1. introduciÓn Índice · desde esta certeza pretendemos construír, a través do fomento de...
TRANSCRIPT
1. INTRODUCIÓN
2. PROCESO PARTICIPATIVO
3. DIAGNOSE
4. VALORES ESTRATÉXICOS E PRINCIPIOS DE XESTIÓN
5. MISIÓN, RETOS E VISIÓN ESTRATÉXICA DO XACOBEO
6. EIXES ESTRATÉXICOS E PROGRAMAS DEACCIÓN
7. ORZAMENTO
8. IMPACTO ESPERADO
9. PRIMEIROS FITOS DO XACOBEO 2021
ÍNDICE
INTRODUCIÓNPLAN ESTRATÉXICO DO XACOBEO 2021
1.
Introdución
P4
“O poder creador dos camiños alumou en Galicia un mundo decultura e de universalidade”
Francisco Fernández del Riego, Sinais dunha cultura
Desde a Idade Media, persoas de toda orixe e condición camiñan acotío cara Santiago de Compostela
polas rutas xacobeas. Avanzan traéndonos a súa cultura, a súa lingua e a súa idiosincrasia.
Deixándonos, polo tanto, a súa pegada, pero tamén recibindo algo de nós. A historia xacobea en
Galicia é unha historia de intercambio e hospitalidade, unha historia de progreso, encontro
intercultural e dinamización socioeconómica que, de xeito colectivo, tratamos de perfeccionar.
A cultura debe ser diversa, atractiva, integradora e respectuosa, incluíndo o dereito á acción e
participación de todas as persoas. A realidade é plural e cada un de nós, pola nosa orixe e valores,
tamén o somos. Desde esta certeza pretendemos construír, a través do fomento de procesos
participativos, un Xacobeo 2021 que non deixe fóra a ninguén, que sexa a suma de todos os
esforzos, persoais e institucionais, que conte coa Galicia moza, e aposte pola calidade e a
innovación.
Introdución
P5
A peregrinación compostelá é un fenómeno que, aos poucos, atrae camiñantes todos os anos desde a
propia fundación da cidade, no ano 830. Así a todo, un privilexio xubilar outorgado polo Papa Calixto II a
Compostela no ano 1122, unha concesión coñecida como o Ano Santo ou Xacobeo, marca un antes e
un despois na crecente afluencia peregrina e o prestixio do xubileo compostelán. Esta concesión
determinaba indulxencias plenarias para o peregrino que acudise ao encontro co Apóstolo os anos nos
que o 25 de xullo coincide en domingo, feito que acontece de xeito regular en intervalos de seis, cinco,
seis e once anos.
A devandita peculiaridade levou a que, no que vai de século XXI, só se dese esta circunstancia en 2004
e 2010. Chegaremos, xa que logo, ao 2021, que suporá o número cento vinte dos Anos Santos
Composteláns, despois de ter pasado once anos sen un Xacobeo.
Desde a Xunta de Galicia queremos aproveitar este fito para organizar unha conmemoración
excepcional, un Xacobeo único e diferente. A distancia temporal co anterior, celebrado en 2010, que
podería supor unha certa desconexión ou mesmo descoñecemento por parte da poboación máis nova,
fai necesario devolver a ilusión sobre o que significa un acontecemento destas características e
mobilizar a cidadanía para que conecte de novo co espírito do Xacobeo.
Introdución
P6
Este é un dos piares nos que se apoiará o presente Plan Estratéxico Xacobeo 2021, un plan que busca
que a cidadanía galega se implique e adquira protagonismo, que participe activamente a través do
impulso de iniciativas propias. A poboación galega debe gozar do Camiño e dos actos organizados co
gallo da celebración do Xacobeo, mais cómpre, de igual modo, que contribúa a facelo mellor, sendo
actores do mesmo, achegando ideas e reforzando o papel de celebración e acollida.
A cidadanía galega, como protagonista e axente receptor, adquire un rol esencial no recibimento dos
peregrinos. Trátase de amosar con orgullo as nosas tradicións e a nosa cultura, de fornecer as bases
para crear unha cidadanía activa, que perciba a celebración como algo propio, que se sinta non só
incumbida, senón precisa e necesaria, clave para acadar o éxito, que se sustenta en último termo no
enriquecemento mutuo.
Así como é fundamental a implicación da cidadanía, non o é menos a cooperación doutras
administracións, galegas e de fóra de Galicia. Este non debe ser só un plan da Xunta, cómpre
implicar aos concellos, ás deputacións e aos gobernos das comunidades autónomas polas que pasa o
Camiño e ao propio Estado, así como a outras entidades, como a Igrexa ou asociacións, especialmente
ás de amigos do Camiño, elemento clave na súa preservación. A idea de cooperación é, polo tanto,
outro dos eixes principais do presente plan.
Introdución
P7
De feito, o Plan Estratéxico do Xacobeo 2021 integra como un dos seus eixes transversais a acción doConcello de Santiago de Compostela desde o punto de vista da acollida, na que contará co apoio ecolaboración da Xunta de Galicia. Esta complementariedade esténdese á cooperacióninteradministrativa a través de órganos como o Consejo Jacobeo, para fomentar a colaboración entre aAdministración Xeral do Estado e as comunidades autónomas, ou o Consorcio de Santiago, órganoexecutor do Real Padroado.
Neste sentido, o Plan Estratéxico dá cabida á incorporación das achegas da Administración doEstado, entre outros aspectos, nun ambicioso Plan de Rehabilitación dos bens de interese culturalpresentes nos diversos Camiños. Unha colaboración que permitiría a intervención nunha cifrasuperior aos trinta conxuntos monumentais, co consecuente beneficio local, engadido á salvagardae posta en valor dunha escolma extraordinaria do herdo que como sociedade temos recibido dos nososdevanceiros.
Así mesmo, é necesario salientar a dimensión europea presente no Plan. O Camiño é desde 1987 oprimeiro Itinerario Cultural Europeo. O Vello Continente precisa, agora máis que nunca, dun referentecomo o Camiño, como elemento que vertebra, une e harmoniza. Un espazo de encontro que achegavalores positivos, enlazando pasado e presente, e contribuíndo á construción europea.
O Camiño de Santiago é, sen dúbida, o perfecto exemplo de historia e tradición común, unha ideafundamental que se debe pór en valor nun momento como o presente, onde se está a cuestionar o valordo espírito europeo. Galicia e o Camiño, adquiren, pois, un papel relevante como elemento cohesivo deprimeira orde, como referente e sinal de identidade que reforza o sentimento de pertenza común, e asídebe reflectirse na celebración do vindeiro Xacobeo.
Introdución
P8
Con respecto aos beneficios que terá para Galicia, a Xunta quere converter esta celebración en algoextraordinario e único, de repercusión internacional, que supoña unha panca de actividade económica eimpulse a nosa promoción no exterior. O Xacobeo 2021 debe significar unha oportunidade parafomentar a nosa cultura, coidar a nosa paisaxe e promover o noso talento. Un acontecemento queatraerá recursos e estimulará a nosa economía, especialmente a dos territorios rurais por onde pasa ocamiño.
O Xacobeo 2021 constituirá, ademais, unha oportunidade única para crear comunidade local,cohesión e sentimento de orgullo entre as galegas e os galegos. Todo sen esquecer a importancia dasustentabilidade. Recibir varios centos de milleiros de visitantes durante o Ano Santo debe sercompatible coa protección do medio, da paisaxe, das tradicións e dos seus valores. Potenciar rutasmenos transitadas ou promover a desestacionalización da peregrinación son só algunhas ideas paradiversificar o Camiño que están presentes neste Plan e que redundarán na preservación deste.
En resumo, o vindeiro Xacobeo será celebración, pero concibida tamén como oportunidade para trazar ocamiño da Galicia da próxima década. Un acontecemento memorable que busca deixar a súa propiapegada. Será, ante todo, un Xacobeo pensado para que perdure o seu legado coa vista posta novindeiro Ano Santo, o de 2027.
De aí a importancia da sustentabilidade, un reto que garantirá a transmisión deste singular fito e o seuéxito de cara a próximas citas. Será en definitiva un Xacobeo centrado na xente, creativo, innovador econtemporáneo, no que a poboación galega sexa protagonista indiscutible, que xerará orgullo eparticipación, unha celebración activa, participativa e igualitaria. En definitiva, un Xacobeo de todas etodos.
Que é un Xacobeo?
OPORTUNIDADE
· Para poñer en valor a nosa cultura, paisaxe, a nosa memoria e o talento local
· Para atraer recursos e dinamizar a nosa economía
· Para os territorios rurais
· Para desenvolver accións inovadoras
P9
CELEBRACIÓN
· Extraordinaria e única, sobre a base das peregrinacións e o Camiño de Santiago,
de repercusións mundiais
IMPULSO
· Para a promoción de Galicia no exterior
· Para cohesionar aos galegos e galegas
· Para crear comunidade local e sentimento de orgullo
PERDURABLE
P10
ORGULLO EUROPEO
Que debe ser (especialmente) o Xacobeo 2021?
Debe garantirse a sustentabilidade e a
pervivencia dos valores do Camiño, así
como unha mellora física das súas infra-
estruturas, da man das administracións
implicadas e as asociacións do Camiño.
No eido cultural, servirá para impulsar
iniciativas con visos de continuidade.
É unha oportunidade para reforzar
especialmente os vencellos con
Europa e a Unión Europea nun
contexto global no que esta
necesita referencias e sinais de
identidade que reforcen o
sentimento de pertenza común.
Os galegos e galegas serán os
protagonistas, suxeitos activos
na execución, participación e
desfrute das liñas de actuación
e programas propostos (O teu
Xacobeo é un exemplo do que
se quere facer).
PROCESO PARTICIPATIVOPLAN ESTRATÉXICO DO XACOBEO 2021
2.
Como se construíu a estratexia do Xacobeo 2021?
A través dun proceso participativo do que formaron parte máis de 600 persoas
P12
6 mesas de traballotécnico con profesionais e
especialistas
2 mesas de traballoespecíficas con mozos e mozas
menores de 30 anos
Máis de 100 participantes nas mesas de
traballo
Máis de 400 enquisas a peregrinas/os de 33 nacionalidades
diferentes, na súa chegada a Santiago
Máis de 100 enquisas a
representantes de asociacións do Camiño,
institucións, programación cultural, industrias
culturais e creativas, turismo e comunicación
30 entrevistas con persoas
relevantes da cultura, a política, as artes ou o
turismo, así como diferentes especialistas no
Camiño
Proceso aberto e participado
a través da web:www.estratexiaxacobeo2021.gal
DIAGNOSEPLAN ESTRATÉXICO DO XACOBEO 2021
3.
Diagnose / Situación de partida
P14
O presente Plan estratéxico debe gardar coherencia coas principais liñas mestras
das diferentes políticas da Administración galega para os vindeiros anos. Galicia
entra nunha nova década, na cal terán lugar dous Xacobeos, e faino co
irrenunciable propósito de implicar a todos os galegos e galegas, especialmente ás
xeracións máis novas, de afondar na súa vertente hospitalaria e familiar para
acadar a excelencia na acollida, e de aliñarse cos principais obxectivos de
sustentabilidade.
Estratexias ou documentos marco a ter en conta:
- Plan Director do Camiño de Santiago
- Estratexia do Turismo de Galicia 2020
- Estratexia da Cultura Galega (ECG21)
Diagnose / Enquisa a expertos/as
P15
Aparece como maioritaria a necesidade de
implicar a poboación galega no propio
Xacobeo. Concretamente un 62,04% elixiu
esta cuestión, seguida dunha programación
cultural descentralizada territorialmente e
desestacionalizada, prioridades ambas para
a metade das persoas.
MELLORAR respecto a anteriores Xacobeos
Diagnose / Enquisa a expertos/as
P16
MANTER de cara ao Xacobeo 2027
Para prolongar as accións postas en marcha
de cara ao 2021 e establecer un nexo de
unión co vindeiro Xacobeo 2027, tres de
cada catro expertos/as ven como a ferramenta
máis útil a aposta por unha programación
pública recorrente e vencellada ao Camiño.
Diagnose / Enquisa a peregrinos/as
Pódese cualificar como sobresaínte a valoración que
fan as persoas que chegan a Santiago da súa
experiencia global no Camiño, cunha nota media de
9,58 sobre un máximo de 10 puntos.
P17
O 98,76% dos peregrinosenquisados recomendaría
facer o Camiño de Santiago.
EXPERIENCIA NO CAMIÑO
Diagnose / Enquisa a peregrinos/as
EXPERIENCIA NO CAMIÑO
P18
A valoración diminúe levemente segundo
aumenta o rango de idade analizado: o 9,71
que colocan as persoas menores de 30 anos
redúcese paulatinamente ata o 9,28 da
avaliación outorgada por maiores de 65.
Atendendo á procedencia, a cualificación
media é inferior segundo se acouta o ámbito
territorial, oscilando entre o 9,27 dos galegos
e galegas e o 9,67 para o caso de peregrinos
e peregrinas doutros países.
P19
ATRIBUTOS POSITIVOS DO CAMIÑO
Entre os atributos que chamaron a atención de peregrinos e peregrinas desde un punto de vista positivo, a paisaxe
ocupa unha posición predominante, cun 65,51%. Máis da metade da mostra (un 51,12%) destacou a gastronomía,
mentres que catro de cada dez persoas (o 39,45%) quedaron gratamente sorprendidas co patrimonio que atoparon
no Camiño e na súa contorna.
Diagnose / Enquisa a peregrinos/as
Diagnose / Enquisa a peregrinos/as
P20
Non avalían da mesma forma as persoas maiores de 65 anos, que puntúan a súa experiencia en Santiago cun 8,53,
que as de idades inferiores, que amosan unha maior satisfacción. Así mesmo, os peregrinos e peregrinas de
Galicia son os máis conservadores á hora de valorar a acollida da cidade compostelá, cunha media dun 8,41,
nota que se incrementa ao falar de persoas doutras CC. AA. (8,63) ou doutros países (8,77).
ACOLLIDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
A cualificación media da experiencia de acollida na capital galega é de 8,71 puntos
O Xacobeo é unha marca moi
coñecida en Galicia e España, pero
non así no estranxeiro, onde o que
nos sitúa é o Camiño de Santiago.
46,83%
94,85%
100,00%
53,17%
5,15%
0% 20% 40% 60% 80% 100%
Estranxeiro
Resto España
Galicia
Si
Non
Diagnose / Enquisa a peregrinos/as
P21
COÑECEMENTO DO XACOBEO
Diagnose / 30 aspectos limitadores
P22
1. Xacobeo é unha marca coñecida en Galicia e en España pero que
perde notoriedade no estranxeiro. De feito, só o 46,83% dos peregrinos
e peregrinas de fóra de España coñecen o Xacobeo.
2. O último Xacobeo foi no ano 2010, de xeito que a xente máis nova
non ten unha lembranza do mesmo, nin das súas implicacións.
3. Asóciase o Xacobeo cunha dotación económica extraordinaria,
relacionándoo por tanto co seu papel para intervir en aspectos
estruturais, especialmente no ámbito da xestión cultural.
4. Este é o período máis longo entre Xacobeos, por tanto a
mobilización social será máis complexa.
5. As grandes empresas xa incorporan nas súas estratexias de
Responsabilidade Social Corporativa a programación cultural,
dificultando a súa captación en termos de patrocinio.
6. A transversalidade, entendida esta como a integración de diversas
disciplinas artísticas nunha acción cultural e a súa orientación cara a un
relato común e estruturado, non sempre resultou un elemento esencial
na programación de anteriores Xacobeos.
7. Risco de perda da esencia espiritual do Camiño transformándose
nunha actividade turística. Neste sentido fálase dunha certa
banalización da vivencia do Camiño converténdose nunha simple
experiencia de consumo.
8. Tendencia crecente do discurso de masificación e de rexeitamento
da figura do visitante, sexa turista ou persoa que peregrina,
especialmente na cidade de Santiago.
9. Vinculación da imaxe do Xacobeo coa cidade de Santiago de
Compostela.
10. Existe certa desconexión entre as persoas que peregrinan e a
poboación local, co que conceptos como hospitalidade, acollida ou
interculturalidade, que forman parte de xeito indisoluble do Camiño, non
teñen tanta influencia.
11. Pese a que existe un compromiso coa protección do patrimonio
inmaterial, a realidade indica que nos atopamos nun contexto de perda
do mesmo.
12. O Xacobeo xera unhas expectativas elevadas. No imaxinario
colectivo asócianse aspectos como converterse nun revulsivo
económico para Galicia, a súa capacidade para corrixir deficiencias
históricas, a inmensidade da programación cultural etc., que poderían
ter un efecto contraproducente.
13. Nas enquisas realizadas no marco do presente Plan, a experiencia
dos peregrinos e das peregrinas en Santiago é mellorable, tal e como
indica a menor valoración que fan con respecto ao seu traxecto no
Camiño. Aspectos temporais, como as obras na catedral, inflúen nesta
menor cualificación.
Diagnose / 30 aspectos limitadores
P23
14. Problemas derivados da dimensión afectan ao equilibrio entre os
visitantes e a veciñanza en Santiago, con incidencia na configuración
duns servizos orientados a non residentes.
15. Existe unha percepción negativa de peregrinos e peregrinas como
viaxeiros “lowcost”, minimizando o seu impacto na nosa economía.
16. Posibles efectos da programación do Xacobeo sobre a
programación cultural consolidada e recorrente.
17. O Xacobeo ten unha imaxe de evento efémero e puntual, non se
ten a visión de que é algo perdurable.
18. Escasa oferta de percorridos xacobeos en Santiago, especialmente
orientados cara as persoas que peregrinan.
19. É preciso seguir traballando na mellora das condicións de
accesibilidade universal.
20. Necesidade de actualización do aloxamento en Galicia, e
dificultades no sector do turismo de congresos para o Xacobeo debido
á percepción de que pode ser un destino saturado.
21. Existe un risco de desborde en actividades como o aloxamento ou a
restauración en momentos de elevada demanda.
22. Dificultade para manter no ano 2022 as cifras de visitantes que se
estiman para o Xacobeo, especialmente para aquelas actividades
vinculadas ao sector que se dimensionen en base a ese pico da
demanda.
23. É preciso reforzar a actuación da función inspectora, posto que
prácticas de competencia desleal ou intrusismo poden perxudicar a
imaxe de Galicia.
24. Necesidade de fontes de información estatística para o seguimento
do Xacobeo, mentres que as fontes oficiais amosan a información con
certo retraso.
25. A cultura vén de atravesar uns anos de contracción en termos de
gasto, como consecuencia da crise económica.
26. Dificultade para coordinar horarios de apertura de diferentes
recursos, especialmente patrimonio eclesiástico. Hai que facelos
accesibles ao peregrino.
27. Dificultade para a xestión eficiente daqueles espazos da catedral
que deberían estar reservados e orientados cara as persoas que
peregrinan.
28. Episodios de concentración de peregrinos e peregrinas en
circunstancias moi específicas: períodos concretos do verán, no
Camiño Francés e nas localidades máis próximas a Santiago.
29. Ata o momento, o Xacobeo non logrou crear un sentimento de
pertenza ou orgullo entre a sociedade galega.
30. En anteriores Anos Santos o crecemento do turismo veu
determinado polo incremento do turismo nacional, tal e como indican as
estatísticas oficiais.
Diagnose / 30 aspectos facilitadores
P24
1. O Xacobeo e o Camiño son vehículos excepcionais para a posta en
valor de Galicia no exterior.
2. Existe unha visión positiva con respecto á descentralización, sendo
un evento ao que se sume toda Galicia.
3. A imaxe do Xacobeo débese cualificar como excelente. A nivel social
existe unha visión positiva de anteriores edicións, tratándose dunha
marca amable.
4. Os peregrinos e peregrinas son os nosos mellores embaixadores. O
98,76% dos que foron enquisados afirma que recomendaría facer o
Camiño de Santiago.
5. O Camiño conta cunha serie de valores positivos (acollida,
hospitalidade, multiculturalidade etc.) que se estenden de forma natural
ao Xacobeo.
6. O Camiño de Santiago é unha ruta de vocación europea.
7. Xa se notan os efectos positivos no turismo, posto que hai reservas
para o 2021 aproveitando a celebración do Xacobeo.
8. Iniciativas como O teu Xacobeo permiten facer programación cultural
da man do sector, involucrar a entes públicos e privados, e poñer en
marcha proxectos transversais.
9. O Camiño de Santiago é unha ruta cun alto nivel de seguridade.
10. As persoas que peregrinan teñen unha apreciación moi positiva da
súa experiencia no Camiño, cunha valoración de 9,58 sobre 10.
11. A persoa que visita Galicia valora especialmente a paisaxe, a
gastronomía e a hospitalidade.
12. A celebración do Xacobeo permite dispor dun escaparate para a
promoción do talento galego.
13. Existe un tecido de axentes culturais moi activo e dinámico, no que
se poden buscar apoios para o establecemento de colaboracións.
14. Preocupación social pola sustentabilidade, que é algo facilmente
asociable ao Camiño e á peregrinación.
15. Existencia dun marco fiscal favorable na figura dos patrocinios,
permitindo conseguir recursos adicionais por parte das empresas.
16. A excepcionalidade que supón a indulxencia plenaria desde o punto
de vista relixioso facilita a chegada de máis peregrinos e peregrinas no
Ano Santo.
17. O Camiño de Santiago é un exemplo de como se poden
implementar accións de fixación de poboación no rural, xerando novas
actividades de soporte para as persoas que peregrinan.
18. Desde o ano 1993 traballouse na mellora da sinalización do
Camiño, cun resultado máis que evidente.
19. A peregrinación reivindícase como unha fórmula alternativa de
viaxar, con vínculos claros coa orixe do propio feito de viaxar.
20. Potencial de xerar intercambio e diálogo entre empresas culturais
galegas e foráneas.
Diagnose / 30 aspectos facilitadores
P25
21. Oportunidade para involucrar as xeracións máis novas a nivel
internacional: voluntariado, Erasmus etc.
22. O Camiño e o Xacobeo son vehículos para o intercambio e diálogo
desde o punto de vista social ou relixioso.
23. Nalgúns casos a peregrinación supón un cambio transcendental na
vida dunha persoa, ben pola súa motivación, ben polo proceso de
reflexión espiritual ou ben por servir de escenario para a toma de
decisións esenciais para a súa vida.
24. O Xacobeo crea unha oportunidade para artellar un evento que
integre o concepto de orgullo de pertenza a Galicia.
25. A celebración do Xacobeo permite a mobilización económica de
recursos para a súa celebración.
26. As mulleres e o colectivo sénior teñen un carácter tractor para a
creación de comunidade.
27. A través do Camiño pódense crear produtos turísticos que non
teñan un carácter estacional.
28. Nestes últimos anos estanse consolidando todos os Camiños a
Santiago, o cal favorece a redistribución de fluxos, a capacidade de
crecemento e a sustentabilidade.
29. O Camiño de Santiago é unha das rutas de peregrinación máis
importantes do mundo.
30. O Camiño de Santiago é un referente global, de xeito que outras
rutas de peregrinación veñen a formarse aquí, como parte do seu
proceso de desenvolvemento e crecemento.
Diagnose prospectiva e conclusións
P26
Todo o proceso de diagnose ten una visión prospectiva, xa que en moitos casos realízanse
afirmacións considerando o que pode pasar nun escenario que acontecerá dentro de dous anos.
A continuación amósanse unha serie de reflexións que terán unha pegada notable a hora de
formular a estratexia do Xacobeo 2021:
• O elemento de proxección exterior debe ser a ligazón con Europa nun momento de criseinstitucional europea. Esta visión está no discurso de Xacobeos anteriores pero cunha escasa materialización en actividades.
• Os recursos económicos son limitados. É necesario un enfoque rigoroso que identifique aquelasaccións que inciden máis na estratexia proposta. Neste sentido débese realizar unha aposta polacalidade na programación cultural.
• A transversalidade nas disciplinas artísticas no proceso de programación debe ter un fío condutor, non unha amalgama de eventos sen conexión estratéxica.
P27
• Importancia da sustentabilidade, tanto nos momentos ou tramos do Camiño con maior afluencia,como no impacto no medio natural e sobre a poboación local. Por suposto, o concepto inclusióntamén forma parte desta sustentabilidade.
• Fomentar a perdurabilidade do evento, dunha maneira que permita xerar accións e proxectosque teñan vida máis aló do Xacobeo 2021 e que enlacen co Xacobeo 2027, reforzando tamén otecido empresarial local. O Xacobeo terá lugar 3 veces en 11 anos.
• Importancia de reter e atraer talento local, contando sempre con el e axudando a xerar orgullo ecomunidade local.
• A comunicación, local e internacional é de vital importancia, necesitando traballarconxuntamente a comunicación social, cultural e turística. Neste sentido é necesario potenciar aimportancia do proceso de acollida e hospitalidade ao peregrino.
• Recuperar a memoria, os relatos e os costumes como símbolo de orgullo, tanto en clavecontemporánea como de futuro. De modo que se poda contar coa implicación de creadoresexternos cos que poder traballar en procesos de cocreación e coprodución.
Diagnose prospectiva e conclusións
VALORES ESTRATÉXICOS E PRINCIPIOS DE XESTIÓNPLAN ESTRATÉXICO DO XACOBEO 2021
4.
Valores estratéxicos
Hospitalario Sustentable PerdurableCohesivo
Singular Experiencial Espiritual e relixioso
Multicultural Integrador
Creativo, innovador e
contemporáneo
P29
10Valores estratéxicos
Valores estratéxicos
P30
Cohesivo. A intención é integrar á comunidade local, aos peregrinos e peregrinas e
ás entidades asociativas vencelladas ao Camiño. O 2021 supón un cambio na
estratexia de anteriores Xacobeos, xa que procura a participación activa das
persoas que asistan ás celebracións. Non se trata pois de acudir a un evento como
suxeito pasivo, senón de participar activamente nel, tamén no deseño e na
programación das actividades, coa implicación do tecido empresarial e asociativo
na súa execución. Esta participación activa da sociedade galega axuda á cohesión
social do noso país.
Hospitalario. Trátase dun concepto emanado do propio Camiño de Santiago e que
se converte en característica esencial de quen peregrina e de quen atende e recibe
a peregrinas e peregrinos. No mesmo sentido, Galicia é unha terra que acolle
visitantes con hospitalidade, un lugar onde se senten próximos e son recibidos con
amabilidade; un espazo onde quedar e gozar.
Cohesivo
Hospitalario
Valores estratéxicos
P31
Sustentable. O Xacobeo 2021 impón un cambio de ciclo, dunha etapa pensada en
xerar infraestruturas e poñer en valor o concepto de peregrinación, cara a unha
etapa caracterizada pola sustentabilidade, ese concepto auténtico de viaxar e
interactuar co noso territorio e a nosa poboación dunha forma respectuosa e
respectada. A sustentabilidade enténdense vinculada a tres dimensións, social,
económica e medioambiental, cun énfase nos investimentos en paisaxe, natureza e
patrimonio, en liña tamén co establecido na Estratexia do Turismo de Galicia 2020.
Creativo, innovador e contemporáneo. O Xacobeo debe amosar unha imaxe dun
pobo moderno, con raíces profundas no noso territorio, pero con capacidade para
crear e reinterpretarse cunha nova visión, tanto estética como conceptual, aínda
que partindo da tradición e sen esquecer a nosa identidade cultural. Galicia mira
cara ao futuro con capacidade de innovación e creatividade, como unha terra
moderna e contemporánea.
Creativo, innovador e contemporáneo
Sustentable
Valores estratéxicos
P32
Perdurable. A pesar de tratarse dunha celebración, o Xacobeo debe ter como
vocación un concepto de pegada na nosa sociedade. Neste sentido será necesaria
unha viaxe desde unha visión efémera do Xacobeo a un concepto que axude a
cambiar o noso territorio e cultura, con vocación de permanencia. Este valor busca
contribuír a que algúns dos programas deseñados teñan continuidade, as obras
xeradas perduren no tempo e o tecido das industrias culturais e creativas galegas
saia reforzado.
Singular. A celebración está intrinsecamente vencellada ao concepto de Xacobeo.
Neste sentido quérese reivindicar a devandita celebración e a súa propia
singularidade, con eventos extraordinarios, que soamente se van celebrar ese ano
especial. Esta singularidade busca reforzar a necesidade de visitar Galicia no
Xacobeo.
Perdurable
Singular
Valores estratéxicos
P33
Experiencial
Espiritual e relixioso
Experiencial. Trátase dun valor relacionado directamente coa participación.
Buscarase compartir vivencias e gozar de experiencias; relacionarse e convivir;
recrearse e participar en eventos culturais ou espirituais; emocionarse ante
expresións artísticas e, en definitiva, vivir o Xacobeo. Este non pode contemplarse,
é necesario vir a Galicia e vivilo.
Espiritual e relixioso. O Camiño ten a capacidade de xerar un proceso de
transformación interior en quen peregrina. Así mesmo, o Xacobeo celébrase porque
é Ano Santo, cun elemento extraordinariamente singular a nivel relixioso como é a
indulxencia plenaria. Reforzar os valores espirituais do Camiño e preservar a súa
esencia é un obxectivo do ano 2021.
Valores estratéxicos
P34
Multicultural. O Camiño de Santiago foi sempre unha vía de alta capacidade
bidireccional na transmisión de valores, conceptos e elementos culturais, que dá a
coñecer a nosa visión da realidade e as nosas manifestacións culturais. Ese
concepto de integración de diversas culturas e ese percorrido de ida e volta son
claramente definitorios do Xacobeo. Por este motivo, especialmente neste ano,
búscase reforzar a proxección exterior deste, con énfase na relación do Camiño con
Europa.
Integrador. Supón un atributo esencial, non só desde un punto de vista relixioso,
senón do propio Camiño, polo que debe adoptarse como un elemento central do
Xacobeo na xestión da programación, en clave de accesibilidade de todas as
persoas a esta e con especial atención á perspectiva de xénero.Integrador
Multicultural
Principios de xestión
Descentralización Igualdade CalidadeParticipación
Sustentabilidade ambiental
Internacio-nalización
Talento local Accesibilidade e deseño universal
Desestacio-nalización
Transversalidade
P35
10Principios de xestión
Principios de xestión
P36
Participación. A propia elaboración do Plan é froito dun proceso participativo, pero
a participación é tamén un xeito de programar e de xestionar. O teu Xacobeo é un
bo exemplo e incide nunha programación deseñada e xestionada en colaboración
con entidades públicas e privadas, e tecido asociativo.
Descentralización. Aínda que a cidade de Santiago é o punto final onde converxen
os Camiños, estes atravesan máis dun terzo dos concellos galegos e vertebran toda
Galicia. Complementariamente, a programación debe espallarse por todo o
territorio, con especial incidencia no rural, onde o Camiño representa unha
oportunidade para fixar poboación e desenvolver unha actividade económica
sustentable.
Participación
Descentralización
Principios de xestión
P37
Igualdade. Cómpre velar polo equilibrio e a igualdade efectiva nos criterios da
programación e introducir o principio de igualdade nas execucións. Así mesmo,
debe incentivarse o desenvolvemento de proxectos construídos con perspectiva de
xénero e poñer especial énfase na ausencia de desigualdades, sexismo,
marxinación ou violencia contra as mulleres.
Transversalidade. No actual contexto non pode entenderse unha programación
cultural sen este concepto de transversalidade vinculado á necesidade de introducir
elementos de xestión cultural nas diferentes actividades que se deseñen, e tamén a
través de distintas disciplinas artísticas que se mesturan para xerar produtos
culturais máis atractivos.
Igualdade
Transversalidade
Principios de xestión
P38
Calidade. Unha programación de calidade incentiva a viaxe e supón un factor
detonante da visita a Galicia ese ano, pero tamén estimula a mobilidade interna.
Calidade non debe de ser un sinónimo de gasto e de orzamentos elevados, senón
dun proxecto conectado coa sociedade, atractivo e cun fío condutor que artelle as
diferentes propostas.
Sustentabilidade ambiental. A preocupación medioambiental e a redución do
impacto no noso medio natural deben guiar a xestión operativa dos diferentes
eventos. Así, cómpre minimizar a súa pegada e prestar atención a elementos clave,
como a preservación da paisaxe, a xestión dos residuos, a reciclaxe, o consumo de
recursos enerxéticos etc.
Calidade
Sustentabilidade ambiental
Principios de xestión
P39
Internacionalización. Dada a oportunidade que supón un Xacobeo para a
proxección de Galicia no exterior, buscarase unha programación que conte con
achegas culturais externas, para facilitar tamén os procesos de comunicación no
estranxeiro, así como aproveitar as xiras dos nosos artistas no exterior ou a
programación de eventos fóra das nosas fronteiras.
Talento local. En relación directa co principio anterior, é necesario pensar tamén en
clave local actuando globalmente. A programación de eventos apoiarase no talento
local e tamén nas galegas e os galegos que están no estranxeiro, pero, sobre todo,
buscarase relacionar os dous conceptos, a través de coproducións, residencias
artísticas ou proxectos colaborativos entre artistas locais e de fóra de Galicia.
Internacio-nalización
Talento local
Principios de xestión
P40
Accesibilidade e deseño universal. Facilitar a accesibilidade ao propio Camiño, a
través dos accesos e a sinalización, ou nos albergues, é unha actividade que xa se
está a desenvolver e que se intensifica na preparación do Xacobeo. Pero tamén é
necesario garantir esta accesibilidade na xestión cultural, cunha programación
inclusiva e universal, e utilizando as oportunidades que nos ofrecen as novas
tecnoloxías.
Desestacionalización. Aliñado coa estratexia turística, este principio de xestión
facilitará a programación ao longo de todo o ano do Xacobeo, o que propiciará a
peregrinación e a visita a Galicia non só no período estival. Esta desestacionalización,
unida á necesaria descentralización ao longo dos diferentes trazados do Camiño,
inciden directamente nunha xestión máis sustentable do Xacobeo e alivian a presión
que se produce en espazos puntuais e en determinados momentos do ano.
Accesibilidade e deseño universal
Desestacio-nalización
MISIÓN, RETOS E VISIÓN ESTRATÉXICA DO XACOBEOPLAN ESTRATÉXICO DO XACOBEO 2021
5.
Cal é a misión do Xacobeo 2021?
A misión do Xacobeo 2021 é xerar un evento específico, singular e único, sinal de orgullo que, poñendo en valor o Camiño e a
cultura xacobea, vertebre a sociedade galega e lle dea visibilidade a Galicia no exterior, consolidando así a importancia
do Camiño de Santiago na construción europea.
Como consecuencia da súa misión, incidirá positivamente nos desafíos da Galicia da próxima década, familiar, moza, innovadora e verde, caracterizada pola calidade e coa
vista posta no 2027.
P42
Retos estratéxicos
Converter á poboación galega na verdadeira protagonista da celebración do Xacobeo 2021, paraxerar orgullo, participación e comunidade local, pasando de ser simples espectadores a suxeitosactivos no desenvolvemento das actividades e da programación cultural.
Proxectar a imaxe de Galicia no exterior, a nivel global pero en especial reforzando os vencelloscon Europa e a Unión Europea.
Garantir a sustentabilidade do Camiño e preservar os seus valores. Ao rematar a celebración, oCamiño deberá estar en mellor situación en termos ambientais, sociais e económicos.
Lograr que a persoa que peregrina ao chegar a Galicia sinta a necesidade de estreitar lazos coterritorio e a poboación galega. Hai que converter a peregrinos e peregrinas en verdadeirosembaixadores da nosa terra.
Ofrecer unha experiencia baseada na cultura xacobea aos viaxeiros que chegan a Galicia paraampliar e mellorar a súa percepción do destino.
Incrementar a pegada no territorio, especialmente xerando oportunidades de desenvolvementosustentable no rural.
Visibilizar o talento local, en colaboración coa contribución cultural doutros países e creadores,de forma que se xeren produtos e obra perdurable.
P43
Visión estratéxica
O Xacobeo 2021 é un evento de transcendencia global, que fai unha aposta decidida por e para o Camiño e as persoas, que busca deixar unha pegada caracterizada pola sustentabilidade, a participación, a descentralización e a diversidade,con maior capacidade de atracción e proxectando unha Galicia contemporánea e singular.
P44
A visión formulada é coherente coa visión de Galicia para a vindeira década, un período no que
terán lugar tres Xacobeos no prazo de doce anos: 2021, 2027 e 2032.
Coherencia estratéxica
Galicia hospitalaria e familiar, terra de acollida.
Unha Galicia que ofrece oportunidades para as xeracións máis novas, para a mocidade.
Un espazo para vivir e con capacidade de desenvolvemento económico, especialmente no
medio rural, a través da innovación, tanto tecnolóxica como social.
Pero, por riba de todo, unha Galicia sustentable e verde, con futuro, coa preservación dos
seus valores ambientais e patrimoniais como motivo de orgullo de Galicia.
Así, o vindeiro Xacobeo contribuirá a consolidar unha Galicia sinónimo de calidade.
P45
EIXES ESTRATÉXICOS E PROGRAMAS DE ACCIÓNPLAN ESTRATÉXICO DO XACOBEO 2021
6.
Como artellar a estratexia?
Actuando en....
P47
A celebración, partindo dos valores xacobeos, permítenos facilitar a
reflexión e o diálogo multicultural. A celebración vincula as accións
específicas e singulares, propias do Xacobeo.
As persoas, os galegos e as galegas e tamén as que peregrinan, para que
participen de xeito activo na celebración. Son o suxeito principal e beneficiario das accións que se porán
en marcha.
O Camiño de Santiago, como o espazo físico sobre o que transcorren
as accións, sen o cal non pode entenderse a existencia dun Xacobeo, pero garantindo a súa sustentabilidade
e a pervivencia dos seus valores.
Unha ruta de peregrinación é un concepto baseado nunha acción (camiñar), por parte dunha persoa ou un grupo de persoas (camiñante), que se dirixen cara a un lugar santo a
través dun percorrido (camiño).
Programas de actuación
Xacobeo Único
Agrupa actuacións de carácter singular e
único, que se realizan porque é o Ano
Santo, ou as de carácter institucional por
mor deste, sen prexuízo da súa
perdurabilidade.
Xacobeo Vivencias
As persoas viven nun espazo e tempo
determinado, sexan turistas ou a propia
poboación galega. Este espazo,
Galicia, caracterízase polo seu
patrimonio, cultura, tradicións e
paisaxe.
Xacobeo Cidadanía
Accións cara á proxección internacional
dos eventos, en especial con Europa, a
cooperación a través de redes e a
colaboración co tecido asociativo, en
especial coas asociacións do Camiño.
P48
Xacobeo Reflexión
En referencia ás actividades vencelladas
ao coñecemento, o debate, a nosa
memoria e arquivo, que destacan o
carácter espiritual do Camiño e do Ano
Santo.
Xacobeo Innovación
A utilización dos sentidos a través de
experiencias innovadoras, tamén
turísticas ou gastronómicas, así como o
uso da tecnoloxía para potencialas.
Xacobeo Comunidade
Accións que nos permitirán cohesionar
socialmente Galicia, que converten aos
galegos e as galegas en suxeitos activos
na celebración do Xacobeo, xerando
comunidade, na liña marcada en
programas como O teu Xacobeo.
Estrutura da programación
P49
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo extraordinario
CAMIÑAR Xacobeo ÚnicoEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Aproveitamento da excepcionalidade do Ano Santo para poñer enmarcha iniciativas de calado universal que poñan en valor o papelhistórico de Galicia como epicentro do Camiño de Santiago. OXacobeo 2021 é unha oportunidade para proxectar a cultura galegano exterior e situar a Galicia como foco de programación nacional einternacional. Ademais de acoller eventos de recoñecido prestixiocultural, darase especial relevancia á creación de novos contidos, coCamiño de Santiago como eixe temático principal, e preferentementecun criterio de perdurabilidade que permita asentar a nova obraen Galicia e na propia cidade de Santiago de Compostela.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
A concentración en espazo e tempo dunha celebración como o
Xacobeo dificulta a súa transcendencia e continuidade. Trátase
dunha conmemoración de gran magnitude que, ademais do seu
carácter recorrente xa ten un calendario coñecido a longo prazo.
É preciso aproveitar esta circunstancia para, dentro da
excepcionalidade propia do Ano Santo, organizar e canalizar o
concepto de celebración como algo perdurable, a través de accións
que deixen un pouso e que nun futuro se vencellen a esta edición. É
tamén unha fiestra que se abre para o talento cultural galego que,
coa escusa do Xacobeo, ten a oportunidade de crear e proxectarse
no exterior.
Espazos
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Creativo, innovador e contemporáneo
Perdurable
P50
Singular
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo festividade
DESCRICIÓN
Conxunto de actividades que, sustentadas pola connotación festiva
do Xacobeo, impliquen aos principais axentes do tecido cultural co
obxectivo de cubrir todas as sensibilidades e presentar unha
programación de calidade, desestacionalizada e descentralizada,
que chegue aos principais núcleos urbanos e rurais de Galicia, e
que prevexa un horizonte que vaia máis aló do ano 2021. É preciso
incentivar a participación da comunidade, recollendo eventos de
dimensión popular que sexan obxecto de celebración, así como
reforzando a programación das citas máis representativas, de
traxectoria contrastada, que se veñen organizando por toda Galicia
e que teñen capacidade de atraer públicos locais e de fóra. O
Xacobeo supón unha oportunidade para complementar contidos e
incentivar a calidade.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
A celebración do Xacobeo está estreitamente unida ao significado
do Camiño de Santiago como itinerario relixioso, espiritual e cultural.
En 2021, Galicia ten a ocasión de trasladar os valores do Camiño á
acción cultural, invitando a toda a comunidade a participar e a
emocionarse cunha programación deseñada para todos os públicos.
Pero esta programación ten que estar planificada de maneira que,
nun contexto de profundidade espiritual como o Xacobeo, non se
converta nunha sucesión de accións desconectadas dos valores
asociados á peregrinación. Durante a fase participativa da diagnose,
a metade de especialistas consultados apuntou a necesidade de
descentralizar e desestacionalizar a programación cultural. Ademais,
en clave futura, o 75,93% aposta por manter unha programación
estable e vencellada ao Camiño.
Espazos
CAMIÑAR Xacobeo ÚnicoEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Sustentable
Creativo, innovador e contemporáneo
P51
Experiencial
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo institucional
O Camiño de Santiago transmite unha imaxe de fenómeno
integrador de nacións, culturas, relixións, valores e ideas. A nivel
internacional, o Xacobeo é unha oportunidade de visibilizar a
Galicia. Ao igual que o Camiño, a celebración do Ano Santo non é
un acontecemento exclusivo da nosa Comunidade, polo que hai
que entender o seu carácter supraautonómico e coordinar accións
con administracións doutros territorios, que tamén van facer un
grande esforzo en 2021 para que os camiñantes gocen da esencia
da peregrinación. No ámbito nacional, o Consejo Jacobeo ten que
exercer de nexo de unión entre as diferentes administracións para
garantir a necesaria cooperación.
DESCRICIÓN
Establecemento de nexos de unión con outras CC.AA., co Gobernoestatal e con outros países, especialmente os territorios que sexanpunto de paso do Camiño de Santiago, para a posta en valor desteúltimo como primeiro Itinerario Cultural Europeo. Preténdeseinvolucrar a todos os territorios e o seus gobernos na construción edefensa dun espazo común sen fronteiras, e proxectar a imaxe dunCamiño de Santiago integrador, cosmopolita e universal. Ocrecemento do Camiño Portugués e os vínculos co país veciñofarán que se lle outorgue un papel protagonista a Portugal nunano 2021 no que ostentará a Presidencia rotatoria da Unión Europeano primeiro semestre. Santiago de Compostela terá un especialprotagonismo como foco mediático, pero tamén se aplicará uncriterio descentralizador á hora de organizar actos institucionais,para dar visibilidade a outras poboacións senlleiras de Galicia.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Espazos
CAMIÑAR Xacobeo ÚnicoEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Sustentable
Singular
P52
Espiritual e relixioso
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Apóstolo Santiago
DESCRICIÓN
Posta en valor dos diferentes ritos vencellados ao ApóstoloSantiago na celebración do seu Ano Santo, con especial énfasenos rituais relixiosos dos peregrinos e as peregrinas á súa chegadaá catedral compostelá. Estes hábitos remóntanse séculos atrás,forman parte da memoria colectiva, e contan cun gran valorsimbólico e histórico que cómpre visibilizar e potenciar no contextoactual do século XXI. Débese poñer en valor o concepto daindulxencia plenaria propia da excepcionalidade do Ano Santo.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Entre os peregrinos e peregrinas que afirman coñecer o Xacobeo, o
44,53% asóciao a aspectos relixiosos, segundo o que se extrae da
enquisa realizada como parte do proceso participativo. Esta
porcentaxe supón a máis elevada entre as diferentes respostas
recompiladas. Por outra parte, é necesario seguir traballando na
mellora da experiencia da acollida en aspectos como a visita a
catedral ou a Misa do Peregrino, que unha vez finalicen as obras de
restauración lograrán dar un pulo a súa valoración. Polo tanto, o
esforzo para que cada camiñante que chega a Santiago goce dunha
experiencia relixiosa e espiritual plena debe ser unha prioridade,
cunha especial atención no Ano Santo, para evitar que o Camiño
perda a súa esencia.
Espazos
CAMIÑAR Xacobeo ÚnicoEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Hospitalario
Singular
P53
Espiritual e relixioso
Multicultural
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Nocturno
DESCRICIÓN
Conxunto de iniciativas programadas arredor da noite co obxectivode propoñer unha oferta experiencial dirixida tanto a peregrinas eperegrinos como á poboación local, coa tradición xacobea e osrelatos da peregrinación como eixes centrais. Preténdese aproveitara singularidade das actividades nocturnas para xerar notoriedadee darlles motivos aos camiñantes para aumentar a súa estadía.Incentivarase a participación experiencial de quen peregrina,ofrecéndolle a oportunidade de asistir a eventos innovadoresvencellados á celebración do Xacobeo, que terán lugar na contornade espazos senlleiros do patrimonio do Camiño, e dos cales poderáser parte activa. Ademais, a compoñente lúdica que ten a noite paraa poboación local facilitará o establecemento de nexos de unión e ointercambio cultural.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Existe unha crecente preocupación pola ausencia de espazos eactividades onde os peregrinos e as peregrinas teñan aposibilidade de participar e intercambiar experiencias. Ápercepción subxectiva ante o remate do Camiño, únese o feito deque as e os camiñantes chegan ao que debería ser o lugar máisemblemático do percorrido, Santiago de Compostela, co interesepor prolongar a súa estadía. Esta situación de desafecciónprovocada pola inaccesibilidade a edificios e espazos dopatrimonio de Santiago xustifica a necesidade de poñer enmarcha programas divulgativos que narren as diferentes historiasque unen a Catedral de Santiago con outros espazos ligados átradición xacobea como o Pico Sacro, Iria Flavia, Castriño deConxo, Castro Lupario etc.
Espazos
CAMIÑAR Xacobeo ÚnicoEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Experiencial
P54
Espiritual e relixioso
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Diálogo
DESCRICIÓN
Énfase na función do Camiño de Santiago como espazo dediálogo, encontro de culturas e de coñecemento. Na peregrinación,o feito de camiñar crea unha relación harmoniosa coa contorna, conoutros camiñantes e coa propia persoa, o cal invita á reflexión.Preténdese incentivar o deseño de accións asociadas aopensamento co fin de avaliar as ideas e as motivacións daperegrinación contemporánea, de tal maneira que se reafirmen osvalores sociais do Camiño de Santiago e se xere un debate arredordos retos futuros da sociedade actual. Neste espazo teñen cabidaconferencias, seminarios, encontros, congresos ou outras acciónsque faciliten a concienciación da sociedade sobre a importancia dopensamento e as ideas no marco do Xacobeo 2021.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
O Xacobeo supón unha oportunidade de intercambio e diálogodesde os puntos de vista social e relixioso. Esta afirmaciónreferéndaa o 45,37% dos especialistas consultados durante oproceso de diagnose, que sitúan ao diálogo intercultural como undos obxectivos estratéxicos que hai que marcar para o 2021. Namesma mostra, o 30,56% asocia o Xacobeo cun momento parapensar e refexionar, mentres que o 9,26% indica que é tempo defalar e dialogar. O Xacobeo é unha fiestra que se abre para reafirmaros valores sociais do Camiño de Santiago e analizar os retos que sepresentan na vindeira década, nos que a sustentabilidade e a loitacontra a desafección cultural son dous exemplos.
Espazos
CAMIÑAR Xacobeo ReflexiónEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Espiritual e relixioso
P55
Multicultural
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Coñecemento
DESCRICIÓN
Aproximación ao Camiño de Santiago afondando no coñecemento
sobre a súa historia e o seu patrimonio. As actividades incluídas
neste espazo (conferencias, foros, pedagóxicas, encontros culturais
etc.) amosarán unha perspectiva do Camiño máis integradora, que
abranga todas as súas singularidades culturais e científicas.
Analizaranse aspectos descoñecidos polos camiñantes e as
comunidades locais e identificaranse os valores materiais e
inmateriais que lle outorgan unha dimensión e un valor excepcional.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
O Camiño de Santiago conta con moitos elementos ata agoraagochados, pero cun incalculable valor patrimonial, tanto desde unpunto de vista natural como cultural. É necesario proxectar visiónsdo Camiño de Santiago desde moitos ángulos diferentes e paraconseguilo é preciso que flúa e conflúa o coñecementoprocedente de moitas fontes distintas, fuxindo de estereotipos eprexuízos, co obxectivo de concienciar á comunidade sobre aimportancia do coidado deste. É de especial relevancia o rol que tenque desempeñar a universidade como ente divulgativo e deintercambio con outros centros de coñecemento de todo o mundo.
Espazos
CAMIÑAR Xacobeo ReflexiónEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Creativo, innovador e contemporáneo
P56
Perdurable
Experiencial
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Memoria
DESCRICIÓN
Definición dunha estratexia enfocada á recuperación, catalogacióne posta en valor da memoria vencellada ao Camiño de Santiago ea Xacobeos anteriores, e implementación de mecanismos paraque todo o coñecemento xerado arredor do Xacobeo 2021 pase aformar parte dese grande arquivo. Ademais de recuperardocumentos e relatos do Camiño de Santiago de diferentesmomentos da historia, traballarase na dixitalización do arquivorelacionado cos Xacobeos celebrados desde 1993, co obxectivo devisibilizar esta información utilizando narrativas audiovisuaiscontemporáneas.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Durante o proceso de diagnose participativa foron varias as voces que
indicaron que existe un baleiro no relativo ao rexistro de actividades
de Xacobeos anteriores, o que supón un desaproveitamento de gran
cantidade de coñecemento xerado para crear un arquivo histórico.
Isto convértese nun freo á hora de xerar (e remesturar) novos contidos
de narrativa dixital. A creación dun grande arquivo vencellado ao
Xacobeo é unha oportunidade que se debe aproveitar, posto que
axudará na súa divulgación internacional e do seu patrimonio cultural.
Espazos
CAMIÑAR Xacobeo ReflexiónEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Sustentable
Perdurable
P57
Espiritual e relixioso
Multicultural
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Edición
DESCRICIÓN
Difusión da produción literaria relacionada co Camiño deSantiago e co Xacobeo. Presentaranse e daráselles visibilidade acreacións en diferentes idiomas, con atención especial ao galego eás linguas dos países polos que transcorre a peregrinación. Épreciso acompañar esta difusión con actividades complementarias,como conferencias, encontros, representacións teatrais etc. EnSantiago de Compostela e na súa área de influencia, escenario deboa parte dos relatos históricos sobre as lendas do sepulcro,levaranse a caboprogramas de divulgación.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Existe unha interesante bibliografía literaria inspirada nos relatos do
Camiño de Santiago. Ademais, os Xacobeos anteriores deixaron un
legado en forma de publicacións que debe ser divulgado. Respecto
á creación literaria vencellada ao Camiño, conta con bastante
repercusión internacional, pero hai moito descoñecemento en
Galicia, polo que é preciso facer un esforzo en poñer en valor ante
galegas e galegos o papel que desempeñou historicamente o
Camiño de Santiago na literatura internacional, coa presentación e a
promoción desta obra literaria que cada ano se edita nos diferentes
países e idiomas.
Espazos
CAMIÑAR Xacobeo ReflexiónEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Creativo, innovador e contemporáneo
Perdurable
P58
Multicultural
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Espiritual e Relixioso
DESCRICIÓN
Posta en valor da espiritualidade e a relixiosidade da
peregrinación, incentivando a presenza na programación do
Xacobeo de proxectos que se impliquen cos valores do Camiño e
promovendo a participación da poboación galega. Preténdese xerar
un espazo de reflexión no cal se analicen a realidade espiritual e a
carga simbólica do Camiño e do Xacobeo. A estratexia debe incidir
na afectividade da comunidade local para facer óptima a
experiencia dos camiñantes, sobre todo nos núcleos onde a súa
presenza pasa máis desapercibida. Débese poñer o foco
especialmente en Santiago de Compostela, por ser a meta do
traxecto e o lugar no cal ten postas unhas elevadas expectativas a
persoa que peregrina.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Catro de cada dez persoas consultadas no proceso de enquisas a
peregrinas e peregrinos indicaron que facían o Camiño cunha
motivación espiritual, concretamente o 40,20%. Pero segundo se
extrae do proceso de diagnose, unha das principais ameazas que
afronta o Camiño de Santiago é precisamente a perda dos seus
valores espirituais por outro tipo de significados máis
superficiais. É imprescindible analizar esta realidade coa
participación de todas as partes implicadas (peregrinas/os, Igrexa,
asociacións internacionais do Camiño, outros territorios dos
diferentes itinerarios etc.), coa finalidade de protexer a esencia do
Camiño e que o Xacobeo non sexa un elemento acelerador deste
proceso de perda de valores.
Espazos
CAMIÑAR Xacobeo ReflexiónEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Hospitalario
Perdurable
P59
Experiencial
Espiritual e relixioso
Multicultural
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo ltinerarios Xacobeos
DESCRICIÓN
Selección de elementos propios da oferta espiritual, relixiosa,patrimonial e cultural de Santiago de Compostela para a súavisibilización diante das persoas que chegan a Santiago completandoa súa peregrinación, ampliando o radio de acción máis aló dacatedral e da súa contorna. Os peregrinos e as peregrinas precisanespazos comúns onde compartir vivencias con outras persoasque veñen de rematar a mesma viaxe, e tamén necesitan conectarcoa poboación de Santiago para mergullarse na cultura local. Épreciso fomentar os diferentes espazos sociais e zonas verdes dacidade, creando relatos arredor deles. Así mesmo, potenciaransediferentes lugares tradicionais de todo o territorio galego coobxectivo de artellar itinerarios de interese para as persoas quevisitan Galicia.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
O 18,36% dos peregrinos e peregrinas enquisados afirmaron terintención de continuar polo menos unha noite máis en Santiago deCompostela, mentres que o 9,68% amosaron interese por visitaroutros puntos de Galicia nos días posteriores á súa chegada. Sonporcentaxes modestas, que indican que é preciso trasladar aosvisitantes a rica oferta histórica e cultural tanto de Santiagocoma de Galicia, creando espazos comúns para a cidadanía galegae os camiñantes. A morfoloxía radial do Camiño de Santiago facilitao contacto das peregrinas e dos peregrinos con comarcas moidiferentes de Galicia que contan con historias e relatos interesantesque poden servir de base para a creación de itinerarios.
Espazos
CAMIÑANTE Xacobeo VivenciasEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Hospitalario
Sustentable
P60
Perdurable
Experiencial
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Patrimonio
DESCRICIÓN
Implementación de accións enfocadas a poñer en valor o
patrimonio material e inmaterial espallado por toda Galicia, con
especial atención ao Camiño de Santiago e á súa contorna máis
próxima, alí por onde pasa. Preténdese aproveitar elementos
patrimoniais físicos de diversa índole como escenarios senlleiros
nos cales programar accións culturais e didácticas que permitan,
por un lado concienciar aos galegos e ás galegas do enorme
potencial e calidade dos nosos bens de interese cultural, e por outra
parte establecer unha conexión con aquelas persoas que chegan a
Galicia e que amosan interese en coñecer o seu patrimonio, historia e
tradicións. Facilitará a promoción e divulgación non só de elementos
arquitectónicos representativos, senón tamén doutras figuras
menos coñecidas no exterior e que forman parte da singularidade
galega, como é o caso do patrimonio etnográfico.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Catro de cada dez peregrinas e peregrinos consultados destacan o
patrimonio como un dos atributos que os sorprenderon
positivamente durante a súa peregrinación. É preciso amosar ás
persoas que visitan Galicia o noso patrimonio, pero non só aquel
tanxible fisicamente, senón tamén o legado inmaterial e de grande
interese, porque isto será o que lle permita ao visitante afondar no
coñecemento da nosa cultura e tradicións. É necesario apostar pola
recuperación do patrimonio vencellado ao Camiño de Santiago,
pero tamén doutras áreas xeográficas de Galicia, aplicando unha
estratexia descentralizadora.
Espazos
CAMIÑANTE Xacobeo VivenciasEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Perdurable
P61
Experiencial
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Narrativas
O 13,89% da mostra de peregrinos e peregrinas estudadaseleccionou entre os obxectivos estratéxicos que se deben fixar para
o Xacobeo 2021 a necesidade de recompilar e dar voz ás historiase experiencias acumuladas ao longo do Camiño. O Camiño foidurante séculos testemuña das vivencias das persoas que opercorrían, vivencias que artellan relatos que aínda perduran. OXacobeo é por tanto un momento de celebración, singular e único,que debe servir como escaparate para estes relatos dándollescabida na súa programación, e utilizándoos para dar forma á propianarrativa e á mensaxe que quere transmitir o Xacobeo 2021.
DESCRICIÓN
Recuperación e transmisión de historias relacionadas co Camiño
de Santiago, así como incorporación de novos relatos sobre esta vía
de peregrinación ou sobre lendas propias de Galicia, como
estratexia de visibilización da tradición oral. Os testemuños de
peregrinos e peregrinas ao longo da Historia foron unha das
principais vías de expresión cultural durante séculos, permitindo
transmitir de xeración en xeración un legado inmaterial sen o cal
sería imposible a vertebración dun itinerario cultural como o Camiño
que se coñece a día de hoxe. Ademais da información rexistrada en
códices e outros manuscritos, hai que dar a coñecer aquelas
historias que forman parte do acervo popular.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Espazos
CAMIÑANTE Xacobeo VivenciasEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Creativo, innovador e contemporáneo
Perdurable
P62
Experiencial
Multicultural
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Tradicións
DESCRICIÓN
Visibilización da tradición vencellada ás manifestacións culturais
galegas como elemento que facilita o presente e futuro. O Xacobeo
2021 supón unha oportunidade para establecer nexos entre as
comunidades locais e os visitantes e para conseguilo é preciso
deseñar accións que favorezan este vínculo dándolles a coñecer a
nosa etnografía e legado inmaterial ás persoas que chegan a
Galicia. Utilizarase a música como elemento vehicular para implicar
á poboación local e para visibilizar, cun discurso contemporáneo, a
Galicia máis tradicional.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Poucos elementos configuran mellor o espazo público en Galicia
que a festa popular. E nesta, a música estivo sempre nun lugar
predominante, con bandas de música de todos os recunchos
galegos desempeñando un papel protagonista na conservación da
tradición, pero tamén cada vez máis con artistas que interpretan
música doutro tempo cun discurso contemporáneo. A perda de
identidade cultural aparece entre os principais riscos elixidos polas
persoas especialistas que formaron parte do proceso participativo
de diagnose, concretamente no terceiro lugar. Para poñer en valor
este patrimonio inmaterial é necesario implicar á poboación local,
que foi precisamente unha prioridade apuntada polo 62,04% deses
expertos e expertas.
Espazos
CAMIÑANTE Xacobeo VivenciasEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Experiencial
P63
Espiritual e relixioso
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Verde
DESCRICIÓN
Establecemento de políticas de sustentabilidade enfocadas aocoidado medioambiental do Camiño de Santiago, mediante aimplementación de medidas que permitan mellorar e embelecer a súacontorna. Débese concienciar a peregrinos, peregrinas e sociedadelocal sobre a importancia deste fin. A paisaxe ten unha importanciacapital para facer sobresaínte a experiencia global dos camiñantes,polo que é preciso afrontar os principais retos ambientais da vindeiradécada nun contexto de crecementos interanuais do número depersoas que circulan polo Camiño, coa conseguinte presión sobre oespazo natural. Traballarase na liña de destacar aos peregrinos e ásperegrinas como visitantes respectuosos co medio.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Sustentabilidade e paisaxe son dous termos recorrentes durantetodo o proceso participativo de diagnose. En canto ás directrices quese deben seguir, as persoas que formaron parte desta fase sinalarona sustentabilidade como a máxima prioridade entre os principiosde xestión, alertando tamén dos riscos que implicaría unhasaturación ou perda de valor ambiental da contorna do Camiño. Norelativo ao proceso de escoita realizado coas peregrinas e cosperegrinos, a paisaxe foi o atributo que sorprendeu máispositivamente ao 65,51% das persoas consultadas, o cal a convirteno elemento preferido da mostra. Por contra, á hora de destacaraspectos negativos, o 47,15% puxeron o foco no elevado número depersoas en determinados puntos do Camiño, o cal ten un maiorimpacto no territorio.
Espazos
CAMIÑANTE Xacobeo VivenciasEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Sustentable
P64
Perdurable
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Turismo
DESCRICIÓN
Aliñamento coa Estratexia do Turismo de Galicia 2020 nadefinición de actuacións que aproveiten os atributos clave deGalicia para a creación dunha oferta multiexperiencial relacionadacoa paisaxe, a gastronomía, a cultura e o patrimonio inmaterial, eque teña o Camiño de Santiago como eixe tractor. Preséntase comounha necesidade a aposta pola calidade no servizo, de cara afidelizar a todas as persoas que chegan a Galicia, tanto aquelas quenos visitan cunha motivación exclusivamente turística como as querematan a súa peregrinación. A sustentabilidade debe impregnartodas as iniciativas, especialmente en Santiago de Compostela enas súas inmediacións, co obxectivo de atraer a visitantesrespectuosos que convivan en harmonía coa poboación local.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
A promoción de Galicia como destino turístico e cultural debe ser unobxectivo estratéxico do Xacobeo 2021, en opinión do 65,74% dosprofesionais que cumprimentaron a enquisa durante o proceso dediagnose. Trátase, de feito, do obxectivo máis prioritario para amostra. Durante a fase participativa fíxose fincapé na necesidadede optar por un turismo de calidade, respectuoso coa contorna eque non desnaturalice nin perturbe a vida cotiá da poboación local.O Xacobeo debe servir como imán para persoas cun perfilproactivo, cun nivel adquisitivo elevado, con inquedanzas culturaise que se sintan atraídas pola singularidade e idiosincrasia de Galicia.No caso de Santiago de Compostela, a promoción como cidade dereferencia no eido cultural e a creación de experiencias debencontribuír a aumentar os días de estadía dos visitantes.
Espazos
CAMIÑANTE Xacobeo InnovaciónEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Hospitalario
Sustentable
P65
Experiencial
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Enogastronomía
DESCRICIÓN
Visibilización da enogastronomía galega como piar da identidade
cultural de Galicia, en liña con Galicia Sabe, Estratexia de Turismo
Enogastronómico de Galicia, e vencellándoa co resto de atributos
que a diferencian e xa definidos na Estratexia de Turismo de Galicia
2020: o patrimonio, a historia e a cultura galega; a paisaxe e recursos
naturais; e, especialmente, co Camiño de Santiago como facilitador
de repercusión internacional. A calidade da materia prima e o talento
existente entre os cociñeiros e as cociñeiras de Galicia aportan un
valor engadido á hora de artellar experiencias. Débese aproveitar o
potencial da enogastronomía como ferramenta descentralizadora e
desestacionalizadora.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
A gastronomía ocupa o segundo lugar no ranking de atributos que
sorprenderon máis positivamente aos peregrinos e peregrinas ao seu
paso polo Camiño, concretamente o 51,12% da mostra, mentres
que apenas o 1,74% indicou que a sensación fose negativa. Esta
circunstancia é unha mostra do potencial do produto
gastronómico galego, o cal se debe aproveitar para ofrecer ás
persoas que fan o Camiño experiencias autóctonas, que lles
permitan conectar coa contorna. É preciso que a hostalería estea
concienciada da importancia de ofrecer produto de calidade e de
non renunciar á gastronomía tradicional do Camiño.
Espazos
CAMIÑANTE Xacobeo InnovaciónEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Hospitalario
Sustentable
P66
Experiencial
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Deporte
DESCRICIÓN
Creación de vínculos con entidades e profesionais do mundo dodeporte para visibilizar o Xacobeo e aumentar a súa capacidadede proxección nacional e internacional. Para conseguilo é precisofavorecer a organización de campionatos de deporte base, impulsareventos deportivos de renome, así como apoiar a galegas e galegosque son referencia de alto nivel nas súas disciplinas deportivas, coafinalidade de poñer en valor a Galicia e de promocionar o Xacobeo2021.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Entre os peregrinos e peregrinas enquisados ao chegar a Santiagode Compostela, o 12,41% manifestaron que fixeron o Camiño porcuestións de saúde ou cunha motivación deportiva. Esta porcentaxeelévase ata o 19,81% cando se cingue a análise ás persoas cuxa idadeoscila entre os 31 e os 45 anos. Se se pon o foco na orixe, o22,68% dos camiñantes procedentes do resto de comunidadesautónomas apuntan a esta motivación para facer o Camiño, sendo aporcentaxe aínda maior no caso dos peregrinos e peregrinasgalegos. Esta é unha mostra das conexións existentes entre oCamiño e o deporte. As persoas que fan deporte e as queperegrinan comparten sentimentos e valores, como por exemploesforzo, compromiso, compañeirismo ou afán de superación.
Espazos
CAMIÑANTE Xacobeo InnovaciónEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Sustentable
P67
Singular
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Tecnoloxía
DESCRICIÓN
Aproveitamento das posibilidades que ofrecen as novas
tecnoloxías para implementar diferentes solucións no Camiño de
Santiago e no marco da celebración do Xacobeo, de tal maneira
que supoñan melloras en cuestións como: accesibilidade no
Camiño e na programación cultural, seguridade, monitorización do
trazado da ruta de peregrinación, coñecemento dos peregrinos e
peregrinas, ou nas ferramentas de visibilización e proxección do
fenómeno Xacobeo. A tecnoloxía, lonxe de chocar coa esencia máis
profunda do Camiño, permite acceder a ferramentas útiles en
termos de sustentabilidade e integración.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
As persoas que aportaron o seu coñecemento durante a faseparticipativa incidiron, nunha porcentaxe do 38,89%, na necesidadede apostar pola innovación no relativo á creación de contidos quepoñan en valor e difundan o Camiño de Santiago. Pola súa parte, asnovas tecnoloxías tamén achegan o fenómeno Xacobeo á xente queperegrina: o 18,22% dos peregrinos e peregrinas consultadosafirmaron coñecer o Xacobeo por medio de ferramentas dixitais,porcentaxe que se eleva ata o 43,33% na franxa de idadecomprendida entre os 18 e os 30 anos. Os grupos de interesevencellados ao Camiño deben ser coñecedores das oportunidadesque as TIC ofrecen para mellorar esta ruta de peregrinación.
Espazos
CAMIÑANTE Xacobeo InnovaciónEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Sustentable
Creativo, innovador e contemporáneo
P68
Experiencial
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Movemento
Historicamente, as camiñadas foron fonte de inspiración de poetas,artistas, filósofos, científicos ou investigadores. Durante o procesoparticipativo, tanto en mesas de traballo como en entrevistas, oconcepto da itinerancia foi tratado cunha compoñentedescentralizadora, baseada na programación de accións culturaissinxelas que percorrerían todo o territorio, facilitando a peregrinas eperegrinos o acceso a contido cultural ao mesmo tempo que fan oCamiño. No relativo á descentralización, o 50% dos expertos eexpertas consultados situárono como un dos aspectos a mellorar naxestión do Xacobeo.
DESCRICIÓN
Dinamización do Camiño de Santiago con accións baseadas na
esencia de camiñar, explorándoo e apropiándose do espazo
aplicando estratexias de participación. Trátase dunha práctica en
movemento deseñada de maneira colaborativa, consistente en
conferencias, recreacións históricas ou traballos de investigación
que se desenvolven mentres se camiña. A metodoloxía comeza coa
celebración de obradoiros preparativos onde se planifican os
contidos e itinerarios coa propia comunidade participante. Unha vez
pechada a programación e consumada a actividade, compártese a
experiencia a través de ferramentas dixitais con todas aquelas
persoas que non puideron sumarse á iniciativa.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Espazos
CAMIÑANTE Xacobeo InnovaciónEIXE PROGRAMA
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Sustentable
P69
Creativo, innovador e contemporáneo
Experiencial
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Intercambio
CAMIÑO Xacobeo CidadaníaEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Aproveitamento do Camiño de Santiago como vehículo para
establecer un fluxo bidireccional que permita, por unha banda
exportar o talento e a riqueza cultural de Galicia e por outra parte
atraer persoas e coñecemento doutros países, principalmente
europeos. Crearanse espazos de intervención e interacción,
preferentemente no Camiño e na súa contorna, onde a comunidade
local e persoas do eido cultural galego interactúen con artistas do
estranxeiro. Potenciaranse especialmente proxectos de creación e
formación dirixidos ao novo talento galego, fomentando a súa
mobilidade internacional co obxectivo de crear redes de
colaboración de carácter europeo.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
O Camiño de Santiago, como primeiro ltinerario Cultural Europeo, éunha ferramenta que permite a Galicia aportar na construción dunhacultura europea e universal, e o Xacobeo supón unha oportunidadeinmellorable de diálogo intercultural con outros territorios. Épreciso dar continuidade ás políticas de promoción das industriasculturais e creativas no exterior, apoiándose en proxectos xaconsolidados e impulsando novas iniciativas.
Espazos
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Sustentable
Creativo, innovador e contemporáneo
P70
Experiencial
Multicultural
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Europa
CAMIÑO Xacobeo CidadaníaEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Fortalecemento dos vencellos con Europa mediante estratexias
de proxección internacional de Galicia que se apoien na forza do
Camiño como primeiro Itinerario Cultural Europeo. A ligazón con
Europa debe ser o elemento central da proxección exterior e hai que
aproveitar todas as ferramentas posibles para destacar a
importancia do Camiño de Santiago na vertebración histórica do
Vello Continente, así como a gran riqueza cultural que chegou
tradicionalmente por esta ruta ao territorio galego. A implicación do
tecido cultural e social permitirá artellar vías de colaboración
internacional de cara á vindeira década.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
O 46,89% dos peregrinos e peregrinas que formaron parte do proceso
de enquisas proceden doutras partes de Europa, concretamente de
17 países diferentes. Esta é unha clara mostra do que supón a
peregrinación en canto a intercambio co Vello Continente, eo Xacobeo
2021 pode servir como plataforma de sensibilización e valorización
da identidade cultural europea, vertebrada por un Camiño que é
de ida e de volta. O desenvolvemento pleno das oportunidades que
presenta require dunha visión europea, e a propia Unión Europea
necesita de símbolos como o propio Camiño que reforcen a súa
identidade.
Espazos
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Sustentable
P71
Perdurable
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Proxección
CAMIÑO Xacobeo CidadaníaEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Desenvolvemento de estratexias que aproveiten o potencialmediático do Xacobeo e a consolidación do Camiño de Santiagocomo marca para afondar nos procesos de internacionalizaciónde Galicia. Apostarase por accións de difusión, non só en claveeuropea e en países tradicionalmente vencellados á peregrinación aSantiago, senón que se ampliarán as miras máis aló, na procura deconectar con persoas de diferentes culturas dos cinco continentes. Amulticulturalidade do Camiño, a repercusión da programación doXacobeo, as redes culturais ou o papel dos propios galegos egalegas como embaixadores no exterior son algunhas dasferramentas a utilizar.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
O Xacobeo supón unha fiestra cara a internacionalización de Galicia.Trátase dunha oportunidade en termos de proxección internacionalpara a cidadanía e a cultura galega. O Camiño de Santiago tenrepercusión mundial pero o Xacobeo aínda non acada elevadosgraos de coñecemento fóra das nosas fronteiras. Incluso entreas propias persoas que peregrinan, o 53,17% dos estranxeiros eestranxeiras consultados afirmaron descoñecer o seu significado.
Espazos
P72
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Sustentable
Perdurable
Singular
Multicultural
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Amizade
CAMIÑO Xacobeo CidadaníaEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Recoñecemento, visibilización e posta en valor das asociacións
de amigos do Camiño e doutras entidades que conforman un
tecido asociativo que desde hai décadas desempeñou un labor de
coidado, estudo e sinalización dos itinerarios xacobeos, así como de
creación e administración de albergues. É preciso resaltar
especialmente o seu papel como embaixadoras do Camiño noutras
comunidades autónomas e, sobre todo, no estranxeiro. As
asociacións de amigos do Camiño desempeñan unha función
desestacionalizadora, traballando ao longo de todo ano en favor do
Camiño, e descentralizadora, conservando as diferentes rutas de
peregrinación.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Á hora de dar unha resposta acerca de como coñeceron o Xacobeo,
a maioría de peregrinas e peregrinos consultados indicaron que foi
mediante asociacións e entidades relixiosas e culturais, cun
23,89%. Pola súa parte, no outro proceso de enquisas, levado a
cabo con especialistas de diversos eidos, situouse como máxima
prioridade o apoio en estruturas existentes como as asociacións
para potenciar e crear comunidade. É preciso recoñecer a
importancia do tecido asociativo do Camiño e contar con el para
mellorar a acollida, definir as necesidades dos peregrinos e
peregrinas ou coidar a contorna do Camiño e os albergues.
Espazos
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Hospitalario
Sustentable
P73
Perdurable
Experiencial
Espiritual e relixioso
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Gobernanza
CAMIÑO Xacobeo CidadaníaEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Creación dun espazo de cooperación mediante a coordinacióninteradministrativa de programas e accións relativos ao coidado emantemento do Camiño e da súa contorna, melloras na seguridadee accesibilidade, investimentos en infraestruturas, así como encalquera cuestión que permita optimizar a experiencia de peregrinose peregrinas. A promoción e difusión do Camiño de Santiago e dofenómeno xacobeo tamén ten que ser obxecto de consenso ecoordinación, para levar a cabo un Xacobeo 2021 transversal.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Durante as mesas de traballo e entrevistas realizadas como parte do
proceso participativo do presente Plan indicouse que é necesario
coordinar os distintos niveis da administración pública galega,
así como incrementar a relación e cooperación entre as distintas
comunidades autónomas que son punto de paso do Camiño. No
relativo a Galicia, para acadar un escenario efectivo de
descentralización é preciso que se poñan de acordo todas as partes
implicadas.
Espazos
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Hospitalario
P74
Sustentable
Perdurable
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo O teu Xacobeo
CAMIÑO Xacobeo ComunidadeEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Mantemento, impulso e visibilización de O teu Xacobeo comoferramenta de apoio a proxectos orixinais de dinamización quecontemplen a participación de todos os axentes da sociedade e aposta en marcha de proxectos con repercusión e percorrido máisaló de 2021, con afán descentralizador e que favorezan adesestacionalización da programación. O obxectivo principal seguirácentrado en acadar unha programación sociocultural que anticipe acelebración do Xacobeo 2021, para a promoción e potenciación deGalicia, así como o reforzo da dimensión internacional do Camiño deSantiago e da propia comunidade autónoma.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
O teu Xacobeo permítelle aos órganos responsables da xestión doXacobeo programar da man do sector cultural. A alta diversidade deactores implicados require da unión do sector cultural na procura deliñas de traballo comúns antes, durante e despois do Xacobeo, asícomo da súa implicación coa adopción dun rol activo e co impulsodun diálogo interdisciplinar. Neste senso, participantes das mesasde traballo destacaron que iniciativas como O teu Xacobeo facilitan acreación dun contexto de transversalidade. Ademais, o 22,22%das persoas especialistas consultadas sinalaron que é precisomanter no tempo estas convocatorias con miras a 2027.
Espazos
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Sustentable
P75
Creativo, innovador e contemporáneo
Perdurable
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Dinamización
CAMIÑO Xacobeo ComunidadeEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Desenvolvemento de programas de dinamización cultural que facilitena descentralización e desestacionalización da ofertaprogramática do Xacobeo 2021. Esta liña de acción debesustentarse nos propios axentes do eido local, como deseñadores eexecutores de accións ao longo de todo o territorio. En todo caso,para aquelas iniciativas de maior calado ou complexidade, débeseasumir a responsabilidade do seu impulso co obxectivo de facerchegar novos contidos culturais a todos os galegos e galegas.Preténdese implicar á sociedade, converténdoa en suxeito activo daprogramación, construíndo un modelo inclusivo onde todo oterritorio se sinta partícipe.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
En 2021 debe optarse por un Xacobeo descentralizador desde unpunto de vista territorial, pero non só desde a vertente organizativa,senón convertendo en suxeitos activos a todos os membros dacidadanía galega, de tal maneira que sintan o Xacobeo como algopropio. A metade das persoas que responderon a enquisa realizadadurante o proceso de escoita a persoas expertas puxeron o foco nanecesidade de descentralizar e desestacionalizar a programacióncultural do Xacobeo.
Espazos
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Hospitalario
Sustentable
P76
Experiencial
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Mocidade
CAMIÑO Xacobeo ComunidadeEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Posta en marcha dunha serie de medidas dirixidas á infancia e á
mocidade de Galicia, outorgándolle un papel protagonista ao
sistema educativo galego como canalizador da cultura do Camiño.
É de vital importancia xerar experiencias que acheguen o Camiño
de Santiago ao público infantil e mozo, aproveitando así mesmo o
Xacobeo para destacar esta liña de acción e para achegar a
programación cultural aos máis pequenos. A pervivencia dos valores
xacobeos na próxima década debe sustentarse no compromiso das
xeracións futuras co Camiño de Santiago.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
Existe un claro descoñecemento entre a xente máis nova doconcepto Xacobeo e do que implica, o cal se ve acentuado polofeito de que se trata do primeiro Xacobeo da era moderna a celebrartras un período de 11 anos (no caso dos peregrinos, o 55,07% dosmenores de 30 anos enquisados non coñece o Xacobeo). Para crearcomunidade no longo prazo é vital dar cabida aos nenos e nenas deGalicia e non se debe esquecer que neste segmento da poboaciónatópase a sociedade galega das vindeiras décadas.
Espazos
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Sustentable
P77
Experiencial
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Hospitalario
CAMIÑO Xacobeo ComunidadeEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Establecemento de programas de formación e divulgación sobreo voluntariado, na procura de concienciar á sociedade,especialmente en ámbitos como a mocidade ou as persoas maioresde 55 anos, sobre o retorno cultural e social que proporcionan aspersoas que peregrinan. É preciso fomentar a hospitalidade xacobeano Camiño, potenciando a figura dos hospitaleiros ou a organizaciónde eventos comunitarios. Hai que implementar novas estratexias devoluntariado, potenciando a educación non formal, asociadas aodesenvolvemento sustentable e a un maior coñecemento deperegrinos e peregrinas.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
A hospitalidade é moi valorada entre os peregrinos e peregrinas
que cada día percorren o Camiño de Santiago. Aspectos tan
importantes como o recibimento no idioma propio ou compartir
sentimentos con outras persoas son pequenos xestos que axudan a
completar unha experiencia positiva, ou negativa, da travesía.
Débese facer fincapé en Santiago de Compostela, como punto de
destino do Camiño. Segundo as enquisas realizadas a peregrinos e
peregrinas, na capital galega, aínda contando cunha valoración de
8,71 puntos, esta é inferior aos 9,58 puntos que os camiñantes
outorgan á súa experiencia global no Camiño.
Espazos
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Hospitalario
Experiencial
P78
Espiritual e relixioso
Integrador
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Economía
CAMIÑO Xacobeo ComunidadeEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Desenvolvemento de actuacións que axuden a contar cun tecido
económico máis innovador, dinámico, aberto e con mellor
acceso ao financiamento. O Xacobeo supón un contexto favorable
para a captación de investimentos para Galicia. Por outra banda, o
fenómeno do Camiño é un exemplo perfecto de dinamización
económica en zonas rurais, de como crear novas oportunidades
para a xeración de rendas e emprego, e de impulso demográfico.
Adicionalmente é necesaria unha intensificación dos servizos ao
longo do Camiño para poder atender aos peregrinos, especialmente
os vinculados con actividades comerciais, que requirirán novas
empresas ou novos servizos.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
A celebración do Ano Santo sempre foi un acicate para o pulo daactividade económica de Galicia. O Xacobeo configúrase como unescaparate para Galicia e, por suposto, do seu sistemaeconómico: un punto de entrada a Europa, con boas infraestruturase conexións e un lugar onde prima a calidade de vida, con equiposhumanos formados e innovadores. O Camiño tamén é un vehículoexcepcional para a posta en valor de Galicia no exterior e para fixarpoboación no rural, mediante a xeración de novas actividades desoporte aos peregrinos.
Espazos
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
P79
Cohesivo
Sustentable
Creativo, innovador e contemporáneo
Perdurable
LIÑA DE ACCIÓN/ Espazo Peregrinas
CAMIÑO Xacobeo ComunidadeEIXE PROGRAMA
DESCRICIÓN
Posta en valor e divulgación do papel da muller e visibilización da
súa relación co Camiño de Santiago. Procurarase a introdución
efectiva de medidas a favor da igualdade de xénero e do
recoñecemento polo seu traballo histórico na contorna sociocultural
galega, como depositaria e transmisora do patrimonio inmaterial de
xeración en xeración. Velarase polo equilibrio na programación
cultural e incentivarase a presenza de proxectos construídos con
perspectiva de xénero.
VÍNCULO COA DIAGNOSE
O 52,85% das persoas que formaron parte do proceso de enquisas
feitas a peregrinos e peregrinas foron mulleres, o cal referenda os
datos oficiais da Oficina de Acollida ao Peregrino, que amosan tamén
un porcentaxe maior do sexo feminino. No relativo á motivación, no
caso das mulleres esta foi espiritual nun 42,72%, máis de cinco
puntos porcentuais por enriba dos homes. Esta predominancia do
valor espiritual é unha mostra do vencello das mulleres co
Camiño e coa súa esencia.
Espazos
P80
VALORES ESTRATÉXICOS RELACIONADOS
Cohesivo
Hospitalario
Sustentable
Perdurable
Integrador
Eixes transversais
Plan de mantemento dos Camiños
Plan de embelecemento do Camiño e o seu contorno
Plan de reforma e ampliación da rede de albergues
Plan de Sinalética do Camiño de Santiago
Plan de Seguridade Vial no Camiño
Plan de Mellora do Monte do Gozo
Edificio Domingo Fontán Cidade da Cultura
Plan de investimentos en BIC no Camiño1
Conservación e restauración: Plan Director do
Conxunto Catedralicio de Santiago de Compostela
EIXE SOPORTE
Este eixe ten como obxectivo operativo que o Camiño sexa
máis sustentable e chegue en mellores condicións cara
o horizonte 2027.
EIXE ACOLLIDA
O espazo vencellado ao proceso de acollida na cidade de
Santiago de Compostela estará liderado polo Concello, como
Administración pública coas competencias específicas para
incidir na calidade deste na cidade, en colaboración e co
apoio da Xunta de Galicia, de maneira que o presente plan
supón un fío condutor que garante a coherencia
estratéxica na implementación das diferentes actuacións
previstas.
Mellora da mobilidade interna dentro da cidade.
Aproveitamento da nova estación intermodal.
Establecemento de convenios específicos co Servizo
Galego de Saúde.
Reforzo dos programas de limpeza viaria, así como
de recollida de lixo.
Implicación da sociedade civil a través de procesos
de voluntariado.
Mellora da seguridade
P81
1 Plan que xa foi presentado ao Goberno Central, cun investimento de 100 M€, en liña coas achegas do Estado a outros eventos similares
celebrados en España nos últimos anos.
Plan de rehabilitación dos BIC do Camiño
PLAN DE REHABILITACIÓN DOS BENS DE INTERESE CULTURAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO
Os Camiños de Santiago son unha manifestación singular do patrimonio de Galicia.
Por si mesmos constitúen o elemento máis grande e senlleiro dos nosos bens
culturais e caracterizan, soportan e contribúen a crear e identificar boa parte do noso
legado cultural. Os bens de interese cultural integrados neses Camiños permiten a
construción do seu significado patrimonial como itinerarios culturais relevantes,
favorecendo ao mesmo tempo a actividade turística. Neste sentido, o presente Plan
estratéxico dá cabida á incorporación das achegas da Administración Xeral do
Estado, nun ambicioso Plan de Rehabilitación destes Bens de Interese Cultural, que
permitiría a intervención nunha cifra superior aos 30 conxuntos.
P82
Coordinación coConsorcio de Santiago
COORDINACIÓN CO CONSORCIO DE SANTIAGO
No futuro, deberase incorporar a esta
planificación as accións previstas a
través do Consorcio de Santiago, o
órgano executor do Real Padroado da
Cidade de Santiago de Compostela,
cuxa convocatoria está pendente á
espera da constitución do novo Goberno
de España. Este órgano permitirá
consensuar liñas de accións entre as
tres administracións que o conforman: o
Goberno de España, a Xunta de
Galicia e o Concello de Santiago de
Compostela.
P83
Programa de avaliación de riscos e seguridade
Por un Xacobeo máis seguro cómpre prever unha serie de accións a realizar nos vindeiros anos e para
desenvolver a diferentes niveis, implicando os actores, as organizacións e as administracións que xa veñen
operando neste marco de xestión:
· Plan de activación dos medios de protección civil en apoio aos peregrinos e peregrinas e
coordinación en grandes peregrinacións/concentracións
· Plan de seguridade para peregrinos/as
· Plan de formación para Policía Local e Protección Civil sobre Camiño de Santiago e peregrinacións
· Manuais de seguridade na produción de eventos culturais
· Plan de coordinación sanitaria e un plan de reforzo da atención primaria.
· Formación e asesoramento para a elaboración de eventos
P84
ORZAMENTOPLAN ESTRATÉXICO DO XACOBEO 2021
7.
Orzamento
Nos anos 2017 e 2018 realizáronse
investimentos que superaron os 33 millóns de
euros, evidenciando o compromiso da Xunta
no impulso do Xacobeo.
O Plan conta cunha dotación orzamentaria
superior aos 247 millóns de euros ata o 2022.
P86
Orzamento
· A dotación orzamentaria reflicte o compromiso de todas asconsellerías na posta en marcha dun plan transversal.
· O marco temporal 2019-2022 no orzamento responde a uncriterio de perdurabilidade.
· O plan de investimentos terá unha dotación económicasuperior aos 105 millóns de euros. Este plan permite deixar oCamiño de Santiago nunha mellor situación, cun enfoque máissustentable.
P87
Comparativa 2021 vs 2010
No Xacobeo 2010 o orzamento global acadou a cifra de 65,53 millóns
artellado a través da Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo.
No ano 2021 realizase unha aportación de 77,79 millóns, o que supón
un incremento do 18,72%.
Adicionalmente a cifra conxunta do período de vixencia do Plan,
multiplicase por máis de 3 no orzamento do presente Plan cun
enfoque de perdurabilidade.
P88
O orzamento do ano 2020 ten unha contía superior á do 2021, adicando unha maior dotación dirixida ao
Plan de mellora das infraestruturas, co obxectivo de preparar a chegada do Xacobeo
8.IMPACTO ESPERADOPLAN ESTRATÉXICO DO XACOBEO 2021
Impacto económico
En termos de impacto na nosa economía o Xacobeo dará un pulo
adicional do 0,9% acumulado de PIB.
O impacto nos catro exercicios económicos, supera os 600 millóns de
euros.
P90
PIB *MM €
Incremento Xacobeo 21 MM €
2018 63.935,74 -2019 65.534,14 65,53 2020 66.910,35 133,82 2021 68.315,47 273,26 2022 69.613,46 139,23
IMPACTO TOTAL 611,84
* PIB real en base 2018. Incrementos da economía de 2,4% para 2019, 1,9% para 2020 e 1,7% para 2021 e 2022
Impacto no emprego
P91
O impacto no emprego será de máis de 11.500 empregos a tempo completo en 4 anos
Impacto nº peregrinos/ase turismo
P92
Prevese superar a cifra de medio millón de
peregrinas/os que percorrerán o Camiño no Ano
Santo, dos que a maioría, concretamente 285.408,
terán procedencia estranxeira.
Comparativa 2010 vs 2021
P93
Na seguinte táboa podemos ver, nalgúns indicadores,
a dimensión esperada do Xacobeo 2021, comparado
co Xacobeo 2010.
A cifra de viaxeiras/os que visitarán Galicia no 2021 será de 6,3 millóns
* Estimación realizada polo Servicio de Estudios del Grupo BBVA en marzo de 2011 corresponde ao ano 2010** Estimación sumando o impacto do Xacobeo no período 2019-2022
Indicador 20102021
(estimación)Unidade
Crecemento do PIB 0,3* 0,9 ** Crecemento do Produto Interior Bruto
Impacto no emprego nd 11.547 ** Empregos a tempo completo
Número de peregrinas/os 272.417 502.606 Persoas
PRIMEIROS FITOS DO XACOBEO 2021PLAN ESTRATÉXICO DO XACOBEO 2021
9.
Primeiros fitos do Xacobeo 2021
P95
Primeiros fitos do Xacobeo 2021
P96