1. o saber filosófico
TRANSCRIPT
Guión• 1. A orixe da filosofía
– O coñecemento mitolóxico– O paso do mito ao logos
• 2. Especificidade do saber filosófico– Que é a filosofía?– Filosofía e ciencia– Filosofía e relixión– As ramas da filosofía
• 3. A filosofía e a súa historia– Grandes periodos da historia da filosofía– As mulleres na historia da filosofía
• 4. Sentido e necesidade da filosofía– O escándalo da filosofía (críticas)– Vixencia da actitude filosófica
Introdución
• Case todas as culturas comparten este desexo. Non obstante, a busca dun saber racional, sistemático e crítico da filosofía (= filosofía) deuse nun lugar e momento concreto: – En Xonia (colonia grega de Asia Menor)– No século VI a.C.
• Nese momento prodúcese o abandono dunha explicación mitolóxica da realidade e se substitúe por unha explicación propiamente filosófica.
– A palabra filosofía provén do grego e significa literalmente “amigo ou amante (filos) da sabedoría (sofía)”
= desexo de coñecer
= paso do mito ao logos
• Na mesma época (VI a.C.) xurde en Oriente a denominada Filosofía oriental
– China: Confucio (551-479 a.C.), chegou a ter máis de trescentos seguidores e fundou a Escola dos letrados
– India: as Upaninshads son unhas composicións filosóficas escritas en sánscrito cara ao 500 a. C.
• Upa- ni-sad = alumno sentado fronte (ao mestre)
Confucio
Upaninshad
… PERO NON SON PROPIAMENTE FILOSOFÍA; SON EXPLICACIÓNS MÁIS CERCANAS AO MITO
1.1. O coñecemento mitolóxico• Os mitos constitúen un dos primeiros intentos de ser humano de explicar o mundo que lle rodea: a natureza e tamén el mesmo.
• Mythos = discurso, narración
• Aparecen en case todas as culturas
Moais, illa de Pascua
Ganesha, deus hindú
Cupido e psique, deuses da mitoloxía grega
1.1. O coñecemento mitolóxicoTRAZOS dos mitos:
• Recorren a personaxes lexendarios. Personifican e divinizan ás forzas da natureza Ex. Eolos, deus do vento.
• Son relatos imaxinativos que dan por suposto que o mundo é un caos (non ordenado), e consecuentemente non hai leis precisas e comprobables).
• O autor é sempre anónimo e colectivo.
• Posúen carácter tradicional e acrítico. Transmitíanse oralmente dunha xeración a outra.
1.2. O paso do mito ao logos• A filosofía xorde como un tipo de coñecemento distinto
e oposto ao mitolóxico, arredor do século VI a.C. en Mileto (Xonia, Asia menor).
• A filosofía (o saber do logos) xurdiu de forma lenta e gradual evolucionando a partir dos mitos gregos.
• Logos = razón• Filosofía = aparición dun pensamento racional e reflexivo.
Ordenado, rexido por leis fixasCaótico e caprichosoConcepción do mundo
• Racional• Baseada en causas naturais (leis)• Crítica
• Irracional• Baseada en deuses e heroes• Tradicional
Tipo de explicación
LOGOSMITO
2.1. Que é a filosofía?
• É unha cuestión problemática, que se pode responder de variados modos. En calquera caso, hai certas características propias da actividade filosófica:
– É racional (argumenta loxicamente)
– É sistemática (coñecementos ordenados e coherentes)
– É crítica (o coñecemento debe ser revisado e, se hai razóns para iso, debe rexeitarse)
2.2. Filosofía e ciencia
• Durante moitos séculos non se distinguiu entre filosofía e ciencia. Ambas:
– Son racionais e sistemáticas– Comparten o mesmo obxecto de estudo
• Pero, a partir do XVI a ciencia moderna comeza a separarse.
• As ciencias experimentais formulan as súas leis e teorías en linguaxe matemática e han de ser comprobables experimentalmente.
2.3. Filosofía e relixión• A relación entra ambas
variou bastante ao logo da historia. En calquera caso hai coincidencias e diferenzas entre elas:
• SEMELLANZAS: – Posúen intereses similares: o
sentido da existencia, a transcendencia do ser humano, a existencia de Deus
- Pretenden ensinarnos a levar unha vida boa, e para iso nos dan normas ou preceptos.
2.3. Filosofía e relixión
• DIFERENZAS: – A filosofía é un tipo de saber
racional e crítico, que implica con frecuencia incertidume e dúbida.
- A relixión é unha forma de saber que se basea na fe e caracterízase pola crenza en verdades reveladas por Deus.
2.4. As ramas da filosofía
• A filosofía pretende ocuparse de toda a realidade. Mais, como isto é tan amplo, ao longo do tempo foi especializándose e dividíndose en distintas ramas:
◙ Metafísica: Estuda a realidade e as propiedades de todo o que é ou existe.
◙ Lóxica: Ocúpase dos razoamentos expresados lingüisticamente. Estuda a súa estrutura, forma e
corrección para chegar á certeza da súa validez.
2.4. As ramas da filosofía
◙ Epistemoloxía: reflexiona sobre as orixes, a validez e os límites do coñecemento.
◙ Ética: Estuda os códigos morais e analiza as normas, a súa fundamentación, validez e universalidade.
◙ Estética: analiza a natureza da beleza e das creacións artísticas.
◙ Política: Ocúpase dos aspectos comunitarios do ser humano (orixe social, formas de goberno, poder…)
◙ Antropoloxía: analiza aos seres humanos desde distintas perspectivas como a biolóxica, a social, a humanista ou a cultural.
◙ Filosofía de… linguaxe, cultura, dereito, mente, ciencia, tecnoloxía, educación etc.
3.1. Grandes periodos da historia da filosofía
• a) FILOSOFÍA ANTIGA (s. VI a. C. - V d. C.)
- Presocráticos (Tales, Pitágoras, Parménides). Explican a natureza (o cosmos) de forma racional
- Sócrates. Trata sobre o ser humano e a ética. Vive na época de máximo esplendor de Atenas- Só sei que non sei nada
- Platón. Escribe numerosos diálogos don gran profundidade filosófica. É coñecido sobre todo pola súa Teoría das Ideas.
a) FILOSOFÍA ANTIGA (s. VI a. C. - V d. C.)
- Aristóteles. A súa teoría é realista ou empirista fronte ao idealismo de Platón
- Epicureísmo e estoicismo. A súa preocupación é de tipo ético ou moral. Para os estoicos a vida debe consistir na imperturbabilidade ou serenidade ante a dor; para os epicúreos, en alcanzar a felicidade a través da vida sinxela e pracenteira.
Aristóteles
A escola de Atenas, de Rafael
Sócrates
Epicuro
Pitágoras Heráclito
Sócrates
Epicuro
PlatónAristóteles
Euclides
Pitágoras Heráclito
Sócrates
Epicuro
Hipatia
Parménides
1: Zenón de Citio o Zenón de Elea – 2: Epicuro – 3: Federico II Gonzaga – 4: Boecio o Anaximandro o Empédocles – 5: Averroes – 6: Pitágoras – 7: Alcibíades o Alejandro Magno – 8: Antístenes o Jenofonte – 9: Hipatia (pintada como
Margherita o el joven Francesco Maria della Rovere) – 10: Esquines o Jenofonte – 11: Parménides – 12: Sócrates
– 13: Heráclito (pintado como Miguel Ángel) – 14: Platón sosteniendo el Timeo (pintado como Leonardo da Vinci) – 15: Aristóteles sosteniendo la Ética – 16: Diógenes de Sinope – 17: Plotino? – 18: Euclides o Arquímedes junto a un grupo de estudiantes (pintado como Bramante) – 19: Estrabón
o Zoroastro? – 20: Claudio Ptolomeo – R: Apeles como Rafael – 21: Protógenes como El Sodoma
b) FILOSOFÍA MEDIEVAL (s. V- XV)
• Santo Agostiño de Hipona (s. V. d. C.): supedita a fe á razón
• San Tomé de Aquino (s. XIII): intenta harmonizar fe e razón. Para el, fe e razón son distintas, aínda que compatibles e ás veces complementarias.
• Guillerme de Occam (s. XIV)
- Unha das cuestións máis debatidas foi a relación entre razón e fe
- Foi unha época moi relixiosa; conflúen múltiples culturas e relixións (grecorromana, árabe, xudía e cristiá
c) FILOSOFÍA MODERNA (s. XV – XVIII)
• Humanismo, revolución científica
• Descartes: racionalismo (a razón é a única fonte de coñecemento)
• Penso, logo existo
• Hume: empirismo (a experiencia é a primordial fonte de coñecemento)
-A preocupación fundamental é polo tema do coñecemento (epistemoloxía)
Descartes Hume
d) FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA
Século XIX :
• Marx: materialismo histórico
• Nietzsche: crítica da cultura occidental.
- Diversidade de correntes e tendencias.
-En xeral, caracterízase polo talante crítico e actitude de denuncia e sospeita.
K. Marx
F. Nietzsche
d) FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA
Século XX:
• Ortega y Gasset: perspectivismo
• Eu son eu e a miña circunstancia
• Sartre: existencialismo
• Simone de Beauvoir: o segundo sexo
• Non se nace muller; chégase a selo
J. Ortega y Gasset
S. de Beauvoir
3.2. As mulleres na filosofía
• Antigüidade– Hipatia de Alexandría.
Matemática, astrónoma, filósofa neoplatónica. Morreu asasinada por defender as súas ideas.
3.2. As mulleres na filosofía
• Idade Media– Hildegarda de Bingen
• Idade Moderna– Cristina de Pizán, Olympe de Gouges,
Mary Wollstonecraft
M. Wollstonecraft
3.2. As mulleres na filosofía
• Contemporánea– Simone Weil– Edith Stein– Hannah Arendt– Simone de Beauvoir– María Zambrano
M. Zambrano
H. Arendt
S. Weil (1909-1943)
4.1. O escándalo da filosofía (críticas)
As críticas máis fortes que se teñen feito á filosofía son polos seguintes motivos:
Pola falta de acordo entre as diversas teorías. Non parece haber progreso significativo entre os autores, nin se chega a resultados positivos como na ciencia.
Polo seu carácter residual (só é o que vai quedando sen se converter en ciencia...).
Pola futilidade dos seus problemas, os problemas filosóficos son acusados de ser pasatempos carentes de importancia.
Polo seu hermetismo; emprega unha terminoloxía moi especializada e ocúpase de cuestións irresolubles.
4.2. Vixencia da actitude filosófica (valor e actualidade)
As razóns para xustificar o seu sentido proveñen das funcións que cumpre:
É problematizadora. O valor da filosofía non reside nas resposta que proporciona, senón, sobre todo, nas preguntas que formula.
É universalista e interdisciplinaria. Trata de abarcar toda a realidade.
É crítica. Cuestiona todo, sen dar nada por suposto.
É clarificadora. Axuda a desfacer problemas creados por unha comprensión deficiente da nosa linguaxe.
É práctica. Aínda que é abstracta, a súa función é orientarnos na vida.
Recursos
• www.webdianoia.com• www.filosofia.com• www.cibernous.com• www.ite.educacion.es/pamc/pac_2009/viaje_grecia/