14/01/2020 comunicaciÓn 03 símbolos humanos de … · 2021. 7. 29. · 1 14/01/2020 comunicaciÓn...
TRANSCRIPT
1
14/01/2020 COMUNICACIÓN 03
Grazas por inscribirvos na proposta a todos os Centros Educativos da Coruña, para
realizar o día 30 de Xaneiro do 2020 de “Símbolos Humanos de Estudantes pola Paz e
a Nonviolencia” e dar lectura conxunta dun Compromiso Ético.
Expomos esta acción co interese de crear conciencia en nenos, nenas e mozas e
mozos, na Cultura de Paz e Nonviolencia, acompañándoa doutras actividades propias
do voso centro escolar que xeren unha ampla participación e comprensión sobre a Paz
e a Nonviolencia.
“Se ti o cambio que quererías ver no mundo”. (Gandhi)
O 30 de xaneiro, a nivel internacional, está dedicado a conmemorar nos centros
educativos unha cultura de Paz e Nonviolencia e este ano convidámosvos a que o
celebredes dentro do marco do percorrido internacional que un equipo de persoas
está a realizar ao longo do noso planeta dende o 02/10/19 ao 08/03/20 durante a
“2 Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia”. . https://theworldmarch.org/
Na nosa cidade está a coordinarse esta acción desde:
- o “Servizo Municipal de Educación”
- a asociación “Mundo Sen Guerras e Sin Violencia”
- a “Rede de escolas polos Dereitos Humanos” de Amnistía Internacional.
2
01 CENTROS ESCOLARES INSCRITOS
FOTO: Símbolo Humano realizado no Centro Salgado Torres, outubre 2019
Os centros escolares inscritos (a día de hoxe) son:
22/11/19 CEIP JOSÉ CORNIDE SAAVEDRA
25/11/19 CEIP PLURILINGÜE ANXO DA GARDA
02/12/19 CEIP MARIA PITA
12/12/19 SANTA MARÍA DEL MAR. Jesuitas
17/12/19 CEIP PLURILÍNGÜE CONCEPCIÓN ARENAL
17/12/19 CEIP SAGRADA FAMILIA
18/12/19 CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE
19/12/19 CEIP ALBORADA
19/12/19 COLEXIO CALASANZ - PP. Escolapios
20/12/19 CEE NOSA SEÑORA DO ROSARIO
09/01/19 CPR SANTO DOMINGO-FESD
12/01/19 IES A SARDIÑEIRA
NOTA: Convidamos a que se inscriban máis centros ata o
20 de xaneiro
3
02 REUNIÓN PRESENCIAL ORGANIZATIVA
O mércores 22 de Xaneiro realizarase 1 reunión presencial cos centros rexistrados,
para a coordinación dos últimos detalles “previos” á realización da actividade
MÉRCORES 22 as 19:00 no Centro Cívico “Cidade Vella” Rúa Veeduría 2, (na planta 2)
Nesta reunión presencial veremos os segintes temas:
- Breve explicación da actividad a desenvolver
- Actualización dos Centros Escolares participantes
- Coordinación entre os organizadores e os centros escolares
- Posibles dúbidas á hora de realizar a actividade
- Difusión posterior e permisos de LOPD coas imaxes
Tamén teremos dispoñibles para entregarvos impresos, este día:
- Carteis da actividade
- Folletos informativos da 2 Marcha Mundial
- Folletos co “Compromiso Ético” para regalar aos estudantes
Agradeceriamos que nos comunicásedes por escrito, ANTES da reunión:
- Número aproximado de estudantes participantes por colexio
- Número de Símbolos Humanos que se prevé desenvolver en cada centro
- Actividades previas que se realizaron no centro, para dar contexto aos
estudantes sobre a actividade dese día
Esta información escrita ao mail: [email protected]
4
03 FORMACIÓN DOS SÍMBOLOS HUMANOS
FOTO: Símbolo Humano realizado en Brasil, noviembre 2019
Os materiais explicativos de como se forman os Símbolos Humanos están dispoñibles
para a súa descarga
- WEB de Servizo Municipal de Educación
- WEB 2 Marcha Mundial pola Paz e a Noviolencia Coruña
Podedes ver VÍDEOS doutros Símbolos Humanos realizados noutras cidades e países,
para difundir nos vosos centros escolares os días previos, a través do seguinte enlace:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLU6380as9-ZgLuymDpQIG3bqHZuEFcVAZ
04 DIFUSIÓN DA ACTIVIDADE
CARTEIS
Difundiranse os carteis impresos da actividade en:
- Rede municipal de Bibliotecas
- Rede municipal dos Centros Cívicos
- Autobuses urbanos de A Coruña
Na Internet:
- Web de servizo Municipal de Educación
- Web y rr.ss. da 2 Marcha Mundial pola Paz e a Noviolencia Coruña
Convidamos a todos os centros escolares que difundan polas súas propias webs a
actividade e remítannos o link para a “Memoria da actividade” ao mail:
5
TORRE DE HÉRCULES
A Torre de Hércules será iluminada o día 30/01/2020 de cor azul, para visibilizar tan
significativo día. Está xa confirmado pola Alcaldía.
ROLDA DE PRENSA
Está a coordinarse para realizar unha rolda de prensa os días previos no Concello.
Cando se concrete convidarémosvos para que poidades acudir.
VÍDEO POSTERIOR DA ACTIVIDADE
Desde os propios centros escolares, poderedes enviarnos as fotos e vídeos que
gravedes e autoricedes a difundir publicamente ao mail:
Con todo o material recibido montarase 1 vídeo xeral do desenvolvemento da actividade en
todos os centros escolares participantes que se fará público e compartirase nas webs e rr. ss.e
será incorporado á “Memoria da actividade” final.
05 + INFO da 2 Marcha Mundial
Podedes ver máis información das accións realizadas pola “2 Marcha Mundial pola Paz
e a Nonviolencia” na nosa cidade na web oficial:
https://theworldmarch.org/coruna
+ INFORMACIÓN: [email protected]
Toda a información e os materiais están accesibles para a súa descarga en:
VIDEO PROMOCIONAL
https://youtu.be/DDB5ZZdBJdU
INICIATIVA NA WEB OFICIAL:
https://theworldmarch.org/iniciativas/simbolos-humanos-enero-2020-coruna/
NOTICIA NA WEB SERVICIO MUNICIPAL EDUCACIÓN:
http://www.coruna.gal/educacion/es/actualidad/noticias/detalle-noticia/celebramos-o-dia-
escolar-da-non-violencia-e-a-paz/suceso/1453712822226
FORMULARIO INSCRIPCION
https://forms.gle/8TKrjH8jKALWF16S6
Un saúdo e grazas de novo por inscribirvos.
CARLOS REGUERA 617 990 205
(Coordinador da actividade)
6