20 de xuño de 2016 revista 1077 3 de outubro de...

13
20 de xuño de 2016 Revista 1077 1 3 de outubro de 2016 – Revista 1091 EN PORTADA / 2 NOVAS FORMACIÓN / 4 BOLSAS E AXUDAS / 5 PREMIOS E CONCURSOS / 7 NOVAS DE EMPREGO / 8 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

Upload: trandien

Post on 24-Apr-2018

222 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

20 de xuño de 2016 – Revista 1077

1 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

EN PORTADA / 2

NOVAS FORMACIÓN / 4

BOLSAS E AXUDAS / 5

PREMIOS E CONCURSOS / 7

NOVAS DE EMPREGO / 8

3 de outubro de 2016 – Revista 1091

2 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

20 Postos de peón no Concello de Noia

Xoves, 29 Setembro 2016 16:01

O Concello de Noia convoca un proceso selectivo para a provisión en réxime de dereito laboral temporal de 20 postos de peón para o servizo de obras e limpeza viaria.

Máis información na Sede Electronica do Concello de Noia.

Cecilia Vázquez acode á posta en marcha de dous proxectos impulsados a través de Iniciativa Xove por estudantes da Universidade de Santiago

Luns, 03 Outubro 2016 07:17

Iniciativa Xove é unha ferramenta que permite descubrir e potenciar o talento xuvenil e coa que a xuventude galega pode organizar, emprender e impulsar actividades

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe na posta en marcha de dous proxectos do programa de participación xuvenil Iniciativa Xove impulsados por estudantes da Universidade de Santiago.

O primeiro deles, promovido polo grupo informal Xuristas en acción, ten como obxectivo analizar o papel que xoga a xuventude no modelo de xestión pública. As actividades deste proxecto céntranse na realización de encontros con profesionais destacados no ámbito da función pública, que darán paso a unha mesa de traballo onde os mozos e mozas debaterán sobre o seu papel na política actual.

Por outra banda, a directora xeral tamén participou no proxecto do grupo informal de estudantes de odontoloxía de Santiago, que levan a cabo unhas xornadas de vocación odontolóxica. Con esta iniciativa, os seus promotores pretenden dunha parte aumentar con talleres prácticos as horas de experiencia para exercer a profesión e, por outra, achegar aos alumnos e alumnas de bacharelato a realidade da súa carreira.

Para Cecilia Vázquez, “Iniciativa Xove é unha ferramenta que permite descubrir e potenciar o talento xuvenil”. A directora xeral tamén destacou que “este é o primeiro programa de participación xuvenil de todo o Estado no que poden participar tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas”

Deste xeito, “danse as maiores facilidades burocráticas para que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos, sen intermediarios”.

Con esta liña de axudas preténdese fomentar a participación da mocidade, co propósito de estimular o liderado, a creatividade e o talento xuvenil e, sobre todo, permitir poñer en práctica as súas ideas relacionadas cos temas do seu interese, xa que “Iniciativa Xove non lle di aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para logo apoialas”, destacou Cecilia Vázquez.

Este programa sufraga ata o 100% das iniciativas e proxectos de interese presentados polos mozos e mozas, cun investimento máximo por cada actividade de 5.000 euros. Todas as entidades e grupos aos que se lles conceda a axuda e o solicitasen, reciben un anticipo do 80% sobre o total da cantidade concedida. Isto permítelles financiar o proxecto sen ter que adiantar contías eles mesmos, o que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas.

Cecilia Vázquez escoita as experiencias dos e das participantes nos programas de xuventude postos en marcha pola Dirección Xeral en colaboración co Concello de Vedra

Luns, 03 Outubro 2016 08:34

A directora xeral acudiu a unha xornada de experiencias que ten como obxectivo recoller as súas conclusións e animar a outros mozos e mozas a participar en programas como Iniciativa Xove ou Erasmus+

Cecilia Vázquez, destacou o compromiso da administración autonómica de ofrecerlles aos mozos máis e mellores oportunidades cada día, "para que a xuventude sexa unha parte activa da nosa Comunidade, que sintan que todos os seus esforzos e achegas contan, e que iso sirva como estímulo para conseguir a súa implicación, o seu espírito activo e a súa participación social"

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acudiu a unha xornada de intercambio de experiencias con 15 mozos e mozas que participaron nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral e colaboración co Concello de Vedra, entre eles, Iniciativa Xove, Erasmus +, voluntariado europeo e internacional, campos de traballo, Galeuropa ou os cursos de monitor de tempo libre. Ao longo da última década, máis de 150 mozos e mozas da localidade participaron nestas iniciativas de educación non formal.

A xornada ten como obxectivo recoller as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia. Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”. Así mesmo, esta xornada tivo como obxectivo animar a outros mozos e mozas a que participen nos programas deseñados pola Dirección Xeral

Na súa intervención, Cecilia Vázquez destacou o compromiso da administración autonómica de ofrecerlles aos mozos máis e mellores oportunidades cada día, "para que a xuventude sexa unha parte activa da nosa Comunidade, que sintan que todos os seus esforzos e achegas contan, e que iso sirva como estímulo para conseguir a súa implicación, o seu espírito activo e a súa participación social".

A directora xeral tamén destacou que en liña coas políticas máis modernas e innovadoras de Europa, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado aposta polos programas de educación non formal, como ferramentas de empoderamento e transformación social ao servizo da mocidade galega, "por iso aumentamos os orzamentos destinados a este programas un 15 % con respecto ao 2015, chegando este ano ata case os dez millóns de euros".

EN PORTADA EN PORTADA

3 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado fomenta a seguridade vial a través dun curso de condución gratuíto para mozos e mozas

Luns, 03 Outubro 2016 08:46

Esta iniciativa formativa enmárcase na campaña de sensibilización “Libre” e permite que a mocidade adquira actitudes seguras no uso dun vehículo tomando como base o coñecemento dos factores de risco

O curso está dirixido a persoas de entre 18 e 30 anos que saiban conducir e nesta fin de semana terán lugar as dúas últimas sesións

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, desprazouse hoxe ata o polígono industrial de Teixeiro no Concello de Curtis, para coñecer de primeira man e participar nas actividades do curso de condución segura que o departamento autonómico está a desenvolver nesta localidade no marco da campaña Libre.

Cecilia Vázquez sinalou que “dentro da campaña de sensibilización ‘Libre’ a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado aposta novamente polos cursos de condución segura coa finalidade de achegar á mocidade actitudes seguras no uso dun vehículo tomando como base o coñecemento dos factores de risco na condución, dos sistemas de seguridade activa e pasiva do vehículo, así como da técnica de condución”.

Nestes cursos poden participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos que saiban conducir un vehículo. A actividade está organizada para 15 alumnos cada xornada (un total de 90 prazas) en seis sesións en horario de 09:00 a 15:45 horas. As catro primeiras tiveron lugar os días 23, 24, 25 e 30 de setembro, quedando por celebrarse as sesións do 1 e 2 de outubro.

As actividades, que inclúen unha formación teórica e práctica, teñen por obxectivo achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo e nas técnicas de condución. Esta iniciativa dá continuidade ás accións que Xuventude ten posto en marcha para fomentar a formación e concienciación viaria entre os máis mozos.

Conta cunha parte teórica seguida doutra práctica aos mandos dun vehículo. Na teórica os alumnos coñecerán os factores de risco, como o alcohol, as drogas, o sono ou as distraccións ou como afectan na condución os elementos de seguridade activa e pasiva como o ABS, o control de tracción e de estabilidade o cinto ou o airbag.

Na parte práctica, os participantes poderán poñerse aos mandos dun vehículo para practicar diferentes técnicas de condución nun circuíto que simula superficies esvaradías, practicas de freadas de emerxencia e con avaría, slálom ou circuíto de Kann.

XUVENTUDE

Clube de Conversa en Lingua Inglesa

Martes, 27 Setembro 2016 17:40

Benvidos a unha nova edición do Clube de Conversa en Lingua Inglesa!

Esta actividade vai dirixida a xente nova con idades comprendidas entre os 18 e os 35

anos, a excepción do Grupo 1 de Nivel Intermedio que non ten límite máximo de idade.

Horarios Nivel Intermedio: Grupo 1: martes de 17.00 a 18.00 horas. (A partir de 18 anos) Grupo 2: martes de 18.30 a 19.30 horas. (Mocidade de 18 a 35 anos) Horarios Nivel Avanzado: Grupo 1: xoves de 17.00 a 18.30 horas. (Mocidade de 18 a 35 anos) Grupo 2: xoves de 18.30 a 19.30 horas. (Mocidade de 18 a 35 anos)

O Clube de Conversa en Lingua Inglesa é unha iniciativa do Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela, dentro do programa “O Son das Linguas” cuxo obxectivo é fomentar os espazos informais de conversa en diferentes linguas.

Para participar é necesario ter coñecementos de inglés a nivel Intermedio (B1 MCER) ou Avanzado (B2 MCER). Establécense dous grupos para cada nivel nos días e horarios máis arriba indicados. As persoas interesadas poderán solicitar a súa inscrición unicamente nun nivel e nun horario determinado marcando a casilla correspondente na solicitude de participación.

Para que un grupo funcione necesítase dun mínimo de 5 participantes. O número máximo de persoas por grupo será de 15. Así mesmo, xerarase unha lista de agarda para o caso de que se produzan vacantes unha vez iniciada a actividade.

O Clube de Conversa estará activo a partir do 18 de outubro de 2016 ata finais de maio de 2017, na sede do Centro Coordinador de Información

Xuvenil en Santiago de Compostela. O centro pon a disposición das persoas participantes unha sala equipada con ordenador e proxector, así como apoio técnico na organización e dinamización da actividade.

1º Prazo de inscrición: do 28 de setembro ao 14 de outubro de 2016.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Descrición dos niveis de competencia B1 e B2

Máis información:

Centro Coordinador de Información Xuvenil

Rúa de Ramón Piñeiro nº 17-19 baixo

Telf. 881 997 607 / 06

Correo electrónico: [email protected]

EN PORTADA NOVAS E ACTIVIDADES

4 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

Campamento Scout gratuito nas Corcerizas

Luns, 03 Outubro 2016 07:44

O grupo Scout ILEX 959 organiza un Campamento gratuito nas Corcerizas do 7 ao 9 de outubro para nenos e nenas de 8 a 13 anos.

Que inclúe?

A participación gratuita cubre os gastos de manutención e aloxamento (que se fará entre albergue e tendas de campaña), transporte en autobús de ida e volta dende Ourense, seguros, materiais e as actividades que desenvolverán os nosos monitores e monitoras voluntarios coa experiencia e a cualificación necesaria. Onde será?

O bus sairá o venres 7 de outubro pola tarde (hora pendente por determinar) e voltará o domingo 11 ás 19:00 horas. O aloxamento estará situado no Albergue As Corcerizas, na serra de San Mamede, na privincia de Ourense.

Máis información en http://scoutsourense.org/novo-campamento-gratuito

Probas de avaliación libres para competencias dixitais en ofimática

Luns, 03 Outubro 2016 07:56

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2, manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

A Rede Cemit ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso Codix baixo a modalidade de autoformación como material de apoio para a preparación destas probas:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico. • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc. • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base. • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de Cemit http://cemit.xunta.gal/ O prazo para presentarse a estas probas estará aberto ata o 10 de outubro de 2016.

Máis información no DOG do 3 de outubro de 2016 e en http://cemit.xunta.gal/

Convocados 5 cursos gratuitos na Uned.

Mercores, 28 Setembro 2016 09:52

Os cursos son: 1- Espazos Intermedios. Maneiras de facer cultura na PosmodernidadI. Inicio o 10 de outubro e duración de 25 horas.https://iedra.uned.es/courses/UNED/EspInter_I/2016_T4/about 2-A función recursos humanos nas Entidades non lucrativas. A xestión por competencias. Inicio o 1 de outubro e duración de 25 horas.https://iedra.uned.es/courses/UNED/ENL_117/2016_T4/about 3-As oríxenes históricas e culturais da Unión Europea. Inicio o 3 de outubro e duración de 25 horas.https://iedra.uned.es/courses/UNED/ORIG_UE001/2016_T4/about 4-Organizacións non lucrativas na Sociedade-Red: análisis e retos. Inicio o 1 de outubro e duración de 25 horas.https://iedra.uned.es/courses/UNED/ONL_115/2016_T4/about 5-Tradución literaria en inglés: desde o Old English al Spanglish. Inicio o 10 de outubro, e duración 25 horas.https://iedra.uned.es/courses/UNED/TradLitIng_01/2016_T4/about

Monográfico Ferramentas de Coaching na Coruña

Venres, 30 Setembro 2016 06:43

A Escola Galega de Tempo Libre organiza un curso monográfico de Ferramentas de Coaching, na Coruña.

Programa:

1. Que é Coaching?. Diferenzas con outras formas de intervención 2. Monitores: creadores de experiencias de lecer educativo. 3. O monitor como líder coach. 4. Construíndo relacións grupales baseadas na confianza. 5. Como comunicarnos? 6. Planificar e definir obxectivos

Data: Sábado 15 de outubro de 2016 Horario: de 10:00 a 14.00 e de 16:00 a 20:00 Lugar: Aulas da escola. Ronda de Outeiro 60. A Coruña Prezo: 40 €

Máis información: [email protected] Teléfono: 607 935 924. Horario: 10.00 a 14.00 horas de luns a venres. http://www.escolagalegadetempolibre.es/monográfico-herramientas-de-coaching/

NOVAS FORMACIÓN OUTROS CURSOS

5 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

Autorregulación, Medos e Fobias en persoas con TEA

Venres, 30 Setembro 2016 07:43

Autismo de Galicia organiza o curso Autorregulación, Medos e Fobias en persoas con TEA Programa:

Ansiedade e autismo: factores desencadeantes Importancia da autorregulación emocional Uso de estratexias e apoios visuais na autorregulación emocional e conducta: control e manexo emocional, resolución de conflictos e flexibilización cognitiva e conductual Recursos materiais. Anomalías no procesamento sensorial que condicionan a estabilidade emocional das persoas con TEA Aprender a rexistrar para unha maior comprensión Fobias e medos máis frecuentes. Docentes: Sandra Freire e María Llorente, psicólogas equipo Deletrea.

Data: 5 de novembro de 2016. Centro Abanca Obra Social. Praza de Cervantes s/n. Santiago de Compostela Horario: de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 Prezo: 60 €

Máis información na Federación Autismo Galicia www.autismogalicia.org

Certificados de profesionalidade on-line gratis en ADAMS Formación

Luns, 03 Outubro 2016 11:13

Dirixido a menores de 30 anos e estar desempregado. Cumplir unha das seguintes condicións: ser desempregado de larga duración ou provenente do plan PREPARA ou que nunca traballara ou que o seu nivel de estudos sexa de Bacharelato ou inferior. Os certificados son: - Xestión contable e xestión administrativa para auditoría, - Xestión integrada de Recursos Humáns, - Creación e xestión de microempresas, - Xestión comercial de ventas, - Actividades de venta e -Docencia Máis información: ADAMS Formación C/ Ayala, 130 28006 Madrid Teléfono: 91.503.60.54

www.adams.es

Ampliación de prazo de bolsas para alumnado con necesidades específicas

Luns, 03 Outubro 2016 08:29

Ampliase o prazo para solicitar axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativopara o curso académico 2016-2017. Pódense solicitar ata o 6 de outubro de 2016. Máis información:

Convocatoria no BOE do 6 de agosto de 2016 Ampliación prazo no BOE do 3 de outubro de 2016

5 bolsas completas para os Másteres do despacho Cremades & Calvo-Sotelo

Mercores, 28 Setembro 2016 06:51

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Cremades & Calvo-Sotelo Avogados

2.- DESTINATARIOS:

Avogados e avogadas novos con sólidos coñecementos xurídicos pero tamén creativos/as e solidarios/as.

3.- DATA LÍMITE :

BOLSAS E AXUDAS CONVOCATORIA XERAL

BOLSAS E AXUDAS FORMACIÓN PRÁCTICA

6 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

Ata outubro de 2016

4.- MÁIS INFORMACIÓN:

Para coñecer todos os detalles, consultade a páxina web ou contactar a través do correo electrónico

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

http://www.cremadescalvosotelo.com/

[email protected]

Bolsas "Programa DECIDE TRANSFORMAR Bolsas Teléfonica 2016 "

Mercores, 28 Setembro 2016 09:32

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Fundación Sepi

2.- DESTINATARIOS

Titulados universitarios que reúnan os requisitos establecidos nas bases

3.- DATA LÍMITE

Ata o 9 de outubro

4.- MÁIS INFORMACIÓN

O Programa ten como finalidade facilitar a mozos titulados universitarios períodos de formación práctica como bolseiros en centros de traballo de

TELEFÓNICA baixo a supervision de titores.

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

https://www.fundacionsepi.es/becas/telefonica-DT-fsepi.asp

Bolsas para estudar Bacharelato en Canadá ou EE.UU.

Luns, 03 Outubro 2016 06:22

A Fundación Amancio Ortega convoca 80 bolsas dirixidas a estudantes de centros de Galicia para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos. Os alumnos seleccionados convivirán cunha familia de acollida e cursarán Grao 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato). A bolsa cobre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante os dez meses de estancia. Requisitos: Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.

Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos, e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO Non estudar un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º de ESO) Enviar en prazo o formulario en liña con toda a documentación requirida

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata as 13:00 do 15 de novembro de 2016.

Máis información en http://www.becas.faortega.org/

Subvencións para o fomento de novas empresas acuícolas

Venres, 30 Setembro 2016 07:33

A Consellería do Mar convoca axudas destinadas ao fomento de novas empresas que practiquen unha acuicultura sustentable.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas os novos acuicultores que creen por primeira vez unha micro ou pequena

empresa acuícola como titulares.

Considérase novo acuicultor, para efectos destas bases, aquela/s persoa/s física/s ou xurídica/s que non estea/n

BOLSAS E AXUDAS OUTRAS

BOLSAS E AXUDAS MOBILIDADE

7 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

acometendo outra actividade económica en materia de acuicultura na data de presentación da solicitude de axuda

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de outubro de 2016.

As axudas poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento PE201F

Máis información no DOG do 30 de setembro de 2016 e en http://mar.xunta.gal/

Concurso de relatos curtos Mente libre

Martes, 27 Setembro 2016 07:47

1.- CONVOCANTE

AGIFES. Asociación Guipuscoana de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental

2.- DESTINATARIOS

Idiomas: eúscaro ou castelán.

3.- DATAS LÍMITE

20/11/2016

4.- MÁIS INFORMACIÓN

Premios: 400 € / 200 € / 100 €

Premio especial ao mellor relato en eúscaro: 1.000 €

Tema: Os traballos deben virar ao redor da saúde mental.

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO [

http://www.agifes.org/sites/default/files/concursos/agifes_Bases_Concurso-Relatos-Curtos_Libremente2016_0.pdf

Concurso de Contos Educa o teu Mundo

Martes, 27 Setembro 2016 08:01

A Fundación MAPFRE, convoca un concurso de contos de ámbito internacional entre alumnos de colexios de 19 países

Participantes Poderán participar todos os escolares que cursen calquera ciclo de Primaria ou Secundaria nun centro de educación público, concertado ou privado dentro do ámbito nacional dos seguintes países: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, República Dominicana, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, Uruguai, Venezuela e España. Inscrición e presentación ao Concurso de Contos Para poder participar, os interesados deberán inscribirse no Concurso

mediante a páxina web habilitada para ese efecto, enchendo o formulario que atoparán na mesma: http://concursodecuentos.fundacionmapfre.org. É obrigatorio que a inscrición sexa realizada polo titor, profesor e/ou mestre do Centro Educativo ou o pai/nai do alumno. En todo caso, dita persoa deberá facilitar os seus datos persoais e os datos do centro de educación onde o alumno está inscrito. Poderán presentarse ao Concurso alumnos de idades entre 6 e 11 anos á categoría de Educación Primaria e alumnos con idades entre 12 e 18 anos á categoría de Educación Secundaria

Os contos realizados polos alumnos presentaranse baixo un "alias ou pseudónimo" para resgardar a privacidade do menor. No proceso de inscrición do conto pediráselle ao responsable do menor que o estea inscribindo, que seleccione un alias do menor para podelo identificar.

Para poder realizar a entrega dos premios, despois da súa valoración por parte dos Xurados que seleccionase para ese efecto Fundación MAPFRE, requirirase por correo electrónico ao responsable do menor gañador que identifique ao alias que representou co nome real do alumno para poder facer efectiva a entrega do premio que lle correspondera.

Premios para os gañadores absolutos, en cada categoría Premio Absoluto Primaria

1 premio ao alumno dotado con: Un laptop (computador portátil) e a elixir entre unha bicicleta ou unha Tablet 1 premio ao profesor ou titor que presentou o conto dotado con: Un laptop (computador portátil) 1 premio ao centro educativo correspondente: Material educativo Premio Absoluto Secundaria

1 premio ao alumno dotado con: Un laptop e a elixir entre unha bicicleta ou cámara deportiva 1 premio ao profesor ou titor que presentou o conto dotado cun laptop 1 premio ao Centro Educativo correspondente: Material educativo. Premios para os gañadores nacionais (1 por país, excluíndo ao gañador absoluto), en cada categoría: Premio Nacional Primaria 18 premios aos alumnos dotado con: Unha bicicleta ou Tablet 18 premios aos profesores ou titores que presentaron o conto dotado con: Un laptop 18 premios aos seus centros educativos correspondentes: Material educativo. Premio Nacional Secundaria 18 premios aos alumnos dotado con: Unha bicicleta ou unha cámara deportiva 18 premios aos profesores ou titores que presentaron o conto dotado con: Un laptop 18 premios aos seus centros educativos correspondentes: Material educativo O prazo de presentación a concurso dos contos estará aberto ata o 15 de novembro de 2016

https://concursodecuentos.fundacionmapfre.org/bases-concurso/

PREMIOS E CONCURSOS PREMIOS E CONCURSOS

8 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

Concurso fotografía MiErasmusPlus

Mercores, 28 Setembro 2016 09:51

Convocado polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación), está dirixido a todas as persoas fícias que estén realizando ou realizaran unha mobilidade financiada polo programa Eramus+ no ámbito da educaión e a formación. Daranse 4 premios que consistirán nun completo lote de produtos Erasmus+. http://www.injuve.es/convocatorias/premios/concurso-fotografia-mierasmusplus

VIII Concurso de carteis contra a violencia de xénero 2016

Venres, 30 Setembro 2016 08:02

O Centro de Información a Muller do Concello de Cee convoca un concurso de creación dun cartel que forme parte da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero.

Poderán concursar todas as persoas que o desexen maiores de 14 anos. Calquera técnica é válida para a realización do cartel, condicionada a que se presente en cartulina de dimensión mínima de 40 cm de largo e 30 cm de ancho, en soporte ríxido para evitar desperfectos ou en portadocumentos. Cada cartel deberá incluír un lema relativo á non violencia ou indicativo do día 25 de novembro (Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres). O lema poderá estar escrito en galego ou en castelán, que poderá ser traducido para a súa reproducción. Os traballos deberán ir acompañados dun sobre pechado no que figure o lema do cartel, e que conteña os seguintes

datos: Datos persoais: nome, apelidos, enderezo, nº de teléfono de contacto e e-mail (si se ten). Fotopia do DNI, NIE ou Pasaporte. Unha autorización do pai, nai ou titor, sempre que o concursante sexa menor de idade.

Os traballos deberán entregarse no Concello de Cee, sito en Rúa de Domingo de Andrade s/n, en horario de 9:30 a 13:30 horas, ou ben por correo ordinario facendo constar: “Para o VIII concurso de carteis contra a violencia de xénero 2016” Concello de Cee Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n 15270 Cee. A Coruña

Premios:

1ª Categoría para maiores de 18 anos: Premio: 120 € 2ª Categoría para o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacherelato: Premio: 100 € 3ª Categoría para o alumnado 4º, 5º, 6º de primaria e 1º da ESO: Premio: 80€ O premio da 3ª categoría será un vale para material didáctico, libros, mochila... a canxear en calquera das librerías do Concello. Para recibir o premio as nenas e nenos menores de idade, estarán acompañados pola nai/pai ou titor legal.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de novembro de 2016.

Máis información no BOP da Coruña do 30 de setembro de 2016

Juvenes Translatores 2016

Luns, 03 Outubro 2016 06:54

A Dirección Xeral de Tradución (DG Tradución) da Comisión Europea organiza Juvenes Translatores 2016, concurso de tradución para centros de ensino da Unión Europea. O concurso consta das tres fases principais seguintes:

Preparativos Proba de tradución Cerimonia de entrega de premios. Preparativos: Os centros que desexen participar deberán inscribirse ata as 12:00 do 20 de outubro de 2016.

Entre os centros que se inscribiron efectuarase un sorteo ao azar para seleccionar aqueles que participarán no concurso. Os centros seleccionados elixirán entre dous e cinco alumnos concursantes, nacidos en 1999, e introducirán

na base de datos os nomes e apelidos destes e os pares de linguas correspondentes antes do 21 de novembro de 2016. Proba de tradución:

Terá lugar o 24 de novembro de 2016. Ese día, a DG Tradución enviará aos centros os textos para traducir. A proba realizarase de acordo coas normas que estableza cada centro. As traducións deberán cargarse o mesmo día da proba nunha base de datos xestionada pola DG Tradución. A DG Tradución avaliará as traducións e designará unha tradución gañadora por cada Estado membro Cerimonia de entrega de premios:

Os gañadores serán convidados á cerimonia de entrega de premios en Bruxelas na primavera de 2017. A DG Tradución sufragará os gastos de viaxe e aloxamento do gañador, un acompañante adulto e un profesor de cada Estado membro.

Máis información:

http://ec.europa.eu/translatores/rules/index_es.htm

Profesores/as de música para A Pontenova

Martes, 27 Setembro 2016 07:03

O Concello da Pontenova necesita contratar o seguinte persoal para a Escola Municipal de Música:

1 profesor de Guitarra 1 profesor de Percusión 1 profesor de Piano 1 profesor de Gaita Galega Requisitos: Título de profesor polo Conservatorio Oficial de Música (Grao Medio) na especialidade á que se opte.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de outubro de 2016. Máis información no BOP de Lugo do 27 de setembro de 2016

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PÚBLICO

9 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

Convocada 1 praza interina de operario de obras e servizos no Porriño (Pontevedra)

Mercores, 28 Setembro 2016 09:49

A praza será convocada polo sistema de concurso-oposición, cando se publique no DOGA. . Máis información www.boppo.es do 21 de setembro.

Convocadas 6 prazas do Corpo de Seguridade Nuclear e Proteción Radiolóxica.

Mercores, 28 Setembro 2016 09:53

O Consello de Seguridade Nuclear, convoca estas prazas, polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días, contados

a partir da publicación no BOE. Máis información BOE do 27 de setembro de 2016. www.boe.es

Xestor de proxecto para a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Xoves, 29 Setembro 2016 06:28

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde fai unha convocatoria para a provisión mediante contrato laboral temporal dunha praza de titulado/a superior de xestor de proxecto para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria. A persoa seleccionada vai traballar na execución e xestión do proxecto europeo Empattics. http://empattics.eu/ Requisitos:

Estar en posesión da titulación de grao (ou licenciado) en Ciencias Sociais ou en Ciencias da Vida: Economía, Dereito, Ciencias Políticas, Empresariais, Ciencias Químicas, Farmacia, Ciencias Biolóxicas ou Medicina. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de outubro de 2016.

Máis información en http://www.acis.sergas.es/ e no DOG do 29 de setembro de 2016

Persoal para Seaga

Venres, 30 Setembro 2016 07:52

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, Seaga abre un prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos candidatos a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2016.

Máis información en http://www.epseaga.com/

Xuíz de Paz substituto en Dumbría

Venres, 30 Setembro 2016 08:13

O Concello de Dumbría fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz substituto.

Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da

función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou

inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.

Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de outubro de 2016.

Máis información no BOP da Coruña do 30 de setembro de 2016.

Persoal para o concello de Foz

Venres, 30 Setembro 2016 08:17

O Concello de Foz necesita contratar o seguinte persoal:

Operario de obras-oficial 1ª

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de outubro de 2016. Máis información no BOP de Lugo do 30 de setembro de 2016

Persoal para o concello de Ribadeo

Venres, 30 Setembro 2016 08:21

O Concello de Ribadeo necesita contratar o seguinte persoal:

Axente TIC Titulación académica: Titulo Ciclo Superior de Informática, equivalente ou superior en calquera das ramas de informática-ofimática. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de outubro de 2016.

Máis información no BOP de Lugo do 30 de setembro de 2016

Xuíz de Paz titular e substituto en Baltar

Luns, 03 Outubro 2016 10:43

O Concello de Baltar fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz titular e substituto.

Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da

función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou

10 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.

Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de outubro de 2016.

Máis información no BOP de Ourense do 1 de outubro de 2016.

Convocadas 22 prazas do Corpo de Comerciais do Estado

Luns, 03 Outubro 2016 11:07

O Ministerio de Economía e Competitividade, convoca estas prazas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días,

contados a partir da publicación o día 1 de outubro. www.boe.es

Convocadas 14 prazas do Corpo de Enxeñeiros Técnicos del SOIVRE.

Luns, 03 Outubro 2016 11:08

O Ministerio de Economía e Competitividade, convoca estas prazas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días,

contados a partir da publicación o día 1 de outubro. www.boe.es

Convocadas 10 prazas do Corpo de Inspectores del SOIVRE.

Luns, 03 Outubro 2016 11:08

O Ministerio de Economía e Competitividade, convoca estas prazas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días,

contados a partir da publicación o día 1 de outubro. www.boe.es

Convocadas 12 prazas do Corpo Superior de Inspectores de Seguros do Estado.

Luns, 03 Outubro 2016 11:09

O Ministerio de Economía e Competitividade, convoca estas prazas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días,

contados a partir da publicación o día 1 de outubro. www.boe.es

Convocadas 31 prazas do Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado.

Luns, 03 Outubro 2016 11:10

O Ministerio de Economía e Competitividade, convoca estas prazas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días,

contados a partir da publicación o día 1 de outubro. www.boe.es

Convocadas 150 prazas de reservista voluntarios das Forzas Armadas

Luns, 03 Outubro 2016 11:10

O Ministerio de Defensa, convoca estas prazas de reservista, polo sistema de concurso. As solicitudes, faranse por reserva. Máis información BOE

do 3 de outubro de 2016. www.boe.es

Convocadas 5 prazas de enfermeiro na Deputación Provincial de Valladolid

Luns, 03 Outubro 2016 11:11

As prazas son convocadas polo sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da

publicación no BOE. Máis información www.boe.es

Convocada 1 praza temporal de enxeñería industrial ou enxeñería técnica industrial na UDC

Luns, 03 Outubro 2016 11:12

A Universidade da Coruña, convoca esta praza (2 meses), como colaborador en proxectos de investigación. O prazo de presentación de solicitudes é

de 10 días, desde a publicación o 30 de setembro.

www.udc.es

11 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

Chapista-Mecánico para O Pino

Martes, 27 Setembro 2016 11:28

Máis información: http://axencialocaldecolocacion.org/ofertas/2052/chapista-mecanico

Urxe Técnico/a de mantemento en Santiago

Xoves, 29 Setembro 2016 07:15

Máis información: http://axencialocaldecolocacion.org/ofertas/2056/urxe-tecnicoa-de-mantemento

Urxe Peóns ordinarios en Santiago

Xoves, 29 Setembro 2016 07:15

Máis información: http://axencialocaldecolocacion.org/ofertas/2055/urxe-peons-ordinarios

Urxe Peón especialista en Santiago

Xoves, 29 Setembro 2016 07:16

Máis información: http://axencialocaldecolocacion.org/ofertas/2054/urxe-peon-especialista

URXE Oficial 1ª Albanel en Santiago

Xoves, 29 Setembro 2016 07:17

Máis información: http://axencialocaldecolocacion.org/ofertas/2053/urxe-oficial-1-albanel

Ofertas Servizo Público de Emprego 30/09/2016

Venres, 30 Setembro 2016 09:18

Nº de oferta: 12/2016/9844

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: técnicos/as en electricidade de automoción.

Localidade: Ferrol (A Coruña)

Requisitos: mecánico/a-electricista de automoción con experiencia acreditada.

Nº de oferta: 12/2016/10050

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: axentes de seguros

Localidade: Ourense

Requisitos: necesítase axente de seguros.

Nº de oferta: 12/2016/10071

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: chapistas-pintores de vehículos

Localidade: Cambre (A Coruña)

Requisitos: chapista con experiencia imprescindible en chapeado de coches. Contrato indefinido. Incorporación inmediata.

Nº de oferta: 12/2016/10271

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: delineantes, en xeral

Localidade: Padrón (A Coruña)

Requisitos: necesitase delineante de estruturas metálicas con experiencia para a zona de Padrón.

Nº de oferta: 12/2016/10306

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PRIVADO

12 3 de outubro de 2016 – Revista 1091

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: operadores de máquinas de CNC para fabricar produtos de madeira

Localidade: Teo ( A Coruña)

Requisitos: necesítase operadores de máquinas de CNC para fabricar produtos de madeira para a zona de Teo.

Nº de oferta: 12/2016/10354

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: perruqueiro/a de señoras

Localidade: Vigo (Pontevedra)

Requisitos: necesítase perruqueiro/a de señoras, oficiais

Nº de oferta: 12/2016/10374

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: fisioterapeutas, en xeral

Localidade: Burela (Lugo)

Requisitos: necesítanse fisioterapeutas.

Nº de oferta: 12/2016/10467

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: caldereiros/as-tubeiros/as (fabricación de construccións metálicas)

Localidade: Coruña, A.

Requisitos: tubeiro/a oficial de 1ª con experiencia no sector alimentario en traballos con tubería inoxidable. Curso PRL 60 hrs. experiencia.

Nº de oferta: 12/2016/10480

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: axentes comerciais

Localidade: Ribadavia (Ourense)

Requisitos: se ofrece: -innovadora formación teórico/práctico.

-ambicioso plan de carrera profesional.

-contrato mercantil de ingresos fijos + incentivos

-dereito de carteira.

-apoio o desenvolvemento de negocio e explotación de carteira de clientes.

Nº de oferta: 12/2016/10488

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: cociñeiros/as, en xeral

Localidade: Ortigueira (A Coruña)

Requisitos: necesitase cociñeiro/a e axudante de cociña con experiencia demostrable para restaurante/asador/cafetería en Ortigueira. Incorporación

inmediata.

Nº de oferta: 12/2016/10503

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: axentes comerciais

Localidade: Lalín (Pontevedra)

Requisitos: persoa en situación de desemprego, para captación de clientes zona comarca Deza con carné de condución. Experiencia mínima de 6

meses como axente comercial.

Nº de oferta: 12/2016/10520

Data: 30/09/2016

Posto ofertado: instaladores electricistas, en xeral

Localidade: Castro Caldelas (Ourense)

Requisitos: instalador/a electricista oficial de 1ª. Xornada de luns a sábado.

Máis información no tfono 012 e na páxina web:

http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/

13 3 de outubro de 2016 – Revista 1091