ciudadana, no quese refire a manifestacións e reunións.

Este criterio, verdadeiro avance civilizatorio no xeitode afrontar a violencia estatal no marco dun Estado de De-reito, ten levado a desenvolver prácticas policiais, no eido eu-ropeu, mais tamén norteamericano, que tenden a situar oemprego da violencia como a ultima ratio, o último recurso, aoque só se pode acudir cando todos os medios preventivos oucoactivos menos lesivos carecen de eficacia.

Deste xeito, a práctica das policías dos diferentes es-tados da UE en casos en que se precisa a sua intervención,segue un patrón que comeza polo emprego de medios estri-tamente preventivos (advertencias reiteradas, gravación envídeo, negociación cos responsábeis da mobilización), conti-nua polo labor de identificación de posíbeis responsables de

5

"Por parte da Delegación do Go-berno dáse un absoluto res-paldo a estas actuacións, senque se inicien nen sequer inves-tigacións ou se recaben infor-mes internos para examinar aproporcionalidade, coa colabo-ración activa do Concello da Co-ruña"

Page 6: A Coruña - golpear contra o que se movahome.iscte-iul.pt/~apad/justica01/textos/Corunha.pdf · 2016. 1. 15. · Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira. Os feitos producíronse a pri-meira

infracións –administrativas ou penais- mediante identifica-cións videográficas ou documentais –pedido do D.I.-, e con-clúe con medidas propriamente coactivas. Non obstante, oemprego destas últimas medidas segue igualmente o patrónda menor lesividade,de xeito quemesmo en mo-mentos de altograo de disrup-ción social o lan-zamento debotes de fumee/ou o uso de ca-nóns de augason a prácticadominante. O uso da violencia corporal é, xa que logo, unhapráctica sumamente excepcional nas policías dos estados daUE.

Como é obvio, este protocolo de actuación está au-sente das prácticas policiais no estado español, mesmo trintaanos despois da conclusión da etapa autocrática. Precisa-mente esa etapa ten deixado unha deficiencia conxénita nunelemento tan relevante para o Estado de Dereito como son asprácticas policiais. As policías do noso estado arrastran unhaperpetua carencia en formación en dereitos fundamentais, coque o emprego da violencia corporal asúmese non como a ul-tima ratio, senón como a prima ratio, como o primeiro recursoque debe ser empregado no contexto dunha intervención,apesar do estabelecido nos arts. 16.2 e 17.1 –que impón aexixencia de advertencia previa- L.O. 1/1992. Sendo istograve, eo ainda máis que os responsábeis políticos acusen,se cabe en maior medida, esa deficiencia, deseñando planosde actuación que contemplan a violencia coa normalidadeque non deberia ter, e xustificando de maneira corporativa cal-quer exceso no seu emprego. En suma, o tratamento da vio-lencia policial continua a ser unha das carenciasfundamentais do Estado de Dereito no caso español.

2.2. Dereito de manifestación, principio de oportunidade eprincipio de tolerancia administrativa

O dereito de reunión e manifestación está recollido,como dereito fundamental, no art. 21 Constitución Española-CE- (así como, dito sexa de paso, no art. 12 da Carta de De-rechos Fundamentales de la UE). Se ben o art. 21 CE estabe-lece expresamente que o exercicio dese dereito non podeestar sometido a autorización prévia, o proprio art. 21.2 CE,así como o art. 8 da L.O. 9/1983, reguladora del Derecho deReunión, dispoñen a necesidade de comunicación previa paraa sua realización en lugares de tránsito público. De xeito untanto contraditorio coa proclamación do art. 21.1 CE, o art.23 da L.O. 1/1992 considera infracións administrativas gra-ves a realización de reunións ou manifestacións sen a citadacomunicación.

Dado este marco normativo xeral, resulta necesarioreflexionar que significa concretamente a consideración comoinfración administrativa dunha determinada manifestaciónque non cumpre cos requisitos previstos na L.O. 9/1983. A di-ferenza do que acontece coas infracións penais –delitos e fal-tas-, que no ordenamento español non están regradas poloprincipio de oportunidade, de xeito que son de obrigada per-

secución (con independencia de que na práctica observemosconstantemente a efectiva existencia fáctica dunha sorte deprincipio de oportunidade), as infracións administrativasestán suxeitas a unha lóxica de discrecionalidade na investi-gación da sua verificación e na súa sanción. Isto, que sebasea na menor lesividade deste xénero de infracións, signi-fica que as infracións administrativas non son de obrigadapersecución, senón que poden ser toleradas cando existanmotivos xustificados para tal proceder. Dito postulado non sóé especialmente útil para a práctica policial, senón que seasenta nunha racionalidade político-xurídica digna de sercompartida, xa que ofrece aos responsábeis dos departamen-tos de interior, e mesmo aos proprios mandos policiais, a po-

sibilidade de estimar que nun caso concreto outras medidasson máis axeitadas en relación cos intereses xerais –antetodo, coa orde pública, no entendemento máis democráticodo conceito- que a persecución e sanción de certos compor-tamentos potencialmente infractores.

Un postulado nuclear nesta materia é o coñecidocomo principio de tolerancia administrativa, plenamente con-sagrado no Dereito Administrativo sancionador. En virtude domesmo, a Administración ten a posibilidade de optar por me-didas diferentes da sanción para conxurar condutas infracto-ras.

A plasmación máis evidente deste acervo xurídico e,en concreto, do principio de tolerancia administrativa, son asmúltiples reunións e/ou manifestacións que, carecendo dapreceptiva comunicación, non son impedidas, perseguidasnen sancionadas pola forza pública. O exemplo máis fre-cuente nestes días son as concentracións semi-espontáneasconvocadas por organizacións conservadoras, reaccionariasou mesmo de extrema dereita, como as realizadas polo Forode Ermua en Madrid ou, noutra orde de consideracións, porPeones Negros en múltiplos lugares da xeografia galega e es-pañola (incluída A Coruña). Ese exercicio da tolerancia admi-nistrativa é a regra xeral en relación coas mobilizacións que serealizan en calquer punto do país, con particular relevanciano que fai a unha cidade como Santiago de Compostela, ape-sar dunha Administración local especialmente celosa na per-secución de certas infracións das ordenanzas municipais. Esapráctica foi tamén a regra xeral, con escasísimas excepcións,na cidade da Coruña, até a chegada dos actuais responsábeis

6

"As policías do noso estadoarrastran unha perpetua caren-cia en formación en dereitosfundamentais, co que o em-prego da violencia corporal asú-mese como o primeiro recursoque debe ser empregado nocontexto dunha intervención"

Page 7: A Coruña - golpear contra o que se movahome.iscte-iul.pt/~apad/justica01/textos/Corunha.pdf · 2016. 1. 15. · Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira. Os feitos producíronse a pri-meira

da Delegación do Goberno, da Subdelegación e do proprioconcello.

2.3.- As regras xurídicas que lexitiman ou prohíben o em-prego da forza policial

Os requisitos que permiten o emprego da forza poli-cial, como consecuencia dunha produción por medio damesma de resultados lesivos ou incluso luctuosos desafortu-nadamente frecuente, están plenamente desenvolvidos na xu-risprudencia e no saber xurídico españoles.

En liña de principio, cabe pór de manifesto que o em-prego da forza por parte de axentes policiais constitue a rea-lización dun comportamento descrito como delicto nasnormas que, no noso Código Penal vixente, tipifican os malostratos e as lesións (arts. 147 e ss., 617 e 621 CP), as coac-cións (arts. 172 e 620 CP) e, no seu caso, o homicidio (arts.138 e ss., e 621 CP). En consecuencia, ese xénero de condu-tas constituen, sempre, un indicio de delito. Que tal indicio sevexa contradito e, en consecuencia, que tales comportamen-tos non constituan un ilícito penal, depende de que estexanxustificados. A norma que permite esa xustificación é a exi-mente de cumprimento dun deber (art. 20.7º CP).

Con todo, como é obvio, a eximente de cumprimentodun deber está sometida a un conxunto de requisitos de apli-cación, que a xurisprudencia ten desenvolvido, até o punto deconfigurar unha doutrina consolidada (SSTS de 20/IV/1996,24/V/1996, 14/II/1997, 21/IX/1999, 30/IX/2000,31/X/2000, 18/IX/2001, 23/I/2002, 25/IV/2003). Os requi-sitos son os seguintes:

O suxeito que emprega a forza ten que ser autoridade ouaxente da mesma no exeriício do seu cargo, o cal en principiosó debería dar lugar a certos cuestionamentos nos casos enque o axente policial se atopa fora de servizo.

O suxeito debe estar legamente autorizado para utilizar aforza no caso concreto, en atención ás suas funcións. Estaexixencia remite, na materia que interesa, ao establecido nosarts. 14 e ss. L.O. 1/1992, que vinculan o exercicio da forzaao mantemento da orde pública, á protección da seguridadecidadá e á persecución de delitos, faltas e infracións adminis-trativas.

O exercicio da forza ten que ser necesario para o cumpri-mento das funcións previstas. Este requisito ven engadir unhamatización sumamente relevante á exixencia anterior. Se beno exercicio da forza pode entrar dentro do marco do cumpri-mento de determinadas funcións, no caso concreto ese em-prego pode non ser efectivamente necesario. Se ben o criteriode necesidade é un concepto valorativo, o Tribunal Supremoten resolto que en supostos como o de apaleamento de ma-nifestantes pacíficos e inmóbiles tal necesidade está ausente(SSTS de 24/V/1996, 14/II/1997).

Ainda sendo necesário, o emprego da forza ten que ser pro-porcionado á gravidade do caso. O criterio de proporcionali-dade, como ten sinalado a xurisprudencia do TS (SSTS de21/IX/1999, 31/X/2000) valórase desde a perspectiva dasregras normativamente previstas e, sobre todo, desde o pos-tulado da menor lesividade, xa aludido.

Contemplado con carácter xeral este marco xurídico, a revisión

detida da normativa de referencia evidencia o carácter suma-mente excepcional que se outorga no ordenamento españolao emprego de medidas coactivas que impliquen violenciacorporal.

Por unha banda, o art. 5.2 L.O. 2/1986, de Fuerzas y Cuerposde Seguridad, estabelece as regras que os axentes da autori-dade teñen que observar cos cidadáns, mesmo con aquelesque se entenda que podan ser potenciais infractores. Neseprecepto estabeléceseque os axentesteñen que ‘impe-dir, en el ejerciciode su actuaciónprofesional, cual-quier prácticaabusiva, arbitra-ria o discrimina-toria que entrañeviolencia física omoral’, quedeben ‘observar entodo momento un trato correcto y esmerado en sus relacionescon los ciudadanos, a quienes procurarán auxiliar y proteger,siempre que las circunstancias lo aconsejen o fueren reque-ridos para ello’, e que ‘en todas sus intervenciones, propor-cionarán información cumplida, y tan amplia como seaposible, sobre las causas y finalidad de las mismas’. A todoisto engádese que no exercicio das suas funcións teñen querexerse ‘por los principios de congruencia, oportunidad y pro-porcionalidad en la utilización de los medios a su alcance’.Unha plasmación concreta deste postulado é que ‘solamentedeberán utilizar las armas en las situaciones en que exista unriesgo racionalmente grave para su vida, su integridad físicao las de terceras personas, o en aquellas circunstancias quepuedan suponer un grave riesgo para la seguridad ciudadanay de conformidad con los principios’ mencionados.

Por outra banda, o estabelecido nos artigos 14 e ss. L.O.1/1992 no referente á proteción da seguridade cidadá e, enconcreto, na actuación no marco de reunións e manifesta-cións, mantense no marco dos mesmos parámetros do Estadode Dereito. En efecto, o art. 17.1 estabelece que antes deadoptar calquer medida coactiva para protexer a seguridadecidadá teñen que advertir desta circunstancia. Por outrabanda, o art. 20 amosa que en casos de potencial realizacióndunha infración o que procede non é senón identificar as per-soas eventualmente responsábeis da mesma. Toda a norma-tiva de referencia evidencia que a disolución deconcentracións, reunións ou manifestacións é unha medidaclaramente excepcional. De feito, o art. 16.2 permite esa diso-lución, pero só nos casos previstos no art. 5 da L.O. 9/1983,que son unicamente aqueles que constituan manifestaciónsou reunións delictivas, os que supoñan unha alteración daorde pública, pero só cando se dea perigo para as persoas ouos bens, e aqueles en que se empreguen uniformes paramili-tares. Ningunha das concentracións e manifestacións do in-forme se atopa incursa nestes supostos. A maiorabundamento, o proprio art. 16.2 dispón que esa disoluciónde reunións debe facerse ‘en la forma que menos perjudique’.

Esta somera revisión da normativa aplicábel pon de manifestoque os casos que son obxecto deste informe non presentabanas exixencias de necesidade e proporcionalidade no uso da

7

"A falta de sensibilidade demo-crática dos responsábeis políti-cos, a falta de formación policiale unha deficiencia conxénitadas nosas prácticas policiaispropia da etapa autocrática,teñen colocado as persoas quesufriron a violencia policial ámarxe da protección da lei"

Page 8: A Coruña - golpear contra o que se movahome.iscte-iul.pt/~apad/justica01/textos/Corunha.pdf · 2016. 1. 15. · Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira. Os feitos producíronse a pri-meira

forza requeridos pola xurisprudencia. Tratouse, polo tanto, decasos de emprego da forza policial non amparados pola lexis-lación vixente, supostos de violencia inadmisíbeis no Estadode Dereito.

Finalmente, un simples coñecemento xurídico amosa que afalta de sensibilidade democrática dos responsábeis políticos,a falta de formación policial e, en fin, unha deficiencia conxé-nita das nosas prácticas policiais, arrastrada desde a etapaautocrática, teñen colocado as persoas que desafortunada-mente sufriron esa violencia policial á marxe da protecciónque o imperio da lei e o Estado de Dereito deberían, xa na ac-tuación da Administración, terlles oferecido.

8