a cincenta que non quería comer perdices cuestionario

2
Lunila López A Cincenta que non quería comer perdices CUESTIONARIO PARA 1º DE E.S.O. O 25 de Novembro é o Día iInternacional contra a violencia cara ás mulleres. Neste grave problema inflúe bastante a educación dos sentimentos que recibimos desde a infancia. Son moitos os contos infantís que nos mostran a princesas e heroínas que sofren sen que elas fagan nada por saír da situación que lles causa dor, e á espera de que sexa un príncipe quen as salve. Na vida real, con todo, son moitos os príncipes que acaban creándolles problemas moi serios ás princesas non deixándoas ser independentes, non respectándoas, ferindo os seus sentimentos, maltratándoas, en definitiva. O conto que imos ler vai dunha princesa que decide romper con ese destino tradicional e actuar para acabar co tipo de vida que a fai desgraciada. Para iso conta con dúas aliadas que non fallan: consigo mesma e a súa convicción de que a súa vida perténcelle a ela e non ao príncipe. Unha vez lido o conto, respondemos ás seguintes preguntas : 1. Por que cres ti que o conto se titula A Cincenta que non quería comer perdices? 2. Cres que ten motivos para sentirse doente, deprimida, perdida? 3. Ao pensar que o príncipe a salvaría, a Cincenta caeu nun tipo de vida que lle facía sentirse mal. A quen recorreu para saír desa situación que lle desgustaba? 4. Onde se atopa a fada Basta, capaz de axudarnos cando queremos acabar cunha situación que nos fai sentir desgraciadas? 5. De que se tiña que baleirar A Cincenta para volver ser feliz? 6. De que cousas bonitas se encheu A Cincenta cando logrou desfacerse das súas malas experiencias? 7. Ao final, A Cincenta atopa outros personaxes de contos que conseguiron liberarse do papel tradicional que tan infelices os facía: A Ratña Presumida, A Bela Dormente, Branca de Neve, Pinocho, O Home de Folla de Lata. Cres que son máis felices así que nos contos tradicionais? 8. O conto termina dicindo: Nenas pasivas esperando que lles pidan a man e lles quíten a vida Que cres que significa?

Upload: ies-pedro-floriani-redondela

Post on 22-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

IES Pedro Floriani - Redondela, 2013-14. Gender Roles in Commecials - Cuestionario sobre o libro "A cincenta que non quería comer perdices".

TRANSCRIPT

Page 1: A cincenta que non quería comer perdices cuestionario

Lunila LópezA Cincenta que non quería comer perdices

CUESTIONARIO PARA 1º DE E.S.O.

O 25 de Novembro é o Día iInternacional contra a violencia cara ás mulleres. Neste grave problema inflúe bastante a educación dos sentimentos que recibimos desde a infancia. Son moitos os contos infantís que nos mostran a princesas e heroínas que sofren sen que elas fagan nada por saír da situación que lles causa dor, e á espera de que sexa un príncipe quen as salve. Na vida real, con todo, son moitos os príncipes que acaban creándolles problemas moi serios ás princesas non deixándoas ser independentes, non respectándoas, ferindo os seus sentimentos, maltratándoas, en definitiva.

O conto que imos ler vai dunha princesa que decide romper con ese destino tradicional e actuar para acabar co tipo de vida que a fai desgraciada. Para iso conta con dúas aliadas que non fallan: consigo mesma e a súa convicción de que a súa vida perténcelle a ela e non ao príncipe.

Unha vez lido o conto, respondemos ás seguintes preguntas :

1. Por que cres ti que o conto se titula A Cincenta que non quería comer perdices?

2. Cres que ten motivos para sentirse doente, deprimida, perdida?

3. Ao pensar que o príncipe a salvaría, a Cincenta caeu nun tipo de vida que lle facía sentirse mal. A quen recorreu para saír desa situación que lle desgustaba?

4. Onde se atopa a fada Basta, capaz de axudarnos cando queremos acabar cunha situación que nos fai sentir desgraciadas?

5. De que se tiña que baleirar A Cincenta para volver ser feliz?

6. De que cousas bonitas se encheu A Cincenta cando logrou desfacerse das súas malas experiencias?

7. Ao final, A Cincenta atopa outros personaxes de contos que conseguiron liberarse do papel tradicional que tan infelices os facía: A Ratña Presumida, A Bela Dormente, Branca de Neve, Pinocho, O Home de Folla de Lata. Cres que son máis felices así que nos contos tradicionais?

8. O conto termina dicindo: Nenas pasivas esperando que lles pidan a man e lles quíten a vida Que cres que significa?

Page 2: A cincenta que non quería comer perdices cuestionario

9. Os contos tradicionais son moi antigos; levan séculos e séculos repetindo as mesmas historias. As sociedades foron cambiando, as mulleres e os homes han ir cambiando, pero Branca de Neve, Cincenta, Carrapuchiña seguen igual ca sempre. Como serían, segundo ti, as princesas e os príncipes adecuados aos nosos tempos?

10. Confeccionar en clase un cartel (ou varios) co seguinte lema:

ACABOUSE, EMPEZOU UN CONTO NOVO:ÉRANSE UNHAS MULLERES QUE NON ESTABAN SOAS, E UNHAS

PERDICES QUE VOABAN FELICES.

Despois poñede os nomes de cada un e cada unha de quen esteades de acordo con empezar ese novo conto e, se queredes, escribide algunha idea que se vos ocorra sobre este tema.