5. somos un equipo … · • completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual...

15

Upload: others

Post on 05-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro
Page 2: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

5. SOMOS UN EQUIPO©

ro

deir

a

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 13

Page 3: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

Nome:U

: 5 F

: 7

UNIDADE 5: SOMOS UN EQUIPO

CONTIDOS DA UNIDADE— Conto: O dragón do Entroido.— Actuamos como equipo.— Relato bíblico: O bo samaritano.— Os animais viven en grupos.— Canción: ¡Un bo equipo!— Dimensión espiritual: Xuntos podemos conseguilo.

ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN• Observar a ilustración e responder as seguientes preguntas.

— ¿Que ocorreu?— ¿Como se senten os nenos e as nenas do equipo que marcou o gol? ¿E os do equipo contrario? — ¿É máis divertido xogar á pelota en equipo ou sos?

• Colorear de amarelo as camisetas de Sami e as dos seus amigos, e de cor verde as do outro equipo.• Entre todos, explicar algúns exemplos de actividades que é mellor realizar en equipo (por exemplo: xogar

ao fútbol, representar unha obra de teatro, confeccionar un mural, cantar, xogar ás agachadas…).

© r

od

eir

a

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 14

Page 4: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

O DRAGÓN DO ENTROIDO

AMIGOS

© r

od

eir

a

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 15

Page 5: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

Nome:U

: 5 F

: 8

OBXECTIVOS• Comprender a necesidade de colaborar en equipo para

conseguir algunhas metas.• Decatarse de que o traballo en equipo permite realizar

tarefas importantes.

CONTIDOS• Importancia da colaboración de todos para que o equi-

po consiga o seu obxectivo.• Estar unidos permítenos acadar grandes logros.

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE• Escoitar o conto e responder estas preguntas.

— ¿Que tarefa realizan conxuntamente todas as clases de Educación Infantil?— ¿Como van construír un dragón tan grande?— ¿Todos poden colaborar? ¿Como?— ¿Podería facer un dragón tan grande un neno de catro anos sen axuda? ¿E se fose de Primaria? ¿Por que?

• Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anosdo conto. Despois, e como os alumnos de tres e catro anos do relato, decorar a cola do dragón pegan-do adhesivos (adhesivos U:5 F: 8).

• Repasar con cores as letras da pancarta que aparece na ilustración. O mestre ou a mestra explica-ralles que as letras din «Amigos».

• Lembrar de que se disfrazou o ano pasado.Explicar se,nesa ocasión,necesitou a axuda dalguén co que for-mou equipo e puido así confeccionar o seu disfrace, maquillarse etc.

© r

od

eir

a

Este ano imos celebrar o Entroido dunha forma moi distinta. O curso pasadocada clase preparou un disfrace diferente; pero este curso, entre os alumnostodos de Educación Infantil construiremos un inmenso dragón do Entroido. Asíque todos os nenos e as nenas da miña clase están moi ilusionados.Todos os alumnos de Educación Infantil formamos un grande equipo con diver-sos grupos que teñen asignadas tarefas diversas: os alumnos de cinco anospintarán a cabeza do dragón con pinturas de cores moi alegres e despois ver-nizarana para que brille moito; os alumnos de catro e de tres anos estampa-remos as nosas mans molladas en pintura de cores vivas e alegres na colado dragón. Iso si, os nenos de catro anos axudaremos aos de tres anos paraque non se manchen coa pintura, xa que son máis pequeniños.Ademais, algúns pais voluntarios ofrecéronse a coser unha longa tea que

simulará a cola do dragón. E os mestres construirán a cabeza do dragón conpapel maché.¡Temos que formar un bo equipo e colaborar entre todos para que este dra-gón sexa unha marabilla!—¡Será o mellor disfrace do Entroido! —exclama Marcos.—¿Pero como saberemos cal é a nosa man? —pregunta Antía.—Pois mira, Lupe, a verdade é que non o imos saber —contéstalle o mestre—e é que iso non ten importancia ningunha. O que de verdade importa é quetodos nos esforcemos, participemos, nos divirtamos e aprendamos a traba-llar unidos e en equipo.—¡Que bonito nos vai quedar o dragón do Entroido da escola! —di Sami, ilu-sionado—. ¡Somos un bo equipo!

O dragón do Entroido

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 16

Page 6: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

© r

od

eir

a

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 17

Page 7: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

Nome:U

: 5 F

: 9

OBXECTIVOS• Respectar as persoas e as cousas do propio contorno, e

coidalas como Xesús nos ensina.• Recoñecer a importancia de colaborar nas distintas acti-

vidades da aula.• Expresar os sentimentos e as emocións que nos produ-

cen as situacións que vivimos.

CONTIDOS• Actitudes positivas e actitudes negativas cara ás persoas

e as cousas que nos rodean.• A colaboración e o respecto na clase.

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE• Observar as ilustracións e contestar as seguintes preguntas.

— ¿Que vemos no debuxo?— ¿Que están a facer os nenos e as nenas?— ¿Como se senten?— ¿Ocorreuche algo parecido algunha vez?

• Colorear só os debuxos nos que os nenos e as nenas actúan correctamente.

© r

od

eir

a

Amar éCOIDAR o∫demai∫.

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 18

Page 8: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

O BO SAMARITANO©

ro

deir

a

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 19

Page 9: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

Nome:U

: 5 F

: 10

OBXECTIVOS• Coñecer o relato bíblico «O bo samaritano».• Aprender a coidar e a preocuparse das persoas do con-

torno, como Xesús nos ensina a facer.

CONTIDOS• O relato bíblico «O bo samaritano».• Xesús ensina a través dos seus relatos a coidar e a axu-

dar aos demais.• Xestos e accións que reflictan actitudes de coidado e de

axuda.

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE• Contestar as seguintes preguntas sobre o relato bíblico «O bo samaritano».

— ¿Quen lle botou unha man ao home ferido? — ¿Que nos ensina a historia que lles contou Xesús aos seus amigos?— ¿Con quen temos que portarnos ben, con todo o mundo ou só cos amigos?

• Pegar as pezas e compoñer o crebacabezas do bo samaritano (adhesivos U: 5 F:10).• Escenificar o relato bíblico «O bo samaritano». O mestre ou a mestra escollerá os alumnos que represen-

tarán os distintos personaxes do relato (ladróns, home ferido, primeiro camiñante, segundo camiñante,samaritano, burriño Dion e pousadeiro); despois lerá o relato bíblico, ao mesmo tempo que os alumnos ovan representando mediante xestos.

© r

od

eir

a

—¡Axuda! ¡Axuda! —berraba o home. Pero ninguén o escoitaba.Os ladróns aqueles, malos e salvaxes, mallaron nel e deixárono ferido. Des-pois colleron os cartos e fuxiron. Abandonárono á beira do camiño.—¡Ai! ¡Ai! —laiábase o home.Tiña feridas por todo o corpo. Nin podía erguerse. Alí quedou, baixo o sol abra-sador. Non podía facer nada. Entón escoitou uns pasos.Cada vez estaban máis cerca.—¡Axuda, por fin!, —pensaba o home.Pero os pasos seguiron camiño.—¡Ai, ai! —laiábase o home.Pasou moito tempo. Despois volveu escoitar pasos. Cada vez estaban máiscerca.—¡Axuda, por fin! —pensaba o home. Pero os pasos seguiron camiño. Outrapersoa vírao pero tampouco lle prestara axuda. O home sentíase cada vezpeor.

Alguén máis o vira, pero non se acercara a axudalo.Xa era moi tarde cando oíu outro ruído.¡Clip, clop! ¡Clip, clop!Alguén baixaba polo camiño en burro. Era un home estranxeiro dun país inimi-go. Pero parou cando viu que o home estaba ferido.—Necesita axuda —dixo o viaxeiro.Limpoulle as feridas e púxolle vendaxes. Despois subiuno con coidado aoburro. Un pouco máis tarde, atoparon unha pousada—A este home ferírono […] — díxolle o viaxeiro ao dono da pousada—. Haique coidalo.Ao día seguinte, continuou a súa viaxe.—Colle estes cartos —díxolle o viaxeiro ao dono da pousada—. Espero quesexa dabondo. Cóidao ata que estea ben. Se necesitas máis cartos, pagarei-chos á volta.

A túa primeira Biblia. Editorial Rodeira (adaptación).

O bo samaritano

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 20

Page 10: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

© r

od

eir

a

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 21

Page 11: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

Nome:U

: 5 F

: 11

OBXECTIVOS• Aprender a respectar os animais como criaturas de

Deus.• Coñecer como se agrupan e como actúan os animais

salvaxes.

CONTIDOS• Consideración dos animais salvaxes como criaturas de

Deus.• Recoñecemento da importancia de coidar e de respec-

tar a todos os animais.• Os animais salvaxes viven en grupos, cóidanse e proté-

xense.

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE• Explicar se lle gustan os animais. Despois dicir que animal lle gusta máis: ¿é salvaxe ou pode convivir coas

persoas (doméstico)?• Observar as fotografías e responder estas preguntas.

— ¿Quen aparecen retratados en cada unha das fotografías?— ¿Que están a facer?— ¿Onde se atopan?— ¿Como debemos tratar as persoas a todos os animais? ¿Por que?

• Buscar unha fotografía dun grupo de animais que lle guste e pegala no recadro.

© r

od

eir

a

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 22

Page 12: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

© r

od

eir

a

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 23

Page 13: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

Nome:U

: 5 F

: 12

OBXECTIVOS• Valorar o xogo en equipo.• Aprender a participar en grupo.

CONTIDOS• Discriminación de actitudes positivas e negativas no

xogo en equipo.• Recoñecemento da necesidade de colaborar en grupo.

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE• Observar a ilustración: os nenos e as nenas da clase de Sami xogan no patio. Hai dous equipos ou grupos:

por un lado, o de Sami e Lupe quere xogar ao baloncesto, pero un neno no lles deixa a pelota xa que sem-pre quere tirar el; por outro lado, o de Tomé e Ana quere xogar ás agachadas, pero hai tres nenos que seagocharon tan ben que Ana non os dá atopado. Responder estas preguntas.— ¿Que lles pasa a cada un destes grupos?— ¿Como actuarías en cada situación, se xogases con estes equipos?— ¿Que podes facer para axudar a formar un bo equipo?

• Rodear as persoas e os obxectos agochados.• Aprender e cantar esta canción (CD track 12).

¡Un bo equipo!

Coñecémonos e unidos estamos.Axudámonos e somos amigos.Divertímonos e xuntos formarmos…¡un bo equipo!

© r

od

eir

a

12

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 24

Page 14: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

© r

od

eir

a

XUNTOS

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 25

Page 15: 5. SOMOS UN EQUIPO … · • Completar o debuxo pintando e coloreando a cabeza do dragón igual que fan os nenos de cinco anos do conto.Despois,e como os alumnos de tres e catro

Nome:U

: 5 F

: 13

DIMENSIÓN ESPIRITUAL:Xuntos podemos conseguilo.

CONTIDOS• O equipo dos amigos de Xesús.• Necesitamos uns dos outros.

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXEREFLEXIONO• Escoitar como o mestre ou a mestra relata este conto de Sami.

• Contestar as seguintes preguntas sobre o conto: ¿Onde foi Sami hoxe? ¿Que fai a súa nai no centro parro-quial? ¿Coñeces algunha persoa que colabore como voluntaria nunha parroquia ou igrexa? ¿Que fai?

• Xesús ensínalles aos seus amigos a construír xuntos un mundo mellor. ¿Como podemos colaborar nós? • Colorear as letras que forman a palabra «Xuntos».

PENSO EN SILENCIO • Coa audición como fondo (CD: track 08), pensar en silencio accións que poidamos realizar todos para lles

botar unha man aos demais (por exemplo: axudarlle a un rapaz a aprender castelán; regalar unha tarxetapara alegrar un amigo que está enfermo; intervir para que Ana e María volvan ser amigas…).

COMPARTO A MIÑA EXPERIENCIA• Explicar cada un a acción que se lle ocorreu no exercicio anterior e, entre todos, escoller aquela que debe-

rá levar a cabo toda a clase (por exemplo:se se elixe o propósito de que «xuntos podemos alegrar os nenosque se sintan tristes», todos os alumnos deberán esforzarse durante a semana en animar o neno ou a nenaque se sinta triste, preguntándolle que lle ocorre e axudándolle a buscar unha solución, procurando xogarxuntos, contarlle cousas alegres etc.).

© r

od

eir

a

08

Fun con miña nai ao centro parroquial onde dá clases de español, como voluntaria, a un grupiño demulleres estranxeiras. O párroco recibiunos e explicounos o que iamos facer.Entre todos os nenos pintamos un mural para a igrexa utilizando as nosas mans empapadas en pintu-ra de moitísimas cores. Unha señora axudounos a decorar o mural, escribindo cunhas letras preciosasa palabra «XUNTOS». Cando terminamos, merendamos todos xuntos os doces que as señoras trouxe-ron dos seus países: ¡todos estaban riquísimos!

Religion. INF.4Años_2T.-36546-GALL- 31/1/11 11:58 Página 26