36549 reli 5anos 2t gal...• coa audición como fondo (cd:track 15), reflexionar e pintar de cor...

13

Upload: others

Post on 31-Jan-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • © r

    od

    eira

    5. QUÉROTE MOITO

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 13

  • Nome:

    UNIDADE 5: QUÉROTE MOITO

    CONTIDOS DA UNIDADE— Conto: O papaventos.— Actitudes que nos achegan a Deus: o perdón.— A oración do Nosopai.

    Conto: A avoa de Nitta cóntalle algo importante.— Relato bíblico: A historia do pai bo.— Dimensión espiritual: Regálolles alegría aos demais.

    ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN• Nomear xestos e accións que serven para expresar o seu cariño e o

    seu amor polos demais (por exemplo: dar un bico, dar unha aperta,coller da man, regalar un debuxo...).

    • Dicir se Nitta e o seu amigo se mostran cariñosos ou enfadados.Pegar anacos de papel de cores ao redor dos nenos.

    • Debuxar no dorso da ficha un elemento ou un símbolo (flor, labios,corazón...) que exprese o moito que lle quere ao seu mestre ou á súamestra ou a algún membro da súa familia.

    © r

    od

    eira

    U: 5

    F: 7

    Cand& lle∫ di∫ á túafamilia e ao∫ teu∫

    amigo∫ que lle∫ quere∫,ele∫ séntense felice∫.

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 14

  • © r

    od

    eira

    O PAPAVENTOS

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 15

  • Nome:

    OBXECTIVOS• Expresar os propios sentimentos.• Descubrir a importancia das actitudes de perdón.• Desenvolver a confianza nos membros da familia.• Respectar e coidar as cousas do contorno.

    CONTIDOS• A confianza na familia.• Coidado e respecto polos regalos que nos fan.• A reconciliación.

    ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE• Escoitar o conto e responder as seguintes preguntas:

    — ¿Quen fixo o papaventos de Nitta? — ¿Con quen foi Nitta facer voar o papaventos?— ¿Que pasou co papaventos? ¿Como se sentiu Nitta? ¿Por que?— ¿Como reaccionou o seu pai ao saber que perderan o papaventos? ¿Por que se puxo contento?

    • Pegar lazos de cores ao longo da cola do papaventos (adhesivos U: 5 F: 8). Debuxar nubes no ceo.• O mestre ou a mestra debuxará un papaventos nun papel corrido. Os alumnos, de xeito individual, debu-

    xarán un adorno no papaventos, despois de contar algunha ocasión na que pediron perdón porque fixe-ron algo mal (por exemplo: un día rompín un cómic do meu irmán, pero pedinlle desculpas e el perdoou-me...).

    © r

    od

    eira

    U: 5

    F: 8

    A semana pasada Nitta fixo seis anos. O seu pai regaloulle un papaventos. Eraamarelo e verde e tiña unha cola longuísima con lazos de moitas cores: azul,verde, vermello, amarelo, rosa, violeta... Ademais, era un papaventos único, por-que o fixera o seu pai especialmente para ela, e iso dáballe moito valor.Ao día seguinte había moito vento. «¡Hoxe hei poder estrear o meu papaven-tos!», pensou Nitta. Nitta e mais o seu avó foron ao parque. O avó levantou o papaventos por ribada súa cabeza e, coa primeira ventada, soltouno. O papaventos comezou a subire a subir ata que a corda quedou ben tirante. O papaventos quedou alí, no ceo,movendo a cola co vento.¡Sss sss sss!, sopraba o vento. Pero, de súpeto, un forte refacho fixo que o fíose tensase de máis e… ¡crag! rompeu, e deixou libre o fantástico papaventos.—¡Ai, perdín o papaventos que me fixo o papá! —dicía Nitta con lágrimas nosollos. —Acouga, Nitta, non chores —dixo o seu avó—. Habemos seguir o papaven-tos e tentaremos recuperalo.E así o fixeron. Seguiron o papaventos, que xa non voaba sobre o parque, senónsobre as rúas da cidade. Andaron un bo anaco mirando para o ceo, ata que

    por fin o vento deixou de soprar e o papaventos caeu de súpeto. Pero caeu sobreunha árbore, e non o daban baixado de alí. Nitta quedou calada e axiña empe-zou a chorar.Cando o seu pai chegou á casa, Nitta xa estaba na cama, pero aínda non ador-mecera.—¡Papá, papá! —berrou Nitta cando sentiu a porta—. ¡Teño que che contar unhacousiña!—¿Que pasa, miña filla?Entre saloucos, Nitta contoulle ao seu pai como perdera o papaventos e pediu-lle perdón por romper algo que a el lle custara tanto esforzo. —Non te preocupes, ruliña —dixo o seu pai—. Se fun quen de construír un papa-ventos, hei poder facer outro. Non me poño triste; ao contrario, alégrame queme contes o que che preocupa. Recorda: sempre podes contarmo todo, sexabo ou malo. Fala comigo, eu sempre estarei disposto a te escoitar.Dous días despois, Nitta e mais o seu pai foron polo papaventos, que aínda esta-ba entre as pólas da árbore. Fixérono caer cun balón. Tiña a tea un pouco esga-zada, pero o pai de Nitta puido amañala. A fin de semana seguinte, o pai e mais a filla estrearon de novo o papaventos.

    O papaventos

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 16

  • © r

    od

    eira

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 17

  • Nome:

    OBXECTIVOS• Desenvolver a actitude cristiá da reconciliación e do per-

    dón.

    CONTIDOS• Actitudes que nos achegan a Deus: o perdón.

    ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE• Recordar como,no conto,Nitta perde o papaventos e pídelle perdón por iso ao seu pai; este perdóaa e van

    xuntos buscar o papaventos.• Dicir o que acontece na primeira viñeta e propoñer posibles solucións.Debuxar follas no camiño que

    levará a Nitta e o seu amigo a se perdoar e a recuperar a súa amizade.• Modelar un corazón con plastilina e regalarllo a algunha persoa á que se lle queira pedir perdón.

    © r

    od

    eira

    U: 5

    F: 9

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 18

  • © r

    od

    eira

    Nos& Pai que está∫ no ce&:santificad& sexa & teu nome,veña & teu rein&e fágase a túa vontade aquí na terra coma n& ce&.

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 19

  • Nome:

    OBXECTIVOS• Descubrir a oración como diálogo espontáneo con

    Deus.

    CONTIDOS• Os amigos de Xesús falan con El.• A oración do Nosopai.

    ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE• Escoitar como o mestre ou a mestra explica a escena na que aparecen Nitta e a súa avoa.• Dicir en que momentos e lugares fala coas persoas que quere e o que lles conta (por exemplo: falo co meu

    pai cando me acompaña á escola; falo coa miña nai un anaco antes de ir para a cama; aos meus amigoscóntolles o que me fai ilusión, o que me pasa...).

    • Debuxar estreliñas ao redor da oración que a avoa lle ensina a Nitta e decoralas libremente (con cores,con purpurina, con papel brillante...).

    • Recitar a oración do Nosopai.

    © r

    od

    eira

    Hai xa un anaco que Nitta non ve a súa avoa. «Ha estar no seu cuarto», pensaNitta. «¡Vouna ver!»¡Toc, toc..!, peta na porta.—¡Avoa! ¿Podo entrar?—Por suposto, miña rula —responde a avoa.—¿Que fas? —pregunta Nitta.—Estou rezando un pouquiño —contéstalle a súa avoa—. A ti gústache falarcoas persoas que queres, ¿va que si? Pois aos amigos de Xesús tamén nosgusta falar con El.—¿E daquela que lle dis? —Cóntolle as miñas alegrías e as miñas preocupacións, doulle grazas por teter e tamén rezo unha oración. ¿Queres aprendela? Empeza así: «Noso Pai...».

    A avoa de Nitta cóntalle algo importante

    U: 5

    F: 1

    0

    Noso Pai que estás no ceo:santificado sexa o teu nome,veña o teu reinoe fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo.

    Dános hoxe o noso pan de cada día;perdoa as nosas ofensas,como tamén perdoamos nósa que nos ten ofendido;e non nos deixes caer na tentación,mais líbranos do mal.

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 20

  • A HISTORIA DO PAI BO©

    ro

    dei

    ra

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 21

  • Nome:

    OBXECTIVOS• Coñecer e interpretar o relato bíblico «A historia do pai

    bo».• Descubrir a Deus como un Pai Bo que coida das súas cria-

    turas.

    CONTIDOS• O relato bíblico «A historia do pai bo».• Deus é un Pai Bo que coida das súas criaturas.

    ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE • Escoitar o relato bíblico «A historia do pai bo» e responder as seguintes preguntas:

    — ¿Por que marchou da casa o fillo menor? — ¿Que lle pasou? — ¿Por que decidiu volver á casa? — ¿Como o recibiu o seu pai? ¿Alegrouse de ver de novo o seu fillo?

    • Debuxar a escena do pai bo e do seu fillo abrazados, contentos e felices.• Completar, de forma oral, frases que resumen a parábola lida. Por exemplo: O fillo menor pediulle ……….

    ao seu pai e marchou da casa. Gastou os cartos e buscou ………. para gañar a vida. Ao final decidiu volverá ……….. O seu pai recibiuno cunha ………. e cun ………..

    • Por parellas, xogar a dramatizar as diversas maneiras nas que o pai bo recibiu o seu fillo menor (por exem-plo: cunha aperta, cun bico, dando saltos de alegría, cunha festa de benvida, dicíndollelo aos seus veci-ños...).

    © r

    od

    eira

    Era unha vez un pai que tiña dous fillos. O fillo maior axudaba moito na casa,pero o máis pequeno dixo: —Dáme a miña parte dos cartos, agora. Quero pasalo ben. O seu pai púxose moi triste. Pero deulle os cartos. O rapaz marchou da casae foise lonxe.O tempo de xolda durou pouco: axiña gastou os cartos. O rapaz atopou untraballo: o de coidador de porcos. Pasaba tanta fame que sería capaz de papara encaldada dos porcos. Era moi desgraciado.—A miña vida é unha miseria —pensou—. ¿Por que non volvo á casa? Alí nonse pasa fame. Direille a meu pai que me perdoe por gastarlle os cartos. Non mere-zo que me trate coma un fillo. Pero ao mellor déixame traballar con el.E volveu á casa.

    O pai agardaba cada día a chegada do seu fillo. E agora alí estaba, baixan-do polo camiño. Saíu a correr ao camiño.—Síntoo, papá. Síntoo moito —dixo o rapaz—. Non merezo ser da túa familia.O seu pai deulle unha aperta e un bico.—Vai buscarlle roupa ao rapaz —berrou—. Vísteo, imos celebrar unha festa.O meu fillo volveu á casa e estou moi feliz. Pensei que o perdera, e hoxe ato-peino.

    A túa primeira Biblia. Editorial Rodeira

    A historia do pai bo

    U: 5

    F: 1

    1

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 22

  • © r

    od

    eira

    Tristura Alegría

    Dor Med&

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 23

  • Nome:

    DIMENSIÓN ESPIRITUAL:Regálolles alegría aos demais.

    CONTIDOS• Accións e actitudes coas que lles podemos causar ale-

    gría ou tristura aos demais.

    ACTIVIDADES DE APRENDIZAXEREFLEXIONO• ¿Que podo facer para lles regalar a miña alegría aos demais?• Escoitar como o mestre ou a mestra explica que as nosas accións producen efectos nos demais.Por exem-

    plo: se lle damos un susto a alguén, terá medo; pero se lle damos unha boa noticia, sentirá alegría.

    PENSO EN SILENCIO• Coa audición como fondo (CD: track 15), reflexionar e pintar de cor vermella o marco da cara que mellor

    expresa como se sente o alumno ou a alumna cando un amigo ou unha amiga o empurra, cando o insul-ta ou o ignora. Despois, colorear de verde o marco da cara que representa o seu estado de ánimo candoun amigo ou unha amiga lle pide perdón e el perdóao.

    COMPARTO A MIÑA EXPERIENCIA• Debuxarse a si mesmo realizando algunha acción que cause alegría e regalarlle o debuxo a algún compa-

    ñeiro ou compañeira da clase que queira animar.

    © r

    od

    eira

    15

    U: 5

    F: 1

    2

    36549 RELI 5anos 2T gal.qxp 5/1/11 10:07 Página 24