1ºeso. t.2. os 3 estados da materia

5
Tema 2. Os 3 estados da materia Debes de subliñar a lapis o máis importante e poñer palabras claves e anotacións á dereita do texto Debes facer un esquema coas palabras clave marcadas e débelo presentar antes do exame. Elaborado por Xacobo de Toro e revisado por Luisa Corredoira Nome e Apelidos: 1. Os 3 estados da materia. A materia na natureza preséntase de diferentes formas que son distintos estados nos que podemos atopar a materia. Os 3 estados son: sólido, líquido, gasoso. Un exemplo é o ciclo da auga (H 2 O) que pode amosar 3 estados diferentes no planeta Terra. Na actividade “pensa e deduce” do libro, a pedra sólida mantén a forma, o volume e a masa aínda que a cambiemos de recipiente. O líquido cambia de forma cando o cambiamos de recipiente. O gas tende a ocupar todo o volume que pode e cambia a forma e o volume cando o cambiamos de recipiente. 2. Os 3 estados da materia. Os gases como o O 2 (osíxeno) ou o CO 2 (dióxido de carbono) permanecen en estado gasoso. Porén, a maioría dos minerais teñen estado sólido, aínda que ollo ¡hai algún en estado líquido!, como é o caso de mercurio. Os sólidos caracterízanse por ter forma, masa e volume constantes. Os líquidos teñen a forma e o volume constantes pero a súa forma é variable. Os gases non teñen forma nin volume fixos, pero a súa masa si é constante. É característico dos gases a gran variación de volume que experimentan cando cambian as condicións de temperatura e presión.

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

1º ESOCiencias da Natureza.Apuntamento por Xacobo de Toro para o alumnado do CPI COnde de Fenosa

TRANSCRIPT

Page 1: 1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia

Tema 2. Os 3 estados da materiaDebes de subliñar a lapis o máis importante e poñer palabras claves e anotacións á dereita do texto

Debes facer un esquema coas palabras clave marcadas e débelo presentar antes do exame.

Elaborado por Xacobo de Toro e revisado por Luisa Corredoira

Nome e Apelidos: Nº

1. Os 3 estados da materia.

A materia na natureza preséntase de diferentes formas que son distintos estados nos que podemos atopar a materia. Os 3 estados son: sólido, líquido, gasoso.

Un exemplo é o ciclo da auga (H2O) que pode amosar 3 estados diferentes no planeta Terra.

Na actividade “pensa e deduce” do libro, a pedra sólida mantén a forma, o volume e a masa aínda que a cambiemos de recipiente. O líquido cambia de forma cando o cambiamos de recipiente. O gas tende a ocupar todo o volume que pode e cambia a forma e o volume cando o cambiamos de recipiente.

2. Os 3 estados da materia.

Os gases como o O2 (osíxeno) ou o CO2 (dióxido de carbono) permanecen en estado gasoso. Porén, a maioría dos minerais teñen estado sólido, aínda que ollo ¡hai algún en estado líquido!, como é o caso de mercurio.

Os sólidos caracterízanse por ter forma, masa e volume constantes. Os líquidos teñen a forma e o volume constantes pero a súa forma é variable. Os gases non teñen forma nin volume fixos, pero a súa masa si é constante. É característico dos gases a gran variación de volume que experimentan cando cambian as condicións de temperatura e presión.

3. A materia está formada por partículas e teoría científica das partículas.

Toda a materia está formada por partículas moi pequenas en continuo movemento. Estas partículas son as moléculas e os átomos. As partículas son tan pequenas que non as poderiamos ver nin co microscopio máis potente. Dependendo do grao de unión e da orde que teñan no espazo estas partículas determinarán os tres estados posibles da materia: sólido, líquido e gasoso.

A teoría cinética das partículas comprende dúas leis fundamentais: A materia está formada por partículas. As partículas atópanse en continuo movemento.

4. A teoría cinética e os tres estados da materia.

Tal e como explicamos no punto anterior dependendo da agrupación ou do unidas que estean unhas partículas ás outras temos diferentes graos de agregación ou estados da materia.

Page 2: 1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia

4.1. Os sólidos están formados por partículas que están moi firmemente unidas entre si. A masa, a forma e o volume son constantes. As partículas só poden moverse vibrando ou oscilando arredor de posicións fixas. Ao aumentar a temperatura aumenta a vibración das partículas.

As partículas dispóñense de forma ordenada, cunha regularidade espacial xeométrica, que dá lugar a redes cristalinas que, se son visibles a simple vista, forman cristais. Ex: sal de mesa.

Os sólidos cuxas partículas non están ordenadas en redes cristalinas teñen unha estrutura amorfa ou vítrea. Ex: plásticos ou vidros.

4.2. Os líquidos están formados por unhas forzas de atracción menores que nos sólidos isto permítelles trasladarse con liberdade, xa que poden desprazarse unhas sobre as outras en grupos e cambiar de posición. Todo isto explica que non teñan forma fixa e adopten a forma do recipiente que os contén. Teñen volume e masa constante. Ao aumentar a temperatura aumenta a mobilidade das partículas (a súa enerxía).

4.3.Os gases están formados por partículas que son moi pequenas que se moven de forma desordenada, con choques entre elas e contra as paredes do recipiente que os contén ocupando todo o espazo dispoñible. Non teñen nin forma fixa nin volume fixo.

Isto explica: A expansión: prodúcese cando aumenta a distancia entre as súas partículas para ocupar un volume maior. A compresión: é debida a diminución da distancia entre as súas partículas para ocupar un volume menor. Se aumenta a temperatura as partículas móvense máis á présa e chocan con máis enerxía contra as paredes do recipiente, polo que aumenta a presión.

Os gases difúndense con facilidade polo que as súas partículas se dispersan e desprazan unhas sobre as outras, mesturándose moi rápido.

Nota: repasa as animacións postas en clase dos estados da materia e que tedes no blog (etiqueta “animacións”).

http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/cambios.htm

5. A temperatura e os estados da materia.

A dilatación é o aumento de volume que experimentan os sólidos, líquidos e gases cando se eleva a súa temperatura debido a que as partículas que os constitúen adquiren unha mobilidade maior e distáncianse entre si.

A contracción é a diminución do volume que experimentan os sólidos, líquidos e gases cando descende a súa temperatura debido a que as partículas que os constitúen diminúen a súa mobilidade e por conseguinte, a distancia entre elas .

Os sólidos e os líquidos teñen un volume fixo cando a temperatura é constante pero se a Tª ascende prodúcese dilatación: o volume aumenta xa que as partículas vibran máis e distáncianse, sen chegar a separarse. Se a Tª descende ocorre xustamente o contrario, a contracción e o volume diminúe debido a que a mobilidade das partículas é menor e a distancia entre elas redúcese.

Os gases están formados por partículas en continuo movemento que chocan contra as paredes do recipiente que os contén. Os impactos exercen unha forza sobre a superficie das paredes chamada presión.

Os gases tamén experimentan fenómenos de compresión e dilatación. Se as paredes do recipiente que contén un gas son flexibles ou elásticas e poden cambiar de volume, poderemos ver

Page 3: 1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia

estes fenómenos doadamente. Se as parades do recipiente son ríxidas, cando aumenta a Tª tamén aumenta a presión exercida polo gas, posto que as partículas se moven máis á présa e chocando entre elas e coas paredes con maior frecuencia e forza.

6. Cambios de estado.

Un cambio de estado é unha modificación do estado de agregación da materia, é dicir, na disposición das partículas que a constitúen, non no seu tipo (a substancia segue sendo a mesma). Ex: O xeo, a auga e o vapor de auga seguen sendo H2O, pero en diferentes estados.

O paso de sólido a líquido denomínase fusión. A temperatura á que un sólido se funde e pasa ao estado líquido chámase punto de fusión. O punto de fusión é diferente para cada substancia e cada substancia ten o seu propio punto de fusión. O P.F da auga é de 0ºC, no que o xeo se converte en auga.

O paso do estado líquido ao estado gasoso denomínase vaporización. Se a vaporización se produce en toda a masa do líquido falamos de ebulición: toda a masa de líquido ten enerxía para converterse en gas e "escapa”; pero se se produce a calquera temperatura, lentamente e na superficie do líquido, recibe o nome de evaporación. A temperatura á que unha substancia ferve e pasa de estado líquido a gasoso (vapor) denomínase punto de ebulición, e é diferente para cada substancia. No caso da auga, o punto de ebulición é de 100ºC

O paso do estado gasoso ao estado líquido denomínase condensación ou licuación. A temperatura á que un gas se condensa é a mesma que a temperatura de ebulición do líquido. Un exemplo son as pingas de auga sobre o espello do cuarto de baño cando te duchas, xa que o vapor de auga arrefría sobre os espello e se condensa.

O paso de líquido a sólido denomínase solidificación. A temperatura á que un líquido se solidifica é a mesma que a temperatura á cal ese líquido solidificado se funde. No caso da auga o punto de solidificación é de 0ºC.

O paso do estado sólido ao gasoso, e viceversa, denomínase sublimación.

Os cambios de estado reciben diferentes nomes, dependendo dos estados inicial e final. O estado no que se presenta unha substancia depende das condicións nas que se atope, é dicir, non existen substancias sólidas, líquidas ou gasosas por natureza.

Repasa atentamente os cambios de estado da animación posta en clase e os cambios de estado da auga.

6.1. O volume, a masa e a densidade nos cambios de estado.O volume que ocupa unha substancia en estado gasoso é maior ca o que ocupa en estado

líquido, e este, a súa vez, é maior ca o que ocupa en estado sólido.

A densidade que ten unha substancia en estado gasoso é menor ca en estado líquido, e esta, á súa vez é menor ca a que ten en estado sólido.