2020 de compostela, de santiago ©universidade...9 introdución as formas do compromiso francisco...

21
©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Upload: others

Post on 17-Aug-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 2: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

Día das Letras Galegas2020

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 3: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 4: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

Departamento de Filoloxía Galega

Día das Letras Galegas2020

Ricardo Carvalho CaleroAs formas do compromiso

Edición ao coidado deFrancisco cidrás

2020

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 5: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

Maqueta Tania Sanmartín Almeida

Imprenta UniversitariaCampus Vida

EditaServizo de Publicacións

Campus Vida15782 Santiago de Compostela

usc.gal/publicacions

ImprimeImprenta Universitaria

Campus Vida

Depósito legal: C 487-2020ISBN 978-84-17595-86-9

Impreso en papel reciclado, 100% libre de cloro,consonte esixencias medioambientais

© desta edición, Universidade de Santiago de Compostela, 2020© das fotos de Ricardo Carvalho Calero en cuberta, foto dereita da cuarta de cuberta

e interior, Moncho Rama, 2020

Ricardo Carvalho Calero, as formas do compromiso: Día das Letras Galegas 2020 / edición ao coidado de Francisco Cidrás. — Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2020395 p. ; 24 cm. D.L. C 487-2020. – ISBN: 978-84-17595-86-91. Carvalho Calero, Ricardo, 1910-1990 I. Cidrás, Francisco, ed. lit. II. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed. 821.134.4 Carvalho Calero, Ricardo

Os editores agradecen a Moncho Rama a xenerosa cesión dos retratos fotográficos que se reproducen nesta edición

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 6: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

Ricardo Carvalho Calero (1910-1990)

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 7: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 8: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

Índice

Introdución. As formas do compromiso ..................... 9 Francisco Cidrás

I. Aspectos dunhA vIdA

Justo Beramendi ........................................................... 23 Na esquerda do primeiro nacionalismo. 1926-1936

Araceli Herrero Figueroa ............................................. 45

Anos lugueses e tempos de Fingoi. Ricardo Carvalho Calero, profesor e filólogo, sobre fondo gris na cidade murada Aurora Marco ............................................................... 73

A pegada do professor Carvalho em diferentes geraçons escolares

II. LIterAturA e estudos LIterIArIos

Xosé Mª Dobarro Paz .................................................. 99 Poemas dun estudante de Dereito

Carlos Quiroga ............................................................. 117 Verdadeiro Poeta foi —ou a poesia é demasiado séria

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 9: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

8

Darío Villanueva .......................................................... 147 Scórpio, autoficción contra posliteratura

Arturo Casas ................................................................. 167 Carvalho Calero e a historia literaria: idea, institucio-

nalización e procedementos

Manuel Ferreiro ............................................................ 207 E nos duros traballos escelente. Carvalho Calero e os

estudos pondalianos

José Luís Forneiro ........................................................ 235 Ricardo Carvalho Calero e a literatura de tradiçom oral

(com a língua galega ao fundo)

III. LInguA: teoríA e prAxe

Francisco Dubert-García .............................................. 255 Algunhas notas sobre a Gramática elemental del gallego

común

José-Martinho Montero Santalha ............................... 283 O contributo lingüístico de Carvalho Calero

María Pilar García Negro ............................................. 305 O pensamento de Carvalho Calero face ao control

político-académico da lingua galega

Henrique Monteagudo ................................................. 329 A individualidade do galego no pensamento lingüístico

de Ricardo Carvalho Calero

José Luís Rodríguez ..................................................... 361 De A xente na Barreira para A gente na Barreira.

Trinta anos á procura de um padrom

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 10: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

9

Introdución

As formas do compromisoFrancisco cidrás

Director do Departamento de Filoloxía Galega

Universidade de Santiago de Compostela

1. Gustaríame poder dicir que o libro que tes nas túas mans non é un máis da morea de libros que cada ano se imprentan ao abeiro da celebración do Día das Letras Galegas. O que si podo asegurar é que, para nós, este é un libro das letras moi especial. En parte porque, con este volume, a serie con que o Departamento de Filoloxía Galega e a Universidade de Santiago de Compostela celebran cada ano tan sinalado evento chega ao seu 50 aniversario. Pero, alén desa singular circunstancia, o que fai para nós máis especial este volume é a personalidade que nel se celebra: don Ricardo Carvalho Calero. El foi precisamente o responsable de iniciar a serie hoxe quincuaxenaria ao confeccionar, en 1970, un modesto libriño titulado O señor de Vilancosta: Loubanza de don Marcial Valladares Núñez no Día das Letras Galegas. Daquela, a morea de libros que cada ano se imprentan ao abeiro da celebración das Letras Galegas peregrinaba só vagamente pola república dos soños; hoxe é unha vizosa realidade, mesmo exuberante. Mais o certo é que entre aquel folleto e este volume transita un longo fío de continuidade e sobre todo de complicidade simbólica. Un e outro, e todos os 49 que alá foron polo medio, pretenden ser unha reivindicación,

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 11: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

10

metonimicamente libresca, do dereito que temos a construír o noso país —e a nosa maneira de ollar o mundo— sobre os alicerces universais da nosa lingua; todos os días do ano.

O profesor Carvalho Calero é unha das figuras cimeiras da cul-tura galega do século xx; quen pode dubidalo? Os seus méritos son moitos e senlleiros. Mais para o Departamento de Filoloxía Gale-ga hai un moi especial e ben coñecido: D. Ricardo foi o primeiro profesor e o primeiro titular da Cátedra de Lingüística e Literatura Galega, da que o noso departamento é directo continuador no actu-al organigrama universitario. Mesmamente para salientar a impor-tancia que ten para o noso departamento a celebración do Día das Letras na figura de Carvalho, acordouse que fose eu, como o seu director, a persoa responsable deste volume de achegas universitarias na súa memoria. Con certeza outros e outras colegas terían máis mé-ritos para realizar este labor, moi por riba do apenas circunstancial que eu exhibo. Mais coa xenerosidade e o apoio de todos eles e elas esforceime na honrosa tarefa de levar adiante unha homenaxe digna e á altura dos méritos do homenaxeado. Espero ter acadado, sequera minimamente, ese obxectivo.

A homenaxe non é só do Departamento de Filoloxía Galega, se-nón de toda a Universidade de Santiago de Compostela. E tamén neste ámbito é senlleira a figura lembrada hogano. Ricardo Carvalho Calero tivo unha longa e fonda vinculación con esta universidade, tanto discente como docente, tanto política como investigadora. Chega a Santiago en 1926, con só dezaseis anos, a estudar a carreira de Dereito e convértese axiña nun destacado líder estudantil, primei-ramente na Asociación de Alumnos da Facultade de Dereito e logo a seguir na Federación Universitaria Escolar (FUE), de cuxa sección galega acaba sendo un dos seus dirixentes. Mostra deste activismo é o discurso que, en nome dos escolares composteláns, pronuncia na solemne inauguración do curso 1930-1931, na que reclama a necesaria galeguización da universidade: «Galicia existe; e por existir ten dereito a unha cultura propia; e para iso é preciso que teña un

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 12: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

11

propio centro de cultura. Aspiramos a crear unha vida universitaria autenticamente galega; aspiramos a obter un espírito galego na aulas da Universidade» (vid. Beramendi, neste volume). A colaboración nas actividades do Seminario de Estudos Galegos, integrado maiori-tariamente por profesorado e alumnado da Universidade pero orga-nicamente independente dela, foi escola de prácticas galeguistas do mozo ferrolán, nun momento en que a USC, como institución, non acollía no seu seo os estudos galegos.

Tras unha longa paréntese, enchida maiormente pola represión franquista, a inhabilitación e o ostracismo, Carvalho regresa episo-dicamente ás aulas de Fonseca o 17 de maio de 1963, con ocasión do acto académico co cal a USC celebraba o primeiro Día das Letras Galegas, acabado de instituír. Alí conferenciou D. Ricardo sobre Ro-salía, a instancias dun grupo de estudantes galeguistas entre os que se atopaban Carlos Casares, Arcadio López Casanova, Xohana Torres ou Salvador García Bodaño, que consideraban xa o mestre ferrolán un referente nos estudos galegos. Só dous anos máis tarde, levantada a inhabilitación como funcionario, D. Ricardo ingresa como primei-ro profesor de lingua e literatura galegas na Facultade de Filosofía e Letras (logo de Filoloxía), que acollía na altura por primeira vez es-tes estudos no seu currículo académico, despois de case cincocentos anos de historia voltada de costas á cultura do país. E na Minerva compostelá ficou Carvalho, logo como catedrático de Lingüística e Literatura Galega desde 1972, desempeñando unha intensa activi-dade docente e investigadora ata a súa xubilación, e mesmo tras ela, no gabinete que seguiu ocupando, ata o seu falecemento, no cuarto andar do vello edificio de Mazarelos.

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 13: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

12

Dúas instantáneas do acto académico-literario celebrado no salón artesoado de Fonseca o 17 de maio de 1963 para celebrar o primeiro Día das Letras Galegas.

Foto superior: acompañan a D. Ricardo (conferenciante do acto, no centro) Salvador García Bodaño, Carlos Casares, Enrique Moreno Báez, Xohana Torres, Mª Victoria Carballo-Calero e

Arcadio López Casanova. Foto inferior: García Bodaño, Casares, López Casanova e Xohana Torres, que leron poemas

no acto, sentados en primeira fila.

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 14: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

13

2. Desde a cadeira universitaria e, xa antes, desde o seu perenne activismo, Ricardo Carvalho Calero é unha figura poliédrica, fun-damental na cultura galega do século xx. Máis alá dos presupostos e sensibilidades de cada quen, ninguén pode negar esa evidencia, se non é ignorando a realidade. A súa inxente obra traspasa todos os ámbitos da cultura, da literatura, da lingua e de todos os campos que puido considerar forxadores dunha identidade nacional. Porque o profesor foi un esforzado operario desa obra común que en ciencias sociais se denomina «construción da nación» (nation-building).

Dentro dese norte vital, a primeira característica que se evidencia é a de estarmos diante dun traballador infatigable, vencendo sem-pre o desalento en condicións de traballo ás veces moi precarias. Por iso en D. Ricardo atopamos moitos Carvalhos, vogando todos asemade co mesmo rumbo. Está o Carvalho creador literario, ini-cial e vocacionalmente poeta, mais que acaba por abranguer todos os xéneros, en función das súas diferentes utilidades: a narrativa, o ensaio, o artigo xornalístico ou o teatro, que tantas veces utilizou como ferramenta didáctica e de concienciación nos seus anos como mestre en Fingoi, no Instituto Rosalía de Castro e tamén despois na Universidade. Está o Carvalho crítico e historiador da literatura, en que atopamos seguramente a produción cientificamente máis sólida e relevante do autor, coa monumental Historia da literatura galega contemporánea como obra case-fundacional e ao mesmo tempo ci-meira, principal esteo na configuración do canon literario galego. Está o Carvalho gramático e lingüista, que emerxe serodiamente ao abeiro das necesidades pragmáticas do profesor que inaugura o ensi-no universitario da lingua galega, de onde xorde a sempre lembrada Gramática elemental do galego común, á que seguiu unha notable ac-tividade como lingüista, como filólogo, como dialectólogo…, que co paso do tempo foi gañando terreo no espazo investigador de D. Ricardo. Está tamén o Carvalho planificador da lingua, sempre preo-cupado pola estandarización do galego, para o que foi procurando o padrón normativo que xulgou máis acaído en cada momento, como

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 15: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

14

ben delinea xa no capítulo inicial da amentada Gramática (aquel que comeza: «As linguas son realidades vivas que se manteñen en estado de perpetua fluencia», que comento todos os anos nas miñas aulas de gramática para reflexionar á volta das relacións entre o descriti-vismo lingüístico e o prescritivismo ou normativismo gramatical). E está tamén, como epítome de todos os anteriores, o Carvalho cívi-co, aquel ao que nada relacionado con Galiza e co galego o deixaba indiferente nin lle resultaba alleo: o temperán activista cultural do Seminario de Estudos Galegos e político do Partido Galeguista nos anos vinte e trinta; o infatigable traballador do activismo culturalis-ta, que pretendía ser político, do grupo Galaxia nos duros anos da posguerra; o numerario da Real Academia Galega, na que ingresa en 1958; o secretario primeiro e logo subdirector do Instituto da Lingua Galega, desde a súa fundación en 1971 ata 1978, en que abandona o posto por coñecidas discrepancias co modelo norma-tivo; o inspirador e principal referente do reintegracionismo desde finais dos anos setenta ata o seu pasamento en 1990.

O que teñen en común todos eses Carvalhos que concorren na persoa de D. Ricardo é, sen dúbida, o seu alto sentido do compromi-so. Carvalho puxo sempre disciplinadamente a súa gran capacidade de traballo ao servizo do país, da súa cultura e da súa lingua. Chama a atención que, de toda a intelligentsia galeguista dos anos cincuenta e sesenta, fose el o encargado de levar adiante as dúas obras ideadas para alicerzar o sistema cultural e simbólico galego no ámbito lin-güístico e literario: a Gramática e a Historia da literatura. No caso desta última, a escolla non sorprende dada traxectoria intelectual que o precedía. Mais a aceptación do encargo da Gramática é unha clara mostra do sentido do compromiso dunha persoa que ata ese momento non prestara maior atención a tales angueiras e que acepta con máis disciplina que entusiasmo unha encomenda «que [como el propio lle confesa a Fernández del Riego, na altura á fronte de Ga-laxia] me resulta penosa (…) pero se a considerades necesaria, quen a ía facer? Os capacitados pra elo dificilmente quererían arriscar o

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 16: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

15

seu prestixio nista tarefa» (vid. Dubert, neste volume). Eran tempos difíciles, nos que as escusas para non facer nada eran fáciles. Mais este episodio transcende a anécdota e revela unha categoría: todos os Carvalhos de que falabamos antes son formas diversas dun mesmo compromiso —esforzado, disciplinado e militante— que guiou os traballos de D. Ricardo ao longo da súa vida.

No marco desa actitude vital encádrase a crecente implicación de Carvalho no emerxente movemento reintegracionista, do que se converte en principal referente. O profesor desenvolve unha intensa actividade nesta liña, que pasa a ocupar un lugar central na etapa fi-nal da súa vida, sobre todo nos anos oitenta, xubilado xa da súa cáte-dra. Foron anos duros para o galego e sobre todo para os defensores e defensoras do galego a unha e outra banda da controversia norma-tiva. O debate acerca do relacionamento entre galego e portugués á hora de padronizar o primeiro era e será sempre necesario, pois é un aspecto incontornable. Mais a dureza que acadou o enfrontamento e a fractura que provocou na feble masa crítica do galeguismo (quero dicir, dos defensores e dos estudosos do galego) non era seguramente necesaria e desde logo non é sostible sen ser o propio galego quen se resinta.

A demora na designación de Carvalho Calero como figura para celebrar no Día das Letras Galegas —que corresponde a quen le-xitimamente corresponde— debeu ter que ver, verosimilmente, coa estimada dificultade para xestionar ese espiñento conflito que, se xa non arde en chamas, aínda garda ascuas. Mais os tempos in-defectiblemente mudan, mudan as persoas, mudan as olladas, e é responsabilidade dos máis vellos non empecer as mudanzas, senón propicialas, e non eternizar os desencontros. Por iso a ocasión das Letras Galegas dedicadas hogano ao vello profesor parécenos óptima para lembrarmos a hixiénica necesidade dun sincero recoñecemento mutuo da lexitimidade e da dignidade intelectual e científica das distintas posturas concorrentes no debate. Non debera ser difícil comprender que só desde o respecto cara ao outro se poden asentar

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 17: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

16

os fundamentos dunha nova maneira de tratar estes temas sempre controvertidos e sempre provisorios: sen prexuízos, sen descualifica-cións, con empatía, recoñecendo e ponderando as razóns da outra parte —que algunhas terá, con certeza. Ese foi o norte que nos guiou no deseño deste volume. Se os resultados se corresponden ou non co procurado é algo que deixamos á consideración do lector ou lectora. Haberá sen dúbida quen xulgue que a correspondencia non é plena; mais o propio concurso da nómina de persoas contribuíntes aquí concitada, todas elas moi significadas e de distintas procedencias, é de seu un paso adiante na procura daquel obxectivo.

3. Desde un principio considerouse que o formato máis acaído para este libro do Día das Letras Galegas sería o dunha homena-xe universitaria que, cunha concepción aberta e transversal, reunise contribucións significativas sobre a complexa e multifacetada figura do profesor Carvalho Calero. Estableceuse como criterio xeral para o deseño do volume que as achegas debían cumprir tres requisitos: seren contribucións inéditas, academicamente relevantes e que, no seu conxunto, cubrisen os ámbitos máis destacados do labor pro-fesional, científico e cívico do homenaxeado. Tentamos, en suma, ofrecer unha visión do autor completa en canto aos seus contidos —evitando no posible solapamentos innecesarios e lagoas significa-tivas— e transversal en canto aos seus enfoques, punto de encontro para revisitar a personalidade de D. Ricardo. Tentamos tamén que esa homenaxe universitaria o fose da universidade galega e non ape-nas do Departamento promotor do volume.

Mais as características editoriais da serie de que forma parte este volume e outras circunstancias materiais, sempre prosaicas, impoñen limitacións no deseño e dimensionamento da obra. En consecuen-cia, e tamén para garantir o equilibrio de contidos, decidiuse unha participación mediante convite, que foi cursado, nomeadamente no caso do profesorado de fóra do Departamento de Filoloxía Gale-ga e de fóra da USC, a discípulos e discípulas do profesor, ou a

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 18: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

17

persoas cunha relación particularmente estreita con el, todas do ám-bito universitario. Como a nómina de contribuíntes potenciais se-guiría sendo elevada de máis cunha interpretación ampla deses crite-rios, optouse por limitala, fóra da USC, a persoas ás que D. Ricardo lles dirixise a tese de doutoramento ou de licenciatura ou cuxa sin-gular relación co profesor se tivese consubstanciado nalgunha con-tribución ao (re)coñecemento da súa obra, en forma de libro. Non tivemos en conta, por contra, a situación administrativa actual —en activo ou recentemente xubiladas— das persoas convidadas, por xul-gármola irrelevante e danosa para a calidade da homenaxe resultante.

No cadro así deseñado, e garantida a equilibrada atención a todas as facetas do homenaxeado, as persoas convidadas concretaron a súa achega con absoluta liberdade de enfoque, de forma e de contido. Infelizmente si foron impostas limitacións de espazo —coidamos que razoables— mais sobre todo de tempo: uns prazos de entrega de orixinais certamente axustados e estritos, determinados por criterios de planificación editorial. Algunhas persoas víronse por isto impe-lidas a recusar o convite, por imposibilidade material de atenderen a encomenda. Chegouse así á nómina de contribuíntes actuais, que considero potente, plural e sobre todo moi relevante. Quero pensar que D. Ricardo estaría satisfeito con ela e co seu produto, se tivese ocasión de axuizalos. Para todos e todas as colegas —mesmo aqueles e aquelas que, contra vontade, non puideron participar na homena-xe— vaia a nosa gratitude.

As contribucións organízanse no libro de maneira temática, coa idea de salientar a unidade discursiva do volume, como un relato distribuído en capítulos que abren cadansúa nova xanela, facendo así progresar o discurso. Agrúpanse en tres partes: a primeira aten-de as facetas do compromiso vital de D. Ricardo situadas máis á marxe dos seus quefaceres filolóxicos, nomeadamente a súa activida-de política e pedagóxica ou docente. Na segunda abórdanse as súas angueiras literarias, considerando primeiro as de índole creadora e despois as de historiador e crítico literario. A última céntrase nos

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 19: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

18

seus traballos lingüísticos, tanto os máis propiamente gramaticais como os vinculados ao seu posicionamento perante o modelo de lingua e as propostas normativas.

Á primeira parte corresponden os tres traballos que encetan o volume. Justo Beramendi estuda o compromiso político de Carva-lho e o seu activismo nacionalista no período que decorre entre a súa chegada a Santiago como estudante e o estoupido da Guerra Civil. Araceli Herrero lembra, de primeira man, a etapa luguesa do profesor, en que alterna a súa actividade docente á fronte do colexio Fingoi cos traballos como crítico e historiador da literatura. Aurora Marco repasa documentadamente, cunha perspectiva pedagóxica, a pegada de Carvalho como profesor ao longo das súas etapas sucesi-vas en Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela.

Seguen logo tres contribucións que estudan a faceta de D. Ri-cardo como creador literario. Principia a serie, cronoloxicamente, o traballo de Xosé Mª Dobarro, que nos informa da primeira produ-ción poética de Carvalho en galego, espallada en revistas e xornais antes da súa publicación parcial en Vieiros (1931) e edita os poemas non recompilados nese volume. Segue Carlos Quiroga analizando a dimensión poética do noso autor: tras estudar a recepción da súa obra, preséntanos a Carvalho como Verdadeiro Poeta e o poeta como o verdadeiro Carvalho, o máis íntimo e auténtico. Por último, mu-dando de xénero, Darío Villanueva achéganos ao Carvalho narrador, centrándose na análise de Scórpio como unha traballada novela de personaxe de carácter autoficcional, que contrasta coa oca avalancha posliteraria ao uso.

Son novamente tres os traballos que nos enfrontan ao Carvalho crítico e historiador literario. No primeiro deles, Arturo Casas exa-mina o seu labor como creador do canon literario galego e mesmo como «inventor» da historiografía literaria galega, unha obra magna que analiza tomando en consideración o contexto en que se pro-duce, os fundamentos teóricos e a súa concreción práctica. Manuel Ferreiro ilústranos sobre os estudos pondalianos de Carvalho,

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 20: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

19

especificamente a súa análise literario-historiográfica da obra do bar-do, a súa edición de textos pondalianos e o seu frustrado proxecto de edición do epistolario inédito de Pondal. Finalmente, José Luís Forneiro examina a ocasional e esquecida actividade do profesor como compilador e estudoso da literatura popular galega e cuestiona a postura de Carvalho de considerar o uso do galego como criterio excluínte para definir a galeguidade non xa da literatura de autor ou culta, senón tamén da popular de tradición oral.

Rematan o volume cinco achegas que analizan a obra e o ideario lingüístico de Carvalho Calero. Na primeira delas, Francisco Dubert achéganos algunhas notas sobre a Gramática elemental del gallego común, que nos documentan basicamente sobre o difícil contexto de creación da obra, aspecto fundamental á hora de valorala coa debida xusteza. Martinho Montero Santalha ofrécenos, cun foco máis lar-go, unha acreditada visión de conxunto dos contributos lingüísticos de Carvalho, que organiza cunha dupla perspectiva cronolóxica e (sis)temática. Pilar García Negro achega un estudo do pensamento de Carvalho Calero face ao que considera control político-académi-co e constrúe unha análise crítica interpretando como se articulaba, ao seu xuízo, ese control binomial. A seguir, Henrique Monteagudo reflexiona sobre o pensamento de D. Ricardo acerca da identidade lingüística do galego e o seu estatuto con relación ao portugués, sos-tendo que entre os anos setenta e oitenta se verifica unha mudanza de posición, da que explora as súas posibles razóns. En interesante diálogo con esta contribución sitúase a que pecha o volume; nela José Luís Rodríguez, principal discípulo do profesor ferrolán, compara minuciosamente as profundas transformacións operadas por Car-valho entre as edicións de 1951 e 1982 de A xente/gente da Barreira, as cales evidencian unha remodelación do modelo de lingua culta en Cavalho, que o autor sitúa maiormente no quinquenio 1975-80, período de innovacións e madurecemento, e que conducen a un mo-delo de lingua culta máis moderno e próximo ao actualmente vixen-te, mesmo á marxe das cuestións de codificación gráfica.

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020

Page 21: 2020 de Compostela, de Santiago ©Universidade...9 Introdución As formas do compromiso Francisco cidrás Director do Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de

20

De máis está dicir que todas as contribucións reflicten o criterio dos seus autores ou autoras respectivos e que todas elas foron escru-pulosamente respectadas.

Quero rematar salientando de novo o noso agradecemento aos autores e autoras, todos especialistas de renome nos ámbitos en que contribuíron, pola súa xenerosidade na dedicación, moitas veces apremada, a esta homenaxe que sen a súa colaboración nin existiría nin tería sentido. Agradecemos tamén a Moncho Rama a súa desinteresada cesión dos dereitos de reprodución das fotos de D. Ricardo, todas elas excelentes, que ilustran elegantemente o vo-lume. E por último á propia USC e ao seu Servizo de Publicacións, que en circunstancias complicadas e cheas de incerteza seguiu tra-ballando para que a Universidade non faltase un ano máis —e van cincuenta e un— ao seu compromiso, de fondo e de forma, con todo o que supón xenuinamente o Día das Letras Galegas.

©Universidade de Santiago de Compostela, 2020