a civilización romana

53
A CIVILIZACIÓN ROMANA

Upload: masinisa

Post on 15-Apr-2017

786 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A civilización romana

A CIVILIZACIÓN

ROMANA

Page 2: A civilización romana

EVOLUCIÓN POLÍTICA As orixes de Roma No século VIII a. C. a península Itálica

estaba habitada por diferentes pobos, entre os que destacaban os latinos e os etruscos no norte.

A costa desta península e gran parte da illa de Sicilia estaban dominadas polos gregos: era a chamada Magna Grecia.

Page 3: A civilización romana
Page 4: A civilización romana

Capitolio

Quirinal

Viminal

Esquilino

Palatino

Celio

Aventino

Page 5: A civilización romana

A fundación de Roma Os romanos explicaban a fundación da súa cidade

por medio dunha lenda na que interviñan os deuses. Isto permitiulles crer que estaban destinados a lograr importantes éxitos.

Segundo a lenda, no ano 753 a. C., Rómulo e Remo fundaron, nunha zona dominada por sete outeiros xunto ao río Tíber, un poboado que sería a orixe de Roma.

As escavacións arqueolóxicas amosan que, en realidade, os outeiros sobre os que se asentou Roma estiveron habitados desde o século IX a. C. e que a cidade de Roma xurdiu da unión de varias aldeas que se estendían ás beiras do río Tíber.

Page 6: A civilización romana
Page 7: A civilización romana

A MONARQUÍA

Os latinos organizaron o goberno de Roma como unha monarquía.

Sabemos que os reis tiñan o máximo poder: mandaban no exército, impartían xustiza e eran as máximas autoridades relixiosas.

No S. VII a. C. os etruscos dominaron gran parte da península Itálica: impuxeron os seus reis, transmitiron o seu alfabeto, deuses e os seus coñecementos artísticos e técnicos.

Page 8: A civilización romana

Cloaca máxima-Inicio de obras no 600 a.c.

Page 9: A civilización romana

Esposos de Cerveteri-520 a.c.

Page 10: A civilización romana

A REPÚBLICA (509 a.c.) As institucións da República Na República, o goberno non estaba nas

mans dunha soa persoa. Os cidadáns romanos homes que pertencían ao grupo dos nobres ou patricios podían votar. Habitualmente os representantes elixidos eran tamén nobres ou patricios.

Este sistema de goberno durou cinco séculos e baseouse en tres institucións

Page 11: A civilización romana

Os maxistrados. Elixidos por un ano, exercían diferentes cargos de goberno.

Os comicios ou asembleas populares. Elixían os maxistrados, aprobaban leis, decidían sobre a guerra e a paz etc. Estaban organizados en diferentes grupos segundo a súa riqueza.

O Senado. Era o máximo órgano de goberno de Roma. Estaba composto por antigos cónsules e maxistrados, membros das familias patricias ou nobres.

Page 12: A civilización romana

Os cónsules e os pretores eran os cargos máis importantes.

Normalmente dous cónsules eran os dirixentes máximos da República e eran os que presidían o Senado; un deles encargábase da administración e dos asuntos do Estado e outro dirixía o exército. Cando os dous se atopaban na cidade de Roma, alternaban na dirección da política.

Page 13: A civilización romana
Page 14: A civilización romana
Page 15: A civilización romana

A SOCIEDADE ROMANA Os patricios e os plebeos eran cidadáns, eran libres e tiñan dereitos. Os estranxeiros, que eran homes libres, e os escravos, que non tiñan

ningún dereito e carecían de liberdade, eran considerados non-cidadáns. Os plebeos subleváronse en varias ocasións para conseguir os mesmos

dereitos ca os patricios. No século V a. C. conseguiron ter un representante que defendese os seus intereses: o tribuno da plebe. Posteriormente, lograron acceder ás maxistraturas (Lex Hortensia)e ao Senado e puideron casar con membros das familias patricias.

As mulleres, xa fosen patricias ou plebeas, non tiñan os mesmos dereitos ca os homes. Non podían participar na vida política e legalmente sempre dependían dun home, ben do pai (pater familias), ben do marido.

Page 16: A civilización romana

EXPANSIÓN DA REPÚBLICA

Durante a época da República, Roma iniciou a conquista da península Itálica e de extensos territorios do Mediterráneo.

No Mediterráneo occidental, os romanos impuxéronse tras o longo conflito que os enfrontou aos cartaxineses nas Guerras Púnicas (264-146 a. C.). Campaña Aníbal-Cannas 216 a.c.

Os romanos ocuparon parte da península Ibérica e converteron Cartago nunha provincia de Roma.

Ocuparon tamén un amplo territorio desde o norte dos Pireneos ata Centroeuropa, as Galias. Pola súa parte, no Mediterráneo oriental loitaron contra os macedonios e conquistaron Grecia e algúns territorios da costa asiática e do norte de África

Page 17: A civilización romana
Page 18: A civilización romana
Page 19: A civilización romana

CRISE DA REPÚBLICA O aumento da desigualdade social provocou unha serie de

revoltas, como as dos irmáns Graco, que pedían unha repartición máis xusta da riqueza, ou a liderada polo escravo Espartaco.

Ante esta situación, o Senado cedeulles o poder a varios xefes militares, que acabaron enfrontándose entre eles en varias guerras civís.

No ano 48 a. C. un dos xefes militares, Xulio César, asumiu todo o poder e enfrontouse ao Senado nunha guerra civil. Xulio César foi asasinado catro anos de pois de chegar ao poder. Sucedeuno Octavio, o seu sobriño e fillo adoptivo. Octavio enfrontouse a outros dous rivais noutra guerra civil para conseguir o poder. Esta guerra civil marcou os últimos anos da República.

Page 20: A civilización romana

Xulio César (100-44 a.c.)

Page 21: A civilización romana
Page 22: A civilización romana

O IMPERIO ROMANO A guerra civil na que se viu sumida Roma finalizou no ano 31 a. C.

coa vitoria de Octavio. No 27 a. C. o Senado outorgoulle o título sagrado de Augustus. Isto

significaba que todo o que fixese estaba baixo a protección dos deuses.

Lentamente, Octavio Augusto foi exercendo todos os poderes: era o xefe do exército (imperator), impartía xustiza, elaboraba as leis e controlaba a vida relixiosa. Así, converteuse no primeiro emperador romano, o que supuxo o final da República.

Octavio Augusto organizou un exército poderoso que lle permitiu ampliar os territorios do Imperio e controlar con eficacia as provincias, de maneira que iniciou unha época de estabilidade e prosperidade.

http://es.wikipedia.org/wiki/Legion_romana

Page 23: A civilización romana
Page 24: A civilización romana
Page 25: A civilización romana
Page 26: A civilización romana

A CRISE DO IMPERIO (S III)

A inseguridade nos limes ou fronteiras

O aumento de poder do exército A crise económica (ruralización) División e o final do Imperio

http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1015

Page 27: A civilización romana
Page 28: A civilización romana
Page 29: A civilización romana

AS CIDADES ROMANAS No Imperio Romano as cidades tiveron unha grande importancia. Roma, a

capital, chegou a contar con máis dun millón de habitantes. Ademais, creáronse moitas outras cidades que foron o centro político, económico e cultural do vasto territorio imperial.

https://www.youtube.com/watch?v=vrIEwjgfbYs As cidades romanas de nova fundación tiñan unha estrutura en cuadrícula

baseada na dos campamentos militares romanos. Estaban rodeadas por murallas e organizábanse a partir de dúas rúas principais, o cardo e o decumano.

No centro situábase o foro, praza na que se encontraban os principais edificios públicos, como as basílicas, e onde se desenvolvía o comercio.

Nos barrios populares proliferaban as insulae, edificios de apartamentos de cinco ou seis plantas onde vivían as familias de clase media. Os nobres vivían coas súas familias nas domus, casas amplas cun patio centralº

Page 30: A civilización romana
Page 31: A civilización romana
Page 32: A civilización romana
Page 33: A civilización romana
Page 34: A civilización romana
Page 35: A civilización romana
Page 36: A civilización romana
Page 37: A civilización romana

“Unha cea de convite constaba de tres partes: o gustus ou aperitivo tomábase antes da cea e consistía nunha serie de alimentos para espertar o apetito: melón, leituga, atún, croquetas, alcachofas, trufas, ostras e peixe salgado. A prima mesa consistía en servir unha infinidade de manxares variados, era o prato forte; tomábase cabrito, polo, xamón, peixe –coñecían ao redor de 150 especies–, mariscos e outros pratos exóticos preparados coas vísceras dos animais. A secunda mesa estaba composta polas sobremesas; tomaban froita, doces, dátiles, pasas e viños doces.”Traducido de J. Espinós e outros, Así vivían los romanos. Anaya, 1992

Page 38: A civilización romana
Page 39: A civilización romana

O COMERCIO Os produtos que se cultivaban nos latifundios destinábanse a abastecer as

cidades. Segundo a súa procedencia e o seu uso, distinguimos entre:— Os produtos procedentes das cidades próximas, como os artigos perecedoiros (froitas, hortalizas…).— Os produtos chegados de zonas afastadas, como os cereais do norte de África, os obxectos de vidro producidos en Colonia (Alemaña) ou os de madeira procedentes de Antioquía (Siria).— Os obxectos de fóra dos límites do Imperio,como ámbar da ribeira do mar Báltico para elaborar xoias, animais de África para o circo ou seda de China.O comercio, ademais, viuse facilitado pola extensión do uso da moeda.A maioría dos intercambios comerciais realizábase por vía marítima. Tamén foi importante o comercio terrestre, grazas á construción de máis de 80 000 km de vías que atravesaban o Imperio.

Page 40: A civilización romana
Page 41: A civilización romana
Page 42: A civilización romana
Page 43: A civilización romana

A AGRICULTURA A agricultura foi a base da economía romana. En todas as terras que

os romanos conquistaron introduciron técnicas como o uso do arado e sistemas de rega. Ademais, estenderon a agricultura baseada no cultivo dos cereais, da vide e da oliveira.

As terras de cultivo podían ser traballadas por campesiños que eran pequenos propietarios.

Pero o máis habitual foron os latifundios, enormes extensións de terra que pertencían a un único propietario.

Estas grandes extensións de terra eran moitas veces o pagamento que recibían os militares e os nobres pola súa participación nalgunha conquista militar. A maioría deles tiña tamén residencia na cidade. Os latifundios eran traballados polos escravos, a man de obra máis barata.

Page 44: A civilización romana

ENXEÑARÍA E ARTE ROMANAS

Os romanos destacaron polas súas obras de enxeñaría e pola funcionalidade ou sentido práctico das súas construcións.

Tomaron elementos doutros pobos. Así, por exemplo, dos etruscos herdaron o arco e mais a bóveda, a partir da cal desenvolveron as cúpulas para cubrir grandes edificios.

Dos Gregos respectaron a planta dalgúns edificios, como os templos ou os teatros, e as ordes arquitectónicas

Page 45: A civilización romana
Page 46: A civilización romana

Pero tamén desenvolveron novas técnicas. O descubrimento máis importante foi o morteiro, que se obtiña mesturando area e cal con auga. Cando esta mestura secaba, obtiña unha gran consistencia e impermeabilidade, polo que se utilizaba para levantar muros e pavimentos.

Entre as construcións máis importantes podemos destacar:-Os edificios públicos (termas, templos, basílicas...), entre os que destacan os dedicados aos espectáculos (como teatros e anfiteatros).- As obras públicas (vías e acuedutos).-Os monumentos conmemorativos (columnas, arcos de triunfo...).-As obras privadas (casas, mausoleos).

Page 47: A civilización romana
Page 48: A civilización romana
Page 49: A civilización romana
Page 50: A civilización romana

Columna de Marco Aurelio

Page 51: A civilización romana

ESCULTURA, PINTURA E MOSAICO

Os mosaicos empregábanse para pavimentar o solo dos edificios públicos e das casas dos romanos ricos.

Estes mosaicos estaban realizados cunhas pezas moi pequenas, as teselas, de diferentes cores, coas que se intentaba imitar o efecto da pintura.

En escultura os romanos dominaron especialmente os retratos. Os escultores romanos inspiráronse nas esculturas gregas, moitas das cales tomaron durante a conquista.

A pintura utilizábase fundamentalmente para decorar os interiores das casas.

Page 52: A civilización romana
Page 53: A civilización romana