01 - museo provincial de lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/zalo.pdf · dirixe e...

17
01 O río da vida

Upload: others

Post on 28-May-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

01O río da vida

Page 2: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

DEPUTACIÓN DE LUGOÁrea de Cultura e Deporte

Antón Bao AbelleiraVicepresidente

Antonio Veiga OuteiroDeputado Delegado

CATÁLOGO

Colección Ronsel 01

EditaMuseo Provincial de LugoServizo de Publicacións da Deputación de Lugo

CoordinaciónXoán Ramiro Cuba RodríguezDepartamento de Publicacións da Rede Museística Provincial

TextosAntonio LópezTomás Subirán Ariño

FotografíasGermán Limeres

Deseño gráfico e maquetaciónta ta ta

ISBN: 978-84-8192-399-5Depósito legal: LU-306-2008

Primeira edición, agosto de 2008

© da presente edición Museo Provincial de Lugo© dos textos os seus autores© das fotografías os seus autores

Gonzalo Sánchez Folgueira, Zalo, é un artista lucense, nonsó porque o seu nacemento se dese nesta cidade, o seunome está unido de xeito unívoco a Lugo, por unha bandapola súa produción artística e por outra pola relación, nonartística, do autor con esta cidade. Mestre en diferentescentros lucenses, pintor e fotógrafo, crítico de arte emembro activo da Asociación de Artistas Plásticos deLugo, Zalo é un referente no mundo cultural lucense.

A súa primeira exposición tivo lugar en Lugo, na casa doConcello, cando el só tiña 18 anos, e supuxo o inicio dunhalonga carreira con numerosas mostras que se levaron a caboen diferentes cidades ao longo e ancho do país. Un ano quemarca un fito histórico na súa vida é o 1972 cando a Bienalde Pontevedra selecciona o seu óleo Non convén chorarmáis, Galiza érguese e danza. Esta selección na Bienalsupuxo o seu recoñecemento no mundo artístico, non só orecoñecemento ao artista, tamén o recoñecemento á Galizainterior e á cidade amurallada.

Ao longo dos anos a obra de Zalo como pintor sofrediferentes transformacións, dende unha primeira etapana que a xeometrización das obras é evidente atéembarcarse nunha pintura máis vencellada á realidade.

Pero estamos diante dunha exposición de fotografía querecolle a traxectoria de toda unha vida de dedicación a

esta arte, non cabe dúbida que ao percorrela ímonos darconta de que a fotografía é algo máis que a simpleaplicación dunha técnica, senón que o importante é apersoa que se coloca detrás do obxectivo. A fotografía éun xeito de ver e de percibir cada instante que se vive eque se fai realidade cada vez que se captura unha imaxe.Estamos diante dunha obra de autor, autor cunhapersonalidade moi definida, a cal se ve reflectida en todase cada unha das fotografías que recollen esta mostra quepresenta obra elaborada ao longo de corenta anos e enconsecuencia dunha manifesta pluralidade temática.

Pero sobre todo podemos ver na mostra a forza dasimaxes que foron captadas polo artista, pois foroncapturadas desde a súa propia emoción e con elas faipartícipe ao espectador das emocións que manan daspropias fotografías e do propio momento en que secaptaron. Porque ao autor só lle interesa fixar na imaxeaquilo que o emociona en cada intre. Por todo iso é moigrato para a Área de Cultura da Deputación presentar noMuseo Provincial de Lugo, dentro da programación doseu 75 aniversario, esta mostra tan atinadamente titulada“O río da vida” e este catálogo que recolle unha seleccióndas obras que nela se nos ofreceron.

Antón Bao AbelleiraVicepresidente da Deputación de Lugo

Z alogarcia

Page 3: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

O tempo é acumulación deimaxes, marca de vínculoscoas historias individuais,xeralmente afogadas no mar dahistoria colectiva. Non obstante, aarte rescátanos do afundimento. Isto é, precisamente, o que acontece conGonzalo. Percorrer a súa obra pictórica,ensaística, literaria e, neste caso, fotográfica, éentrar na poesía feita imaxe, e penetrar na almadas formas, da luz, da sombra. A mensaxe vai cargada denostalxia, ternura, algarabía; en fin, o río da vidasustentado pola técnica e a alma. As imaxes viven alén dalinguaxe, e logran plasmar a transcendental forza doinstante, paradigma alegórico da beleza, do asombro.

Seleccionando na súa vasta obra as pezas para estaexposición, puiden volver a gozar coa dignidadefilosófica das instantáneas.

Gonzalo Sánchez Folgueira, "Zalo", inspirado ilusionista,portador da alquimia, espiuse, e revélasenos, á fin e aocabo, como o que é: un poeta. En honor á brevidade, sóquero instarvos a mirar: pasen e vexan.

O río da vida enimaxes

ANTONIO LÓPEZ

LLuuggoo eesseenncciiaallSolarización controlada e virado parcial por sulfuración40 x 30 cm1978

Page 4: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

Imaxesdunhavida

TOMÁS SUBIRÁN ARIÑO

Ante a posibilidade de quealguén puidese considerarque as últimas tecnoloxíassupoñen a perda de vixencia dosprocedementos anteriores, debemosmanternos alerta, xa que corremos orisco de esquecer que a importancia dafotografía radica na posibilidade específicaque posúe de superar a natureza inestable eefémera do tempo, capturando e fixando o instantevivido polo autor para transmitilo ao espectador.Efectivamente, ao transitar por esta exposición podemoscomprender doadamente que a fotografía é algo máisque a simple aplicación dunha técnica depurada porque,como ocorre con calquera outra actividade artística, oimportante, o decisivo, o que fará que a obra sexadiferente, será a persoa que se sitúe detrás da cámara,proxectando os seus sentimentos por medio dunhamirada absolutamente persoal a través do lente. É, antesque nada, “un xeito de ver e de percibir cada instantevivido”, tal como o expresa o propio autor da mostra.

Proust, pola contra, expoñía que a personalidade do autornon ten por que proxectarse na súa obra. Porén estaproposta, que pode ser discutible na actividade literaria,amósasenos claramente desafortunada ao trasladala aoeido das artes visuais. Abondaría con lanzar unha miradapanorámica sobre a historia da pintura, para comprobar

as diferentes personalidades que se nos revelan a travésdas obras de cada autor. Un bo exemplo disto constitúeoesta mostra fotográfica de Zalo (Gonzalo SánchezFolgueira). Estamos diante unha obra absolutamentepersoal e intimista, dotada polo tanto dunha linguaxepropia que non obstante, ou quizais por iso mesmo, faiseuniversal. O “eu” que fotografía non é distinto do “eu”que vive. Este é o seu don fundamental; a forza dasimaxes captadas dende as súas propias emocións, acabanincrustándose no espectador, facéndoo partícipe dunhafugaz realidade que queda atrapada na maxia do instantevivido. Porque a este autor só lle interesa fixar na imaxeaquilo que o emociona en cada intre, desdeñandocalquera indicio de pose ou afectación, recorrendo omenos posible aos medios técnicos que podería ofrecerlleun estudo ben equipado.

Os latinos empregaban a palabra auctor, que significa oque aumenta, para designar os heroes que conseguíanensanchar a realidade da que partían, conquistandonovos territorios. Así, o poeta aumenta a realidadeengadindo unha nova dimensión, que nos levar cara a eseintramundo persoal no que habita o verdadeiro artista. E isto é o que percibimos perante as fotografías de Zalo,que nos ofrece a posibilidade de traspasar a superficiebidimensional das súas obras, para introducirnos nunnovo continente de sensacións no que todo é posible,agás, a indiferenza.

Se Schiller escribiu que a linguaxe lle fora dada aos homespara non demostrar os seus sentimentos, a obra de Zalodesmínteo de maneira rotunda. En todas as súas

fotografías podemos ver nidiamente os seus. A súamensaxe vai cargada de tenrura, ironía e unha certa dosede sensualidade, todo isto envolto no papel de celofándas lembranzas. Poesía feita imaxe, en definitiva. Por istoa súa obra incide directamente no espírito, ao converterirrepetibles intres da vida cotiá, nun universo persoal deemocións e percepcións estéticas.

Estamos pois diante unha obra de autor, cunhapersonalidade moi definida, que se pon de manifesto entodas e cada unha das fotografías desta mostra, obtidasao longo de más de corenta anos —o que lle permiteabranguer unha riquísima variedade temática— e quehoxe saen da intimidade do seu estudo para que, ao fin,poidamos gozar delas. Sen dúbida, esta colecciónconstitúe unha significativa achega ao acervo gráfico ecultural de Galicia.

Page 5: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

MMaarriissaa40 x 30 cm2003

TToonnyy40 x 30 cm1983

Page 6: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

BBeeaattrriizz ee aa ppuubblliicciiddaaddee40 x 30 cm1977

OO ggrraann TToonneettttii40 x 30 cm1984

Page 7: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

OO oorrgguulllloo ddaass rreeddeeiirraass40 x 30 cm1983Cayón, A Coruña

OO mmiisstteerriioo ddaa CCaatteeddrraall ((nneeooccllaassiicciissmmoo eenn eessttaaddoo llííqquuiiddoo))40 x 30 cm1980Lugo

Page 8: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

PPooeemmaa vviissuuaall40 x 30 cm1974Parque Rosalía de Castro, Lugo

SSooññaannddoo óó ssooll40 x 30 cm1989

Page 9: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

CCoommppaarrttiinnddoo lleemmbbrraannzzaass40 x 30 cm1989Adarbe da Muralla Romana, Lugo

OO ccaann aattaauullffoo30 x 40 cm1985O Cebreiro, Lugo

Page 10: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

EEssttaannqquuee xxaappoonnééss40 x 30 cm1992

XXaa eessttáánn aaqquuíí......40 x 30 cm1992

Page 11: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

AA nnoovviizzaa40 x 30 cm1986

PPeessttaannaa40 x 30 cm1987

Page 12: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

OO ccoocchhee nneeggrroo40 x 30 cm1985Lugo

PPeeddrroo PPrróóssppeerr ee sseeuu iirrmmáánn30 x 40 cm1985Lugo

Page 13: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

OO ggrraann iirrmmáánn40 x 30 cm1984

EEcclliippssee lluunnaarr40 x 30 cm1999

Page 14: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

OO sseexxoo ddaass áárrbboorreess40 x 30 cm1984

PPaaiissaaxxee eenniiggmmááttiiccaa40 x 30 cm1983

Page 15: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

NNoorrttee ee SSuurr ((oo mmuunnddoo nnoo qquuee vviivviimmooss))40 x 30 cm2005

AA ppeerraa40 x 30 cm2001

Page 16: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

GonzaloSánchezFolgueira

LUGO, 12 DE OUTUBRO DE 1941

1960Primeira exposición de pintura no Concello de Lugo.

1972Seleccionado para a II Bienal de Arte de Pontevedra.Exposición de pintura no Círculo de las Artes de Lugo (individual).

1977Exposición de pintura no Paraninfo da Deputación de Lugo (individual).Exposición de pintura na Galería Torrado de Pontevedra (individual).

1978Exposición de pintura na Sala Arabesque de A Coruña (individual).

1981Exposición de pintura no Banco de Crédito e Inversións de Lugo(individual).

1984Colectiva de Artistas Galegos (Delegación de Cultura). A Coruña.Exposición de pintura Aula de Cultura Caixa Galicia de A Coruña(individual).Exposición de fotografía na Áula de Cultura de Caixa Galicia en Santiagode Compostela.Exposición "3 fotógrafos lucences" (Valentín Roldán, Hipólito Galán eGonzalo S. Folgueira) na Deputación de Lugo.

1985As súas obras obras figuran na "I Bienal de Fotografía" organizada polaAgrupación Foto-cinematográfica Fonmiñá.

1992Exposición de óleos, sanguinas e tintas na Sala do Banco Galego deLugo (individual).

1993Colectiva de profesores de debuxo do Instituto de Bacharelato "LucusAugusti" de Lugo, no cincuentenario do centro.

1995I Mostra Colectiva da Asociación de Artistas Plásticos lucenses, da quefoi un dos seus fundadores e o seu primeiro presidente.

1997Colectiva "Artistas pola liberdade", organizada por Amnistía Internacional,celebrada na Sala Almirante de Lugo.Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artesplásticas), 50 autores galegos, nas distintas disciplinas (Círculo de lasArtes de Lugo), organizado pola AAP Lucenses e a Filarmónica de Lugo.

1998Exposición monográfica "Lucus blues", celebrada na Sala Almirante deLugo, xunto co escultor Juan Puchades Quilis.

2005Exposición itinerante de fotografía en Lugo e A Coruña, organizada polaDirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia (individual).

2006Exposición fotográfica no Colexio Oficial de Arquitectos de Ferrol(individual).

2007Exposición de fotografía "Imaxes dunha vida"; celebrada na FundaciónGonzalo Torrente Ballester de Santiago de Compostela, organizada polaS.A. Xestión do Plan Xacobeo (individual).

2008Exposición antolóxica “O río da vida”. Museo Provincial de Lugo.

Foi profesor de debuxo no Instituto de Bacharelato "Lucus Augusti" deLugo (1969-1975). Desde 1979 vén impartindo cursos de debuxo epintura en distintos centros da capital lucense. Desde 1998 ata 2006,ano no que se xubila, foi profesor de Fotografía Artística na Escola deArte e Superior de Deseño "Ramón Falcón" de Lugo.

Entre outras distincións, foi Mención de Honor no Certame Nacional deArtes Plásticas polo seu óleo "Espectros rítmicos" (1962), e a súa obra foiseleccionada para a "II Bienal de Arte de Pontevedra" (1972).

Foi convidado en varias ocasións a participar en distintas exposiciónscolectivas de artistas galegos. Existen obras súas no Museo Provincial deLugo, así como en diversas coleccións privadas de Gran Bretaña,Alemaña e Canadá.

AAuuttoorrrreettrraattoo pprreemmoonniittoorriioo, 1984

Page 17: 01 - Museo Provincial de Lugoredemuseisticalugo.org/publicacions/archivos/ZALO.pdf · Dirixe e coordina o "I Encontro coa Música" (a música nas artes plásticas), 50 autores galegos,

AA ppeeggaaddaa ddoo hhoommee40 x 30 cm1983Portomarín, Lugo