119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

21

Upload: conletras

Post on 11-Jan-2016

31 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf
Page 2: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

Unidade4

72

» CONTIDOS

LECTURA E COMPRENSIÓN Arquipélago de Ons

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN O folleto

LÉXICO A composición

LINGUA E SOCIEDADE A variación lingüística: os niveis

ORTOGRAFÍA O uso dos dous puntos, os puntos suspensivos e a raia

GRAMÁTICA As cláusulas simples e complexas. Funcións sintácticas

GRAMÁTICA TEXTUAL A cohesión

LITERATURA A cantiga de escarnio e maldicir

Page 3: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

73

• Quesabedessobreosafiadores?

1.VedeotráilerdeA última viaxe do afiadorenhttps://www.youtube.com/watch?v=4sHm8404n3U

2.Anotadeastresideasquemáisvoscha-manaatención,unhapreguntaeunhaanaloxía.

3.Compartideosresultadoscosvososcom-pañeiros.

Rutina de pensamento3,2,1ponte

Page 4: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

74

LE

CT

UR

A E

CO

MP

RE

NSI

ÓN

Antes de lerDeseguido, presentámosche un folleto sobre o arquipélago de Ons.— Que sabes deste arquipélago? Onde está situado? Que illas o forman? Están habitadas?— Fuches algunha vez de visita a este arquipélago? • Se a resposta é afirmativa, en que viaxaches ata as illas? De onde saíches? Que viches nas illas? Que foi o que máis

che gustou? E o que menos? Por que? Recomendarías a súa visita? Por que? • Se a resposta é negativa, gustaríache ir? Por que? Como cres que podes chegar ata alí? Desde onde podes saír?

Que cres que podes ver alí?O arquipélago de Ons forma parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.— Que outros arquipélagos e illas forman parte deste Parque Nacional? En que ano foron nomeadas Parque

Nacional? Por que razón? Se non sabes as respostas, consulta a páxina web: http://www.iatlanticas.es/

Unidade 4 | Lectura e comprensión

Arquipélago de Ons

Page 5: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

75Lectura e comprensión

Page 6: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

LE

CT

UR

A E

CO

MP

RE

NSI

ÓN

76

#Técnicasdeaprendizaxe

Un folleto é un texto de curta extensión que serve para informar sobre algo (folleto propagandístico) ou para facer publicidade dun produto (folleto publicitario).

Polo xeral, os folletos contan con elementos como imaxes, cores vivas, títulos e palabras grandes e atraentes, diagra-mas fáciles de entender etc. Ao mesmo tempo, non po-den ser nin moi grandes nin moi pequenos xa que, dese modo, a persoa perde intere-se facilmente neles. Moitos aparecen dobrados para que se poidan abrir e, así, atopar máis información.

unidade 4 | Despois de ler

Comprensión

1. Busca no folleto as palabras correspondentes a estas definicións.

• Obstáculo que impide o paso, a comunicación ou o contacto: . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Lugar onde un se pode protexer contra os rigores do tempo, un perigo etc.: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Conxunto de fragmentos miúdos de pedra: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Conxunto de seres vivos que habitan o planeta Terra ou unha zona xeográfica específica: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Camiño polo que se fai máis curta a distancia entre dous puntos: . . . . . . . . . . . .

• Extremo dun cigarro que queda sen fumar: . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Interpoñerse no desenvolvemento dunha cousa ou dunha acción: . . . . . . . . . . . .

2. Responde estas cuestións:

• Que función cumpren as illas do Parque Nacional?

• Como é o fondo mariño que rodea as illas?

• Quen aproveita os fondos mariños? Que tipo de pesca se permite?

3. Analiza a normativa e as recomendacións para a visita ao arquipélago de Ons en cadros coma estes.

4. Agora analiza cada ruta nunha táboa coma esta.

Despois de ler

Ruta Quilómetros Desnivel Características

Sur . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

1. Levar os residuos ao porto de orixe

1. Non hai colectores do lixo

Recomendación Prohibición

Razón Razón e/ou consello

1. Tirar cabichas en praias e camiños

1. Razón: son un residuo difícil de retirar. Consello: apagalas ben e . . . . . . .

Reflexión 5. En grupos, respondede estas preguntas:

— Parécevos adecuada a normativa e as recomenda-cións que se dan no folleto? Por que? Credes que al-gunhas son obvias? Cales? Se é así, por que credes que as inclúen? Cales cambiariades? Por que?

— Que outras prohibicións e recomendacións engadiria-des vós? Por que?

6. Nos mesmos grupos, analizade o folleto seguindo es-tas pautas:

— Tipo de folleto (propagandístico ou publicitario).

— Deseño (imaxes, cores, tipografía, mapas, diagramas...).

— Opinión persoal razoada sobre o deseño: que foi o que máis vos gustou, e o que menos, que cambiaria-des, por que, como o poñeriades...

— Poñede en común co resto dos grupos a vosa análi-se e contrastade os resultados. Comentade a que se poden deber as coincidencias e as diverxencias.

Creación 7. Imaxina que un grupo de amigos ides cos vosos pais

de excursión ao arquipélago de Ons.

— Conta a túa experiencia: desde onde saídes, a viaxe, o que vedes ao chegar, a busca de información, a escolla dunha ruta, a realización da ruta (o que vedes, impresións, posibles obstáculos...), a volta ao porto de orixe, as impresións xerais da viaxe...

8. Imaxina que a vosa clase ten un blog en Internet que actualizades cada pouco tempo.

— Comenta que texto poñerías nese blog sobre a ex-cursión anterior e describe tamén que tipo de imaxes incluirías.

Page 7: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

77

O folletoAgora que xa sabes que é un folleto, nas actividades que che propoñemos deseguido vas analizar e elaborar diferentes folletos.

1. En grupos pequenos, accedede a estas páxinas web. — Analizade cada folleto, seguindo estas pautas:

• Tipo de folleto • Información que dá

• Deseño • Opinión persoal

— Poñede en común as vosas análises co resto dos grupos e contrastádeas.

Unha volta polo mundo

Se vos fixades un pouco, ides ver que estades rodeados de fo-lletos por todas partes.— Durante unha semana recollede os folletos que atopedes

na caixa do correo, no supermercado, no centro de saúde, no instituto, os que vos dean pola rúa...

— Analizádeos seguindo as pautas da actividade 1 e comentade que tipo de folletos predominan, que folletos botades en falta, que información vos gustaría que vos desen en forma de folleto e que non atopades...

2. Ordena as pautas para elaborar un folleto.

• Buscar información sobre ese tema.

• Acompañar o texto e as fotografías con mapas e diagramas complementarios.

• Seleccionar a información e redactar o texto.

• Buscar fotografías relacionadas.

• Elixir o tema que se vai tratar.

• Redactar títulos e subtítulos claros e atractivos.

• Incluír as fotografías seleccionadas.

3. Seguindo o modelo do folleto das illas Ons da lectura, elabora un folleto semellante sobre outra das illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

— Busca información na páxina http://www.iatlanticas.es/

— Sigue as pautas da actividade 2.

Benvidos!O mes que vén chegan uns familiares arxentinos dos vosos avós para pasar tres meses en Galicia, pero non coñecen nada da nosa terra. Como teredes que seguir asistindo ás clases, non os ides poder acompañar seguido. Así que, como poderiades axudalos a coñecer o noso país?Trataríase de deseñar un folleto informativo sobre os aspectos máis interesantes de Galicia (lugares importantes, cultura, lingua, gastronomía, costumes...).Poderíanvos axudar as web turísticas, as de cultura, lingua, gastronomía, tradicións...

Act

ivid

ades

http://links.edebe.com/s3pi

http://links.edebe.com/xqjm

http://www.ganeda.es/campamentos/

OB

RA

DO

IRO

DE

EX

PR

ESI

ÓN

Obradoiro de expresión

PBL

+

Page 8: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

78

XIC

O E

SE

NT

ICA

Unidade 4| Léxico e semántica

1. Identifica as palabras compostas destas oracións.

• Avacalourataménsechamacornetánouescorna-bois,mentresqueolucecútaménrecibeonomedevagalume.

• Xacollichesopasamontañas,opasaporte,oparau-gaseosalvavidas?

• Nocaixónhabíaunescachanoces,untirarrollaseunabrelatas.

—Analizaacategoríagramaticaldaspalabrascom-postas anteriores e dos elementos que as com-poñen.

vacaloura (subst.) = vaca (subst.) + loura (adx.)

2. En parellas, escribide tantas palabras compostas como poidades que conteñan un destes lexemas.

auga–baixo/a–beira–mal–garda(r)–mansol–noite–para(r)–lava(r)–porta(r)–tapa(r)

3. Escribe o plural destas palabras compostas.

moblebar–porcobravo–pasamáns–parasolportavoz–mediodía–peixesapo–cochebombacalcapapeis–peixeespada–anoluz–camposanto

4. Inventa un texto que inclúa a maior cantidade posi-ble de palabras compostas vistas nesta páxina.

acti

vid

ades

Formación do plural nas pala-bras compostas:

a. Se os dous elementos forman unha soa palabra, fan o plural igual ca o segundo elemento: vacalouras.

b. Se o segundo elemento é un monosílabo acabado en -l, forman o plural engadindo -es: xirasoles.

c. Se o segundo elemento está en plural, son invariables: portalámpadas.

d. Se os dous elementos se es-criben separados e o segundo elemento é un adxectivo, for-man o plural os dous elemen-tos: gardas civís.

e. Se os dous elementos se es-criben separados e o segundo elemento é un substantivo, vai en plural só o primeiro elemento: camións cisterna.

A composiciónComo xa sabes, a composición é un procedemento de creación de palabras que consiste en unir dous ou máis lexemas.

Deseguido vas ver as combinacións de lexemas que se poden dar para crear palabras compostas.

Algúns autores defenden a existencia doutros tipos de palabras compostas: as compostas non-lexicalizadas. Son termos nos que o grao de cohesión entre os lexemas non é total, polo que os elementos da composición conservan a súa entidade. Isto provoca que na escrita se grafen separados.

piso piloto garda civil

Lexemas

substantivo + substantivo

substantivo + adxectivo

adxectivo + adxectivo

verbo + verbo

verbo + substantivo

adverbio + verbo

Exemplos

baloncesto, beiravía...

sapoconcho, vacaloura...

xordomudo, claroscuro...

ruxerruxe, vaivén...

escornabois, salvavidas...

bendicir, malestar...

auga + mar = augamar

lexema 1 + lexema 2 = palabra composta

afia(r) + lapis = afialapis

lexema 1 + lexema 2 = palabra composta

+

Page 9: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

79Léxico e semántica

XIC

O E

SE

NT

ICA

A paisaxe mariñaNas actividades que tes deseguido vas traballar o campo semántico da paisaxe mariña.

1. Ordena as sílabas e obterás nomes de elementos pro-pios da paisaxe mariña.

lloite canladotia llai

pélagoarqui matacarán cabar

xalon conrífraa topor

ateba con nínlasupe

moist rofa iapra

opeira seadaen arí

— Agora relaciona cada nome co número do debuxo correspondente.

2. Le este poema de Francisco X. Fernández Naval.

Bolboreta

Durante o día

o faro semella bolboreta durmida.

Cando anoitece abre as alas

e busca a sombra

dos mariñeiros perdidos.

— De que elemento da paisaxe mariña se fala no poe-ma? Cal é a súa función? Con que se compara? Por que o poeta establece esta comparación?

— Escolle outro elemento da paisaxe mariña e crea un poema semellante ao anterior.

3. Entra nestas páxinas web e escribe o nome de seis embarcacións tradionais galegas.

— Describe como é cada unha das embarcacións, a súa orixe, en que lugares de Galicia se empregaba, que tipo de captura se pescaba con ela...

4. Consulta o dicionario da RAG en Internet e explica as semellanzas e as diferenzas de significado entre estes verbos.

atracar – abarloar – abordar – arribarrecalar – aportar

— Deseguido, escribe unha oración con cada verbo onde se vexa claramente o seu significado.

5. Nunha paisaxe mariña nunca faltan os animais. Descu-bre o nome de doce animais a partir da primeira sílaba.

a. . . . . . . . . es. . . . . . . . . . cor. . . . . . . me. . . . . . . . . .

per. . . . . . . . . . gai. . . . . . . . . . ber. . . . . . . . . . gol. . . . . . . . . .

né. . . . . . . . . . can. . . . . . . . . . ma. . . . . . . . . . cor. . . . . . . . . .

acti

vid

ades

http://links.edebe.com/jt78

http://links.edebe.com/5w

Page 10: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

80

LIN

GU

A E

SO

CIE

DA

DE

Unidade 4 | Lingua e sociedade

A variación lingüística: os niveisAs linguas son sistemas de signos cohesionados en diferentes niveis: fonolóxico, morfolóxico, sintáctico e léxico; mais tamén son sistemas flexibles, porque se adaptan ás imprevisibles necesidades dos seus usuarios, e abertos, para recibiren a influencia doutras linguas e crearen termos cos que designar novas realidades.

Con todo, estas mutacións sempre se producen ao redor dun modelo de lingua que chamamos estándar, pautado por unhas normas que todos coñecemos en maior ou menor medida. Doutro xeito, a comunicación tornaríase inviable.

Catro son os eixos ao redor dos que se transforman as linguas:

REPARA! Dous son os factores que in-terveñen neste proceso de modificación:

•Osempréstitos, vocespro-cedentes doutras linguas como pizza ou fútbol.

•As analoxías, que respon-den á necesidade de todo sistema lingüístico de serfácil de empregar e de com-prender. Fíxate na forma*abreu (abriu) que xurdiupor analoxía cos perfectosdasegundaconxugación.

A crear neoloxismos! Vela-quí a páxina oficial do fes-tival O Marisquiño: http://omarisquiño.com/

En grupos, propoñede neo-loxismos para os deportesurbanos que aparecen nela.

Tempo

As xeracións de falantes vanse diferenciando progresivamente sen que a comunicación se vexa afectada porque as linguas mudan de xeito constante ao longo da súa vida. Así, os cambios lingüísticos serán máis perceptibles canto máis tempo distancie unhas xeracións doutras. Chamámolas variacións diacrónicas.

Espazo

As variacións diatópicas débense á distancia xeográfica que separa os falantes dunha mesma lingua. Por exemplo no galego, a partir da for-mación do plural e doutros trazos, establécense tres áreas ou bloques: occidental: camións; central: camiós; oriental: camiois.

Nivelsociocultural

A adquisición dunha lingua faise de xeito paulatino; todos aprende-mos un código oral que a formación académica vai elaborando e en-riquecendo. Canto meirande sexa a nosa instrución, meirande será a nosa capacidade de empregar códigos elaborados. Estas son as variacións diastráticas e adoitan dividirse nestes niveis: culto, están-dar, coloquial ou vulgar.

Contexto

Onde nos comunicamos? Con quen estamos a falar? Que pretende-mos conseguir? En todo acto de comunicación escollemos unha mo-dalidade expresiva ou outra, condicionada por estas interrogantes. Chamámolas variacións diafásicas ou rexistros e delas falaremos polo miúdo na seguinte unidade.

REPARA! Velaquíalgúnstrazosdasvariedadesdiastráticas:

Culto Estándar VulgarColoquial

Respecta a normativa

Sintaxecomplexa

Vocabulariorico e preciso

Respecta a normativa

Sintaxecoidada

Naturalidade e expresividade

Non respecta a normativa por descoñecemento

Modificacióndaorde sintáctica lóxica

AlteraciónsvocálicasAlteraciónsdexéneroDequeísmo

Non respecta a normativa como recursoexpresivo

Modificacióndaordelóxicapara gañar en expresividade

InterxecciónsEsaxeraciónsApelaciónsaoreceptor

1. No seguinte texto, substitúe os termos comerciais marcados en negra polos co-rrespondentes substantivos comúns:

A mesa da miña cociña apareceume ocu-pada por unha caixa con latas de Calvo, un pack de seis botellas de Pascual, Bimbo sen codia, Nesquick, mazás Golden...

S. Jaureguízar (2010), adaptación.

2. Respondede: que outros termos comer-ciais adoitades empregar como substan-tivos comúns? En que eixo de variación se inclúen estes exemplos?

3. Anota os trazos da túa fala e completa:

A miña fala correspóndese ao bloque . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . e presenta os seguintes trazos fonéticos e morfolóxicos: . . . . . . . . . . . . . .

Act

ivid

ades

Page 11: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

81Ortografía

O uso dos dous puntos, os puntos suspensivos e a raia

— Inventa un exemplo novo para cada norma.

OR

TO

GR

AF

ÍA

1. Pon os dous puntos onde sexa preciso. Explica a nor-ma que seguiches en cada caso.

• Entón, el dixo Non quero que me volvas dirixir a palabra nunca máis.

• Estimada Luísa Como estades ti e mais os nenos?

• A Lois tocoulle a lotaría brincaba de alegría.

• Comprei os ingredientes para as lentellas allo, cebola, aceite cenorias e lentellas.

• O filósofo Sócrates dixo Só sei que non sei nada.

• Meu irmán practicaba moitos deportes natación, ciclismo, atletismo, tenis e fútbol.

• Meu pai dixo non volvo a esa tenda de mobles porque son baratos, pero moi ruíns.

2. Explica a norma que se segue no uso dos puntos sus-pensivos en cada caso.

• Henrique ten moitas afeccións: ir ao cine, ler, andar na bici-cleta, nadar...

• Oín uns pasos na escaleira, deseguido un silencio, despois abriuse a porta do meu cuarto e... era miña nai que xa viñera do traballo.

• Como dicía Castelao: «O verdadeiro heroísmo consiste en trocar [...] as ideas en feitos.»

• Hoxe tes moitas cousas que facer: ir traballar, facer a com-pra, levar o neno á piscina...

• Xa o di o refrán: «Can ladrador...».

3. Copia este texto e pon as raias que se precisen.

Non o pensara respondeu, pero o ton da súa voz suxeriu algo diferente.

Vai quedar a durmir na casa?

Non admitiu. A miña muller está asustada. Pasaremos esta noite en Vigo. Se cadra, algunha máis, ata que nos instalen a alarma.

Vostede tampouco cre que se trate dun roubo, verdade?

Como?

Digo que vostede sabe que isto non o fixo un ladrón.

Non entendo por que supón que eu...

Ninguén abandonaría a súa casa se sospeitase que alguén quere roubar nela dixo cortante o inspector.

Domingo Villar, A praia dos afogados, Ed. Galaxia

4. Ditado.

—¿E logo?

Parecía moi ensumido na navegación. Prendera un pito cun esqueiro de mecha longa e amarela. Detrás dos lentes negros fun incapaz de descubrir o menor interese.

—Toda esa historia de como perdiches o paquete de dro-ga. Resulta moi incrible. Os teus amigos perderon o teu rastro. Esperábante no aparcamento, buscáronte e non te atoparon, e ti amañeciches logo durmindo nese aparca-mento. Iso de que os narcos che confiasen a droga a ti, un descoñecido... Non cadra.

Andreu Martín e Jaume Ribera, Flanagan de luxe, Ed. Xerais

Act

ivid

ades

Puntúa ben!Os dous puntos

• Antes dunha enumeración ex-plicativa: Somos tres irmáns: Santiago, Belén e Manuel.

• Tras a fórmula de saúdo das car-tas: Querida mamá:

• Antes de reproducir as palabras de alguén: O doutor dixo: ten vostede un proceso gripal.

• Para introducir unha consecuen-cia, unha conclusión ou un resu-mo do anterior: Ía frío e chovía: volvemos para a casa.

Os puntos suspensivos

• Para indicar que unha enumeración está in-completa ou inacabada: Comprei plátanos, piña, kiwis, mazás...

• Para expresar dúbida, temor ou sorpresa: Soou o teléfono, collino, pero... non contestou ninguén.

• Cando se deixa unha oración ou unha cita in-completa: El esperaba aprobar, pero...

• Entre parénteses ( ) ou corchetes [ ], para indi-car que se omitiu unha parte nun texto que se transcribe literalmente: Como dicía Rosalía: Adiós ríos, [...], non sei cando nos veremos.

A raia

• Para introducir as palabras das persoas que interveñen nun diálogo: —Ola, Laura. Como estás?

• Para separar as anotacións que intercala o narrador nun diálo-go: —Ola, Laura. Como estás?—dixo o director do instituto.

• Para marcar incisos ou aclara-cións: Dentro de oito días —25 de decembro— será o día de Nadal.

Page 12: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

82

GR

AM

ÁT

ICA

Unidade 4 | Gramática

As cláusulas simples e complexasObserva estas estruturas.

Unha cláusula é unha unidade sintáctica que ten que levar, obrigatoriamente, un verbo. Cando presentan un único verbo denomínanse cláusulas simples. No caso de que presente outra, ou outras, no seu interior denomínanse cláusulas complexas.

• María mercou un can.

• David díxolle a Sara que era precioso.

María mercou un can. David díxolle a Sara que era precioso.

María mercou un can

Suxeito

Substantivo

Det Nom

María mercou un can subst verbo art substi

Det Nomi FN

Núcleo OD Sux PRED (F verbal)

Cláusula simple

David díxo - lle a Sara que era precioso

Substantivo

Suxeito Predicado

OI

pron

F prep

Cláusula complexa

OI

subst

TermoDir

prep conx

Enlace

Predicado

Cláusula simple

Núcleo OD

FN

Verbo

OD

Cláusula subordinada

Núcleo

Verbo

Predicado

verbo adx

Núcleo Atributo

Page 13: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

83

GR

AM

ÁT

ICA

Gramática

Funcións sintácticasAs funcións sintácticas son as relacións que se establecen entre as unidades que forman o enunciado. Estas funcións concretízanse en: suxeito (S), predicado (P), obxecto directo (OD), obxecto indirecto (OI), complemento de réxime (CR), atributo (ATR), predicativo (PVO) e complemento circunstancial (CC).

Suxeito (S). É o elemento do que se di algo na oración; o que realiza a acción do predicado. Concorda co verbo en número e persoa.

Belén e Santi xantaron na nosa casa a semana pasada.

A función de suxeito pódea realizar un substantivo, un pronome, unha frase nominal ou unha cláusula.

Xan é un traste. El é un traste. O pícaro é un traste. O neno chamado Xan é un traste.

Predicado (P). Expresa unha acción, un proceso ou un estado do suxeito. É a función indispensable en toda cláusula e leva, obrigatoriamente, un verbo. Pode estar expresado por un só verbo ou por unha frase verbal.

O can dorme. El vai ir a Valença.

Obxecto directo (OD). É o elemento do predicado sobre o que recae a acción expresada polo verbo. Pode ser realizado por un substantivo, unha frase nominal, unha frase preposicional, un pronome persoal átono ou unha cláusula.

Onte vin cine. Vin aquela película. Vin cine clásico. Vin a mestra na sala. Vina na sala. Vin que estaba na sala.

Obxecto indirecto (OI). É o elemento do predicado que recibe o dano ou o beneficio da acción expresada polo verbo e, ás veces, tamén polo OD. Fórmase cunha frase preposicional, coa preposición a ou cunha frase nominal que ten como núcleo un pronome átono.

Enviei unha postal a teu curmán. Permitinlles entrar.

Complemento de réxime ou suplemento (CR). O mesmo ca o obxecto directo, recibe a acción expresada polo verbo pero, a diferenza do OD, sempre vai iniciado por unha preposición, é dicir, está constituído obrigatoriamente por unha frase preposicional (fprep) porque o verbo esixe levar unha preposición: pensar en, optar por, falar de...

Penso en todo o que fixemos xuntos.

Atributo (ATR). É o elemento do predicado que indica unha identidade ou calidade do suxeito. Vai sempre despois dun verbo copulativo (ser, estar, parecer, semellar...), concorda en xénero e número co suxeito e pódese substituír por un pronome persoal átono (o, a, os, as, lo, la, los, las, no, na, nos, nas).

A parella é moi feliz desque casou. Éo.

As deputadas parecen cansas. Paréceno.

Os atributos fórmanse cunha frase nominal, adxectiva ou preposicional.

Teu tío era un neno (Fn) cando emigrou; están nerviosos (Fadx) polos exames; somos do Pindo (Fprep).

Predicativo (PVO). É o elemento do predicado que indica unha calidade do suxeito, ou do OD, e complementa o verbo. Adoita estar constituído por unha frase adxectiva, vai sempre despois dun verbo predicativo (resultar, atopar, chegar entrar, deixar, quedar, seguir...), non admite substitución pronominal e concorda en xénero e número co suxeito ou co OD.

A historia resulta inquietante (Fadx).

Como recoñecer o OD?•O obxecto directo recoñéceseporque pode ser substituídoporo, a, os, as, no, na, nos, nas, lo, la, los, las.Lavoalouza→Lávoa.Canteimoitasariasnoconcerto→Canteinas.Querocomerocaldo→Comelo.

•Tamén podemos recoñecer oOD pasando a oración a vozpasiva.

Apolicíadetivooladrón(OD).

O ladrón(SUX) foidetidopolapolicía.

OODconvértesenoSuxeitonavozpasiva.

•OODnonvaiprecedidodepre-posición a, agás contadas ex-cepcións.

*Chamei ao neno. Débese dicirchameioneno,senpreposición.

Suxeito non-expresoExistencasosnosqueosuxeitononestáexpreso.Vaielididoou,simplemente,nonexiste.

Suxeito elidido ou elíptico. Estesuxeitononapareceexpresonacláusulaaíndaquesi existeunelemento que realiza a acciónequevén indicadopoloverbo:Bailamos toda a noite.Osuxeitononexpresopero indicadopoloverboénós.

Sen suxeito. Nonexistesuxeito:Nevou desde o amencer.

Oracións impersoais. Normal-mente constrúense co pronomese:Neste restaurante cómese de marabilla.

Page 14: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

84 Unidade 4 | Gramática

GR

AM

ÁT

ICA

1. Identifica cales destes exemplos son cláusulas.

• Un chiste divertido.

• Un deputado acusado de corrupción está ante o xuíz.

• Señoría, eu son un deputado...

• O xuíz interrómpeo: a ignorancia non é unha escusa.

• Temos moitos chistes sobre a xustiza.

• Vaia nova!

2. Busca e anota no teu caderno as cláusulas que atopes neste texto.

A linguaxe sexista é aquela que invisibiliza as mulleres. Un exemplo deste uso sexista son os nomes de profe-sións só con xénero masculino. Procura usar as formas femininas nos teus escritos. Médicas, xuízas, cirurxiás... deben formar parte do noso día a día. Agora, fágovos unha pregunta: cal é o feminino de albanel?

— Clasifícaas en simples e complexas.

3. Enlaza a función sintáctica con cadansúa característica.

Suxeito − Obxecto directo − Obxecto indirecto − Compl. de réxime − Atributo − Predicativo − Compl. circunstancial

— Constituído, obrigatoriamente, por unha frase preposicional:

— Recibe o dano ou o beneficio da acción expresa-da polo verbo:

— Vai sempre con verbos como ser, estar, parecer, semellar:

— Expresa a acción, o proceso ou o estado do suxeito:

— Realiza a acción expresada polo verbo:

— Vai sempre con verbos como seguir, deixar, entrar, resultar:

— Elemento do predicado sobre o que recae a acción do verbo:

4. Sinala se os exemplos son impersoais ou teñen suxeito elidido. Neste último caso, indica cal é.

• Chove, chove, na casa do pobre.

• Trona, trona no cu da patrona.

• Mergullaron no río e encontraron un tesouro agochado.

• Dise que comeza a melloría económica.

• Hai moitos anos que Eduardo non vai de viaxe.

• Podemos medir a intensidade dos lóstregos.

• Disque este ano imos ter un verán moi seco.

• Alúgase un baixo fantástico na zona vella da cidade.

5. Localiza nas cláusulas que se ofrecen as seguintes fun-cións sintácticas:

Atributo − Obxecto directo − Obxecto indirecto Predicativo − Compl. de réxime − Compl. circunstancial

• Penso na familia noite e día.

• O estudante parecía moi feliz xogando ao baloncesto.

• O mestre pediulles aos alumnos que fixeran un resumo da unidade.

• A soprano cantou unha das arias máis exitosas da historia.

• Antonte o noso equipo volveu triunfar.

• O ser humano é xeneroso por natureza.

— Sinala cal é o suxeito de todas as cláusulas anteriores.

7. Inventa cláusulas con estes complementos.

• SUX + PRED + CD + CI + CCL• SUX + PRED + ATRIBUTO + CCT• SUX + PRED + CD + PREDICATIVO DO CD• SUX ELIDIDO + PRED + SUPLEMENTO + CCT

8. Analiza sintacticamente estas oracións simples.

• O irmán de Luísa é moi moreno.

• As rapazas chegaron cansas á casa.

• María regaloulle un libro á curmá polo seu aniversario.

• O luns foi o exame de matemáticas.

• Meus irmáns foron en catamarán ás illas Ons.

• Eu axiña irei ás illas Cíes.

Act

ivid

ades

Complemento Circunstancial (CC). É o elemento do predicado que indica en que circunstancia (en que lugar, en que momento, de que maneira...) se realizou a acción verbal. Pode substituírse por adverbios e adoita estar constituído por unha frase preposicional, adverbial ou nominal.

Teño bolígrafos de abondo (Fprep). Espero que volva mañá (Fadv). Chámote o luns (Fn).

Segundo a circunstancia expresada, existen complementos circunstanciais de lugar (traballa aló), de tempo (hogano son un home libre), de modo (fun a rolos pola pista), de cantidade (quérote moito), de compañía (imos con Pepe á romaría), de instrumen-to (piqueime coa agulla), de afirmación (dixo si), de negación (non dá vido).

+

+

Page 15: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

85

GR

AM

ÁT

ICA

TE

XT

UA

L

Gramática textual

A cohesiónA cohesión é unha propiedade textual que fai referencia á maneira en como se relacionan entre si os distintos elementos e parágrafos dun texto. Adoitamos dis-tinguir entre dous tipos de cohesión: léxica e gramatical.

•Cohesión léxica. Refírese aos mecanismos que emprega a lingua para re-lacionar o texto coa realidade á que fai referencia. Entre eles encóntrase a recorrencia de palabras: elipse ou supresión dunha palabra, substitución pronominal e sinónimos.

•Cohesión gramatical. Refírese á relación que existe entre as diversas ora-cións e os parágrafos que configuran o texto. Para marcar esta relación utilí-zanse unha serie de palabras que denominamos conectores ou marcadores textuais (explicativos, temporais, comparativos, de orde…). Onda eles cobra especial importancia a puntuación. Sobre a cohesión gramatical traballare-mos nas seguintes unidades.

A recorrencia de palabrasNo disco Madama de Leilía hai un tema titulado «Pedras contra tanques». A letra do tema «Pedras contra tanques» compúxoa Suso de Toro.

Para mellorar o texto podemos recorrer a:

— A elipse ou supresión dunha palabra ou varias palabras: No disco Madama de Leilía hai un tema titulado «Pedras contra tanques». A letra compúxoa Suso de Toro. Neste caso suprimimos un tema titulado «Pedras contra tanques» sen que o texto perda significado.

— Substitución pronominal: No disco Madama de Leilía hai un tema titulado «Pedras contra tanques». Este ten unha letra composta por Suso de Toro. Neste caso substitúese un tema titulado «Pedras contra tanques» polo prono-me este.

— Sinónimos: No disco Madama de Leilía hai un tema titulado «Pedras contra tanques». A letra desta canción compúxoa Suso de Toro. Aquí substitúese a palabra tema por un sinónimo axeitado segundo o contexto: canción.

 

REPARA! Na arañeira podes atopar va-rios materiais e exercicios re-lacionados coas propiedades textuais pero recomendamos especialmente os traballos deRosa Salgueiro sobre este tema.

www.rosasalgueiro.com/pdf/pp-texto2pdf

h t t p : / / a u l a d e l i n g u a .blogaliza.org/2011/03/31/a - p u n t u a c i o n - e - a s -propiedades-textuais/

FíxateAdemais de sinónimos, ta-mén se pode recorrer ao uso de antónimos, anáforas e catáforas. Os anónimos son os contrarios; as anáforas consisten en recoller unha idea que xa se mencionou anteriormente no texto e as catáforas consisten en an-ticipar unha idea que se vai expresar máis adiante.

• Anáforas:

Meladio sempre foi un home moi peculiar. Dicían que el sempre durmía cos ollos abertos. Pero iso é algo que xa non se pode comprobar.

• Catáfora:

Esa historia de usar nomes falsos para relatar feitos, aborréceme. Por iso, este meu relato vai con todos os nomes e sobrenomes.

1. Lede o texto seguinte e mellorádeo utilizando algún dos recursos recollidos na exposición anterior.

Das reDes sociais como taberna socialDous sucesos de moi diferente índole prenderon lume nas redes sociais provo-cando un debate que, por outra banda, non é un debate novo: debe restrinxirse a liberdade de expresión nas redes sociais? E, ao fío desta interrogante xeral, estou-tras interrogantes complementarias: precísase unha adaptación das leis aos novos usos comunicativos ou abonda con aplicar as leis preexistentes, concibidas para os medios tradicionais?, chega con promover o uso responsable entre os usuarios das redes sociais ou pode estar xustificado algún tipo de censura ou castigo penal para o mal uso das redes sociais?

— Podedes ler o texto orixinal, e o resto do artigo de Vázquez Freire, en http://temposdixital.com/td/seccions/tecnoloxia/

Act

ivid

ades

Page 16: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

86 Unidade 4 | Literatura

A cantiga de escarnio e maldicirA cantiga de escarnio e maldicir é aquela creada para criticar algo ou alguén e, ao mesmo tempo, para facer rir o público. Xa que logo, estas cantigas teñen unha dupla finalidade: a crítica e o humor.

Este tipo de cantigas non teñen unha palabra como marca de xénero, senón que é o tema e a orientación satírica os que nos permiten identificalas como tales. Ademais, achégannos moita máis información sobre o mundo medieval (feitos históricos, costumes, tipos e relacións sociais...) ca as idealizadas cantigas de amigo e de amor.

Aínda que poden ser agrupadas nunha única modalidade, a nosa tradición litera-ria distingue as cantigas de escarnio das de maldicir.

•Ascantigas de escarnio realizan unha crítica encuberta ou indirecta, é dicir, atá-canse persoas ou institucións pero non directamente, senón mediante xogos de palabras, ironías, dobres sentidos...

•Ascantigas de maldicir conteñen unha crítica directa e aberta, sen dobres in-terpretacións. Hoxe poden chamarnos a atención pola súa falta de pudor, pero gozaban dunha grande aceptación por parte do público.

Orixes da cantiga de escarnio e maldicirEste tipo de cantigas procede do sirventés, un xénero satírico provenzal, e mais dunha tradición satírica autóctona de carácter oral.

A diferenza entre o sirventés provenzal e a nosa cantiga de escarnio e maldicir reside en que o sirventés tiña unha intención moralizante, mentres que a nosa cantiga o que pretendía era facer rir.

LIT

ER

AT

UR

A

Vi coteifes de gran bríoeno medio do estíoestar tremendo de fríoant’ os mouros d’ Azamor;e íase deles ríoque Agualdaquivir maior.

Afonso X

Vin soldados de gran brío (en realidade quere dicir «covardes») tremendo de frío (en realidade, preten-de dicir «de medo») en pleno verán ante os mouros de Almanzor; e mexaban por eles facendo un río maior ca o Guadalquivir.

Non quer’ eu donzela feae negra coma carbón;que ant’ a mía porta peanen faça come sisón.Non quer’ eu donzela feaque ant’ a mía porta pea [...]

Afonso X

Non quero eu doncela fea e negra coma o carbón; que peidee ante a miña porta nin que faga coma o sisón (ave que desprende un mal cheiro). Non quero doncela fea que peidee ante a miña porta.

Na páxina web:

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2008/05/ogenete.htmlpodes escoitar a cantiga O genete de Afonso X, á que pertence a estrofa vi coteifes de gran brío.

Alfonso X o Sabio.

Page 17: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

87Literatura

TemasAs cantigas de escarnio e maldicir recollen certos temas das cantigas amorosas (ami-go e amor), aínda que o fan para alteralos, tratándoos de forma irónica ou negativa.

Ademais, este tipo de cantigas posúe catro temas exclusivos: a aldraxe, o alimenta-rio, a polémica social e o obsceno.

— A aldraxe que se divide na afronta, na irrisión, no litixio e na rifa, no castigo...

— O alimentario destínase a ridiculizar a miseria e a avaricia dalgúns tipos sociais (ricomes, infanzóns).

— A polémica social implica todos os sectores e grupos sociais.

— O obsceno está dividido en dous grupos: os órganos sexuais por un lado e as prácticas eróticas polo outro.

ClasificaciónSegundo o tipo de sátira que se desenvolve nas cantigas, clasificámolas do seguinte xeito: cantigas de sátira política, de sátira moral, de sátira social e persoal, de sátira literaria e de sátira sexual.

• Cantigas de sátira política: adoitan compoñerse a raíz dun suceso ou dunha situa-ción política concreta: o comportamento covarde dalgúns soldados e cabaleiros nas guerras, as traizóns e as disputas entre aspirantes a cargos (ou mesmo aos tronos)...

• Cantigas de sátira moral: conteñen, por exemplo, recriminacións pola desaparición das antigas virtudes, polos abusos dos poderosos, polo aumento da corrupción...

LIT

ER

AT

UR

A

Os infanzóns e os ricomes eran decote ridiculizados nas cantigas de escarnio e maldicir.

A ua velha quis ora trobarquand’ en Toledo fiquei desta vez;e veo-me Orraca López rogare disso-m’ assi: —Por Deus, que vos fez,non trobedes a nulha velh’ aqui,ca cuidaran1 que trobades a min.

Afonso Eanes do Coton1 Pensarán.

O que quis passar a serrae non quis servir a terra,é ora, entretant’ a guerraque faroneja1?

Afonso X

1 De que presume.

Por que no mundo mengou a verdade,punhei un dia de a ir buscar;e, u por ela fui preguntardisseron todos: —Alhur la buscade1, [...]

Airas Nunez

1 Buscádea noutro lugar.

Ás veces, cando temos un con-flito con alguén, a intervención dunha terceira persoa imparcial axúdanos a reflexionar sobre a nosa posición e a entender do outro, facilitando unha resolu-ción dialogada do conflito.

− Intenta buscar un par de exem-plos na sección Internacional de calquera diario sobre como se intentou resolver ou evitar un conflito internacional.

Ágora

Page 18: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

88 Unidade 4 | Literatura

LIT

ER

AT

UR

A

•Cantigas de sátira social e persoal:burlasdevicios,costumesedefectosfísicos,sátirascontradeterminadasclasessociais(aavariciadosinfanzónsedosricomes)...

•Cantigas de sátira literaria:burlaseparodiasdoutrostiposdecantigas(deamigoe de amor), do amor cortés, da escasa habilidade poética doutros trobadores exograres...

•Cantigas de sátira sexual: referidas aos órganos sexuais, sobre soldadeiras,cornudos...

Características formaisPodenserde refránoudemestríae taménpresentarosmesmosrecursosqueascantigasdeamigoeamor(dobre,mordobre,finda...),aíndaque,ásveces,conmaiorliberdadeformal.Asíetodo,teñendousrecursosestilísticospropios:o equívoco e a ironía.

Ven hun ricome das truitas,que compra duas por muitase coz’ end’ a ua1.

Roi Paez de Ribela1 Coceu só unha.

Foi un dia Lopo jograra cas d’ un infançón cantare mandou-lh’ ele por don dar1

tres couces na garganta;e foi-lh’ escass’ a meu cuidar2,segundo com’ el canta.

Martin Soares1 Mandoulle dar como pagamento.2 Creo que lle foi escaso.

REPARA!

As soldadeiras formaban parte da tradición lírica me-dieval galego-portuguesa. Eran mulleres que vivían na corte e que tiñan como oficio cantar e bailar ante reis, no-bres e cortesáns (elas baila-ban mentres que os xograres cantaban). Por este traballo recibían unha «soldada», de aí o nome de «soldadeiras». Tamén tiñan fama de exer-ceren a prostitución. A máis famosa foi María Balteira.

Pedi eu o cono a ua molhere pediu-m’ ela cen soldos enton.

Pero de Ambroa

Recurso Exemplo Comentario

Equívoco(usodepalabrascondúasinterpretacións,unharealeoutrafigurada,queposúeoauténticosignificadodacantiga)

Ironía(afirmacióndocontrariodoquerealmentesepensa)

Vicoteifesdegranbríoenomediodoestíoestartremendodefríoant’osmourosd’Azamor;eíasedelesríoqueAgualdaquivirmaior.

AfonsoX

Ai,donafea,fostes-vosqueixarquevosnuncalouvoenmeucantar;[...]

XoánGarcíadeGuillade

AfonsoXutilizaoequívoconoenunciado«íasedelesrío»,xaquesepodeinterpretarquefuxíantantossoldadosqueparecíanunrío,outaménquemexabanporeles.

Úsaseaironíaaodicirquevailoaradonacan-doenrealidadeacritica.

Page 19: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

89

1. Le esta cantiga.

Ua donzela coitado

d’ amor por si me fez andar;

e en sas feituras falar

quero eu, come namorado:

rostr’ agudo come foron1,

barva no queix’ e no granhon2

o ventre grand’ e inchado.

Sobrancellas mesturadas,

grandes e mui cabeludas,

sobre-los olhos merjudas

e as tetas pendoradas

e mui grandes, per boa fé;

á3 un palm’ e meio no pé

e no cós4 tres polegadas.

A testa ten enrugada

e os olhos encovados,

dentes pintos come dados...

e acabei de passada.

Atal fez Nostro Senhor:

mui sen doair’ e sen sabor

des i mui pobr’ e forçada.

Caldeirón

1Furón.2Bigote.3Ten.4Cintura.

— Fai un resumo da cantiga.

— Indica se é de escarnio ou maldicir. Razoa a túa resposta.

— Sinala o tipo de sátira que hai. Xustifica a túa res-posta.

• Sátira política.

• Sátira moral.

• Sátira social e persoal.

• Sátira literaria.

• Sátira sexual.

— Na primeira estrofa hai equívoco. Sinálao e explica o seu valor expresivo.

— Na primeira estrofa tamén hai ironía. Identifícaa e explica o seu valor expresivo.

— O comezo da composición podería ser o dunha cantiga de amor. Indica, xustificadamente, en que verso se produce o cambio cara á sátira.

• Cantiga de amor: desde o verso . . . . . ata . . . . .

• Cantiga de escarnio e maldicir: desde o verso . . . . ata . . . .

2. Elixe un destes personaxes para facer unha cantiga de escarnio e maldicir sobre el.

— Anota trazos físicos ou morais que imaxines do personaxe elixido e que poidan ser motivo de crí-tica ou de sátira.

— Escribe a cantiga de escarnio (crítica encuberta e indirecta) ou de maldicir (crítica directa e aberta) sobre o personaxe. Ten en conta que:

• É fundamental o sentido do humor.

• Invéntalle un nome e usa os recursos da ironía e o equívoco.

• Finalmente, lede en voz alta na clase algunhas das can-tigas.

3. A cantiga de escarnio e maldicir tivo continuidade na nosa literatura posterior.

— Le estes dous poemiñas de Celso Emilio Ferreiro tirados de Cemiterio privado (1974).

O inofensivo

Eiquí xaz un poeta epicéntrico,(da familia dos epigástricos)que endexamais cos seus poemaslles tirou o sono ás autoridadescivís ou militares.Nin tampouco aos lectores.

O plaxario

Entre a xente de pluma tiña sonade ser un cuco moi orixinal,pois incapaz de pór ovospuña a súa firma nos ovos dos demais.

— Por grupos, comentade as semellanzas e as dife-renzas de contido entre estes poemiñas e as can-tigas de escarnio e maldicir.

— Identificade, se aparecen, os recursos do equívoco e da ironía, e comentade o seu valor expresivo.

Act

ivid

ades

LIT

ER

AT

UR

A

Literatura

+

+

Page 20: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

Competencias

Paisaxe Mariña

1. Responde:

—Que tipo de texto acabas de ver? Cal é a súa finalida-de? Xustifica a túa resposta.

—Nel fálase dunha aula de natureza, que se pode ato-par nela? Onde está?

—Por que cres que recomenda visitar este lugar nas diferentes estacións do ano?

—Resume en tres liñas os consellos que se deben se-guir para visitar este espazo.

2. O texto aparece acompañado de varias imaxes. Repara e reflexiona:

—Están relacionadas co que se di? Que che suxire a máis grande? En xeral, serven de axuda para com-prender mellor o texto?

—Indica que ilustración che parece máis rechamante e explica por que.

3. En parellas, analizade polo miúdo e investigade:

—Buscade onde se atopa o río Mandeo, a que concello pertence e a que provincia corresponde. Debuxade un mapa de Galicia e localizádeo.

—Despois de ler o folleto, anotade o itinerario que se aconsella aclarando a importancia de cada lugar.

—Clasificade todas as especies que se citan (tanto da flora coma da fauna) e indicade a importancia de cada unha.

—Comentade entre todos as vosas pescudas.

http://links.edebe.com/ttcq

Page 21: 119992-0-529-lingua_es3_gal.pdf

— Que sabías sobre o folleto? Aprendiches algunha cousa nova?

— Que contido da unidade che custou máis entender?

— Cres que o que aprendiches sobre o folleto che pode axudar na túa vida cotiá?

Diario de aprendizaxe

Avaliación

Reflexiona

1. Copia as palabras compostas.

descolgar maternoinfantil pasadomañá

compostura facturación patarroxa

encadeado crebanoces bocaaberta

—Explica o procedemento de formación que seguiron.

2. Indica en que nivel están estes enunciados.

• Habían moita xente na concentración que se fixo en contra da violencia.

• Boh! Eu xa non sei para que veu porque ao final que-doulle o comido polo servido.

• O estudantado convocou unha folga indefinida para o mes de novembro.

• Luís éche un boísima persoa, non cres?

• Non se preocupe; é normal que sinta pena, mágoa e tristura.

• A macrobiótica é un sistema de alimentación de orixe xaponesa baseado fundamentalmente no consumo de cereais integrais, verduras, legumes e froitas frescas.

3. Le estes parágrafos e ordénaos con lóxica para formar un texto.

Todo comezou coa desaparición de Alexandra, unha noite de concerto.

Como dixo na clase a profesora de literatura: «A forza da traxedia está na desmesura das paixóns e no desti-no tráxico dos protagonistas. Non poden eludilo, son vítimas e verdugos».

Ao tentar atopala, descubrín ata que punto influíra na miña vida e na dos meus amigos. Pero en cada un de nós, Alexandra era diferente e non tiña nada que ver coa rapaza que pasou con nós unha tempada.

Tentei descubrir o misterio da súa desaparición e dei cunha historia do pasado que me deixou abraiada.

Alexandra, Lola Gándara, Ed. Rodeira

—Antes de ordenalo tiña cohesión? E despois? Xustifi-ca a túa resposta.

—Identifica os marcadores textuais que atopes.

—Analiza os procedementos de cohesión que se em-pregan.

—Elabora un folleto para tentar atopar a Alexandra. Lembra seguir as pautas que viches na unidade!

4. Indica a función sintáctica das palabras destacadas.

• A min gústame moito o arroz con berberechos.

• Sempre me dá un agasallo polo meu aniversario.

• Ibai e Cristina comen moito pola noite.

• Quérelle a Ana tanto coma ti.

• Anxo estaba triste onte pola mañá.

• Aquel rapaz da miña clase debe ter cinco irmáns.

• Onte saíron todos xuntos da miña casa.

—Identifica que tipo de frase desenvolve cada función sintáctica.

5. Completa este esquema sobre as cantigas de escarnio e maldicir.

Cantigas de escarnio e maldicir

Direrenzas entre as cantigas de escarnio e as de maldicir

Orixes . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Temas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Clasificación . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

1. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

2. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .