ü % vs À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f pöÂ> 1ª¨ concello chamado "cabeza...

35
C Cabaces (Castrelo, San Xoán de Río).-- Podería ser o plural de "cabaz", sinónimo de "cabazo" (hórreo de vimbios). Cabaz tamén e un cesto dese mesmo material ou similar. Cabaleiros (San Martiño de Grou, Lobeira).-- É doado pensar que este topónimo estivese motivado por ser a residencia duns homes medievais coa condición social de cabaleiros, pero o máis probable é que faga referencia a unhas pedras "encabalgadas", é dicir, unhas a cabalo doutras, cuxo resultado sería o "cabaleiro". Tal disposición puidera ser unha estratificación caprichosa da natureza ou unha colocación á posta polo home, caso, por exemplo, de dolmens prehistóricos. E. Rivas atribúe a este topónimo e similares unha orixe metafórica asemellando a paisaxe á forma dun cabalo. A Cabalgada (Vilar de Ordelles, Esgos).-- Supoñemos que se referirá a algunha concreta cabalgada (tropa de xente a cabalo ou á súa acción de cabalgar) que sería moi sonada no seu tempo, pero da que nós non temos noticia. Cabana (O Barón, O Carballiño O Barón, San Amaro) ║ A Cabana (Pedrafita, A Teixeira║ Oseira, San Cristovo de Cea) ║ Cabanas (San Martiño de Berredo, A Bola)║ As Cabanas (parroq. de San Xoán de Río).-- Transparentes. De orixe gandeira ou pastoril. Lat. capanna. Cabanas de Abaixo, Cabanas de Ferro e Cabanas de Loureiro.-- Son 3 aldeas próximas e contiguas da parroq.de Faramontaos do Conc. da Merca. (V. Cabana) Cabanelas (Parroq. do Carballiño ║ Albán, Coles ║ Leirado, Quintela de Leirado).-- ‘Cabanela’ é o mesmo que ‘cabana’, pero cunha connotación diminutiva ou pexorativa. Correspóndese cos casteláns "Cabanillas". Do lat. capannellas. Cabeza de Manzaneda (Cova, A Pobra de Trives).-- A palabra "cabeza" (do lat. caput, -tis, "parte máis alta do corpo") é utilizada metaforicamente para nomear un cumio ou parte alta dun monte. O mesmo étimo deu "cabo" (promontorio marítimo). Este mesmo topónimo soe ser usado popular e comercialmente para referirse a unha coñecida estación invernal que, en realidade, está no monte chamado A Cabeza Grande. Cabeza de Vaca (lug. compartido entre as parroquias de Cabeza de Vaca -Ourense- e Piñor -Barbadás-).-- Supoñemos que o de "Cabeza" vén de altura (lat. caput, "cabezo, montículo" (Ver anterior) e que o predicado, "de Vaca", será unha evolución doutra palabra de sona parecida pero que a etimoloxía popular, ó non entendela, fíxoa concordar con "Cabeza". (Claro que ó considerar "cabeza" como un orónimo podemos estar incorrendo nun prexuízo, esquecendo a posibilidade de que realmente houbese unha formación rochosa que recordase a cabeza dunha vaca.) En Badajoz (Estremadura) hai un concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo habitante apelidado, precisamente, "Cabeza de Vaca" xa que, efectivamente, hai un apelido castelán e andaluz homónimo –con algún personaxe histórico-, pero que no noso caso é difícil (anque non imposible) que teña algo que ver. Tamén convén saber que 'vaca' é un hidrónimo procedente da raíz * wak-. Por España adiante hai varios ríos chamados así.

Upload: buidien

Post on 23-Apr-2018

256 views

Category:

Documents


10 download

TRANSCRIPT

Page 1: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

CCabaces (Castrelo, San Xoán de Río).-- Podería ser o plural de "cabaz", sinónimo de "cabazo"

(hórreo de vimbios). Cabaz tamén e un cesto dese mesmo material ou similar.

Cabaleiros (San Martiño de Grou, Lobeira).-- É doado pensar que este topónimo estivese motivado por ser a residencia duns homes medievais coa condición social de cabaleiros, pero o máis probable é que faga referencia a unhas pedras "encabalgadas", é dicir, unhas a cabalo doutras, cuxo resultado sería o "cabaleiro". Tal disposición puidera ser unha estratificación caprichosa da natureza ou unha colocación á posta polo home, caso, por exemplo, de dolmens prehistóricos. E. Rivas atribúe a este topónimo e similares unha orixe metafórica asemellando a paisaxe á forma dun cabalo.

A Cabalgada (Vilar de Ordelles, Esgos).-- Supoñemos que se referirá a algunha concreta cabalgada (tropa de xente a cabalo ou á súa acción de cabalgar) que sería moi sonada no seu tempo, pero da que nós non temos noticia.

Cabana (O Barón, O Carballiño ║ O Barón, San Amaro)║ A Cabana (Pedrafita, A Teixeira║ Oseira, San Cristovo de Cea) ║ Cabanas (San Martiño de Berredo, A Bola)║ As Cabanas (parroq. de San Xoán de Río).-- Transparentes. De orixe gandeira ou pastoril. Lat. capanna.

Cabanas de Abaixo, Cabanas de Ferro e Cabanas de Loureiro.-- Son 3 aldeas próximas e contiguas da parroq.de Faramontaos do Conc. da Merca. (V. Cabana)

Cabanelas (Parroq. do Carballiño ║ Albán, Coles ║ Leirado, Quintela de Leirado).-- ‘Cabanela’ é o mesmo que ‘cabana’, pero cunha connotación diminutiva ou pexorativa. Correspóndese cos casteláns "Cabanillas". Do lat. capannellas.

Cabeza de Manzaneda (Cova, A Pobra de Trives).-- A palabra "cabeza" (do lat. caput, -tis, "parte máis alta do corpo") é utilizada metaforicamente para nomear un cumio ou parte alta dun monte. O mesmo étimo deu "cabo" (promontorio marítimo). Este mesmo topónimo soe ser usado popular e comercialmente para referirse a unha coñecida estación invernal que, en realidade, está no monte chamado A Cabeza Grande.

Cabeza de Vaca (lug. compartido entre as parroquias de Cabeza de Vaca -Ourense- e Piñor -Barbadás-).-- Supoñemos que o de "Cabeza" vén de altura (lat. caput, "cabezo, montículo" (Ver anterior) e que o predicado, "de Vaca", será unha evolución doutra palabra de sona parecida pero que a etimoloxía popular, ó non entendela, fíxoa concordar con "Cabeza". (Claro que ó considerar "cabeza" como un orónimo podemos estar incorrendo nun prexuízo, esquecendo a posibilidade de que realmente houbese unha formación rochosa que recordase a cabeza dunha vaca.) En Badajoz (Estremadura) hai un concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo habitante apelidado, precisamente, "Cabeza de Vaca" xa que, efectivamente, hai un apelido castelán e andaluz homónimo –con algún personaxe histórico-, pero que no noso caso é difícil (anque non imposible) que teña algo que ver. Tamén convén saber que 'vaca' é un hidrónimo procedente da raíz *wak-. Por España adiante hai varios ríos chamados así.

Page 2: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Cabo (Freás, Punxín) ║ O Cabo (San Clodio, Leiro).-- Topónimo metafórico aplicando ó terreo unha condición do corpo, a cabeza. Do lat. caput, -itis¸"cabeza, parte máis alta do corpo".

Cabo de Vila (Albán, Coles ║ Cabanelas, O Carballiño).-- Do lat. caput villae, "parte alta dunha poboación". (Claro que cabo tamén podería funcionar coma unha preposición. Nese caso sería "a carón de Vila".) Hai outros 12 iguais en Galicia.

Cabreira (Vales, San Cristovo de Cea).-- Vén de capraria que tanto pode ser "lugar de cabras" como a pervivenza do sintagma "Villa Capraria", "Vila de Caprarius". No primeiro dos casos "lugar de cabras", en termos populares, o mesmo é aquel sitio onde abondan cabras monteses coma aqueloutro que, por accidentado e escarpado, é propio de cabras.

Cabreiroá (lug. e parroq. de Verín).-- "Pequeno lugar de cabras". É unha evolución típica ourensá do sufixo diminutivo -ola. O Caprariola inicial sería capraria ("cabreira", lugar de cabras) + suf. -ola. E a evolución Caprariola > Cabreirola > Cabreiroá.

Cacabelo (Abavides, Trasmiras) ║ Cacabelos (Untes, Ourense ║ A Veiga, A Bola ║ A Pena, Cenlle ║ Hai polo menos outros 5 máis en toda Galicia) .-- Ven do lat *caccabellus, diminutivo de caccabus, "ola, pucheiro" e indica fondal, depresión do terreo. Existe un Cacabelos leonés (co nome formado en galego) que, segundo as leis fonéticas leonesas ou casteláns, tería que ter sido Cacabillas, como efectivamente hai un máis adiante.

Cachagonza (Ponte Ambía, Baños de Molgas).-- Composto do lat. "casa" (cabana ou vila, segundo a época) e o nome propio "Guntia".

Cachaldora (Cerreda, Nogueira).-- "Casa de Alduara", sendo este último un nome xermánico.

Cachalvite (O Castro de Beiro, Ourense).-- Debe o seu nome a algún personaxe co nome xermánico de Alvitus. Non tiña por que ser el necesariamente xermánico, pero houbo uns séculos nos que eses nomes estaban de moda. Neste caso trataríase dunha casa, "de Alvitus". Isto en latín sería: casa Alviti. Despois da transformación do /s/ en /ch/ e da xustaposición das dúas palabras daría o Cachalvite. ║ Hai outra opinión baseada no árabe al-bayt, "casa, residencia", que propiciaría a segunda parte do topónimo. Neste caso o topónimo sería unha tautoloxía, "Casa Casa".

Cachamaría (Triós, Pereiro de Aguiar).-- "Casa de María", co coñecido nome hebreo latinizado.

Cachamuíña (A Lamela, O Pereiro ║ Esgos, Esgos).-- Parte de "Casa da muíña" e parece algo así como unha “casa muiñeira”. (En galego antigo a muíña era o farelo.) Pero hai outra opinión que considera 'muíña' coma un derivado do lat. tardío molina, que tería o significado de "lomba, montículo". Nese caso sería "Casa da lomba".

Cacharrequille (As Chás, Montederramo).-- Casa Requilli, ou Casa de Requildi.

… responderon aa dita carta estas personas que se segen; primeiramente, Fernán d ' Almança et Pedro de Quirogaás et Juan de Lobazes de Cabreiroaá et Aluaro Gomes de Tamageelos et Afonso Ledo, morador eno dito lugar de Paaços.

Demarcación lugares. 1451. Vida e fala dos devanceiros.

Page 3: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Cachaxúas (San Miguel de Canedo, Ourense).-- Caso similar ós anteriores nos que a primeira parte reproduce o paso cacha < casa. En canto á segunda parte é unha evolución do nome persoal Iohannes. "Casa (de) Iohannes" > "Casa (de) Xoán" > Cachaxúas.║ Ás veces o elemento ‘cacha’ está presente en topónimos como unha evolución do latín serodio cappelare co significado de rozar ou desbravar un monte.

Os Cachopos (O Pao, Gomesende).-- Parece un fitónimo transparente: cachopos son troncos secos de árbores.

Cacidrón (O Burgo, Castro Caldelas).-- Podería referirse á arbore chamada cidrón (Citrus médica) que da as cidras, semellantes ó limón pero máis grandes. E a primeira sílaba podería ser un apócope de "casa".

Cadaval (Covas, Montederramo).-- Lugar abundante en cádavos, chamiceira. (V. Cádavos)

Cádavos (lug. e parroq. da Mezquita).-- Cádavos (tamén chamados chamizos) son os paus chamuscados que quedan no monte despois dun incendio.

Cadeliña (lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa).-- Segundo Caridad Arias nada que ver con cans senón cun antropónimo antigo como podería ser o lusitano Cadillo ou algún outro similar procedente, en calquera dos casos, do nome celta Cado.

Cadós (lug. e parroq. de Bande) ║ Ponte Cadós (Cadós, Bande).-- É o nome do río (cadós < *cadones) que rega a parroquia e sobre o cal pasa a ponte que da nome ó segundo topónimo. Puidera ter relación con "cadoiro" (sinónimo de fervenza ou cascada), palabra formada sobre cadere, "caer". (O río Cadós desemboca no encoro das Conchas, río Limia.)

Cados (lug. e parroq. de Muíños).-- Suponse que é o mesmo topónimo visto no parágrafo do anterior (do veciño Concello de Bande), pero alterando -por algunha razón- o acento prosódico.

A Cal (San Lourenzo de Trives, A Pobra de Trives ║ Folgoso, Allariz ║ Torcela, Piñor) ║ Cales (Ucelle, Coles ║ Coiras, Piñor).-- Poderían ter dúas orixes, ambas latinas: 1ª) a palabra callis, "sendeiro, camiño" (étimo do castelán ‘calle’) ou 2ª) a palabra canale, "cal, canle, rego". Na 2ª referencia, fose a orixe que fose, había máis de un cando nomearon así ó sitio.

Calabagueiros (lug. da parroq. e Conc. do Barco de Valdeorras).-- Este lugar foi

historicamente un barrio periférico do Barco, pero hoxe está integrado no tecido urbano. No tempo dos romanos aquí houbo unha cidade romana, chamada Calubriga, de onde procede o nome actual, quizais formado indirectamente sobre un xentilicio dela (¿calubrigueiros?).

As Caldas (lug., barrio e parroq. de Ourense capital ║ Partovia, O Carballiño).-- Do lat. aquas calidas > (aquas) caldas > caldas.

CALDELAS (Comarca).-- Ver "Terra de Caldelas".

Caldelas (Berán, Leiro).-- Derivado de "caldas" (V.), en forma de diminutivo. O lat. calda, "auga quente", hoxe, en plural, equivale a "baños de augas minerais quentes".

Caldeliñas (Vilamaior do Val, Verín).-- Diminutivo do anterior, o que ven sendo un segundo diminutivo de "caldas".

Page 4: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Cales.-- Ver A Cal.

Calsomiro (lug. da parroq. e Conc. de Esgos).-- De *casale do *Miro (nome suevo).

O Calvario (Ambía, Baños de Molgas) ║ Os Calvarios (Chandrexa, Parada de Sil).-- Lugares de significancia relixiosa relacionados coa práctica do culto do vía crucis.

Calveliño do Monte (Santirso, Maceda).-- Hiperdiminutivo de Calvo. Quizais porque xa hai un "Calvelo" no mesmo Concello e outro cerca, en Baños de Molgas.

Calve (Navío, San Amaro).-- Anque sexa rematado en 'e' en vez de 'o' ou 'a' parece que se estea a referir a un lugar pelado, sen vexetación. O étimo sería calva, -ae, "calva, cranio", pero puidera vir do nominativo plural, calvae. Hai o adxectivo calvus, a, um, "(cousa) calva, pelada" ║ A pesar de todo iso se temos en conta que o resultado non é totalmente regular e que é o único con esa forma en toda Galicia poderíase pensar nun antrotopónimo baseado nun alcume 'calvo' dun posesor. En lat. sería calvus e o xenitivo, calvi.

Calvelle (parroq. do Pereiro de Aguiar).-- Topónimo que puidera estar relacionado cos de Calvo ou Calvelo, pero que máis ben parece un antropónimo. J. M. Piel atribúeo a Calvus ou Calvellus.

Calvelo (Lama Ma, Baños de Molgas ║ Zorelle, Maceda ║ Couso de Salas, Muíños) ║ Calvelos (lug. e parroq. de Cartelle ║ Arrabaldo, Ourense).-- Diminutivo de "calvo". Aluden a pequenas elevacións de terreo sen vexetación, calvas. A raíz cal-, ‘pedra’, é preindoeuropea.

Calvos de Randín (Conc. da Com. da Limia, con cap. en Calvos).-- Ver seguinte. (O xentilicio usado para os habitantes de Calvos de Randín é calvense.)

Calvos (lug., parroq. e Conc. de Calvos de Randín║ parroq. de Bande ║ Sacardebois, Parada de Sil ║ Penosiños, Ramirás ║ Santa Cruz da Rabeda, San Cibrao das Viñas ) ║ Outeiro Calvo (Soutopenedo, San Cibrao) ║ Mesón de Calvos (parroq. de Taboadela).-- Fala dunha elevación de terreo desprovista de vexetación. Montes pelados. (Lat. calvu). Enténdese ben no caso de Outeiro Calvo onde se usa como cualificativo.

Camba (lug. e parroq. de Laza ║ parroq. de Castro Caldelas) ║ Portocamba (lug. e parroq. de Castrelo do Val) ║ Veigas de Camba (parroq. de Vilariño de Couso coa aldea de Veiga de Camba que quedou asolagada polo encoro das Portas).-- Hai unha suposta base celta, *camb-, "curva, curvado, cousa curva", que pervive en moitas palabras do léxico común galego sempre coa idea subxacente de liña ou forma curva: camba (peza curva da roda do carro), cambo (pau cun gancho), cambada (conxunto ensartado nun cambo), cambelo (pau retorcido), cambadela (pinchacarneiro), cambeiro e camballón (ganchos das gramalleiras), cambar,

… asy commo se estende arriba fasta aquel lugar que se parte con Calvelle et con Paaços et con Velmonte. - Item avemos herdades en o termino de Velmonte onde Chaman Saramugeiras, commo parte para Pedrayo por la Rigeyra, et por lo camino que vay de Lamella para Paaços. - Item teemos en Golpellaas çertas leyras de vynas que soyam seer.

Relación de bens. 1473. Santa María de Oseira

Page 5: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

cambeta, cambela, etc. En toponimia os nomes derivados de camb- xeralmente se refiren a curvas na costa (caso, por ex., de Cambados) ou a curvas ou meandros de río. Así nos casos que nos ocupan (Camba -de Laza-, Portocamba e Veigas de Camba) teñen a súa orixe no río homónimo, próximo a todos eles, que nace no Concello de Laza e desemboca no Bibei tras un tortuoso percorrido encaixado en altos vales do Macizo Central Ourensán. Algúns autores explican "camba" coma un terreo combado, cóncavo, e dicir, formado por unha parte baixa entre dúas elevacións.

Cambela (lug. e parroq. do Bolo ║ Vilardá, San Xoán de Río).-- Diminutivo de Camba. Ver Camba.

Cambeo (lug. e parroq. de Coles).-- Posible raíz celta cam-b (lat. camba). Denota curva, recodo ou outeiro redondeado.

Cameixa (lug. e parroq. -San Martiño- de Boborás ).-- Topónimo relacionado co de Camba por mor do celta *cam, "curva, cousa curva", aplicado a algún repregue do terreo. (V. Camba) Este topónimo é un exemplo de hipercorrección pois sendo Cameiga, pero en zona de gheada [Cameigha], interpretouse que estaba mal pronunciado e trocouse o suposto "j" por un "x".

Camiño Caneiro (Ourense cidade).-- Os topónimos ‘caneiro’ son, basicamente, un colectivo de ‘cana’. Pero tamén se poderían referir a un determinado aparello para pescar no río ou a unha canle. No caso que estamos a ver será, simplemente, un adxectivo cualificativo deste camiño, ben por ter canas, ben por ter forma de canle.

Campairos (Carracedo da Serra, A Gudiña).-- Palabra formada a partir do lat. campus ("campo") + sufixo, combinación que noutros lugares, coma nunha aldea da Coruña, deu Campeiro.

Campanillas (Sadurnín, Cenlle).-- É un castelanismo e como topónimo probablemente teña pouco tempo. Podería estar motivado por un campo de flores desa forma.

Campelo (Corvillón, A Merca ║ San Trocado, Allariz) ║ Campeliños (Corneda, O Irixo).-- Campelo é un diminutivo de campo. Equivalente ós "Campillo" da toponimia castelá. Cam­peliños, un segundo diminutivo.

As Campinas (O Ribeiro, Bande ║ Vilar de Ordelles, Esgos ║ Campo, O Irixo).-- Derivado de campus, -i, ‘campina’, é palabra que o portugués conserva: planicie extensa, sen po­boacións nin árbores, descampado. En galego está en desuso, pero aínda figura nalgún diccionario. Como cousa curiosa diremos que con ese nome de Campina hai na provincia 3 entidades de poboación, pero no resto de Galicia, nin o primeiro.

Campo (parroq. do Irixo ║ lugares das parroquias da Veiga, Bobadela e Mourillós, Celano­va) ║ O Campo (capitalidade do Conc. e parroq. de San Xoán de Río ║ lug. e parroq. de Toén ║ lugares de Sorga e de Soutomel, A Bola ║ A Mezquita, A Merca ║ Navea, A Pobra de Trives ║ Valdín, A Veiga ║ Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas ║ lu­

et Laoniola maiore cum aiuncionibus suis; in Villarino uno kasale scilicet Figuereido prope ecclesie Sancte Christine, ripa Minei; et in Cambemea racione de ipsa ecclesia; sic et in Abrocinos mea racione de ipsa ecclesia;

Testamento. 1175. San Pedro de Rocas.

Page 6: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

gares das parroquias de Esposende e Laias, Cenlle ║ Asadur, Maceda ║ lugares das parroquias de Banga, O Varón e Ponte Veiga, O Carballiño ║ lug. da parroq. e Conc. de San Xoán de Río ║ lug. da parroq. e Conc. de Toén ║ Chamosiños, Trasmi­ras ║ Pinza, Viana do Bolo ║ Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo) ║ Campos (Olás de Vilariño, A Merca ║ Vilar de Rei, Cenlle) ║ Os Campos (lug. e parroq. de Pa­drenda ║ Arrabaldo, Ourense).-- Palabra moi común do léxico galego que se usa como substantivo e tamén como microtopónimo de multitude de espazos. Eses espazos ó con­vertérense en núcleos habitados conservan o nome. É a "inercia" normal na toponimia. ║ Do latín campus ou xa do galego "campo". Podería ser -e isto é so unha conxectura- que os topónimos formados no tempo do latín carezan de artigo e os feitos en galego que o le­ven.

O Campo da Cruz (Grixoa, San Amaro) ║ O Campo da Feira (lug. da parroq. e Conc. da Me­zquita) ║ O Campo da Festa (Navío, San Amaro) ║ Campo de Lama ( Ordes, Rairiz de Veiga) ║ Campo de Veiga (A Veiga, A Bola) ║ Campo Lamela (Salamonde, San Ama­ro) ║ Campo Novo (Palmés, Ourense) ║ Campo Real (Mociños, Quintela de Leirado) ║ Campo Redondo (parroq. de Ribadavia).-- Compostos varios de campo. (En canto ó último, Campus rotundus, hai que dicir que Rotundus tamén foi un nome de varón.)

Campobecerros (lug. e parroq. de Castrelo do Val).-- Palabra composta. Por Campo de be­cerros.

Camposancos (Nieva, Avión).-- Composto de "campos" e "ancos" (ángulos e cóbados).

Canavelas (Castromao, Celanova).-- Sinónimo de "canas", referido a un colectivo. Localmente podería ser (no seu tempo) outra especie similar.

A Cancela (Zapeaus, Rairiz de Veiga).-- Topónimo motivado por algunha cancela (porta pequena que pecha unha propiedade). Lat. cancelli, -orum, "verxas", "límites".

Cancillós (Arnuíde, Vilar de Barrio).-- É un plural de "cancillón" sendo este, nalgúns lugares, unha peza do carro tradicional, pero parece pouco probable que isto servise de motivo toponímico. Poderíase pensar nun antrotopónimo de alguén chamado Cancilius. ¿(Villa) Cancilionis? (Como plural dun aumentativo de "cancela" sería un castelanismo, pouco probable)

A Canda (parroq. de Piñor ║ A Vilavella, A Mezquita) ║ Candeda (lug. e parroq. da Veiga ║ lug. e parroq. de Carballeda de Avia) ║ O Candedo (lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa) ║ Candís (Millarouso, O Barco de Valdeorras).-- Todos eles de orixe oronímica e procedentes dunha raíz indoeuropea *kand, "brillar", con repercusión no celta *kando, "branco, brillante", que puidera ter implicacións en lugares tanto de rochas brancas como de culto a certas divindades.

Candás (lug. e parroq. de Rairiz de Veiga).-- Aínda que puidera ter relación co grupo anterior parece factible un Villa Quindilanes referido ó nome xermánico Quintila ou Quindila.

Candeda, O Candedo, Candís.-- Ver A Canda.

Candosa (O Regueiro, O Irixo).-- Procede dun antropónimo prerromano, Candossu.

Canedo (parroq. e antigo Conc. de Ourense contiguo -Río Miño polo medio- ó da capital o cal o absorbeu en 1943 ║ Garabás, Maside).-- Nome común sinónimo de canaval, "lugar de canas". Do latín cannetum (formado con canna máis o abundancial -etum).

Page 7: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Cangos (Velle, Ourense).-- No galego común ‘cango’ é a táboa na que asentan as tellas. Por outro lado parece pervivir aí a raíz celta ‘cam’ ou ‘camb’, significante de curva, cousa curva.

Cangues (lug. e parroq. do Irixo).-- Igual que Cangas (Pontevedra), do céltico camb-icas, "curva, cousa curva".

Canices (Carballeda, Piñor).-- Algún autor considérao un antrotoponímico derivado dun nome árabe, Kannisa ou Khairum-Nisaa. Tamén puidera ter relación co adxectivo latino cannitius, -a, -um, "cousa de cana".

Os Canivelos (lug. de Tras Hospital, Ourense, próximo ó Castro de San Tomé).-- Canivela é o talo ou cana do millo cortado. Por extensión tódolos cachos de canas, pequenos e abertos polos dous lados. Coma os dos foguetes. En masculino pode ser unha variable local da palabra e o feito de estar en plural aludir a unha abundancia.

O Canizo (lug. e parroq. da Gudiña).-- Alude a algunha obra (canastro, tellado, cerca, etc.) feita con este tipo de armazón (tecido de canas).

A Canle (Refoxos, Cortegada ║ San Xes de Vilariño, Lobeira) ║ As Canles (Crespos, Padrenda).--Palabra do galego común, sinónima de "canal". Do lat. canale.

Canto (Alcázar de Milmanda, Celanova).-- Probablemente teña a súa base na forma preindoeuropea *cant, "pedra, rocha", igual que a palabra homófona do vocabulario común e outras similares (cantil, canteira, etc.).

Cantón (Proente, A Merca) ║ Cantoña (lug. e parroq. de Paderne de Allariz).-- Segundo J. M. Piel proceden ambos dun mesmo nome de "possessor" latino, Cantonius.

Cañón (lug. e parroq. de Celanova).-- É un topónimo desconcertante por canto o seu nome suxire o 'cañón' dun río, é dicir un "val profundo escavado por un curso de auga", pero a realidade non parece confirmar tal definición. (Hoxe a forma normativa desa palabra é 'canón', pero podería ser 'cañón' do mesmo xeito que en portugués é 'canhão'.) Se rexeitamos esa explicación poderíamos pensar nun aumentativo de 'caño' (cano) tendo en conta que é zona de moitas augas e que é unha ladeira cunha notable caída de cara a Celanova, que está, coma quen di, ós seus pés. Precisamente nas inmediacións deste lugar está o depósito de subministro de auga á vila. Unha acepción de cano é "Leito artificial, xeralmente estreito e pouco profundo, para que corra por el a auga ou outro líquido." Ignoramos se no pasado houbo algún aproveitamento deste tipo por parte da Vila ou do poderoso mosteiro de San Salvador.

… moradores enas freguesías de San Pedro de Codeiro et de Canedo et de Santiago das Caldas, feseron avinça et conpostura ontre sy, en esta maneira: que os ditos moradores et pobladores, que presentes estauan, por sy et en nome de todos los outros das ditas freigesías de Codeiro et Canedo e Santiago das Caldas, que eran ausentes, se obrigaron de dar e pagar ao dito conçello por rasón de todas las barqas, feytura dellas, con esta barqa que agora fas Fernán Garçía, …

Avinza. 1458. Vida e fala dos devanceiros

Page 8: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

A Capela (San Miguel de Canedo, Ourense).-- Palabra común. Do latín vulgar capella, "igrexa pequena ou igrexuca".

O Capelo (Berredo, A Bola).-- É outra palabra do vocabulario común, pero que por ser

polisémica faise moi difícil precisar a motivación toponímica. O étimo é o lat. vulgar capellus, "vestidura da cabeza", e entre os significados actuais temos, por exemplo, "capa pequena"; "caparuza, capuz"; "coroza"; "couselo" (a planta Umbilus rupestris); e unha chea de acepcións máis entre as que hai que incluír unha de uso metafórico, pero que ten moitas posibilidades de ser a atinada: néboa que en forma de capuz cobre o pico dunha montaña. Tamén coincide que ese monte (que está alí mesmo e que lle puido dar nome a aldea) ten forma de caparuza.

As Caracochas (Ceboliño, Ourense).-- Transparente. En galego, ‘caracochas´ son eses ocos que hai nos troncos de moitas árbores vellas.

Carballal (Sta. María de Mones, Petín ║ Ordes, Rairiz de Veiga ║ A Portela, Vilamartín de Valdeorras ║ Crespos, Padrenda) ║ O Carballal (As Seixadas, Cartelle ║ Crespo, Pa­drenda) ║ Carballeda (A Piteira, Carballiño ║ lug. e parroq. de Piñor ║ Ribela, Coles ║ Espiñeira, O Irixo) ║ Carballeda de Abaixo e Carballeda de Arriba (lugares de La­ias, Cenlle).-- Continúa nos seguintes parágrafos...

Carballeda de Avia (lug., parroq. e Conc. da Com. do Ribeiro).-- Continúa...

Aínda que hoxe non houbese ningún carballo en Carballeda de Avia o certo é que o primeiro solar tivo que ser unha carballeda ou carballeira.

Carballeda de Valdeorras (lug., parroq. e Conc. da Com. de Valdeorras).-- Continúa...

Carballediña (Coiras, Piñor).-- Diminutivo de Carballeda. Continúa...

Carballedo (Graíces, A Peroxa) ║ Carballeira (lugares das parroquias de Amoroce e de Mourillós, Celanova ║ Rivela, Coles) ║ A Carballeira (lug. e parroq. de Nogueira de Ramuín ║ lug. e parroq. de Xunqueira de Espadanedo ║ Parderrubias, A Merca ║ Sta. Comba de Trevoedo, Maside ║ Freás, Punxín ║ Navío, San Amaro ║ Santa Cruz da Rabeda, San Cibrao das Viñas ) ║ As Carballeiras (Touceda, Castro Caldelas ║ Poulo, Gomesende ║ Vilameá, Ramirás).-- Son todos o mesmo: lugar de carballos. O que os diferenza son os sufixos (-ale, -eta, -etu, -aria), todos eles abundanciais. Signifi­can o mesmo pero pode que fosen de épocas distintas. (Baseándonos no Nomenclátor de Entidades de Poboación, da Xunta, obtivemos que os topónimos (O) Carballo (51), com­postos de Carballo (15), (O) Carballal (71), (A) Carballeira (45), Carballeda (14), (O) Car­balledo (14), Carballido (18), (O) Carballiño (8) e outros varios máis da mesma familia léxi­ca dan un total para toda Galicia de 328 lugares poboados, sen contar campos, montes

Page 9: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

ou espazos con eses nomes, pero non habitados.) ║ O xentilicio para Carballeda de Avia é carballedés, -sa, e para Carballeda de Valdeorras, carballedego, -a, ou o xenérico valdeorrés, -sa.

O Carballiño (Vila e Conc. centro de comarca).-- É un diminutivo de carballo. Na provincia de Ourense só hai este (en toponimia maior), pero nas outras 3 provincias atópanse, polo menos, outros 19. Xentilicio: carballinés, -sa. (O Mosteiro de Oseira obtivera de Sancho IV, en 1286, o que hoxe chamaríamos unha "concesión" para celebrar unha feira mensual en Cea. E así foi durante máis de 350 anos ata que a mediados do século XVII decidiron -considerando que sería un lugar máis apropiado por ser cruce de camiños- trasladar esa feira a outra parte do seu territorio, a freguesía de San Ciprián de Señorín, concretamente ao chamado daquelas "campo do carballiño". A partir de aí ese lugar foi prosperando e medrando ata chegar a ser a vila que é hoxe, pero cun topónimo -O Carballiño- que, aínda que fose dun lugar deshabitado, xa existía antes da feira.)

O CARBALLIÑO (Comarca).-- Comprende os concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea e O Carballiño, que é a capitalidade e asemade a vila que lle da o nome moderno a toda a comarca. Os 9 concellos suman unha extensión de 552,3 km2 e unha poboación (2015) de 27.512 persoas repartidas nos lugares de 88 parroquias.

Carballizos (Calvelle, O Pereiro de Aguiar).-- Alude a unha plantación de carballos novos. Un carballizo é un exemplar novo de carballo cando aínda é máis mata ca árbore. Aquí en plural.

Carballo (lug., capitalidade e parroq. do Conc. de Verea)║ O Carballo (Milmanda, Celanova ║ Soutopenedo, San Cibrao das Viñas ║ San Xurxo, San Xoán de Río) ║ Os Carballos (A Encomenda, A Pobra de Trives ║ Castromarigo, A Veiga).-- Fitotopónimo moi abondoso que coas súas variantes e derivados forma una familia de máis de 500 lugares en toda Galicia sen contar toponimias menores. A palabra carballo designa varias especies do xénero quercus, especialmente o carballo común (Quercus robur), pero tamén se usa, acompañada de determinados adxectivos (cerquiño, rebolo, negro, mouro, …) para outras variedades. É un derivado da voz prerromana *carb-, "pedra ou planta nada entre pedras".

O Cardedo (Campo, O Irixo) ║ Cardoeiro (Betán, Baños de Molgas).-- Posibles derivados de cardo, nome de varias especies de plantas.

Cardeita (lug. da parroq. e Conc. de Sandiás).-- Antrotopónimo. Equivale a "Casa de Eita", sendo este un antropónimo medieval ben coñecido, quizais de orixe vasca onde "Aita" é pai. [Car < casa, por rotacismo do s]

Cardelle (lug. e parroq. de Boborás).-- Antrotopónimo. De *(villa) Cardelli, "[vila de] Cardellus ou Cardelius", latinos.

Cardenal (Vilameá de Ramirás, Ramirás).-- Fitotopónimo: cardén + -al, lugar onde abunda a cardén. Esta é a herba chamada tamén carvea ou carvén (Carum carvi). O P. Sarmiento falando desta planta xa advertía que "Os rústicos din cardén …". Esta variante é a que deu lugar ó topónimo.

Cardenao (O Castro de Beiro, Ourense).-- Os topónimos que empezan por Carde- poden facilmente confundirse por ter dúas posibilidades: Ser derivados de lat. cardinus, "cardo",

Page 10: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

ou proceder da expresión "casa de" (> cas de > carde). No primeiro caso esa palabra do latín serodio (clásico carduus) deu, entre outras, a forma ‘cárdeno’ referida á cor das flores dos cardos. ║ Este topónimo ten unha dificultade engadidal: Hai quen di que non é Cardenao senón Casdenao. E a propósito desta forma di J. Caridad que ven Casden-anus, derivado do nome celta Casdenus.

Cardeo (Albos, Verea).-- 'Cardo' (lat. carduus) e o nome xenérico dunhas plantas silvestres de distintas familias e especies. En latín, o seu colectivo é carduetum, que puido dar 'cardeo'. (En cambio 'cárdeo', color, -palabra da mesma familia, pero esdrúxula- ven de cardinus, "azulado".)

Cardoeiro.-- Ver O Cardedo.

Carguizoi (Tioira, Maceda).-- Di G. Navaza que equivale a "Casa Guizoi" sendo este un nome persoal de orixe xermánica, Uizoi ou Guizoi, "que tivo uso en Galicia na Idade Media".

A Carixa (Abelenda, Avión ║ lug. da parroq. e Conc. de Castrelo de Miño).-- Topónimo celta aínda que non se poida precisar un sentido preciso dada a existencia de diversas raíces posibles; karant-, kar- / car-, cara- …, todas elas con significados oronímicos.

A Carpaceira (Sagra, O Carballiño) ║ Carpaceiras (Loeda, Piñor)║ Carpazás (lug. e parroq. de Bande).-- Colectivos de carpaza sendo esta unha denominación xenérica de distintas especies botánicas. Son arbustos, pero segundo os lugares, poden ser da familia das cistáceas (carpazo, xara, etc.) ou da das ericáceas (carrasca, queiruga, etc.). A palabra carpaza é voz prerromana.

Os Carrabouxos (A Valenzá, Barbadás).-- Nome dos bugallos ou excrecencias do carballo.

Carracedo (lug. e parroq. da Peroxa ║ lug. e parroq. da Veiga ║ Milmanda, Celanova)║ Carracedo da Serra (lug. e parroq. da Gudiña) ║ Carraguedo (Penosiños, Ramirás) ║ O Carregal (O Mundil, Cartelle).-- Derivados colectivos do fitónimo carrizo, planta que tomou o nome do latín carex, caricis, "carriza", aínda que sexa moi discutido cal é a especie concreta a que se refire. A carriza actual é a Carex nigra, pero non hai seguridade de que a carriza dos romanos fose a mesma especie. É un étimo moi produtivo e así, á parte dos núcleos de poboación mencionados, atópanse por todas partes topónimos menores con nomes como Carrizal, Carriceira, Carcedo, Carraguedo, Carregoso, etc.

A Carrasca (Santa Comba de Trevoedo, Maside).-- Alude a unha planta de monte moi difícil de precisar dadas as opinións encontradas, controversia que ven de vello. Podería ser sinónima, segundo os lugares, de plantas tales como o carrizo, a carpaza, a carqueixa, a queiroa, etc. Sarmiento supón que ven de cārex, -icis, "carrizo", e Rivas ve aí a raíz preindoeuropea *car, "cousa de constitución dura".

O Carregal.-- Ver Carracedo.

Carreira (O Condado, Padrenda) ║ A Carreira (lug. da parroq. e Conc. de Celanova ║ Osmo, Cenlle ║ Grou, Lobios ║ Chandrexa, Parada de Sil ║ lugares das parroquias de Garabás e Louredo, Maside ║ Vila de Rei, Trasmiras ║ Carreiras (Santa Cruz de Grou, Lobeira) ║ As Carreiras (Millarouso, O Barco de Valdeorras) ║ A Carreiriña (Rubiás, Ramirás).-- Carreira é un derivado de ‘carro’ e a súa acepción máis vella é a de camiño de tales.

O Carreto (Sobrado, Pobra de Trives).-- É palabra común, derivada do verbo carretar (acción e

efecto). Pero, aparte diso, historicamente definía un servizo de carro que os vasallos facían

Page 11: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

ó seu señor e, posteriormente, quedou como nome dunha práctica de axuda entre veciños, que nalgures tiña un ritual tradicional de remate con festa e incluso cantigas. A algún feito concreto deste tipo pode responder o topónimo.

O Carroleiro (Ceboliño, Ourense).-- Unha forma dialectal das noces é carrolo e, consecuentemente, carroleiro é a árbore que as da. Así pois carroleiro é o mesmo que nogueira.

Carruceiro (Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense).-- O P. Sarmiento recolle a palabra caruceiro, "especie de manzano silvestre, y sus manzanillas se llaman carozos". En Asturias chámanlle carruezo ou caruezo. Na toponimia galega repítese con moitas variedades e coa alternancia de /r/ simple ou dobre: Carrocedo, Carruceiras, Caroceiro, etc.

Cartelle (lug., parroq. e Conc. da Terra de Celanova).- Antrotopónimo. De *villa Cartillii, "de Cartillius". O seu xentilicio é cartellao, -llá.

Cartelle empezou sendo a finca dun tal Cartillius.

Cartelos (Cudeiro, Ourense).-- Forma sincopada e plural de caritelo, diminutivo de caritel, "herdade, territorio murado".

Carzoá (lug. e parroq. de Cualedro).-- Parece vir de kartiola, unha voz pre-celta que significaría elevación do terreo, outeiro. A aldea está xusto ao pé dun promontorio rochoso no que houbo un castro que ben puido ser o que propiciou o nome actual.

Casa da Dona (Paradela, Castro Caldelas).-- O predicado pode referirse a unha dona, ama, propietaria, ou ser un nome propio de persoa máis ou menos desfigurado.

Casa do Vento (A Hedrada, Parada de Sil).-- Escrito así Vento, con "v", parece referirse ó vento (de ventus), pero podería aludir ó antropónimo galego Bento (de Benedictus).

Casagrande (Canedo, Ourense ║ Reza, Ourense) ║ Casagrandes (Desteriz, Padrenda).-- Xustaposición de dúas palabras comúns.

Casaio (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras).-- Dado que nalgunhas inscricións latinas que cita aparece o nome de Aio (Aius) Nicandro Ares pregúntase se ese topónimo esconderá un "Casa Aio". O nome está testemuñado na epigrafía.

Casal (Entrambosríos, A Merca ║ Amoroce, Celanova ) ║ O Casal (Acevedo do Río, Celanova

Page 12: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

║ Valongo, Cortegada ║ lug. da parroq, e Conc. de Entrimo ║ A Guía e Poulo, Gomesen­de ║ Quins, Melón).-- Aínda que hoxe "casal" ten varias acepcións (todas como derivados de casa) o sentido que se desprende polos contextos antigos é o dunha herdade ou pro­piedade de explotación agraria, incluída ou non nunha entidade maior. (Ver Casar)

Casal de Abade (Sanguñedo, Verea) ║ Casal de Bispo (Domés, Verea) ║ Casal de Cima (Rubiás, Ramirás) ║ Casal de Feás (Podentes, A Bola) ║ Casal de Morgade (San Mar­tiño de Berredo, A Bola) (Ver Morgade)║ Casal do Regueiro (Vilameá, Ramirás) ║ Casal do Río (Santa Baia de Berredo, A Bola) ║ Casal de Maus (Corvillón, A Merca) ║ Casal de Veco (Crespos, Padrenda) ║ Casal do Souto (Grou, Lobios).-- Sintagmas formados so­bre "Casal". (V.)

Casaldálvaro (Valongo, Cortegada) ║ Casaldoira (Seoane, Allariz) ║ Casaldrigo (San Lou­renzo de Fustáns, Gomesende).-- Antrotopónimos compostos con "casal" máis a preposi­ción "de" na primeira parte e un nome de persoa (máis ou menos reducido) na segunda. Respectivamente: Álvaro, Auria e Rodrigo.

A Casalta (Chandrexa, Parada de Sil).-- Composto transparente, 'casa' e' alta'.

Casandulfe (Loeda, Piñor).-- Antrotopónimo. De casa Andulfi, ou "Casa de Andulfus".

Casanova (Pardavedra, A Bola ║ Alais, Castro Caldelas ║ Melias, Coles ║ Viñoás, Nogueira de Ramuín ║ Salamonde, San Amaro ║O Mesón de Calvos, Taboadela) ║ A Casanova (Frei­xo, Celanova ║ A Barra, Coles ║ Os Pensos, Esgos ║ Fustáns, Gomesende ║ Amarante e Armeses, Maside ║ San Xoán de Moreiras, O Pereiro de Aguiar ║ Anllo e Grixoa, San Amaro ║ Rante, San Cibrao das Viñas ║ Castrelo, San Cristovo de Cea) ║ As Casas No­vas (Os Espiñeiros, Allariz ║ Navío, San Amaro ║ Armariz, Xunqueira de Ambía).-- Trans­parentes. Compostos de 'casa' e 'nova'.

O Casar (Graíces, A Peroxa ║ Osmo e Vilar de Rei, Cenlle ║ Lamas, Leiro ║ Cangues e Reádi­gos, O Irixo) ║ Casares (Abelenda das Penas, Carballeda de Avia ║ Banga, Carballiño ║ Campo, O Irixo) ║ Os Casares (lug. da parroq. e Conc. de Amoeiro ║ (Vilamaior de Cal­delas, Castro Caldelas ║ A Cidá, O Irixo) ║ Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense ║ San­guñedo, Verea ║ Armariz, Xunqueira de Ambía).-- Conxunto de casas, tanto na forma sin­gular como na plural. Nun principio facía referencia a unha casa de campo con outras de­pendencias auxiliares formando un conxunto. Derivado do lat. casale. En latín medieval era "casal", pero logo o galego (especialmente na provincia de Ourense) trocou o /l/ en /r/ e deu "casar".

Casar de María (Vales, San Cristovo de Cea).-- Transparente: "Casal de María".

Casar do Mato (Cristosende, A Teixeira ║ Esposende, Cenlle ║ Covas, Montederramo ║ Arrabaldo, Ourense ║ Beariz, San Amaro) ║ Casardomato (Canedo, Ourense ║ Grou, Lobios).-- Casares no medio dun bosque ou dunha matogueira. Nalgún caso puidera tratarse da propiedade dun tal Mattus.

Casar do Nabo (Abelenda, Avión).-- Indubidablemente está formado pola palabra Casar co

nome dun propietario ou ocupante, aínda que este nome non o poidamos precisar. Podería ser un alcume ou un nome familiar.

Casardecima (Grou, Lobios).- O Madoz chámalle, escuetamente, 'Casar' e a "Gran Enciclope­dia Gallega" dille 'Casar de Cima'. Sendo así é transparente.

Casardeita (lug. e parroq. de Ramirás ║ Macendo, Castrelo de Miño).-- Composto de "Casar"

Page 13: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

+ a preposición "de" + o nome vasco "Eita" = Casar de Eita. Este nome propio Eita podería estar relacionado con Aita, "pai".

Casardomato.-- Ver Casar do Mato.

Casarellos (Carballeda, Piñor).-- Derivado despectivo de casa a través de casar. En plural. "Casas pobres, vellas ou en ruínas".

Casares da Virxe e Casares de Refoxos (ambos de Refoxos, Cortegada).-- Plurais de "casar". Os predicados son obrigados para podelos distinguir ao ser os dous da mesma parroquia.

Casarío (Tibiás, O Pereiro de Aguiar) ║ O Casarío (Vilameá, Ramirás ║ Os Casaríos (Pinza, Viana do Bolo).-- Casa(s) de campo coas súas dependencias.

As Casarizas (Mirallos, Peroxa).-- Parece que se está a referir a casas de pouco aquel.

Casás (Chamosiños, Trasmiras).-- Plural de "casal", grupo de casais.

As Casas da Veiga (lug. e parroq. de Vilar de Santos║ As Casas dos Montes (A Granxa, Oimbra).-- Topónimos explícitos con indicación da situación desas casas. (O segundo pode estar referíndose a unha familia Montes.)

As Casas Novas.-- Ver Casanova.

Casasoá (Camba, Castro Caldelas ║ Cañón, Celanova ║ Zorelle, Maceda ║ A Abeleda, Xunqueira de Ambía).-- Composto: 'Casa soa', antes 'Casa sola'. Do lat. casa, -ae (choza, casa pobre, casa de campo) + sola (f. de solus, -a -um, "só, soa"). A evolución do 2º termo -típica de Ourense- foi sola > soa > soá.

Casasola (Freixido, Petín).-- Igual ó precedente, pero anterior no tempo. Transparente: Hoxe "casa soa".

Casbeado (Alais, Castro Caldelas).-- Segundo J.M.Piel, forma elíptica por "Casa de Beado". E Beado, alteración do nome latino Beatus. Igual que Beade.

Cascallá (Predicado de 2 lugares do concello de Rubiá: A Veiga de Cascallá e O Barrio de Cascallá. Tamén hai unha parroquia así chamada en Becerreá, Lugo).-- Temos dúas hipóteses: Ou é un antrotopónimo, por exemplo, "Casa de Callianus", ou algo relacionado con cascallo (anacos miúdos de pedra) ou con casca (cuberta exterior), palabras ambas da familia de *quassicare, lat. vulgar derivado de quassare, "estragar, quebrar".

Cascallal (Beacán, A Peroxa).-- Latín tardío quassicare, "quebrar, crebar, gretar, regañar" e de aí "cascallo". Co sufixo –al = ‘Terreo de cascallos’.

Cascarballo (lug. de San Cosme, Montederramo).-- Podería ser una redución do sintagma “Casa do carballo”. (Tamén é posible un Carballo apelido.)

Cascarreira (Figueiroá, Paderne de Allariz).-- Palabra composta de "casa" e "carreira" (camiño de carros).

Casdecid (A Carballeira, Nogueira).-- Antrotopónimo. Casa de Citi ou Cidi, nome árabe ou mozárabe.

Casdeguístola (Vilarrubín, A Peroxa).-- Seguindo a E. Rivas é "Casa de Guístola" sendo

Page 14: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

este último unha evolución do nome Vistella.

Casdelope (Seoane de Argas, San Xoán de Rio).-- Antrotopónimo. "Casa de Lope".

Casdemendo (Gargantós, S. Cibrao).-- Antrotopónimo. Casa de Menendo. (Menendo é unha transformación de Hermenexildo, orixe dos apelidos Menéndez en castelán e Méndez e Mendes en galego.)

Casdemiro (Sta. Mª de Melias, O Pereiro de Aguiar).-- Antrotopónimo. Casa de Miro (nome suevo).

Casdequille (Castrelo, San Xoán de Río).-- Antrotopónimo. Casa (de) Quillii, ou casa de Quillio.

Casdosteo (A Carballeira, Nogueira de Ramuín).-- Antrotopónimo. “Casa de Osteo”. Nome xermánico, en latín Osteus.

Caseiro (Nieva, Avión).-- Parece corresponderse coa acepción da palabra como substantivo: "Persoa que traballa a medias ou mediante arrendamento as terras dun amo ou que coi­da dos bens dunha persoa ausente" (DRAG).

Casenando (Navea, A Pobra de Trives).-- Antrotopónimo. De casam (de) Nando, ou "casa (de) Nandus".

A Caseta (Freixido, Larouco ║ As Chás, Maceda ║ Seoane Vello, Montederramo ║ Anllo, San Amaro ║ lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Espadanedo).-- Topónimos transparentes e, posiblemente, modernos. Antes sería casopa, cabana, alpendre, alboio, galpón, pendello, etc. (Anque J.Coromines data a voz "caseta", no castelán, no 1175.)

Casfarexa (Alais, Castro Caldelas).-- Composto, "Casa farexa", aínda que non poidamos identi­

ficar ese segundo elemento 'farexa'. Podería ser unha alusión ó nome xermánico Farigia, como en A Farixa.

Casferreiro (Beacán, A Peroxa).-- Síncope de ‘casa do ferreiro’ en alusión a algún con este oficio ou con este nome que tiña alí casa.

Casfigueiro (A Canda, Piñor).-- Antrotopónimo. Composto dunha forma proclítica de "casa" e un antropónimo (apelido ou alcume) 'Figueiro'.

Casgutierre (Beacán, A Peroxa).-- Antrotopónimo. Cas Gutierre < Casa de Gottieri.

A Casilla (Ourense cidade. Núcleo extrarradio entre Oira e O Vinteún).-- Termo castelán introducido a finais do século XIX coa chegada do ferrocarril para denominar as casas dos guardeses dos pasos a nivel. Neste caso a tal casa hoxe está ruinosa, pero as edificacións próximas a ela son coñecidas con ese híbrido (artigo galego e palabra castelán).

Primeiramente a dita Vyrynguela García, asy como titor dos ditos seus fillos menores, tomou e reçebeo en partiçón dél a pousa de Cas de Myro que jas ena filigresía de Santa María de Melees con todas suas perteenças, ...

Partición de bens. 1423. Vida e fala dos devanceiros

Page 15: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

A Casiña (Amoroce, Celanova).-- Transparente: casa pequena.

Casmartiño (Sta. Marta de Moreiras, O Pereiro de Aguiar).-- Antrotopónimo. Casa de Martiño. Martinus, nome latino.

Casmoniño (Coiras, Piñor).-- Antrotopónimo. "Casa (de) Munninus".

Casoio (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras).-- Fai pensar nun despectivo de casa; unha casa pequena e ruín, un casopo, unha casuca. O feito de estar en masculino incluso acentúa esa cualificación.

Caspicón (Beacán, A Peroxa).-- A primeira silaba (síncope de casa) fai pensar nun nome composto de posesor, un antrotopónimo.

Caspiñón (Sta. Marta de Moreiras, O Pereiro de Aguiar).-- Antrotopónimo. Ven de “Casa (de) Piñón", e este un hipocorístico do patronímico xermánico Guistulaz. [Grafías medievais deste nome: Pinoo e Pinono (1127), Pinione (1140)]

Castelaus (lug. e parroq. de Calvos de Randín ║ Parada de Outeiro, Vilar de Santos).-- Xentilicio referido a xentes de Castela, pero tendo en conta que esta Castela tanto puidera ser a rexión do centro de España como (con maior probabilidade) a antiga xurisdición do norte da provincia de Ourense. En Covelo (Pontevedra) hai un lugar e parroquia chamados Casteláns, que é o mesmo pero coas diferenzas dialectais consabidas.

A Castellana (Santa Cruz da Rabeda, San Cibrao das Viñas).-- Topónimo híbrido co artigo en galego e o nome en castelán. Debe de ser moderno. Posiblemente aluda a unha venda rexentada por unha muller castelá.

O Castelo (lug. da parroq. e Conc. de Chandrexa de Queixa ║ Cabeza de Vaca, Ourense ║ O Barrrio de Cascallá, Rubiá ║ Vila de Rei, Trasmiras).-- Transparente, recorda que alí houbo un castelo. A palabra castelo deriva do lat. castellum que é un diminutivo (con sufixo -ellum) de castrum e perda do /r/. Castrelo é outro diminutivo igual pero mantendo ese /r/.

Casteloais (lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa).-- Parece un xentilicio (coas formas morfolóxicas propias da zona) de xentes procedentes dalgún lugar chamado (O) Castro, quizais un que hai nese mesmo concello de Chandrexa de Queixa. ║ E.Bascuas di que é probable que sexa un composto *Castelo-alais > Casteloais. Alais é unha aldea e parroquia de Castro Caldelas, distante uns 25 km. desta.

Castiñeira (lug. e parroq. de Vilariño de Conso ║ Reádigos, O Irixo ║ Sever, Viana do Bolo) ║ A Castiñeira (Seoane, Montederramo ║ lug. da parroq. e Conc. de Punxín) ║ Castiñeiras (Pradomao, Parada de Sil ║ Puga, Toén ║ lug. da parroq. e Conc. de Vilamarín) ║ As Castiñeiras (Sas do Monte, Montederramo) ║ Castiñeiro (Vilaredá, San Xoán de Río).-- Fan referencia á árbore das castañas, o castiñeiro (Castanea sativa). Segundo algúns dicionarios ‘castiñeiras’ –en plural- úsase para se referir a terreos nos que hai algúns castiñeiros pero sen chegaren a formar souto.

Castomás (Poboeiros, Castro Caldelas).-- Antrotopónimo. "Casa (do) Tomás".

Castrelo de Miño (parroq. e Conc. da Com. do Ribeiro).-- Segue...

Castrelo do Val (lug., parroq. e Conc. da Com. de Verín).-- Segue...

Page 16: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Castrelo de Abaixo e Castrelo de Cima (lugares e parroquias de Riós) ║ Castrelo (lug. e parroq. de San Cristovo de Cea ║ parroq. de San Xoán de Río ║ Piñeiro, A Pobra de Trives ║ San Martiño de Pazó, Allariz ║ Armariz, Nogueira de Ramuín ║ Lampaza, Rairiz de Veiga).-- Un castrelo é un castro pequeno (castrum + -ellum) ou, en sentido figurado, unha pequena elevación, arredondada, de terreo. Moitos destes lugares poden responder asemade ás dúas acepcións. ║ Castrelo de Miño aparece citado na Idade Media como Castrum Minei. Nel había un mosteiro dúplice coñecido como Castrellum. ║ O xentilicio para os de Castrelo de Miño é castrelao, -lá, e para os de Castrelo do Val, castrelexo, -xa, reservándose o de valés, -sa, para aqueles habitantes deste municipio que pertencen ás parroquias que están no val.

Castrisanto (San Lourenzo de Trives, A Pobra de Trives).-- Probablemente sexa o mesmo que Castrosante (lugar e parroquia da Pobra do Brollón-Lugo-) que estuda N. Ares e do que di que en documentos antigos figura como Castro Sancti, sendo este Sancti o xenitivo de Sanctus (ou da variante Sanctius), nome persoal latino baseado no adxectivo sanctus, -a, -um, "venerable, respectable, virtuoso", palabra que logo o cristianismo asumiría co valor apelativo que ten hoxe. Ese nome propio Sanctus permanece no actual Sancho e (a través deste) no apelido Sánchez.

Castro Caldelas (parroq. e Conc., cabeza de Comarca) e O Castro de Caldelas (Vila, capitalidade de dito Conc.).-- Compostos de Castro e Caldelas. Ver Castro (seguinte) e Caldelas.Úsase caldelao, -á, para referirse ós habitantes.

O Castro de Caldelas segue conservando a primitiva referencia de "castro".

… abade do mosteyro de Sant Payo d ' Abelenda, logo o dito abade de Sant Payo presentou ante o dito liçenciado e alcalde e por nos ditos notarios fezo leer hua carta de testamento de Afonso García de Seabra, defunto, que Deus aja, escripta en purgameo de coyro e signada do signo de Juan Yanes, notario público eno Castro e terra de Caldelas á sazón,…

Testamento, 1461. Vida e fala dos devanceiros

Page 17: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Castro (Santigoso, O Barco de Valdeorras ║ Caxide, Parada de Sil) ║ O Castro (lug. e parroq. de A Pobra de Trives ║ lug. e parroq. de Sandiás ║ lug. e parroq. de Taboadela ║ Santa Baia de Berredo, A Bola ║ San Mamede de Urrós, Allariz ║ Paradela, Castro Caldelas ║ San Cosmede de Cusanca, O Irixo ║ Salamonde, San Amaro ║ Santa María de Cexo, Verea ║ Pexeiros, Viana do Bolo) ║ Castro de Covas (Covas, O Pereiro de Aguiar ) ║ Castro de Escuadro (lug. e parroq. de Maceda) ║ O Castro de Alixo (Alixo, O Barco de Valdeorras) ║ O Castro de Valdeorras (lug. e parroq. do Barco de Valdeorras) ║ O Castro de Beiro (lug. e parroq. de Ourense) ║ O Castro de Laza (lug. e parroq. de Laza).-- Topónimo moi prolífico en Galicia (o terceiro estatisticamente) onde hai 360 lugares habitados con este nome. Á parte hai, en toponimia menor, multitude de montes e paraxes con esta denominación. ║ Cando viñeron os invasores romanos déronlle o nome de castrum, -i, ós poboados indíxenas fortificados, xeralmente, nunha altura. Hoxe hai infinidade de lugares considerados como castros. Moitos deles, efectivamente, están comprobados e noutros hai vestixios ou restos, pero tamén cabe que existan emprazamentos ós que, por analoxía, o pobo chamou castros sen selo. Simplemente pola súa forma similar, por unha tradición infundada ou por un acceso dificultoso. ¡Cando non hai lendas de mouras e castros sen haber unha cousa nin outra! Con isto quero dicir que non todos os topónimos chamados así necesariamente se teñan que corresponder cun castro histórico. Aparte diso hai sitios nos que un castro deu nome a toda unha parroquia e, posteriormente, ese nome pasou a un lugar concreto, ó mellor a unhas leguas do sitio. Noutros casos asignáronlle o topónimo a un casarío, próximo ó castro, pero non necesariamente no propio solar. (Quizais sexa o caso máis común.) ║ Hai castros que nun momento da súa historia foron reconvertidos en castelos e logo, fóra deste, ó seu derredor, foise formando unha vila, pero o topónimo dese vila seguiu sendo O Castro. O de Castro Caldelas e o de Valdeorras son un exemplo disto.

Na Vila do Castro de Valdeorras destaca a torre do castelo medieval, edificado sobre un castro anterior. Pese ó cambio de construcción seguíuse chamando O Castro.

Castromao (lug.e parroq. de Celanova ║ lug. e parroq. da Veiga ║ Castrelo, San Xoán de Río).-- A explicación máis repetida é a de que se trata dunha evolución do nome "Castro Malo", castro que por algunha razón sería cualificado dese xeito. Sen embargo hai quen cuestiona isto aducindo que "mao" non procede do lat. malus senón doutra forma que podería ser o adxectivo celta mago, "grande", ou algún

Page 18: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

antropónimo como, concretamente, o celta Malo ou Mallus. ║ En canto ó de Celanova pódese decir que a aldea que actualmente se chama Castromao está ó pé do monte onde estivo o castro. Enténdese que este se corresponde coa cidade de Coeliobriga a cal, segundo Ptolomeo, era a capital dos coelerni.

Castromarigo (lug. e parroq. da Veiga).-- Antrotopónimo. "Castrum (de) Malaricus".

Castromil (lug. e parroq. da Mezquita).-- Antrotopónimo. Composto latino-xermánico derivado de Castrum Miri, "Castro de Mirus". Tamén podería ser, simplemente, o xenitivo de Castemirus.

Castroverde (lug. e parroq. da Veiga).-- Combinación transparente de "castro" coa cor "verde", quizais por unha profusa vexetación.

Casundila (S. Xes da Peroxa, Peroxa).-- Aparenta ser a casa de alguén chamado Undila ou parecido.

Casvasco (Amoroce, Celanova).-- Antrotopónimo, "Casa de Velasco".

O Caudillo (Arnuide, Vilar de Barrio).-- Paraxe da serra de San Mamede que foi comprado polo Estado nos anos 50 para construír unha residencia de verán para Franco, proxecto que non chegou a materializarse. Hoxe está ocupado polas Corcerizas, un centro de educación ambiental xestionado pola asociación ecoloxista Amigos da Terra.

Cavadas (Osoño, Vilardevós).-- Procede dun (terras) cavatas, formado este último polo participio do verbo latino cavare, "cavar". Aplícase a un monte ou terreo cavado para facelo labradío.

Cavadoiro (Acevedo do Río, Celanova).-- Cavadoiro, en principio, é unha ferramenta de labranza. Pero como topónimo soa máis ben (polo sufixo -oiro) a "sitio onde se cava". O lat. cavatus, a, um, adx., é "cousa cavada, afondada."

A Caveanca (Beiro, Ourense).-- Na linguaxe común unha ‘cavianca’ é unha valgada pequena, pouco profunda. Caveanca pode ser unha variante da mesma palabra.

Caxamonde (Figueiroá, Paderne de Allariz).-- Parece un antrotopónimo dalgún nome xermánico dos moitos que remataban en -mundus, xenitivo -mundi. (O vocábulo munda nos nomes de orixe gótica significaba "protección".)

Caxide (lug. e parroq. de Parada de Sil).-- Antrotopónimo. De *(villa) Cagiti, "[vila de] Cagitus".

O Cazapedo (A Encomenda, A Pobra de Trives).-- Lugar de cría de cazapos (coellos novos), ó que en portugués chaman caçapeira e en castelán gazapera.

Cazarrancas (Longos, San Cristovo de Cea).-- Antrotopónimo de orixe celta. Explica Joaquín Caridad que está formado sobre *Catharanicas, que é unha forma posesiva do nome persoal Catharanus. Este, á súa vez, contén o elemento celta 'catha' (ou 'caza') que significa "combate" ou "combatente".

Cazurraque (Vales, San Cristovo de Cea).-- Antrotopónimo equivalente a "Casa (de) Urraca" ou Urrache". ║ Esta é unha explicación xeneralizada e repetida en múltiples medios, pero J.M.Piel nun artigo seu no portugués Boletim de Filología (1983), tratando este topónimo e outros galegos e portugueses similares, pono en relación co nome común 'cazurro'. Cazurro hoxe sería un sinónimo de cabezán, teimudo oi testán, pero na idade media era un tipo de xograr. Así como había zaharróns, remedadores, bufóns, xograres de xesta,

Page 19: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

goliardos, etc. estaban tamén os cazurros. Afonso X consideraba ós "xograres cazurros" coma aqueles "que mostran o seu saber vil e sen gracia en rúas e prazas". É dicir os que facían unha poesía popular de pouca valía. Aparte diso o sufixo -aque denota unha certa displicencia. Así Cazurraque podería estar referíndose a un seudo-trovador deste tipo.

Cea (vila e parroq. de San Cristovo de Cea).- "Cea" é o nome da vila sendo o nome do Concello desde 1920 o de "San Cristobal de Cea", agora "San Cristovo de Cea". En León hai tamén un concello chamado Cea que os historiadores identifican co Cigia citado por Ptolomeo. O noso Cea, evidentemente, non é o mesmo lugar, pero os nomes si que poden ter unha etimoloxía común. O parecer máis estendido é o de que se trata dun hidrónimo prerromano, Cegia ou Cigia, procedente dunha raíz *kik-, "brotar, pingar". ║ A web do Concello di que documentalmente aparece escrito Ceia, Çea, Zea, e que o nome orixinario era unha palabra celta co dobre significado de muralla e pradeira.

Ceboliño (lug. e parroq. de Ourense).-- Alude a un sementeiro de cebolas novas para transplantar. Ten a forma dun singular con uso colectivo. (Diminutivo de ‘cebola’, palabra derivada do lat. cepulla).

Cebral (Foufe, O Irixo) ║ Cebreiros (Covas, O Pereiro de Aguiar) ║ Cibreiro (Astureses, Boborás).-- Suponse que están relacionados co latín equus zebra, "cabalo salvaxe", e que poderían ser lugares arriscados, frecuentados por burros ou cabalos bravos ou, máis concretamente, polos ‘cebros’ (asnos salvaxes), especie extinguida no século XIV, que foi o que deu nome –ó traveso do portugués- á cebra africana. Con todo, para aseguralo cumpriría atopar documentación antiga que non contradixese esa opción pois tamén podería ser, ó menos nalgún caso, que se referise ó nome da planta acevo ou acivro con aférese do a inicial.

Cela de Abaixo e Cela de Arriba (lugares da parroq. e Conc. de Padrenda) ║ A Cela (lug. e parroq. de Lobios).-- Derivan do lat. cella, pero dado os distintos significados desta palabra en latín (celeiro, almacén, cuarto pequeno, santuario, etc.) non se pode precisar a primitiva motivación.

Celaguantes (lug. e parroq. da Peroxa).-- Do sintagma latino cellaquaorantes = cella qua orantes, ‘cela na que (están) os orantes’. Correspóndese coa presenza dun mosteiro, documentado no ano 853 coma o "monasterium quod dicunt Cellahiocorantes …" (Precisamente nesa parroquia hai un lugar chamado Santa Baia que ben podería ser esa cela-de-orantes.) Hai especialistas que rexeitan esta explicación. A parte final podería suxerir un xentilicio.

Celanova (Vila, Conc. e cabeza de Com.).-- O nome deriva do lat. cella nova, igual que o dunha localidade de León, onde evolucionou a Cillanueva. Cella en latín podía ser un celeiro, unha despensa, ou un cuarto pequeno. Parece ser que no latín medieval, ademais, foi usado para designar a cela dun eremita e, máis tarde, todo o convento. Este parece ser o caso que nos ocupa, pero o feito de levar aparellado o adxectivo "nova" induce a pensar que antes quizá houbese outra máis vella. Esta, simplemente, podería ser a cela individual dun ermitán ou anacoreta substituída logo por todo un edificio comunal. ║ O xentilicio é celanovés, -sa.

Estas leyras que vendo a vos jazen en friigressia de san Christovoo de Çea et vendoas a vos con suas entradas et seydas por prezo nomeado, …

Venda de 1275.- Sta. María de Oseira

Page 20: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

O que empezou sendo unha humilde cela son hoxe vila e concello.

CELANOVA (Comarca).-- Ver "Terra de Celanova".

A Celareira (parroq. e Conc. de Xunqueira de Espadanedo).-- Parece o feminino de 'celareiro', palabra que os dicionarios definen como celador, coidador, provedor ou, máis propiamente, 'encargado da despensa dun convento'. Vén do lat. cellerarius, "despenseiro". O lugar está a pouca distancia do Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo co cal puidera ter algunha relación. (O feito de estar en feminino fai pensar nalgunha turbia historia dalgún frade dese cargo, pero, naturalmente, isto non é máis ca unha maledicencia gratuíta.)

Celavente (l. e parroq. do Bolo).-- Antes (1029) era Cellavalenti, un composto de cela e Valenti. O primeiro elemento (lat. cella) xa vimos que, aparte de cuarto dun relixioso, era unha despensa ou bodega. O segundo é o xenitivo de Valentius. Cellavalenti hoxe probablemente sería "A bodega de Valencio".

Celeirón (Asadur, Maceda ║ As Paradellas, Parada de Sil ║ Puga, Toén) ║ Celeirós (Pedrafita, A Teixeira).-- Aínda que non o pareza "Celeirón" (singular) e "Celeirós" (plural) son diminutivos de "Celeiro". (V. Celeiros)

Celeiros (lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa ║San Vitorio da Mezquita, A Merca ║ A Carballeira, Nogueira de Ramuín ║ Cambela, O Bolo).-- Celeiro é unha bodega ou un

Facta carta venditionis sub era Ma CCa LIIIIa, regnante in Legione rege Alfonso; in Auria episcopus Fernandus Menendi; tenente Limiam Fernandus Goterri; in Cellanova abbas Pelagius Cerdelino; in Sancta Cruce Petrus Munionis; in Ramiranes Ona Orracha Petri.

Datos dunha venda. 1216. San Pedro de Ramirás.

Page 21: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

almacén, propiamente un ‘almacén de cereais’. Do latín cillario, na idade Media eran aquelas dependencias dos mosteiros, rexentadas polos celeireiros, onde se recollían os produtos.

Celme (Ordes, Rairiz de Veiga).-- Do antropónimo greco-latino Celmis.

Cendóns (lug.da parroq. e Conc. de Avión).-- "Cendón" é un antropónimo hispano-gótico (vencellado á palabra kindins, "xefe, guieiro"). Dese nome saíu o actual apelido homófono así como este topónimo. Este pode estar referido tanto a un plural do centenario nome coma do posterior apelido.

Cenlle (lug., parroq. e Conc. da Com. do Ribeiro).-- Escrito no século XIII como Çenlle ou Çeenlle. Está formado sobre o antropónimo Senildi, o cal tanto pode ser un nome feminino coma o xenitivo do masculino Senildus. Xentilicio: cenllés, -llesa, e cenlleiro, -eira.

Centeás (Señorín, O Carballiño).-- Plural de "centeal" sendo este (lat. centenale) un campo de centeo, a gramínea Secale cereale.

A Cepada (San Cosme, Montederramo).-- Relacionado con "cepa" pode ter dous sentidos: a plantación de cepas de viña ou o resultado de cepar (podar, espolar, decotar).

Cepedelo (lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ O Cepedo (León, Vilamarín).-- Cepedelo (en diminutivo) ou Cepedo aluden a cepas (cepos, tocos, cotóns, …) ou máis recisamente a terreos con esas pezas de cortes de árbores. Cepa + etum : “lugar onde hai moitos cepos”.

Cerdal (Veiga, A Bola ║ Poulo, Gomesende) ║ Cerdedelo (lug. e parroq. de Laza) ║ Cerdediño (Vilameá, Ramirás, onde tamén hai Cerdedo) ║ Cerdedo (Acevedo do Río, Celanova ║ Melias, Coles ║ Couso de Salas, Muíños ║ Vilameá, Ramirás) ║ Cerdeira (lug. e parroq. de San Xoán de Río ║ Guntín, Os Blancos ║ A Graña, Xunqueira de Ambía) ║ Cerdeira de Abaixo e Cerdeira de Arriba (O Regueiro, O Irixo) ║ Cerdeiral (Zaparín, Cortegada) ║ As Cerdeiras (Armental, A Peroxa ║ Forcas, Parada de Sil) ║ Cerdeiro (Monte Redondo, Padrenda) ║ Cerdeiroa (Nieva, Avión) ║ Os Cerdeiros (Paradela, Castro Caldelas ║ As Cabanas, San Xoán de Río).-- Todos eles, con distintas circunstancias, se refiren á cerdeira (nalgúns lugares cerdeiro ou cereixeira), a árbore froiteira das cereixas (Prunus avium).

A Cernada (San Pedro de Rocas, Esgos) ║ Cernadas (lug. da parroq. e Conc. de Avión) ║ Cernado (lug. e parroq. de Manzaneda).-- Cernada ven de terra cinerata, "terra incinerada, queimada". Ben como resultado dunha laboura de roturación e roza dun monte, ben a consecuencia dun incendio forestal. A forma plural e a do masculino son variantes do mesmo.

Cernadela (Pitelos, Verea).-- Cernada pequena. (V. Cernada)

Cernego (lug. e parroq. de Vilamartín de Valdeorras).-- Lat. tardío cerniculum, "cúspide, cerro", derivado, á súa vez, do lat. cirrus, "crencha, guedella, pelo crespo". O lugar exténdese pola ladeira dun outeiro, case na cima.

Cerradao (Vilariño, O Pereiro de Aguiar).-- Pode ser un xentilicio de Cerreda, lugar do concello veciño de Nogueira. A terminación -ao é a solución ourensá do lat. -ano.

Cerreda (lug. e parroq. de Nogueira de Ramuín) ║ Cerredelo (Couso de Limia, Sandiás).--

Page 22: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Topónimo controvertido sobre o que hai tantas opinións que é como se non houbera ningunha. Por exemplo, hai quen o deriva dunha especie de carballo, o Quercus cerris, coñecido en Galicia como carballo turco ou cabeludo, pero que é foráneo e con moi escasa presenza. Outros relaciónano con "cerro", do lat. cirrus, "rizo", voz que primeiro se aplicou á crin do cabalo e logo ó lombo dun monte, mais apenas usado en galego que prefire lomba, lombeiro, penela, toutizo, outeiro, etc. Tamén hai quen o relaciona co verbo cerrar, como palabra paralela a cerrado, zarra ou cercado. Con todo a terminación -eda (seguramente do sufixo latino -eta) fai pensar nunha foresta ou bosque de algo. Cerredelo é un diminutivo (lat. -ellu).

Cerval (Fontefría, Amoeiro).-- Sitio de cervos (Cervus elaphus). Ou de ‘lobo cerval’, outro nome do lince (Lynx pardinus).

Cesures (lug. e parroq. do Barco de Valdeorras).-- Segundo F. Cabezas: do lat. caedere, "cortar",o que aludiría a unha cortadura ou desnivel do terreo. N. Ares (falando de Cesuras), sen negar esa posibilidade apunta que tamén puidera ser de cessuras, do verbo cedo, "ceder", aludindo a algunha obrigación de 'ceder' herdades por dereitos sucesorios.

Cesuris (lug. e parroq. de Manzaneda).- Ver anterior. ║ Tamén podería derivar do xentilicio Caesarius ou dun antropónimo celta como Cesurius.

Chabasqueira (Santiago das Caldas, Ourense).-- Nun dicionario portugués di: “Chavasqueira. s.f. terra impropia para cultivar, chavascal”, e noutro Portugués-Español: “Chavasqueira: f. Erial, gándara, tierra estéril.” Como esas definicións concordan coa realidade do lugar onde casas e camiños están asentados sobre rocha pura non hai dúbida de que ese é o significado. Só cabe unha pregunta: ¿Poñeríalle o nome un portugués ou pertencería esa palabra ó galego antigo?.

A Chabola (Albán, Coles) ║ As Chabolas (Sadurnín, Cenlle║ Sanín, Ribadavia).-- Do vasco txabola "casoupa, caseta", palabra xa asimilada tanto polo galego coma polo castelán.

Chacín (Bóveda de Amoeiro, Amoeiro).-- Antrotopónimo. De *Villa Placini (de Placinus, nome latino).

O Chaguacedo (Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas).-- Fitónimo referido ao chaguazo, arbusto da familia das cistáceas. A pesar dos dicionarios hoxe é un tanto difícil precisar cal é a súa categoría botánica. Sarmiento di que chagazo é outro nome da carpaza (Cistus hirsutus), "jara" en castelán. Sobreira fala de chaguazo como sinónimo, tamén, de carpaza. Crespo Pozo da chougazo como unha erica equivalente ó brezo castelán.

Chaguazoso (lug. e parroq. da Mezquita ║ lug. e parroq. de Vilariño de Conso).-- [O Chaguazoso de Vilariño de Conso é a aldea da provincia situada a máis altitude, case 1.500 metros. Cerca dela hai a morena dun glaciar.] A palabra Chaguazoso é un adxectivo aplicable a un terreo no que abonda a auga todo o ano. Como augacento ou brañento.

A Chaira (Abeleda, A Teixeira║ Santa Marta de Moreiras, O Pereiro de Aguiar).-- Palabra común: Grande extensión de terreo chan.

Chamosiños (lug. e parroq. de Trasmiras) ║ Chamoso (lug. da parroq. e Conc. de Parada de Sil).-- Lugares onde se recollen guizos ou garabullos para facer lume. A palabra está relacionada con chama (lume) ou chamear, por derivacións de flamma, "chama".

Chan do Crego, Chan do Forno e Chan do Souto (Os tres no Concello de Padrenda. Os

Page 23: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

dous primeiros na parroq. de Monte Redondo e o 3º na da propia Padrenda).-- Planicies máis ou menos extensas. (Planus > chano > chao/chan ), cada unha co seu predicado para identificala dentro do concello.

Chandoiro (lug. e parroq. do Bolo).-- O Dic. Estraviz trae 'chandoiro' como s. m. e a acepción de

"Cousa velha, feia, estragada". Sen embargo é dubidoso que esta fose a motivación do topónimo. Parece máis aceptable algunha relación coa palabra chan, por exemplo, algo similar a un achaidoiro. Este, segundo o Dic. de Carré Alvarellos é un "lugar llano en un monte donde puede situarse el carro para cargar maderas, leñas, etc.". Chandoiro ben podería ser algo similar se non o mesmo.

Chandrexa (parroq. de Parada de Sil).-- Ver seguinte.

Chandrexa de Queixa (lug., parroq. e Conc. da Terra de Trives).-- Chandrexa é "chan da igrexa" (planu de ecclesia), e a segunda parte, "queixada, depresión en forma de caixa". Poden usarse dous xentilicios: queixalao, -lá ou chandrexao, -xá.

Chantada (Beiro, Ourense).-- Pode facer referencia a unha pedrafita prehistórica (un menhir). Xeralmente este nome procede do latín pedra plantata, que por elisión da 1ª palabra e evolución da 2ª (palatización do grupo pl) quédase en ‘chantada’. Por outro lado é palabra da fala común. (Participio feminino do verbo chantar, ‘cravar, espetar’.) Nalgúns documentos medievais fálase de ‘pedra chantada’ para referirse a un marco de lindes. Con este precedente é admisible que por alí houbese unha pedra chantada que marcase unha divisoria entre dúas ou máis xurisdicións antigas. Con todo non se pode deixar de considerar a posibilidade de ser un participio de plantare, referido a un vexetal.

O Chao (Casteligo, Chandrexa de Queixa ║ Vilela, Punxín) ║ Chaos (Berredo, A Bola ║Santa Comba, Lobeira) ║ Os Chaos (lug. da parroq. e Conc. da Arnoia ║ Poulo, Gomesende) ║ Chao de Castro (lug. e parroq. do Bolo) ║ Chao das Donas (Xava, O Bolo).-- Chao é a forma de pronunciar en Ourense o actualmente normativo "chan", substantivo masculino. (Ver Chan do Crego, …)

Chaodarcas (parroq. do Pereiro de Aguiar) ║ Chaodarcas de Arriba e Chaodarcas de Abaixo (lugares desa parroq. de Chaodarcas, O Pereiro).-- Chao (latín planus) é palabra común, substituída por ‘chan’ noutros lugares. En canto a ‘arca’, é palabra tamén común (caixa grande, xeralmente de madeira), pero como topónimo é de supoñer que se refira a mámoas megalíticas.

A Chapa (Ourense cidade).-- É un barrio semi-rural detrás da estación do F.C. Este substantivo en toponimia serve para designar pedras planas ou laxes. A palabra é de orixe prerromana.

As Chás (parroq. de Maceda ║ lug. e parroq. de Montederramo ║lug. e parroq. de Oímbra).-- Feminino plural de "chán", palabra do léxico común. Refírese a unhas planicies que destacan nunha zona accidentada, feito suficiente como para ser considerado como referencia toponímica.

… e hun casar en Casdiego, su signo de San Pedro de Chandegreja de Queixa, e outro casar en Candedo, su signo da Santa María…

Testamento. Vida e fala dos devanceiros.- 1291

Page 24: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Chavéan (lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa).-- Nome de posesor procedente dun *villa Flaviani, e dicir, "de Flavianus", antropónimo latino.

Chaveanciños (Chaveán, Chandrexa de Queixa).-- Está na mesma parroquia do anterior e a moi curta distancia tendo a forma diminutiva deste coma se fora unha dependencia súa.

Chedas (Mociños, Quintela de Leirado).-- "Cheda", segundo os dicionarios, é unha peza do carro. Concretamente cada un dos dous largueiros laterais onde se encaixan os estadullos. Sen embargo, toponímicamente, parece ser que fai relación a unha acepción anterior, derivada do celta *cleta, "valado ou cerca", que posiblemente en galego tivese o mesmo valor. Así "Chedas" estaría nomeando un conxunto de terreos cercados ou, tanto ten, o grupo de cercas. (Obsérvese que, semanticamente, hai unha certa afinidade entre a cheda-cercado e as chedas do carro que marcan os seus lindes exteriores.)

Chelos (San Cosmede de Cusanca, O Irixo) ║ Os Chelos (San Vicente de Leira, Vilamartín de Valdeorras).-- Topónimo emparentado cos anteriores "Chao", "Chán" e "Chás" xa que este se refire a "chairas pequenas", derivado do lat. planellu.

As Chousas (Acevedo do Río, Celanova).-- Podería referirse a unha porción de monte coutada ou a unha terra de labor cercada. Nalgúns sitios son, concretamente, toxeiras cerradas. (Para o cultivo do toxo, aínda que pareza raro.) En calquera caso ven do lat. clausa, "cerrada", participio de claudere.

A Chousela (Piñeira der Arcos, Sandiás).-- É unha chousa pequena. (Ver anterior)

A Chouzana (O Río, Vilamarín ║ Armariz, Xunqueira de Ambía).-- Podería ser como "chousa", porción de monte, viña, etc., cercada. Participio clausa, do verbo latino claudere, "cerrar". Ou un derivado de 'chouza', caseta rústica.

Churide (Bieite, Leiro),-- Antrotopónimo formado a partir de Floriti, xenitivo de Floritus, nome latino.

Cibrán (O Río, Vilamarín).-- Antrotopónimo. De Villa Cipriani (de Ciprianus, nome latino)

Cibreiro (Astureses, Boborás).-- Ver Cebral.

A Cidá (parroq. do Irixo).-- De civitas, -is, "conxunto de cidadáns", hoxe "cidade". Posiblemente o topónimo estivese motivado pola presenza de construcións antigas, quizais castros.

Cigarrosa (Albos, Verea).-- Podería referirse a un lugar abundante en cigarras. A cigarra, é un insecto "cantor" da familia dos cicádidos, Cicada plebeia. ║ A ponte da Cigarrosa, na Rúa, puidera ter que ver co Forum Gigurrorum, a capital dos gigurros, aínda que a evolución resulta un tanto forzada. Pero nese caso, sendo así, ese lugar non tería nada que ver con estoutra Cigarrosa de Verea pois non consta que aquí houbese gigurros.

… vendo e outorgo a vos Maria de Ben d ' Argimirãẽs e a toda vosa voz huna leyra derdade en Azevedo, en logar que chaman Outeyro, e iaz entre a nogeyra grande da huna parte et ho penedo da outra, a qual foy de Maria Stevẽẽz de Milmanda; e quanto herdamento eu ey en Chousas, que est en Azevedo.

Venda. 1283. San Pedro de Ramirás.

Page 25: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Cima da Aldea (Castromao, A Veiga ║ Castromarigo, A Veiga).-- Transparentes. (O emprego da palabra aldea, que é un préstamo árabe (de al-day'a), indícanos que é un topónimo posterior ós similares de "Cima de Vila".)

Cima da Costa (O Castro de Beiro, Ourense).-- Transparente. Refírese ás casas que hai na parte máis alta da costa de Canedo, tamén coñecida, ironicamente, pola súa gran pendente, como "costiña".

Cima de Ribeira (lug. e parroq. de Xinzo de Limia).-- Parte alta da beira dun río. Este río é o chamado do Mosteiro. No concello existen 3 parroquias contiguas co mesmo predicado: Cima de Ribeira, Mosteiro de Ribeira e Parada de Ribeira.

Cima de Vila (lugares das parroqs. de Banga, Cabanelas e O Barón, O Carballiño ║ Proente, A Merca ║ Lumeares, A Teixeira ║ Rouzós, Amoeiro ║ Cadós, Bande ║ Faramontaos, Carballeda de Avia ║ Vilar de Rei, Cenlle ║ Sto. Eusebio da Peroxa, Coles ║ Rañestres, Maside ║ Melón, Melón ║ Trado, Pontedeva ║ Redemuíños, Quintela de Leirado ║ Castrelo, San Xoán de Río ║ A Abeleda, Xunqueira de Ambía) ║ Cimadevila (lug. da parroq. e Conc. de Barbadás, onde está a Casa Consistorial ║ lug. da parroq. e Conc. da Rúa de Valdeorras ║ lugares das parroqs. do Pao, do Val e de Fustáns, do Conc. de Gomesende ║ lug. da parroq. e Conc. de Laza ║ lugs. das parroqs. de Grou e Lobios, Lobios ║ Navea, A Pobra de Trives ║Tioira, Maceda ║ San Martiño, Manzaneda ║ Marrubio, Montederramo ║ S. Miguel do Campo, Nogueira de Ramuín ║ Sta.María de Melias, O Pereiro de Aguiar ║ Sta. Marta de Moreiras, O Pereiro de Aguiar).-- Designan a parte máis alta dun lugar habitado. A palabra "vila", neste caso, alude a unha xurisdición, máis ou menos compacta, dado que tanto se pode referir a un núcleo concentrado (como sería o caso do Ourense medieval no que Cima de Vila era a actual praza do Correxidor) como a un hábitat máis ciscado (por exemplo o Cimadevila de Barbadás onde "vila" comprende todos os casares dispersos que hai de aí para abaixo na parroquia, repartidos pola ladeira do val). Esa acepción de vila, pese a non coincidir con ningunha nosa actual, vese que estaba xeneralizada nun contexto de uniformidade lingüística. En Galicia hai 51 lugares coa forma Cimadevila e 66 coa de Cima de Vila, repartidos por todo o país, pese a correspondérense a un tempo no que non había medios de comunicación social nin autoridades académicas que puidesen impoñer a fórmula. A diferenza de escritura é intranscendente.

Cinco Nogueiras (Vilarrubín, A Peroxa).-- Pode que non sexan nin 5 nin nogueiras. Quizais proveña dun nome celta composto: a forma cing, "guerreiro" (houbo un rei Cing-etorix) e o nome propio Nucerius ou o feminino Onoguera. Cinc-onoguera podería ser a ‘guerreira Onoguera’. A etimoloxía popular encargaríase de darlle unha forma recoñecible, aínda que falsa. (Na provincia de Zaragoza hai un concello chamado Cinco Olivas, que é un caso similar.)

Cinseiro (Moura, Nogueira de Ramuín).-- Do latín cinisarium, lugar abundante en cinza. Restos dun incendio ou dunha queima.

Cirós (Veiga, A Bola).-- Fitotopónimo relacionado con algún tipo de ameixeira, concretamente con ciroleiras. Unha ciroleira ou ciroleiro que da cirolas de cor branca debe o nome o adxectivo latino cereus, a, um, "de cor da cera".

O Cirro (Sta. Cruz de Arrabaldo, Ourense).-- Latín cirrus, "rizo, crina do cabalo". Aplícase a “cerros”, con forma de lombo de cabalo.

Page 26: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Cobreiros (Albos, Verea).-- Formado sobre a palabra latina colubrarius, a cal, á súa vez, é un derivado de coluber, -bri ou de colubra, -ae ("cobra, serpente" en ambos casos, masculino e feminino respectivamente.)

Cochos (Monte Redondo, Padrenda).-- Derivado do lat. concha (seguramente a través dun tardío *cocculu), o cal tendo varios significados relacionados coa idea de concavidade serviu para formar diversos topónimos de terreos con esa forma.

Codesal ou Ponte Codesal (Barrio de Ourense) ║ Codesás (Quins, Melón) ║ Codeseda (Cornoces, Amoeiro) ║ Codesedo (San Cibrao de Armental, A Peroxa) ║ Codosedo (lug. e parroq. de Sarreaus).-- Sitios onde abonda o codeso < lat. *cutissu, arbusto da familia das leguminosas (cytisus albus e outros). Codesás (escrito Codessaes no século XIII) é plural de Codesal. (O primeiro topónimo citado pervivíu nunha ponte á que deu nome e que en 1984 foi trasladada á Cabeanca.)

Coedo (lug. e parroq. de Allariz ║ lug. e parroq. do Barco de Valdeorras) ║ O Coedo (A Pena, Cenlle).-- Para Moralejo Laso deriva de coio, "coio, pelouro, canto", pero para outros autores faino de caulis, "col, verza", a Brassica oleracea.

Os Coíñás (Antes de Cudeiro, Ourense).-- Topónimo transparente: coíñás é o plural de coiñal, “lugar de coios”. Efectivamente a terra dese sitio é unha mestura de coios e sábrego.

A Coira (Folgoso, Allariz) ║ Coiras (lug. e parroq. de Piñor).-- Unha "coira" era, en tempos, un marco, xeralmente de pedra, que delimitaba territorios ou xurisdicións. (Posiblemente do prerromano *cor-, "pedra, altura".) Moitas veces usábanse coma tales pedrafitas preexistentes á demarcación. Por iso é doado que nalgún lugar coexista o recordo das dúas realidades: límite e monumento megalítico. En Galicia quedan 7 lugares chamados (A) Coira e varios máis de nomes parecidos que puideran ter, ou non, algunha relación.

Coles (parroq. e Conc. da Com. de Ourense).-- Do latín collis, "altura". (Esa palabra latina non pervivíu en galego -salvo neste topónimo- pero deu ‘collado’ en castelán e collina en italiano, logo importada polo castelán como colina.) O xentilicio de Coles é colés, -sa.

Compostela (A Mezquita, A Merca ║ Manín, Lobios).-- Probablemente dunha forma *compositella, diminutivo de composita, participio do verbo componere, "compoñer, formar, construír". Serviría para designar unha construción pequena, pero ben feita, xeitosa. Se consideramos o sufixo de diminutivo como afectivo poderíamos traducilo por "Ben feitiña".

A Conchada (Palmés, Ourense ║ Moreiras, Toén).-- Do latín conchula, diminutivo de "concha", referido a un terreo con esta forma, unha concavidade na ladeira da montaña. ║ Tamén os derivados de conchula poden facer referencia as noces ou ás nogueiras pois eses froitos en moitas partes son chamados ‘conchos’. ║ Tamén hai que ter presente á ‘herba concheira’ (a escrofularia nodosa).

As Conchas (Santa Cruz de Grou, Lobeira).-- Derivado do latín concha alude a un terreo situado entre concavidades.

Conchouso (Brués, Boborás) ║ O Conchouso (Gueral, A Peroxa ║ Vilarrubín, tamén na Peroxa).-- Correspóndese con lugares cóncavos ou deprimidos. Do latín conclausu, "horta pechada".

Condado (Rante, San Cibrao das Viñas ║ O Condado ( lug. principal da parroq. de Sta.

Page 27: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

María de Melias, O Pereiro de Aguiar ║ lug. e parroq. de Padrenda).-- Aínda que a primeira vista poida parecer que se está referindo ao territorio dun conde medieval -e así será en moitos casos- non se pode desdeñar o feito de que condado -ou condate- sexa unha palabra orixinariamente celta que tiña o significado de "confluencia de dúas correntes de auga". ║ Outra pista: O Dicionario E. Estraviz da como terceira acepción de "condado" o seguinte: " Cada um dos quadros em que se divide uma leira de cultivo para semeá-la de diversos cultivos".

Condelle (Trabazos, Castro Caldelas).-- Nome de posesor procedente dun *(villa) Gundelli, de Gundellus. (Igual en Gontelle.)

Condes (San Vitoiro da Mezquita, Allariz) ║ Condes de Abaixo e Condes de Arriba (senllos lugares da parroq. e Conc. de Punxín)║ Vilar de Condes (lug. e parroq. de Carballeda de Avia).-- A palabra 'conde' procede de comes, -itis, que en principio significaba "compañeiro". Pero máis tarde, ó aplicarse este nome ós compañeiros do rei foi adquirindo un matiz de clase social. Para suplir esta especialización, xa co lat. serodio, botouse man doutra palabra sinónima, companio, -onis, (formada con compania + panis = "comer dun mesmo pan") que foi a que perdurou para "compañeiro". Os topónimos que estamos a ver probablemente deban o nome a uns grupos de "compañeiros", na acepción primitiva, pero tampouco non se pode rexeitar que nalgún caso (hai 13 en Galicia) haxa algunha afinidade cos condes nobiliarios. ¿Residencia? ¿Propiedades? ¿Burla a uns presuntuosos?

A Condomiña (lugares das parroqs. de Campo e Dadín, ambas no Irixo).-- Do lat. cumdominium, alusivo a unha propiedade de varios donos. Podería ser un monte comunal. Correspóndese co catalán La Coromina.

Congostro (lug. e parroq. de Rairiz de Veiga ║ Monte Redondo, Padrenda).-- Do lat. congustus, "estreito, angosto", polo accidentado do terreo. (En galego antigo unha 'congostra' era un camiño de carro, estreito e fondo.)

Conso (lug. e parroq. -Santiago- do Conc. de Vilariño de Conso) ║ Vilariño de Conso (Concello da Comarca de Viana así como outro lugar e outra parroquia -San Martiño- , dese mesmo concllo).-- O río Conso nace na Serra de San Mamede e desemboca no Bibei. Non sabemos se o primeiro lugar deu nome ó río ou viceversa. Conso é a mesma palabra ca Couso, tras un efecto de nasalización. Do lat. popular capsu, "caixa", igual que aquel. (V. Couso)

Córcores (lug. e parroq. de Avión).-- Podería ser un plural (un colectivo) de corco. Corco (do lat. quercus) é un nome vulgar que dan en León e Asturias á sobreira ou ó cerquiño, Quercus suber e Quercus pyrenaica, respectivamente. Na etimoloxía desa palabra vislúmbrase a raíz preindoeuropea *K-R-, "rocha, cousa dura, planta de monte (dura)" a cal témola, incluso duplicada, no topónimo estudado. Este ben puido formarse directamente, en tempos prehistóricos, sobre esa raíz.

Cordelle (A Hedrada, Parada de Sil) ║ Cordelle de Abaixo (As Chás, Montederramo).-- Antrotopónimo. De *(villa) Cordelii, ou sexa, "Vila de Cordelius".

Corexido (lug. e parroq. da Veiga) ║ Correxais (lug. e parroq. de Vilamartín de Valdeorras) ║ Correxás (Freixo, Celanova).-- En principio son topónimos escuros, pero Joaquín Caridad -que defende a importancia (desapercibida) da orixe celta e protocelta na toponimia galega- inclúe estes tres topónimos entre os derivados do antropónimo celta Coressius, o cal, a súa vez, está formado sobre o nome dunha antiga divindade hispano-celta, Coro,

Page 28: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

"Señor da guerra e das alturas". (Étimo de, por exemplo, Courel.)

A Corga (Piñeiro, A Pobra de Trives ║ Desteriz, Padrenda ║ Piñeira de Arcos, Sandiás).-- Corga é unha "zona moi pendente dun camiño ou dun terreo" (DRAG), especialmente se por el corren augas cando chove. Puidera vir dun lat. corrugus, "leito dun río", palabra que, á súa vez, pode vir do celta corr, "pozo".

O Corgo (Grou, Lobios) ║Córgomo (lug. e parroq. de Vilamartín de Valdeorras).-- Os dous teñen a mesma raíz (o último con sufixo de superlativo) que se soe identificar co lat. corrugu, na acepción de "estanque, poza, depresión con auga". Corgo, na fala común, ten varias acepcións, todas relacionadas coa mesma idea de fochanca ou depresión.

A Corna (lug. e parroq. de Piñor).-- Do lat. cornus, "cerdeira brava, sanguiño", que era palabra feminina. Ou pode que dun precéltico *carn- ou *corn-, "pedra, lugar pedroso". Esta raíz, á súa vez, puido ser o étimo do cornus citado.

Córneas (Cameixa, Boborás ║ Carballeda, Piñor).-- Córnea ten valores no vocabulario común (por exemplo, unha parte do ollo ou o feminino do adxectivo córneo) que poderían inducir a pensar nunha resolución fácil e sen embargo é un topónimo moi cuestionado e discutido. Para empezar, supoñendo que o étimo sexa latino, hai dúbidas ó respecto porque cornus,- is, é o corno, pero cornus, -i, é a cerdeira brava, coñecido como sanguiño ou sambuguiño nalgúns lugares, árbore do xénero Cornus precisamente, chamado "cornejo" en castelán. N. Ares, aparte desas dúas opcións, apunta ó patronímico Cornius. E. Rivas recorda a raíz corn-, "rocha". E outras veces dise que "corno" pode considerarse a parte máis alta dun monte. (V. anterior e seguinte)

Corneda (parroq. do Irixo ║ Vilarrubín, A Peroxa).-- Topónimo discutido e quizabes relacionado co anterior. Pode referirse á árbore do xénero Cornus hoxe coñecida por cerdeira brava, corneira ou sangomiño (en castelán cornejo) pola posibilidade de que nalgún momento e lugar se chamase *corna ou *corno. Por outro lado en lat. había o adxectivo cornutus, -a, -um, "cousa con cornos, cornudo", que encaixaría perfectamente. Segundo J. M. Piel, podería ser un orónimo, metafórico, recordando un corno. Incluso hai quen pensa (I. Millán) que podería vir de *Kor-Netos que serían dous étimos célticos: Cor-, ‘corno orográfico’ e Neto, un deus celta. Sendo así significaría algo como “Monte de Neto”. (V. o anterior)

Corneira (Lamas, Leiro).-- Hai unha interpretación para este topónimo -extensible a todos os que comezan por Cor- que relaciona o sitio cun lugar pedregoso. Resulta curioso que distintos autores chegan a esta conclusión pero por camiños distintos. Así, por exemplo, Cabeza Quiles interpreta os topónimos Corn-/ Carn- como de orixe céltica ou precéltica, derivado do tema *karn- ou *korn-, "pedra, lugar pedroso". Pola súa parte Piel -estudando os fitónimos do xénero Cornus- advirte que pode haber derivados do lat. cornu, "corno", que estarían sendo usados en sentido metafórico para referirse a montes. A montes con formas "córneas" poderíamos engadir.

Cornoces (lug. e parroq. de Amoeiro).-- Da voz precéltica *carn ou *corn co significado de ‘pedra’.

Correa (Xirazga, Beariz).-- Como palabra común "correa" ven do lat. corrigia, "correa de coiro", pero non parece motivo para toponimia. Agora ben, a palabra pronto se usou como alcume de oficio, alcume que logo se convertíu en apelido e que puido dar pe ó topónimo.

Page 29: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Correchouso (O Castro de Laza, Laza).-- Palabra composta cuxo primeiro elemento pode ser

curro (encerro para o gando no monte), curral ou corral, palabras, calquera delas, formadas

primitivamente sobre o céltico cor-r-, "redondo", ou posteriormente sobre o seu derivado

latino corrale. E unha segunda parte, chouso, que como adxectivo é 'cerrado'. (Con outras

varias acepcións -segundo onde- como nome común: eido cerrado, peche de sebe,

cerramento dunha casa coas dependencias, ...) Lat. clausus, a, um. Algún veciño

contounos que se dicía que isto fora en tempos un couto dunha familia nobiliaria. De ser

así confirmaría a idea de 'corro - chouso', 'curro cerrado'. Pero tamén é admisible a

interpretación oronímica: o lugar está na montaña, pero nun recuncho cunco abeirado polo

propio monte.

A Corredoira (lug. da parroq. e Conc. da Merca ║ San Martiño de Manzaneda, Manzaneda ║ Trado, Pontedeva ║ Redemuíños, Quintela de Leirado ║ Paizás, Ramirás ║ Alongos, Toén).-- Palabra común: camiño fondo de carro. As corredoiras fóronse facendo e afundindo co paso do tempo. Isto quere dicir que cando nomearon estes lugares a corredoira xa estaba feita, xa tiña –seguramente- séculos. A palabra ven do lat. vía curritoria, "camiño para carros".

O Córrego (O Castro de Valdeorras, O Barco de Valdeorras).-- O mesmo que corgo, "poza, canle". Do lat.hispano corrugu, "canle ou rego de auga".

Cortecadela (Sta. Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín).-- Seguro que non ten nada que ver nin con 'cortes' nin con 'cadelas'. Dime un comunicante que pode ser como Cortegada, pero en diminutivo: cortegadela, cortecadela. Nese caso derivaría de corticatus, -a, -um, "cousa que ten casca". E isto pode estar facendo alusión a algo feito de cortiza ou ben a un grupo de sobreiras ou corticeiras (a árbore "corticata" por antonomasia), sendo, neste caso, un grupo pequeno, (polo diminutivo).

Cortegada (lug., parroq. e Conc. da Com. do Ribeiro).-- Do lat. corticatus, "cousa que ten codia". Seguramente está relacionado con cortiza dado que o latín usaba a mesma palabra (cortex, -icis) para designar tanto á codia como á cortiza (casca da sobreira). Xentilicio: cortegao, -gá. (Ver os dous seguintes)

Cortegada (lug. e parroq. de Sarreaus ║ Trasestrada, Riós).-- Igual ó do concello anterior.

Cortegazas (lug. e parroq. de Avión).-- O mesmo étimo de Cortegada, só que en plural e con outro sufixo. Estaránse a referir, quizais en ambos casos, a algo cuberto ou recuberto de cortiza como poderían ser unhas cabanas ou uns cortizos de abellas.

A Cortella (lug. da parroq. e Conc. de Melón).-- Corte pequena, xeralmente sen teito, para o gando lanar e caprino. Do lat. tardío corte, "espazo pechado".

As Cortes (Orega, Leiro ║ Seoane de Argas, San Xoán de Río).-- É palabra derivada do latín medieval corte, e esta, á súa vez, de cohorte, se ben o significado variou. Hoxe, é ben sabido, unha corte é un curral para gardar o gando, pero antes significaba "espazo pechado", que tanto podían ser eidos cercados coma recintos para os animais.

Cortiñal (O Pao, Gomesende).-- Colectivo de cortiñas, e dicir, sitio de varias cortiñas. (V. Cortiñas)

Cortiñas (Prexigueiró, O Pereiro de Aguiar ║ Forcas, Parada de Sil) ║ A Cortiña

Page 30: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

( Berredo, A Bola) ║ As Cortiñas (lug. da parroq. e Conc. de Castrelo de Miño ║ A Guía, Gomesende).-- Palabra de léxico común, aquí en plural: Terreo de labranza de pequena extensión, cercado e próximo á casa. Do lat. cors, cortis, "recinto no campo" + o sufixo diminutivo –innus.

O Coruxal (lug. da parroq. e Conc., de Melón ║ Boimorto, Vilamarín) ║ Coruxas (Asadur, Maceda) ║ A Coruxeira (San Vitorio da Mezquita, Allariz).-- Formados sobre "coruxal", variante de "curuxal". (V. As Curuxeiras)

As Corvaceiras (Atás, Cualedro ║ parroq. do Conc. de Riós).-- Parece referirse a un sitio con abundantes niños de corvos ou córvidos (pega, gralla, etc.). É un derivado, con sufixo -eira, de corvus, "corvo", pero non dunha forma directa (que nos daría corveira) senón dun xeito algo máis complexo que podería ser: 1º, unha dobre sufixación (-aza + -eira), como en "lamaceira", de "lama". Ou 2º, un radical *corvazo que tanto pode ser unha determinada especie de córvido con ese nome local como unha variante de corvacho, palabra usual coa que se define á gralla ou ó corvo pequeno. Esta última semella a alternativa máis probable.

Corval (Sagra, O Carballiño).-- Sitio que se identifica coa abundancia de corvos. (Lat. corvu + sufixo -al.)

Corvelle e Vilar de Corvelle (ambos de Gueral, A Peroxa) ║ Corvelle (lug. e parroq. de Bande) -- Corvelle ven de "*villa Curvelli", Vila de Curvellus. Ou de Corvilius (xenitivo Corvilii), ambos nomes latinos. A similitude de ambos nomes é debida a que os dous eran derivados do cognome Curvus. ║ O chamado Vilar adopta como predicado o nome do veciño Corvelle, para distinguirse de outros "Vilar".

Corvillón (lug. e parroq. da Merca).-- Outro antrotopónimo. Este formado sobre o nome Corvilionus que é un nome persoal latino emparentado cos do apartado anterior. (Todos formados sobre a base Corv-.)

Corzos (lug. e parroq. da Veiga ║ Amarante, Maside).-- Apunta ós cuadrúpedes silvestres así chamados (Capreolus capreolus). O nome común deriva do lat. curtus, "truncado", quizais debido a que é rabón, apenas se ten cola.

A aldea de Corzos, da Veiga, hoxe é visitada para ver os penedos integrados nas casas, pero non hai nada que recorde aos cérvidos que están na orixe do seu nome.

Costa (Leirado, Quintela de Leirado) ║ A Costa (Albarellos, Boborás ║ lug. da parroq. e Conc. de Castrelo de Miño ║ lug. e parroq. de Maceda ║ San Cosmede de Cusanca, O Irixo ║ Cabeza de Vaca e Cudeiro, Ourense ║ Coucieiro, Paderne de Allariz ║ Monte Redondo, Padrenda ║ Barbantes, Punxín ║ Mosteiro, Ramirás ║ Oseira, San Cristovo de Cea) ║

Page 31: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Costa da Cabra (San Xes, A Peroxa) ║ Costa de Monte (lug. da parroq. e Conc. de Amo­eiro ║ Mandrás, San Cristovo de Cea) ║ A Costa do Cuco (lug. da parroq. e Conc. de Melón) ║ A Costiña (Ponte Veiga, O Carballiño) ║ As Costiñas (Feás, Boborás).-- Trans­parentes. Forte subida nun camiño. Lat. costa, "costado, lado [dunha montaña]")

Costanza (Garabás, Maside).-- Do nome propio feminino e romano Constantia.

A Costeira (Carballeda, Carballeda de Avia) ║ Costeiro (lug. da parroq. e Conc. de Padrenda).-- Adxectivo aplicado a unha ladeira ou a un camiño.

Costela (Sto. Eusebio da Peroxa, Coles) ║ A Costela (Faramontaos, Nogueira de Ramuín).-- Diminutivo de costa, pequeno desnivel do terreo. "Costa" (pendente) e "costas" e "costela" (ósos) teñen o mesmo étimo, o lat. costa ("costela").

A Costiña ║ As Costiñas.-- Ver Costa.

Costoia (Lobás, O Carballiño).-- Derivado do lat. custodia, "garda/ defensa/ sentinela". En opi­nión do P. Sarmiento os derivados de custodia fan referencia a un lugar elevado que sirve para custodiar, velar ou gardar.

Costoira (Cudeiro, Ourense).-- É o mesmo do anterior, lat. custodia que en latín vulgar ás ve­ces aparece como custoria. Tamén se podería considerar un costa aurea, "ladeira doura­da".

Cotarós (lug. e parroq. de A Pobra de Trives).-- Ver O Coto.

Cotelas (A Canda, Piñor).-- Da familia de "Coto" relacionado co prerromano *cott, "altura, pro­minencia". O sufixo e o plural poden referirse a un terreo de agrupamento de pequenas protuberancias.

O Coto (Carracedo, Peroxa ║ San Cosmede de Cusanca, O Irixo ║ lugares das parroquias de Desteriz e Monte Redondo, Padrenda) ║ Coto da Mo (Desteriz, Padrenda).-- Do prerro­mano *cott, "altura ou altura pedrosa". Un coto ven sendo un "picacho" ou un "cume". Para os dicionarios é cima dun monte de forma cónica e pedregosa. En castelá, "cueto". (Non confundir con "couto" do latín cautu, "lugar cercado".)

Cotoriño (Sta. Mariña do Monte, Ourense).-- Diminutivo de "coto", montiño, outeiro. Coto é ter­mo prerromano coa raíz *cott, ‘altura’.

Coucieiro (lug. e parroq. de Paderne de Allariz ║ Corneda, O Irixo ║ lug. da parroq. e Conc. de Padrenda).-- Palabra derivada de couce, do lat. calx, -cis, "talón". Pero couce, por unha metonimia de tomar o efecto pola causa, pode significar pé e, por extensión "parte baixa de algo". Pode ser, por exemplo, "pé ou parte baixa dun monte". Tamén, aparte do coñecido significado de patada dunha besta, ten varias acepcións próximas semanticamente: cañoto de plantas, parte baixa e grosa dun tronco, extremo groso dun pau ou dunha moca, restrollo que queda na terra despois da sega, etc. E. Rivas, no seu "Frampas" recolle coucieiro como "solera en que gira el couzón de una puerta" e lembra (precisamente) o Coucieiro de Paderne "al pie de un monte y ceñido a su misma base".

Couselo (Armental, A Peroxa).-- Hai unha planta que se chama así (en castelán "Ombligo de Venus"), pero en opinión de G. Navaza este topónimo sería máis ben un diminutivo de "couso", do latín medieval causus, derivado do verbo cavere, ‘precaver’. (V. Couso)

Page 32: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Couso (lug. e parroq.de Avión ║ Espiñeira, O Irixo ║ Freixo, Sarreaus) ║ O Couso (Osmo, Cenlle ║ Couso de Limia, Sandiás) ║ Couso de Limia (parroq. de Sandiás) ║ Couso de Salas (lug. e parroq. de Muíños) ║ Os Cousos (San Estevo de Ribas de Sil, Nogueira de Ramuín).-- Respecto á palabra couso, aínda que na toponimia está moi estendido, os dicionarios non dan unha definición clara e unánime. Quizais a máis fiable sexa a do P. Sarmiento: “…en las montañas de Samos llaman [así] al agujero, foso (o foxo ) que se hace para coger lobos, etc., y así la voz couso, tan común en Galicia, se debe entender.” (Couso non ten que ver co "coso" castelán -lugar cercado para circo, touros, etc.- que vén de cursus, ‘carreira’, de currere.) Segundo Cabeza Quiles Couso ven de capsum, "caixa", "caixón", e os sitios así chamados aluden a depresións do terreo en forma de caixa. E se hai un Monte do Couso ou un Alto do Couso é porque por debaixo destes puntos está un "couso", unha caixa orográfica. ║ J. Caridad afirma que Couso é un teónimo, aínda que recoñece que é indistinguible do homónimo galego 'couso'.

O Coutiño (Caxide, Parada de Sil).-- Diminutivo para diferenciar este lugar do outro Couto que hai (suponse que anterior) nesa mesma parroquia.

Couto (O Pao, Gomesende) ║ O Couto (barrio importante da cidade) ║ San Paio de Abeleda, Castro Caldelas ║ Caxide, Parada de Sil ║ Vila de Rei, Trasmiras).-- Do latín cautu, "lugar cercado’. Xeralmente os coutos eran territorios pertencentes a unha xurisdición nobiliaria ou monacal.

Couxil (lug. e parroq. de Cartelle).-- Ó dicir de J. Caridad é un antroponímico formado sobre o nome celta Cosilus, o cal, á súa vez, estaría baseado no do deus Cosso.

Couxiliño (Couxil, Cartelle).-- Diminutivo toponímico, por proximidade do anterior, que é, ó mesmo tempo, a parroquia.

Cova (lug. e parroq. da Pobra de Trives ║ Covas (parroq. de Maceda ║ parroq. de Pereiro de Aguiar ║ lug. e parroq. de Montederramo ║ lug. e parroq. de Os Blancos ║ lug. e parroq. de Rubiá ║ lug. e parroq. de San Cristovo de Cea ║ Berredo, A Bola ║ Lumeares, A Teixeira ║ Rivela, Coles) ║ As Covas (Valencia do Sil, Vilamartín de Valdeorras) ║ Covas do Río (Zarracós, A Merca) ║ Castro de Covas (Covas, O Pereiro de Aguiar) ║ Barxacova (lug. e parroq. de Parada de Sil) ║ Fornelos de Cova (Covelo, Viana do Bolo) ║ Vilacova (Fustáns, Gomesende) ║ En toda Galicia hai máis de 150 lugares con nomes deste tipo.).-- Aínda que parezan topónimos transparentes non se pode asegurar que sexa así. Haberá casos que efectivamente se estean a referir a unha cova (gruta ou caverna), derivado do lat. cova, pero non sempre ten que ser así. Se nos remontamos no tempo vemos que o étimo tivo moitas derivacións. Cova, xa en latín, era unha forma popular (en todo caso o feminino) de cavus, -a, -um, con significados variados, aínda que próximos: "oco", "baleiro", "cóncavo", "fondo", "profundo", etc. Dese cavus, aparte de cova, acabaron derivando tamén palabras como caverna, cóncavo, cava, cavar, etc. En definitiva, en toponimia, a palabra 'cova', en función apelativa, efectivamente estará designando unha cova (gruta), pero en función adxectiva pode referirse a un terreo deprimido, fondo, cóncavo ou escavado. Os topónimos con artigo posiblemente se correspondan co primeiro caso. ║ No caso de Castro, Covas é un determinante tomado do nome da parroquia. Non quere dicir que nese castro houbese covas senón que é o castro da parroquia de Covas. ║ Como confirmación da consideración de terreos deprimidos temos topónimos compostos, como Vilacova ou Barxacova, nos que a forma "cova" actúa de cualificativo do nome adxunto. Son Vila e Barxa fondos.

Page 33: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Covela (O Barón, O Carballiño ║ lug. da parroq. e Conc. de Taboadela) ║ Covelas (lug. e parroq. dos Blancos ║ Macendo, Castrelo de Miño ║ A Carballeira, Nogueira de Ramuín ║ Paizás, Ramirás ║ Castrelo de Cima, Riós) ║ Coveliña (Vilameá, Ramirás) ║ Coveliñas (Casardeita, Ramirás) ║ Covelo (lug. da parroq. e Conc. de Taboadela ║ lug. e parroq. de Viana do Bolo ║ Quins, Melón ║ O Covelo (lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Ambía ║ Armariz, Nogueira de Ramuín ║ Partovia, O Carballiño ║ Froufe, O Irixo ║ Coucieiro, Paderne de Allariz ║ Monte Redondo, Padrenda ║ Padrenda, Padrenda).-- Covela e Covelo son diminutivos de cova, con todas as reservas e cautelas que esta palabra nos impón. (V. Cova.) Estaría formado por cova + ella/ello. Coveliña é un segundo diminutivo. Pero aínda se pode suxerir algo máis: hai outra palabra latina que se presta a ter unha incidencia directa ou, cando menos, unha influencia. É a palabra cubilia, "tobo, toco, gorida".

O Covo (Piñeiro, A Pobra de Trives).-- Terreo cóncavo ou deprimido. Dunha variante do adxectivo latino cavus, -a, -um, "oco, baleiro, cóncavo".

Crecedur (lug. da parroq. e Conc. de Vilamarín).-- Antrotopónimo. De (villa) Crescituri. O nome Cresciturus significaba "o que ha de medrar". Lese a forma Creciduru nun documento de 937.

Crespos (parroq. de Padrenda ║ Lampaza, Rairiz de Veiga).-- Topónimo documentado xa na Idade Media pode aludir a unha familia dese alcume (hoxe apelido). Crespo, do lat. crispus, aplícase ao que ten o pelo crencho ou rizado.

O Cristal (Vilanova dos Infantes, Celanova).-- Debe o nome ó santuario da Virxe do Cristal que está nese lugar.

Cristimil (Las, San Amaro).-- Nome de posesor. De *(villa) Vistremiri, de Vistremirus. Ou, anterior, Wistremirus.

Cristoble (Reádegos, Vilamarín).-- De *Villa Cristophali ("de Cristophalus", nome grego latinizado, antecedente do actual Cristovo e do castelán Cristóbal).

Cristosende (lug. e parroq. da Teixeira).-- N. Ares propón un nome de posesor procedente dun *(villa) Vistrasindi, de Vistrasindus/Wistresindus. Pola súa parte J. Caridad remóntao ó nome celta teofórico *Ec-rito-sindo o cal alude ao "viaxeiro celeste" (que é o sol).

O Cruce (Grixoa, San Amaro) ║ Cruces (lug. da parroq. e Conc. de Lobios ║ Abavides, Trasmiras) ║ As Cruces (San Vitorio da Mezquita, Allariz ║ Bóveda de Amoeiro, Amoeiro ║ Desteriz, Padrenda).-- Recordan figuras de cruces. Pero téñase en conta que na lingua medieval se lle chamaba "cruz" a un cruce de rúas ou de camiños.

Cruceiro (Trado, Pontedeva) ║ O Cruceiro (Barxés, Muíños ║ Banga, O Carballiño ║ Barbantes, Punxín ║ Grixoa, San Amaro) ║ Os Cruceiros (Melias, Coles).-- Refírese ás típicas cruces de pedra que hai en Galicia en determinados lugares.

A Cruz (Lumeares, A Teixeira ║ Grou, Lobios ║Anllo, San Amaro ║ Vilardá, San Xoán de Río) ║ A Cruz de Rante (Rante, San Cibrao das Viñas).-- Do lat. crucem, "cruz, encrucillada", indica unha intersección de camiños. Na documentación medieval todos os viales urbanos que hoxe chamamos "cruce" son sempre "cruz". Nalgún caso podería ser un haxiónimo. (Para o predicado do último ver Rante.)

Cualedro (Vila, parroq. e Conc.da Com. de Verín).-- Nome de posesor. De *(villa) Qualletro. ║

Page 34: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Segundo A. Rodríguez Colmenero podería proceder da palabra Quadrelum a cal estaría a referirse a unha forma da paisaxe ou a unha construción de forma cuadrangular. Por metátese entre a segunda e a terceira sílaba esa palabra deviría na actual. Pode recordarse aquí que os romanos tiñan unha técnica de construción chamada opus quadratum, que podería ter relación co anterior.

As Cuartas (Armental, Peroxa).-- Pódese estar a referir á cuarta parte dunha herdade ou a un predio aforado que pagase como renda a cuarta parte dos produtos recollidos.

Cubeiros (Cesuris, Manzaneda).-- A palabra designa un oficio, o que fai ou vende cubas, pero tamén hai que considerar que en lat. existiron os nomes persoais Cuparius e Cupeirus. Estes, seguramente, co mesmo étimo que o da palabra común: Cupa + -arius.

Cubilledo (Gomariz, Leiro).-- O lat. cubile, -lis, significaba "cama, leito, gorida, morada", termos que se poderían aplicar tanto a persoas coma a animais. En galego-portugués deu "cobil" ou "covil", hoxe "cubil", pero xa restrinxido a animais, especialmente salvaxes, e con esta intención se supón que está considerado no topónimo. Aquí ademais leva un sufixo abundancial o que da "lugar de cubís". Está documentado como Cobileto (1158), Couellido (1192), Cuilledo (1217) e varios máis. Por outra banda hai algún autor que sospeita que puidera ser un fitónimo relacionado coa "covella", que, segundo varios dicionarios é a verza galega cando é nova.

Cudeiro (lug. e parroq., Ourense).-- Evolución do lat. cos, cotis, (acusativo cotem), "pedra de amolar, coio, seixo" + o sufixo de colectivo –arius = "pedreira, pedregal". ( o>u; t>d; arius >eiro).

O Cumial (lug. de Noalla, San Cibrao, compartido con Ourense ║ Seixalbo, Ourense).-- Topónimo transparente: cume, cumio, cima. Do lat. cumulum, aplicado á parte máis alta do monte.

A Cuña (Mariñamansa, Ourense) ║ Cuñas (A Pena, Cenlle).-- En moitas parte 'cuíña' é un sinónimo de 'outeiro'. Podería ter algunha relación co preindoeuropeo cun- / con-, "roca, prominencia, altura". ║ Hai quen o fai derivar (igual que Cuíña) dun latín tardío *colina, derivado de collis (o mesmo étimo de Coles). (En Ourense non hai ningunha localidade chamada Cuíña, pero no resto de Galicia hai máis de 20 e varias parroquias.)

A Cuqueira (Arrabaldo, Ourense).-- Lugar dun cuco, a ave Cuculus canorus.

Os Cuquexos (Guntín, Os Blancos).-- Nome de familia. Ver o dito en "Os Blancos".

Eu Martin Martinez retor da iglesia de San Pedro de Cudeiro, yacendo doente eno meu corpo, pero con todo meu siso e con todo meu entendimento cumprido temendome da morte, et porque depois non vina contenda sobre meus bees por ende faço e ordino meu testamento para sempre valedeiro.

Testamento. 1329. Santa María de Oseira

…o noso lugar do Nugeyredo, que esta en no dito lugar de Cubilledo, que he en na freyisia de Gomariz, en que vos agora morades, con todas suas casas et courral et con vn çeleiro que vos nos conpramos;…

Carta de aforamento. 1460. San Clodio do Ribeiro.

Page 35: ü % vS À¦' Á òù %¨ mÇ · °ýÈ e ð¬ f PöÂ> 1ª¨ concello chamado "Cabeza la Vaca" do que se descoñece a razón de tal nome admitindo que puidera deberse a un primitivo

Curra (lug. e parroq. da Veiga).-- Do lat. vulgar currale, "curral". Entre Curra, Curral, Currás e compostos hai 107 en toda Galicia. (V. Currás)

Currás (lug. da parroq. e Conc. de Rairiz de Veiga ║ Gargantós, San Cibrao) ║ Os Currás (Piñeiro, A Pobra de Trives ║ As Chás, Montederramo ║ Os Abeledos, Montederramo).-- É un plural de ‘curral’ (hai outros como o normativo ‘currais’), cercado ó pé da casa para o gando, esterco, apeiros, etc. Do lat. vulgar currale, e este do celta *corr, "construción circular". (currales > curraes > Currás)

Currelos (Reádegos, Vilamarín).-- O Currelo (Cameixa, Boborás ║ Covas, Maceda).-- Diminutivos de 'curro' ou de 'curral'.

O Curro (Feás, Boborás ║ A Guía, Gomesende ║ Vila de Rei, Trasmiras).-- Das varias acepcións que ten o nome común probablemente a que toponímicamente interesa sexa a de "terreo cercado para o gando".

As Curuxeiras (Seixalbo, Ourense).-- É palabra común para designar un sitio de curuxas (ave Tyto alba, escrito en portugués coruja; castelán, lechuza), pero ten un uso figurado moi habitual para se referir a unha aldea sita en lugar rochoso e difícil (ou por ser sitio propio de curuxas ou por proceder da raíz preindoeuropea *kor / kar aplicable a rocha, monte, lugar cheo de penedos).

Cusanca (San Cosmede de Cusanca, O Irixo).-- Como en moitos outros topónimos a terminación -anca é prerromana (M.Laso). E segundo Corominas é un sufixo "típico de todo lo indoeuropeo hespérico". Está en Tamallancos, Abeancos, Duancos, Coristanco, etc. Caridad Arias defende que procede da forma Cussanica formada sobre o nome celta Cussanus.