a arte rupestre galega e a sÚa rendibilidade...

39
Páxina 1 Un ano máis, moitísimas grazas a todas as persoas que colaborades con Labirinto. Cada curso que pasa convértese nunha viaxe diferente. Pasamos por unha chea de estacións durante un ano académico que nos gustaría recordar polo miúdo, pero non é posible. Na nosa revista só aparecen reflectidas algunhas das paisaxes do percorrido. Posiblemente, non son as máis importantes nin as máis espectaculares, pero son algunhas das vivencias dentro do contorno educativo do noso instituto que sinalades vós mesmos. Unha das novidades deste ano -seguindo na idea de que a revista sexa a vosa creación- é que tanto a portada como as fotografías da maioría dos cursos están feitas por alumnado (Doramas e Naiara e Noe, respectivamente). Este é un paso adiante máis para que o Labirinto sexa cada vez máis voso. Boa viaxe. INDICE Editorial - - - - - - - - - - - - - - - - - 1 Dende o despacho - - - - - - - - - - - - - - - - 2 Día das Letras Galegas - - - - - - - - - - - - - - - 3 Os nosos poetas - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 4 Adiviña quen é - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 8 Orienta-T - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 9 Carta de amor - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 12 O Entroido - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 13 Cidades da memoria - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 14 Concurso de cartas 25-N - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 15 Investigación na aula - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 16 Diarios nipóns - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 17 Maquetas - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 19 Visitáronnos - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 24 Excursión ás Cíes - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 26 Aula 102 - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 27 Un poema, unha aperta - - - - - - - - - - - - - - - - - 31 Historias de Super Sol y Super Dog - - - - - - - 33 Parece que foi onte - - - - - - - - - - - - - - 34 Promoción bacharelato - - - - - - 35 Editorial Fotografía: Naiara e Noe ´

Upload: others

Post on 02-Feb-2021

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Páxina 1

    Un ano máis, moitísimas grazas a todas as persoas que colaborades con Labirinto.

    Cada curso que pasa convértese nunha viaxe diferente. Pasamos por unha chea de estacións

    durante un ano académico que nos gustaría recordar polo miúdo, pero non é posible. Na nosa

    revista só aparecen reflectidas algunhas das paisaxes do percorrido. Posiblemente, non son as

    máis importantes nin as máis espectaculares, pero son algunhas das vivencias dentro do

    contorno educativo do noso instituto que sinalades vós mesmos.

    Unha das novidades deste ano -seguindo na idea de que a revista sexa a vosa creación- é que

    tanto a portada como as fotografías da maioría dos cursos están feitas por alumnado (Doramas e

    Naiara e Noe, respectivamente). Este é un paso adiante máis para que o Labirinto sexa cada vez

    máis voso.

    Boa viaxe.

    INDICE Editorial - - - - - - - - - - - - - - - - - 1

    Dende o despacho - - - - - - - - - - - - - - - - 2

    Día das Letras Galegas - - - - - - - - - - - - - - - 3

    Os nosos poetas - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 4

    Adiviña quen é - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 8

    Orienta-T - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 9

    Carta de amor - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 12

    O Entroido - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 13

    Cidades da memoria - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 14

    Concurso de cartas 25-N - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 15

    Investigación na aula - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 16

    Diarios nipóns - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 17

    Maquetas - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 19

    Visitáronnos - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 24

    Excursión ás Cíes - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 26

    Aula 102 - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 27

    Un poema, unha aperta - - - - - - - - - - - - - - - - - 31

    Historias de Super Sol y Super Dog - - - - - - - 33

    Parece que foi onte - - - - - - - - - - - - - - 34

    Promoción bacharelato - - - - - - 35

    Editorial

    Fotografía: Naiara e Noe

    ´

  • Páxina 2

    Amizade - - - - - - - -36

    Aquilino Cavadas

    Director do IES Chan do Monte

    Prezado lector:

    A historia do Labirinto, segundo a mitoloxía, representa a vida de cada un de nós.

    Loitamos co Minotauro, escapando das fauces do monstro e da escuridade da caverna,

    na procura do compás que nos sinale o camiño de volta.

    Afiando as plumas para non extraviarnos nos misterios do Labirinto, un ano máis

    ofrecémosche un periplo multicolor e de creatividade. Estás invitado, querido lector, a

    coller o facho da ilusión que alimenta a chispa dos soños. Nestas páxinas descubrirás a

    curiosidade, poemas, actividades diversas, reportaxes, proxectos, descricións

    imaxinarias, instantáneas do tempo petrificadas,....

    Agradecer todo o esforzo e ilusión do equipo redactor e colaborador desta revista.

    Grazas por podermos seguir contando contigo.

    Un saúdo. Ata o ano vindeiro.

    Dende o despacho

  • Páxina 3

    Naceu o 16 de febreiro de 1958, na localidade lucense de Monforte de Lemos. O seu irmán, Xosé Manuel

    Pereiro, recórdao como un mozo "tímido" que finalmente se transformou na "explosión poética"

    encomiada por Xosé Luís Méndez Ferrín.

    No seu día, trala decisión da institución académica de dedicarlle o Día Dás Letras a este "rupturista" do

    estilo realista que predominaba no xénero poético a mediados dos 70, o decano do Colexio de Xornalistas

    de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, valorou esta valente homenaxe ao poeta monfortino, que "recoñece" o

    mérito literario do autor máis aló do uso do idioma galego.

    “Quería escribir desde mozo. Era poeta en esencia pero pouco lle interesaba selo en presenza. As

    circunstancias da vida conseguiron reafirmalo nesas primicias iniciais. Rebeldía ante o lado amable da

    vida", explicou nunha entrevista concedida a Europa Press seu irmán.

    Un neno "tímido" que se descubriu nun mozo con inquietudes artísticas e fanático de Bowie ou King

    Crimson, "moi falador" e "auténtico relacións públicas", participante de debates e tertulias sobre cine. En

    1975, trasladouse a Madrid para estudar Socioloxía, carreira que abandonou no primeiro trimestre trala

    morte de Franco e que motivou un breve regreso a Monforte antes de volver á capital en plena Transición

    democrática.

    Foi nese contexto no que Pereiro se introduciu na oferta cultural da cidade, desde concertos, filmotecas,

    ata recitais, e no que entrou en contacto con creadores e intelectuais da talla de Manuel Rivas, Reimundo

    Patiño, Antón Patiño, Menchu Lamas, ou Fermín Bouza, con quen impulsou xunto ao seu irmán a revista

    Loia, unha publicación manifesto que se estendeu catro números.

    Obra "dura e descarnada" "Téndese a pensar que a súa vida era como a súa obra, que non pasa precisamente polo lado máis amable

    da literatura. Pódese pensar que a súa vida era así, unha especie de protagonista da saga Crepúsculo, e en

    absoluto. Era divertido, moi irónico, amigo dos seus amigos e das súas amigas. Nese sentido, un

    auténtico relacións públicas, con bastante paciencia, e un observador moi analítico da realidade que o

    rodeaba", sinalou o seu irmán.

    O poeta monfortino estableceuse na Coruña a comezos dos 80 e gañou o seu único premio en 1982, con

    Poesía Ou Facho, ademais de participar nos libros colectivos De amor e desamor (Edicións do Castro,

    1984 e 1985). Non foi ata 1992 cando publicou o seu primeiro libro, Poemas 1981/1991 (Edicións,

    Positivas), descrito por Manuel Rivas como "unha mestura de vídeo-clip, haiku, escintileo, pregaria e

    cantiga de escarnio" que o converte "no clásico que ten a literatura galega sen sabelo".

    Deterioro da súa saúde Foi nesa época cando a súa saúde comezou a deteriorarse por mor dunha intoxicación masiva por aceite

    desnaturalizado de colza rexistrada na década dos 80, que afectou a máis de 17.000 persoas e matou a

    400, segundo detalla a versión oficial. En 1994, a súa experiencia "ao bordo da morte" derivou nun dos

    libros "máis duros e descarnados da literatura galega", Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995

    (Edicións Positivas, 1995).

    O existencialista e renovador da poesía galega faleceu poucos meses despois nun cuarto do Hospital Juan

    Canalejo da cidade herculina, o 24 de maio de 1996.

    Na actualidade, Lois Pereiro considérase un referente da poesía galega para o século XXI.

    Dia das Letras Galegas

    Lois Pereiro O poeta rupturista

    e do existencialismo descarnado

    Alumnado de 2º da ESO

    Fotografía: Naiara e Noe

    ´

  • Páxina 4

    Fonte: 20 minutos.

    A profesora de Lingua e Literatura Galega, Araceli Queiruga, propuxo unha serie de actividades

    de aula, entre as que xurdiron creacións ben interesantes. Facer poemas a partir dun verbo,

    descrición de animais imaxinarios ou relatos anecdóticos foron algúns dos resultados.

    Os nosos poetas

    ESPERTAR

    Marcos Pastoriza Rosales, S1B

    Loitan os meus ollos

    contra a luz cada mañá.

    Non queren que os soños

    marchen de súpeto.

    Espertan os ósos.

    Levántome cara

    a unha nova aventura.

    QUERER

    Martín García Justo, S1A.

    O bico é un regalo,

    froito do querer.

    O amor é un final

    que poucos poden ter.

    É preciso ter corazón

    para poder amar

    e paixón

    para poder bicar

    Fai falla vivir

    para poder amar.

    E sen vida

    Non se pode bicar.

  • Páxina 5

    PEDIR

    Lucía Agulla Carballal, S1A

    Pedinlle ó ceo

    que coidase de ti,

    pedinlle ás estrelas

    que pensaras en min.

    Pedinlle á lúa

    Que non te foras de aquí

    Pedinlle ó sol

    Que regresaras a min.

    FALAR

    Noemí Melón, S1B

    As palabras son só palabras,

    conxuntos de letras e sons

    que expresan sentimentos ou ideas.

    Cada vez que falamos,

    usamos palabras.

    Amor, felicidade, amizade

    son só palabras;

    o importante é o que expresamos

    ao dicilas ou escribilas.

    Nós usámolas todo o tempo,

    Case sen nos decatar.

    Falando enténdese a xente,

    pero tamén depende de en que

    idioma falen.

    Ás veces, nin falando no mesmo

    idioma se entenden.

    O máis importante é

    ter algo que dicir

    e que alguén te escoite

    cando falas, para poder entender

    todo o que lle estás dicindo.

    QUENTAR

    Marta Carregal, S1A

    Quéntase o lume,

    quéntanse as castañas,

    quéimanse algunhas,

    outras quedan arrefriando.

    Unha quente tarde de outono

    na que o sol brilla e arde

    coa súa forza infinita.

    Parece verán!

    Non vai haber quen as arrefríe

    Nesta quente tarde de outono.

  • Páxina 6

    UNHA ANÉCDOTA CO MEU AVÓ

    Lucia Agulla Carballal, S1A

    Unha tarde de novembro, alá polo San Martiño, estabamos todos preparados

    para a matanza do porco. Meu avó era o encargado de cravarlle o coitelo, e eu

    encargaríame de recoller o sangue nunha tarteira para facer despois morcillas.

    Todo foi ben ata o momento de chamuscar o porco. Para sorpresa de todos, o

    porco non estaba morto. Saltou do banco e escapou pola leira xusto cando lle ían

    prender lume para chamuscalo.

    Os que estabamos alí botamos a correr detrás del e conseguimos atrapalo

    facilmente para que meu avó rematase ben a faena. Ó final, rompemos a rir todos, pois

    o susto xa pasara.

    KORVOSUMUSU

    Noemí Melón Acuña, S1B

    O korvosumusu é un animal máxico, unha mestura de vaca e corvo, pero no canto de muxir ou

    grallar, fala coma unha persoa.

    O korvosumusu aliméntase de nubes de gominola e de chocolate con leite. Ten uns cincuenta

    centímetros de altura, contando os seus cornos verdes e azuis, e pode pesar ata seis quilos, polo que,

    aínda que ten ás, non pode voar. Ten os ollos amarelos e a boca grande. As plumas son negras ou

    marróns escuras, e as patas son coma de paxaro. Tamén ten ubres de vaca, polos que dispara leite de soia

    radioactiva, que pode desintegrar todo ao seu paso.

    Case ninguén viu un korvosumusu, pero dise que, se capturas un cunha Poke-ball, como as dos

    Pokemon, queda contigo para sempre e pode concederche todos os desexos que queiras.

  • Páxina 7

    O MEU SOÑO

    Irene Lusquiños Pousada, S1B

    Eu esperaba o tren,

    pero como non chegaba,

    subín nunha nube moi branda.

    Era tan suaviña

    que me afundía nela,

    entre os seus pregos.

    De seguida vin o tren

    que xa se achegaba.

    Saín voando de alí arriba;

    ata a estación cheguei,

    tan rápido como puiden.

    Alí e nese momento me decatei

    de que quedara durmida

    no tren e de que miña nai

    me estaba a espertar.

    Pero eu estaba encantada…

    O PERRICÁN

    Raquel Martínez Campelo, S1B

    O perricán é un animal de cor marrón que ten raias amarelas

    por todo o seu corpo. Ten unha cola de ornitorrinco que é moi grande

    e lle serve para nadar na lama. Para poder somerxerse ten dúas patas

    de can na parte traseira e dúas aletas de peixe na dianteira. Tamén

    posúe unha aleta máis grande no lombo que usa para orientarse na

    escuridade, porque é fluorescente. As orellas son moi puntiagudas e

    os ollos cadrados cunha soa cella. Tamén ten un fociño con seis

    bigotes moi sensibles.

    TRICO

    Gabriel Solla Ferradanes S1B

    Trico é un animal moi grande que vive nun esquecido e

    antigo castelo, protexendo o que queda das súas ruínas. Pertence a

    unha especie descoñecida polo que non ten nome; “trico” é un dos

    poucos sons que pode emitir.

    Ten unhas orellas de rato e un fociño do mesmo animal; os

    ollos son negros e ten uns pelos longos na cara a modo de bigotes. A

    súa cabeza está cuberta dunha pelaxe curta de cor marrón clara e o

    corpo dunha branca plumaxe; ten dúas ás longas no costado. As patas

    dianteiras son moi parecidas ás dunha galiña, con tres dedos de cor

    laranxa acabados nunhas longas e afiadas unllas de cor gris; as súas

    patas traseiras teñen unha pelaxe moi mesta de cor castaña e unhas

    grosas gadoupas. E tamén ten un rabo rosado, moi parecido ao dun

    rato.

  • Páxina 8

    Adivina quen e Por David Villegas

    ´

  • Páxina 9

    S4A... e Wally

    O Departamento de Orientación non só se centrou na atención

    individual ó alumnado e ás súas familias, senón que organizou tamén

    Orienta-T

  • Páxina 10

    unha serie de actividades de moito interese para a comunidade

    educativa. Velaquí unha escolma dalgunhas delas.

    25-N. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

    Operación violeta: Reparto de globos de cor lila e nota informativa entre o alumnado para colocar o

    globo nun lugar visible dende a rúa o día 25 de novembro.

    II Concurso de cartas co lema “Eu tamén estou en contra de quen maltrata”.

    Concurso adiviña a identidade das mulleres fotografadas na campaña de sensibilización en contra da

    violencia de xénero.

    Entrega de material divulgativo sobre a infección polo VIH/ sida. Lazos vermellos para o profesorado

    e alumnos e colocación do cartel.

    Foi concedido o galardón da I Edición dos premios Municipais en prol da igualdade “Lazo Violeta”, que xorde co ánimo de recoñecer e premiar todo o labor efectivo, iniciativas e

    proxectos que fomenten a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, na comunidade

    educativa do concello de Marín. Como centro galardoado, participamos na cerimonia de entrega

    dos premios, que se celebrou na Biblioteca Municipal Vidal Pazos o sábado 27 de novembro ás

    12 horas.

    Os gañadores do II Concurso de cartas foron os alumnos de 2º ESO, Andrés Otero Carballal e Patricia Blanco Graña. O alumno de 1º ESO, Manuel Sebastián Iglesias Isla, foi o gañador do

    concurso de identificación das mulleres fotografadas na campaña de sensibilización contra a

    violencia de xénero.

    O alumno Manuel Pardavila Freire, de 4º ESO, gañou na categoría f, o Concurso de Debuxo. O premio consistiu nun vale de 50 euros para gastar en material escolar nun establecemento do

    concello e, de maneira simbólica, as persoas premiadas plantaron o día 25 de novembro unha

    árbore no paseo das praias, onde se colocou unha placa co nome do alumno e do centro

    educativo ao que pertencen.

    CONCURSO CONCELLO CIM:

    Participación no concurso de debuxo “Imaxina un pobo onde non exista a violencia”, organizado polo

    CIM (Concellaría de Igualdade do Concello de Marín). Colabora o Departamento de Plástica do IES.

    Participación na decoración de fiestras e lugares visibles do IES con globos de cor lila co lema “Violencia

    non”. Tamén se procedeu ó reparto de globos entre o alumnado cunha nota informativa para levar á súa

  • Páxina 11

    casa e colocar o día 25 de novembro nun lugar visible.

    ANDARES PSICOLOXÍA:

    Actividade gratuíta. Impartida polo gabinete “Andares Psicoloxía” a través da educadora familiar do

    concello, Mónica Peña Lage. A actividade versou sobre as habilidades sociais e resolución de conflitos e

    leváronse a cabo na hora de titoría.

    PLAN DIRECTOR:

    Participación no Plan

    Director para a

    convivencia e mellora da

    seguridade escolar co

    tema de riscos de Internet.

    Ministerio do Interior, de

    Educación e Igualdade.

    Sesión realizada o día 21

    de decembro á 6º hora, na

    que participaron todos os

    alumnos da ESO e

    PCPI.Colaboraron Don

    José González Pidal, xefe

    do grupo de Seguridade

    Cidadá e o subinspector

    don José Manuel Amedo

    Otero.

    CHARLA ORIENTACIÓN BACHARELATO:

    Varias charlas de orientación escolar sobre diferentes temas que atinxen especificamente ao alumnado de

    bacharelato.

    VIDEOFORUM BACHARELATO: HISTORIAS DO KRONEN.

    Ficha de análise da película:

    César Prestel Alfonso

    CARACTERÍSTICAS

    Nivel/Idade: Segundo ciclo da ESO e Bacharelato.

    Duración: A película ten unha duración duns 120 minutos. O debate pode despois prolongarse durante

    media hora ou máis, segundo conveña.

    Material: Equipo de vídeo e cinta coa película "Historias del Kronen” de Montxo Armendáriz. Poden

    tamén distribuírse aos alumnos copias coa sinopse, a ficha técnica e algúns comentarios sobre o filme, e

    incluso un pequeno guión (como esta mesma ficha) para iniciar o debate.

    OBXECTIVOS DA DINÁMICA

    Reflexionar sobre os riscos e perigos da cultura da festa, a droga e o alcohol entre a xente nova.

    Valorar as repercusións que ten a nosa conduta nas nosas relacións cos amigos e a familia.

    Establecer unha xerarquía de valores que nos sirva de guía para actuar con criterio ante situacións inesperadas.

    Reforzar unha visión alternativa do tempo libre que sexa creativa, positiva e liberadora.

    FICHA TÉCNICA DA PELÍCULA

    Director: Montxo Armendáriz.

    Guión: Montxo Armendáriz e José Ángel Mañas.

    Principais intérpretes: Juan Diego Botto, Cayetana Guillén-Cuervo, Jordi Mollá

  • Páxina 12

    Nacionalidad: Española

    Idioma: Español

    Ano de produción: 1994

    Sinopse argumental:

    Carlos, estudante de 21 años, vive ao límite,

    coma se a vida fose a acabarse no próximo

    minuto. As súas historias nocturnas comezan

    no Kronen, un bar no que se reúnen cos

    amigos. Logo emprenden arriscadas aventuras

    que sempre parecen poder ir un pouco máis

    lonxe que a vez anterior. Ata que un día

    sucede algo imprevisto que pon a Carlos e aos

    seus amigos ante unha realidade que non se

    atreverán a mirar cara a cara.

    DESENVOLVEMENTO DA DINÁMICA

    A educadora presenta a película, explicando

    brevemente a súa temática e o seu argumento.

    Tamén comenta rapidamente a ficha técnica e

    fai referencia a todas aquelas características

    que poidan descentrar aos alumnos. É

    necesario enfocar a atención dos alumnos

    sobre todo no tema central, para que o debate

    sexa rico e frutífero e non se dilúa en cuestións secundarias menos interesantes.

    PREGUNTAS PARA O DEBATE

    1. ¿Por que cres que Carlos actúa dese xeito transgresor e rebelde? ¿Sentícheste algunha vez coma el?

    2. ¿Que opinas da relación de Carlos coa súa familia? ¿E coa súa irmá? ¿Que pretende ao levar sempre

    esa actitude provocadora?

    3. ¿Como ves a relación de Carlos cos seus amigos? ¿Por que seguen os seus amigos o ritmo que el

    marca?

    4. ¿Que opinas da aventura que Carlos ten coa moza do seu amigo? ¿Coñeces casos parecidos? ¿Por que

    cres que Carlos actúa dese modo? ¿Paréceche correcta a súa actitude?

    5. Ao final da película, parece que Carlos cambia radicalmente de actitude ante a vida. ¿Por que cres que

    sucede isto? ¿Paréceche crible o argumento da película e o seu final? ¿Que formas se che ocorren

    capaces de producir un cambio na conduta de xente coma Carlos?

    6. No teu tempo libre, ¿compórtaste algunha vez de forma parecida a Carlos? ¿Como te sentes? ¿Cres

    que é unha boa maneira de empregar o ocio? ¿Que outras formas che parecen mellores?

    Alumnado de 1ºA da ESO

    Fotografía: Naiara e Noe

    Carta de amor dun namorado de primeiro da ESO

  • Páxina 13

    Ola, fermosa,

    esperei moito tempo para dicirche QUÉROTE,

    para dicirche ÁMOTE,

    para dicirche ADÓROTE.

    Es a miña vida, es a miña ilusión,

    es o que me dá un motivo para vivir,

    para levantarme cada mañá,

    para sorrir.

    Os teus fermosos ollos medio verdes,

    o teu pelo marrón, a túa forma de ser,

    todas esas cousas fanche

    aínda máis especial para min.

    Todas as noites antes de durmir

    penso en ti,

    porque es máis espectacular que a Lúa.

    Es tan bonita que só teño ollos para ti

    por iso espero que ti e eu algún día

    fagamos a palabra AMOR.

    PD: Aquí vai un poema tan belo coma ti.

    Non quero perlas do mar

    nin perfumes do oriente,

    só quero que o meu amor

    por ti...

    perdure eternamente

    As alumnas Naiara e Noe son as nosas reporteiras gráficas deste ano. Moitas das fotos deste

    número de Labirinto están tomadas por elas, pero adicamos especialmente esta páxina ao Entroido

    O Entroido

  • Páxina 14

    visto dende o seu obxectivo.

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 15

    Na Semana Santa de 1993 perdinme en Italia.

    O primeiro recordo que teño é o dunha proclama escrita nun muro, á beira da estrada, camiño de

    Florencia, nunha noite chuviñenta: “Il popolo non vota, lotta”. Daquela, o meu ánimo era proclive a se

    congratular con todas as expresións da disidencia social.

    A partir do día seguinte non houbo espazo para o acougo: museos, monumentos, autobús, estradas,

    ringleiras sen fin...... Movíame, naquel entón, unha urxente necesidade de velo todo, como se debese

    amortiza-las clases de Historia da Arte recibidas o curso de COU, cando eu contaba 17 anos.

    O momento máxico chegou cando, xa na cidade de Venecia, entrei no Palazzo Grassi.

    Levaba un recorte de prensa, dun suplemento de El País, onde se daba ampla información da Exposición

    retrospectiva do artista Marcel Duchamp.

    De todo o que vin nesa viaxe, recoñezo que a lembranza máis prezada, e a que sempre recupero de

    nostalxia, é a desa exposición única, e sospeito que irrepetible, na miña vida.

    No verán de 1996 decidimos ir a Amsterdam.

    Era un destino moitas veces pensado. A cidade acóllete; ao pouco de chegar, un ten a sensación de formar

    parte da súa paisaxe urbana e humana e, sen deixar de ser un paeante ocasional, recoñeces momentos da

    cotiandade aos que non es alleo.

    Unha noite entramos no único restaurante que atopamos aberto ás 10 da noite. Comezou a soar unha

    canción que recoñecemos ao instante, dos Gipsy Kings. Escoitaba con agrado, daquela, a música dos

    xoves flamencos, que gozaba de moito éxito dentro e fóra do panorama musical español.

    Se tivese que mencionar un lugar especialmente emotivo, sen dúbida algunha, veríame sentada no muro

    de pedra que rodea o parque das “Beguinas”, monxas encargadas do coidado de vellos e que, no seu

    tempo de ocio, se adicaban ao estudo e á escritura. Hoxe só permanece como rémora daquela época, unha

    capela católica e unha igrexa

    presbiteriana.

    Moitos son os espazos

    gardados na memoria.

    Ruídos, arrecendos, pegadas

    que ecoan nas rúas, nunca

    baleiras. Teño a esperanza de

    completar aínda ese mapa

    íntimo con fuxidas anheladas

    desde hai tempo. Mais creo

    que de todas as cidades ata o

    de agora vistas e vividas, só

    unha me conmoveu en

    verdade, A cidade branca,

    Lisboa.

    Cidades da memoria unha profesora do noso IES

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 16

    Aínda que houbo varios premiados, Andrés Otero Carballal (de S2) foi o gañador deste concurso

    coa carta que reproducimos a continuación verbo da problemática da violencia de xénero.

    Ferrol, 25 de novembro 2010

    Estimada Belén:

    Escríboche estas liñas con motivo dun suceso que me

    deixou abraiado e que quero compartir contigo.

    O meu veciño de arriba é unha persoa sensacional, amigo

    dos seus amigos, gracioso, alegre, bromista, colabora con quen llo

    pide, é o xefe da comunidade de veciños; en definitiva, é o veciño

    perfecto.

    O outro día atopeime coa súa muller baixando no

    ascensor e fixeime en que tiña unha mazadura no brazo. Pregunteille

    por que fora,ela contestoume que caera ao saír da ducha. Unha

    semana máis tarde vina cun ollo morado;decidín non comentarlle nada

    para non molestala. O tema comezaba a estrañarme, pero polo momento

    deixeino pasar.

    Hai cousa de un mes tivemos unha reunión de veciños,pero

    a muller do presidente da comunidade non apareceu.Ao acabar,

    estivemos o meu veciño do lado e eu comentando a ausencia da muller

    do presidente.Díxome que uns días antes escoitara uns berros que

    proviñan do piso superior.

    Informeime e fun falar con ela. Ao principio negábame todo

    o que lle dicía sobre o maltrato, aínda que ao final acabou

    contándomo todo. Nun principio o maltrato só era psicolóxico, ata

    que, chegando ebrio á casa, comezoulle a pegar; non o denunciou por

    medo e, principalmente, porque dependía del para vivir.

    Ás veces pregúntome como hai seres que poden ser tan crueis

    e egoístas, que non teñen remorsos do que fan ou deixan de facer.

    Convencina para que puxese a denuncia. Obtivo unha orde de

    afastemento e consiguiu divorciarse del. Ademais, recibe unha paga

    todos os meses.

    Eu pensei que iso non pasaba entre nós, e cada vez vexo que

    hai máis casos coma este e hai que frealos a tempo.

    Concurso de Cartas 25N

    A Cidade Branca

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 17

    Unha aperta. Xabier

    ENQUÊTE: LES LOISIRS DES JEUNES

    Les élèves de 4º ESO de Français ont mené une enquête auprès de ses cammarades qui apprennent le

    français dans la ESO. Les resultats montrent que la plupart préfère regarder la télé, naviguer sur Internet

    et faire du sport. Par contre, les activités les moins practiquées sont lire et écouter la radio. Les jeunes

    aiment aussi téléphoner et envoyer des SMS, voir des amis, aller au cinéma, écouter des CD, jouer à des

    jeux vidéo et jouer d’un instrument de musique. Et vous, qu’en pensez-vous?

    ENQUISA: O TEMPO LIBRE DOS MOZOS.

    Os alumnos de 4º da ESO de Francés fixeron unha enquisa ós compañeiros que aprenden francés na ESO.

    Os resultados obtidos indican que a maioría prefiren ver a tele, navegar por internet e facer deporte. Pola

    contra, as actividades menos practicadas son ler e escoitar a radio. Aos mozos tamén lles gusta chamar

    por teléfono e enviar SMS, estar cos amigos, ir ao cinema, escoitar CD’s, xogar aos videoxogos e tocar un

    instrumento. E vós, que pensades?

    Alumnado de 4º da ESO

    Fotografía: Naiara e Noe

    Investigacion na aula Departamento de Frances

    Ábrese o pano e aparecen dúas trufas pelexando.

    Péchase o pano. Como se titula a película?

    “Trufast and furius”.

    ´ ´

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 18

    LIBIA ESTÉVEZ, S1A

    13 - 3 – 2011

    Hoxe os meus pais e eu fomos a Honsu a comprobar se

    o meu irmán maior, Michel, estaba no listado de

    superviventes do tsunami; pero, segundo nos dixeron,

    o meu irmán Michel non está .

    Estou triste, desexo que apareza o meu irmán. Confeso

    que teño certas esperanzas de que apareza .

    Os meus pais dixéronme que iremos a Tokyo a tomar

    un descanso, xa que o día de hoxe foi bastante longo .

    14 – 3 – 2011

    Hoxe desprazarémonos ata Miyagui .

    A miña nai foi preguntar se o meu irmán estaba no

    listado de superviventes, mentres eu e meu pai

    esperabamos fóra .Pero voltou desilusionada, xa que o

    meu irmán tampouco apareceu nese listado. Nestes momentos na miña familia só reina a tristeza, a

    angustia; quizá aínda hai un pouco de esperanza pola miña parte, pero sinto que os meus pais xa non

    teñen esperanzas.

    Desprazarémonos ata Toquio, xa que hoxe foi outro día moi longo .

    15 – 3 – 2011

    Hoxe os meus pais dixéronme que iremos vivir a Madrid; despois de todo, alí mercaremos un piso e

    refaremos as nosas vidas .

    Querido diario, quero confesarche que, aínda que nos vaiamos de Xapón, non poderei esquecer nunca ao

    meu irmán Michel .

    Despídome, querido diario. Mañá tereime que erguer cedo para ir rumbo a Madrid .

    Diarios nipons Dende o corazon do mundo

    ´ ´

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 19

    MANUEL SEBASTIÁN, S1A.

    10 marzo

    Atópome no aeroporto de Barajas para acudir á cidade de Xapón, Fukushima.

    Son as 22:00 h. Estamos no avión directo a Xapón. Teño sono e espero que cheguemos pronto.

    11 marzo

    Chegamos a Fukushima, é unha cidade bastante grande. Hoxe á tarde sucedeu un tremendo incidente:

    houbo un tsunami que arrasou gran parte do lugar. Menos mal que estabamos no aeroporto...

    12 marzo

    Tralo desastre, tivemos que durmir nun ximnasio con outra xente que perdeu todo. Son as 16:00 h.

    Segundo informan as noticias, a central nuclear de aquí ten danos moi serios, en especial un dos seus

    reactores, o que está provocando unha gran contaminación. Son as 20:45 h. e acaba de chegar a policía

    aquí. Segundo din, hai que evacuar a zona, uns 20 km á redonda, debido á gran cantidade de radiación.

    15 marzo Estou moi asustado. Levamos tres días cuns médicos facendo probas. Moita xente de aquí está bastante

    grave, outros faleceron. Teño medo, quérome ir para a casa.

    16 marzo

    Hoxe aínda seguimos aquí. Hai un pouco fixéronme outra proba bastante dolorosa. A miña nai dime que

    non debo preocuparme nin ter medo, pero nunha situación así é moi difícil non facelo.

    17 marzo

    Deixáronnos saír. As probas deron todas ben. Fomos ao aeroporto, pero non nos deixan volver a Galicia

    por perigo a expandir a contaminación. Son as 15:20 h. Aínda que houbo unha gran catástrofe, polo

    tsunami e o perigo nuclear, é incrible como a xente mantén a calma sen ningún problema.

    20 marzo Segundo informan as autoridades niponas, algúns voos xa poden saír, pero entre eles non está o de

    España. Xa é pola tarde. Coñecín a unha chica chamada Dévora; ela tamén é de España, é moi riquiña,

    pero tamén ten medo de todo isto.

    21 marzo

    Estamos nun

    hotel

    esperando

    máis

    noticias,

    pero parece

    que non

    chegan.

    22 marzo

    Por fin

    chegou un

    avión

    español a

    Alumnado de 3º da ESO

    Fotografía: Naiara e Noe

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 20

    este lugar! Por fin poderemos volver á casa! Estou tan feliz...

    É de noite e todos están a durmir, excepto eu, que estou moi nervioso.

    23 marzo

    Hoxe ímonos para a casa. Aínda que me dá mágoa todo isto que está pasando, eu non podo facer nada.

    Estamos xa no avión. Dévora e eu volvemos. Igual ca ela, estou desexando estar cos meus amigos e

    familia, despois de todo este sufrimento, alleo, pero compartido. Esta será unha viaxe que nunca

    esqueceremos.

    Este curso, os alumnos do Ciclo de Grao Medio de Comercio realizamos unhas maquetas de

    distintos tipos de establecementos; entre eles, unha xoguetaría (Coppice), unha floraría (Flowers),

    unha froitaría (Tutti Frutti) e dúas tendas de roupa (Malú Mujer e Triskel). Para facelas,

    empregamos distintos materiais como papel, cartón, plastilina, plástico, arame e madeira.

    ¡Agardamos que vos gusten!

    Maquetas Ciclo de Grao Medio de Comecio

    Maqueta 1:

    Almudena Escáneo Pazos,

    Antonio Mouco Esperón,

    Adrian Ribeiro Sanjorge e

    Marián Sanjorge Romero

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 21

    Maqueta 2:

    Rita Grande Novo,

    Coral Méndez Barreiro e

    Lorena Novegil Iglesias

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 22

    Maqueta 3:

    Noemi García Villamil,

    Beatriz Hermida González e

    Joana Torres Fontenla

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 23

    Maqueta 4

    Aroa Marreo Iglesias ,

    Lidia Soto Dacuña e

    Elsa Diz Soage

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 24

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 25

    ANA ALCOLEA

    A escritora de literatura xuvenil Ana Alcolea visitou o noso Centro. Durante máis de dúas horas os

    alumnos do ensino secundario e a escritora comentaron as novelas da autora, que acaba de ser galardoada

    co VIII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil.

    Ana Alcolea é zaragozana, escribiu numerosos libros de literatura xuvenil de notable éxito, ademais de

    artigos sobre teatro e didáctica da lingua e a literatura. En 2009 publicou a súa primeira novela para

    adultos, Bajo el león de San Marcos. Os mozos

    mostráronse entusiasmados, xa que a autora desvelou os

    recantos da inspiración dos seus libros e respondeu a

    numerosas preguntas sobre aspectos que espertaran a

    curiosidade dos alumnos. Ana Alcolea incidiu na idea da

    lectura como experiencia individual, facendo ver aos

    rapaces que cada un, como lector, concluíu a novela que

    ela iniciara. A actividade foi promovida pola ANPA do

    centro e o Departamento de Lingua e Literatura Castelá.

    Algunhas impresións dos alumnos e alumnas do

    IES sobre os seus libros...

    El bosque de los árboles muertos

    “Es un libro que parece contar la simple historia de una

    chica, pero durante el transcurso del relato, se van

    descubriendo nuevas historias que confluyen en un

    mismo punto, pese a la poca relación que parecían tener

    en un principio.”

    (Eva Torres, 3º de ESO)

    El medallón perdido

    “Me pareció interesante. Aprendí mucho sobre los rituales fang y bwiti. Me gustaron las partes de

    acción, cuando subían a los Montes de Cristal, y lo que menos cuando estaban en peligro, como cuando

    les atacó el elefante herido.”

    (Marcos Pastoriza, 1º de ESO)

    El retrato de Carlota

    “Lo más interesante y atractivo del libro, para mí, fue cómo Ángela se las ingenió para elaborar el caso de

    su abuela Carlota, aunque había algunas etapas del pasado de su abuela que desconocía. Ella, con su

    Visitaronnos

    Maqueta 5

    Miguel Ávarez Santos,

    Iván Novas Vieira e

    Inés Otero García

    ´

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 26

    imaginación de escritora, halló la forma de intercambiar el cuadro y organizar la paulatina aparición de

    las cuentas del collar en distintos lugares de la casa.”

    (María Estévez, 2ºde ESO)

    SERGIO PAZOS

    Tivemos tamén no IES, pasando connosco unhas horas, o actor galego Sergio Pazos. Contounos unha chea de

    cousas ben interesantes sobre a súa profesión, pero lembrámonos especialmente do conto que relatamos a

    continuación:

    Había unha familia composta por tres paxariños galegos que vivía feliz no seu niño. Pero chegou o duro

    inverno e non había nada que comer, así que o papa-paxaro dixo: -“Algo hai que facer...” E lanzouse fóra do

    niño comezando a voar para ver se atopaba algo, pero pouco a pouco fóronselle acabando as forzas e o frío

    fixo que rematase caendo ao chan, onde morreu.

    A nai, ao ver que o pai non regresaba dixo:

    “Algo hai que facer” Entón, emprendeu o voo

    para atopar comida para o seu pequecho.

    Pero uns quilómetros máis adiante de onde

    chegara papá-paxaro, remataron as súas

    forzas e o frío fixo que caese no chan e

    morrese.

    O pequeno paxariño -que nunca na súa

    vida voara-, ao ver que os seus pais non

    daban chegad,o dixo para os seus

    adentros: “Algo hai que facer”. E

    lanzouse fóra do niño. Cando estaba a

    piques de estrelarse no chan, empezou

    a voar cunha alegría inmensa e a súa

    forza e ilusión xuvenil fixo que chegara

    moito máis lonxe que os seus pais, pero finalmente caeu ao chan esgotado e cheo de frío.

    Minutos antes de pasar a mellor vida, unha enorme vaca galega parou enriba del e regaloulle unha

    enorme bosta que o cubriu por completo. Como estaba quentiña, o paxariño reviviu ,e sacando o seu

    peteiro do enorme marrón no que estaba, alcanzou a dicir: -“pío, pío”. Nese mesmo intre un gabián

    escoitouno e lanzouse en picado cara a el; sacouno de tan desagradable situación e levouno ao seu niño,

    onde serviu de xantar para os seus fillos.

    Conclusións:

    1. Non sempre é malo que che caia unha merda enriba.

    2. Non sempre é bo que che saquen dela.

    3. … en todo caso: NUNCA DIGAS NIN PÍO!

    Que consola pide un porco por Nadal?

    Unha Nintendo Wiiiiiiiiiiii.

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 27

    O departamento de Educación Física, dirixido polo profesor Antonio Puga, tennos acostumados a

    realizar varias actividades extraescolares no ámbito da natureza. A excursión ás Illas Cíes xa se

    está convertendo nunha especie de tradición da que os alumnos de 4º da ESO poden gozar...

    Excursion as Cies

    Alumnado de S1B

    Fotografía: Naiara e Noe

    ´ ´ ´

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 28

    Coma todos os anos, o alumnado da aula 102 traballa arreo

    para a revista, converténdose en verdadeiros creadores no

    ámbito das letras e a creatividade. Gozade moito desta sección!

    POEMAS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO DE S1A

    Aula 102

    Contaminar vainos matar,

    así que temos que impedilo.

    Concienciémonos en actuar

    se queremos seguir vivindo.

    Rematemos o que comezamos,

    nunca imos parar.

    Superemos os altibaixos,

    limpemos o noso mar.

    Sexan persoas ou animais,

    pensade no que ocorrerá:

    contaminando os nosos mares,

    o fermoso mundo morrerá.

    Nun curto período de tempo

    enfermou o noso planeta.

    Poñámolo un chisco contento:

    esa debe ser a nosa meta.

    Álvaro García

    En xaneiro

    sopra o vento.

    En febreiro

    toca o pandeiro.

    No mes de marzo

    dálle co mazo.

    En abril

    todo é añil.

    No mes de maio

    o sol manda raios.

    Cando chega xuño

    danme cun puño.

    En xullo

    fai barullo.

    En agosto

    toma un mosto.

    En setembro

    quita o sombreiro.

    Cando esteas en outubro

    vaiche caer un diluvio.

    No mes de novembro

    achega o paraugueiro.

    E en decembro

    come a caldeiro.

    Fran Juncal

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 29

    Neste día azul

    paseo nun avión

    vexo moito lixo

    e máis contaminación

    Neste día azul

    paseo nun camión

    vexo moita porquería

    tirada nun rincón

    Neste día azul

    paseo nun barco

    vexo moita pobreza

    sentada nun banco

    Neste día azul

    paseo nun cabalo

    moi contento vexo

    que o mundo está salvado

    Carlos Guimeráns

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 30

    “EL PODER PERDIDO” (II)

    Non perdas a primeira parte publicada no anterior número da revista Labirinto!!

    Por Manuel Sebastián, S1A

    ansados de luchar contra los sicarios de Demonicus, se escondieron detrás de unas

    piedras. El dragón, desconcertado, se puso a buscar mientras nuestros guerreros,

    escondidos, trazaban un plan para vencerlo. A uno de los escuderos, Toryt, se le ocurrió

    lanzar el garfio que tenía como arma al techo, apoyarse sobre ella para impulsarse y subirse a lomos de la

    bestia, para, una vez allí clavarle la espada en la espalda y matarlo. Así lo hizo mientras los escuderos

    disparaban al dragón con ballestas. El dragón, al tiempo que intentaba quitarse al joven guerrero de

    encima, se volvió loco de enfado y tiró al joven al suelo. En ese momento, Therok le lanzó la espada y le

    cortó la cabeza al dragón. Éste se desplomó de repente y, con tanto estruendo, que la cueva comenzó a

    temblar. Nuestros amigos huyeron de allí rápidamente antes de que se produjera un derrumbamiento.

    De nuevo sobreviven, pero Therok no dejaba de preguntarse dónde más se encontrarían con sicarios de

    Demonicus y hasta cuándo les duraría la suerte.

    A medida que Therok y sus escuderos continuaban su camino, la oscuridad se apoderaba de más pueblos

    y se esclavizaba a más gente para servir al señor de la oscuridad.

    Nuestros guerreros, después de caminar durante un día llegaron a una ciudadela llamada Lusiris, que no

    había sido atacada hasta el momento. Allí los recibieron muy bien y les dieron comida y hospedaje

    durante la noche. A la mañana siguiente el jefe de la defensa de la ciudadela les entregó nuevas armas y

    dos caballos para continuar el viaje.

    Nuestros amigos se marcharon agradecidos pero sin saber que, al cabo de tan sólo un par de horas

    después, las tropas de la oscuridad llegarían a la ciudadela y la arrasarían ayudándose de todo tipo de

    armas y criaturas malvadas.

    Los guerreos de Lusiris trataron de defender la

    ciudadela, sobre todo intentando entretener a los

    malos con la esperanza de que Yherok y sus

    acompañantes tuvieran tiempo suficiente de

    alejarse del lugar. La ciudadela fue arrasada, y

    algunos aldeanos, asesinados y otros,

    esclavizados.

    Seguro que vos chamou a atención en toda a revista un “R” seguido

    dun chiste. Trátase da nova sección: “Con R de Rodrigo”, onde Rodrigo nos fai sorrir coa súa especial retranca.

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 31

    Mientras, Therok y sus amigos, sin sospechar lo que ocurría, siguieron su camino hasta que vieron una

    tropa de caballeros oscuros dirigirse hasta Lusiris. Creyendo que iban a por ellos, se escondieron detrás de

    unos matorrales; pero, al ver que los malvados no los buscaban y que ni tan siquiera se detenían,

    decidieron seguirlos.

    SAÍDA DE EDUCACIÓN FÍSICA DE 2º DA ESO.

    Redactores: Adrián, Patricia, Diego e Sabela.

    O día xoves 28 de abril foi un día moi especial para

    nós xa que os de 2º da ESO fomos de excursión a

    Santiago de Compostela cos profes Benito Miniño

    e Antonio Puga, que tiveron a ben acompañarnos

    pola ruta que fixemos.

    Esta saída constou de varias actividades. Na

    primeira, fixemos un pouco de sendeirismo dende

    as aforas de Pontevedra ata as fervenzas do río

    Barosa, en Barro. Esta ruta durou tres horas e

    pasámolo xenial. A única pega é que o camiño

    estaba en moi malas condicións: tiña silveiras

    polos bordos, o asfalto estaba deteriorado e era un

    pouco estreito. De todos xeitos, o traxecto

    pasóusenos axiña pois fomos falando, cantando,

    bailando... en grupo.

    Na segunda actividade fomos visitar Santiago de Compostela: a praza do Obradoiro, a praza da Quintana, a

    Catedral e despois fomos comer á Alameda.

    Gústanos moito esta cidade e aos que entramos na catedral por primeira vez pareceunos moi grande e fermosa.

    En canto entras, as figuras do Pórtico da Gloria parecen ter vida propia.

    Foi fantástico, pero todo o bo se acaba. Aínda que nos quedaba outra aventura que nos preparara Puga: a volta

    ata Pontevedra en tren. Pasamos por varias vilas. Entre elas, destacamos Padrón, Pontecesures e Vilagarcía de

    Arousa.

    Como podedes imaxinar, foi divertidísimo. Algún de nós era a primeira vez que viaxaba en tren e alí aconteceu

    de todo. Tivemos que ir de pé e algún asustouse un pouco...

    Temos centos de anécdotas máis, pero agora non é o momento de contalas. Mellor, un consello: anotádevos a

    todas as saídas do centro porque son FANTÁSTICAS.

    - ¿Que lle di unha árbore a outra?

    - Pon o impermeable que se achega un can.

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 32

    Aquí tendes en acción a parte do equipo de apertadores que trocaron poemas por apertas e nos

    fixeron pasar un recreo especial, onde as risas e o bo rollo se apoderaron de Chan do Monte.

    SUSANA GONZÁLEZ (S2A)

    Un poema, unha aperta

    Fotografía: Lea Melón

    Lois Pereiro, xuño do 95

    Tristemente convivo cosa túa ausencia

    sobrevivo á distancia que nos nega

    mentres bordeo a fronteira entre dous

    mundos

    sen decidir cal deles pode darme

    a calma que me esixo para amarte

    sen sufrir pola túa indiferencia

    a miña retirada preventiva

    dunha batalla que xa sei perdida

    resolto a non entrar xamais en ti

    pero non á tortura de evitarte.

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 33

    Desde a superficie

    dun novo e imprevisto salvamento.

    Lois Pereiro, nadal do 94.

    Sería a luz que me alargaba os ollos

    da vida roubada á morte veciña

    pero todos me apalpan incrédulos

    colléndome das mans.

    Todos aqueles que me amaran de morto

    amábanme máis de vivo.

    Abríanse dúas portas en direccións opostas

    e escollín a que se abría cara a vida

    co sol entrando a eito polas fiestras.

    Tería que reanudarme

    e regresar á miña propia vida

    sen contaxiarme outra vez de min mesmo.

    Retocaría o guión

    e mudaría outra vez de personaxe

    retomando a perdida

    aprendizaxe.

    Contra a morte o amor que vai comigo.

    Lois Pereiro, xullo do 95

    Dos días que reserva para min o destino

    cada unha das súas noites por vivir

    sería a derradeira

    a única esencia

    se puidese vivirte a ti tamén

    trasnoitado sobre o teu corpo en calma

    cohabitando os teus soños

    sobrevivindo a miña existencia

    soñado nas túas noites

    ou prorrogado en ti.

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 34

    Historias de Super Sol y Super Dog Carlos Guimeráns

    CAPITULO 1:

    Un día, un meteorito cayó del espacio cuando Carlos estaba paseando con Cocoloco. Al día siguiente,

    el chico descubrió que tenía poderes y que ¡el perro volaba! Entonces, el niño bajó por el sótano a la

    cueva aquella a la que solía a ir de pequeño y la preparó como su guarida secreta. El perro bajaba por

    su caseta en la cueva. El chico estudiaba en el instituto IES Santiago de Castro. Él tenía una amiga

    llamada Aída que sabía que era super héroe. Carlos tenía un gran enemigo llamado don Trueno Negro

    que era un vil villano. Trueno Negro era tendero en la vida normal. Se llama Tobías, pero nadie sabía

    su identidad secreta. El era el padre de Aída.

    Al padre de Carlos le gustaban las historias de "super héroes y villanos", principalmente de

    "Superman" y el "Hombre de Fuego". El padre de Carlos y la madre eran también super héroes. El

    padre es el Capitán del Cielo y la madre es la Chica de Agua. Carlos era el capitán de fútbol del equipo

    "La Royal Academy " y Aída es la cantante de un grupo llamado "Los Chinchetas".

    Una noche, Trueno Negro quiso robar en la casa de los Ratburs. Super Sol y Super Dog detuvieron al

    compañero de Trueno Negro. El villano le disparo a Super Sol, pero Super Sol usó su arma -una lanza

    y maza juntas- y Super Dog usó su escudo para protegerse del disparo del villano. Trueno Negro no

    pudo robar nada porque la policía llegó. El capitán de la policía –Álvaro- detuvo al compañero de

    Trueno Negro. El alcalde David les dio las gracias a los super héroes. A partir de ese día Super Sol y

    Super Dog se convirtieron en unos héroes de Etiopía. Salvaron a muchas personas de los malvados y

    villanos.

    En su ciudad, apareció un nuevo problema: Zeus, alias "Dragón Loco". Él trabajaba de bombero, pero

    nadie sabía que era un vil villano. Era calvo, con gafas, gordo y con un tatuaje de un dragón en el brazo

    derecho. Le gustaba jugar a las cartas y beber ron Barceló. En un atraco, se hizo con un banco. Se

    enteraron Carlos y Cocoloco por su hueso y su pulsera en forma de sol, que cuando había problemas les

    brillaban y les indicaban el lugar. Mientras estaba cometiendo el atraco Dragón Loco, Super Sol y

    Super Dog llegaron y le dijeron:

    - Hasta aquí llegaste, Dragón Loco, estás detenido.

    - Jaja. Detenme, si puedes, Super Sol- dijo Dragón Loco .

    Super Sol sacó su lanza-maza y de un golpe lo dejó algo desmayado y avisó a la policía. Entonces

    Dragón Loco le dijo:

    - Cuando salga de la cárcel, volveré para vencerte.

    Pasaron unas cuantas semanas, y en la cárcel hubo una fuga. Efectivamente, los que se fugaron fueron

    un ayudante de Trueno Negro llamado Triciclo y Dragón Loco. Pero Super Sol y Super Dog estaban

    alerta por si ellos dos se escapaban de la cárcel y volvían para robar. Pasaron semanas, días y meses.

    Entonces pensó que no volverían a la ciudad, pero en el mismo momento en que lo estaban pensando,

    le suena la pulsera de Sol. Carlos salió a investigar los robos y no consiguió atraparlos ese día.

    Ya hacía tiempo que no atacaban la ciudad…, pero ahora los dos juntos eran un problema que requería

    refuerzos. Entonces Carlos pidió ayuda a todos los héroes : a la Chica Elástica, llamada Bea; a Capitán

    Cielo, que era el padre de Carlos; a la Señora de Agua, que era la madre de Carlos; a Linterna Roja,

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 35

    Parece que foi onte

    1º Bacharelato

    Tecnolóxico

    - ¿Que lle di unha tortilla a un garfo?.

    - Pincha, pincha, que teño máis ovos ca ti.

    Educar es lo mismo

    que poner un motor a una barca...

    hay que medir, pensar, equilibrar...

    ... y poner todo en marcha.

    Pero para eso,

    uno tiene que llevar en el alma

    un poco de marino...

    un poco de pirata...

    un poco de poeta...

    y un kilo y medio de paciencia concentrada.

    Pero es consolador soñar

    mientras uno trabaja,

    que ese barco, ese niño

    irá muy lejos por el agua.

    Soñar que ese navío

    llevará nuestra carga de palabras

    hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.

    Soñar que cuando un día

    esté durmiendo nuestra propia barca,

    en barcos nuevos seguirá

    nuestra bandera enarbolada.

    Gabriel Celaya

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 36

    Celebramos a graduación dos alumnos e alumas de 2º de Bacharelato (promoción 2009-2011), que

    remataron os seus estudos e van camiño da Selectividade e da Universidade.

    Cursaron estudos de Bacharelato de Humanidades e mais do Bacharelato de Ciencias un total de dezaseis

    alumnos e alumnas, a maioría dos cales levaba xa no Centro seis anos, incluídos os catro anos da ESO.

    Houbo verbas de felicitación e agradecemento por parte do Sr. Director e mais de representantes do

    profesorado, pais e nais e do propio alumnado.

    A todos eles desexámolles os mellores éxitos nas súas novas vidas académicas e profesionais.

    Xosé Manuel Portela Pazos.

    Xefe de Estudos do IES Chan do Monte.

    Promocion

    alumnado bacharelato

    1º Bacharelato de Humanidades

    ´

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 37

    Como vimos facendo nos últimos anos, deixamos este último espazo da revista para que os teus

    amigos poidan asinar, e poñer unhas últimas verbas antes de que comecen as esperadas vacacións...

    Amizade

    Por que hai persoas que lavan os dentes subidos ás lámpadas?

    Porque empregan pasta de dentes Colgate.

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 38

  • Revista Labirinto IES Chan do Monte

    Páxina 39

    Un rapaz levou exercios de Matemáticas para á casa.

    A súa nai, ao ver que non os facía, preguntoulle:

    - Por que non fas os exercicios de Matemáticas?

    E o rapaz respondeulle:

    - Porque dan moitos problemas.