1. economÍa e sociedade · 2020-05-07 · moderna ( copérnico, galileo, kepler, newton ….), a...

2
A IDADE MODERNA Desde finais do SXV en Europa estanse a dar unha serie de cambios que farán que xa non volva ser a mesma: a Terra faise “máis grande “ ( os europeos decubren novas terras ), as monarquías fanse máis forte e autoritarias, a Reforma protestante divide a cristiandade, a burguesía vai collendo forza coas súas actividades económicas (comercio e artesanía ), xurde unha novo xeito de ver a vida ( o Humanismo ) e a arte ( o Renacemento ), inícase a ciencia moderna ( Copérnico, Galileo, Kepler, Newton ….), a monarquía española chega a formar o imperio máis grande xamáis visto ( un imperio no que nunca se poñía o Sol )É o que se dá en chamar a Idade Moderna, que comenza en 1453 coa toma de Constantinopla polos turcos ou 1492 co descubremento de América e rematará en 1789 coa Revolución Francesa. 1. ECONOMÍA E SOCIEDADE: Despois da terrible crise do S XIV ( Lembra aquela oración: “Da fame, a guerra e a peste, líbranos Señor ), o S.XV supuxo unha recuperación e no S XVI a poboación creceu considerablemente. Esta poboación en crecemento, demandaba máis alimento e produtos dos artesáns. Polo tanto, afectou positivamente á economía. Ademáis, os novos descubrementos xeográficos aumentarán a actividade comercial. É unha época de prosperidade xeral. Exemplo dilo é a actividade das cidades italianas ( Xénova,Venecia ), da Hansa no Norte de Europa , ou Lisboa e Sevilla no Sur de Europa. Na sociedade segue a ser estamental, con privilexiados ( nobreza e clero ) e non privilexiados ( o pobo ). Pero a burguesía xorde coma un grupo social con máis e máis poder económico: grandes comerciantes e banqueiros que pouco a pouco se van facendo con máis riquezas En Galicia, o S XVI supón o mantemento da economía agraria tradicional, con frecuentes crises de subsistencias ( malas colleitas e fame, acompañadas de epidemias e peste ). A prosperidade económica vese reflexada no aumento demográfico e das actividades comerciais. Exemplo é o porto da cidade de Lisboa

Upload: others

Post on 30-Jul-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1. ECONOMÍA E SOCIEDADE · 2020-05-07 · moderna ( Copérnico, Galileo, Kepler, Newton ….), a monarquía española chega a formar o imperio máis grande xamáis visto ( un imperio

A IDADE MODERNA

Desde finais do SXV en Europa estanse a dar unha serie de cambios que farán que xa non volva ser a mesma:

a Terra faise “máis grande “ ( os europeos decubren novas terras ), as monarquías fanse máis forte e autoritarias, a Reforma protestante divide a cristiandade, a burguesía vai collendo forza coas súas actividades económicas (comercio e artesanía ), xurde unha novo xeito de ver a vida ( o Humanismo ) e a arte ( o Renacemento ), inícase a ciencia moderna ( Copérnico, Galileo, Kepler, Newton ….), a monarquía española chega a formar o imperio máis grande xamáis visto ( un imperio no que nunca se poñía o Sol )… É o que se dá en chamar a Idade Moderna, que comenza en 1453 coa toma de Constantinopla polos turcos – ou 1492 co descubremento de América – e rematará en 1789 coa Revolución Francesa.

1. ECONOMÍA E SOCIEDADE: Despois da terrible crise do S XIV ( Lembra aquela oración: “Da fame, a guerra e a peste, líbranos Señor ), o

S.XV supuxo unha recuperación e no S XVI a poboación creceu considerablemente. Esta poboación en crecemento, demandaba máis alimento e produtos dos artesáns. Polo tanto, afectou

positivamente á economía. Ademáis, os novos descubrementos xeográficos aumentarán a actividade comercial. É unha época de prosperidade xeral. Exemplo dilo é a actividade das cidades italianas ( Xénova,Venecia ), da Hansa no Norte de Europa , ou Lisboa e Sevilla no Sur de Europa.

Na sociedade segue a ser estamental, con privilexiados ( nobreza e clero ) e non privilexiados ( o pobo ). Pero a burguesía xorde coma un grupo social con máis e máis poder económico: grandes comerciantes e banqueiros que pouco a pouco se van facendo con máis riquezas

En Galicia, o S XVI supón o mantemento da economía agraria tradicional, con frecuentes crises de subsistencias ( malas colleitas e fame, acompañadas de epidemias e peste ).

A prosperidade económica vese reflexada no aumento demográfico e das actividades comerciais. Exemplo é o porto da cidade de Lisboa

Page 2: 1. ECONOMÍA E SOCIEDADE · 2020-05-07 · moderna ( Copérnico, Galileo, Kepler, Newton ….), a monarquía española chega a formar o imperio máis grande xamáis visto ( un imperio

2. FORMACIÓN DO ESTADO MODERNO: A MONARQUÍA AUTORITARIA

Xa sabemos que nos últimos tempos da Idade Media, as monarquías intentan fortalecer o seu poder a costa da nobreza e do clero. Realmente intentan acabar coa perda de poder que supoñía o sistema feudal. ¿Cales foron as súas armas para adacar este obxectivo? En resume:

• Exército: Formar un exército real forte: é a fin dos exércitos señoriais • Burocracia: Crear unha administración con funcionarios que seguían as ordes do monarca. • Unifican o territorio da coroa. • Someten á nobreza que non apoia ao monarca e limitan o poder dos concellos burgueses. • Diplomacia: Relaciónanse política e economicamenmte cos outros países a través da diplomacia ( embaixadores ) • Aumentan os impostos que poidan financiar á monarquía.

As primeiras monarquías autoritarias implantáronse en países coma Francia, Inglaterra ( Enrique VIII ) ou España ( Reis Católicos ).