638 988 710 · o boletÍn da terra 2 de 8 ao remate do verán fomos reunirnos coa alcaldesa dna....
TRANSCRIPT
Centro Cultural “OS CASTROS”
Bº Casal, 75 - PEREIRAS 36.419 –MOS (PONTEVEDRA) Tfos. 986 33 81 38 – 638 988 710
e-mail: [email protected]
+
ANUARIO INFORMATIVO 2007
AVV “NOSA TERRA” DE PEREIRAS (MOS)
En pereiras (Mos), sendo as 23:00 horas do día 06 de outubro de 1979, reúnense no atrio da igrexa
parroquial, 74 veciños de dita parroquia, maiores de idade na sua totalidade, para tratar do seguinte asunto: “FUNDACIÓN DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PEREIRAS”...*
* Extracto da Acta da 1ª Asemblea da Avv.
....28 anos despois seguimos traballando;
OS TEUS NOVOS REPRESENTANTES:
Presidente: Javi. Vicepresidente: Santiago. Secretario: Rubén. Tesoureira: Kely. Vogais:
Cultura; Jose A. Genia e Kely. Deportes; Eladio, Jorge e Paco. Camiños e obras; Fernando, Cándido,
Perfecto e Lino. Resp. Local; José e Paula.
O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8
Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna. María Jesús Escudero para comunicarlle das necesidades máis urxentes na Parroquia, xurdidas de propostas nas reunións da Xunta Directiva e de peticións dos nosos socios; ESTAS FORON: Alumeado. Estrada da Santa Mariña e estrada de Sequeiros. Camiños. Retirada de muro na estrada Campo de Eiró ‐ As Vides. Asfaltado e acondicionado da estrada Pereiras – Tameiga. Acondicionado dos camiños A Crus ‐ Casaldieira, A Furna – Albán, Foxes – A Gándara. Sinalización e espellos. Sinal de Stop no cruce de As Vides. Instalación de espellos no cruce da estrada do Casal coa estrada ao Agro, e na subida a Roublín (entrada Lago).
Canalización de augas. Estrada Campo de Eiró ‐ Cristo de Belén; estrada entre a igrexa e o Centro Cultural; e no Largo da Furna. Fontes. Reparación da Fonte de Couso, traslado da Fonte de A Furna, e análise de potabilidade en todas as fontes.
Medio ambiente. Solicitamos a realización dunha inspección en relación á denuncia de existencia de verteduras contaminantes procedentes de lavadoras, fregadeiros, piscinas con auga clorada, etc. Outros. Recuperación do terreo da Carballeira de Casalmorto, antigo campo da feira; habilitalo como espazo de paseo e convivencia para os veciños.
Así mesmo, solicitamos información periódica e actualizada acerca do estado dos seguintes temas;
• Alcantarillado‐saneamento. • Parque infantil no Local Social. • Vestiarios Pista Polideportiva. • Restauración dos muíños. • Eliminación do marco lindeiro entre os Concellos
de Mos e O Porriño. • Plan de nomeamento e instalación de letreiros
para camiños e lugares rurais.
Por último, transmitímoslle á alcaldesa, o desexo, por parte dos veciños, de participar máis activamente nos proxectos a desenrolar na parroquia de Pereiras.
Pensamos que, en moitos casos, os nosos
veciños poderían aportar un moi útil coñecemento para o mellor discorrer e resolución dos traballos e obras.
Polo tanto, propuxemos iniciativas tales como;
Convocatoria e recepción de ideas previas a calquera obra; reunións periódicas cos veciños; exposición pública no Local Social de planos e proxectos para comentarios e propostas; recollida de documentación e fotos no caso de tratarse de reformas de elementos históricos; etc.
E durante todo o ano estamos informando no Concello das incidencias ou necesidades das que temos coñecemento. MANTENNOS TI TAMÉN INFORMADOS.
O NOSO BOLETÍN 3 DE 8
Acondicionamento dos arredores do Local Social na súa parte traseira. Delimitación das marxes cun murete de pedra. Construcción de piso pulido e pintado.
Construcción dun pozo de barrena, financiado por algunhas comisións de festas do Libramento.
Comprouse unha nova mesa de son, para ensaios e actuacións no salón de arriba. Realizouse unha fumigación en todo o Local.
Estase traballando coa Enxeñería subcontratada por Fenosa para a instalación dun transformador de media tensión no barrio de Casalmorto, en terreos do Concello, e solucionar os problemas co suministro. Seguimos co histórico proxecto dunha biblioteca‐ciber. Recóllemos libros, equipos informáticos de 2ª man, etc. SOLICITUDES‐SUBVENCIÓNS: Foinos concedido un equipo informático pola Universidade de Vigo. Presentouse documentación a convocatoria da Consellería do Medio Rural, para a realización de obras no piso de arriba (adecuación de oficinas), pensando nunha restructuración da 2ª planta, con novos usos. APORTA AS TÚAS IDEAS.
TEMOS FOLLAS PARA A SOLICITUDE DE
CALQUERA EQUIPAMENTO OU
INSTALACIÓN DA AVV.
VEN E PÍDEA! E XA SABES, PARA O QUE SEXA. TEMOS MÓBIL!
638 988 710 E CORREO ELECTRÓNICO!
[email protected] ADEMÁIS... Estamos traballando na realización dunha páxina WEB.
... Se es un experto na materia, agradeceriamos moito a túa colaboración.
E non esquezas que podes acceder a internet wireless no Local Social a través da nosa conexión.
O NOSO BOLETÍN 4 DE 8
O noso grupo de Play‐Back dispón de nova profesora; Maite Acebes, que está tentando darlle un novo aire, preparando novas actuacións con novos estilos. Esperamos ansiosos a estrea das novas representacións.
Actuacións realizadas polo grupo neste ano 2007:
• Agueiro (Sanguiñeda) 17 de xuño. • A Xuntanza (Pereiras) 23 de xuño. • A Veigadaña 08 de xullo.
• Ribadelouro 21 de xullo.
A Coral Polifónica conta actualmente con 33 Membros (10 sopranos, 11 contraltos, 7
tenores e 5 baixos) cunha idade media de 55 anos.
Este ano foi inscrita na Asociación Galega de Corais ‐ FECOGA. Podedes consultar as próximas actuacións da nosa e outras Corais en www.fecoga.org. Mediante un acordo maioritario entre a Xunta Directiva e os membros da Coral, os desprazamentos vanse realizar en autobús para comodidade de todos. Os custes costearanse conxuntamente.
GRAZAS POLO ESFORZO.
CC “Os Castros” 06 de maio. Cela (Voda) 07 de xullo. Carracido 21 de xullo. Freixeiro 01 de decembro. Sta. Eulalia de Mos 02 de decembro. CC Caixanova (Vigo) 08 de decembro. CC “Os Castros” 09 de decembro. AVV. Val do Fragoso 15 de decembro.
VEN E FORMA PARTE DESTES GRUPOS, OU SE O PREFIRES...
O NOSO BOLETÍN 5 DE 8
Este ano celebrouse a 25ª edición, os días 23 e 24 de xuño.
Nestas “VODAS DE PRATA”, tentouse recuperar o carácter festivo e enxebre desta celebración. Reducíronse as actuacións e fomentouse a participación activa dos veciños, que poideron cantar e bailar ao son das charangas Os Beiramiño e NBA. Durante a comida e a posterior sobremesa tivo lugar un serán improvisado, con numerosos veciños cantando e bailando aos ritmos da charanga NBA, acadando a festa ese carácter festivo‐social que se pretendía.
O sábado celebramos a Noite Máxica de San Xoán cunha fogueira de grandes dimensións. Durante a queima, coa animación dos Beiramiño, os socios gozaron de sardiñas e viño.
Este ano estrenamos a reforma feita na parte traseira do local; instalouse o bar e empregáronse os asadeiros existentes e unhas cociñas de campaña para a elaboración das comidas servidas, elaboradas polos membros da directiva, familiares e algúns outros veciños voluntarios.
Na finca lindeira instalouse o palco con son e iluminación, para a actuación do Play‐Back, os dous Grupos Folclóricos (Nosa Terra e Tangaraño) e as dúas Charangas. Ademais, foron utilizados estes terreos como comedor improvisado para o Xantar Campestre, cunha grande participación, reuníndose os asistentes en grupos de veciños, amigos, familias, etc.
No domingo convidouse asímesmo a todos os socios a tomar unha tapa dalgún dos produtos cociñados;
comenzando os actos coa actuación da Coral “O Son dos Cantares” de Tameiga.
Queremos por último agradecer a colaboración de todos os socios e veciños, así como das institucións do Concello de Mos, Deput. de Pontevedra, Grupo de Baile Nosa Terra, Xunta Comunal de Montes e as 52 casas colaboradoras. No mes de maio celebramos o día da Nai e o día das letras galegas. O domingo 06 actuou a Coral “Nosa Terra” con entrega de frores ás socias nais e un ramo á de máis idade. O xoves 17, tivemos a actuación do grupo de teatro “Pedra Rosada” do CC de Atios. O día estivo adicado a escritora noiense María Mariño (1907‐1967) . O domingo 11 de novembro (San Martiño) tivo lugar un gran magosto, polo método tradicional de asado no chan coa queima de candeas. Unhas saíron máis queimadas, outras máis crúas pero... estaban boas nonsí?
... E ESPERAMOS QUE
ESTEADES GOZANDO DA NOSA PROGRAMACIÓN
DE NADAL.
O NOSO BOLETÍN 6 DE 8
Actualmente estanse impartindo...
Herbas medicinais –> 15 asistentes. Taichi ‐> 15 asistentes. Bolillos ‐> 15 asistentes. Aeróbic –> 18 asistentes. Baile tradicional ‐> 10 asistentes. E PRÓXIMAMENTE...
Fotografía dixital. Conservas vexetais. Elaboración de licores. Xornadas de risoterapia.
ANÓTATE XA!!
E visita a NOVA CAFETERÍA; pintada, renovada e con novo adxudicatario dende o pasado mes de outubro; D. Antonio González.
NON FUMES NO INTERIOR DO LOCAL SOCIAL … TAMPOUCO NA CAFETERÍA.
NON ENTRES CON ANIMAIS.
MANTEN A ORDE E A LIMPEZA
A Xunta Directiva comunicoulle aos Grupos, Comisións, etc, que utilizan o Local que, ante a imposibilidade de contratar a unha empresa para o servizo de limpeza, será tarefa de todos manter as instalacións en bo estado de mantemento e limpeza, debéndoas deixar en óptimas condicións ao remate de cada acto, reunión, ensaio, etc; coa axuda dos utensilios e productos que ofrece a Avv.
Agradecemos ademais se nos comunique de inmediato calquera estrago ou irregularidade que sexa observada. HORARIOS DE USO DE “OS CASTROS”:
M ER XOV SAB DOM
18:00-18:3018:30-19:0019:00-19:3019:30-20:0020:00-20:3020:30-21:0021:00-21:3021:30-22:0022:00-22:3022:30-23:0023:00-23:3023:30-24:00
CORAL CORAL GAITAS
ENSAIO GAITAS
AEROBIC AEROBIC
REUNIÓN AUGA
REUNIÓN AVV
CURSO BOLILLOS
PLAY-BACK
TAICHICURSO
HERBASBAILE
GALEGO BAILE GALEGO
VENDÍA -
HORA
LUN M AR
O NOSO BOLETÍN 7 DE 8
Contamos con novas persoas que se uniron á nosa Asociación nos últimos meses.... BENVIDOS!!
644 MARÍA ASCENSIÓN GONZÁLEZ GLEZ (CASAL). 646 MARÍA ÁNGELES FORTES GONZÁLEZ (A FLORIDA).
649 ANDREA ALONSO CABALEIRO (ROUBLÍN). 650 JUÁN JOSÉ MIGUÉLEZ CORTEGOSO (TORNEIROS).
651 JUÁN JOSÉ RIBEIRO LÓPEZ (CASAL). 652 MANUEL MONTERO SOUTO (ROUBLÍN). 653 CAROLINA VICENTE RODRÍGUEZ (CAMPO DE EIRÓ). 654 ILDEFONSO FIGUEROA VILA (CASAL). 655 JESÚS RODRÍGUEZ CRESPO (CAMPO DE EIRÓ).
656 MIRIAM DOMÍNGUEZ CALVAR (ROUBLÍN).
ESTÁMONOS ACERCANDO AOS 400.
CANTOS MÁIS SEXAMOS, CANTOS MÁIS COLABOREMOS, SEREMOS UNHA
ASOCIACIÓN MÁIS FORTE, CON MÁIS AXUDAS, E PODERÉMOSTE OFRECER
MOITO MÁIS.
SE SODES UNHA PARELLA,
PASARVOS Á CUOTA-PARELLA
25% DESCONTO
E OS DOUS TEREDES
VOZ E VOTO
SOMOS “NOSA TERRA”, PERO... POR QUÉ?? ...
En Pereiras (Mos), sendo as 21 horas do día 01 de marzo de 1980, en Asemblea Xeral de veciños convocada pola Xunta Directiva provisional da Asociación de Veciños de esta Parroquia, reúnense no átrio da igrexa parroquial 51 veciños, maiores de idade na súa totalidade, para tratar asuntos de interese xeral para a parroquia.
A Xunta Provisional informa aos presentes de que días atras persoáronse varios membros da mesma no Goberno Civil de Pontevedra para interesarse polo proceso de rexistro oficial da Asociación de Veciños. Neste lugar, indicóuselles que era preciso cambiar o partronímico asignado á asociación (“San Miguel”), por canto se interpreta que o mesmo é de uso xeral para toda a parroquia, e ningunha sociedade, asociación, etc, pode arrogarse o monopolio do seu uso. En consecuencia propóñense unha serie de novas denominacións por parte dos presentes que son postas a votación, rexistrándose o seguinte resultado do escrutinio: ->
A tenor do exposto, resulta aprobado por maioría de votos o patronímico “Nosa Terra” quedando en reserva todos os demais por orde de número de votos obtidos por se o primeiro fora legalmente rechazado no Rexistro Oficial. E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 23 horas do día 01 de marzo de 1980.
Presidente: E.A. Campo Rguez. Secretario: A. González.
O RANKING...
VOTOS
NOSA TERRA 15
OS CASTROS 9
CATRO BARRIOS 7
PENEDO DA COBA 6
SANTA MARIÑA 5
NOSO LAR 2
UNIDADE 2
XUNTANZA 2
PERARIS 1
FOLLAS NOVAS 1
OS AMIGOS 1
CASTELAO 0
AGARIMO 0
O NOSO BOLETÍN 8 DE 8
O equipo da Avv. “Nosa Terra” invicto. Os rapaces, menores de 14 anos, proclamáronse no mes de xullo gañadores do Campionato de Futbito organizado pola Asociación de Herville, cunha espléndida actuación, gañando todos os encontros.
Sen embargo, este ano non se puido celebrar o Campionato de futbito
entre barrios.
Quixemos que esta fora unha festa deportiva entre todos os socios, pero os socios non se anotaron e os non socios xogaron a ser o can do hortelano.
Confiamos en que para o próximo ano vos animedes e entre todos fagamos un gran campionato.
‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐
SORTE PARA TODOS
E SE NON TOCA ... O IMPORTANTE É PASALO BEN!!
TEREDES CONFETI, KARAOKE, CHOCOLATE CON CHURROS....
E MOITAS SORPRESAS MÁIS.