15 marzo 2012 - bd52

24
Número: 52- Ano: IV - 16 de marzo de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 30 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. TENIS Páx. 10 BALONMAN Páx. 3 José Paz e Iria Fernández, campións provinciais nos 10.000 metros en pista Defendendo as nosas cores: María José Bolonio, do Pabellón Feminino [páx. 18] Valeria López, un valor en alza Ascenso de Primeira Os xogadores do Pabellón Balonmán celebran o ascenso a 1ª Autonómica. /RAMSÉS [páx. 12] O 1º BTT Palmes - Ourense, o 25 de marzo [páx. 19]

Upload: barrios-deportivo

Post on 29-Mar-2016

242 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

A noticia de portada deste número 52 do Barrios Deportivo é o ascenso do Pabellón balonmán á 1ª Autonómica Galega despois de máis de 20 anos tentándoo. Segundo co balonmán, celebrouse a segunda edición do Cidade de Ourense, no que o Ademar León conqueriu o trofeo. Facémonos de dúas presentacións: a da V Copa Galicia de Ximnasia Acrobática e a do 1º BTT Palmés - Ourense. O kick boxing volvía a Ourense nunha velada celebrado no anexo dos Remedios, e onde os púxiles galegos enfrontábanse a valencianos, portugueses e ucranianos.

TRANSCRIPT

Page 1: 15 Marzo 2012 - BD52

Número: 52- Ano: IV - 16 de marzo de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 30 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

TENIS Páx. 10BALONMAN Páx. 3

José Paz e Iria Fernández, campións provinciais nos 10.000 metros en pista

Defendendo as nosas cores: María

José Bolonio, do Pabellón Feminino [páx. 18]

Valeria López, un valor en alza

Ascenso de Primeira

Os xogadores do Pabellón Balonmán celebran o ascenso a 1ª Autonómica. /RAMSÉS

[páx. 12]

O 1º BTT Palmes - Ourense, o 25 de marzo

[páx. 19]

Page 2: 15 Marzo 2012 - BD52

� BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

AXENDA - BALONMÁN

4 Axenda deportivaFútbol- Do 16 ao 18. San Rosendo (Celanova), Os Carrís (Bar-badás) e O Couto (Ourense). Campionato Nacional de seleccións Autonómicas Sub16 e Sub18. Participarán as seleccións de Aragón, Cataluña e Galicia.- Día 18. José Arjiz (Verín). Verín - Alerta Traviesas.- Día 18. Ourense. CD Ourense B - Choco.- Día 18. Os Carrís. UD Barbadás - Nigrán.- Día �5. O Couto. CD Ourense - As Pontes.

Baloncesto- Día 17. Polideportivo Vedruna -19.15h.- Codigalco Carmelitas - Aguere.- Día 18. Os Remedios -1�.00h.- ABO - Chantada.- Día 18. Paco Paz -19.00h.- COB - Andorra.- Día �4. Os Remedios -�0.00h.- Pabellón Feminino - Cáceres.

BTT- Día �5. Palmés -A partir das 9.30h..- 1º BTT Palmés - Ourense.Atletismo- Día 18. Xinzo de Limia -a partir das 10.30h.-. V 10 Qm Vila Xinzo de Limia.

Fútbol sala feminino- Día 17. Os Remedios (Anexo) -17.00h.- Cidade As Burgas - Móstoles.- Día �4. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Futsi Navalcarnero.

Ximnásia- Do 15 ao 17. Os Remedios. V Copa Galicia de Xim-nasia Acrobática.

Balonmán- Día 17. Os Remedios -�0.00h.-. Pabellón Balonmán - Caselas.

Voleibol- Día 17. Paco Paz -17.00h.- Auria Vella Voleyourense - Mexillón de Ouro Vb Rianxo.- Día 11. Paco Paz -1�.00h.- CV Ourense B - Xuvenil Teis B.

Pádel- Días 18. Club P�1 -16.00h.- P�1 B - Pádel Soutomaior.

Hoquei (Primeira División Grupo III)- Día �4. Mariñamansa -16.00h.- Cidade - Atlántico.- Día �4. Mariñamansa -18.00h.- Cudeiro - Barrocás.- Día �5. Mariñamansa -1�.00h.- Barrocás - Jolaseta.

Os partidos tiveron unha grande intensidade./RAMSÉS

Redacción

O polideportivo de Oira e o pavillón dos Remedios foron a sede do segundo torneo de balonmán Cida-de de Ourense de veteráns. No primeiro partido da primeira xornada disputa-da en Oira, o Laspra Cas-trillón de Asturias venceu ao equipo ourensán do Sergave Ourense por 13-8 nun partido moi vibrante ata os últimos minutos. O segundo partido en-frontaba ao Ademar León contra o Lalín, os leoneses impuxéronse aos ponteve-dreses por un tanteo de �4-16. O Lalín seguiría na cancha de Oira no ter-ceiro encontro para xogar contra o Sergave Ourense; o 19-�4 facía acadar os dous primeiros puntos aos ourensáns. No último par-tido da xornada chegaría o partido máis disputado, o que enfrontou a León con-tra Castrillón; 17-16 foi o resultado final a prol dos leoneses.

Con estes resultados a xornada deixaba a Ademar León na primeira posición con catro puntos, segui-do de Sergave Ourense e Laspra Castrillón con dous cada un, e pechando

A diferenza de goles fai que o torneo de balonmán marche para León4 Na segunda edición do torneo de balonmán veteráns.

a clasificación o Lalín con cero puntos.

Xornada finalQuedaba todo por decidir-

se na segunda e última xor-nada do torneo que se tras-ladaba ata a cancha central

dos Remedios. No primeiro partido o Laspra Castrillón desfacíase do Lalín por un apretado 17-16, o que facía acumular catro puntos aos asturianos e empatar na cla-sificación co Ademar León, co golaverage favorable

para o Ademar. No último partido do torneo, o Ouren-se tiña que gañar por máis de tres goles para conquis-tar o título. Nun partido moi emocionante os ourensáns conseguiron dobregar ao Ademar 15-13, diferenza insuficiente para alzarse co segundo torneo Cidade de Ourense.

Un triple empate a catro puntos entre Ademar León, Sergave Ourense e Lastra Castrillón fixo que o cam-pionato tivera que decidir-se pola difenza de goles, no que os leoneses foron os primeiros ao ter +7 go-les, polos +6 dos ourensáns (segundos) e o +5 dos astu-rianos (terceiros); o Lalín foi o cuarto clasificado con cero puntos. Un gran torneo con grandes partidos que mostraron a calidade dos xogadores veteráns de ba-lonmán e a igualdade dos conxuntos, e que se deci-diron polos goles anotados e encaixados dos equipos participantes.

Un xogador do Sergave elévase ante a defensa rival./RAMSÉS

Page 3: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

3BALONMÁN

O Pabellón Balonmán leva 20 vitorias en 20 encontros disputados esta tempada

Os xogadores do Balonmán Pabellón celebrando o ascenso. /RAMSÉS

Redacción

O pasado sábado, o Club Balonmán Pabellón procla-mouse matematicamente campión da �ª Autonómica tras vencer nun disputadísi-mo encontro ao Cinco Jotas

Ascenso pola porta grande4 O Balonmán Pabellón ascende á Primeira División Autonómica despois de máis de 20 anos intentándoo.

Lavadores de Vigo. Ante un anexo dos Remedios com-pletamente abarrotado (pre-to de 500 persoas animaron desde as bancadas), os pu-pilos de Zarra non desapro-veitaron a primeira ocasión que tiveron para ascender,

logo de buscar o devandito ascenso desde fai máis de dúas décadas. Chegaban á cuarta xornada da fase de ascenso coa primeira opor-tunidade para subir; e é que o cadro ourensán marcha con paso firme esta tempada

sen dobregarse ante ningún rival cos que se enfrontou. Todos os partidos os conta-ba por vitorias e unha máis suporía rematar co obxecti-vo marcado.

Desde o principio palpá-base a importancia da cita, e o ver as bancadas cheas de seareiros pasou factura nos xogadores locais. A inten-sidade defensiva foi a nota dominante nos primeiros minutos de encontro contra un dos mellos equipos que aterraron este tempada en Ourense. A velocidade no ataque vigués era perfecta-mente contrarrestada pola zaga ourensá e sobre todo polo porteiro, Diego Marí, que facía manter ao equi-po no partido. Os extremos ourensáns que tan boa cam-paña fixeran non tiveron o seu día, sen embargo esa falta de acerto foi suplida polo gran partido de Fran Varela e Jorge Noguerol desde a primeira liña. A pre-sión que tiñan os xogado-res do Pabellón reflexouse en moita intensidade pero poucos contragolpes co fin de minimizar ao máximo as perdas de balón. Cando o xogo trabábase, os goles de Fran Varelo ou o corpo de Diego Marí impedían que os vigueses despegáranse no marcador. Esta foi a nota dominante ata os 15 últimos minutos onde se chegou con empate a �0 tantos. A partir dese momento os homes de Zarra lograron desprender-se da presión e fixéronse co control do partido, logran-do o impulso definitivo que os levaría á vitoria, grazas a un parcial de 6-1 a favor que foi insalvable para o Lavadores.

Nos últimos minutos, xa con todo decidido, os visi-tantes recortaron distancias sen perigar a vitoria e can-do o banco e as bancadas estaban celebrando a con-secución do título e o as-

censo. �9-�7 foi o resultado final nun día histórico para o club que logra un ascenso que se lle escapara nas dúas tempadas anteriores. Esta vitoria xunto co empate en-tre o segundo e o terceiro clasificado certificaba un máis que merecido ascenso dunha plantilla moi nova e totalmente da casa.

Tempada impolutaEsta tempada é para re-

cordar durante moitos anos, durante toda a vida. O Club Balonmán Pabellón proclá-mase de forma merecida campión da Segunda Au-tonómica despois de lograr �0 vitorias en outros tantos encontros, e o máis asom-broso, a falta de catro xor-nadas para o final. Agora o obxectivo do Pabellón é o

de rematar a liga cun cero no casilleiro de derrotas, empresa difícil se temos en conta que enfrontaranse como visitantes a equipos que aínda andan na loita polo ascenso.

Este sábado, 17 de mar-zo, a partir das �0.00 horas, o Pabellón Balonmán ten unha nova cita ante a súa afección; será no anexo dos Remedios onde recibirán ao Caselas, equipo ao que xa derrotou nesta fase fóra de casa por un claro 19-30.

O partido foi moi intenso de principìo a fin. /RAMSÉS

A afección estivo animando en todo momento. /RAMSÉS. A vitoria contra o Lavadores dá o ascenso. /RAMSÉS

Page 4: 15 Marzo 2012 - BD52

4 BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

KICK BÓXING

Na velada participaron púxiles de Galicia, Valencia, Portugal e Ucrania

Redacción

O anexo dos Remedios engalanouse para acoller a oitava edición do Tro-feo Internacional de kick boxing “Cidade de Ouren-se”. Unha gala que encheu as bancadas do anexo con centos de afeccionados do kick bóxing que non que-rían perderse un evento que facía ben tempo que non se daba na nosa cidade.

8º trofeo internacional “Cidade de Ourense” de kick bóxing4 22 deportistas participaron no evento que tivo lugar nos Remedios.

Combates moi iguala-dos

�� deportistas foron os participantes dos cales 14 eran galegos (6 pertencían ás Escolas de kick boxing Cipri Gomes). Os galegos enfrontáronse a rivais che-gados de Portugal, Valencia e Ucrania, realizando com-bates moi igualados tecnica-mente que fixeron vibrar ao público asistente. Todo isto amenizado polos 100.000

watios de luz e son.No primeiro dos com-

bates, o debutante Diego Caride das Escolas de kick bóxing Cipri Gomes, per-deu aos puntos con Jorge Suárez de Castro de Rei-Lugo. Jesús Cortés do Odi-sea Sport de Pontevedra caeu aos puntos co valen-ciano Manuel Ildefonso no segundo dos combates. O púxil de Oleiros - A Coruña, Álvaro Muñoz do AA.MM.

Bushido, foi o vencedor aos puntos no seu combate contra Diego Martínez do Club Kick bóxing Frank da Coruña. Francisco Javier Martín, de Ferrol, nunha decisión arbitral moi divi-dida, non puido con Daniel Vázquez do AA. MM. Bus-hido de Oleiros.

No quinto combate, o ourensán Joel Araújo das Escolas de kick bóxing Cipri Gomes venceu aos

Dous púxiles combaten baixo a mirada do xuíz. /RAMSÉS

puntos ao valenciano Da-niel García. Diego Vassa-lo, púxil das EE.de kick bóxing Cipri Gomes, cedeu o seu combate aos puntos contra o valenciano Borja García. O ferrolán Felipe Pita sucumbiu perdendo aos puntos co púxil da Fe-deración Valenciana, Cris-tian Herrera.

No oitavo combate Ma-nuel Jiménez das EE. de kick bóxing Cipri Gomes, foi o gañador aos puntos contra o ucraniano Igor Melnychuk. Jonathan Gar-cía, do Club Úrsula de Ca-toira-Pontevedra, venceu aos puntos ao portugués Daniel Almeida, do Xim-nasio Clube Mirandela de kick bóxing. Marcos Ro-dríguez (EE.de kick bóxing Cipri Gomes), e natural de Ribadavia, perdeu por K.O. técnico, co portugués Bruno Vicente do Ximnasio Clube Mirandela de kick bóxing.

O mellor para o finalO último dos comba-

tes da noite entre as 1� cordas traía ao ourensán Jorge Mouriño, quen non

Joel Araújo no combate contra Diego Vassalo. /RAMSÉS

defraudou as expectativas dos presentes, e venceu por unanimidade dos xuíces nun combate espectacular que fixo levantar a máis dun do seu asiento, ao des-facerse de Tito Resende, actual campión de Portugal da categoría e peso.

Daniel Vázquez vencedor do seu combate. /RAMSÉS

Page 5: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

5XIMNASIA / HOQUEI

Presentación da V Copa Galicia de Ximnasia Acrobática./RAMSÉS

O Ourense H.C. caeu contra o líder, Sardinero./RAMSÉS

A V Copa Galicia de Ximnasia acrobática reunirá 200 ximnastas4 Será o sábado 17 de marzo no pavillón dos Remedios.R. T.

Este sábado, 17 de mar-zo, na cancha central do pavillón dos Remedios terá lugar a quinta edición da Copa Galicia de Ximnasia Acrobática. Un evento de caracter internacional ao que acudirán �00 ximnas-tas de Andalucía, Galicia e Portugal (no país veciño hai unha grande tradición por este deporte).

O sábado 17 pola mañá a competición chegará da man das categorías cadete e xuvenil, e onde veremos ao trío feminino xuvenil formado por Nerea Otero, Aitana Rodríguez e Iria Paz

que participarán o vindeiro mes no mundial de ximna-sia a celebrar en Florida.

En horario de tarde toca-ralle o turno ás categorías júnior e sénior, ata chegar á entrega de trofeos e o desfi-le final, que será contra as 19.00 horas.

Campionato Galego de Base Individual

O pasado domingo, día 11 de marzo, tivo lugar en Narón, o campionato gale-go de base individual, cla-sificatorio para o nacional a celebrar en Benidorm en abril. Nun campionato de altísima participación, Ourense competiu con dúas

ximnastas de categoría benxamín do Club Ximna-sia Escola Pavillón, cinco alevíns e tres infantís do Club Ximnasia Pavillón.

En categoría benxamín, Sabela Rodríguez e Re-beca Bello foron 7ª e 9ª clasificadas, sendo o seu debut en competición.

Na categoría alevín, Lorena Braña foi 4ª, Uxía Fernández 5ª, Paula do Olmo 11ª, Marta Fernán-dez �6ª e Maite Arauz �8ª, de 34 participantes nesta categoría.

En infantil, Sara Faílde foi 6ª, Blanca Valencia foi 7ª e Marta Mangana 11ª, de 13 participantes.

HOQUEI

O Ourense H.C. perde en casa co líder Sardinero4 Derrotas tamén de Apóstol e Barrocás.R.T.

O Ourense H.C. da Pri-meira División do hoquei feminino ven de perder no campo de Mariñaman-sa a pasada xornada con-tra o líder, Cajacantabria Sardinero, polo resultado de 0-1. A pesar de que as ourensás tentaron de todas as maneiras lograr a igual-dade, con penaltis corner a favor incluídos, non foron quen de sacar algo positi-vo contra as líderes.

Con esta derrota, o Ourense é sexto con 11 puntos, lonxe dos de arri-ba (o Sardinero ten �1, dez máis) e do pechacan-celas (o Catalonia ten 3 puntos).

A vindeira xornada de-

para o partido entre Xaloc e Ourense, coa intención de distanciarse das valencianas na clasificación. O Xaloc é noveno con seis puntos, a cinco das ourensás.

División de Honra BOs dous equipos que mi-

litan na División de Honra B, Apóstol e Barrocás per-deron os seus partidos da xornada decimoprimeira. O Apóstol contra o Valencia por 5-1 e o Caldaria Barro-cás por �-1 contra o Junior.

O Barrocás ocupa a quin-ta posición con 1� puntos, mentres que o Apóstol é no-veno (penúltimo) con cinco puntos.

Na vindeira xornada, o Apóstol visita ao Sardine-ro na loita pola oitava po-

sición. Pola súa banda, o Caldaria Barrocás recibe ao Jolaseta, o domingo �5 de marzo en Mariñamansa, coa intención de sumar os puntos e seguir loitando po-los postos de arriba.

Primeira DivisiónO Grupo III da Primeira

División está comandado polo Albor con 1� puntos de 1� posibles; segundo é o Pabellón con 10 e terceiro o filial do Barrocás con 9; o Atlético Coruña é cuarto con 8, o Atlántico de Vigo quinto con seis, e pechan a clasificación o Cidade con 3 e o Cudeiro con cero puntos. A próxima xornada enfrontan ao Cidade contra o Atlántico, ao Coruña - Al-bor e Cudeiro - Barrocás.

Page 6: 15 Marzo 2012 - BD52

6 BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01� FÚTBOL - NOVAS

O Ourense segue a liderar a Tercei-ra División, empa-tado a puntos co Cerceda

Propostas deportivas en OciourenseRedacción

Deu comezo o calenda-rio de actividades que a Concellería de Benestar Social e Saúde propón dentro do programa Ocio-urense, que oferta acti-vidades saudables para o tempo libre dos máis novos. A través desta ini-ciativa, o Concello de Ourense pretende reforzar a protección dos rapaces fronte ao consumo de dro-gas, promovendo activi-dades saudables e propor-cionando á mocidade unha alternativa para pasar a fin de semana.

Rutas en bicicleta todo-terreo e nocturnas, escala-da en entorno controlado (rocódromo), piragüismo, parkour, baile, patinaxe ou andainas son algunhas das alternativas propostas, nas que poden participar ata un total de 1.500 mo-zos de entre 15 e 30 anos.

InscriciónsA inscrición está aberta

para as vindeiras fins de semana e pódese facer de xeito presencial na Conce-llería de Saúde (rúa Con-cordia, �0) no 988 510 6�� ou no correo [email protected].

Escalada en rocódromo./OCIOURENSE.

Achícase a zona alta4 Os traspés do Ourense nas últimas xorna-das fan que os seus rivais recortaran distan-cias.R. Torres

Fai dúas xornadas o Ourense marchaba pri-meiro cun colchón de tres puntos sobre o segundo, Cerceda, seis sobre o ter-ceiro, Alondras, e oito sobre o cuarto, Ponteve-dra. Dúas xornadas máis tarde e co empate en casa do Negreira e a derrota no Couto contra o Alondras, a clasificación a sufrido unha compresión na zona alta. O Ourense segue a liderar esta Terceira Di-visión, pero empatado a puntos co Cerceda (58), tres máis co Alondras e cinco por enriba do Ponte-vedra. A quinta posición, fóra de xogar a promoción de ascenso, agora está a sete puntos.

Contra o Negreira, os de Luisito ían gañando, ata que a un minuto do fi-

Barbadás, líder sólidoO Barbadás leva unha

volta enteira sen coñecer a derrota, o que o levou á primeira posicion con catro puntos de diferenza sobre o segundo, Choco, e cinco sobre o terceiro, Céltiga (os dous primeiros ascenden directos). A vin-deira xornada os de Regal reciben ao Nigrán.

O Verín CF métese nun lío

Comezou mal a tem-pada, logo recuperouse e logrou saír dos postos baixos, e de novo volve a complicarse a vida. O Verín CF anda xogando con lume este ano e ac-tualmente ocupa a 15ª posición, unha posición da que non se descende directamente, pero que polos arrastres da Tercei-ra División é posible que se baixe de categoría se se remata nesa posición. Nos sete últimos parti-dos, o equipo verinés tan só puido sumar dous pun-tos de �1 posibles, cinco derrotas e dous empates e a pobre bagaxe que ofre-cen os de Tonino en dous meses.

Todo comezou a tor-cerse na visita aos Carrís para enfrontarse ao Bar-

badás. Os dous conxuntos chegaban nunha dinámica positiva, pero a vitoria por 4 a 0 para os locais foi unha dura losa para os da comarca de Monterrei. A partir dese momento caída libre cara a unha posición perigosa da que ten que saír se non quere xogar o ano que ven en Primeira Rexional.

Para enmendar o desa-guisado, o Verín ten unha nova oportunidade esta xornada, a número �8, contra o Alerta Traviesas. Os vigueses son 18º (pos-tos de descenso) con �6 puntos. A vitoria para os de Tonino suporía unha bolsa de osíxeno nun tra-mo final de tempada que se presenta moi duro; pola contra a derrota metería de cheo aos ‘rojillos’ na zona baixa da táboa. O partido será no José Arjiz.

Os outros ourensánsO Barco é sétimo con

45 puntos e sen agobios, a oito do ascenso. O Cela-nova ocupa a 11ª posición e terá que estar atento aos posibles arrastres da 3ª División, polo que non se pode descoidar. Ao final da táboa, o Ourense B é practicamente equipo de 1ª Rexional.

Traxectorias diferentes para os ourensáns de Rexional Preferente

nal, os locais lograban o gol do empate e deixaban sen dous puntos ao cadro ‘ro-jillo’. Sete días máis tarde, aterraba no Couto o terceiro clasificado, Alondrás. Seis puntos era a diferenza en-tre ourensáns e cangueses antes do partido. Durante o encontro o único equipo que pelexou polos tres pun-tos foi o Ourense, mentras que o Alondras esperaba atrás a súa oportunidade de sorprender ao líder. Tras claras ocasións locais sen materializarse, foi no mi-nuto 8� cando os visitantes por mediación de Jacobo os que se adiantarían no mar-cador. O Ourense seguiuno tentando ata o pitido final, pero desta vez a sorte non se aliou co equipo da cida-de das Burgas. Esta derrota e a vitoria do Cerceda fai que queden empatados a puntos na táboa, o Alondras

O Barbadás é líder sólido na Rexional Preferente, o Barco é 8º, o Celanova 11º, o Verín 15º e o Ourense B 20ºachéguese a tres e o Pon-

tevedra estea a cinco.

Próximo partidoO Ourense visita na

xornada número �9 ao Vilalonga, un equipo que está en metade da clasifi-cación sen case nada que xogarse xa que ten lonxe a cuarta posición (a 1� pun-tos) e máis lonxe aínda o descenso (a 14 puntos), polo que xogarán para poder derrotar ao líder da liga, co mérito que iso leva consigo. Borja Yebra estará dispoñible xa para este partido, mentres que faltará Padrón por acumu-lación de tarxetas.

Eder controla o balón no partido contra o Alondras./RAMSÉS.

O próximo partido en casa do CD Ourense é o domingo 25; recibe no estadio do Couto ao equipo das Pontes

Page 7: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

7FÚTBOL

Os puntos da primeira fase arrástranse: Cataluña trae seis puntos en sub-16 e sub-18. Galicia arrastra 6 (sub-18) e 3 (sub-16), e Ara-gón trae 0 en sub-16 e 3 en sub-18

Redacción

As localidades de Ouren-se, Barbadás e Celanova acollen o Campionato Na-cional de Seleccións Auto-nómicas Sub-16 e Sub-18 durante os días 16, 17 e 18 de marzo.

Durante a presentación desta segunda fase do cam-pionato estiveron presentes o presidente provincial, Manuel Baltar, acompaña-do polo presidente e vice-presidente 1º da Federación Galega de Fútbol, José Gar-cía Liñares e Plácido Díaz Fernández, ademais do de-legado da Federación Ga-lega de Fútbol en Ourense, José Luis Cachaldora, e do asesor de Deportes da De-putación de Ourense, Ber-nardino González.

Ourense, Barbadás e Celanova acollen o Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Sub-16 e Sub-184 Terá lugar do 16 ao 18 de marzo.

Cataluña, Galicia e Aragón

Nesta segunda fase que se celebra na provincia de Ourense participan as selec-cións de Cataluña, Galicia e Aragón; esta fase celébrase simultaneamente noutras provincias con outras selec-cións.

As tres seleccións chegan a esta fase cos puntos arras-trados da primeira. Así, Cataluña é líder tanto en sub-18 como en sub-16 con 6 puntos; Galicia é a segun-da clasificada con 3 puntos en sub-16 e 6 en sub-18 e pecha a táboa Aragón con 0 puntos en sub-16 e 3 en sub-18.

O primeiro de cada cate-goría será o que pase á se-guinte fase.

Horarios sub-16Galicia e Cataluña abren

esta fase o venres, 16 de marzo, a partir das 10 ho-ras no campo dos Carrís (A Valenzá). Ao día seguinte,

17 de marzo, ás 10 horas Cataluña e Aragón será o enfrontamento, e áa mesma hora (10h.) pero o domin-go 18 pecharán os partidos de sub-16 as seleccións de

Aragón e Galicia no mesmo escenario dos Carrís.

Horario sub-18As seleccións de Galicia

e Aragón enfróntanse o ven-res 16 no estadio do Couto na categoría sub-18, a partir das 1� horas. O sábado á mesma hora (1�) Cataluña e Aragón enfrontaranse no estadio san Rosendo de Ce-lanova. E pechará a fase o partido entre Aragón e Ga-licia, o domingo ás 1� horas no Couto.

Foto da presentación do Campionato de seleccións autonómicas. /RAMSÉS

Page 8: 15 Marzo 2012 - BD52

8 BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

FÚTBOL SALA

Primeira División FSF 14ª xornadaPosto Equipo Puntos1º At. Madrid - 49�º Ponte Ourense - 473º Móstoles - 434º Córdoba - 4�5º Gironella -416º Burela - 387º Femesala Elche - 368º U. de Alacante - �79º Orvina - �610ºCidade As Burgas-�4 11º Soto del Real -�41�º Valladolid -1513º Zaragoza - 1514º Logroño - 1415º Rubí - 1416º Majadahonda - 7

O Cidade As Burgas xoga este sábado 17 de marzo, no anexo dos Remedios contra o Móstoles. A partir das 17 horas

4 Xornada 21 - 17 de marzoMajadahonda - ValladolidDiamante Logroño - RubiLacturale Orvina - U. de AlacanteCidade As Burgas - Móstoles Futsi Navalcarnero - Soto del Real Femesala Elche - Ponte Ourense Gironella - Deportivo Córdoba Zaragoza - Burela

4 Xornada 22 - 24 de marzoRubi - ValladolidU. de Alacante - Diamante LogroñoMóstoles - Lacturale Orvina Soto del Real - Cidade As Burgas Ponte Ourense - Futsi Navalcarnero Deportivo Córdoba - Femesala Elche Burela - Gironella Zaragoza - Majadahonda

Sonia Pacios desfaise dunha rival na cancha central dos Remedios./RAMSÉS.

O Cidade As Burgas busca certificar a permanencia4 Esta 10 puntos por enriba do descenso.R. Torres

O Cidade As Burgas ten-tará, máis pronto que tarde, asegurar por un ano máis, a súa presenza na Primeira División. En caso de logra-lo sería a terceira participa-ción consecutiva na elite do fútbol sala feminino (FSF) cun equipo integrado na súa totalidade por xogadoras galegas, no que é unha das mellores ligas do mundo.

U. Alacante - CidadeA pasada xornada, ás de

Manolo Codeso viaxaban ata Alacante para medirse ao Universidade. Unha saí-da complicada se temos en conta a plantilla do cadro valenciano, que conta nas súas filas con xogadoras in-ternacionais.

Malia as adversidades, as franxiverdes ían ao encon-tro con gañas de sacar algo positivo e seguir sumando puntos para a ansiada per-

Iria Saeta disponse a disparar ao marco contrario./RAM-SÉS.

O Cidade está a 10 puntos do descenso a falta de 30 por disputar

manencia e incluso poder pensar en buscar a oitava praza para entrar na Copa (coa designación de Valla-dolid son as sete primeiras as que participarán no tor-neo).

A pesar de que o domi-nio foi local, as de Codeso lograron manter a raia a un Universidade que non foi quen de dobregar a un gran Cidade. Ao final 0-0 e re-parto de puntos que supón alonxarse máis dos postos de abaixo.

Espera MóstolesEsta próxima xornada

enfronta ao Cidade contra o todopoderoso Móstoles (o sábado no Anexo ás 17 horas), equipo que aínda ten posiblidades de lograr a liga. A vitoria das ourensás suporía ter case asegurada a permanencia. A pesar da diferencia de calidade, o Cidade púxolle as cousas difíciles na primeira volta.

4 Adeus ao soño da CopaEra complicado pero

non imposible. O Cidade estaba a tres puntos da oi-tava praza, que dá acceso á participación na próxi-ma edición da Copa de España.

O xarro de auga fría che-gou coa designación de Va-lladolid como sede da vin-deira Copa. As pucelanas marchan decimosegundas, sen opcións de poder es-tar entre as oito primeiras. As anfitrionas resérvanse unha praza na Copa, polo que en vez de ser as oito primeiras as que accedan

a este torneo, son as sete primeiras. O Cidade está a tres puntos da oitava praza polo que o soño aínda era posible, pero ao ser Va-lladolid a sede son as sete primeiras as que acceden á Copa, e o sétimo posto está a 1� puntos, distancia in-salvable se contamos que faltan 10 xornadas e 30 puntos en xogo. Unha lás-tima para un conxunto que xa ten case que asegurada a permanencia e que soña-ba con disputar por primei-ra vez na súa historia esta competición.

Page 9: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

9FÚTBOL SALA

O sábado, 24 de marzo, nos Remedios: Ponte Ourense - Navalcarnero, polo primeiro posto da 1ª División

Sara Moreno golpea o balón contra o Gironella./RAMSÉS

O primeiro posto, a tiro4 O Ponte Ourense recorta distancias co Futsi e xa está a dous puntos das madrileñas.R. Torres

Propicia a xornada núme-ro �0 para os intereses do Ponte Ourense que grazas a súa vitoria fronte o Gi-ronella e o empate de Fut-si Navalcarnero contra o Móstoles, ten a dous puntos o primeiro posto. Dentro de dúas xornadas, ourensás e madrileñas xogaranse o li-derato nos Remedios. Pero antes terán os dous conxun-tos unha nova xornada, máis propicia para o Naval-carnero que se enfronta ao Soto del Real. Mentres, as de Óscar Vivián visitan a cancha do Femesala Elche.

Ponte - GironellaO Ponte Ourense tivo que

remontar por tres ocasións o encontro contra as cata-lanas, que encontraron en Marga Mas á súa xogadora de referencia. O inicio de

encontro foi moi vibrante, e nos dous primeiros minutos de xogo, xa vencían as visi-tantes por 1-�, o primeiro no minuto un, de Marga Mas, o empate de Sara, e Berta Velasco adiantaba ao Giro-nella. O empate a dous che-garía no minuto sete obra de Sara, e no nove, Sandra facía o �-3 co que remataría a primeira metade.

No segundo tempo, Ampi devolvería o empate ao elec-trónico. A presión asfixian-te das locais facía que Anita déralle a volta ao marcador (4-3), e Sara conseguise o seu “hat-trick” para poñer terra de por medio (5-3). As catalanas meterían o medo no corpo ás galegas cun novo gol de Berta Velasco, a falta de dous minutos. A pesar duns últimos instan-tes de apuros, os tres puntos quedaron en Ourense, que co empate do Futsi fai que

a diferenza quede en dous puntos, polo que as ponti-nas dependen delas mesmas para revalidar o título.

Esta fin de semana dispú-tase a xornada �1, e o Ponte visita ao Femesala Elche nun dos desprazamentos máis complicados que lles faltan ás de Vivián. O Elche marcha en sétima posición con 36 puntos, e aínda que sexa un partido difícil, as ourensás non deberían ter maior problema en desfa-cerse dun equipo que anda con problemas ao longo de toda a tempada (tendo incluso que prescindir da súa capitana). Algunhas xogadoras do Ponte, pola súa banda, teñen problemas físicos, como é o caso de Souza e Laura Fernández, que non puideron tomar parte no partido anterior e son seria dúbida para este encontro.

Calendario asequibleO Ponte Ourense ten un

calendario máis asequible que o Futsi. As de Vivián te-ñen en Elche e Córdoba os seus desprazamentos máis complicados; mentres que o Futsi aínda ten que visitar as canchas de Ponte Ouren-se, Gironella e Burela.

Gran parte da tempada, con permiso do Móstoles, pasa polos Remedios o �4 de marzo, no partido entre Ponte e Navalcarnero.

Page 10: 15 Marzo 2012 - BD52

10 BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01� ENTREVISTA

Este ano Valeria quere participar no Campionato de España cadete. /RAMSÉS

Valeria coa raqueta de adestramento. / RAMSÉS

A aspiración de Valeria é vencer no campionato galego cadete e participar no Campionato de España

R.T.

Subcampioa galega de infantil a tempada pasada e segunda na categoría sé-nior este ano, estes son só unha pequena mostra dos numerosos éxitos que a te-nista ourensá Valeria López logrou nas últimas datas. O mellor dos premios á gran capacidade e profesiona-lidade coas que conta esta nova promesa de tan só 15 anos, que seguro lle axuda-rán a lograr as metas que se plantexa para o futuro, a máis inmediata delas, fa-cerse co Campionato Gale-go Cadete que terá lugar en maio.

Como valoras os resul-tados da tempada pasa-da?

Valeria López: “A ver-dade é que foi unha boa tempada, fun subcampioa galega de infantil e iso é unha gran recompensa para o traballo realizado todo o ano”.

Pero ademais xa te es-tranaches na categoría absoluta.

V.L.: “Si, este ano come-cei na categoría absoluta e tamén logrei ser subcam-pioa”.

De todos estes logros, cal foi o que máis ilusión che fixo?

V.L.: “O que máis me alegrou foi ser subcampioa

Valeria, un valor en alza4 A tenista ourensá Valeria López é con 15 anos todo un refe-rente neste deporte a nivel galego.

galega na miña categoría”E como viviches a final

contra Paula Arias?V.L.: “Foi un dos mello-

res partidos que xoguei por-que fixen todos os golpes e ademais foi moi divertido, pero o resultado non re-flexou o encontro real, xa que foi máis axustado”.

Cal é o teu obxectivo para este ano?

V.L.: “Gañar o Cam-pionato galego cadete que se disputará en maio, pero está complicado porque hai rivais de moita calidade, como Carmen Blasco e Ana López Camarero porque es-tán no Centro de Alto Ren-demento e adestran moitas horas, polo que están moi preparadas”.

Preferirías estar ti ta-mén no CAR?

V.L.: “De momento non. Tiven a posibilidade de ir, pero de momento prefiro continuar co meu adestra-dor porque aprendo moití-simo con el, porque pasei de perder na primeira ronda cando cheguei a España a estar en case todas as finais grazas aos seus adestra-mentos ”.

Se houbese a posibilida-de de manter o teu ades-trador ao entrar no CAR, accederías a ir?

V.L.: “Así sí, porque se-ría unha gran oportunidade xa que me prepararía para

xogar ao tenis dun xeito máis profesional”.

Ademais do Campio-nato galego cadete, que outros retos tes esta tem-pada?

V.L.: “Se fose posible gustaríame moito acadar o Campionato de España Ca-dete, ao que acuden as tres mellores tenistas de cada comunidade”.

En cantas probas parti-ciparás ao longo de todo o ano?

V.L.: “Eu intentarei ir a todas, que son unhas oito”.

Plantéxaste a posibili-dade de convertirte en te-nista profesional?

V.L.: “A ver que pasa. De momento estou adestrando bastante, pero a miña prio-ridade seguen a ser os meus estudos. O que veña xa se verá”.

Gustaríache que a túa xeración de tenistas lo-gre relanzar un pouco a categoría feminina deste deporte?

V.L.: “Ogallá”.Ademais de a ti mesma,

evidentemente, a cales das túas compañeiras ves con máis posibilidades de lo-grar este obxectivo?

V.L.: “Hai moitas, pero Carmen e Ana son das me-llores, así como Paula, pero ela tivo unha lesión e non sei como se encontrará nes-te momento”.

4 Campioa en Gondomar

Valeria López vén de proclamarse campioa do Open de Gondomar na ca-tegoría absoluta vencendo á número nove do ránking galego, María Jesús Re-dondo. Antes, en semifi-nais, desfíxose da ourensá Susana Frade.

Esta fin de semana, Va-lería ten unha nova com-petición. Nesta ocasión disputará o torneo que se celebrará no Complexo Deportivo Bamio (Ouren-se). A ourensá participará en dúas categorías.

A tenista disputa esta fin de semana o torneo do Bamio, en dúas categorías

Page 11: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

11PÁDEL / TENIS DE MESA

Os dous equipos do P21 caeron nos seus enfrontamentos.

Diego Formoso

Imos ver desta vez como imos manexar ese imple-mento chamado pala co que golpeamos a pelota.

En primeiro lugar fala-remos da empuñadura, de como coller a pala: suxei-tamos a pala polo mango coa nosa man dereita (ou esquerda se somos zurdos), de tal maneira que o canto da pala mire cara ao chan,

4O RECUNCHO DO PÁDEL

como se quixeramos cravar unha punta cun martelo. Este tipo de empuñadu-ra chámase Continental, e serviranos para facer a maioría dos golpeos, sobre todo en iniciación.

Agora colocamos os de-dos da man esquerda na parte baixa do canto da pala, como suxeitándoa para que non se caia.

Cómpre dicir que xa que a nosa man dominante vai ser a que teña que executar os golpeos con precisión, é preciso que a outra man faga o “traballo sucio”, axudando a equlibrar e co-locar a pala antes e despois do golpeo.

A posición de espera será de fronte á rede, flexionan-do un pouco os xeonllos,

Agarre da pala e colocación do corpo

e agarrando a pala coas dúas mans como acaba-mos de nomear, á altura entre o peito e o embigo.

Diego Formoso PatoLicenciado en E.F.

Monitor Rexional de Pádel

Redacción

Xornada negra para os equipos do P�1, que caeron derrotados nos seus enfrontamentos en Sanxenxo e na casa, por idéntico resultado: �-1.

A semana que vén o P�1 “A” viaxa ata Lalín,

Mala xornada para os equipos do P21

mentres que o P�1 “B” re-cibe na casa ao AD Tenis e Padel Soutomaior, co que se pechará a primeira volta desta Liga Rias Baixas.

A igualdade está a ser a nota predominante da liga, con eliminatorias moi dis-putadas, e sen claros favo-ritos ata o momento.

Redacción

Reanudada a competi-ción despois dos campio-natos nacionais, os dous conxuntos ourensáns de tenis de mesa logran sendas vitorias.

O primeiro equipo que milita na Segunda División Nacional enfrontábase no Paco Paz ao Corula T.M. O encontro estivo moi igua-lado decantándose a prol dos ourensáns por 4 a 3. Os puntos do Galmédica corre-ron a cargo de Ramón Be-cerra (�,5), Emilio Diéguez

TENIS DE MESA

Vitorias a pares4 Vencen os dous equipos do Galmédica Tenis de Mesa.

(1) e Juan Ángel Ferreiro (0,5). Con este resultado, o Galmédica T.M. segue na segunda posición da táboa clasificatoria con 22 puntos, os mesmos que os líderes do Club do Mar Promesas. O Galmédica A descansará a vindeira xornada que será a número 18, regresando á competición o 1 de abril contra o Mercantil de Vigo, terceiro clasificado.

Galmédica BMáis doado o tivo o Gal-

médica B, que recibía en casa ao A.D. Vincios-A

Pasaxe. A vitoria foi incon-testable, un 7 a 0 que fixo palpable a supremacía dos ourensáns sobre os pon-tevedreses na táboa. Os puntos foron obra de An-tonio Gómez (1), Laureano Pérez (1,5), Diego Gómez (1), Rodrígo Álvarez (�,5) e Antonio López (1). Esta vitoria permite ao Galmé-dica seguir ao fronte da clasificación con 30 puntos, os mesmos que o Mercantil de Vigo B. Na vindeira xor-nada (a número 17) visitan ao Cinania - Merengues do Morrazo, último clasificado

O Galmédica B xunto co seu adestrador, Ramón Becerra.

desta Segunda División Galega. Voltarán xogar en casa o 31 de marzo contra o Mercantil de Vigo “B” no duelo pola primeira posición.

O Galmédica A é segundo na 2ª Nacional, mentres que o Galmédica B é primeiro na 2ª Galega

Page 12: 15 Marzo 2012 - BD52

1� BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01� ATLETISMO

Uns 100 atletas, entre todas as probas, participaron neste primeiro trofeo Club Deportivo Aurum Iria Fernandez xunto con Sonia Teijeiro na proba feminina. /RAMSÉS

Paz foi o vencedor en categoría masculina. /RAMSÉS

Participantes da serie B masculina./RAMSÉS

Redacción

O campionato provincial de 10.000 metros en pista celebrouse nas instalacións do complexo deportivo de Monterrei o pasado 4 de marzo. Os atletas do Acade-mia Postal, Iria Fernández e José Paz, proclamáronse campións da distancia.

A primeira das carreiras, a feminina, tivo a partici-pación de atletas do Acade-mia Postal, Club Deportivo Aurum, Veteranos Pabellón e Atletismo Narón. Nos pri-meiros quilómetros Iria e Sonia Teijeiro xa marcaron distancias coas súas rivais e entre elas ían disputarse o campionato, ata que a aca-démica cambiou de ritmo ao que nada puido facer Sonia. Así, Iria completaría

O provincial de 10.000 en pista para Iria e Paz4 Dentro da celebración do I Trofeo Club Deportivo Aurum.

os 10 quilómetros en 40:51, seguida de Sonia Teijeiro (41:�4). A terceira no podio foi Silvia Teijeiro (OAAP) cun tempo de 4�.3�.

Dúas series tiveron lugar na categoría masculina. Na primeira delas Saturnino

González (Veteranos Pa-bellón) foi o primeiro en completar a distancia en 34:49 minutos. Na segunda das series, José A. Requejo foi o primeiro en atravesar a liña de meta, pero ao non ser ourensán non contabi-

lizou para o campionato, polo que o primeiro ouren-sán en completar as �5 vol-tas foi José A. Paz (34:10) quen lle sacou 3 segundos ao atleta do Vía XVIII Ma-ceda, José Manuel Casado (34.13), despois de ir xun-tos durante toda a proba. Con estes resultado o po-dio da categoría masculina estaría copado por José A. Paz, primeiro, José M. Ca-sado, segundo e Saturnino González, terceiro.

Por equipos, ningún conxunto feminino levou catro representantes para poder computar, polo que quedou baleiro. En mas-culino, o Academia Postal impúxose ao Vía XVIII Maceda (segundo) e ao CD Limiactiva (terceiro).

Outras probasNo resto de probas que

se celebraron no día, a nu-merosa participación foi a nota dominante. Atletas do colexio A Purísima, Gui-llelme Brown, ADAS, Li-miactiva, Academia Postal participaron nas probas de 1.000 metros, 800 metros e 500 metros nas categorías, benxamín, alevín, infantil e cadete.

Nos 1000 metros vitoria de Francisco José Miranda; na proba feminina, Natasha Penrose-Stevens foi a gaña-dora. Nos 800 metros mas-culino, Daniel González foi o mellor; en mulleres, Xea Real foi a máis rápida.

En 500 metros benxamín

masculino Alvaro Díaz aca-daba a vitoria. En Alevín-Infantil o triunfo foi para o infantil Abraham Rodrí-guez. Andrea Opazo foi a mellor nos 500 benxamín, e Ainhoa Pérez foi a mellor alevín na mesma distancia. Pola súa banda, Silvia Gon-zález foi a benxamín máis rápida nos 500 metros.

Page 13: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

13ATLETISMO

Redaccion

A novena edición da an-daina “Ourense capital ter-mal” non puido trascorrer

mellor. Completáronse as 500 plazas que limitou a or-ganización, o tempo acam-pañou e non houbo ningún tipo de incidente. Ás 9 da mañá do pasado 4 de mar-

Ourense botou a andar4 A IX andaina “Ourense capital termal” con-tou cos 500 participantes que buscaba.

zo os andaríns congregados nas termas de Outariz co-mezaron os �8 quilómetros de percorrido que tiñan por diante, pasando polas beiras do río Miño e Loña, o Cas-

tro de Santomé, o camiño de Santiago (Vía da Prata) ao seu paso por Cudeiro e Sartédigos, e as termas do Muíño.

Esta andaina, xa tradicio-nal dentro do calendario, foi mudando ao longo da súa historia de percorrido -engadindo, por exemplo, a pasarela de Oira nesta edi-ción- pero mantivo sempre a súa finalidade, fomentar

a práctica do deporte e pro-mocionar unha das zonas máis atractivas da nosa ci-dade, a termal.

Con sete horas de marxe para os máis lentos, esta novena edición tivo como fin de festa unha entrega de trofeos e agasallos para premiar a ese medio millei-ro de valentes que, dando exemplo, consideraron que calzar as zapatillas e botar-

se a andar era o mellor dos plans para unha mañá de domingo.

Uns 500 andaríns animáronse a completar os 28 quilómetros de percorrido./I.OSORIO.

Desta vez incluíse no percorrido o paso pola pasarela de Oira./IÑAKI OSORIO.

O tempo acompañou e non houbo ningún tipo de incidente nesta novena edición da andaina

Page 14: 15 Marzo 2012 - BD52

14 BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

ATLETISMO

Redacción

O vindeiro domingo, Xin-zo de Limia terá unha cita co atletismo, na que será a 5ª edición dos 10 Qm. Vila de Xinzo de Limia, proba organizada pola Concelle-ría de Deportes.

Trátase dun dos eventos deportivos máis multitudi-narios que se producen na comarca Limiá, pois parti-cipan máis de 600 atletas de todas as idades, que rea-lizarán unha das 4 carreiras programadas pola organi-zación.

Todo listo para os 10 Qm. Vila de Xinzo de Limia4 Este domingo 18 de marzo chega a súa quinta edición.

Ás 10:30 h terá lugar a saída para as categorías in-fantil e cadete, cun perco-rrido de �.300 metros.

Ás 10:50 h será o turno para os benxamíns e alevíns (1.500 metros) e ás 11:15 h daráse a saída da carreira absoluta.

Para rematar, ás 1�:30 h, os pitufos percorrerán 350 metros nas inmediacións do Pavillón de Deportes.

Inscrición para as ca-rreiras escolares

As inscricións para as ca-rreiras escolares poderánse

facer ata o venres día 16 na oficina do Pavillón de Deportes ou na web www.limiactiva.com.

A inscrición para a ca-rreira absoluta xa está pe-chada dende o xoves día 15.

Máis de 600 atletas de todas as idades participarán na V 10Qm Vila de Xinzo de Limia

Participantes da proba escolar do pasado ano. /ARQUIVO

Cartel da carreira do Pozo do Demo.

Redacción

O Concello de Ouren-se xunto coa Asociación de Senderismo “Ruta das Augas” organizan por se-gundo ano consecutivo a �ª Andaina-Carrera de Monte “Pozo do Demo”. O domingo 1 de abril é o día elexido para esta cita que contará cunha andai-na, unha carreira de mon-taña e catro carreiras para escolares.

A andaina dará comezo ás 9.30 horas con saída e chegada no pavillón mu-nicipal de Verín. 18 qui-lómetros dun percorrido distinto ao do ano pasa-do, polo que a baixada do monte Montemaior está fixada pola zona da Fra-ga, sempre á par do Pozo do Demo. Antes, en Veiga das Meas, estará instalado un avituallamento.

HorariosA carreira de montaña

dará o pistoletazo de saí-da a partir das 11.30 horas e terá un percorrido de 11,37 quilómetros, tamén modificado (como a an-daina) lixeiramente os tres últimos quilómetros con respecto á primeira edi-ción, para adentrala polos bosques de Cabreiroá para darlle un maior atractivo. A saída será no Balneario de Cabreiroá e rematará

Chega a segunda edición do “Pozo do Demo”4 Será o domingo 1 de abril en Verín.

a proba no pavillón muni-cipal de Verín. Na propia zona do pavillón verinés terán lugar as carreiras dos máis cativos.

Ás 10 horas comezará a carreira benxamín sobre unha distancia de 700 me-tros. Ás 10.15 horas, turno para os alevíns coa mesma distancia (700 metros). Os infantís percorrerán �.000 metros a partir das 10.30 horas, e finalizarán as ca-rreiras escolares a carreira cadete ás 10.45 horas sobre �.000 metros.

InscriciónA inscrición será gratuí-

ta e poderase realizar ata o �9 de marzo no Pavillón de Deportes de Verín (988 411 140), no correo [email protected], en Multis-port ou na Asociación de Senderismo “Ruta das Au-gas” (600 410 018). Desde a organización contan con superar os 700 participantes da primeira edición.

Ao final das carreiras ha-berá entrega dos premios e sorteo de agasallos para os participantes.

Luaces, mínima olímpicaRedacción

No Campionato de Es-paña de Marcha en Ruta celebrado en Pontevedra, a marchadora Lorena Luaces rematou en cuarta posición

nos �0 quilómetros cun tem-po de 1:31:50, significando un novo récord galego e mí-nima olímpica A.

Pola súa banda, Rocío Carbia era terceira nos 10 quilometros júnior, logran-do Galicia a medalla de ouro por equipos.

Page 15: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

15PITCH&PUTT

Máis de 600 atletas de todas as idades participarán na V 10Qm Vila de Xinzo de Limia

Cunha impresionante participación de 108 xoga-dores na que figuraban to-dos os mellores xogadores de Galicia, o “ourensán de adopción” Meter Mervin, levou a Copa Asociación, cun resultado de -�.

Esta é a primeira proba do Ránking Galego �01�, do que Peter é colíder xun-to a Andrés Peral, seguidos de Gustavo Mosquera, Se-bastián Franco, o carballi-ñés Siso Anta e Juan Carlos Surribas. Destacable actua-ción de Antonio Sánchez e Manuel Blanco con 56 im-pactos.

O domingo 18 de mar-zo dispútase nos precioso campos de 18 foxos Pitch and Putt Boiro o Campio-nato Absoluto, que dita-minará o mellor xogador galego en 36 foxos medal play.

Os bos xogadores locais parten con certa vantaxe, pero a potente escuadra ourensá tentará revalidar título, xa que o ano pasado en “territorio comanche”

Liga Aquabella. Surribas continúa líder en scratch mentres que Santiago Silva colócase líder hándicap por diante de Rubén Domínguez.

Axenda Pitch&Putt-18 de marzo - Campio-

nato Absoluto de Galicia ASGAPP - P&P Boiro-�3-�4 de marzo - 6ª

Xornada Liga Aquabe-lla-Cadavid - Pazo da Touza-�3-�6 de marzo - Open

Internacional de Catalu-ña - Lloret- Papalus-30-31 de marzo - 7ª

Xornada Liga Aquabe-lla-Cadavid - Pozo do Lago

Ránking provincial 2012

ABSOLUTO1º-J.C. Surribas 183 �º- Antonio Salgado 1683º- Jorge Sarmiento 1684º- Peter Mervin 1665º- Siso de Anta 1586º- Jose L Arceiz 1567º- J.E. Villarino 1558º- JA Carvajales 1519º- Manolo Celta 15010º- Efrén Rguez 147

SÉNIOR1º- Antonio Salgado 168�º- Jose L Arceiz 1563º- J.E. Villarino 155

XUVENIL1º-Efrén Rodríguez 147�º-Pedro Botana 1093º-Manuel Bardelás 105

FEMININO1º-Carmen Casar 90�º-Maria Escudero 843º-Fátima Gomez 60

HÁNDICAP1º-Manuel Bardelás 186�º- Manuel Silva 1863º-Sergio Fdez 1804º- J.C Surribas 1785º-Ruben Dguez 178

Os outros xogadores ourensáns que partían con opcións xogaron por baixo do seu nivel, xa que Jorge Sarmiento terminou con +3, o favorito entre os séniors Antonio Salgado con +6.

Os xuvenís non defrauda-ron, e Efrén Rodríguez xa é segundo, quedando Pedro Botana e Manuel Bardelás en 4ª e 5ª posición respec-tivamente.

Peter Mervin gaña a Copa Asociación

Xogadores disputando o torneo.

(Rio Cabe-Monforte de Le-mos), Juan Carlos Surribas gañou con autoridade.

Espérase superar o cen-to de xogadores, co que a esixencia para poder vencer será máxima.

Os horarios de xogo se-rán o sábado 17 ás 16:00 e o domingo 18 ás 11:00 para os primeiros 18 foxos, tras eles farase un corte cos pri-meiros 72 clasificados que xogarán ás 15:30.

Campionato absoluto en Pitch&Putt Boiro

Precioso campo Pitch&Putt Boiro, situado entre Noia e Boiro.

Open de Cataluña. Sete dos mellores xogadores da provincia representarán a Galicia no VI Open In-ternacional de Cataluña que se disputa desde o �3 ao �5 de marzo en Lloret de Mar (Girona).

Peter Mervin “xogador da quincena”. Cuns resultados de 5� golpes en Tambre e 53 en Pozo do Lago, foi o mellor xogador ourensán destas semanas.

Peter é colíder do Ránking

Galego 2012

Page 16: 15 Marzo 2012 - BD52

16 BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01� BALONCESTO

Zuleira Atíes pasa o balón a Noelia Oliva./RAMSÉS

Cacheiro mira desde o chan o balón que vai cara Scott. /RAMSÉS

Redacción

Se algo mantén a emo-ción durante esta tempa-da na Liga Feminina � é a cuarta praza da clasifica-ción, a última que dá derei-to a disputar o play off de ascenso e á que optan, neste momento, catro conxuntos con resultados máis que axustados. Unha derrota a día de hoxe suporía a Car-melitas, Ferrol, Tenerife e Ensino abandonar a loita.

Mentres, por arriba e por abaixo todo está en calma, con gran probabilidade Bembibre e Cáceres segui-rán a pasarse o liderato; Cortegada (que xa suma ca-tro derrotas consecutivas), se volta á senda, continuará aferrado á medalla de bron-ce; e Guadalajara dirá adeus á LF�.

Pola súa banda, o noso segundo represante na cate-goría, o Pabellón Ourense, mantense nun tranquilo no-veno posto, logo de que un dos rivais das súas veciñas o derrotase nos Remedios o pasado sábado.

Arxil 62 - 69 Carmeli-tas

Sete puntos déronlle a vi-toria ao Carmelitas no seu encontro contra o Arxil pon-

Continúa a loita pola cuarta praza na LF24 O Codigalco venceu ao Arxil e o Pabellón caeu ante o Tene-rife, rival directo das colexialas.

tevedrés, logo dunha cita na que as de Juan Rodríguez tiveron que suar a camiseta, e moito, para manterse por adiante sempre, aínda que fose pola mínima. Logo de rematar o primeiro período cun empate a 1�, o segun-do cunha lixeira vantaxe de � puntos e o terceiro só 1 por arriba; finalmente, a superioridade das ourensás traduciuse nunha vitoria que tivo como significati-vas protagonistas ás sempre efectivas Zuleira Atíes (�0), Necolia Simmons (17) e Noelia Oliva (11), xunto a Maaike Klein, que durante a segunda parte do encon-

tro se encargou de xeito moi efectivo da dirección do conxunto.

Pabellón 55 - 65 Tene-rife

Resultado inverso logrou o Pabellón Ourense durante a súa cita da xornada 19, na que recibiu nos Remedios ao Universidade de Tene-rife (un dos conxuntos que loita por colarse no play off de ascenso). O conxunto dirixido por Lisardo Rodrí-guez sucumbiu ante as ca-narias xa no primeiro perío-do (8-�0), o que dilapidou para o resto do encontro o xogo das pavillonistas, que

non conseguiron máis que manter o tipo.

Con Bolonio e Geehan ao fronte (e sen descansar nin un segundo dos 40 mi-nutos de encontro) o Pabe-llón tentou, sen conseguilo, manterse no encontro, pero a labor anotadora de Vandi-ver (18), Rodríguez (1�) e Goodall (10) por parte das visitantes fíxoo imposible. Ata tal punto que un de-rradeiro parcial de 17-8 só puido maquillar o resultado dun encontro que, lamen-tablemente, as de Lisardo Rodríguez xa tiñan perdido dende os primeiros minu-tos.

4 Vitoria de infartoAo borde do infarto, así se acadou o minuto coren-

ta do encontro que o sábado 3 de marzo enfrontou no Vedruna ao Codigalco Carmelitas e ao Universitario de Ferrol. Logo dun partido moi igualado as de Juan Rodrí-guez só tiñan unha última oportunidade nos derradeiros cinco segundos para acadar o empate e poder loitar pola vitoria na prórroga, e así o fixo Zuleira Atíes, que a pase de Gullberg, colou o balón no último segundo, provo-cando o empate a 69.

Así, os cinco minutos extras permitíronlle ás de Juan Rodríguez despregar as súas artes, chegando a lograr unha vantaxe de ata 9 puntos, rematando finalmente cun cómodo 83-77.

Pola súa banda, durante esa xornada, o Pabellón foi derrotado polo Cortegada, un dos líderes da categoría, que se mantivo sempre por diante no luminoso ata fa-cerse cun resultado final de 73-66.

Próximas citasO vindeiro sábado, ás

19:15 horas, a competición enfrontará a Codigalco Car-melitas e Aguere no Vedru-na, nun encontro, a priori, cómodo para as locais ao ter como rival ao antepe-

núltimo clasificado. Pola súa banda, o Pabellón ten un emparellamento aínda máis sinxelo, se cabe, xa que visitará a cancha do pe-chacancelas, o Guadalajara, o cal non coñece neste cur-so o sabor da vitoria.

Page 17: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

17BALONCESTO / MOTOR

COB - Andorra, domingo 18 ás19 horas

Gran partido, obxectivos distintos4 O Andorra chega a Ourense con pé e medio en LEB Ouro.R. Torres

Este domingo 18 de mar-zo, o COB recibe no Paco Paz (19.00 horas) ao Ando-rra cun obxectivo distinto ao esperado cando comezou a LEB Prata �011-�01�. A parroquia ourensá agardaba que este partido fora case que unha final con dous equipos loitando pola pri-meira praza que dá o ascen-so directo, pero a realidade é que o Andorra ten a tiro de pedra ese ascenso e o COB busca meterse nos play offs na mellor posición posible e con garantías de compe-tir. Dous obxectivos ben distintos para dous equipos que aspiraban a esa primei-ra posición.

En caso de gañar, o An-dorra sería virtualmente equipo de LEB Ouro a falta de catro xornadas para que remate a liga regular. Detrás só lles podería impedir o ascenso directo Las Rozas, pero o cadro madrileño está a tres vitorias dos andorráns e cun partido máis, polo que se presenta arduo complica-do darlle caza, máxime co gran estado de forma que están a atravesar.

Loita por estar arribaO caso do COB é ben

distinto. Cuarto, loitará por estar a final de tempada o máis arriba posible para ter o factor cancha a favor, alo-menos na primeira ronda. Ese factor cancha en todas as rondas, será salvo heca-tombe, para o Aurteneche, como gañador da Copa (te-ría que quedar por debaixo da quinta praza para non ter ese beneficio). Polo que ao COB so lle resta loitar pola

terceira posición. Para iso, e para chegar á fase de as-censo coas mellores garan-tías posibles, está a traballar Rafa Sanz, técnico cobista que leva cinco encontros dirixindo ao equipo cunha bagaxe de catro gañados e un perdido. Desde que co-llera as rendas o cordobés, a tendencia é ben distinta. De non competir en nin-gunha cancha fóra do Paco Paz, pasaron a vencer con solvencia en casa e com-petir polo triunfo lonxe de Ourense, con dúas vitorias (Tenerife e Gandía) e unha derrota pola mínima (Prat). Contra o equipo catalán estiveron dominando todo o encontro, pero un último cuarto desastroso fixo tirar ao lixo todo o traballado anteriormente. 71-70 foi o resultado final do partido deixando a sensación que aínda quedan cousas por mellorar, e xogadores que

teñen que aportar máis do que están dando ata o mo-mento. Como é o caso de Guillandeaux, que chegou como un xogador cunha técnica incrible, pero que de momento soamente a demostrou en conta-das ocasións. Kyle Hill éoutro que se espera máis del; aínda que chegaba a Ourense logo dunha longa ausencia das canchas de baloncesto. Hill está fa-cendo a súa particular pre-tempada para chegar aos play offs en forma e de-mostrar que aínda posúe a excelencia que acreditou anos atrás. Alberto Miguel é un reforzo de luxo para un Club Ourense Balon-cesto necesitado de apor-tación no tiro exterior.

O presidente do COB, Jorge Bermello, e o xerente de McDo-nalds, Esteban Cuesta, empresa colaboradora do club. /R.T.

4 O partido“do pai”

O COB celebrará este domingo o Día do Pai, con sorteo de agasallos aos asistentes durante o par-tido. Ademais, nos esta-blecementos McDonalds, esta fin de semana regalan aos socios do club un Sun-dae por cada McMenú ou Happy Meal.

Rubén Guillandeaux./ARQUIVO.

Redacción

A tempada de ralis de asfalto en Galicia co-meza co rali do Cocido. A proba de Lalín conta-rá coa participación do equipo ourensán formado por Carlos Iván Alonso e Diego Fernández aos mandos do Mitsubishi Lancer, dentro da Copa Top-Ten de Galicia. Á proba pontevedresa che-

gan os ourensáns coa in-tención de irse adaptando ao seu novo coche, polo que non se marcan obxec-tivos de cara a esta primei-ra proba do campionato. O rali do Cocido terá lugar en Lalín o venres 16, coas ve-rificacións administrativas, e o sábado 17, coa realiza-ción dos tramos.

Aragonés, a CanariasO Campionato de España

Comeza a tempada de motor4 Carlos Iván Alonso participará no rali do co-cido e Luis Aragonés no de Canarias.

O Mitsubishi Lancer de Carlos Iván Alonso.

de ralis de asfalto come-za co Rali Islas Canarias. Ata alí desprazarase Luis Aragonés co seu Renault Twingo R� do equipo Red Renault de Galicia para participar na “Challenge Renault Twingo R� de Ra-llyes”.

Aragonés confía en obter un bo resultado na cita ca-naria, e incluso loitar polo podio nunha proba “máis longa do habitual”.

Page 18: 15 Marzo 2012 - BD52

18 BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01� ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores4A seguinte “mundourensá” á que coñecemos máis de preto é unha madrileña, de 26 anos e peza chave do Pabellón Ourense de baloncesto femenino. É a alero María José Bolonio.

4 Máis persoal- María José Bolonio Abad naceu en Madrid o �7 de

xuño de 1985.- Dentro da súa ampla traxectoria no baloncesto femi-

nino, esta moza madrileña pode presumir de ter defen-dido as cores do Canoe, Zaragoza, Burgos e Cáceres, antes de vir a Ourense esta tempada.

- Ademais, Bolonio xa coñece as meles da Liga Fe-minina, á que se enfrentou como integrante do Ibiza durante un curso, que describe como “unha experiencia única e moi positiva”, á cal chegou vendo a oferta como “un reto persoal pola categoría, porque é un club moi bo e ademais porque aquel ano disputamos a liga CAP por toda Europa”.Bolonio nun partido nos Remedios co Pabellón Ourense./ RAMSÉS

R. Torres

Ten unha ampla expe-riencia en Liga Feminina �, coñece as esixencias da categoría superior, suma nada menos que 614 minu-tos (dos 760 disputados) na cancha dende que chegou a Ourense, nos que anotou �89 puntos e recibiu 90 fal-tas. Envexables cifras que fan que María José Bolonio sexa a día de hoxe, por mé-ritos propios, incondicional no cinco inicial do Pabellón Ourense e das máis desta-cadas aleros da LF�, a cal confesa que o seu único obxectivo neste deporte é medrar día a día como xo-gadora.

Que te motivou a acep-tar a oferta do Pabellón Ourense?

María José Bolonio: “Principalmente a proposta

deportiva que tiña este ano o Pabellón, xa que o ano pasado non fora todo o bo que agardaban e para este ano prepararon un proxecto interesante. Chamoume Li-sardo, presentoumo e con-venceume”.

Coñecías o equipo?M.J.B: “Coñecíao de

xogar contra el e coñecía a María e a Nuria. Pero polo demais era todo novo”.

Comezando a segunda volta da tempada, cal é o obxectivo do Pabellón?

M.J.B: “A meta principal era salvarnos e xa está case conseguido matemática-mente, así que tentaremos quedar o máis arriba posi-ble porque agora tócannos os equipos máis asequibles xa que xa nos enfrontamos aos dos primeiros postos da táboa”.

E o teu persoal?

M.J.B: “Intentar gañar todos os partidos axudando ao equipo o máximo, para así lograr quedar na mellor posición posible”.

Está claro que eres unha peza chave a día de hoxe no Pabellón Ourense, como demostra o elevado número de minutos que xogas en cada partido, como te sentes co rol que ocupas?

M.J.B: “Síntome impor-tante e moi valorada tanto polo adestrador como polas miñas compañeiras. Eu in-tento axudar ao equipo todo o que podo para conseguir a vitoria. Síntoma moi a gus-to e moi cómoda”.

Como viches ao Pabe-llón neste momento?

M.J.B: “Véxonos ca-paces da gañar a calquera, como demostramos ven-cendo a Lugo e a Ferrol e

póndolle as cousas difíciles a outros de arriba, como Bembibre e o Cortegada, o que pasa é que nos falta estar máis compenetradas porque cada unha vén dun lado e o equipo é comple-tamente novo. De todos os xeitos as cousas están indo ben”.

Cal é a túa meta profe-sional no baloncesto?

M.J.B: “O meu obxecti-vo é seguir medrando cada día como xogadora, apren-dendo moito tanto do meu adestrador como das miñas compañeiras”.

Como ves este deporte en Ourense?

M.J.B: “Pois quedei moi sorprendida porque vexo a unha cidade implicada con este deporte, de feito hai moitas categorías inferiores tanto masculinas como fe-mininas e iso é moi bo”.

Cales son as principais diferencias que atopas neste senso en relación a Madrid?

M.J.B: “En Madrid hai moita máis variedade de equipos, pero para ser unha cidade pequena en Ourense móvese moito baloncesto, faise moita publicidade del e hai moita canteira”.

E que opinas da afec-ción ao baloncesto acá?

M.J.B: “A verdade é que a xente de Ourense está moi implicada. Eu sorpren-dinme moitísimo cando nos enfrentamos ao Carmelitas que se encheron os Reme-dios e o público estaba moi animado e con moita ilu-sión de vernos”.

Que foi para ti o mellor e o peor de vir a Ouren-

se?M.J.B: “O mellor foi co-

ñecer ás miñas compañei-ras, que son estupendas, e negativo non houbo nada”.

Que foi o que máis te sorpendeu da cidade á túa chegada?

M.J.B: “As termas e as pontes, pero en xeral é unha cidade moi bonita”.

María José Bolonio é unha das pezas chave deste Pabe-llón Ourense./ RAMSÉS

“Quedei moi sorprendida porque vexo a unha cidade implicada co baloncesto”

Page 19: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

19BTT

R. Torres

O Club Ciclista Dúas Rodas en colaboración co Concello de Ourense e o Consello Municipal de De-portes organizan o 1º BTT Palmés-Ourense.

A cita terá lugar o �5 de marzo a partir das 9.30 horas, con saída desde o campo de fútbol de Palmés. A distancia da ruta será de pouco máis de �6 quilóme-tros e contará cunha dificul-tade establecida pola orga-nización de media-alta.

Despois da ruta haberá un xantar popular para par-ticipantes e acompañantes. Aínda que o número de participantes é ilimitado, o de comensales (por moti-vos organizativos) estará li-mitado a �00 persoas. Cada participante poderá levar un máximo de dous acom-pañantes.

PercorridoO percorrido desta mar-

cha BTT cicloturista le-vará aos participantes por tramos forestais desapare-cidos polo paso do tempo así como a recuperación de antigos tramos da chamada ‘Ruta dos fornos’. Tratase dun antigo percorrido po-los pobos do concello de Ourense e Amoeiro no que en todos eles existía un antigo forno onde as xen-tes do pobo reuníanse para facer o pan e aproveitar a conversar e contar antigos contos e lendas. Pasarase tamén polo antigo mosteiro de Santa Comba de Naves, actualmente en ruinas e últi-mo vestixio da arquitectura

De ruta en BTT por Palmés4 O domingo 25 de marzo celébrase o 1º BTT Palmés-Ourense.

tradicional desta contorna. Trátase dun antigo cenobio benedictino probablemen-te fundado por Alfonso III no ano 888. Outra zona da marcha é o antigo sendei-ro que discorre paralelo ao regato da Burata e que fai moitos anos alimentaba a una serie de muíños de agua empregados para moer o cereal, hoxe en día tamén se atopan en ruinas. En de-finitiva, unha ruta que bus-ca ofrecer aos participantes o coñecemento dos restos arquitectónicos da contorna así como a sua historia.

InscriciónsO día tope para realizar a

inscrición queda estableci-do ata o �3 de marzo, toda a información da mesma pódese consultar na web www.ccduasrodas.es.

O prezo varía se se está federado e/ou se se queda a comer. Así, os federados que queiran quedarse a co-mer pagarán 13 euros, os que non se queden a comer, 10; os non federados que participen do xantar paga-rán �5 euros e os que non ��. Os acompañantes que non participen na BTT te-rán que aboar 10 euros polo xantar. Os participantes de-berán ter máis de 16 anos, os menores desa idade terán que ter o permiso dos pais.

Ás 9.30h. terá lugar desde o campo de fútbol de Palmés este 1º BTT Palmés - Ourense

Membro do CC Dúas Rodas.

Presentación do 1º BTT Palmés - Ourense co concelleiro de Deportes, Fernando Varela, o alcalde de Ourense, Francis-co Rodríguez, e membros do CC Dúas Rodas. /RAMSÉS.

Page 20: 15 Marzo 2012 - BD52

�0 BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01� POLIDEPORTIVO

Na categoría S7, con récord en 50 costas

Aitor Grande xunto co seu adestrador, Santi Escudero.

Redacción

Na piscina Rías do Sur de Pontevedra celebrouse o III Campionato Nacional Mozos de Natación onde participaron 75� nadado-res de 176 clubs de toda España, sendo esta terceira edición a máis numerosa en canto a participación. O equipo masculino do Club Natación Pabellón rematou na �7ª posición sendo ven-cedor o CN Sant Andreu; as féminas remataron no posto 3�, proclamándose cam-

O Pabellón remata no posto 27 no Nacional de Mozos de Natación4 As féminas finalizaron no posto 32.

pioas as madrileñas do CN Madrid Moscardó.

Esther Álvarez Álvarez foi quinta en 100 costas, novena en 100 libres, 18ª posición en �00 estilos, �7ª en �00 costas, �8ª en �00 libres e 3�ª en 100 bolbore-ta. Ana María Santiso Pra-do foi 8ª en �00 braza, 10ª en 400 estilos, 11ª en �00 estilos e 17ª en 800 libres. Borja González Rodríguez foi 8º en 400 estilos, 1�º en 1.500 libres e 18º en 400 libres. Ecequiel Quiroga Ramos rematou 9º en 100 e

400 libres, 10º en �00 li-bres, 14º en �00 bolboreta e 15º en �00 costas. Cris-tina Cruz Moure foi 11ª en �00 braza e 1�ª en 100 bra-za. Martín Sabuz Forneiro acadou a 11ª posición en 100 braza e a 1�ª en �00 braza. Laura Blanco Seara foi 14ª en 100 bolboreta e 19ª en �00 estilos. Adrián Blanco Pérez foi 19º en �00 costas. Laura Nerea Balsa Pérez rematou 31º en 400 estilos. O relevo 4x100 estilos feminino quedou en �5ª posición.

Redacción

Durante os días 10 e 11 marzo celebrouse en Cas-tellón o Campionato de España Open de Natación Adaptada, ao que acudiu o nadador del CNPO Aitor Grande, quen fai un ano

Aitor Grande, campión de España en natación adaptada

comezaba a súa andadura na natación adaptada a ni-vel nacional. En Castellón participou nun total de cin-co probas: 50 costas, 100 libre, 400 libre, 100 costas e 50 libre. Aitor Grande proclamouse campión de España categoría S7 en

P.L.

Esta fin de semana o club de tiro Eiroás aco-lle o clasificatorio para o Campionato Autonómico de pistola estándar (día 18), mentres que a seguin-te (día �5) será o turno para a tirada clasificatoria nas modalidades de 3x�0 e 3x40. Ese mesmo día, coincide outra competi-ción no club ourensán: a correspondente á 5ª Copa Cidade das Burgas de carabina lixeira tendido, carabina match e pistola libre.

Resultados da Copa Deputación

Das tiradas anteriores, destaca a alta participación na xornada da Copa Depu-tación de Armas Neumá-ticas, �6 tiradores nas di-ferentes categorías. Nuria Mera volveu ser primeira con 368 puntos en pistola

damas; Juan Carlos Ferreño fixo 559 puntos en pistola sénior; Jorge Encinas repe-tiu primeiro posto en carabi-na (578 puntos), Guillermo Cosque sumou 560 puntos

TIRO

A actividade non para 4 O club de tiro Eiroás continúa coas ligas mensuais e as tiradas clasificatorias para os diferentes Campionatos Autonómicos.

en pistola veteráns, e Víctor José Álvarez foi o primeiro en pistola discapacitados (41� puntos). Ademais, competiron tiradores cade-tes, juniors e alevíns.

Nuria Mera volveu ser primeira en pistola damas na tirada de marzo da Copa Deputación de Armas Neumáticas./P.L.

O Campus Ourense regresa á senda das vitorias4 Logo de varias xornadas sen gañar, por fin os ourensáns logran un triunfo a costa do CRAT.Redacción

Varias xornadas des-pois, o Campus Ourense lograr retomar as vitorias e consegue dobregar ao CRAT no campo universi-tario. Un triunfo traballa-do contra un equipo que nada tivo que ver co que se enfrontaron na primeira volta (en parte pola pra-ga de ausentes no cadro ourensán).

Nos primeiros minutos, o Campus arrinconaba aos coruñeses ata que logra-ban o primeiro ensaio sen acadar a transformación. O CRAT seguiu loitando sen amilanarse, pero se-rían os locais os que gol-pearían de novo, 8-0 en

�0 minutos disputados. Os visitantes seguían intentán-doo, mais unhas veces polo acerto defensivo do Cam-pus e outras polos erros dos dianteiros coruñeses, o cer-to é que non foron quen de mover o marcador do cero na primeira metade. Quen si volveron anotar foron os ourensáns para deixar un 1�-0 ao descanso.

Na reanudación, o domi-nio do xogo foi visitante, sen reflectirse no marcador. O que si volvería marcar sería o Ourense cun ensaio e posterior transformación, os cambios notáronse para ben e os últimos minutos foron de claro dominio lo-cal. Ao final 20-0 e regreso á senda do triunfo para o

Campus Ourense.

Derrota das mulleresAntes do partido mascu-

lino disputouse o feminino entre os mesmos equipos. O Campus caeu claramente derrotado contra o CRAT por 0-88, para seguir ocu-pando a derradeira posi-ción.

Os cadetes perderon con-tra o Lalín por �8 a �5.

Vitoria do equipo masculino do Campus, e derrotas do feminino e dos cadetes

todas as probas nas que participou e rexistrando un novo récord de España nos 50 costas cun tempo de 0:38,4�. Tamén batiu o récord de �00 libres ao pase na proba de 400.

No campionato parti-ciparon un total de 19� nadadores de países como España, Francia, Grecia ou mesmo Brasil.

Page 21: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

�1PUBLICIDADE

Page 22: 15 Marzo 2012 - BD52

�� BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01� NOVAS

4A PREGUNTA

4O CD Ourense, xogará a promoción de ascenso á 2ªB como campión do seu grupo de Terceira División?

SIO CD Ourense xogará

a promoción de ascenso como campión de grupo, xa que a estas alturas marcha de novo líder. E mentras os demais equipos mostran de-bilidade, o Ourense comeza a carburar e os resultados chegan conxuntamente co bo xogo do equipo, despois dunhas primeiras xornadas titubeantes con Luisito no banco. Os xogadores están demostrando que, xornada a xornada, van a máis, e este novo proxecto ten toda a pinta de vai chegar a bo porto, que non é outro que o do ascenso.

NONÉ certo que o equipo vai

crecendo, pero a liga é moi longa e o banco do CD Ourense moi curto. A isto hai que engadirlle que o Cerceda é un rival moi só-lido, sendo o máis regular no que levamos de liga, e cunha plantilla moi ampla e experimentada na Ter-ceira División. Polo que o Ourense terase que confor-mar con xogar a promoción sendo segundo, terceiro ou cuarto, co que eso conleva (ter que pasar tres rondas). Será capaz deste xeito as-cender?

Segue votando no noso Facebook

(mundourense.com)e na web

www.mundourense.com

Redacción

A Deputación Provin-cial de Ourense concedeu as Bolsas do Deporte a 60 deportistas ourensáns, su-mando unha axuda total de 30.000 euros. Nun ano no que se rumorea que a insti-tución provincial vai deixar sen axudas a todos os clubs (menos a Ponte Ourense, CD Ourense e COB), a Deputación mantén unhas becas que leva entregando ininterrumpidamente desde 1988.

O acto de entrega estivo presidido por Manuel Bal-tar, acompañado polo ase-sor de deportes da Deputa-ción, Bernardino González, e o deputado resonsable de deportes, Luciano Rivero.

Tres gruposUn primeiro grupo de

axudas, cunha dotación de 1.4�5 euros, recoñeceu

A Deputación concede as Bolsas do Deporte 20114 60 deportistas ourensáns foron os benefi-ciarios destas axudas.

a aqueles deportistas que tiveran ou puideran ter a consideración de olímpi-cos, que participen habi-tualmente, coa Selección Nacional Española en probas de campionatos do mundo ou europeos, ou que pola súa especial traxecto-ria e prestixio, sexan me-recedores de ocupar este grupo. Foron o xadrecista Iván Salgado, e os atletas José Alfonso Palomanes e Luis Fernando Moro.

Oito deportistas levaron a axuda de segundo nivel, de 850 euros, porque parti-ciparon, con razoable éxito, en campionatos de Espa-ña absolutos acadando, na maioría dos casos, finais, ou estiveron selecciona-dos ou preseleccionados coa Selección Española, e mantiveron unha continui-dade de varios anos no seu nivel competitivo.

No terceiro grupo (con

contía de 630 euros) están encadrados os deportistas que figurando en postos de relevancia no ránking dos seus respectivos de-portes ou que se incor-poraran á convocatoria nesta temporada, ou que pertencendo a disciplinas deportivas en expansión, aínda non acadan os mé-ritos suficientes para figu-rar nos grupos anteriores. Sete deportistas recibiron estas axudas.

Axudas extraordinariasPor último, están as

axudas extraordinarias, que son un primeiro paso para acceder á bolsa en vindeiros anos, ben sexa pola súa xuventude ou por que unha lesión cor-tara a súa progresión. 4� deportistas foron os be-neficiarios destas axudas extraordinarias cuxa con-tía foi de 345 euros.

Redacción

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza con alcaldes e representantes municipais da área de Ourense e outra cos da área de Valdeorras, para presentarlles o Plan Galicia Saudable, unha acción encamiñada a ga-ñar apoios á Declaración de Galicia Saudable que promove o Goberno gale-go e que se presentará pu-blicamente o vindeiro mes de abril. No encontro, Lete Lasa fixo un chamamento aos responsables locais para adherirse a dito Plan e, deste xeito, contribuír ao obxectivo de lograr un país máis activo e san.

Unhas xuntanzas que se enmarcan na serie de encontros que o secreta-rio xeral para o Deporte está a manter con distin-tos dirixentes locais. Lete Lasa reuniu en Ourense e no Barco de Valdeorras a alcaldes, concelleiros e técnicos municipais para darlles a coñecer o Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Ga-licia Saudable, aos que informou do contido e da transcendencia do mesmo e resaltou a “importancia da adhesión dos munici-pios aos seus obxectivos a través da Declaración de Galicia Saudable”. Segun-do explicou Lete Lasa, “o fin último do proxecto é estender a práctica depor-tiva entre a poboación ga-lega e concienciar á socie-

dade dos seus beneficios para a saúde”.

A primeira das reunións celebradas na provincia de Ourense tivo lugar na capital. Nela, o secreta-rio xeral para o Deporte e o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, conversaron con represen-tantes de 40 municipios ourensáns.

ObxectivosO secretario xeral para o

Deporte explicoulles aos representantes municipais o estado actual do Galicia Saudable e das fórmulas previstas para a participa-ción dos concellos.

O Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable é a resposta unitaria do Go-berno galego para loitar contra o sedentarismo e as enfermidades asociadas ao mesmo, a través dunha aposta por promover cam-bios no estilo de vida da sociedade galega e impul-sar a práctica da activida-de física.

Lete Lasa en Ourense. /RAMSÉS.

Foto de familia dos benficiarios das Becas 2011 da Deputación de Ourense. /P. LODEIRO

Lete Lasa convida aos concellos ourensáns a sumarse ao Plan Galicia Saudable

Page 23: 15 Marzo 2012 - BD52

BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�

�3ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá.

Nº5�- Ano: IV - 16 de marzo de �01� - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O BLOG DE SAUDETER

4SABÍAS QUE... técnica respiratoria é a correcta?

4O RINCÓN DO MESTRE

O deporte e a saúde (II): Recomendacións a ter en conta

Coñece as túas aptitu-des:

- Facer un recoñece-mento médico antes de practicar deporte, sobre todo se padeces algunha enfermidade ou segues al-gún tratamento farmaco-lóxico. Consulta co médi-co todas as túas dúbidas.

Elixe o teu deporte:- Practica o deporte que

máis se adapte ás túas condicións físicas. Déixa-che aconsellar.

Coñece o teu deporte:- Aprende a técnica, a

táctica e o regulamento para un mellor desenvol-vimiento do mesmo e evi-tar posibles lesións.

Prepara a actividade:-Inicia a actividade co

quecemento. Realiza es-tiramentos antes, durante e despois da actividade física.

Non esquezas “ades-trar” durante a semana se estás en competición.

Coñece as túas limita-cións:

- Compite nun deporte adecuado ás túas con-dicións físicas. Ás veces a imprudencia pódenos traer malas consecuen-cias. Lembrar que Impru-dencia= Accidente.

Segue unhas normas hixiénicas:

- Fai unha dieta equili-brada, Bebe auga mentres practicas deporte.

- Levar roupa cómoda e transpirable.

Empezar as mañás con exercicio contribúe a su-bir o ánimo, incrementar a nosa forza, autoestima, re-lacións sociais e reactivar a enerxía interior.

Hai días nos que un se sente apático, canso, triste e malhumorado; en defini-tiva, falto de enerxía e ga-nas de emprender o día. É normal que xurdan días así, somos seres humanos con estados de ánimo moi cam-biantes e cunha atarefada vida. Con todo, non pode-mos deixar que unha mala sensación, o cansazo físico e mental ou simplemente a preguiza impídannos em-pezar un novo día, segura-mente cheo de sorpresas e sensacións positivas.

Para superar a barreira inicial e animarnos o día hai moitas cousas que po-demos facer. Darnos unha ducha fría, un almorzo san e enerxético, escoitar música positiva, coidar a nosa imaxe, etc. Pero sen dúbida, a opción máis acertada para reactivar a nosa enerxía interior é movernos, facer exercicio

A respiración completa combina o tres tipos de respiración e constitúe a respiración ideal. Clavicular (alta), Pulmonar (media) e Diafragmática ou abdominal (baixa).

Beneficios:- É un excelente antídoto para a fatiga, a depresión, as tensións, a tensión?- Mellora o estado do sistema nervioso. - Mellora as dixestións pesadas e favorece o seu bo funcionamento. - Favorece a eliminación de toxinas do organismo.- Contribúe a mellorar o rendemento dos deportistas e a súa capacidade pulmonar.- Incrementa a circulación sanguínea.- Tonifica os músculos abdominais. - Mellora o funcionamento de órganos internos. - Rexuvenece os nosos órganos, entre eles a pel. - Reduce a carga do traballo do corazón.

Enerxía todo o díafísico. Empezar as mañás con exercicio contribúe a subir o ánimo, incrementar a nosa forza, autoestima, re-lacións sociais e reactivar a enerxía interior.

Está comprobado que o exercicio revitaliza o corpo e a mente. Hai moitas ra-zóns para empezar o día con actividade física.

Os niveis de enerxía dis-páranse canto máis activos estamos. Todos tivemos esa sensación de cansazo can-do nos pasamos o día tira-dos no sofá e con todo non estamos a gastar enerxía, estamos “descansando”. Parece contraditorio, pero non o é. A razón é que co exercicio físico libéranse unhas hormonas, as endor-finas, que che fan sentir ben, por iso sénteste máis activo e entras nun ritmo continua-do de actividade, posto que che custa moito menos. Do-utra banda, cando mobilizas os teus músculos, o corpo li-bera proteínas que facilitan a transformación da glicosa que hai no sangue. Por iso, tras o exercicio, o teu or-ganismo é capaz de xerar

enerxía con máis facilidade, evitando “baixóns de ener-xía”.

Outra razón para empe-zar o día con movemento é que o exercicio acelera o fluxo sanguíneo que permite máis transporte de osíxeno ao cerebro, os pulmóns e o corazón, desta forma sén-teste máis vital. Ademais, ao eliminarse gran cantidade de toxinas a través da suor, contribúe á desintoxicación e purificación do organis-mo, facéndonos sentir máis lixeiros. E é que o exerci-cio produce unha resposta relaxante que nos serve de distracción positiva, me-llorando o noso humor e afastándonos da depresión. Finalmente esta sensación de felicidade favoreceranos para manter boas relacións coas persoas que nos ro-dean, transmitíndolles ener-xía positiva, creando unha boa atmosfera ao noso ao redor.

Razóns para moverte, habelas hailas. Todo o que ganas cho podemos con-tar, pero agora tócache a ti comprobalo.

Exercicios para acti-varte

- Respira e osixénate. Actividades como o Ioga, Pilates, Tai Chi... obrí-gannos a traballar cunha respiración completa e profunda, favorecendo o traballo dos músculos pro-fundos, a conciencia cor-poral, a relaxación física e mental e a purificación do organismo.

- Estírate e desentumé-cete. Co streching evitamos gran parte das lesións, fa-vorecemos o afinamiento dos músculos e a relaxa-ción muscular.

- Fortalece os teus mús-culos. Tonificar os nosos músculos é igual de impor-tante que movernos ener-xeticamente. Se os nosos músculos están fortes po-deremos soportar máis es-forzos, evitaremos moitas lesións e sobrecargar nosa columna vertebral, activa-remos o noso metabolismo basal e sentirémonos máis fortes.

- Móvete, axilízache e mellora a túa resistencia cardiopulmonar. As ac-tividades cardiovascula-res son imprescindibles no noso día a día. Pór en marcha o noso corazón e pulmóns é garantía de saúde e resistencia.

- Reláxate e vive sen tensión. A tensión e a an-siedade restan anos. Saber controlalos é fundamental para vivir en harmonía e serenidade. As técnicas de relaxación ensínannos a controlar os nosos pensa-mentos, estados de ánimo e situacións diarias com-plicadas.

- Utilizar calzado depor-tivo adecuado.

- Utilizar chancletas para evitar posibles infec-cións

- Ducharse sempre des-pois do exercicio físico.

- Pór roupa limpa e seca despois do exercicio físico para evitar posibles arre-friados.

- Non consumir sustan-cias tóxicas, alcol, tabaco, drogas...

- Descansar e durmir as horas necesarias.

Non á dopaxe- Non utilices produtos

milagrosos para mellorar o teu rendemento. Coñece os efectos reais destas subs-tancias, para iso consulta con expertos as informa-cións a preto de “produtos milagrosos”, dietas.

Lesións:- Deterse ante a apari-

ción de molestias ou dores.- Recupérate das lesións,

non volvas á práctica de-portiva antes de curarte dunha lesión. Utiliza pro-teccións.

- Evitar a discusión e a violencia.

Conclusión:- A práctica do depor-

te axudarache a manterte e mellorar a túa saúde e a sentirte mellor contigo mesmo. O mellor premio da actividade deportiva é a sa-tisfacción.Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrena-

dor nacional de fútbol

Page 24: 15 Marzo 2012 - BD52

�4 BARRIOS DEPORTIVO16 de marzo de �01�